23 abril 2011 - bdnº33

16
BALONCESTO LIGA FEMININA 2 páx.6-7 TIRO páx.6-7 Número: 33 - Ano: III - 29 de abril de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 7 de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. Camiño da promoción Páx.10 Fin de tempada para Pabellón Ourense e Codigalco Carmelitas con distinto sabor de boca na Liga Feminina 2 páx.2 O Club de tiro Eiroás viviu unha xornada de IPSC con 75 particpantes de toda España páx.4-5 O COB descende á LEB Prata páx.3 O Ponte Ourense ante o seu partido máis importante páx.8

Upload: barrios-deportivo

Post on 12-Mar-2016

234 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

No segundo número do mes de abril do Barrios Deportivo, arrancamos co final de tempada de Carmelitas -a cara da moeda- e o Pabellón Ourense -a cruz- en Liga Feminina. Ademais do peor final de campaña que puido ter o Club Ourense Baloncesto: descenso e polémicas declaracións do xa ex-técnico cobista quen atacou a Sonny, Lucho e Ugonna dos que dixo que non merecían xogar no Aguas de Sousas, os xogadores citados non pronunciáronse ao respecto e a directiva, como se non fóra con eles.

TRANSCRIPT

Page 1: 23 Abril 2011 - BDNº33

BALONCESTO LIGA FEMININA 2 páx.6-7 TIRO páx.6-7

Número: 33 - Ano: III - 29 de abril de 2011 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 7 de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

Camiño da promoción Páx.10

Fin de tempada para Pabellón Ourense e Codigalco Carmelitas con distinto sabor de boca na Liga Feminina 2 páx.2

O Club de tiro Eiroás viviu unha xornada de IPSC con 75 particpantes de toda España páx.4-5

O COB descende á LEB Prata páx.3

O Ponte Ourense ante o seu partido máis importante páx.8

Page 2: 23 Abril 2011 - BDNº33

� BARRIOS DEPORTIVO�9 de abril de �011

O Codigalco Carmelitas xa ten renovada á xogadora cubana Zuleira Aties

BALONCESTO

R. Torres

A tempada �010-�011 da Liga Feminina � chegou ao seu fin para os dous conxun-tos ourensáns que desputan a categoría.

Lonxe dos postos que optan ao ascenso e sen des-censos este ano por decidi-són da propia Federación Española de Baloncesto, Carmelitas e Pabellón des-putaron a derradeira cita xogando como visitantes e rematando co mesmo mal sabor de boca, ao ser de-rrotadas as primeiras polo

Carmelitas e Pabellón despiden a tempada con derrotas4 As colexialas ante o Ensino de Lugo e as pa-bellonistas ante as asturianas do ADBA.

Ensino e as segundas polo ADBA de Avilés. Igual fin de festa para dous conxun-tos que protagonizaron unha segunda volta total-mente distinta.

O mellor CarmelitasTal e como sinalaba o

técnico colexial, Juan Ro-dríguez, ao remate do parti-do contra o Ensino “é unha pena que non comezase agora a segunda metade do campionato”, xa que as co-lexialas atópanse neste intre na mellor posición clasifi-catoria lograda dende que

acadaron a Liga Feminina 2 (a novena) e todo grazas a un equipo compenetra-do e de gran calidade, que poderá realizar unha boa tempada o vindeiro ano se continúa como na mesma liña dos últimos meses. Nembargantes, o enfronta-mento do sábado non fixo xustiza a este bo momento e a pesar de plantarlle cara ao sétimo durante todo o encontro, como demostrou o igualado resultado final (57-53), as colexialas non lograron facerse coa vitoria na última cita do ano.

O peor PabellónPola súa banda, o Pabe-

llón Ourense puxo fin o sá-bado a unha tempada para

esquecer e da que, segundo o seu adestrador, Lisardo Rodríguez, “só queremos aproveitar para corrixir os erros cometidos”. Logo dunha primeira parte acep-table, as pabellonistas entra-ron despois de nadal nunha pésima dinámica na que as lesións as conduciron unha e outra vez á derrota e esta, consecuentemente, ao des-ánimo, o que as abocou á perigosa penúltima praza da clasificación, que as houbese obrigado a despu-tar o play out de descenso de non ser pola decisión da FEB.

E o derradeiro encontro, ante o ADBA de Avilés, non foi nada distinto á maioría dos demais desputados po-las de Lisardo Rodríguez no que vai de 2011, xa que a pesar de chegar a situar-se a só catro puntos do seu rival, finalmente o segundo clasificado da LF2 (e polo tanto un dos candidatos ao ascenso) desplegou tódalas súas armas e separouse de-finitivamente das ourensás

no tabloleiro, acadando un cómodo resultado final de 86-68.

Tempada dispar para am-bos conxuntos que no caso das Carmelitas debe servir-lles para saber ata onde é capaz de chegar o equipo colexial e cáles son as xo-gadoras chave do seu éxi-to, mentres que o Pabellón debe utilizala para coñecer todas esas carencias a co-rrexir de cara ao próximo ano, de xeito que esta vez sí poidan respirar tranquilas por méritos propios.

Pabellón Ourense tentarán borrar a próxima tempada a pésima imaxe ofrecida nesta

Noelia Oliva defendendo a unha rival no último encontro da tempada no polideportivo Vedruna. /RAMSÉS

Jones loitando por un balón no último encontro da tempada nos Remedios. /RAMSÉS

Page 3: 23 Abril 2011 - BDNº33

BARRIOS DEPORTIVO�9 de abril de �011

�BALONCESTO

Redacción

Durante estas semanas o Campus Ourense Rugby vai disputar tres encontros amigables. O primeiro de-les este sábado, �0 de abril, no campo do Campus de Ourense. O partido dará comezo ás 16.�0 horas e o rival será o Pontevedra RC, equipo de recén crea-ción que conta nas súas filas con experimentados xogadores do rugbi gale-go e pontevedrés ademais de rapaces da canteira. Os

RUgBI

Amigables para o Campus Ourense Rugby4 O Campus Ourense Rugby enfróntase ao Pontevedra RC no Campo da Universidade.

ourensáns que contan con innumerables baixas espe-ran un partido con ritmo pero que, á postre, o maior rodaxe do Campus Ouren-se impóñase finalmente no marcador.

Antes deste encontro, ás 15 horas, turno para os infantís e cadetes de ám-bos os dous clubes que se enfrontarán no mesmo es-ceario. Os cadetes ourensás xa se enfrontaron en dúas ocasións na tempada aos pontevedreses saíndo de-rrotados nas dúas citas.

Partido da pasada tempada. /ARQUIVO

Polémico final4 O técnico ataca, os xogadores responden e a directiva cala.

R. Torres

Final de infarto e polé-mico para un Club Ourense Baloncesto que se xogou ata o último minuto da liga a posiblidade de xogar o play out de descenso, pero que ao final non puido ser.

Rafa Sanz sinceroO xa extécnico cobista,

Rafael Sanz, apareceu en rolda de prensa antes de re-tornar a súa terra para facer un balance da súa estadía en Ourense onde, deixou unha morea de recados e titulares.

A valoración de Sanz destes meses dirixindo ao COB tivo una parte negati-va e unha parte positiva: “A parte negativa destes meses é que collín un despoxo de equipo e a parte positiva é que houbo traballo, esforzo e mérito”, e destacou que “ao final houbo máis xente traballando que cando eu cheguei”, en alusión aos seus xogadores.

Tamén interpretou, qui-zais de forma esaxerada, o comportamento racista que aseguraba ver no vestiario ourensán, ao escoitar co-mentarios do tipo: “é que os americanos van a súa bola”; unha afirmación tan real como inocente, xa que á hora da verdade os xoga-dores extranxeiros sempre foron acollidos e tratados

de xeito similiar aos nacio-nais.

Sony, Lucho e UgonnaA nota máis negativa para

Rafa Sanz no seu periplo no Paco Paz foron os xogado-res Sony, Lucho e Ugon-na, quenes ao seu entender “non merecían xogar neste equipo” e recordou que ao principio “xogaba todo o mundo menos Pantín, foron eles sós os que se apartaron do grupo”. Para o adestra-dor estes tres xogadores “dividían, non multiplica-ban. Non lle poñían paixón nin ilusión. Ugonna física e mentalmente estaba a cero a pesar de que era o único que xogaba minutos sen merecelo”. Precisamente sobre a gran presenza do pívot internacional Sobre o parqué Sanz explicou que soamente Kale facía unha boa labor e que Coego e Starosta non estaban “para moitos alardes”, sen ser malos profesionais xa que polo menos “o intentaban”.

En canto a que Lucho pedira saír do clube un día despois de que desde a Fe-deración se pechara o prazo para fichar a xogadores, o técnico cordobés sinalou que non creu oportuno apartar a Lucho do equipo a pesar deste feito e confesou que sempre pensou en que mudase a súa relación, xa que era temerario “aparta-

los do equipo porque unha lesión dalgún xogador faría que tiveramos que tirar dos xuvenís se eles non esta-ban”.

A resposta Nunha rolda de prensa

convocada, en teoría, pola plantilla cobista ao com-pleto, pero á que en reali-dade só se presentaron tres xogadores (Sony, Lucho e Pantín) e na que non per-mitiu turno de preguntas, os mesmos limitáronse a ler un comunicado en resposta ás acusacións de racismo

berquidas días antes por o seu xa ex adestrador sina-lando que “a nosa relación no vestiario e na cancha é totalmente cordial e res-petuosa”.

Por outra banda, a reac-ción da directiva ante as declaracións de Rafa Sanz e a réplica dos xogadores foi mirar cara outro lado, ó contrario do que se re-fire a pedir máis diñeiro ás institucións públicas ourensás, facéndoo nada máis soar a bocina do de-rradeiro encontro.

Rafa Sanz no seu último partido no Paco Paz. /RAMSÉS

Rafa Sanz: “Cando eu cheguei había un despoxo de equipo”

Page 4: 23 Abril 2011 - BDNº33

� BARRIOS DEPORTIVO�9 de abril de �011

ACTUALIDADE

Redacción

O hipódromo de Ante-la acolleu unha tarde de carreiras, a segunda no que vai de ano. Con seis carreiras e máis de 60 cabalos participantes, o hipódromo encheuse de actividade o pasado 16 de abril, na segunda, dun to-tal de sete, das xornadas de carreiras que se celebrarán o hipódromo ourensán de Sandiás. O público, como é costume, foi fiel á cita e encheu tanto as bancadas como a barreira de liña de meta da pista.

O adestrador Francis-co Rodríguez foi o gran triunfador da xornadas ao ser dous dos seus cabalos os vencedores en dúas

R.T.

Na Casa Consistorial do Concello de Maceda pre-sentouse o Club Ciclista Maceda para a tempada 2011, xunto coa súa esco-la de ciclismo que leva o nome de José Antonio Her-mida, actual campión do mundo de BTT. O acto es-tivo apadriñado por Oscar Pereiro e e Gustavo César Veloso, sendo este ultimo o galardoado co premio Cho-ca do ano, recoñecemento que concede o club mace-dán cada ano a deportistas relacionados co mundo da bici e que anteriormente fóralle outorgado a depor-tistas de tan alto nivel como Ezequiel Mosquera, Gó-mez Noya, o propio Oscar Pereiro, Marcos Serrano e o equipo Karpin. O club ciclista Maceda este ano quíxolle facer entrega da Choca a Veloso, ciclista que no 2009 fixérase cun-ha etapa da Volta ciclista a

Posta de longo do CC Maceda e a Escola JA Hermida4 Presentouse en Maceda aos compoñentes do club ciclista para a tempada 2011.

España.Durante o acto, no que

estiveron presentes todos os integrantes do clube, o campión do Tour de Fran-cia, Oscar Pereiro, destacou o gran traballo que esta en-tidade realiza coa canteira logrando grandes resulta-dos tanto a nivel autonómi-co como nacional. O acto aproveitouse para rendir homenaxe aos corredores locais Pablo Rodríguez e Marcos Villar, pola súas vitorias en Copa de España de Ciclocross, campionato e subcampionato de España de ciclocross e polo �º pos-to de Pablo nos estatais de BTT.

Para esta nova tempada, preto de �0 rapaces e ra-pazas de todas as catego-rías forman o club ciclista Maceda que participarán en probas como BTT, ciclo-cross, estrada e duatlon.

José Ramón Villanueva, campión no Transgalicia

de BTTSe na primeira proba do

Transgalicia de BTT foi vencedor Pablo Rodríguez, na segunda, outro depor-tista do equipo de Maceda, José Ramón Villanueva al-zouse co triunfo por diante de corredores ex profesio-nais como Magallanes ou o premiado Veloso, o que da conta da importancia deste logro, outro máis neste ano, dun corredor do Club Ci-clista Maceda.

CiclomasterOurense acolle esta fin

de semana dúas probas de ciclismo. O sábado, �0 de abril, un circuíto pola rúa Progreso de Ourense, entre a Praza del Alférez Provi-sional e o Xardín do Posío, con saída e chegada no en-torno do Pazo Provincial. Dependendo do número de inscritos haberá unha ou dúas mangas.

O domingo, 1 de maio, disputarase o III Campio-

nato da Península Ibérica, carreira en ruta do que sairá o campión ibérico do 2011, o cal levará o “mai-llot” correspondente a este triunfo durante todo este ano nas distintas probas nas que participe. A saída será no barrio de Vistafer-mosa e a chegada no alto do Mondedeu (Mirador del Miño) cunha subida fi-nal de dous quilómetros.

Copa de España e ga-lega de duatlón

Esta fin de semana, os ciclistas do BTT Maceda, os corredores Sub �� Iago e J. Ramon, os juniors, Pa-blo, Saul e David, e os ca-detes Marcos e Ivan acu-dirán a Copa de España a celebrar en Huelva. Pablo chega como líder do cam-pionato.

Outra cita para os inte-grantes do club macedán será a final galega de Dua-tlón escolar que se celebra na Pobra do Caramiñal.

Foto de familia do Club Ciclista Maceda e a Escola JA Hermida.

4 O hipódromo de Antela viviu a segunda xornada de carreiras de cabalos no que vai de ano.

probas das seis disputadas na xornada; Alternative na quinta carreira e Diamond for ever foron os seus ca-balos vencedores, con men-ción para este segundo que repetía triunfo ao igual que na primeira xornada en An-tela.

Os outros vencedores fo-ron: Alhaprince na primei-ra carreira, Talismanix na segunda, Ski Franque na cuarta, e na proba máis es-perada, a última do día, con oito eguas en liza, levouse o triunfo La Rubia.

Carreiras e máisAdemais das apostas que

se poden facer en cada ca-rreira, tanto profesionais como o público presente puideron gozar dun novo

Unha tarde nas carreiras

A segunda xornada no Hipódromo de Antela tivo moita emoción en todas as carreiras. /RAMSÉS

Os cabalos ao seu paso por unha curva. /RAMSÉS

Page 5: 23 Abril 2011 - BDNº33

BARRIOS DEPORTIVO�9 de abril de �011

5ACTUALIDADE

Redacción

O Club de Tiro As Eiroás acolleu a segunda xornada do Open Galaico&Astur IPSC na que o local David Davite logrou a segunda posición da clasificación, sendo tan só superado por Jesús Ferreiro.

4 O hipódromo de Antela viviu a segunda xornada de carreiras de cabalos no que vai de ano.

Unha tarde nas carreiras

A segunda xornada no Hipódromo de Antela tivo moita emoción en todas as carreiras. /RAMSÉS

servizo no hipódromo li-miao, un cátering elabo-rado pola Escola de Hos-telería de Vilamarín que puideron degustar por 1� euros tanto o público en xeral como os profesio-nais que se deron cita du-rante a xornada.

David Davite, segundo en IPSC4 Tan só foi superado por Jesús Ferreiro.

75 foron os participantes nesta segunda fase vidos de diversos puntos de Eapaña (Asturias, Palencia, Sego-via, Madrid entre outros) e Portugal.

Os mellores resultados dos tiradores locais foron o xa citado subcampionato

de David Davite, a terceira posición de Celso Parga, a sexta de Emilio Losada, a sétima de José A. Paloma-nes, a oitava de Bernardo Deprado e a décima po-sición de Ernesto Araújo, seis tiradores situados entre os dez primeiros.

Vindeiras citasAs novas instalacións

para tiro práctico do Club de Eiroás volverán ter com-petición na cuarta xornada do Open Galaico&Astur IPSC a celebrar o sábado, 11 de xuño. Tamén cóntase con celebrar nelas o Cam-

pionato Galego deste ano, así como diversas probas nacionais para o �01�.

Máis próximo no tem-po terá lugar os días �0 de abril e 1 de maio (sábado e domingo) a 23ª Copa Depu-tación de pistola e carabina neumáticas.

75 tiradores participaron no IPSC celebrado en As Eiroás . /RAMSÉS

Dous participantes da IPSC. /RAMSÉS

Page 6: 23 Abril 2011 - BDNº33

6 BARRIOS DEPORTIVO�9 de abril de �011

MOTOR

Redacción

Abadín comeza de for-ma accidentada a súa an-dadura pola Fórmula � na primeira carreira da tem-pada celebrada en Silvers-

R. Torres

Francisco Pardo e Me-lissa Pardo como copiloto foron os vencedores do I Rali de terra de A Gudiña, primeira proba do campio-nato galego de ralis de terra que se disputa por primei-ra vez, despois de 17 anos sen un campionato destas caracteristicas na nosa co-munidade.

O piloto ourensán de

Redacción

O ano pasado, Ricardo e José Luis González, a bordo do seu Ford Escort RS�000 remataron a clasificación xeral na segunda posición

Francisco Pardo vence en A Gudiña4 Na primeira proba do gale-go de terra.

Escudería Ourense foi o máis rápido nesta primeira edición e sitúase ao fronte da clasificación do cam-pionato galego ao volan-te do seu Subaru Impreza WRX. Pardo superou en máis dun minuto ao segun-do clasificado, Juan Pablo Castro Iglesias xunto con Juan José Leal Olivenza de Ourense Motor Sport que conducían o Subaru Impreza SPEC-C. Na ter-

ceira posición rematou o Mitsubishi Lancer Evo X de Juan Casares e Miguel Casares a máis de dous mi-nutos do primeiro e máis de un do segundo.

A loita máis vistosaA batalla máis vistosa foi

a que mativeron Javier Gri-lle (Renault Clio) e Andrés Manzano (Peugeot 206) na súa clase e a clasificación de dúas rodas motrices, le-vándose finalmente o envite Grille ao superar in extre-mis a Manzano e logrando a cuarta praza.

O rali de terra de A Gudi-ño contou coa presenza de numeroso público nos catro tramos nos que discorreu a proba. Un participante do I Rali de terra de A Gudiña.

RALi CLáSiCO

Comezan como rematan o ano4 Os irmáns González aca-dan a segunda posición na primeira cita do ano.

no Trofeo de España de Regularidad Sport. Este ano, na súa primeira cita do campionato nacional acadaron esta mesma po-sición. A proba á que acu-diron, a primeira do ano,

foi o III Ralli de España, que se celebrou os días ��, �5 e �6 de marzo polos míticos tramos da provin-cia de Ávila: Burgohondo, Mijares ou Serranillos, entre outros. Nesta cita soamente foron supera-dos por Breda-Alaña con outro Escort RS�000, e no terceiro caixón do po-dio remataron os vixentes campións do campiona-to, Gui-Gui, polo que as sensacións para o piloto o copiloto ourensáns son inmellorables para, cando menos, repetir a actuación do ano pasado. Para lograr esta segunda praza non o

Accidentado inicio de José Luis Abadín na Fórmula 24 Un choque con outro piloto privouno da remontada.

tone. Na primeira das dúas carreiras que se celebraron no circuíto británico, o pi-loto de Celanova rematou na décimo oitava posición. Na segunda e última das ca-rreiras, Abadín partía desde

tiveron nada fácil xa que ademais da néboa que os acompañou, tiveron que repoñerse da rotura do cambio no primeiro tramo o que case lles fai aban-doar, pero “por sorte pui-demos chegar á asistencia e os mecánicos fixeron un excelente traballo. Grazas a eles continuamos e o re-sultado final é froito dun gran traballo de todo o equipo”, resaltaba o copi-loto José Lius González.

Rali de TalaveraA seguinte cita do cam-

pionato terá lugar os días 6 e 7 de maio no I Rali de Talavera Histórico e onde os irmáns González ca confirmaron a asistencia. A proba discorrerá pola comarca de Talavera de la Reina, Serra de San Vi-cente, Comarca de Jara e Valle del Piélago.

O calendario deste ano de ralis para vehículos históricos complétase co rali de Liérganes (27-28 de maio), o de Avilés (8-9 de xullo), o de Galicia (9 e 10 de outubro) e remata co da Costa Brava os días 4 e 6 de novembro.Os irmáns González no Ford Escort RS 2000.

Abadín adiantando a un adversario en Silverstone.

Page 7: 23 Abril 2011 - BDNº33

BARRIOS DEPORTIVO�9 de abril de �011

7MOTOR

Redacción

O circuíto de A Tapada de Xinzo de Limia acolleu a segunda proba do campio-nato autonómico de quads, na que lograron a vitoria nas súas categorías os lo-cais, Daniel Parada e David Loureiro.

Esta segunda cita (na que

QUADS

Dúas vitorias para os de casa4 Os limiaos Daniel Parada e David Loureiro venceron nas súas respectivas categorías.

participaron uns 30 pilotos) do calendario autonómico estivo organizado polo club de quads Os Queimados, de Xinzo de Limia.

Na categoría raíña, a Q1, o vencedor foi Enri-que Pardo, actual campión nacional, seguido no podio por Ricardo Escudero (tres veces campión nacional),

e do limiao, Julio Marra, segundo e terceiro respec-tivamente.

Na Q2, o vencedor foi Daniel Reimuñán; segun-do, Alberto Cao e terceiro Héctor Mosquera.

Na categoría de Q-afec- Un piloto saltando baixo a mirada dos afeccionados. /R.T.

Accidentado inicio de José Luis Abadín na Fórmula 24 Un choque con outro piloto privouno da remontada.

cionados, vitoria local de Daniel Parada que estivo acompañado no podio por José A. Pérez -segundo- e Guilermo Rodríguez �º.

En Q-Iniciación, o tamén local, David Loureiro foi primeiro, Francisco Álva-rez, segundo e Yago Fer-nández, terceiro.

Vindeira citaO circuíto de A Tapada,

de Xinzo de Limai, volve entrar en escea no campio-nato galego de quads, o do-mingo, 7 de agosto, na que será a cuarta cita do cam-pionato galego desta disci-plina deportiva.

a 23ª posición na parrilla de saída e xa, na primeira vol-ta adiantou a cinco adver-sarios, pero un inoportuno choque cun rival na terceira volta fixo que Abadín ti-vera que ir a boxes, o que cortou a súa progresión de achegarse aos dez primei-ros postos. Ao final déci-mo sexto e de volta para Ourense con boas sensa-cións, “estou satisfeito por que en Silverstone acadei unha esperiencia magnífica para o resto da tempada. Sei que podo rodar entre os dez primeiros equipos e iso é bo para ser a primeira cita do ano”.

A próxima cita de Abadín na Fórmula Two será o vin-deiro mes, do 1� ao 15 de

maio, no circuíto francés de Magny-Cours.

Ourense Capital Ter-mal

A marca Ourense Capi-tal Termal da Concellería de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense estará presente nos circuí-tos máis importantes do mundo. Ourense Capital Termal será sponsor do monopraza de José Luis Abadín. Esta esponsori-zación é unha axuda máis para que o piloto de terras de Celanova logre partici-par en todas as probas do campionato e non renuncie a ningunha como tivo que facer o ano pasado cando disputaba a Fórmula �.

Abadín adiantando a un adversario en Silverstone.

Page 8: 23 Abril 2011 - BDNº33

8 BARRIOS DEPORTIVO�9 de abril de �011 FÚTBOL SALA

Ponte Ourense e Móstoles disputarán o partido máis importante da tempada o sábado, 30 de abril, ás 17 horas nos Remedios

O vencedor do encontro terá media liga no peto

División de Honra FSF - 26ª xornadaPosto Equipo Puntos 1º Ponte Ourense - 7� �º Móstoles - 71 �º Burela - 51 �º Atl. Madrid - �8 5º Córdoba - �� 6º Rioja Diamante - 43 7º Valladolid - �� 8º Zaragoza - �1 9º Gironella - �810º C. de As Burgas -�� 11º Elche - �11�º Soto del Real - ��1�º UCAM Murcia - �114º Orvina - 1915º C. de Alcorcón - 17

R. Torres

Por como está a transcu-rrir esta liga �010-�011 de División de Honra de Fút-bol Sala Feminino pódese asegurar (case sen erro) que o gañador do partido entre Ponte Ourense e Mósto-les será o equipo vencedor desta liga. Entre ourensás e madrileñas tan só hai dous puntos de diferenza a prol das pontinas -7� e 71 res-pectivamente-, de 78 dis-putados ata a data; Ponte Ourense cedeu unha derro-ta (ante Móstoles en Ma-drid) e un empate (Burela en casa), pola súa banda, o Móstoles foi derrotado nunha ocasión (Córdoba) e empatou en dúas (Burela e Atlético de Madrid), polo que o vencedor do encontro do sábado, �0 de abril en Os Remedio terá máis de me-

Media liga en xogo4 Ponte Ourense e Móstoles dilucidarán un encontro en Os Remedios do que sairá case que con toda probabilidade as vencedoras da Liga de División de Honra de Fútbol Sala Feminino.

dia liga gañada. Esta teoría aínda é máis real se facemos referencia ás estatísticas, nas que as galegas perde-ron pouco máis do 6% dos puntos disputados polo case 9% das madrileñas polo que nestes 1� puntos que restan por disputar apenas perde-rían un punto de seguir con esta racha, cousa que para un dos dous conxuntos (ou os dous en caso de empate) non vai ocurrir.

Aposta polo un - equisO equipo dirixido por

Manuel Castillo teno máis fácil que o conxunto da capital de España xa que o empate tamén podería valer para os intereses ourensáns. Unha vitoria local alonxa-ría ao Móstoles a cinco puntos con tan só nove por disputar; o empate deixa-ría as cousas como están

pero cunha xornada menos para o final. O peor dos es-cearios sería unha vitoria visitantes, o que colocaría ás madrileñas de novo ao fronte da clasificación (un por riba de Ponte Ourense e con nove puntos en xogo ata o final de liga).

RivaisNestas catro xornadas

que restan para que finalice a liga, os dous conxuntos teñen un complicado final. As de Manuel Castillo, ade-mais de recibir ao Mósto-les volven a xogar en casa (despois dunha semana de parón polos compromisos da selección española en Rusia) contra o Soto del Real, a priori o rival máis asequible, para logo visitar ao Rioja e finalizar a liga en casa contra o Zaragoza.

O Móstoles de David

Zamorano non o ten máis sinxelo na súa recta final; logo de visitar ás ourensás, recibe ao Rioja, na seguinte xornada visita ao Zarago-za e pecha a liga contra o Valladolid en casa, os tres equipo cos que se enfronta loitan por entrar na Copa.

4 Marta Figueiredo terá que agardar a súa oportunidade

A xoven xogadora pontina, Marta Figueiredo final-mente non foi chamada polo seleccionador nacional para integrar ao plantel que acudirá a Rusia para participar nun torneo internacional que se celebra en devandito país do 5 ao 8 de maio. Marta deberá agardar a outra ocasión para debutar coa selección española.

Ampi tentando roubar o balón a unha rival. /R.T.

Laura controlando o balon ante a mirada dunha xogadora rival e dos dous colexiados. /Ramsés

Page 9: 23 Abril 2011 - BDNº33

BARRIOS DEPORTIVO�9 de abril de �011

9FÚTBOL SALA

A Cidade de As Burgas tan só lle resta xogar un partido na casa, será o sábado 21 de maio contra o Femesa Elche

4 Xornada 27 - 30 de abrilVP Soto del Real - Cidade de As BurgasL. CD Orvina - Ciudad de AlcorcónC. Queralt Gironella - Femesala ElcheBurela FS Pescados Rubén - DescansaValladolid FSF - At. Madrid NavalcarneroNatudelia.com Zaragoza - Cajasur D. CórdobaDiamante Rioja - UCAM Murcia Ponte Ourense - Móstoles

R. Torres

O Cidade de As Burgas despois de empatar na úl-tima xornada en casa con-tra o Orvina ten máis que complicada a súa presenza na Copa de España que se celebrará en Burela ao fina-lizar a liga de División de Honra.

O partido contra o Orvina xa non marchaba desde o

Aínda hai esperanza4 A pesar das poucas opcións, o Cidade de As Burgas loitará neste final de campaña para entrar na Copa de España.

comezo a pesar de adiantar-se o cadro galego aos tres minutos, pero a chispa non era a mesma que noutras citas; nos tres seguintes minutos, o Orvina dáballe a volta ao marcador (e non sería a última vez), Vanessa nos intres finais do primeiro período devolvía as táboas ao marcador.

Na reanudación, mesmo guión que na primeira me-

tade, Iria adiantaba de novo ás locais de tiro cruzado e as visitantes facían o pro-pio con dous novos tantos; a dous minutos para o final, Sonia de vaselina (quen nos ten acostumbrados nas úl-timas datas a goles de bela factura) lograba o empate e reparto de puntos. Un pun-to que sabe a pouco para os intereses das de Codeso de entrar, no ano do seu debút na máxima categoría, na Copa de España.

As de Manolo Codeso ocupan a décima praza con 33 puntos, a oito do oitavo posto, que da acceso a de-vandita copa e que ocupa o neste intre o Zaragoza.

Con só catro xornadas por díante ao conxunto ourensán soamente lle res-ta, para poder participar por primeira vez na fase final de copa, sumar os 12 puntos que faltan por dis-putarse e agardar un pin-chazo de alo menos dous equipos aos que pode al-canzar.

Xornada a xornadaNestas catro citas para o

remate da liga seis equipos loitarán polos catro postos que non teñen aínda dono para a Copa, logo de que Ponte, Móstoles, Burela e Navalcarnero teñan asegu-rada a súa presenza. Deses seis conxuntos, Córdoba e Rioja teñen medio billete mercado para Burela, polo que Valladolid, Zaragoza e Gironella serán os rivais das ourensás para as outras dúas prazas. O Cidade xo-gará contra o Soto del Real, Alcorcón e Elche, e na de-rradeira xornada sumará tres puntos sen xogar contra o Campillos. O Gironella, que ten cinco puntos máis co Cidade, xogará contra Elche, descansa na seguinte (tres puntos), Navalcarnero e pecha a liga contra o Cór-doba. O Zaragoza enfron-tarase a Córdoba, Murcia, Móstoles e Ponte, sendo quizáis o equipo que peor calendario ten. E o Valla-dolid xoga contra o Naval-

Redacción

O adestrador do Cidade de As Burgas, Manolo Co-deso, mostrábase contra-riado polo rendemento das súas xogadoras nas últimas datas. Para o técnico, o mo-tivo ademais dun grande desgaste físico notorio, polo esixente da competición e da gran tempada das súas pupilas, o achaca tamén a un baixón anímico, debido

4 Baixón anímico,ademais de físico

en gran parte a que están tocando a xogadoras do seu plantel outros clubes, “con-cretamente a unha xogado-ra a están tentando de cara a vindeira tempada, e iso a estas alturas da competición onde xogámonos entrar na copa non se fai”. Codeso confesa estar indignado con actitudes “extradeportivas que afectan as miñas xoga-doras”, sentenciaba o ades-trador franjiverde. Manolo Codeso. /ARQUIVO

carnero, Córdoba, Murcia e Móstoles. Difícil papeleta para as do Cidade que teñen o mérito de estar salvadas desde fai semanas e que a estas alturas de competición aínda teñen algunha posibi-lidade de entrar na Copa de España.

Vanessa tenta controlar o balón. /RAMSÉS

Laura despexando o esférico. /RAMSÉS

Page 10: 23 Abril 2011 - BDNº33

10 BARRIOS DEPORTIVO�9 de abril de �011

Está dirixido a nenos de 7 a 17 anos

FÚTBOL

CD Ourense está a un punto da promoción. /RAMSÉS

R. Torres

Sufrida vitoria dos de Cándido Gómez ante un correoso e ás veces peri-goso Cultural Areas, o que os coloca a un punto de entrar matematicamente na promoción de ascenso á 2ª División B.

O partido foi moi trabado e incluso por momentos, de moita violencia. Na primei-ra metade xa se sabía a que viña o Areas, a tentar sacar un punto de O Couto inte-rrumpindo o máis posible o encontro. Ante este panora-ma o CD Ourense non daba despregado o seu xogo e as ocasións apenas chegaban ás porterías defendidas por

A un punto da promoción 4 O CD Ourense coa vitoria ante o Areas está a un punto da promoción de ascenso.

Lucas Sierra no Ourense e Samuel no cadro visitante; nesta primeira parte as máis claras foron para os “roji-llos”, nos primeiros intres Jordan queda só diante de Samu e este despexa a cór-ner e nos minutos finais cun disparo desviado de Yebra desde fóra da área.

Na sengunda metade, o xogador do filial, o brasi-leiro Ami entrou en subs-titución de Martín e con el chegarían as xogadas de máis perigo do cadro local á vez que os visitantes se empregaban con máis forza se cadra. Nunha xogada de Ami producíase a primeira expulsión do encontro no bando visitante cando o

central freou en seco a in-cursión do xogador ouren-sán á área visitante. Cun xogador menos o control do encontro era máis claro para CD Ourense quen se adiantou no marcador cun gol de Jordan tras fallar Portela un primeiro remate cara a porta defendida por Samu. Nas postrimerias do encontro, o Areas quedaría con nove xogadores logo de sacarlle o colexiado a segunda amarela a Vicente o que aproveitou o cadro local para nun contraataque lograr o segundo gol obra do debutante Ami. O ades-trador do Cultural Areas, ao igual que os xogadores Zo-las e Vicente foi expulsado

Redacción

Co fin de revalorizar o papel dun dos compeñen-tes básicos nun equipo de fútbol, o gardameta, naceu “Una semana de locos”, o primeiro campus feito por e para porteiros, dirixido a nenos de entre 7 e 17 anos.

Tal e como explicou o director do proxecto, Aarón Valentín Bouso, “a idea xorde da miña propia experiencia como portei-ro en diversos equipos da provincia de Ourense e nos que me atopei sempre co

Campus de Porteiros en Allariz4 A localidade acollerá do 26 de xuño ao 2 de xullo a primeira edición desta iniciativa.

mesmo problema: que esta figura non recibe a atención específica que se merece. E o nome débese a que para tirarse a polo balón todos os días, con choiva ou frío, so-bre terra ou sobre herba, hai que estar feito dunha pasta diferente e un pouco tolo”.

Esta iniciativa, que terá lugar en Allariz entre o �6 de xuño e o 2 de xullo con formato de campamento interno nas instalacións do complexo deportivo “O Seixo”, busca ofrecer aos futuros porteiros ac-tividades específicas (das

aos oito minutos da reanu-dación vendo o resto do en-contro desde a bancada.

Preparando a promo-ción de ascenso

Para o adestrador de CD Ourense gañouse un “par-tido feo pero sen pasar apuros”, e aseguraba que viña ben de cara ao que se poden encontrar na fase de promoción de ascenso, na que “teremos partidos des-tas mesmas características” comentaba Cándido Gómez ao remate do encontro. Para o técnico ourensán, na pri-meira parte os seus pupilos non souberon ler o encontro “queríamos buscar as cos-tas dos defensores pero non o conseguimos”. No segun-do tempo a cousa variou e para Gómez a entrada de Ami no terreo de xogo fixo que os defensas “retrasaran a súa posición”. Para rema-tar, Cándido salientou que nunha segunda parte onde houbo “de todo menos fút-bol” o gol chegou “por in-sistencia”.

que habitualmente carecen nos adestramentos) para desempeñar este posto, ao mesmo tempo que apren-den a importancia da con-vivencia, o compañeirismo e o respeto pola natureza. Xa que ao longo deses sete días os rapaces recibirán diversas charlas, clases e adestramentos da man de grandes profesionais de primeira e de segunda di-visión de fútbol, como son, entre outros, o ex xogador do Atlético de Madrid e internacional con Arxenti-na, Iselín Santos Ovejero;

o adestrador de porteiros do R. C. Deportivo, José Sambade; o ex porteiro do Sporting de Gijón e actual gardameta do Granada, Ro-berto Fernández; o porteiro do Málaga, Rubén Mar-tínez; ou os adestradores das categorías inferiores do Deportivo, Saúl Vázquez e César Reboredo. Todas elas compaxinadas con outras actividades complemen-

tarias (como sendeirismo, kayak, hípica ou natación) convertindo esta iniciativa nunha oferta do máis com-pleta e atractiva.

InscripciónsPara coñecer todos os

detalles do campus os in-teresados só teñen que en-trar no blog deste proxecto (campusdeporteros.blogs-pot.com) e os que xa estean

pensando en inscribirse po-den facelo dende o �5 de abril neste mesma web, nas distintas tendas que Inter Sport Bouso ten en Ouren-se ou nun stand situado no Centro Comercial Ponteve-lla os días 7 e 8 de maio.

Durante sete días os participantes gozarán de numerosas actividades.

Page 11: 23 Abril 2011 - BDNº33

BARRIOS DEPORTIVO�9 de abril de �011

11NATACIÓN

Redacción

A piscina Rosario Dueñas acolleu o pasado 9 de abril a sexta xornada benxamín de carácter zonal, na que tomaron parte máis de 70 nadadores repartidos entre os cinco clubes que partici-paron no evento.

As probas que se reali-zaron foron as de �00 e 50 libres, así como o relevo de 4x100 estilos. A actuación do CN Pabellón foi de gran nivel mellorando todos eles as súas marcas persoais e logrando mínimas para o galego alevín de verán.

As actuacións máis des-tacadas foron en �00 libres masculino as de Martín Rodríguez Paradela que acadou a segunda praza, e mínima para o Campionato de España, e Aleixo Fer-nández, quen no pase dos 100 libres obtivo a mínima para o Campionato galego de verán; ne mesma distan-cia en categoría feminina, Paula Blanco foi segunda.

Martín Rodríguez e Aleixo Fernández foron se-gundo e terceiro respectiva-

O CN Pabellón, presente en todos os podios do Campionato Benxamín zonal4 Os nadadores ourensáns lograron as mínimas precisas para o galego alevín de verán.

mente en 50 libres e Paula Blanco foi segunda na mes-ma proba.

En relevos 4x100 estilos masculino quedaron tercei-ros e cuartos con mínima para o galego incluída na primeira posta do relevo en costa de Iván Regueiro e Antón Rodríguez; en cate-goría feminina foron segun-das e cuartas destacando a mínima para o galego na primeira posta de costas de Nerea Losada.

Próximas citas en Ourense

Grazas á boa labor direc-tiva do CN Pabellón, e coa colaboración da FEGAN, a piscina Rosario Dueñas Ourense acollerá os vindei-ros 25 e 26 de xuño o Cam-pionato Galego Infantil de Verán, no que se darán citas os mellores nadadores da nosa comunidade desta ca-teogoría.

Asimemso, unha semana antes (os 18 e 19 de xuño) as mesmas instalacións serán escenario, unha vez máis, do Trofeo Pedro Es-cudero.

O Club Natación Pabellón Ourense organiza o 25 e 26 de xuño o Campionato Galego infantil de verán

Os nadadores preparados para entrar na piscina. /RAMSÉS

Nadador do CN Pabellón no benxamín zonal. /RAMSÉS

Page 12: 23 Abril 2011 - BDNº33

1� BARRIOS DEPORTIVO�9 de abril de �011

ATLETISMO

Redacción

A pista de atletismo de Monterrei acolleron o cam-pionato galego de clubs, onde o Ourense Atletismo Academia Postal erixiuse como o mellor club galego ao acadar a primeira posi-ción, revalidando o título do pasado ano, en categoría masculina e a segunda na

Academia Postal, mellor club galego4 No campionato galego foi primeiro en homes e segun-do en mulleres.

feminina.En canto aos homes, a vi-

toria vislumbrábase desde o inicio da xornada gañan-do con claridade aos seus predecesores, Gimnástica de Pontevedra e Adas O Barco. Pola súa banda, na categoría feminina, as co-lexialas repetían posición con respecto ao ano pasa-do, sendo superadas única-

mente polo todopoderoso equipo feminino do Ría de Ferrol, precedendo as ourensás quedarían de ter-ceiras as do Celta de Vigo. Estes resultados fixeron que o conxunto ourensán fóra o vencedor da xornada na categoría conxunta de-mostrando que é o mellor equipo galego.

As vitorias académicas chegaron da mán de Alfonso Palomanes, tanto no triple como na lonxitude; Igna-cio Sarmiento (400 vala-dos), Patrick Chinedu (100 lisos), Iván Valle (altura), Francisco Durán (10 Qm. marcha), Vitaly Silva (Mar-tillo), Hassan Lekhili (3000 lisos) e o relevo 4x400. En

R.T.

A Asociación Cultural e Deportiva VIA XVIII xunto coa Cruz Vermella de Maceda e o Concello de Maceda organizan o evento San Mamede desa-fío solidario �011 para re-cadar fondos para a Cruz Vermella de Maceda. Esta cita será o domingo, �� de maio e terá a súa saída e chegada en Castro de Es-cuadro.

Andaina, carreira a pé

Deporte por unha boa causa4 A Asociación Cultural e Deportiva ViA XViii organiza unha xornada deportiva para reca-dar fondo para a Cruz Vermella de Maceda.

ou BTT son as opcións que teñen os que queiran parti-cipar neste evento.

A andaina será sobre un percorrido de �� quilóme-tros pero que os participan-tes poderán acurtar ata os 15 quilómetros se o consei-deran oportuno; na carreira a pé o percorrido será de 22 quilómetros e os que parti-cipen na BTT (bicicleta de montaña) terán que facer unha distancia de �0 quiló-metros.

ObxectivosDous son os obxectivos

deste desafío solidario; por unha banda, a promoción da Serra de San Mamede e dos pobos que están enclava-dos ó pé da mesma; e pola outra, a intención de reca-dar fondos para o Programa de Préstamo de Productos de Apoio para persoas con discapacidade ou depen-dencia. O recadado servirá para mercae sillas de rodas, andadores, muletas, etc. que serán prestados dende Cruz Vermella ás persoas que o precisen e residan no ám-bito de actuación da Asam-blea Comarcal de Cruz Ver-mella de Maceda. A cota de inscrición de 10 euros. Toda a información da pro-ba, nos teléfonos do Conce-llo de Maceda 988�6�001 / �6�761 (en horario de 9 a 15 h de luns a venres).

Redacción

O club Triatlón Beariz, participou no campiona-to de España de duatlón celebrado en Alcoben-das. Por parte do Beariz participaron José Manuel Ramos, Luismi Borrajo, Eloy Campos, Elpidio

Gómez, Jacobo Mosquera e Jesús Fernández acadando a 38ª posición na categoría élite e onde tomaron a saída os mellores duatletas nacio-nais sendo un total de 100 equipos.

O duatlón constaba de tres sectores, o primeiro eran cinco quilómetros a pe

4 O Triatlón Beariz na élite do nacional

canto as mulleres destacar as vitoria de Rocío Carbia (5 Qm. marcha), Iria Cas-tro (800 lisos) e Beatriz Viteri (Pértiga).

Liga de clubesA pista de atletismo

de Monterrei acolle este sábado, 30 de abril, a 1ª xornada da liga nacional de clubes na División de Honra en categoría mas-culina.

E o domingo, 1 de maio, será o turno das mulleres na 1ª xornada da Primeira División. Ambalas dúas citas con-tarán coa actuación do Ourense Atletismo Aca-demia Postal.

sobre un circuíto mixto de �.500 metros de carreteira e terra nas inmediacións do Parque Andalucía en Alco-bendas, despois tocaba os �0 quilómetros en bici para rematar, novamente, coas zapatillas postas e dar unha volta ao circuíto (2.500 me-tros) a pé.

Integrantes do C.T. Beariz.

O relevo 4x400 do Academia Postal foi primeiro no cam-pionato galego de clubes. /RAMSÉS

Cartel da proba.

Page 13: 23 Abril 2011 - BDNº33

BARRIOS DEPORTIVO�9 de abril de �011

1�POLIDEPORTIVO

Redacción

O Club Ximnasia Pavi-llón regresa da súa partici-pación na copa Galicia in-ternacional de ximnasia de trampolín con catro podios.

Preto duns 200 ximnas-tas participaron nesta copa internacional de trampo-lín con representación dos principais clubs de España e Portugal. O Club Ximna-sia Pavillón acudiu á cita con 15 ximnastas conver-téndose no equipo galego con máis representación nesta modalidade olímpi-ca. O equipo logrou meter para as finais a catro repre-sentantes -Laura Lecuo-na, Iago Sousa, Eduardo Novelle e Carlos Trigo-, e ademais Marta Rodríguez

XiMNASiA

Catro podios para o Club Ximnasia Pavillón4 Na Copa Galicia internacional de ximnasia de trampolín.

logrou a terceira posición na modalidade de DMT (dobre Minitramp) e o mesmo posto en TR (Tram-polín), disciplinas que non tiñan finais.

Na derradeira xornada da copa Galicia o máis desta-cado foi o subcampionato de Carlos Trigo en DMT, obtendo, ademais, as mí-

nimas para os próximos campionatos do Mundo.

Outros resultados desta-cados desta xornada foron o terceiro posto de Eduar-do Novelle en DMT e o cuarto posto en TR; Lau-ra Lecuona foi quinta en DMT e Iago Sousa tamén en DMT, logrou a sexta praza. Redacción

Os dous equipos de tenis de mesa do Galmé-dica Ourense cumpriron os obnxectivos que tiñan marcados a principios de tempada unha vez remata-das as ligas.

O Galmédica Ourense “A” logrou manter a cate-goría no seu primeiro ano na 2ª División Nacional, chegando incluso a parti-

TENiS DE MESA

Obxectivos cumpridos4 Os dous equipos do Galmédica Tenis de Mesa cumpriron os obxectivos da tempada.

cipar na fase de ascenso á Primeira División Nacio-nal.

O segundo equipo do Galmédica Ourense, no seu primeiro ano de vida foi a sensación da Terceira Divi-sión Galega acadando o as-censo á Segunda División Autonómica de forma bri-lante; logrando no seu gru-po 18 vitorias de 18 encon-tros disputados e cedendo tan só dous puntos en todo

o campionato.

Torneos de veránCos deberes feita por esta

tempada, aos xogadores tanto do primeiro como do segundo equipo tócalles participar nos torneos que terán lugar ao longo do verán en toda a xeografía galega de cara a preparar a vindeira tempada. Pero ata entón terán un máis que merecido descanso.

Fotos dos integrates do Galmédica Ourense Tenis de Mesa.

Os rapaces do Club Ximnasia Pavillón Ourense.

Page 14: 23 Abril 2011 - BDNº33

1� BARRIOS DEPORTIVO�9 de abril de �011

POLIDEPORTIVO

R.T.

Felipe Iglesias e Chris-tian Alvarez participaron no Torneo Internacional de Jiu Jitsu celebrado en París xunto aos mellores jiujit-sukas do vello continente.

Iglesias competiu na cate-goría de -6� quilos superan-do as dúas primeiras rondas pero caendo en cuartos de final. Na repesca foi derro-tado polo francés Fabien Biteau acadando finalmente unha meritoria sétima posi-ción. Christian Alvarez (-94 quilos), venceu na primeira

JiU JiTSU

Iglesias e Álvarez, cos mellores jiujitsukas internacionais4 Participaron no Torneo internacional de Jiu Jitsu de París.

ronda ao francés Aymard Guih por full ippon (1�-0). Nembargantes caeu en semifinais ante, a postre, campión do torneo, o danés Lazar Kuburovic.

Na ronda de repesca ante o italiano Roberto Cris-polti sufriu un máis que dubidoso arbitraxe per-dendo finalmente por un axustado 13-16. Christian Alvarez acadou a quinta posición.

Campionato escolar de Judo

Dúas medallas acadaron

os pupilos do mestre Daniel Montero no campionato escolar infantil e cadete de Judo celebrado en Riba-dumia-A Senra, en Ponte-vedra, no que participaron seis ourensáns.

Brando López, na catego-ría infantil de menos de �� quilos foi prata tras vencer nos dous primeiros com-bates e caer na final ante Aarón Rey.

En categoría cadete, Ja-cobo González deu conta da súa progresión e, en -60 quilos, colgouse ao pescozo a medalla de bronce.

Copa de EspañaCatro judokas ouren-

sáns participaron na XIII Copa de España sub �� - Trofeo Internacional Tere-sa Herrera de Coruña. Os catro judokas ourensáns (Guillermo Pérez, Abel Vélez, Guillermo Otero e Laura Valdés) acadaron un triunfo cada un pero ningún deles puido loitar polos metais.

Álvarez e Iglesias en París.

Os catro judokas ourensás xunto co mestre Montero.

Redacción

Laura Valdés foi convo-cada pola Federación ga-lega para o Campionato de España Sub �� do sector Oeste feminino, antesala da fase final. A cita será na localidade asturiana de Pola de Lena, o domingo, 1 de maio.

Valdés foi convocada pola súa boa tempada na que se clasificou para o campionato de España en categoría júnior, sendo a

iglesias foi sétimo e álvarez quinto en París

Laura Valdés, coa selección galega en Asturias

primeira ourensá en conse-guilo despois de �6 anos.

A xove judoka ourensá loitará en -5� quilos contra adversarias con máis edade -Laura tan só ten 16 anos- e en plena recuperación dun accidente doméstico que lle provocou diversas quei-maduras; aínda así, Laura vai con toda a ilusión do mundo de facelo o mellor posible.

Esta fase de sector será a antesala do campionato de España.

Laura Valdés.

Page 15: 23 Abril 2011 - BDNº33

BARRIOS DEPORTIVO�9 de abril de �011

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Alfonso Vilachá.

Nº33 - Ano: III - 29 de abril 2010 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 239 634.

4O RiNCÓN DO MESTREOs beneficios terapéuticos da

risoterapia (i)A risoterapiaO bo humor é sinónimo

de boa saúde. A risa é a mellor compañeira que po-demos ter no noso camiño. Ademais de ser gratuíta é sinónimo de vida e crece-mento.

É unha técnica que con-tribúe a activar a capaci-dade de cada persoa para que respire, actúe, e pense máis positivo e así mello-re o estado de ánimo, sexa máis optimista na vida e poida cambiar a cor de ver os problemas. Reza un pro-verbio escocés: “O sorriso custa menos que a electrici-dade e dá máis luz”.

A miúdo escoitamos fra-ses tales como, a cara é o mellor espello da alma, etc. Todo iso é unha clara co-rroboración de que cando estamos alegres, contentos, sentimos mellor física e psicoloxicamente. Peque-nos detalles poden facer grandes cousas. Un simple sorriso ao espello todos os días ao levantarse vai ter unha influencia notoria e positiva nos nosos quefa-ceres. É unha fermosa por-ta para lograr a relaxación, abrir a nosa capacidade de sentir, de amar.

Cientificamente, compro-bouse que a risa franca, a gargallada, achega múlti-ples beneficios.

Cando rimos liberamos gran cantidade de endorfi-nas, responsables en gran parte da sensación de benestar. Cando rimos é

imposible pensar, esta si-tuación de ter a mente tran-quila e relaxada axúdanos a descubrir cousas novas, a enchernos de forza, de luz e aprender a vivir unha vida positiva.

Beneficios- Eliminar a tensión, a

ansiedade, a depresión, as tensións, as dores, adelga-za, o insomnio, o colesterol, os problemas respiratorios e cardiovasculares.

- Rexuvenecer.- Axudar a relaxarnos

e a desconectar dos nosos problemas e preocu-pacións.

- Aumentar a alegría e a satisfacción persoal.

- Contribúe a lograr a paz interior.

- Fortalecer a nosa men-te.

- Romper coa timidez.- Ser máis participativo.- Mellorar o nós.- Ser máis realista.- Enchernos de ilusión, de

sentido do humor, de gozo.- Exercicio: coa gargalla-

da ponse en funcionamento máis de 400 músculos, in-cluídos algúns do estóma-go, que só poden exercitar-se coa risa.

- Masaxe: a columna vertebral e as cervicais, onde se acumula a tensión, estíranse.

- Limpeza: se lubrica e limpan os ollos coas bá-goas.

- Osixenación: entra o dobre de osíxeno nos pul-

EDUCACIÓN E DEPORTE

Redacción

O Bloque Nacionalista Galego presentou na sede cultural de Novacaixaga-licia e diante de persoas relacionadas co mundo do deporte, o seu programa en materia deportiva en caso de que os cidadáns volvan a confiar na súa xestión para os vindeiro scatro anos.

O programa básease en catro piares, a saber: o pri-meiro deles é a “Promo-

O BNG presentou o seu programaen materia deportiva

ción do deporte”, centrán-dose no deportes escolar, no de base e no federado. O segundo dos puntos é o “Deporte e benestar”, onde engloban o deporte para persoas con discapacida-de, o deporte para persoas maiores e o deporte tra-dicional. O terceiro pun-to do seu programa será o “Deporte e lecer”, para iso contan con facer un circuíto de carreiras populares polos barrios da cidade, ademais doutras actividades depor-

tivas pretender potenciar desde o BNG os xogos po-pulares e a creación dunha escola municipal de xadrez. O cuarto e último dos pun-tos deste programa é o de impulsar os eventos depor-tivos como xeradores de movementos económicos como poden ser a carreira do San Martiño ou o Rali de Ourense. Tamén neste punto contan coa creación de máis instalacións depor-tivas ademais de dinamizar as xa existentes.

Sociedade Cultural AlborA Sociedade Cultural Albor con sede na rúa Greco do barrio de O Couto, organi-

zou unha xornada de convivencia xunto coa Concellería de Educación do Concello de Ourense, e na que rapaces e rapaces de todos os barrios de Ourense puideron practicar futbito durante unhas horas no evento denominado “encontro da amizade”, dentro do programa educativo extraescolar, IV Torneo de Convivencia. O evento tivo lugar no colexio de O Couto e gozou dunha grande participación por parte de nenos e nenas e pais e nais.

Foto de todos os participantes deste “Encontro da amizade”. /RAMSÉS

móns.A risa é un bálsamo

para o espírito, contaxia positividad ao producir máis serotonina e endorfi-nas que aumentan o opti-mismo e a saúde cerebral. Canto por tan pouco.

Métodos de risotera-pia

Aplícanse métodos que contribúen a liberar ten-sións do corpo e así poder chegar á risa ou gargalla-da sincera. Despois dun-ha sesión de risoterapia ímonos a sentir:

- Máis pletóricos.- Máis alegres.- Con maior vitalidade.- Con máis enerxía.- Con moitos sentimen-

tos positivos. un método tan sinxelo

como a risa pode ache-garnos tantos beneficios. A risa é o mellor medica-mento. A risa é máxica, rir é un agasallo da natureza. Por tanto, non tomemos a vida con seriedade para non perdela. Non cabe a menor dúbida, de que se practicamos a risoterapia ímonos sentir diferentes, alegres, contentos, relaxa-dos, satisfeitos e felices.

Non pasará moito tem-po, en que os médicos nos recetarán algunha dose de películas de humor, risa e entretemento.

Alfonso Vilachá, profesor de Educación Física e en-

trenador nacional de fútbol

Page 16: 23 Abril 2011 - BDNº33

BARRIOS DEPORTIVO�9 de abril de �011