2020 - galiciaxuventude.xunta.es/images/xuventur/2020/xuventur_2020.pdf · 2020. 10. 21. · de...

9
PROGRAMA DE EDUCACIÓN NON FORMAL PARA A MOCIDADE EN ALOXAMENTOS TURÍSTICOS DE GALICIA SITUADOS NO MEDIO RURAL 2020

Upload: others

Post on 22-Jan-2021

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 2020 - Galiciaxuventude.xunta.es/images/xuventur/2020/Xuventur_2020.pdf · 2020. 10. 21. · de campo e lapis, tarxeta sanitaria e toalla. ALOXAMENTO: Acampamento O Caurel Parroquia:

PROGRAMA DE EDUCACIÓN NON FORMALPARA A MOCIDADE EN ALOXAMENTOS TURÍSTICOS

DE GALICIA SITUADOS NO MEDIO RURAL

2020

Page 2: 2020 - Galiciaxuventude.xunta.es/images/xuventur/2020/Xuventur_2020.pdf · 2020. 10. 21. · de campo e lapis, tarxeta sanitaria e toalla. ALOXAMENTO: Acampamento O Caurel Parroquia:

Xuventur 2020

Programa de educación non formalpara a mocidade en aloxamentos turísticos

de Galicia situados no medio rural

Page 3: 2020 - Galiciaxuventude.xunta.es/images/xuventur/2020/Xuventur_2020.pdf · 2020. 10. 21. · de campo e lapis, tarxeta sanitaria e toalla. ALOXAMENTO: Acampamento O Caurel Parroquia:

XUVENTUR 2020

Que é “Xuventur”?A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, poñen en marcha unha nova edición do progra-ma “XuvenTur”·

Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desenvolver en aloxamen-tos turísticos de Galicia situados no medio rural, en estancias de fin de semana, que sirva tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o goce da paisaxe.

Ofrécense cinco tipos de actividades diferentes nas catro provincias galegas ao longo das fins de semana do mes de novembro, cunha oferta total próxima ás 200 prazas.

A edición deste 2020 vén marcada pola situación de crise sanitaria provocada pola Covid-19, polo que as actividades incluídas dentro de “XuvenTur” levaranse a cabo seguindo as medidas de prevención, seguridade e hixiene establecidas en cada momento. Así mesmo, redúcese o número de persoas en cada actividade, de tal xeito que os grupos estarán conformados por 9 participantes como máximo e 1 persoa monitora.

QUEN PODE PARTICIPAR?

“Xuventur” está dirixido á xente nova empadroada en Ga-licia que teña entre 18 e 35 anos no momento da solicitude e queira gozar dun programa de actividades de educación non formal nos espazos naturais da nosa Comunidade Au-tónoma.

OBXECTIVOS DO PROGRAMA

•  Mellorar as competencias e habilidades da xuventude a través da educación non formal.

•  Facilitar que as mozas e mozos galegos participantes co-ñezan a xeografía e patrimonio natural, cultural e etnográfi-co de Galicia, promovendo o seu respecto e posta en valor.

•  Proporcionar á xente nova a oportunidade de vivir a expe-riencia do turismo rural galego.

•  Promover a educación ambiental e o ocio saudable.

O PROGRAMA, QUE É GRATUÍTO, INCLÚE:

•  Aloxamento en establecementos rurais (noites de venres e sábado). A asignación de cuartos será de libre disposi-ción, o que supón que haberá que compartir os que sexan de dúas prazas no momento da súa asignación, garantindo en todo caso as medidas de prevención e hixiene vixentes por mor da Covid-19.•  Manutención completa dende a cea do venres ata o almor-zo do domingo.

•  Programa de actividades, equipo técnico responsable, así como o material preciso para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alter-nativas).

•   O desprazamento ata os aloxamentos vai por conta das persoas que participan, tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

Page 4: 2020 - Galiciaxuventude.xunta.es/images/xuventur/2020/Xuventur_2020.pdf · 2020. 10. 21. · de campo e lapis, tarxeta sanitaria e toalla. ALOXAMENTO: Acampamento O Caurel Parroquia:

XUVENTUR 2020

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN•  Cada persoa solicitante só poderá elixir un programa e unha quenda, se ben no caso de que queden prazas libres, ofreceráselle aos mozos e mozas que presentaran xa unha solicitude de participación a posibilidade de inscribirse noutro programa no que haxa va-cantes.

•  As persoas mozas participantes terán que respectar os horarios establecidos.

•  Durante a estancia nos aloxamentos, res-pectaranse as normas de organización in-terna en cada un deles, así como as relativas ás condicións hixiénico-sanitarias que serán obrigatorias para as persoas participantes.

•   As persoas mozas participantes deberán cubrir unha declaración responsable de condicións de saúde para facer fronte á Covid-19, que estará dispoñible na páxina web xuventude.xunta.es, e presentala no momento de entrar á actividade seleccionada.

•  As persoas organizadoras reservaranse o dereito a cambiar algunha parte do progra-ma ou servizo, incluso de cancelalo en caso de que sexa necesario por seguridade das persoas participantes.

•  A realización e o desenvolvemento das ac-tividades estará condicionado polas con-dicións meteorolóxicas, así como polas posibles limitacións derivadas da situación sanitaria.

•  A Dirección Xeral de Xuventude, Participa-ción e Voluntariado poderá cancelar calque-ra dos programas, en caso de que non exista un número mínimo de participantes. Así mes-mo, poderá cancelarse a actividade cando as circunstancias derivadas da situación sanita-ria así o aconsellen.

•  Se calquera das persoas participantes incum-pre as normas xerais que alteren o desenvol-vemento normal das actividades, poderá ser expulsada do programa correspondente.

•  Será necesario levar a tarxeta sanitaria e o DNI durante os días de realización do progra-ma.

•   A incorporación realizarase o venres pola tar-de antes das 21:00 h, e a saída será ao remate da actividade, que será sempre os domingos antes do xantar (consultar o programa de cada actividade para saber o horario específico).

•  A participación no programa supón a acep-tación das condicións deste. Noutro caso, po-derá excluírse do programa á persoa partici-pante que incumpra as devanditas condicións.

Page 5: 2020 - Galiciaxuventude.xunta.es/images/xuventur/2020/Xuventur_2020.pdf · 2020. 10. 21. · de campo e lapis, tarxeta sanitaria e toalla. ALOXAMENTO: Acampamento O Caurel Parroquia:

XUVENTUR 2020

MATERIAL NECESARIO

Útiles de aseo, roupa axeitada (usada e có-moda), prendas de abrigo e chuvia, calzado deportivo (forte e cómodo), mochila e más-caras cirúrxicas ou calquera outra homologa-da polas autoridades sanitarias en cantidade suficiente para cubrir a fin de semana.

É importante que a roupa e o calzado sexan axeitados para as actividades do programa elixido. En cada programa figuran as indica-cións a este respecto.

PRAZAS

O número de prazas dispoñibles en cada unha das opcións e fins de semana é de 9.

INSCRICIÓNS E RESERVAS

•  A reserva de praza efectuarase únicamente en liña, a través do formulario de inscrición que pode descargar neste enlace.

•  As prazas asignaranse por estrita orde de inscrición sempre e cando se cumpran os requisitos.•  A confirmación da praza farase por co-rreo electrónico no prazo de tres días tras realizar a inscrición. Unha vez confirmada a praza, haberá un prazo de 48 horas para re-mitir por correo electrónico a fotocopia es-caneada do DNI. Esta documentación debe enviarse ao enderezo de correo electrónico [email protected] indicando no asunto o programa ao que está inscrito.

Aviso: a ausencia de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala ocasionará a baixa automática do programa e as prazas quedarán dispoñi-bles para as persoas en lista de reserva.

PRAZO DE INSCRICIÓN

O prazo de inscrición comezará o día 22 de outubro ás 9:00 h.

ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS

As prazas adxudicaranse, como se dixo an-teriormente, por rigorosa orde de chegada dos formularios de inscrición ata esgotar to-das as dispoñibles por programa.

No formulario de confirmación de solicitude, só se poderá elixir unha quenda, se ben no caso de que queden prazas libres, ofrecerá-selle aos mozos e mozas que presentaran xa unha solicitude de participación a posibili-dade de inscribirse noutro programa no que haxa vacantes.

Os/as participantes admitidos/as que por calquera causa non poidan finalmente asistir ás actividades, deberán comunicalo á Direc-ción Xeral Xuventude, Participación e Volun-tariado a través dun correo electrónico([email protected]) cunha antelación mí-nima de 5 días naturais á data de inicio do programa, co fin de poder asignar as prazas vacantes aos solicitantes da lista de espera.

De non facelo así, quedarán excluídos da participación en sucesivas edicións deste programa e nos demais que poña en marcha a Dirección Xeral Xuventude, Participación e Voluntariado.

Page 6: 2020 - Galiciaxuventude.xunta.es/images/xuventur/2020/Xuventur_2020.pdf · 2020. 10. 21. · de campo e lapis, tarxeta sanitaria e toalla. ALOXAMENTO: Acampamento O Caurel Parroquia:

XUVENTUR 2020

Programa 1

AventurAdA costA Actividades de multiaventura. En Porto do Son (A Coruña).

ACTIVIDADES: nodería, barranquismo, surf e escalada.DATAS: do 6 ao 8 de novembro, do 13 ao 15 de novembro, do 20 ao 22 de novembro e do 27 ao 29 de novembro (venres a domingo).HORARIO: entrada ás 19:30 h do venres e saída ás 13:30 h do domingo.PRAZAS: 9 en cada quenda.MATERIAL INDISPENSABLE: bañador, toalla, calzado deportivo, roupa deportiva e roupa de abrigo, cantimplora e mochila de ruta para a roupa de reposto ou mollada. Ademais, crema solar e gorra para o sol.ALOXAMENTO: Casa do FieiroParroquia: Miñortos (San Martiño)Lugar O Fieiro, 15218 Porto do Son - A CoruñaCOORDENADAS:42º 46’ 21.3” N - 8º 55’ 41.9” W

CASA DO FIEIRO

TEL.: 981 821 407 / 630 494 573

Programa 2

Descubrindoa Ribeira Sacra Rutas e visitas a espazos de interese natural e patrimonial da Pobra do Brollón e a súa contorna. Na Pobra do Brollón (Lugo).

ACTIVIDADES: observación e identifica-ción de especies de aves dos diferentes es-pazos naturais, ruta en tren turístico pola Ribeira Sacra, visita a unha bodega con de-gustación de produtos da terra e xornada de anelamento científico.DATAS: do 6 ao 8 de novembro, do 13 ao 15 de novembro, do 20 ao 22 de novembro e do 27 ao 29 de novembro (venres a domingo).HORARIO: entrada ás 19:30 h do venres e saída ás 13:30 h do domingo.PRAZAS: 9 en cada quenda.MATERIAL INDISPENSABLE: útiles de aseo, mochila pequena para rutas, calzado para camiñar, calzado deportivo, roupa de deporte, roupa de abrigo e impermeable.ALOXAMENTO: Hotel O FornoParroquia: Salcedo (San Xoán)Lugar: Salcedo Rúa da Igrexa, s/n27338 A Pobra do Brollón - LugoCOORDENADAS:42º 32’ 43.2” N - 7º 20’ 22.4” W

O FORNO

TEL.: 982 430 501

OUTUBRO

PROGRAMAS

Page 7: 2020 - Galiciaxuventude.xunta.es/images/xuventur/2020/Xuventur_2020.pdf · 2020. 10. 21. · de campo e lapis, tarxeta sanitaria e toalla. ALOXAMENTO: Acampamento O Caurel Parroquia:

XUVENTUR 2020

Programa 3

ecotuRismo polaSeRrA do courelActividades de inmersión e coñecemen-to do patrimonio natural e cultural. Na comarca de Folgoso do Courel (Lugo).

ACTIVIDADES: rutas de sendeirismo pola Serra do Courel (recoñecemento e observa-ción de flora e fauna, orientación e manexo de mapas topográficos), observación astro-nómica, visita cultural á casa natal de Uxío Novoneyra, contos de lobos de Ánxel Fole, visionado de documentais e filmes do Cou-rel, paisaxes sonoras dos bosques galegos.DATAS: do 6 ao 8 de novembro, do 13 ao 15 de novembro, do 20 ao 22 de novembro e do 27 ao 29 de novembro (venres a domingo).HORARIO: entrada ás 19:30 h do venres e saída ás 13:30 h do domingo.PRAZAS: 9 en cada quenda.MATERIAL INDISPENSABLE: mochila, cal-zado cómodo para camiñar (bota de sendei-rismo /montaña/ trekking resistente á auga e con calcetín alto), roupa cómoda de abrigo e reposto, chuvasqueiro, paraugas, cantimplora ou botella, útiles de aseo persoal, (máscaras, xel...), bastóns de sendeirismo, (opcional), pris-máticos (opcional), cámara de fotos, caderno de campo e lapis, tarxeta sanitaria e toalla.ALOXAMENTO: Acampamento O CaurelParroquia: Esperante (San Pedro)Lugar: Esperante27325 Folgoso do Courel - LugoCOORDENADAS:42º 38’ 32.6” N - 7º 08’ 07.4” W

ACAMPAMENTO O CAUREL

TEL.: 982 433 101

Programa 4

GAndAinA eexploRación no ArnoiaNatureza, auto-exploración e descuber-ta lúdica do entorno. En Allariz (Ourense).

ACTIVIDADES: interpretación ambiental, ruta de orientación, xogo de rol Asasinato en Allariz, xogo de escapismo Tenet: desafíos no tempo, dinámicas de coñecemento e au-to-exploración e visitas ambientadas á con-torna urbana.DATAS: do 6 ao 8 de novembro, do 13 ao 15 de novembro, do 20 ao 22 de novembro e do 27 ao 29 de novembro (venres a domingo)..HORARIO: entrada ás 19:30 h do venres e saída ás 13:00 h do domingo.PRAZAS: 9 en cada quenda.MATERIAL INDISPENSABLE: calzado im-permeable e cómodo para camiñar (prefe-rentemente botas de sendeirismo), chuvas-queiro, cantimplora e mochila de ruta.ALOXAMENTO: Pousada Torre LombardaParroquia: Allariz (Santiago)Lugar: Allariz Rúa Alfredo Nan, 132660 Allariz - OurenseCOORDENADAS:42º 11’ 16.9” N - 7º 48’ 14.2” W

POUSADA TORRE LOMBARDA

TEL.: 988 554 005

Page 8: 2020 - Galiciaxuventude.xunta.es/images/xuventur/2020/Xuventur_2020.pdf · 2020. 10. 21. · de campo e lapis, tarxeta sanitaria e toalla. ALOXAMENTO: Acampamento O Caurel Parroquia:

XUVENTUR 2020

Programa 5

AtopAndo o camiño dA vida Actividades de autocoñecemento e orientación vocacional. Na Estrada (Pontevedra).

ACTIVIDADES: dinámicas e talleres para profundar no auto coñecemento, profundar na reflexión sobre que futuro desexamos e realizar un plan de acción concreto que poi-damos comezar a aplicar de inmediato. Per-correr un tramo do camiño de Santiago. Di-námicas con Lego® Serious Play®.DATAS: do 6 ao 8 de novembro, do 13 ao 15 de novembro, do 20 ao 22 de novembro e do 27 ao 29 de novembro (venres a domingo).HORARIO: entrada ás 19:30 h do venres e saída ás 13:00 h do domingo.PRAZAS: 9 en cada quenda.MATERIAL INDISPENSABLE: calzado impermeable e cómodo para camiñar (prefe-rentemente botas de sendeirismo), chuvas-queiro, cantimplora e mochila de ruta. Ade-mais, crema solar e gorra para o sol.ALOXAMENTO: A Casa do LagoeiroParroquia: A Estrada (San Paio)Lugar: Vilar Rúa Vilar, 1736680 A Estrada - PontevedraCOORDENADAS:42º 41’ 47.2” N - 8º 28’ 53.8” W A CASA DO LAGOEIRO

TEL.: 986 584 964/690 212 767

NOVEMBRO

PROGRAMAS

Page 9: 2020 - Galiciaxuventude.xunta.es/images/xuventur/2020/Xuventur_2020.pdf · 2020. 10. 21. · de campo e lapis, tarxeta sanitaria e toalla. ALOXAMENTO: Acampamento O Caurel Parroquia: