· 2013. 7. 29. · número 30 ix lexislatura serie pleno diario de sesiÓns do parlamento de...

120
Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Gallego Calvar, María Carmen Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co sistema de arbitraxe establecido no Instituto Galego de Consumo para as persoas afectadas pola fraude das partici- pacións preferentes Publicación da iniciativa, BOPG nº 5, do 28.11.2012 6.2. 4669 (09/PNP-000340) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Sánchez García, Antón Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa redacción da futura Lei de calidade da cadea agro- alimentaria Publicación da iniciativa, BOPG nº 67, do 12.03.2013 6.3. 6826 (09/PNP-000511) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Díaz Pérez, Yolanda Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa actual localización da planta de gas de Reganosa na vila de Mugardos Publicación da iniciativa, BOPG nº 92, do 25.04.2013 6.4. 7436 (09/PNP-000560) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Sesión plenaria 26 de xuño de 2013 Presidencia da Excma. Sra. Dª Pilar Rojo Noguera

Upload: others

Post on 07-Aug-2021

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Número 30 IX lexislatura Serie Pleno

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

ORDE DO DÍA

Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno

6.1. 605 (09/PNP-000016)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Gallego Calvar, María Carmen

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación co sistema de arbitraxe establecido no Instituto Galego

de Consumo para as persoas afectadas pola fraude das partici-

pacións preferentes

Publicación da iniciativa, BOPG nº 5, do 28.11.2012

6.2. 4669 (09/PNP-000340)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Sánchez García, Antón

Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en

relación coa redacción da futura Lei de calidade da cadea agro-

alimentaria

Publicación da iniciativa, BOPG nº 67, do 12.03.2013

6.3. 6826 (09/PNP-000511)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en

relación coa actual localización da planta de gas de Reganosa na

vila de Mugardos

Publicación da iniciativa, BOPG nº 92, do 25.04.2013

6.4. 7436 (09/PNP-000560)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Sesión plenaria26 de xuño de 2013

Presidencia da Excma. Sra. Dª Pilar Rojo Noguera

Page 2:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Pontón Mondelo, Ana Belén

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia co

fin de impulsar o sistema aeroportuario galego

Publicación da iniciativa, BOPG nº 102, do 15.05.2013

6.5. 8425 (09/PNP-000641)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 12 máis

Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto da fórmula

empregada para a presentación dunha moción de censura no

concello lucense do Valadouro

Publicación da iniciativa, BOPG nº 115, do 05.06.2013

6.6. 8532 (09/PNP-000647)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Gómez Alonso, Alejandro e 6 máis

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego

para a posta en marcha do Comité de coordinación aeroportuaria

de Galicia

Publicación da iniciativa, BOPG nº 119, do 12.06.2013

6.7. 8676 (09/PNP-000659)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pombo Rodríguez, Cosme Eladio

Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en

relación co proxecto de decreto polo que se regulan os comedo-

res escolares dos centros públicos docentes non universitarios

Publicación da iniciativa, BOPG nº 119, do 12.06.2013

6.8. 8742 (09/PNP-000665)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Sobre a demanda polo Goberno galego diante do Goberno cen-

tral da modificación da Orde ministerial IET/2804/2012, do 27 de

decembro, co fin de establecer e regular as condicións que ase-

guren a leal competencia entre as empresas

Publicación da iniciativa, BOPG nº 119, do 12.06.2013

Punto 7. Interpelacións

7.1. 6800 (09/INT-000283)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda, e Fajardo Recouso, Juan Manuel

Sobre as medidas do Goberno galego para evitar a deslocaliza-

ción da industria conserveira

Publicación da iniciativa, BOPG nº 92, do 25.04.2013

7.2. 7314 (09/INT-000304)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Acuña do Campo, María Carmen e 4 máis

Sobre o proceso privatizador da sanidade pública de Galicia e a

construción do novo hospital de Vigo

Publicación da iniciativa, BOPG nº 99, do 08.05.2013

7.3. 8000 (09/INT-000328)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Losada Álvarez, Abel Fermín e 3 máis

Sobre os criterios de destrución de documentación na Xunta de

Galicia

Publicación da iniciativa, BOPG nº 109, do 28.05.2013

Punto 8. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta

8.1. 9112 (09/POPX-000032)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Vázquez Fernández, Manuel

Sobre a valoración da situación socioeconómica de Galicia logo

de catro anos e medio de mandato do actual Goberno

Publicación da iniciativa, BOPG nº 123, do 19.06.2013

8.2. 9131 (09/POPX-000033)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre a grave situación social e política de Galicia

Publicación da iniciativa, BOPG nº 123, do 19.06.2013

8.3. 9173 (09/POPX-000034)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda

Sobre o cumprimento das obrigas de facer valer o interese xeral

da cidadanía

Publicación da iniciativa, BOPG nº 123, do 19.06.2013

Punto 9. Preguntas ao goberno

9.1. 9164 (09/PUP-000051)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Arias Veira, Pedro Manuel e 6 máis

Sobre a valoración do Goberno galego da viaxe a México e Perú

realizada polo señor conselleiro de Economía e Industria na pri-

meira quincena do mes de xuño de 2013

Publicación da iniciativa, BOPG nº 123, do 19.06.2013

ORDE DO DÍA

Page 3:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

9.2. 7918 (09/POP-000737)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Vázquez Díaz, Ramón, e Ron Fernández, José Javier

Sobre a avaliación do Goberno galego da aplicación, os custos e

as consecuencias en Galicia da denominada Lei orgánica de

mellora da calidade do ensino

Publicación da iniciativa, BOPG nº 105, do 21.05.2013

9.3. 7074 (09/POP-000657)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Santalices Vieira, Miguel Ángel e 6 máis

Sobre a convocatoria de solucións innovadoras realizada polo

Servizo Galego de Saúde no marco dos proxectos Hospital 2050

e InnovaSaúde cofinanciados con fondos Feder

Publicación da iniciativa, BOPG nº 95, do 02.05.2013

9.4. 1718 (09/POP-000125)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Quintas Álvarez, María Remedios e 2 máis

Sobre as causas do aumento en Galicia da caída na afiliación á

Seguridade Social, en relación co resto das comunidades autó-

nomas

Publicación da iniciativa, BOPG nº 25, do 03.01.2013

9.5. 8659 (09/POP-000784)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rodas Chapela, Daniel, e Prado Cores, María Montserrat

Sobre as medidas que está a adoptar a Consellería do Medio

Rural e do Mar para evitar conflitos nos pósitos galegos

Publicación da iniciativa, BOPG nº 119, do 12.06.2013

9.6. 9121 (09/PUP-000048)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

García García, Pablo e 2 máis

Sobre a estratexia da Xunta de Galicia no campo da investigación

agrogandeira

Publicación da iniciativa, BOPG nº 123, do 19.06.2013

9.7. 9153 (09/PUP-000049)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Paz Franco, María Tereixa

Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para garan-

tir no futuro o mantemento da actividade desenvolvida polo Cen-

tro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

Publicación da iniciativa, BOPG nº 123, do 19.06.2013

9.8. 9157 (09/PUP-000050)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Beiras Torrado, Xosé Manuel e 2 máis

Sobre as razóns do Goberno galego para desmantelar de xeito

progresivo o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

Publicación da iniciativa, BOPG nº 123, do 19.06.2013

ORDE DO DÍA

Page 4:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

SUMARIO

Retómase a sesión ás dez da mañá.

Pregunta ao Sr. presidente da Xunta de D. Manuel Vázquez Fernández, do G.P. dos Socialistas de Galicia, sobre a valo-

ración da situación socioeconómica de Galicia logo de catro anos e medio de mandato do actual Goberno. (Punto oita-

vo da orde do día.)

Intervención do autor: Sr. Vázquez Fernández (S). (Páx. 11.)

Contestación do presidente da Xunta de Galicia: Sr. Núñez Feijóo. (Páx. 12.)

Réplica do autor: Sr. Vázquez Fernández (S). (Páx. 12..)

Réplica do presidente da Xunta de Galicia: Sr. Núñez Feijóo. (Páx. 123.)

Pregunta ao Sr. presidente da Xunta de D. Francisco Xesús Jorquera Caselas, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego,

sobre a grave situación social e política de Galicia. (Punto oitavo da orde do día.)

Intervención do autor: Sr. Jorquera Caselas (BNG). (Páx. 15.)

Contestación do presidente da Xunta de Galicia: Sr. Núñez Feijóo. (Páx. 125.)

Réplica do autor: Sr. Jorquera Caselas (BNG). (Páx. 16.)

Réplica do presidente da Xunta de Galicia: Sr. Núñez Feijóo. (Páx. 17.)

Pregunta ao Sr. presidente da Xunta de Dª Yolanda Díaz Pérez, do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, sobre o cum-

primento das obrigas de facer valer o interese xeral da cidadanía. (Punto oitavo da orde do día.)

Intervención da autora: Sra. Díaz Pérez (AGE). (Páx. 18.)

Contestación do presidente da Xunta de Galicia: Sr. Núñez Feijóo. (Páx. 19.)

Réplica da autora: Sra. Díaz Pérez (AGE). (Páx. 20.)

Réplica do presidente da Xunta de Galicia: Sr. Núñez Feijóo. (Páx. 21.)

Page 5:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Proposición non de lei do G.P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativa de D.ª María Carmen Gallego Calvar, sobre as

actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co sistema de arbitraxe establecido no Instituto Gale-

go de Consumo para as persoas afectadas pola fraude das participacións preferentes. (Punto sexto da orde do día.)

A señora presidenta anuncia as emendas presentadas a esta proposición non de lei. (Páx. 22.)

Intervención do grupo autor da proposición non de lei: Sra. Gallego Calvar (S). (Páx. 23.)

Intervención dos grupos parlamentarios emendantes: Sr. Jorquera Caselas (BNG) (Páx. 25.) e Sra. Pouso Maneiro (P) (Páx. 26.)

Intervención dos grupos parlamentarios non emendantes: Sra. Martínez García (AGE). (Páx. 27.)

A señora Gallego Calvar (S) intervén para posicionarse respecto das emendas. (Páx. 28.)

Proposición non de lei do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, por iniciativa de D. Antón Sánchez García, sobre a

actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa redacción da futura Lei de calidade da cadea agro-

alimentaria. (Punto sexto da orde do día.)

A señora presidenta anuncia as emendas presentadas a esta proposición non de lei. (Páx. 30.)

Intervención do grupo autor da proposición non de lei: Sr. Sánchez García (AGE). (Páx. 30.)

Intervención dos grupos parlamentarios emendantes: Sra. Paz Franco (BNG) (Páx. 32.) e Sra. García Pacín (P) (Páx. 34.)

Intervención dos grupos parlamentarios non emendantes: Sr. García García (S). (Páx. 35.)

O señor Sánchez García (AGE) intervén para posicionarse respecto das emendas. (Páx. 36.)

Proposición non de lei do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, por iniciativa de Dª Yolanda Díaz Pérez, sobre as

actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa actual localización da planta de gas de Reganosa

na vila de Mugardos. (Punto sexto da orde do día.)

A señora presidenta anuncia as emendas presentadas a esta proposición non de lei. (Páx. 37.)

Intervención do grupo autor da proposición non de lei: Sra. Díaz Pérez (AGE). (Páx. 38.)

Intervención dos grupos parlamentarios emendantes: Sra. Pontón Mondelo (BNG) (Páx. 39.) e Sr. Méndez Romeu (S) (Páx. 41.)

Intervención dos grupos parlamentarios non emendantes: Sr. Fariñas Sobrino (P). (Páx. 42.)

A señora . Díaz Pérez (AGE) intervén para posicionarse respecto das emendas. (Páx. 43.)

Alteración da orde do día

O señor presidente (Santalices Vieira) anuncia que pasa a debaterse, de forma adiantada, a oitava das proposicións non de

lei da orde do día, logo do acordo dos portavoces. (Páx. 43.)

SUMARIO

Page 6:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Proposición non de lei do G.P. dos Socialistas de Galicia, sobre a demanda polo Goberno galego diante do Goberno

central da modificación da Orde ministerial IET/2804/2012, do 27 de decembro, co fin de establecer e regular as condi-

cións que aseguren a leal competencia entre as empresas. (Punto sexto da orde do día.)

O señor presidente (Santalices Vieira) anuncia as emendas presentadas a esta proposición non de lei. (Páx. 44.)

Intervención do grupo autor da proposición non de lei: Sra. Sestayo Doce (S). (Páx. 44.)

Intervención dos grupos parlamentarios emendantes: Sra. Adán Villamarín (BNG) (Páx. 46.) e Sr. Arias Veira (P) (Páx. 47.)

Intervención dos grupos parlamentarios non emendantes: Sra. Martínez García (AGE). (Páx. 48.)

A señora Sestayo Doce (S). intervén para posicionarse respecto das emendas. (Páx. 50.)

Intervén, por alusións, o señor Fariñas Sobrino (P), ao abeiro do artigo 76.1 do Regulamento. (Páx. 50.)

Debate acumulado de dúas proposicións non de lei.

Proposición non de lei do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa de Dª Ana Belén Pontón Mondelo, sobre as

actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia co fin de impulsar o Sistema aeroportuario galego. (Punto sexto da

orde do día.)

Proposición non de lei do G.P. Popular de Galicia, por iniciativa de D. Alejandro Gómez Alonso e seis deputados máis,

sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a posta en marcha do Comité de Coordinación Aero-

portuaria de Galicia. (Punto sexto da orde do día.)

Intervención dos grupos autores das proposicións non de lei: Sra. Pontón Mondelo (BNG) (Páx. 52.) e Sr. Rodríguez González

(P) (Páx. 54.)

Intervención dos grupos parlamentarios: Sr. Fernández Fernández (S). (Páx. 56.) e Sr. Fernández Calviño (AGE) (Páx. 57.)

Nova intervención da señora Pontón Mondelo (BNG) (Páx. 59.) e do señor Rodríguez González (P). (Páx. 60.)

Proposición non de lei do G.P. Popular de Galicia, por iniciativa de D. José Manuel Balseiro Orol e doce deputados máis,

sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto da fórmula empregada para a presentación dunha moción de cen-

sura no concello lucense do Valadouro. (Punto sexto da orde do día.)

A señora presidenta anuncia as emendas presentadas a esta proposición non de lei. (Páx. 61.)

Intervención do grupo autor da proposición non de lei: Sr. Balseiro Orol (P). (Páx. 61.)

Intervención dos grupos parlamentarios emendantes: Sr. Val Alonso (S) (Páx. 63.)

Intervención dos grupos parlamentarios non emendantes: Sra. Paz Franco (BNG) (Páx. 64.) e Sr. Vázquez Díaz (AGE). (Páx. 66.)

SUMARIO

Page 7:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

O señor Balseiro Orol (P) intervén para posicionarse respecto da emenda. (Páx. 67.)

Proposición non de lei do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa de D. Cosme Eladio Pombo Rodríguez,

sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co proxecto de decreto polo que se regulan

os comedores escolares dos centros públicos docentes non universitarios. (Punto sexto da orde do día.)

O señor presidente (Santalices Vieira) anuncia as emendas presentadas a esta proposición non de lei. (Páx. 68.)

Intervención do grupo autor da proposición non de lei: Sr. Pombo Rodríguez (BNG). (Páx. 69.)

Intervención dos grupos parlamentarios emendantes: Sr. Docasar Docasar (S) (Páx. 70.)

Intervención dos grupos parlamentarios non emendantes: Sr. Vázquez Díaz (AGE) (Páx. 71.) e Sra. Piñeiro Martínez (P). (Páx. 72.)

O señor Pombo Rodríguez (BNG) intervén para posicionarse respecto da emenda. (Páx. 74.)

Votación das proposicións non de lei

Votación do texto transaccionado da Proposición non de lei do G.P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativa de Dª María Car-

men Gallego Calvar, sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co sistema de arbitraxe esta-

blecido no Instituto Galego de Consumo para as persoas afectadas pola fraude das participacións preferentes: rexeitado por

34 votos a favor, 40 en contra e ningunha abstención. (Páx. 74.)

Votación do texto transaccionado da Proposición non de lei do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, por iniciativa de D.

Antón Sánchez García, sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa redacción da futura Lei

de calidade da cadea agroalimentaria: rexeitado por 34 votos a favor, 40 en contra e ningunha abstención. (Páx. 75.)

Intervén a señora Díaz Pérez (AGE) para comunicar o resultado da transacción, e o señor Méndez Romeu (S) para solicitar

a votación separada do primeiro punto. (Páx. 75.)

Votación do punto primeiro do texto transaccionado da Proposición non de lei do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda,

por iniciativa de Dª Yolanda Díaz Pérez, sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa actual

localización da planta de gas de Reganosa na vila de Mugardos: rexeitado por 9 votos a favor, 40 en contra e 25 absten-

cións. (Páx. 75.)

Votación do texto transaccionado da Proposición non de lei do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, por iniciativa de Dª

Yolanda Díaz Pérez, sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa actual localización da

planta de gas de Reganosa na vila de Mugardos, agás o punto primeiro: rexeitado por 33 votos a favor, 40 en contra e nin-

gunha abstención. (Páx. 75.)

Votación do texto transaccionado da Proposición non de lei G.P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativa de Dª Beatriz Ses-

tayo Doce e dous deputados máis, sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para o cumprimento dos

compromisos adquiridos co sector naval da comarca de Ferrolterra: rexeitado por 34 votos a favor, 40 en contra e ningunha

abstención. (Páx. 76.)

SUMARIO

Page 8:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Votación do punto primeiro da Proposición non de lei do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa de Dª Ana Belén

Pontón Mondelo, sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia co fin de impulsar o Sistema aeroportuario

galego: rexeitado por 34 votos a favor, 40 en contra e ningunha abstención. (Páx. 76.)

Votación do punto segundo da Proposición non de lei do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa de Dª Ana Belén

Pontón Mondelo, sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia co fin de impulsar o Sistema aeroportuario

galego: aprobado por 74 votos a favor, ningún en contra e ningunha abstención. (Páx. 76.)

Votación do punto terceiro da Proposición non de lei do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa de Dª Ana Belén

Pontón Mondelo, sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia co fin de impulsar o Sistema aeroportuario

galego: aprobado por 74 votos a favor, ningún en contra e ningunha abstención. (Páx. 76.)

Votación da Proposición non de lei do G.P. Popular, por iniciativa de D. Alejandro Gómez Alonso e seis deputados máis, sobre

as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a posta en marcha do Comité de Coordinación Aeroportuaria

de Galicia: aprobada por 40 votos a favor, 30 en contra e 2 abstencións. (Páx. 77.)

Votación da Proposición non de lei do G.P. Popular de Galicia, por iniciativa de D. José Manuel Balseiro Orol e doce depu-

tados máis, sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto da fórmula empregada para a presentación dunha moción

de censura no concello lucense do Valadouro: aprobada por 40 votos a favor, 33 en contra e ningunha abstención. (Páx. 77.)

Votación do texto transaccionado da Proposición non de lei do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa de D. Cosme

Eladio Pombo Rodríguez, sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co proxecto de decre-

to polo que se regulan os comedores escolares dos centros públicos docentes non universitarios: rexeitado por 33 votos a

favor, 40 en contra e ningunha abstención. (Páx. 77.)

Alteración da orde do día

A señora presidenta comunica que as preguntas coa numeración 9.6, 9.7 e 9.8 da orde do día se substanciarán de xeito

acumulado. (Páx. 77.)

Suspéndese a sesión ás tres e catro minutos da tarde e retómase ás catro e corenta e catro minutos da tarde.

Interpelación de Dª Yolanda Díaz Pérez e D. Juan Manuel Fajardo Recouso, do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda,

sobre as medidas do Goberno galego para evitar a deslocalización da industria conserveira. (Punto sétimo da orde do día.)

Intervención do autor: Sr. Fajardo Recouso (AGE). (Páx. 78.)

Resposta da Xunta: Sra. conselleira do Medio Rural e do Mar (Quintana Carballo). (Páx. 80.)

Réplica do autor: Sr. Fajardo Recouso (AGE). (Páx. 82.)

Réplica da Xunta: Sra. conselleira do Medio Rural e do Mar (Quintana Carballo). (Páx. 83.)

Interpelación de Dª María Carmen Acuña do Campo e catro deputados máis, do G.P. dos Socialistas de Galicia, sobre o

proceso privatizador da sanidade pública de Galicia e a construción do novo hospital de Vigo. (Punto sétimo da orde do día.)

Intervención da autora: Sra. Acuña do Campo (S). (Páx. 85.)

SUMARIO

Page 9:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Resposta da Xunta: Sra. conselleira de Sanidade (Mosquera Álvarez). (Páx. 87.)

Réplica da autora: Sra. Acuña do Campo (S). (Páx. 88.)

Réplica da Xunta: Sra. conselleira de Sanidade (Mosquera Álvarez). (Páx. 89.)

Interpelación de D. Abel Losada Álvarez e tres deputados máis, do G.P. dos Socialistas de Galicia, sobre os criterios de

destrución de documentación na Xunta de Galicia. (Punto sétimo da orde do día.)

Intervención do autor: Sr. Losada Álvarez (S). (Páx. 90.)

Resposta da Xunta: Sr. conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Rueda Valenzuela). (Páx. 92.)

Réplica do autor: Sr. Losada Álvarez (S). (Páx. 94.)

Réplica da Xunta: Sr. conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Rueda Valenzuela). (Páx. 95.)

Pregunta de D. Pedro Manuel Arias Veira e seis deputados máis, do G.P. Popular de Galicia, sobre a valoración do Gober-

no galego da viaxe a México e Perú realizada polo señor conselleiro de Economía e Industria na primeira quincena do

mes de xuño de 2013. (Punto noveno da orde do día.)

Intervención do autor: Sr. Tellado Filgueira (P). (Páx. 97.)

Contestación da Xunta: Sr. conselleiro de Economía e Industria (Conde López). (Páx. 98.)

Réplica do autor: Sr. Tellado Filgueira (P). (Páx. 99.)

Réplica da Xunta: Sr. conselleiro de Economía e Industria (Conde López). (Páx. 99.)

Pregunta de D. Ramón Vázquez Díaz e D. José Javier Ron Fernández, do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, sobre

a avaliación do Goberno galego da aplicación, os custos e as consecuencias en Galicia da denominada Lei orgánica de

mellora da calidade do ensino. (Punto noveno da orde do día.)

Intervención do autor: Sr. Vázquez Díaz (AGE). (Páx. 100.)

Contestación da Xunta: Sr. conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Vázquez Abad). (Páx. 101.)

Réplica do autor: Sr. Vázquez Díaz (AGE). (Páx. 102.)

Réplica da Xunta: Sr. conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Vázquez Abad). (Páx. 103.)

Pregunta de D. Miguel Ángel Santalices Vieira e seis deputados máis, do G.P. Popular de Galicia, sobre a convocatoria

de solucións innovadoras realizada polo Servizo Galego de Saúde no marco dos proxectos Hospital 2050 e InnovaSaú-

de cofinanciados con fondos Feder. (Punto noveno da orde do día.)

Intervención do autor: Sr. Santalices Vieira (P). (Páx. 103.)

Contestación da Xunta: Sra. conselleira de Sanidade (Mosquera Álvarez). (Páx. 104.)

Réplica do autor: Sr. Santalices Vieira (P). (Páx. 105.)

Réplica da Xunta: Sra. conselleira de Sanidade (Mosquera Álvarez). (Páx. 105.)

Pregunta de Dª María Remedios Quintas Álvarez e dous deputados máis, do G.P. dos Socialistas de Galicia, sobre as

causas do aumento en Galicia da caída na afiliación á Seguridade Social, en relación co resto das comunidades autó-

nomas. (Punto noveno da orde do día.)

Intervención da autora: Sra. Quintas Álvarez (S). (Páx. 106.)

Contestación da Xunta: Sra. conselleira de Traballo e Banestar (Mato Otero). (Páx. 106.)

Réplica da autora: Sra. Quintas Álvarez (S). (Páx. 107.)

SUMARIO

Page 10:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Réplica da Xunta: Sra. conselleira de Traballo e Banestar (Mato Otero). (Páx. 108)

Pregunta de D. Daniel Rodas Chapela e Dª María Montserrat Prado Cores, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre

as medidas que está a adoptar a Consellería do Medio Rural e do Mar para evitar conflitos nos pósitos galegos. (Punto

noveno da orde do día.)

Intervención do autor: Sr. Rodas Chapela (BNG). (Páx. 108.)

Contestación da Xunta: Sra. conselleira do Medio Rural e do Mar (Quintana Carballo). (Páx. 109.)

Réplica do autor: Sr. Rodas Chapela (BNG). (Páx. 110.)

Réplica da Xunta: Sra. conselleira do Medio Rural e do Mar (Quintana Carballo). (Páx. 110.)

Debate acumulado de tres preguntas.

Pregunta de D. Pablo García García e dous deputados máis, do G.P. dos Socialistas de Galicia, sobre a estratexia da

Xunta de Galicia no campo da investigación agrogandeira. (Punto noveno da orde do día.)

Pregunta de Dª María Tereixa Paz Franco, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, sobre as actuacións previstas pola

Xunta de Galicia para garantir no futuro o mantemento da actividade desenvolvida polo Centro de Investigacións Agra-

rias de Mabegondo. (Punto noveno da orde do día.)

Pregunta de D. Xosé Manuel Beiras Torrado e dous deputados máis, do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, sobre

as razóns do Goberno galego para desmantelar de xeito progresivo o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegon-

do. (Punto noveno da orde do día.)

Intervención dos autores: Sr. García García (S). (Páx. 112.), Sra. Paz Franco (BNG) (Páx. 112.) e Sr. Sánchez García (AGE). (Páx. 113.)

Contestación da Xunta: Sra. conselleira do Medio Rural e do Mar (Quintana Carballo). (Páx. 114.)

Réplica dos autores: Sr. García García (S). (Páx. 115.), Sra. Paz Franco (BNG) (Páx. 116.) e Sr. Sánchez García (AGE). (Páx. 116.)

Réplica da Xunta: Sra. conselleira do Medio Rural e do Mar (Quintana Carballo). (Páx. 117.)

O señor Jorquera Caselas (BNG) solicita a palabra e intervén ao abeiro do artigo 76.3 do Regulamento para pedir que se

retire unha expresión que considera que atenta contra a dignidade do seu grupo parlamentario. O autor desas palabras,

señor Tellado Filgueira (P), acepta a súa retirada. (Páx. 118.)

Remata a sesión ás sete e quince minutos da tarde.

SUMARIO

Page 11:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Retómase a sesión ás dez da mañá.

A señora PRESIDENTA: Bos días, señorías.

Por favor, vaian ocupando os seus escanos.

(Pausa.)

Ben, bos días de novo.

Reiníciase a sesión co punto 8, de preguntas para respos-ta oral do presidente da Xunta de Galicia.

Pregunta ao Sr. presidente da Xunta de D. Manuel VázquezFernández, do G.P. dos Socialistas de Galicia, sobre avaloración da situación socioeconómica de Galicia logode catro anos e medio de mandato do actual Goberno

A señora PRESIDENTA: Para formular a súa pregunta tena palabra o señor Vázquez Fernández.

O señor VÁZQUEZ FERNÁNDEZ: Bos días, señora presi-denta.

Señor Feijóo, última sesión de control da acción doGoberno neste período parlamentario. Un bo momento parafacer balance destes seis primeiros meses do seu goberno.Fáciles de resumir: a vostede non lle cumpriron máis queseis meses para demostrar que segue enganando a todos.Enganou á xente da sanidade dicindo que non habería copa-go de próteses, aos dos comedores escolares dicindo en cam-paña que non habería copago de comedores, aos das pen-sións que non se lles ían conxelar, aos de Navantia que oucarga de traballo ou dique flotante, aos do eólico díxollesque ía sacar da crise a Galicia co sector e o que provocouvostede foi a crise do sector eólico. Firmou e garantiulles aosgandeiros que vostede era a garantía de que subirían os pre-zos do leite. Aos traballadores públicos díxolles que non selles podían pedir máis esforzos en campaña, rebaixoulles osalario, botou 8.000 á rúa. Por certo, fágolle unha pregunta:¿vailles aplicar unha rebaixa do 5 % na paga extra de xulloa todos os traballadores da Xunta de Galicia como pareceque circula algún documento por aí? Na universidade pro-puxo que non habería recortes e os tres reitores braman con-tra vostede, no sistema financeiro vemos como está e no

AVE aquí ten o certificado de defunción do Pacto do Obra-doiro firmado polo mesmísimo Adif.

O máis grave, sen embargo, non está aí, señor Feijóo. Omáis grave nestes seis meses é que Galicia, as familias, asempresas –as grandes e pequenas empresas– están desespe-radas porque non hai crédito para sacar a adiante esta situa-ción. Por moito que vostede se empeñe, Galicia encabeza acaída de crédito en toda España, un 27 %; 20.000 millóns deeuros menos de crédito nestes catro anos, o 30 % do PIB deGalicia. Vostede recoñeza aquí que isto significa practica-mente unha caída do 30 % do emprego industrial, si, nonburbulla inmobiliaria; 67.000 traballadores menos no sectorindustrial deste país –un de cada tres traballadores do sectorindustrial ao paro–, 167.000 parados en servizos, 80.000galegos que tiveron que emigrar e unha demografía letal con50 habitantes menos cada día.

En suma, perdemos capital financeiro, perdemos capitalindustrial, perdemos capital comercial, perdemos capitalhumano, pero amais a máis vostede reduce 3.000 millóns deeuros en sanidade,...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, señor Vázquez.

O señor VÁZQUEZ FERNÁNDEZ: ...en educación e endereitos sociais. Non controla o déficit, cálcalles eses 3.000millóns a familias, pensionistas, parados e traballadores;8.000 traballadores menos en sanidade,...

A señora PRESIDENTA: Remate, señor Vázquez, porfavor.

O señor VÁZQUEZ FERNÁNDEZ: ...en educación e servizospúblicos.

Con este panorama, señor Feijóo, seis meses despois apregunta é: ¿ten pensado seguir cruzado de brazos e deixar aGalicia nunha situación clara de emerxencia?

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Ten a palabra, para dar resposta, o presidente da Xunta.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

11

Page 12:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): Moitas grazas, señora presidenta.

Señor Vázquez, non sei se vostede acaba de facer unhapregunta sobre os últimos seis meses ou sobre os últimoscatro anos e medio. Os datos que dá non cadran nin en seismeses nin en catro anos e medio. En todo caso, vou intentarcontestar da forma que poida.

Señoría, a situación socioeconómica de Galicia vén con-dicionada sen ningunha dúbida polo primeiro problema dopaís, que é o paro. E Galicia ten como primeiro problema oparo como consecuencia de que pertence a unha nación,España, que é a nación con máis paro da Unión Europea, o27 %.

Señoría, para o Goberno de Galicia o primeiro problemaque temos son os 284.000 mulleres e homes que non podentraballar. Así se resume, señoría, –non teño ningún problemaen dicilo– a situación socioeconómica de Galicia.

E a situación socioeconómica de Galicia hai que compa-rala –supoño–, señoría, en relación coa Galicia que vostedesdeixaron –vostede formaba parte do Goberno– e en relacióncoa Galicia no conxunto de España.

Señoría, quero recordarlle que cando vostede formabaparte do Goberno o último ano o PIB baixaba un 3,2 %, oparo incrementábase un 32 % no último ano do seu Gober-no, o índice de produción industrial baixaba un 29 % e asexportacións en Galicia baixaban un 13 %. Pois ben, seño-ría, nos últimos meses desde que son presidente, nos últimosseis meses, o paro está incrementándose un 1,7 %; reitero:no último ano do seu Goberno un 32 %. O PIB está baixan-do un 1,7 %; reitero: no último ano do seu Goberno o 3,2 %.O índice de produción industrial está incrementándose un13,6 %; cando vostede estaba no Goberno baixaba un 29 %.E, por último, as exportacións, que cando vostede estaba noGoberno baixaban un 13 %, agora están incrementándosenos últimos datos de abril nun 38 %. Señoría, esta é a situa-ción que vostedes deixaban e esta é a situación que hai hoxe.

Se comparamos Galicia co resto de España –supoño quea vostede lle interesa iso–, o PIB en España baixaba un 2 %,é dicir, máis que en Galicia; a taxa de paro en España segueestando cinco puntos por riba da taxa de paro en Galicia; a

evolución do paro rexistrado en España segue sendo peorque en Galicia; o IPI, o índice de produción industrial, enGalicia crece o dobre que en España, e as exportacións,señoría, en España crecen o 16 % e en Galicia un 38 %.(Pronúncianse palabras que non se perciben.)

Esta é a situación, señoría, pero, como sabe, na situaciónsocioeconómica de Galicia tamén impactan decisións non sóde Galicia, nin sequera do Goberno de España, senón deci-sións da Unión Europea. Señoría, nos próximos días haberáunha decisión fundamental para a situación socioeconómi-ca...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, presidente.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...de Galicia, que é o tax lease. Ten nome e apelidos,señoría, chámase Joaquín Almunia; ten cargo: comisarioeuropeo; (Murmurios.) pertence a un partido: o PartidoSocialista Obreiro Español.

Señoría, ¿vostede e este Parlamento estamos de acordoen que sería unha inxustiza manifesta condenar o sectornaval galego e o sector naval español, e condonar ante unmesmo suposto o sector naval francés?

A señora PRESIDENTA: Remate, presidente, por favor.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): Señoría, a situación socioeconómica de Galicia depen-de de todos.

Moitas grazas, señoría. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Réplica do señor Vázquez Fer-nández.

O señor VÁZQUEZ FERNÁNDEZ: Grazas.

Comparemos, gústalle comparar Galicia con España.Vostede enganou a Galicia, enganou ao Parlamento galego,enganou ás caixas galegas e produciu unha fusión que secargou o sistema financeiro. Vostede conseguiu que o 27 %do crédito en Galicia caia multiplicando por dous o de todaEspaña. Vostede conseguiu que mentres Cataluña ten caixas,mentres o País Vasco ten caixas, as familias galegas non

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

12

Número 3026 de xuño de 2013

Page 13:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

teñen acceso ao crédito. E vostede non só enganou, senónque agora intenta ocultar o seu engano.

Vostede ensinou aquí, e Marta Fernández Currás, a audi-toría de KPMG, que pagada con diñeiro público agora di queé secreta. ¿Pero de quen se está rindo vostede? Vostede tenque asumir que unha decisión política, pagada con diñeiropúblico, cunha auditoría pagada con diñeiro público enga-nou a este país e cargouse o sistema financeiro galego, queas familias non teñen acceso ao crédito, que lle deron 10.000millóns de euros a un banco que non dá un só euro a fami-lias nin a empresas.

Polo tanto, deixe de esconderse e de falar de exportacións,escondéndose detrás de Inditex e de Citroën. Fale de Pesca-nova, do naval, de T-Solar, de Privilege, de Gamesa, da Fábri-ca de Armas, de Caramelo, de Navantia e dos centos de homese mulleres de Megasa que están ás portas esperando quealguén faga algo. Deixe de esconderse detrás de Almunia. Si,vaise tomar unha decisión importante no Colexio de Comisa-rios de Europa, onde vinte... (Murmurios.) Si, perdón...

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor VÁZQUEZ FERNÁNDEZ: ...onde vinte de vinte esete son do Partido Popular Europeo, (Aplausos.) (Pronún-cianse palabras que non se perciben.) onde vinte de vinte esete son do Partido Popular Europeo. Si, si, claro... (Pro-núncianse palabras que non se perciben.)

Polo tanto, eu emprázoos aquí a que fagamos o que temosque facer. Nós ímoslle esixir a Almunia, si, que respecte asdecisións que beneficien ao naval, pero non olviden que...

A señora PRESIDENTA: Remate, señor Vázquez.

O señor VÁZQUEZ FERNÁNDEZ: ...vinte de vinte e sete sondo Partido Popular Europeo. (Murmurios.)

Polo tanto, si... Polo tanto, señor Feijóo,...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor, señor Váz-quez.

O señor VÁZQUEZ FERNÁNDEZ: Remato, señora presiden-ta, última sesión, pídolle uns segundos, pídollos.

Señor presidente, esquecéuselle dicir se vai reducirlles o5 % ás pagas extras dos funcionarios agora, dos traballado-res. Esquecéuselle dicir se realmente vai seguir mantendo ensegredo a auditoría coa que enganou a todas as galegas e atodos os galegos.

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

O señor VÁZQUEZ FERNÁNDEZ: E esquecéuselle, señorFeijóo, unha cousa moi importante, que seis meses despoisde obter de novo a presidencia de Galicia ten que explicarpor que segue enganando a todos e cada un das galegas e dosgalegos.

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Vázquez.

O señor VÁZQUEZ FERNÁNDEZ: Empezando por enga-nar...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

O señor VÁZQUEZ FERNÁNDEZ: ...a este Parlamento estávostede... (O señor Vázquez Fernández pronuncia palabrasque non se perciben.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas. Moitas grazas,señor Vázquez.

(O señor Vázquez Fernández pronuncia palabras quenon se perciben.) (Aplausos.)

Moitas grazas.

Ten a palabra o presidente da Xunta.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): Mire, señor Vázquez, sobre o Partido Popular non sepreocupe que me encargo eu. (Murmurios.) Vostede encár-guese dun comisario que ten unha competencia e que vaifacer unha proposta ao Colexio de Comisarios no ámbito dasúa competencia. (Aplausos.) Vostede encárguese, encárgue-se, señoría, encárguese.

O Goberno de España, que como sabe é do Partido Popu-lar, plantexou e segue plantexando unha solución en igual-dade de condicións que en Francia. Chámase “principio de

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

13

Page 14:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

confianza lexítima”, que é que aqueles que contrataron con-forme a lexislación do país, de España, non poden agoraverse prexudicados simplemente por cumprir a lei do Estadomembro. É algo moi sinxelo. Vostede, señoría, encárguesedo señor Almunia, e nós xa nos encargaremos do Gobernocentral e das nosas competencias.

Por iso, señoría, a situación socioeconómica de Galicianestes seis primeiros meses espero que non leve o selo doPartido Socialista Obreiro Español co afundimento do sectornaval para sempre, espero que non o leve, señoría. E por iso,dado que vostede agora resulta que consegue nada máis enada menos que dobregar ao Comité Federal do PartidoSocialista facendo primarias, a ver se polo menos dobrega aun comisario (Murmurios.) simplemente para facer as cou-sas con sentido común. (Aplausos.)

Señoría, mire, señoría, o listado de tantas cousas que dixocomo vostede se pode imaxinar... Pero sobre as auditorías segu-ro que teño ocasión de contestarlle ao seu compañeiro. Agora sille digo unha cousa: ¿vostede consultou a auditoría?, ¿foi poralí? Está á súa disposición. ¿Consultou a auditoría?, ¿coñece aauditoría?, ¿por que non coñece, señor Vázquez, a auditoría?Porque non quere, pero non unha, oito auditorías que están ádisposición de vostede nunha sala no Parlamento. ¿Como mepode dicir a min que eu oculto unha información cando está ádisposición de vostede e de todo o Parlamento, señoría? (Mur-murios.) (Aplausos.) ¿Por que non consulta a auditoría?, ¿porque non consulta a auditoría, señoría?, ¿por que?

Señoría, agora fálame da fusión, e vostede votou a favorda fusión. ¿Pero en que quedamos, señor Vázquez? (Mur-murios.) Exactamente igual que cando me fala da sanidade.

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): Señorías, as próteses en Galicia páganse do mesmoxeito que en Andalucía. Nos comedores, señoría, o 60 % dosrapaces non pagan comedor en Galicia e o 10 % restantepagan un euro. É dicir, señoría, e ademais incrementamos9.000 prazas de comedores escolares. Dígame se en Andalu-cía poden dicir isto.

Señoría, sigamos: as pensións en Galicia non se diminuí-ron, a pensión non contributiva segue tendo o suplemento

máis alto de España. Equivócase vostede sobre a diminucióndas retribucións dos funcionarios. Os que lles baixaron o 5 %foron os do Partido Socialista Obreiro Español, (Murmurios.)pero non nunha paga extra, para sempre, señoría, (Aplausos.)en todas as pagas cada ano.

Señoría, fálame vostede...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor, presi-dente.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...fálame vostede dos gandeiros. Si, o prezo do leitesubiu, si, e ademais conseguimos por primeira vez nunha leiestatal a creación da figura dun mediador. Si, señoría, si, dunmediador, dun árbitro entre a industria e os produtores.Señoría, cando vostedes estaban no Goberno, ¿a que se dedi-caron? Porque iso desde logo non estaba solucionado.

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

E no tema das taxas, señoría, recórdolle: temos as uni-versidades máis asequibles de España, temos as matrículasmáis asequibles de España e en Galicia incrementamos un70 % as becas. Señoría, hai máis servizos públicos, hai máiscalidade nos servizos públicos e temos os ratios económicosmellores da media de España. (Murmurios.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, presidente.

Señoría, eses son os seis primeiros meses do Goberno,(Aplausos.) dun Goberno lexítimo que acadou a maioríaabsoluta nas urnas.

Moitas grazas, señoría. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Pregunta ao Sr. presidente da Xunta de D. FranciscoXesús Jorquera Caselas, do G.P. do Bloque Nacionalis-ta Galego, sobre a grave situación social e política deGalicia

A señora PRESIDENTA: Ten a palabra o señor Jorquera.

Señor Jorquera, ten a palabra.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

14

Número 3026 de xuño de 2013

Page 15:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

O señor JORQUERA CASELAS: Grazas, señora presidenta.

Señor Feijóo, hoxe esta sesión de control non se estáretransmitindo pola Radio Galega nin pola Televisión deGalicia pese a contar cada unha con dúas canles, como tam-pouco retransmitiu o pleno convocado para explicar as súasamizades perigosas co señor Marcial Dorado ou as compa-recencias dos señores Méndez e Gayoso na Comisión de cai-xas. Quizais sexa para evitar os riscos do vivo e do directo,onde non hai precociñado posíbel. Xa se encargarán despoisos seus comisarios políticos de transformar os informativosda radio e televisión de todos nun burdo revival do Nodo.Eses anos do Nodo que tanta morriña parecen provocar noPartido Popular, que até os responsábeis de Televisión Espa-ñola os incluíron na súa programación. Quizais tamén sexaesa morriña a que explique o revival da Brigada Política ySocial: a policía elaborando informes, xulgando as opiniónse a liña de forzas políticas democráticas e legais.

A manipulación, señor Feijóo, forma parte do seu ADNe do ADN do seu partido. Vostede oculta o fracaso da súaxestión evitando responder neste Parlamento e decretando aocultación dos seus debates, para así poder ocultar connovas promesas todas as súas promesas incumpridas. Fíxoono último pleno desta Cámara cando se falou do sectornaval: anuncia novos contratos cando aínda non vimos osprimeiros. Fíxoo tamén coas preferentes: botou a outros aculpa e anunciou a arbitraxe para todos. Pois, mire, señorFeijóo, pese aos atrancos que puxeron na Comisión deinvestigación das caixas, agora sabemos que todas as emi-sións tiveron lugar con gobernos do Partido Popular de Gali-za e foron autorizadas por eses gobernos, e que a arbitraxese pechou,... (Protestas.)

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor JORQUERA CASELAS: ...señor Feijóo,... (Inte-rrupcións.)

A señora PRESIDENTA: ¡Silencio!

O señor JORQUERA CASELAS: ...e que a arbitraxe sepechou deixando fóra a preto de 40.000 afectados que podenperder máis da metade dos seus aforros. Insisto: a manipula-ción forma parte do seu ADN e do ADN do seu partido. Epor iso o señor Juárez intenta meter medo á sociedade cosen-

do a multas aos cidadáns que loitan na rúa contra as súasinxustizas e inventando pantasmas para criminalizar a forzaspolíticas democráticas e a movementos sociais.

Por iso, señor Feijóo, ¿pensa que coa manipulación vaiconseguir ocultar a grave situación social e política de Gali-za? (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Ten a palabra para responder o presidente da Xunta.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): Moitas grazas, señor Jorquera.

É curioso escoitarlle falar a vostede de manipulación nosmedios públicos de comunicación en Galicia. Permítamesimplemente recordarlle que opinaba o anterior Gobernobipartito sobre os medios públicos de comunicación en Gali-cia que xestionaban. Quizais vostede non o lembra porquenon estaba aquí, pero eu si, estaba na bancada da oposiciónintentando facer oposición para que a xente na seguinte con-tenda electoral puidera ter unha oferta distinta á do bipartito.E a xente entendeu que había unha oferta distinta á do bipar-tito, por iso estou aquí, por ningunha outra razón.

Pero, señoría, sobre a manipulación dos medios públicospermítame que reproduza algunhas palabras do número dousda Vicepresidencia do bipartito, que, como vostede sabe, eranacionalista. Leo: “A manipulación á que se somete a infor-mación pública nos informativos da TVG paréceme escan-dalosa”. Señoría, sigo: “O señor Losada foi obxecto de gra-vacións sen o seu consentimento por parte dos directivos daTelevisión galega, el denunciouno”. Señoría, esas presiónschegaron a ser denunciadas, as presións ás que estaba some-tido o señor Losada –que foi gravado– chegaron a ser denun-ciadas polo director da Compañía de Radio-Televisión gale-ga a través dunha carta dirixida nada máis e nada menos queao vicepresidente da Xunta que lle di: “O señor Losada pre-tende decidir contidos informativos dos telexornais e esta-blecer cales son os temas que deben ser tratados”. Dillo odirector da tele ao vicepresidente do Goberno. (Pronúncian-se palabras que non se perciben.) E reitera: “De acordo coaexpresa manifestación do señor Losada darei instruciónspara que os servizos informativos da TVG se absteñan deacudir ás roldas de prensa do vicepresidente”. Señoría, o

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

15

Page 16:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

vicepresidente di que a tele o manipula e prívalles ás cáma-ras da tele que acudan ás roldas de prensa da Vicepresiden-cia do Goberno. Ten aquí as declaracións do señor Losada,señoría, o número dous da Vicepresidencia nacionalista.

Por se isto aínda non fora pouco, descubrimos candochegamos ao Goberno un informe, un informe dunha funda-ción, a Fundación do Coñecemento. E esa Fundación doCoñecemento nada máis e nada menos que di: “Esta polari-zación comunicativa se visualiza perfectamente en el repar-to de los roles políticos del ente Radio-Televisión gallega. Eldirector general es del PSOE, el director de la Televisión esdel Bloque, el director de la Radio es del PSOE, y este repar-to...” (Murmurios.) “...PSOE y BNG sigue en cascada así encada uno de los departamentos”. Señoría, esta é unha funda-ción que fai un informe financiado con fondos públicos.Señoría, ¿a que tipo de manipulación se refire vostede?

O seu antecesor no cargo, o portavoz do BNG, dixo tex-tualmente:...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...“O Telexornal debe servir para algo máis que para queas familias dalgúns conselleiros saiban cando van comer ácasa”. Señoría, ¿a que televisión se refire vostede? ¡Á dobipartito!

Moitas grazas, señoría. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Réplica do señor Jorquera.

O señor JORQUERA CASELAS: Señor Feijóo, por se habíaalgunha dúbida de que vostede elude responder ás preguntasneste Parlamento acaba de dar un bo exemplo. Mire, ¿fágo-lle unha proposta? Solicite a comparecencia nesta Cámarado señor Losada e fágalle todas as preguntas que queira.(Aplausos.) O Bloque Nacionalista Galego non ten ningúnproblema. Pero agora conteste ás preguntas que lle estou for-mulando como portavoz dun grupo da oposición.

Porque, mire, a manipulación da RTVG non a denunciao Bloque Nacionalista Galego, señor Feijóo, denúnciaa o

60 % da plantilla do medio, 345 profesionais. Se non coñe-ce o manifesto que asinaron ensínollo, señor Feijóo. Contés-teme sobre as denuncias que formulan 345 profesionaissobre a manipulación sistemática da Radio-Televisión deGalicia.

Por certo, a Radio-Televisión galega aínda non informoudos pagos do Partido Popular de Galicia sendo vostede pre-sidente do Partido Popular de Galicia a empresas da tramaGürtel. Aínda non informou. Mire, señor Feijóo, xa nonpode escudarse en que non era militante do Partido Populare non coñecía a Pablo Crespo.

Señor Feijóo, elude responder a todo o que dixen deseinfame delegado do Goberno central que temos en Galiza.¿Non é manipulación que tilde de “bárbaros” a cidadáns porimpedir pacificamente na rúa que unha anciá ficase na rúa?¿Non é manipulación que pretenda vencellar ese acto cívicoco terrorismo para criminalizar a forzas políticas de inequí-voca traxectoria democrática? ¿Parécelle normal que no seuperfil público de Facebook estea agregado a un grupo que sedenomina Por la Supresión de la Autonomía Catalana, ungrupo que pretende presionar –cito textualmente– a clasepolítica... (Interrupcións.)

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor JORQUERA CASELAS: ...para suprimir as comu-nidades autónomas?

Mire, señor Feijóo, en realidade o único que fai o señorJuárez... (Interrupcións.)

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

E vaia rematando.

O señor JORQUERA CASELAS: ...o único que fai o señorJuárez é desvelar as intencións do Goberno central, que nospresenta agora como reforma das administracións un pasomáis na súa deriva centralista, cando o que hai que suprimirse se queren modernizar as administracións son os delegadosdo Goberno.

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor, señor Jor-quera.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

16

Número 3026 de xuño de 2013

Page 17:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

O señor JORQUERA CASELAS: Señor Feijóo, Galiza estávivindo unha crise sen precedentes e vostede só sabe substi-tuír a realidade pola propaganda, aplicar o vello dito de quea realidade non substitúa un bo titular e aplicar tamén a vellaestratexia totalitaria de fabricar inimigos para recortar liber-dades. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Réplica do presidente da Xunta.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): Señoría, comprendo que as hemerotecas son contun-dentes. E comprendo, señoría, que é a primeira vez proba-blemente en toda España que un vicepresidente do Gobernolles impide ás cámaras da televisión pública cubrir as súasroldas de prensa. (Protestas.) E supoño que tamén é a pri-meira vez, señoría,... (A señora Pontón Mondelo pronunciapalabras que non se perciben.)

A señora PRESIDENTA: Señora Pontón, chámoa á orde.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...que se grava o secretario xeral da Vicepresidencia naTelevisión galega para dicir que está presionando os redac-tores. Pero iso pertence ao seu currículo, señoría, ao currí-culo do seu partido, e, polo tanto, correspóndelles a vostedestomar nota ao respecto.

Mire, señoría, vostede fala de manipulación. Manipula-ción é dicir que durante os gobernos do PP se emitiran todasas preferentes. Esa é unha manipulación total e absoluta.(Pronúncianse palabras que non se perciben.) Como voste-de tampouco viu os documentos iso é o que lle pasa, que sefía do que lle contan. Fíase dos documentos que foron vistospola Xunta de Galicia, señoría. O Partido Popular emitiuunha serie de preferentes con vencemento. E durante obipartito emitíronse preferentes sen vencemento, perpetuas,señorías, (Protestas.) perpetuas. (Pronúncianse palabrasque non se perciben.) Esa é a diferenza entre uns e outros.(Pronúncianse palabras que non se perciben.)

Señoría, pero falando da manipulación (Interrupcións.)volvamos falar das preferentes. Efectivamente, señoría,...(O señor Losada Álvarez pronuncia palabras que non seperciben.)

A señora PRESIDENTA: Señor Losada, faga o favor.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...vostedes, señoría, desaconsellaban a arbitraxe, dixé-ronlles a todos os galegos que non valía a arbitraxe. Hoxe37.000 persoas teñen o cen por cento dos seus aforros grazasa que non lle fixeron caso ao BNG nin ao resto dos partidosda oposición, (Aplausos.) grazas a iso. (Aplausos.)

Señoría, agora a seguinte manipulación é dicirlles quenon vaian ao canxe para conseguir liquidez e que se some-tan ante o risco dunha demanda xudicial. Nós seguimosinformando a xente de boa fe e dicímoslle: acudan ao canxe,consigan a liquidez e o resto do diñeiro que non van conse-guir imos seguir traballando co banco para acordos co bancoe se non con xulgados especiais para devolverlle o cen porcento dos seus aforros.

Non mudamos, señoría. Dixemos desde o principio o queestamos dicindo ao final, non mudamos. Grazas a nonmudar, de cada tres dous galegos que solicitaron a arbitraxerecuperaron o cen por cento do seu diñeiro; de cada tres dousgalegos recuperaron o cen por cento do seu diñeiro dos quesolicitaron a arbitraxe. En Bankia, señoría, hai 250.000familias... (A señora Sestayo Doce pronuncia palabras quenon se perciben.)

A señora PRESIDENTA: Señora Sestayo, déase por cha-mada á orde.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...preferentistas con subordinadas ou preferentes, ¿sabecantas recuperaron o diñeiro? 116. En Bankia 250.000 fami-lias, (Murmurios.) 116. (A señora Acuña do Campo pronun-cia palabras que non se perciben.)

A señora PRESIDENTA: Señora Acuña, déase por chama-da á orde.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): En Galicia, de cada tres dous que solicitaron a arbitra-xe conseguiron o cen por cento dos seus aforros. Señor Jor-quera, ¿verdade que non vale a pena manipular?, ¿verdadeque é fundamental...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, presidente.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

17

Page 18:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...dicirlle a verdade e estar coa verdade diante da xentee non manipulalos dicindo unha cousa antes e outra despois?

Señor Jorquera, agora que vai rematando este período desesións, aínda que temos que aprobar o teito de gasto para oano 2014, digo que valore vostede durante estes seis mesesse lle valeu a pena esta técnica de oposición. (Murmurios.)Valóreo vostede e o seu grupo, señoría.

A señora PRESIDENTA: Remate, presidente, por favor.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): Vostedes dáme a sensación de que son as primeiras víti-mas da súa propia manipulación, e por iso, señoría, teránmoito camiño gañado se no próximo período de sesións llefalan coa verdade á xente, que buscamos...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, presidente.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...camiños para avanzar.

Señoría, de momento vostedes están retrocedendo. Dei-xen que Galicia mire...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, presidente.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...cara a diante e se poña a avanzar.

Moitas grazas, señoría. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Pregunta ao Sr. presidente da Xunta de Dª Yolanda DíazPérez, do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, sobre ocumprimento das obrigas de facer valer o interese xeralda cidadanía

A señora PRESIDENTA: Ten a palabra a señora Díaz parafacer a súa pregunta.

A señora DÍAZ PÉREZ: Bos días, presidenta.

Bos días.

Señor presidente, esta é a última sesión de control deste pri-meiro período de sesións e a verdade é que vostede converte–como lle dixen xa nunha ocasión– isto nunha esterqueira.

Voulle ler a lexislación que vostede está obrigado a cum-prir: nada máis e nada menos que a Lei 1/1983, do 22 defebreiro, que –supoño– coñecerá perfectamente, que regula afigura do presidente da Xunta de Galicia. Voulle ler en parti-cular o artigo 10, que di: “O presidente da Xunta ostenta asuprema representación da Comunidade Autónoma así comoa ordinaria do Estado en Galicia. Dirixe e coordina a acciónda Xunta e o seu Goberno”. Tamén o artigo 13, señor presi-dente, di: “A responsabilidade política do presidente da Xuntaante o Parlamento será esixible nos termos establecidos dian-te do Estatuto de autonomía”. E, finalmente, señor presidente,o artigo 26 di que é unha obriga do presidente facilitar ao Par-lamento a documentación que lle teña interesado.

Señor presidente, ¿cantas veces, cantos escritos ten quepresentar Alternativa Galega de Esquerda, case a un diario,para que vostede cumpra con esa promesa que nos deu deentregarnos a documentación de Marcial Dorado? ¿Quepasou, señor Feijóo? Pasou de destruír os contratos de Mar-cial Dorado para dicirnos que estaban perfectamente na navedo Tambre, para finalmente impedirnos como estamospedindo aquí visitar nós mesmos a nave do Tambre e podercomprobar a realidade do que vostede nega. Esa realidade daque, efectivamente, só sabe que había neve.

Pero, señor Feijóo, vostede –como di esta norma– non édigno de ostentar o cargo que ostenta, pois mente, mente emente, e volve mentir diante da cidadanía galega. Señor Fei-jóo, nós si lemos con atención a documentación que vostedepechou á cidadanía deste país. Díxolle á cidadanía galega queo traballo que fixo KPMG era unha auditoría. É falso, señorFeijóo. É un caderno de vendas que vostede lle pediu á cartaa esa empresa; un caderno de vendas, señor Feijóo, polo quevostede pagou nada máis e nada menos que 1.300.000 euros;un caderno de vendas no que vostede mente dicíndolle aonoso país que recomendaba a fusión das caixas. Señor Feijóo,mentira, non recomenda a fusión das caixas. E lonxe de nonrecomendar a fusión das caixas advirte do que pode pasar.Por exemplo, advirte, señor Feijóo, de que xa no 2007 oBanco de España sinalaba a situación de risco que tiña Caixade Galicia por mor desas actividades especulativas, groseirase indecentes que tiña respecto do ladrillo.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

18

Número 3026 de xuño de 2013

Page 19:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Mentiu, señor Feijóo, ¿por que quere ocultar a informa-ción...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, señora Díaz.

A señora DÍAZ PÉREZ: ...ao noso país? ¿Por que gastounun caderno de vendas, señor Feijóo, nada máis e nadamenos que 1.300.000 euros? Explíquelle isto á cidadanía,señor Feijóo, e deixe de mentir polo menos na última sesión...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

A señora DÍAZ PÉREZ: ...de control. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Ten a palabra o presidente da Xunta.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): Señoría, vostede empeza a súa disertación cun graveinsulto ao Parlamento, (Murmurios.) dicindo que este Parla-mento é un esterqueiro...

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...e posteriormente cita a lei. (Protestas.) Señoría, a leique vostede cita, efectivamente, é a Lei da Xunta e do seupresidente... (Pronúncianse palabras que non se perciben.)

A señora PRESIDENTA: ¿Quere que o chame a vostede?¡Faga o favor!

Perdoe, presidente. (Protestas.)

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): Señoría,...

A señora PRESIDENTA: Déase por chamado á orde.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): Señoría, remítome ao Diario de Sesións que quedarádesta pregunta.

Señoría, vostede fala da Lei da Xunta e do seu presiden-te, efectivamente, e leu un artigo. E di que o presidente da

Comunidade Autónoma ostenta a suprema representación daComunidade. Por iso pídolle respecto para quen ostenta asuprema representación da Comunidade (Murmurios.) e poriso pídolle respecto pola Comunidade Autónoma á que vos-tede está representando. (Aplausos.)

Señoría, non hai mellor forma de facer valer o interesexeral que cumprir a lei. E por iso xa lle reiterei na últimasesión que vivimos nunha autonomía con regras, nun paíscon regras, (Pronúncianse palabras que non se perciben.)nunha Unión Europea con regras.

A señora PRESIDENTA: ¡Señora Díaz!

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): E todo o Goberno está sometido ás regras, ás normas eás leis. Vostede tamén. (Pronúncianse palabras que non seperciben.)

E por iso, señoría, no referente á Comisión das caixascumprimos estritamente a lei. Señoría, remitimos toda ainformación ao Parlamento galego, 33.000 folios. Non haiun papel na Consellería de Facenda que non estea á súa dis-posición; 187 documentos á súa disposición. E todos osdeputados e as deputadas que representamos a Galicia teñená súa disposición todos os documentos da Xunta de Galicia.

Lamentablemente non é así noutras institucións, nin naComisión Nacional do Mercado de Valores, nin na UniónEuropea, nin no Banco de España, nin en NovagaliciaBanco. Polo tanto, señoría, nós estamos cumprindo a lei eseguiremos cumprindo a lei.

Señoría, se a vostede lle interesara a lei e a documenta-ción terían vostedes perfectamente coñecido (Pronúnciansepalabras que non se perciben.) que hai oito...

A señora PRESIDENTA: ¡Señora Díaz!

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...informes de auditoría. Un informe de Deloitte a peti-ción de Caixanova, que propón unha fusión, iso si, con enti-dades de fóra. Un informe de ACI –outra auditoría– elabo-rado por Caixanova, que propón sorprendentemente unhafusión e modificar a lei para ampliar a idade dos consellei-ros das caixas. Outro informe de Price, que propón unha

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

19

Page 20:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

fusión con entidades de fóra e, en consecuencia, diluír ascaixas galegas. (Murmurios.) E despois hai catro auditoríasmáis: unha de Price, de Caixa Galicia, que propón unhafusión galega; unha de Boston Consulting Group, (Pronún-cianse palabras que non se perciben.) que propón outrafusión galega; un informe de KPMG,...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, presidente, porfavor.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...que acredita a viabilidade da fusión das caixas, e unplan de negocio (Murmurios.) despois da fusión...

A señora PRESIDENTA: ¡Silencio, por favor!

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...de Deloitte e de Price.

Señoría, estes son os documentos (Murmurios.) que tená súa disposición...

A señora PRESIDENTA: Señor Losada, déase por chama-do á orde.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): Por moito ruído que faga, os documentos non vanmodificar nin o seu contido...

A señora PRESIDENTA: Remate, presidente.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...nin o seu alcance.

Moitas grazas, señorías. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Señora Díaz, agora si ten vostedea palabra.

A señora DÍAZ PÉREZ: Señora presidenta, a verdade é queesperabamos que na última sesión de control cando menosrespostara a algunha pregunta. (Murmurios.) Non somoscapaces.

Señor Feijóo, o que vostede pagou, contratou á carta noné unha auditoría, é un caderno de vendas, e non recomenda-

ba a fusión. (Pronúncianse palabras que non se perciben.) Emesmo lle vou dicir que ese caderno de vendas dicía...

A señora PRESIDENTA: Silencio.

A señora DÍAZ PÉREZ: ...que había que, nada máis e nadamenos, sacar, vender 688 millóns de preferentes para con isopagar a débeda ao FROB. (Murmurios.) Señor Feijóo,daquela xa todo o mundo coñecía –en marzo do 2010– queas preferentes eran produtos tóxicos. E vostede sabendo oque pasaba dixo que si a ese caderno de vendas. Vostede é oresponsable.

Pero voulle dicir máis, señor Feijóo: o venres tivemos asorte de escoitar esa comparecencia que –como dicía o señorJorquera– vostede impediu que fora retransmitida en direc-to, a do señor Méndez, señor Feijóo. E fixemos preguntas emesmo reflexións (Murmurios.) respecto do que fixo o señorMéndez na fusión das caixas, señor Feijóo.

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

A señora DÍAZ PÉREZ: ¿E sabe o que dixo o señor Mén-dez respecto do seu papel? Preguntaban que ten pasado nonoso país para que as nosas caixas, a Caixa de Galicia tive-ra un valor de 2.000 millóns de euros e hoxe, señor Feijóo,teñamos tan só un gran burato negro de –10.000 millóns deeuros. ¿Sabe que dixo o señor Méndez? Que o responsablediso era vostede, señor Feijóo. (Protestas.) Vostede é un reiMidas ao revés, señor Feijóo.

A señora PRESIDENTA: ¡Silencio, por favor! (Murmu-rios.)

A señora DÍAZ PÉREZ: Un rei Midas ao revés.

A señora PRESIDENTA: ¡Silencio, por favor!

A señora DÍAZ PÉREZ: Namentres o rei Midas convertía(Pronúncianse palabras que non se perciben.) en ouro todoo que tocaba, vostede todo o que toca o destrúe. Explíquelleá cidadanía galega por que acabou coas caixas do noso país.(Protestas.) Explique se ten razón o señor Méndez... (Pro-núncianse palabras que non se perciben.)

A señora PRESIDENTA: ¡Silencio, por favor!

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

20

Número 3026 de xuño de 2013

Page 21:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Señor Gómez Alonso, chámoo á orde.

A señora DÍAZ PÉREZ: Non teño problema, señora presi-denta, estou acostumada. Non teño problema, ¡eh!

A señora PRESIDENTA: Siga, siga vostede. (Murmurios.)

Por favor, un momento, señora Díaz.

A señora DÍAZ PÉREZ:Miren,...

A señora PRESIDENTA: Señora Díaz, espere un momento.

Por favor...

A señora DÍAZ PÉREZ: ...non minto. Señor Feijóo, imosdivulgar esa chamada auditoría da que fala da emisión de688 millóns de euros en preferentes, a súa responsabilidade,de produtos tóxicos. Imos divulgala e denúncienos se quere.Coñecemos os papeis.

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

A señora DÍAZ PÉREZ: Vostede é o rei Midas ao revés,destrúe o noso país. Explique que ten pasado coas nosas cai-xas e explique ese gasto indecente de 1.300.000 euros nuncaderno de vendas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Ten a palabra o presidente da Xunta.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): Señora presidenta.

Señoría, mañá vén –creo– o de KPMG, se vostedes envez de ir de observadores van traballar á comisión seguroque se poden enterar de algo, (Aplausos.) (Murmurios.)seguro, seguro, señorías. Porque ao Parlamento non se vénobservar e os impostos dos galegos (Pronúncianse palabrasque non se perciben.) están para traballar no Parlamento,...

A señora PRESIDENTA: ¡Señora Díaz!,...

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...non para vir observar no Parlamento.

A señora PRESIDENTA: ...non ten a palabra agora.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): Se vostede viñera traballar na auditoría e na Comisióndas caixas, daríase conta das cousas que di. (Pronúnciansepalabras que non se perciben.) Un caderno de vendas, ¿avender a quen?, ¿a quen?

A señora PRESIDENTA: Perdón, presidente.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ¿A quen se lle venden as caixas...

A señora PRESIDENTA: Perdón, presidente.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...cando o que queremos é que se queden en Galicia ascaixas? (Murmurios.) ¿A quen se lle venden as caixas candoo que queremos é que se fusionen as caixas?

Señoría, durante un mes e medio –que vostede non anda-ba por aquí, andaba gobernando co Partido Socialista enFerrol–, o Partido Socialista dicíame: vostede leva un mes emedio calado –¿acórdase, señor Vázquez?– porque ten unacordo en Génova, (Murmurios.) para que Caixa Galicia sevaia con Bankia, e para que vostede faga o que quere o PP,que é que Caixa Galicia se vaia con Bankia e nos quedemossen entidades financeiras. (Pronúncianse palabras que nonse perciben.)

A señora PRESIDENTA: Perdón, presidente.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): Señoría, ¿vender as caixas a quen, señoría? Se o quequeremos é que haxa unha entidade financeira en Galicia.Comisións Obreiras, que estaba a favor da fusión, ¿taménquere vender as caixas? UXT, que estaba a favor dafusión, ¿tamén quere vender as caixas? (Aplausos.) Seño-ría, ¿onde quere vostede estar?, ¿onde quere estar, seño-ría?

Señoría, é unha pena que non tomemos en serio o que éserio. (Pronúncianse palabras que non se perciben.) E eureitero, señoría, mañá ten vostede...

A señora PRESIDENTA: Señora Díaz, ¡señora Díaz!

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

21

Page 22:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...a posibilidade de preguntar todo o que queira aKPMG... (Pronúncianse palabras que non se perciben.)

A señora PRESIDENTA: Chámoo á orde.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): Supoño que vostede tamén...

A señora PRESIDENTA: Unha chamada á orde.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...lería as auditorías de Deloitte, e as auditorías de ACI,e as auditorías de Price Waterhouse, e as auditorías de Bos-ton Consulting Group. (Pronúncianse palabras que non seperciben.) Todas coincidían nunha cousa: ningunha das cai-xas pode...

A señora PRESIDENTA: Señora Díaz,...

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...continuar por si mesma.

A señora PRESIDENTA: ...ten unha chamada á orde. (Pro-núncianse palabras que non se perciben.)

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): Todas coincidían nunha cousa: a única solución queteñen é fusionarse ou ben con entidades de fóra ou intentarunha fusión para que haxa unha entidade financeira en Gali-cia. (Murmurios.) E nós apuntámonos a esa proposta. ¿Cal éa súa proposta, señoría?, ¿cal é a súa proposta? ¿En que con-sistía o seu modelo? (Pronúncianse palabras que non se per-ciben.)

Señoría, eu estou gobernando e vostede estame facendounha proposta que descoñezo, (Murmurios.) porque leva seismeses no Parlamento sen facer unha soa proposta...

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...senón exclusivamente insultando a todo o mundo.

Señoría, imos seguir reiterando: 33.000 folios, 178 docu-mentos, toda a información que ten Galicia está aquí á súa

disposición. Deixe de ser observadora e póñase a estudar ostextos e comprobará, señoría,...

A señora PRESIDENTA: Remate, presidente.

O señor PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA (Núñez Fei-

jóo): ...e comprobará que cos ratios de core capital e cosratios de tier 1 nese momento en España esa fusión era via-ble tecnicamente. Vostede sábeo e eu tamén. (Interrupcións.)(Murmurios.) Quen mudou o criterio foi o Banco de España,o Goberno de España, e iso simplemente coménteo cos seuscompañeiros de oposición.

Moitas grazas, señoría. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

(A señora presidenta comunícalle a unha señoría quenon lle vai dar a palabra.)

Silencio, por favor.

Continuamos coa orde do día co punto de proposiciónsnon de lei.

Proposición non de lei do G.P. dos Socialistas de Galicia,por iniciativa de D.ª María Carmen Gallego Calvar, sobreas actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego enrelación co sistema de arbitraxe establecido no InstitutoGalego de Consumo para as persoas afectadas pola frau-de das participacións preferentes

A señora PRESIDENTA:A esta proposición non de lei pre-sentáronse emendas do Grupo Popular e do Grupo Parla-mentario do Bloque Nacionalista Galego.

(O G.P. Popular de Galicia, por iniciativa do seu porta-voz e ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamen-to da Cámara, presenta ante a Mesa a seguinte emenda aesta proposición non de lei.

Emenda de modificación.

Débese substituír o texto da parte resolutiva da proposi-ción non de lei polo seguinte:

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

22

Número 3026 de xuño de 2013

Page 23:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

“O Parlamento de Galicia, co obxectivo de que tódolosaforradores obxecto dunha mala comercialización de partici-pacións preferentes, obrigas subordinadas e outros híbridosfinanceiros recuperen a totalidade dos cartos, insta á Xuntade Galicia a continuar dando cumprimento ao acordo unáni-me acadado nesta Cámara o pasado 15 de marzo de 2013.”)

(O G.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa doseu deputado e portavoz Francisco Xesús Jorquera Caselase ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento daCámara, presenta ante a Mesa a seguinte emenda a estaproposición non de lei.

Emenda de adición.

Débese engadir, antes da parte resolutiva da proposiciónnon de lei, un novo punto:

“1.- Manter a vía da arbitraxe para todos/as os/as afec-tados/as que o solicitaren, asegurando a rápida resoluciónde todos os casos. Realizar, con tal fin, todas as acciónsoportunas para reabrir a arbitraxe, pechado por NCGBanco o pasado 17 de xuño.”

Débense engadir, no punto 4 da proposición non de lei,as seguintes subalíneas :

“Con tal fin, o Goberno Galego:

4.1.- Instará ao Goberno do Estado a modificar a Lei9/2012 e a articular unha solución que garanta o reintegrodo 100 % do diñeiro aos pequenos aforradores.

4.2.- Poñerase a disposición dos afectados para prestar-lle toda a cobertura política e xurídica necesaria para quepresenten recurso contra o acordo do FROB que estableceunha quita ás/aos titulares de participacións preferentes.”)

A señora PRESIDENTA: Para formular a proposición nonde lei ten a palabra a señora Gallego Calvar.

A señora GALLEGO CALVAR: Bos días, señoras e señoresdeputados.

Señor Feijóo, probablemente de traballar, ou mellor ditode non traballar, tería que falarlles vostede aos seus deputa-

dos e deputadas, porque hai algunha deputada súa que nes-tes días recriminaba que non traballaban os deputados, debeser nas bancadas do Partido Popular, polo menos a xulgarpolo que vemos na Comisión de investigación das caixas,onde un de corenta e un fala, namentres nos grupos da opo-sición falamos varios deputados e deputadas. Diso poderíanfalar. (Aplausos.)

E sobre as participacións preferentes e as obrigas subor-dinadas,... (Interrupcións.) (Murmurios.)

A señora PRESIDENTA: Señor Losada, non quererá que ochame a orde unha segunda vez, ¿verdade?

A señora GALLEGO CALVAR: ...señor Feijóo, eu non voudeixalo que siga mentindo, porque este xornal e todos osdemais xornais publicados en Galicia dende hai varios días,neste mes de xuño, veñen publicando unha publicidade paradarlles información ás persoas afectadas polas participaciónspreferentes e as obrigas subordinadas cuxas emisións conti-núan vivas e, polo tanto, as persoas estafadas. E nesta infor-mación está clarísimo que todas as emisións de participaciónspreferentes e obrigas subordinadas a minoristas se fixerondurante os anos nos que o señor Fraga era presidente da Xuntae nos que o señor Feijóo é presidente da Xunta. (Aplausos.)Nunca ningunha emisión de participacións preferentes ninobrigas subordinadas se fixo durante o Goberno de coaliciónencabezado por Emilio Pérez Touriño. Para que quede cons-tancia no pleno deste Parlamento, porque estamos acostuma-dos a que o señor Feijóo converta a sesión de control aoGoberno nunha sesión de reproches á oposición. E para quequede constancia que o señor Feijóo, como non é capaz deresponder ás preguntas da oposición, o que fai é mentir siste-maticamente neste Parlamento de Galicia. (Aplausos.)

Pero destas cuestións saben ben aqueles que están hoxeaínda na rúa contentos coa xestión do Goberno Feijóo atra-pados na estafa das preferentes e das subordinadas. Conten-tos, por iso se manifestan todos os fins de semana, e conten-tos, por iso cada día diante das centrais bancarias, diante dasentidades bancarias que os estafaron se manifestan. Estáncontentos co Goberno Feijóo e como resolveu o GobernoFeijóo este problema.

Por iso, hoxe de novo o Partido Socialista trae a estaCámara unha nova iniciativa de impulso para axudarlle ao

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

23

Page 24:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Goberno de Galicia a seguir tendo contentos aos cidadánsgalegos atrapados nesta estafa. Pero esta vez, señores doPartido Popular, xa lles aviso de entrada que non nos imosdeixar volver enganar. Porque vostedes aquí neste Parla-mento xa non é nin a primeira, nin a segunda, nin a terceiravez que cando os deputados da oposición traemos unha ini-ciativa de impulso para axudarlles ás persoas atrapadas naestafa das participacións preferentes e da débeda subordina-da votan a favor para quedar ben, para lavar a cara, para lim-par a súa conciencia, pero despois á hora de executar o queaquí se acorda neste Parlamento nada de nada. O exemplomáis evidente témolo naquel acordo do 15 de marzo destemesmo ano, na Comisión 3ª, de Economía, deste Parlamen-to, onde se comprometeron contra a quita, onde votaron noná quita e si á arbitraxe e onde votaron que lles ían prestarasesoramento xurídico ás persoas atrapadas nesta estafa.Unha semana despois –só unha semana despois– o Gobernodo señor Rajoy aplicou unha quita.

Pero seguimos avanzando no tempo, e o 17 deste mes aentidade bancaria paralizou a arbitraxe, esa arbitraxe quevostedes falaron que ía ser a solución a todos os males. Eagora din vostedes que como está parada a arbitraxe que nonpoden facer nada. E eu pregunto: nunha entidade nacionali-zada, propiedade neste momento do FROB, do Banco deEspaña, do Goberno de España, ¿como é posible que poidaparalizar a arbitraxe un señor que se chama Castellanos eque nese banco non teña máis capacidade de actuación oseñor Feijóo, e o señor Rajoy, e o Banco de España, ou oFROB?, ¿como é posible que nos poidan intentar trasladaraos deputados e deputadas deste Parlamento e ao conxuntoda cidadanía que a arbitraxe se para e vostedes non podenfacer nada por reabrir esa arbitraxe?

Pois miren, non, non nos van enganar máis. Teñen quemanifestarse aquí, teñen que dicir se de verdade queren con-tinuar coa arbitraxe que a arbitraxe se volva abrir e teñen quedarlles a aquelas persoas que non poden ir á arbitraxe e quequeren ir polo procedemento xudicial as ferramentas á súadisposición para que non lles custe máis a reclamación. Por-que vostedes, co Goberno do señor Rajoy, co taxazo doseñor Gallardón, o que fan, aínda por riba, é que a esas per-soas que queren reclamar lles custe diñeiro. Os xa estafadosterán que pagar para que se lles faga xustiza. E iso, señorías,en ningún caso é xusto. E iso pódese resolver sinxelamentecon que o Goberno de Galicia, a través do Instituto Galego

de Consumo, poña á disposición das persoas afectadas ase-soramento xurídico gratuíto para que poidan reclamar o queé seu.

Porque vostedes están deliberadamente atrasando assolucións. Primeiro, dicindo que son incapaces de mandarsobre un banco que está cen por cento nacionalizado. E logo,outro grupo da oposición, neste caso o Bloque NacionalistaGalego, que acaba de presentar neste Parlamento unha pro-posición de lei para levar ao Congreso dos Deputados, quenós votamos favorablemente e que todos os grupos votamosfavorablemente –entendo que o PP nesa estratexia de lavar asúa conciencia, de limpar a súa conciencia, de lavar a súaimaxe–, acaban de pedir a ampliación de prazo para trasla-dar esa iniciativa lexislativa ao mes de setembro. É dicir,para seguir enredando e para seguir dicíndolles aos estafadosque están con eles, pero sen facer nada efectivo para defen-der os seus intereses.

Pois, miren, diante de todos estes enganos dos señores doPartido Popular, o Partido Socialista hoxe de novo presentaunha iniciativa que pretende que se reabra a arbitraxe, quepretende que lles presten asesoramento xurídico ás persoasestafadas. E xa sei que o Partido Popular vai vir dicir queesta é unha iniciativa resesa, porque ten data do 20 denovembro do ano pasado. Claro, é que a arbitraxe se parali-zou o 17 de xuño, e como temos un regulamento neste Par-lamento tan dinámico, tan vivo, tan actualizado, tan capaz deresponder aos problemas urxentes da cidadanía, pois candopresentamos as iniciativas o 17 de xuño para que poidan sertratadas non se poden tratar porque non están en prazo. Polotanto, hai que resucitar iniciativas que estaban xa no conxe-lador para poder traer outra vez o debate aquí.

Pero ademais de traer este debate aquí hoxe, de pedir quese reabra esa arbitraxe e que se preste asesoramento xurídi-co gratuíto ás persoas que queiran ir pola vía xudicial, o Par-tido Socialista a nivel estatal, antonte, acabamos de presen-tar un recurso ante o Constitucional para que a todas as per-soas estafadas, tamén evidentemente ás galegas, se llesdevolva o seu diñeiro, porque non se pode con diñeiro públi-co de todos os cidadáns europeos rescatar os bancos e deixarás persoas estafadas vítimas e atrapadas nesa estafa, porqueos gobernos están para responder diante dos cidadáns que oestán pasando mal. E as vítimas da estafa das preferentes edas subordinadas están protestando todos os días na rúa e

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

24

Número 3026 de xuño de 2013

Page 25:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

están reclamando todos os días que lles prestemos axudaporque o están pasando mal. Porque detrás de cada vítimadunha estafa de preferentes ou de subordinadas hai verda-deiros dramas humanos, e o Goberno de Galicia está perma-nentemente xogando con eles e xogando con eses dramashumanos.

Así que, señores do Partido Popular, se de verdade vos-tedes queren axudarlles a esas persoas, reabran a arbitraxe,que poden, non se escondan detrás do señor Castellanos, nindetrás de Novagalicia Banco. É un banco nacionalizado,vostedes teñen o poder, vostedes están no Goberno,...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando.

A señora GALLEGO CALVAR: ...exérzano para axudarllesás persoas, e deixen de preocuparse tanto pola súa imaxe epreocúpense un pouco máis pola cidadanía galega.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Intervención dos grupos.

Polo Bloque Nacionalista Galego ten a palabra o señorJorquera Caselas.

O señor JORQUERA CASELAS: Grazas, señora presidenta.

Señoras e señores deputados, o Bloque NacionalistaGalego presentou unha emenda de engádega á proposicióndo Grupo Socialista que consta de dous apartados:

Dunha banda, propomos complementar o punto 4 da pro-posición, que insta a Xunta a impugnar o Decreto lei de rees-truturación do sistema financeiro, que establece quitas paraas persoas estafadas. Consideramos que para que estaimpugnación sexa posíbel a Xunta ten que instar o Gobernocentral a modificar a Lei 9/2012 fronte ao vergoñento xogode aparencias, de dicir unha cousa aquí e votar outra distin-ta en Madrid que practica o Partido Popular. Un PartidoPopular que –como vén de dicir a señora Carmen Gallego–acaba de solicitar a ampliación de prazo para presentaremendas á Proposición de lei de modificación da Lei9/2012, para que non se estableza esta quita. Polo tanto, un

exemplo máis do xogo de aparencias. E un Partido Popularque tivo a desvergoña no debate suscitado por esa proposi-ción de lei de xustificar o voto distinto en Madrid apelandoa que iso tamén afectaba a Bankia. Como se aos titulares depreferentes de Bankia pois non pasase nada porque tivesenque sufrir unha quita, e agora o señor Feijóo vén de poñer oexemplo de Bankia como de escasa resolución vía arbitraxepois da restitución de todos os aforros. Pois para que os afec-tados de Bankia, onde tamén hai afectados galegos, poidanver como se restitúen todos os seus aforros, hai que impug-nar este decreto e hai que impugnar esta lei. E tamén paraimpugnar este decreto deben de poñerse á disposición dosafectados todos os medios, toda a cobertura política e xurí-dica necesaria para que presenten recurso contra o acordo doFROB que establece a quita.

Pero, sobre todo, propomos na nosa emenda engadir unprimeiro punto, previo aos restantes puntos da iniciativa cotexto seguinte: “Manter a vía da arbitraxe para todos os afec-tados que o solicitaren, asegurando a rápida resolución detodos os casos. Realizar, con tal fin, todas as accións opor-tunas para reabrir a arbitraxe pechada por NovagaliciaBanco o pasado 17 de xuño”. E é que dificilmente podencumprirse os outros puntos da proposición relativos á arbi-traxe se previamente a arbitraxe non se reabre. Xa explicoua señora Carmen Gallego porque no texto que aporta oGrupo Socialista non figura este requisito previo, pero oBloque Nacionalista Galego a través desta emenda pretendeinstar que se reabra a arbitraxe.

E neste sentido quero determe un momentiño, porque aarbitraxe ten sido obxecto de debate neste Parlamento enmúltiples ocasións e foi obxecto de debate hoxe mesmo nasesión de control ao presidente da Xunta de Galiza. E eu aca-bei a miña pregunta ao presidente da Xunta de Galiza facen-do alusión ao vello dito de substituír a realidade pola propa-ganda de que a realidade non malgaste un bo titular que tiñaeu prefabricado. Pero a ese vello dito que tanto practica oseñor Feijóo hai que engadirlle tamén un principio de Goeb-bels, que é que unha mentira repetida un millón de vecesacaba converténdose nunha realidade.

Porque ¿saben que di o informe aportado pola Xunta deGaliza á Comisión de investigación das caixas sobre a arbi-traxe, pese á deturpación da realidade que volveu facer oseñor Feijóo? O que di ese informe é o seguinte: arbitraxe,

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

25

Page 26:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

reclamacións presentadas: 63.182; vistas celebradas: 17.789.Repito: reclamacións presentadas: 63.182; vistas celebradas:17.789. Laudos positivos aboando, reintegrando os cartosafectados: 17.275. Isto é o que di o propio informe aportadopola Xunta de Galiza.

Pero, mire, aínda que todas as reclamacións que se pre-sentaron para acollerse á arbitraxe antes de que Novagaliciaa decidise pechar tivesen unha resolución positiva, en cal-quera caso preto de 40.000 afectados seguirían estandoexcluídos e correndo risco de perder a metade dos seus afo-rros. Entre eles, por certo, moitos pequenos aforradores conparticipacións inferiores aos 10.000 euros, pese á promesafeita nesta Cámara polo señor Feijóo o pasado 29 de maio.Polo tanto, un novo incumprimento. E estamos a falar, polotanto, de 500 millóns de euros de aforro popular, de 500millóns de euros de aforro dos galegos e das galegas queserán destinados a recapitalizar a banca, a recapitalizar áforza a entidade que os estafou.

E todo isto despois de que a Comisión de investigacióndas caixas servise pese aos atrancos –insisto– do GrupoPopular para coñecer –si, señores do Grupo Popular, pese aque o pretenden negar– que todas as emisións de participa-cións preferentes comercializadas no mercado minorista eque seguen vivas foron emitidas por gobernos do PartidoPopular en Galiza e contaron con autorización destes gober-nos. Será por iso, señores do Grupo Popular, que o señorFéijóo asegurou estes días que é o presidente que máis sepreocupou polas preferentes. Efectivamente, preocupousemoito polas preferentes, sen dúbida, pero polas persoas esta-fadas pola súa emisión é evidente que non.

Señorías, o Parlamento de Galiza é a máxima institucióndo noso país,...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando.

O señor JORQUERA CASELAS: ...é a máxima representa-ción dos cidadáns. Como representantes dos cidadáns temosunha responsabilidade que vai máis aló das disciplinas dogrupo ou de dar apoio ou dar sustento ao partido que gober-na, a responsabilidade de defender os dereitos dos nososrepresentados, a responsabilidade de non traizoar os seusdereitos. E hoxe esta Cámara ten unha nova oportunidade dedemostrar se está cos representados, se está cos miles de

compatriotas afectados por esta estafa apoiando esta propo-sición.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Jorquera.

Polo Grupo Parlamentario Popular ten a palabra donaHerminia Pouso Maneiro.

A señora POUSO MANEIRO: Grazas, señora presidenta.

Bos días.

Novamente estamos hoxe aquí tratando un tema de granpreocupación e grande inquietude social, e quedou patentenesta Cámara que a todos nos preocupa enormemente asituación desas persoas que foron vítimas dunha malacomercialización de produtos híbridos, vítimas dunha malapraxe bancaria. Pero vistas as intervencións que houbo aquípor parte dos anteriores portavoces dos distintos grupos, ini-cialmente grazas á aclaración, señora Gallego, que fixo vos-tede desa proposición que nos fai aquí, que vén completa-mente extemporánea, porque eu de verdade que escoitándoaa vostede pensei que habería algún erro por parte dos Servi-zos Xurídicos da Cámara e teriamos mal a documentación.Porque unha proposición do mes de novembro do 2012 pois,mire, ande vostede que non mudou para nada a situaciónneste tema grazas ao traballo feito polo Partido Popular.(Aplausos.)

Dicirlles, señorías, que me deixan vostedes tremenda-mente sorprendida. Déixanme vostedes tremendamente sor-prendida porque eu creo que ao longo desas intervencións,desas comparecencias que tivemos por parte dos que viñe-ron á Comisión de caixas, vostedes non se enteraron damisa ren. E digo que non se enteraron da misa ren, señoraGallego e señor Jorquera, porque aí quedou claro que a res-ponsabilidade das emisións de preferentes, quen controlaba,quen autorizaba esas emisións de preferentes era a Comi-sión Nacional do Mercado de Valores e era o Banco deEspaña. Mesmo, señora Gallego, os seus ex conselleiros doGoberno bipartito e o seu director xeral dixeron que inclu-so renunciaron vostedes a nomear os membros de controlnas caixas porque confiaban e descansaban, e non queríaninxerir nese goberno das caixas. Deixación completamente

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

26

Número 3026 de xuño de 2013

Page 27:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

de funcións. Pero é máis: aínda non tendo competencias, éque non lles interesaba a vostedes nin enterarse do que esta-ba ocorrendo.

Señora Gallego, eu recórdolle a vostede que cando tivo amaior comercialización de preferentes neste país foi na etapado Goberno socialista do señor Rodríguez Zapatero. E foi aícando se practicou unha mala comercialización, cando dei-xaron de ser os investidores os que eran, os que adquiríanestes produtos, e pasaron a comercializalos a minoristas,para recapitalizar a banca, porque sabían vostedes perfecta-mente os problemas nos que estaban metidos e non queríanir pedir o rescate a Bruxelas.

Veñen vostedes aquí facer auténtica demagoxia. Sabenvostedes perfectamente que as competencias non están noGoberno galego. E piden vostedes que reabramos a arbitra-xe. Pero é que o Goberno galego non ten competencias parareabrir a arbitraxe; quen ten competencias para manter esaliña de arbitraxe, para seguir aceptando arbitraxes é Nova-galicia Banco, neste caso as entidades financeiras. Eu creoque vostedes non teñen claro todavía o proceso da arbitraxe,señora Gallego. O proceso de arbitraxe é que unha vez queo afectado reclama, preséntase a reclamación no InstitutoGalego de Consumo e envíaselle á entidade bancaria ou aesa auditora, porque o banco está intervido, e unha vez quese admite aí é cando o Goberno galego ten os medios sufi-cientes e necesarios. E díxoselles por activa e por pasiva envarias ocasións nesta Cámara que non se ían escatimar osmedios que fosen necesarios para poñerlles solucións a estesafectados da mala praxe bancaria.

Señorías, grazas a esa aposta que se fixo pola arbitraxe,grazas a todas as xestións feitas...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

A señora POUSO MANEIRO: ...na Comisión Nacional doMercado de Valores cando vostedes co Goberno socialistatiñan responsabilidades de goberno, co Banco de España,con Bruxelas, que o señor Almunia –que tanto lle molesta avostedes que o nomeemos aquí– nin sequera se dignou a reu-nirse cun representante do Goberno galego cando foi tratareste tema a Bruxelas. Foi a través de todas esas xestións quefixo o Goberno do Partido Popular de Galicia que Galicia foia Comunidade pioneira en poñer en marcha esa vía da arbi-

traxe. Esa vía, señor Jorquera, que vostedes descartaban; esavía que vostedes non querían, que vostedes andaban dicín-dolle á xente que foran á vía xudicial.

Imos seguir asesorando, imos seguir con ese apoio aosafectados e imos seguir traballando para que todos aquelesque foron vítimas desa mala...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando.

A señora POUSO MANEIRO: ...comercialización poidanrecuperar os seus cartos. Menos demagoxia e máis traballara favor dos afectados. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Polo Grupo Parlamentario da Alternativa Galega deEsquerda ten a palabra a señora Martínez.

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: Bo día a todas e a todos.

Bueno, a min gustaríame empezar por dicir que incrible-mente un problema que parece que preocupa tanto ao Gober-no, que preocupa tanto a este Parlamento, e o hemiciclo estácase baleiro e o Goberno non está. Vese que o Goberno estámoi preocupado polo tema das preferentes, nótaselle no inte-rese que pon en escoitar as iniciativas da oposición e o quese poida achegar dende aquí.

Pero, ademais, é que tamén son vostedes... (Interrup-cións.) (Murmurios.)

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: ...os reis... (Interrupcións.)Beiras non é o presidente do Goberno. (Risos.) (Interrup-cións.) (Murmurios.)

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor, non dialo-guen.

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: ...nin está gobernando.(Murmurios.)Menos mal, si, menos mal porque se non vos-tedes estarían todos... (Murmurios.)

A señora PRESIDENTA: Señora Romero, por favor.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

27

Page 28:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: ...porque está claro que nonserven nin para parlamentarios nin para nada máis.

A señora PRESIDENTA: Perdoe un momento, señora Mar-tínez. Perdoe un momento, señora Martínez.

Por favor, prego silencio.

Ten a palabra a señora Martínez.

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: Ben, pero ademais son vos-tedes tamén os reis dos eufemismos. Dicir que as persoasvítimas das preferentes son vítimas dunha “mala praxe ban-caria” é un eufemismo; son vítimas dunha estafa, dun rouboorquestrado a grande escala.

Ademais, menten, e mentiu o presidente hai un momen-to. Vimos a documentación e, ademais, vaise facer públicapara que todo o mundo poida saber que o presidente mentiue que están mentindo. Non hai, non existe nin unha soa audi-toría, nin unha soa auditoría que recomendara as fusións. Epagouse máis dun millón de euros por unha carta, por uninforme feito a petición, para poder vender e poder levar esafusión a adiante.

Pero estamos falando agora dunha gran estafa, a maiorestafa que sufriu este país; unha estafa ao pequeno aforra-dor, unha estafa ás clases traballadoras, unha estafa a per-soas desempregadas, que se fiaron do que aquí era non unbanco senón a caixa de todos e meteron todo o diñeiro dodesemprego nesas preferentes. E agora miran como porparte do Goberno se fala de mala praxe e non se fala real-mente do que foi. Persoas que están sendo expulsadas dassúas casas polos mesmos bancos que os roubaron porqueagora como teñen os cartos roubados por esa caixa nonpoden pagar a súa hipoteca. Persoas que tristemente aca-ban coa súa vida, desesperadas ante un Goberno que mirapara outro lado e que utiliza eufemismos para falar dunharealidade que para eles é realmente dura. Un Goberno quehoxe non está aquí para intentar darlles unha solución, queescapa ante as verdades que non lle son gratas. Un Gober-no que por primeira vez legaliza o roubo e que lle dápotestade ao ladrón para que quede con parte do roubado,e á vítima dille que ten que perder parte do seu diñeiropara darllo ao ladrón. Iso é o que fai o Goberno do Parti-do Popular.

Un Goberno que aos grandes cacos, ás grandes mafiasque están metendo diñeiro en paraísos fiscais lles ofreceunha amnistía, como ao señor Bárcenas e outros tantos.Ofrécelles unha amnistía mentres que aos traballadores, ásclases populares que teñen o diñeiro en preferentes os obri-ga a estar arruinados,...

A señora PRESIDENTA: Varia rematando, por favor.

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: ...a perder practicamente ototal do que teñen ou o que tiñan en preferentes.

Un Goberno que nomea a un fiscal do Estado que pare-ce o avogado defensor dos corruptos, mentres que lles dá aespalda a estas persoas estafadas, que soamente pretendenque se faga xustiza. Pero unha xustiza que non chega porquetamén a privatizaron, porque agora non teñen diñeiro ninpara ir á xustiza. Ese é o voso gran legado, ese é o legado doPartido Popular.

E é unha vergonza que se veña aquí mentir e é unha ver-gonza que hoxe non estean todos aquí, todo o Partido Popu-lar, porque son vostedes os responsables de todo isto. Sonvostedes os que lles teñen que dar resposta, son vostedes oGoberno, e se non o saben facer dimitan, dimitan polo bendeste pobo.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Polo grupo parlamentario autor da proposición non de leiten a palabra a señora Gallego Calvar.

A señora GALLEGO CALVAR: Grazas, señora presidenta.

En primeiro lugar, agradecer a emenda que nos presentao Bloque Nacionalista Galego, que permite actualizar a nosaproposta e, polo tanto, aceptámola.

En segundo lugar, dicirlle á señora representante do Par-tido Popular que non tan desfasada é a iniciativa, porque aofinal o que pide é dotar de máis medios o sistema de arbitra-xe –por certo, señora presidenta, vaime permitir que fagaunha emenda in voce aquí para que cando di “antes da fin do2012” diga “antes da fin do 2013”, que é a única diferenza–,

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

28

Número 3026 de xuño de 2013

Page 29:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

facer públicos os criterios de exclusión e inclusión na arbi-traxe, prestar asesoramento xurídico ás persoas estafadas eimpugnar o decreto lei que hoxe está convertido en lei, poisestá un pouco desfasado pero nin tanto como quería facerver a señora Maneiro.

Están un pouco empeñados nisto da Unión Europea. Eunon sei se son conscientes os do Partido Popular de quegobernan cunha maioría bastante importante no conxuntodas institucións comunitarias. É que no Colexio de Comisa-rios hai 20, de 27 comisarios, que son de dereitas ou de cen-tro-dereita. Polo tanto, a responsabilidade sobre as políticasque se adoptan por parte da troika, por parte da Comisión epor parte do Colexio de Comisarios descansan nas filas doGrupo Popular Europeo e non nas filas do Grupo Socialista.Así que, por moito que intenten vostedes escapar, non podenescapar das verdades.

Miren, falamos da Comisión de Investigación das Cai-xas, bueno, pois si, Comisión de Investigación das Caixas.Ocultan a auditoría de KPMG por moito que o presidentediga que está á disposición de todos. É unha documentaciónreservada que, por certo, nin se chama como dicían que sechamaba nin di o que dicían que dicía da fusión, nin o señorFeijóo nin a señora Fernández Currás. Precisamente por isoo señor Feijóo a declara reservada, a pesar de estar pagadacon diñeiros de todos os galegos e de todas as galegas, paraque non se entere o conxunto da cidadanía das mentiras rei-teradas do señor Feijóo acerca das posicións das caixas,enganando os sindicatos, os partidos políticos, a este Parla-mento e ao conxunto da cidadanía.

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando.

A señora GALLEGO CALVAR: Iso si, dicindo nun medio decomunicación, nunha entrevista, que desde aquela xa sabíaque as caixas estaban trufadas de preferentes.

Miren, acerca da autorización da emisión de débeda sub-ordinada e de preferentes quedou manifestamente claro nacomisión de investigación que esas preferentes e esas subor-dinadas se emitiron durante os gobernos do señor Fraga e doseñor Feijóo. Pero, é máis, quedou manifestamente claro queas autorizacións da Xunta de Galicia desas emisións queestán firmadas por responsables políticos da Xunta de Gali-cia non constan nos documentos que se trasladaron para tra-

ballar na Comisión de Investigación das Caixas. É dicir, quese nos ocultou información ao Parlamento de Galicia a pesarde que un director xeral de Política Financeira dos gobernosFraga recoñeceu que esas autorizacións de emisión da débe-da subordinada existían.

A señora PRESIDENTA: Remate, señora Gallego, porfavor.

A señora GALLEGO CALVAR: Pero enviouse a documenta-ción ao Parlamento totalmente capada para que os deputadose deputadas desta Cámara non poidamos demostrar que oseñor Feijóo acerca das caixas, acerca da fusión, acerca daauditoría...,

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor, señora Gallego.

A señora GALLEGO CALVAR: ...e acerca de case todo nestepaís segue mentindo e segue enganando.

Eu pídolles aos señores do Partido Popular que deixen deutilizar as vítimas desta estafa, que se poñan do seu lado, quese poñan a traballar e que non veñan con escusas...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

A señora GALLEGO CALVAR: ...que o banco está naciona-lizado...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señora Gallego.

A señora GALLEGO CALVAR: ...e que é a Xunta a que tena potestade...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

(A señora Gallego Calvar pronuncia palabras que nonse perciben.) (Aplausos.)

Moitas grazas.

Proposición non de lei do G.P. da Alternativa Galega deEsquerda, por iniciativa de D. Antón Sánchez García,sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno gale-go en relación coa redacción da futura Lei de calidade dacadea agroalimentaria

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

29

Page 30:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

A señora PRESIDENTA:A esta proposición non de lei for-muláronse emendas por parte do BNG e por parte do GrupoPopular.

(O G.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa dasúa deputada Tereixa Paz Franco, ao abeiro do disposto noRegulamento da Cámara, presenta a seguinte emenda desubstitución a esta proposición non de lei.

Emenda de substitución.

Débese substituír o texto da parte resolutiva polo seguinte:

“O Parlamento Galego insta á Xunta de Galiza a reali-zar as xestións e as actuacións necesarias para lograr quepolo Goberno do Estado se promovan medidas lexislativasque introduzan o concepto de prezo base no noso marcoxurídico, establecendo a prohibición real de venda en orixepor debaixo dos custes de produción. Igualmente a que, enconsecuencia, se implementen todos os mecanismos precisospara a súa aplicación ao sector lácteo.”)

(O G.P. Popular de Galicia, a través do seu portavoz, aoabeiro do disposto no artigo 161.2 e concordantes do Regu-lamento da Cámara presenta ante a Mesa a seguinte emen-da a esta proposición non de lei.

Emenda de substitución

Débese substituír o texto da parte resolutiva polo seguin-te texto:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia aconsolidar no trámite parlamentario, xunto ao Goberno doEstado, a introdución dentro da “Lei de medidas paramellorar o funcionamento da cadea alimentaria” de meca-nismos que permitan afianzar a mellora da cadea de deter-minación de prezos e a distribución equitativa do valor dosprodutos do sector primario, entre outros mediante a crea-ción da figura do mediador.”)

A señora PRESIDENTA: Para formular a proposición nonde lei ten a palabra don Antón Sánchez García do Grupo Par-lamentario da Alternativa Galega de Esquerda.

O señor SÁNCHEZ GARCÍA: Bos días a todos e a todas.

Esta proposición non de lei xa foi debatida e aprobadapor unanimidade nunha Comisión 7ª realizada en marzo.Foi aprobada por unanimidade cando o Partido Popularpresentou unha emenda e se transaccionou. E esixía quedentro do Proxecto de lei de calidade alimentaria se inclu-íse un prezo de referencia baseado nos custos de produ-ción do leite. Ben, ¿por que a presentamos tres meses des-pois en Pleno? Pois porque os acontecementos demostra-ron que o señor Núñez Feijóo e o Partido Popular noncumpriron o que acordaron aquí no Parlamento, non cum-priron o que acordaron coas organizacións agrarias, noncumpriron co sector. Polo tanto, está máis vixente canunca a necesidade de presentar esta proposición non delei.

Hoxe mesmo respondía o señor Núñez falando de que seconseguira no trámite do Senado introducir a figura domediador, como un gran logro. Bueno, pois non sabemos sese conseguiu a figura do mediador ou aínda non, o que si queé certo é que iso do mediador non se falou en ningún acordodos que se acadou aquí neste Parlamento nin dos que se aca-daron coas organizacións agrarias e co sector. Polo tanto,será o gran logro do presidente Núñez pero debía de expli-car por que traizoou os acordos que levou a cabo e dos quese presentou el mesmo como garante.

En decembro o señor Núñez Feijóo comprometeusediante das organizacións agrarias a impulsar medidas quesignificasen que a curto prazo os gandeiros non vendesen olitro de leite por debaixo do que custa producilo. Dentro dotexto asinado pola Xunta, polas organizacións agrarias, poladistribución e a industria, dicíase textualmente:

“A Xunta de Galicia comprométese:

a) A xestionar co Ministerio de Agricultura, Alimenta-ción e Medio Ambiente de xeito inmediato, e, en todo caso,tras a toma de posesión do Goberno, unha reformulación doacordo de colaboración co sector lácteo coa vocación deestender os compromisos acadados en Galicia ao resto doterritorio nacional.

b) A intensificar a súa capacidade inspectora para evi-denciar a situación de dependencia económica do sector pro-dutor respecto da industria da transformación.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

30

Número 3026 de xuño de 2013

Page 31:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

c) A coliderar e axilizar o Proxecto de lei de medidaspara mellorar o funcionamento da cadea alimentaria” –coli-derar e axilizar– “que está a elaborar o Ministerio de Agri-cultura, Alimentación e Medio Ambiente. De xeito quegaranta que todas as partes da cadea obteñan un beneficioque cubra os seus custos de produción. Para o cal é precisocrear un observatorio que estude e difunda estes custos entoda a cadea de valor, evitando, en particular, a descapitali-zación dos sectores produtivos pola percepción de prezosanormalmente baixos.”

Este é o texto que se redactou e do que as organizaciónsagrarias dixeron que o señor Núñez Feijóo fora máis aláincluso das súas expectativas. Este é o texto ao que se com-prometeu como garante o presidente da Xunta de Galicia.

En marzo aprobouse unha iniciativa da Alternativa Gale-ga de Esquerda neste mesmo senso. En marzo tamén houboun acordo de todos os grupos parlamentarios con represen-tación neste Parlamento diante das organizacións agrariaspara introducir unha serie de emendas consensuadas ao Pro-xecto de lei de calidade da cadea alimentaria. E dicían así:“Incluír unha nova definición dentro do artigo 5: Custo deprodución primaria: importe mínimo estimado anualmentepola autoridade competente en función de informes técnicossolventes para a posta no mercado dun produto primario”.“Artículo 9. Modificar el epígrafe 1.c, precio del contrato,añadiendo la frase: El precio fijado en materia de contratosreferidos a la producción primaria en ningún caso será infe-rior al coste de producción primaria vigente”.

Pois ben, no texto que está a piques de ser aprobado des-pois de pasar polo Senado non aparece por ningures esteacordo. O Partido Popular nin sequera o presentou enMadrid, nin sequera deu a batalla. E dende estes acordos oseñor Núñez Feijóo está desaparecido. Debería polo menosaparecer para pedir desculpas ao sector, para pedir desculpaspor non cumprir o que prometeu. O señor Feijóo non cum-priu ningún destes acordos, dende a foto do acordo non vol-veu aparecer. Traizoou así ao sector unha vez máis, e men-tiu. E agora a figura do mediador será a escusa perfecta e apanacea para solucionar todos os problemas; pregándose aosintereses, aos gobernos, pregándose unha vez máis aos inte-reses da industria da distribución; e ademais dándolle as cos-tas a un sector estratéxico para o presente e para o futurodeste país.

Demostran a súa incapacidade para axudar ao progre-so do noso rural. Sempre o dicimos, levan gobernandovinte e cinco anos dos trinta da democracia. E aí está asituación do noso medio rural e do sector lácteo, sen baseterritorial para as explotacións, cunhas explotacións exce-sivamente dependentes dos insumos, non adaptadas aosnovos tempos nin ao contexto, sen ningunha estrutura deindustrialización e comercialización propia e cuns gan-deiros abandonando cada vez máis a actividade. Son alta-mente prexudiciais para o noso rural, non resolveron ninsequera os problemas de falta de terra, etc. Nin sequeracrearon un marco galego de negociación, fiando todo aosinstrumentos estatais, cando Galicia é unha potencia quedebe ter as súas propias dinámicas. Non cumpren cosacordos dados, nin o presidente da Xunta de Galicia cum-pre coa súa palabra.

Presentamos esta PNL para que a apoien e para quesexan coherentes co que vostedes dixeron sempre aquí. Nonnos gustaría escoitar, como sempre, boas vontades nindemagoxia ao estilo de “estamos comprometidos co sector”.Iso non nos vale. Vostedes están gobernando, só nos valen asrealidades e as propostas. Se son os políticos, os nosos repre-sentantes que din defender o interese xeral, non poden per-mitir que nunha cuestión tan básica, tan inxusta, sigamoscon esta situación de abuso de dominio por parte da indus-tria da distribución sobre o sector primario. Abuso de posi-ción de dominio ante a cal a Comisión Nacional da Compe-tencia nunca ten nada que dicir, unha Comisión Nacional daCompetencia que non sabemos para quen traballa; dendelogo, para a xustiza non traballa.

Virán tamén, evidentemente, coa escusa do Informe daComisión Nacional da Competencia. Miren, coas mesmasleis da competencia a nivel europeo que teñen que cumprir,en Francia e en Italia hai unha longa tradición de pactos deprezos, hai unha longa tradición de fixación de prezos dereferencia. Aquí non, aquí a Comisión Nacional da Compe-tencia sempre traballa para a industria, nunca está paradenunciar os oligopolios eléctricos, nunca está para denun-ciar os oligopolios do sector lácteo, nunca está para denun-ciar as prácticas abusivas perante os gandeiros galegos, queteñen que ver e coñecer o que é evidente para todos, queestas empresas teñen repartido o pastel, que os gandeirosnon teñen nin a liberdade de escoller a empresa que llesrecolle o leite, que están sendo extorsionados. E perante isto,

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

31

Page 32:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

a Comisión Nacional da Competencia, que é nomeada poloGoberno central, mira para outro lado.

E vou acabar, co permiso do Partido Socialista de Gali-cia, lendo un artigo de Francisco Sineiro sobre esta cuestión.Este home é unha referencia –aínda que non sempre estea-mos de acordo– do mundo rural. “En Francia hai unha amplaexperiencia e tradición” –dicía Francisco Sineiro nun artigopublicado hai pouco tempo– “nas negociacións e acordos deprezos entre os agricultores e a industria alimentaria. Sonacordos que se viñeron realizando dende hai varias décadase que contaron con dous apoios básicos: as organizaciónsinterprofesionais e a Administración agraria. As organiza-cións interprofesionais están constituídas por representantesdos produtores agrarios e da industria alimentaria que vaitransformar eses produtos. Estas dúas partes teñen interesescontrapostos na negociación de prezos pero tamén interesescomúns na promoción dos seus produtos. Os asuntos de inte-rese común leváronos a traballar xuntos na mellora da pro-dución, na realización de estudos que permiten coñecermellor os cambios nos hábitos dos consumidores e na pro-moción dos seus produtos nos mercados exteriores. Ade-mais, esta experiencia de traballo en común axudounostamén a ter un mellor coñecemento do mercado e establecernegociacións de prezos. En Francia, a Administración agra-ria está constituída en exclusiva polo Ministerio de Agricul-tura. A Administración agraria francesa de sempre apoiouestas organizacións e os acordos de prezos. Esta é unhasituación que contrasta coa existente en España, pois namaior parte dos casos a Administración agraria tratou dedesentenderse destes asuntos” –como aquí acontece–. “EnFrancia sempre se entendeu a mediación entre as partescomo un elemento de estabilidade sectorial. Esta longaexperiencia nos acordos dos prezos...”

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

O señor SÁNCHEZ GARCÍA: “...baseada nas organizaciónsinterprofesionais e na posición activa da Administración vénde establecer un novo tipo de acordo para unha nova situa-ción dos mercados. Nas últimas semanas acadouse en Fran-cia un acordo que abarca dende a produción á industria ali-mentaria e, como novidade, ás principais empresas de distri-bución que tamén están neste acordo. Na consecución desteacordo volveu ter un importante papel a Administraciónagraria. O novo acordo contén un compromiso dos repre-

sentantes das tres fases de formación de prezos, na escala deprodución, industria e distribución, para ter en conta asvariacións excesivas á alza ou á baixa nos prezos dos pen-sos, e para abrir negociacións nestes casos sobre as condi-cións de venda dos produtos, que abarcan o porcino, as avese o vacún. Fronte a esta saída de acordos negociados enFrancia, en España os gandeiros soportan en solitario as for-tes subidas dos prezos dos pensos, que afectan a súa situa-ción actual e poden comprometer o seu futuro. Para estable-cer uns acordos similares aos franceses hai que ter vontadepolítica de entendemento...,”

A señora PRESIDENTA: Remate, señor Sánchez, porfavor.

O señor SÁNCHEZ GARCÍA: “...pero tamén unha posturamáis activa e decidida por parte das administracións agrariasa todos os niveis.”

Aquí non hai, aquí hai un presidente que enganou o sec-tor, que desactivou unha folga de entregas de leite medianteun acordo que sabía que era mentira. Agora falaremos decalexóns sen saída, ¿quen o meteu nun calexón sen saída?

A señora PRESIDENTA: Por favor, remate, señor Sánchez.

O señor SÁNCHEZ GARCÍA: Un sector estratéxico no pre-sente pero tamén un sector estratéxico no futuro deste paíssobre o que o Partido Popular leva demostrado a súa incapa-cidade para darlle futuro.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Intervención dos grupos.

Polo Bloque Nacionalista Galego ten a palabra a señoraPaz Franco.

A señora PAZ FRANCO: Grazas, señora presidenta.

Bo día, señoras e señores deputados.

En primeiro lugar, direi, en nome do Grupo Parlamenta-rio do Bloque Nacionalista Galego, que nós imos votar a

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

32

Número 3026 de xuño de 2013

Page 33:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

favor da iniciativa presentada por Alternativa Galega deEsquerda, a pesar de que temos presentada unha emenda ádita proposición non de lei, que ten como única finalidade –apresentación da nosa emenda– subsanar o paso do tempopola iniciativa presentada pola Alternativa Galega deEsquerda. Porque tal e como está redactada, e tendo en contaa situación actual de tramitación do chamado Proxecto de leide medidas para a mellora e funcionamento da cadea ali-mentaria, cremos que igual a única forma de subsanar aseivas e os incumprimentos do Partido Popular en relacióncon esa lei, e en relación coa introdución do concepto deprezo base, é que por parte do Goberno do Estado se pro-mova un novo marco lexislativo en relación con este asunto.

Efectivamente, estamos ante outro dos numerososincumprimentos do Partido Popular en relación co sectorlácteo. E estamos ante a constatación máis palmar e máisevidente de que o Partido Popular non ten capacidade paraliderar o sector lácteo e as decisións que se toman no ámbi-to do Estado en relación co sector lácteo, a pesar de querepresenta o 40 % da produción e máis do 50 % dos produ-tores e das produtoras, senón que ademais non ten tampou-co a vontade de facelo.

É polo menos a quinta vez que o señor Núñez Feijóo trai-zoa o sector lácteo galego desde que chegou á Presidencia daXunta de Galiza. Ademais, foi bastante madrugador nisto detraizoar o sector lácteo. Empezou xa no mes de maio do ano2009, cando o sector estaba pasando por unha terríbel situa-ción de crise de prezos, e empezou a enganar, empezou adefraudar permanentemente o sector. E, efectivamente, oúltimo chanzo deste engano constitúe a sinatura dun acordo,do mes de decembro pasado, que a única finalidade que tiñaera abortar unha folga convocada de entregas polas organi-zacións profesionais agrarias, e que estaba secundada dunhaforma maioritaria por parte dos gandeiros e das gandeiras. Eagora vemos como ao señor Núñez Feijóo mesmo o delatouo señor Arias Cañete nalgunha ocasión, cando veu aquí aGaliza e lle preguntaron por como estaba a solicitude que llefixera o señor Núñez Feijóo. O señor Cañete dixo: Non, non,é que nada me dixo disto o señor Núñez Feijóo, é a primei-ra noticia que teño.

Polo tanto, queda ao descuberto o absoluto desinteresedo señor Núñez Feijóo por intentar buscar unha solución ásituación do sector lácteo. Porque, efectivamente, aquí sem-

pre se acaban argumentando cuestións relacionadas coalexislación europea, fundamentalmente en materia de com-petencias. Pero, señoras e señores deputados, vemos comoos gandeiros ven permanentemente como esa mesma lexis-lación que se lles aplica a eles para impedir pactar prezosque remuneren o seu traballo e os custos da súa producióne o que lles prohiben a eles non llelo prohiben nin á distri-bución nin á industria. Porque, señoras e señores deputados,todas e todos sabemos que a industria si que pacta os prezosaos que lles paga o leite aos gandeiros, e que as industriasameazan e extorsionan os gandeiros con non recollerlles oleite se non tragan cos prezos que estas lles impoñen. Sabe-mos, ademais, que utilizan técnicas como só recoller o 85 %para dar a sensación de saturación no mercado e para queaos gandeiros non lles quede máis remedio que tragar.Sabemos de todas esas prácticas e nunca vimos que ningúngoberno do Estado pedise un informe ás autoridades dacompetencia para poñer de manifesto estas actuacións epara denuncialas. E tamén vemos que a distribución pactaprezos. Vemos como a distribución –a pesar dos acordosque firman co señor Arias Cañete e que despois non lle faicumprir–...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

A señora PAZ FRANCO: ...banaliza o leite como un produ-to reclamo.

E agora que estamos de rebaixas –porque agora, como seliberalizou o período de rebaixas e xa no mes de xuño hairebaixas– vemos como o señor Núñez Feijóo intenta ven-dernos hoxe a figura do mediador como o equivalente aoprezo base. Pois non, señoras e señores do Partido Popular,a figura do mediador non vén suplir o imprescindible que épara o sector lácteo que se estableza o concepto de prezobase. E, desde logo...,

A señora PRESIDENTA: Remate, señora Paz.

A señora PAZ FRANCO: ...polo que afecta ao BloqueNacionalista Galego, nós non lle aceptariamos a súa emendaporque é unha rebaixa máis e unha fuxida cara adiante.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

33

Page 34:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Polo Grupo Parlamentario Popular de Galicia ten a pala-bra a señora García Pacín.

A señora GARCÍA PACÍN: Bo día, señorías.

Grazas, señora presidenta.

Ben, como dicía o propoñente desta iniciativa, debate-mos hoxe a mesma iniciativa que no pasado mes de marzochegou a ter un acordo unánime. Pero isto é como algúnbaile coñecido, un paso adiante e outro para atrás. O acordoproposto non é o mesmo, señor Sánchez. Temos que falaroutra vez de prezos base. E eu creo que os argumentos quedaquela por coherencia plantexamos foron insuficientes einaxeitados, porque non logramos convencelos. E mesmosendo que daquela os socialistas presentaron unha emenda–agora non–, imaxinamos que van votar a favor da propostaou da emenda, que van no mesmo sentido. Falan outra vezambas as dúas de prezos base.

E reitero, por non sei cantas veces repetido, que enten-demos que repetir a fixación de prezos base non é legal. Por-que a Comisión Nacional da Competencia no pasado impe-día que, por exemplo, no borrador deste proxecto de lei ouparecido proxecto de lei de gobernos socialistas non chega-ran a levar a cabo, pois tamén daquela non se falaba de pre-zos base. ¿Daquela tamén se demandaba o mesmo? Non.Agora na oposición estanse demandando e estanse esixindocuestións distintas que cando se gobernaba.

Temos que falar de artigos de opinión e dos medios.Falaba o señor Sánchez do profesor Sineiro. E teño que coin-cidir con el en que é vontade política e é necesidade que ungoberno lidere, cando un sector como é o lácteo, e, nestecaso, cando a nosa comunidade, cun sector tan importante etan estratéxico, ten dificultades. Temos que liderar.

E falamos outra vez de marco galego. Temos que ir máisaló. O marco competencial, tanto falando de interprofesio-nais como de organizacións produtoras, ten que ir máis aló.Temos que ter maior peso na negociación.

Pero fíxense vostedes en se a acción do Goberno éimportante. Porque agora, nesta lexislatura, é cando estamosfalando da posibilidade da negociación colectiva, da posibi-lidade de organizarse os produtores para realmente facer

fronte á industria e á distribución, facer realmente que acadea neste mercado sexa distinta da que é.

E, señor Sánchez, vostede responsabiliza a diferentesgobernos da cor política do Partido Popular de todos osproblemas e de todas as eivas. Suxírolles aos que poidanestar interesados que dean unha volta polos últimos censosagrarios, e realmente miren o número de explotacións quegobernos de esquerdas e nacionalistas pechaban nunhasituación económica ben distinta. Miren daquela que ían aun ritmo de 2.000, 3.000 explotacións/ano, entre carne eleite.

Eu entendo que vostedes utilicen os argumentos politica-mente máis axeitados e que máis defendan os seus intereses,pero, por favor, non demonicen políticas que realmenteestán dando os seus froitos. Porque por primeira vez falamosda negociación colectiva, por primeira vez temos contratosobrigatorios con posibilidade de sancionar a industria e aempresa cando se incumpren. E agora imos máis aló, agoratraemos a figura da arbitraxe, a figura da mediación.

Vostedes acórdanse cando organizacións agrarias vence-lladas a algún grupo da oposición sacaban pancartas e dicí-an que os contratos non eran máis que atracos. Pois agorademandamos unha figura de mediador para que poida facervaler a postura do máis feble, neste caso dos produtores.

E vostede, señor Sánchez, repite, ao igual que a voceiraque me precedeu na palabra, o de traizón, de que o señorFeijóo traizoou o sector. Iso é unha auténtica falsidade. Por-que igual que onte nos acusou ao noso grupo de non coñecernada dos puríns, ou as señoras voceiras socialistas ao dicirque non somos capaces de recoñecer razas de bovinos comoé o touro de lidia, como se falou onte, eu creo que iso si queé auténtica falla de argumentos, ¿verdade? Porque o partidopolítico máis apegado ao territorio e que poidamos defendercon máis rigor os intereses de todos os produtores somos oPartido Popular de Galicia, (Aplausos.) que non queremos sóter un marco galego...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor, señora Pacín.

A señora GARCÍA PACÍN: ...falando do sector lácteo,senón que necesitamos un marco nacional onde Galicia teñavoz, onde poidamos... O que non podemos facer é ir contra

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

34

Número 3026 de xuño de 2013

Page 35:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

unha comisión nacional, contra unha lexislación, que impi-de fixar custos. Porque ten pasado no pasado.

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor, señora Pacín.

A señora GARCÍA PACÍN: Ten acontecido no pasado, seño-ra Paz. Acórdese cando os conserveiros do mexillón tiveronque facer fronte ás sancións. Temos antecedentes, señoraPaz.

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

A señora GARCÍA PACÍN: Máis nada e moitas grazas.(Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Polo Grupo Socialista ten a palabra don Pablo GarcíaGarcía.

O señor GARCÍA GARCÍA:Moitas grazas, presidenta.

Nós, desde o Partido Socialista, por suposto que imosapoiar esta iniciativa, como xa temos feito, e tamén nas quenós temos plantexado.

A ver, que o señor Feijóo considere que os deputadosdesta Cámara, polo menos os da oposición, somos parvos,para min non é novo. E no que a min persoalmente respecta,doullo por descontado. Agora, que o señor Feijóo pense queos 13.000 gandeiros son idiotas, aí vai dado. Aí, señoraPacín –vostede sábeo ben–, vai dado o señor Feijóo. Que elpense que nós somos tontos, iso xa eu o teño asumido, e oten na miña parte –digo a nivel persoal– moi descontado oseñor Feijóo. Pero que pense que os gandeiros son tontos, eucreo que aí se equivoca, unha vez máis equivócase.

Señora Pacín, por dicir algunhas cousas das que vostededixo. Vamos ver, porque, se non..., é dicir, eu entendo que oseñor Feijóo non teña nin idea disto, e non ten porque tela.Pero claro, que non teña idea é normal, pero claro, se voste-de é a que asesora ao señor Feijóo, ou a señora Quintana é aque asesora ao señor Feijóo, entón aviados imos.

Vostede fala dunha lexislación que prohibe a ComisiónNacional da Competencia. Eu léolle textualmente: “Esta

opción, aunque en principio parece incompatible con la nor-mativa reguladora de libre competencia, sería perfectamen-te válida al estar amparada por una ley. En este sentido con-viene recordar que de acuerdo con el artículo 4º de la Ley15/2007” –que aí é onde se modifica a lexislación europeapara que se poida introducir o prezo base– “de defensa de lacompetencia, sin perjuicio de la eventual aplicación de lasdisposiciones comunitarias en materia de defensa de lacompetencia y las prohibiciones del presente capítulo, no seaplicarán a las conductas que resulten de la aplicación deuna ley”. Por iso se introduce isto na primeira lei na que haiocasión, que é a Lei da cadea alimentaria.

¿Sabe quen escribiu isto, señora Pacín? ¿Sabe quenescribiu isto? (Pronúncianse palabras que non se perciben.)¿Quen escribiu isto? ¿Quen escribiu isto? A Xunta, a señoraconselleira, o señor Feijóo, non o escribín eu. Está clarísimo.(A señora García Pacín pronuncia palabras que non se per-ciben.)

A señora PRESIDENTA: ¡Señora Pacín!

O señor GARCÍA GARCÍA: Dío a Xunta. Isto foi o que dixoa Xunta.

É máis, a Xunta mete unha emenda onde di claramente:“El precio fijado en materia de contratos referidos a la pro-ducción primaria en ningún caso será inferior al coste deproducción primaria vigente”. E díxoo tamén a señoraQuintana e o señor Feijóo.

Entón, ¿que vén dicir hoxe o señor Feijóo de que se vaiarreglar isto? ¿Onde está? ¿Onde está a emenda que agora aseñora Quintana nos pretende vender co tema do mediador?¿Onde está esa figura do mediador? A ver, ¿que di a emendado Partido Popular no Senado? ¿Vostede leuna, señora Pacín?Porque entendo que o señor Feijóo e a señora Quintana nona leran, pero vostede tivo que lela. O que vén dicindo a emen-da do Senado é que, se a industria e os produtores están deacordo en someterse e teñen antes que someterse á figura dunárbitro, que poderá funcionar. Pero vamos ver..., e que ese éun código –en todo caso– de boas prácticas. ¿Cantos códigosde boas prácticas leva incumprido a industria deste país aolongo destes anos? É que se a industria e os produtores tive-ran a ocasión de negociar o contrato, de pórse de acordo nocontrato, e a industria e os produtores estiveran de acordo en

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

35

Page 36:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

que se cumpra o contrato, non estabamos esperando poloseñor Feijóo. ¿Para que necesitabamos ao señor Feijóo nestecaso se todos cumpríran, tanto a industria coma os produto-res? Evidentemente, non faría falta o señor Feijóo. O señorFeijóo facía falta porque se comprometeu e por iso, por iso,se desconvocou unha folga, porque en teoría el ía impulsalo,e se comprometeu –tranquila, señora Pacín–, se comprome-teu, a solucionar este tema. É máis, díxoo en reiteradas oca-sións e mentiu; o señor Feijóo mentiu unha vez máis e enga-nou os produtores e as produtoras. Xa digo, non os deputa-dos, que é o de menos, senón os produtores e as produtoras.E, efectivamente, botamos oito meses todos os días coa únicaacción que houbo con respecto a este sector –é verdade quenos outros tampouco houbo moita cousa– fiando todo a isto,cando nós xa poñiamos e tamén xa diciamos...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

O señor GARCÍA GARCÍA: ...en numerosas ocasións quehabía que ir traballando en sentido paralelo. Non o fixo, eagora vén aquí hoxe dicirnos que o prezo do leite subiu a 33céntimos –en Francia a 38–. E sería o colmo, a pesar de queo leite galego segue sendo o máis barato de toda Europa paraos produtores, que o señor Feijóo estea tranquilo e orgullosoporque subiu uns céntimos. Sería o colmo que a pesar doseñor Feijóo –e digo ben, a pesar do señor Feijóo e da seño-ra Quintana– o leite subiu.

Polo tanto, eu creo que esta iniciativa, o que vén... Eunon sei se vostede vai votar en contra, dende logo, e non seicomo o vai explicar; é dicir, creo que cambiou con respectoa hai uns meses. En todo caso, para que quede claro, noSenado o Partido Popular non está cumprindo en absolutoningún punto dos acordados co sector, e a figura do media-dor –e non o digo eu, dino os produtores– non soluciona esteproblema.

A señora PRESIDENTA: Remate, señor García.

O señor GARCÍA GARCÍA: E o que a señora Quintana dique lle vale coa emenda do Partido Popular do Senado paranada responde á figura do mediador –como antes fixo o señorAntón referencia– que hai noutros países, como Francia.

Polo tanto, repito, que o señor Feijóo me tome de tonto amin...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

O señor GARCÍA GARCÍA: ...douno por descontado, peroestá tomando por tontos a todos os gandeiros e gandeirasgalegos. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Réplica do señor Sánchez García.

O señor SÁNCHEZ GARCÍA: Antes de que se me esqueza,imos aceptar a emenda do BNG.

Basicamente, señora Pacín, aquí do que se trataba era deque vostede tiña que contestar sobre o incumprimento e amentira do señor Feijóo, e o pouco que dixo foi: non logra-mos convencelos; intentámolo, pero non logramos conven-celos.

Iso é un fracaso, é un fracaso do señor Feijóo, que polomenos debería pedir desculpas por comprometerse diantedas organizacións agrarias, desactivar unha folga de entre-gas, sacar a foto e prometer o que non puido cumprir. Des-pois dicía que non había que meter os gandeiros nun calexónsen saída e falaba do mexillón tamén. Bueno, se o señor Fei-jóo sabía que isto non era factible, ¿por que se comprometeupor escrito? Non fai falla que lle volva ler o acordo. ¿Por quese comprometeu por escrito se sabía que era meter o sectornun calexón sen saída? ¿Foi para gañar tempo?, ¿para que?Neste país non se pode considerar normal que o presidenteda Xunta de Galiza incumpra un compromiso e aquí nonpase nada, e que nin sequera pida desculpas. É unha vergo-ña, é unha vergoña sumada ás moitas máis que levan feito.

Vostede falaba do bipartito. Xa lle dixen, leva gobernan-do 25 anos de 30 e para implementar medidas no sector domedio rural e forestal se necesita tempo. Vostedes tiverontempo para implementar o seu modelo, pero o seu modelo éo do caciqueo; do caciquismo de Alimentos Lácteos, da granxestión que fixeron en Alimentos Lácteos, con 9 millóns deeuros de cartos públicos regalados a amigos. Ese é o mode-lo: a superficie agraria útil máis baixa de toda Europa; oprezo do leite percibido polos gandeiros máis baixo de Euro-pa; os custos de produción do leite máis altos de Europaxunto con Grecia. Ese é o seu modelo logo de 25 anos de 30.Non me veña falando do bipartito ou do tripartito de Gonzá-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

36

Número 3026 de xuño de 2013

Page 37:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

lez Laxe. Pero, ¡por favor!, ¿a quen queren enganar? Nonenganan a ninguén, ¿entende?

Esta é a situación: o señor Feijóo mente e non pide des-culpas porque é un prepotente. Iso é o que é, ¿entende?, unprepotente.

A señora PRESIDENTA: Señor Sánchez, por favor, non faifalta descualificar.

O señor SÁNCHEZ GARCÍA: Non é unha descualificación,é unha definición. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Bueno, pois eu pídolle que res-pectemos os termos de cortesía.

O señor SÁNCHEZ GARCÍA: O señor Feijóo tiña que pedirdesculpas por non cumprir co que prometeu, polo tanto, istoé unha auténtica demostración de como funciona o PartidoPopular en relación con este sector tan importante.

Falaba do mediador, pero o mediador non vale paranada se non ten un sostén lexislativo. E os códigos deboas prácticas xa sabemos o que son, non valen para nadamáis que para disfrazar. E agora teremos outra vez un sec-tor ao que lle subiron dous céntimos o litro do leite poravatares do mercado (Murmurios.), nada máis. Si, señor,por avatares do mercado... (Interrupcións.) (Murmurios.)Xa volverá...

A señora PRESIDENTA: Señora Pacín, por favor.

O señor SÁNCHEZ GARCÍA: ...non se fixo nin un cambioestrutural nin un cambio nas regras do xogo. O mellor árbi-tro é unha administración pública que impida o abuso dosgrandes, das industrias e da distribución. Ese é o mellor árbi-tro que hai.

A señora PRESIDENTA: Remate, señor Sánchez.

O señor SÁNCHEZ GARCÍA: A Comisión Nacional daCompetencia, que a nomea o Goberno central, está ampa-rando as prácticas mafiosas do sector da distribución e daindustria.

Nada máis. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Proposición non de lei do G.P. da Alternativa Galega deEsquerda, por iniciativa de Dª Yolanda Díaz Pérez, sobreas actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia enrelación coa actual localización da planta de gas de Rega-nosa na vila de Mugardos

A señora PRESIDENTA:A esta proposición non de lei pre-sentáronse emendas do Grupo Socialista e do Bloque Nacio-nalista Galego.

(O G.P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativa do seudeputado José Luis Méndez Romeu, a través do portavoz eao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento daCámara, presenta ante a Mesa a seguinte emenda a estaproposición non de lei.

Emenda de modificación

A parte resolutiva da iniciativa débese substituír poloseguinte texto:

“O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego afacer pública a documentación correspondente á autoriza-ción administrativa do plan de Reganosa e dar cumprimen-to, no ámbito competencial da comunidade autónoma, álegalidade derivada das sentenzas xudiciais.”)

(O G.P. do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por ini-ciativa da súa deputada Ana Belén Pontón Mondelo, aoabeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta aseguinte emenda a esta proposición non de lei.

Emenda de substitución:

Substituír o primeiro punto da parte resolutiva poloseguinte:

“O Parlamento de Galiza insta a Xunta de Galiza a ela-borar un Plan de reubicación da Planta de Gas de Regano-sa, que garanta a existencia dunha planta regasificadora naGaliza.”)

A señora PRESIDENTA: Ten a palabra a señora Díaz paraplantexar a súa proposición non de lei.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

37

Page 38:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

A señora DÍAZ PÉREZ: Grazas, presidenta.

En primeiro lugar, señora presidenta, quería saudar e dar-lle os parabéns ao comité de emerxencia que, xunto cos tra-balladores e traballadoras de Megasa, está fóra do Pazo doHórreo á espera do que aconteza na sesión na proposta quehoxe imos debater. E sobre todo saudalos, señora presiden-ta, porque teñen unha loita cívica ben honrosa: levan máis dedez anos pelexando na defensa da legalidade na comarca deFerrolterra; na defensa da legalidade, que non é máis quepechar a planta de gas, perigosa medioambientalmente econtaminante, que hoxe temos a desgraza de ter no interiorda ría de Ferrol.

Temos a razón, señora presidenta, temos a razón nesecomité de emerxencia que leva tras de si a máis de 60 colec-tivos sociais que defenden a legalidade. Temos a razón por-que así o din máis de tres sentenzas; unhas do TribunalSuperior de Xustiza de Galiza, e a última, señora presidenta,a que resolveu definitivamente un dos preitos que ten causano Tribunal Supremo e que finalmente acuña a nulidade detodo o proceso e declara nula a modificación puntual que sefixera no Concello de Mugardos para pretender acomodala álegalidade.

Pero antes desta cuestión, e despois dos parabéns a estescolectivos, señora presidenta, queremos sinalar que estaplanta de gas ten un pecado orixinal, que, como todo o quelle gusta ao señor Feijóo, ten carácter de confidencialidade:un convenio asinado en Santiago de Compostela o 20 dexullo do ano 2000 entre o señor Manuel Fraga, a Xunta deGalicia, Endesa, o Grupo Tojeiro, Unión Eléctrica-Fenosa,Sonatrach e, por suposto, Caixa de Galicia. Un convenioleonino que atenta contra os intereses do noso país; un con-venio que calquera ser humano querería ter, porque aquí sedi alto e claro que, no caso de que efectivamente estainfraestrutura gasística teña perdas, efectivamente nós, conrecursos públicos, imos solventar todos os problemas queteña, efectivamente, esa infraestrutura gasística.

Pero, señora presidenta, máis aló da legalidade, que xanos deu a razón o Tribunal Supremo, que cuestiona, polotanto, a legalidade e a ubicación da planta de gas no interiorda ría de Ferrol, o que temos que facer, señora presidenta, édenunciar que pasou para que finalmente nunha infraestru-tura que ía ubicarse no exterior da ría de Ferrol –cando ade-

mais o porto exterior estaba deseñado e planificado xusta-mente para ubicar alí esa infraestrutura– definitivamentemudaran eses plans e hoxe teñamos unha bomba no interiorda ría de Ferrol; unha bomba, señora presidenta, a tan só unspoucos metros dun arsenal militar. Como ben sabe vostede,o Ministerio de Defensa emitiu informe desfavorable pormor do risco de perigosidade que tiñamos e por mor de que–como todo o mundo sabe, e incluso o Partido Popular sabe–non cumprimos coa normativa vixente.

Voulle dicir máis, non soamente o Ministerio de Defen-sa, senón que o señor Álvarez Cascos no ano 2001, candoera ministro, ditou unha orde ministerial que vou ler, quedicía literalmente: “A operatividade e o rendemento do portono interior da ría de Ferrol están ligados e limitados polotamaño do buque, que ten que navegar ao longo dun canal deentrada en condicións de seguridade, e xa sucederon casospuntuais de accidentes no canal que por fortuna non tiveronconsecuencias.”

Con esta orde ministerial o señor Álvarez Cascos, obvia-mente, informaba desfavorablemente a posibilidade de ubi-car unha planta de gas no interior da ría de Ferrol. Non sabe-mos o que pasou, o que si pasou foi un pacto corrupto deconivencia político-empresarial e que finalmente a planta degas está hoxe na ría de Ferrol, vulnerando a Normativa Seve-so, vulnerando o Tratado Ramin e, sobre todo –como bensabemos–, vulnerando todas as sentenzas que ata o de agora,señora presidenta, non fomos quen de executar.

Na Comisión da corrupción, un dos maxistrados, exper-to en dereito contencioso-administrativo, sinalou e falou–por preguntas desta voceira– do que ten acontecido xusta-mente na corrupción da planta de gas. Efectivamente, omaxistrado sinalábaa como un dos casos denominados decorrupción lexislativa, é dicir, que os que estamos aquí sepoñen cos intereses do capital privado para facer negocios evotar a favor dos seus intereses, vulnerando o interese xeralda cidadanía e, sobre todo, vulnerando un dereito funda-mental como é o dereito á vida.

¿Que pasou, señora presidenta, para que, a pesar de ter-mos tres sentenzas que nos dan a razón, a Xunta de Galizapermaneza no accionariado desa empresa, que é contami-nante, perigosa e que ten que estar fóra da nosa ría? ¿Quepasou para que a Xunta de Galicia continúe nesta senda

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

38

Número 3026 de xuño de 2013

Page 39:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

cando sabe, efectivamente, que nin sequera cumprimos eseplan de emerxencia exterior e que ademais hai unha trampa,porque se fixo facendo un único plan para as tres empresasque son unha auténtica bomba, como é Forestal do Atlánti-co, Imegasa e a propia Reganosa. O único que fixeron vos-tedes foi entregar, efectivamente, uns dípticos á poboación,a esa poboación de Mugardos que tan só ten a cen metrosdas súas casas a planta de gas, e, iso si, darlle un kit de emer-xencia por se acaso, efectivamente, saímos voando, que é oque nos pode pasar.

¿Que pasou para que non se aplique a norma específicae se aplicase unha norma xenérica, particularmente aCPR18, e non, efectivamente, a norma que regula todos osprocesos e instalacións de equipos de gas licuado? ¿Quepasou, señora presidenta, para que efectivamente se permitaa entrada de gaseiros na ría de Ferrol, vulnerando a lexisla-ción vixente? ¿Que pasou cando non se cumpre, señora pre-sidenta, ese convenio leonino, que esixía que para poderoutorgar e aperturar o funcionamento da planta de gas, efec-tivamente, os socios tiñan que consumir cando menos o85 % da demanda producida pola propia planta? ¿Sabe vos-tede que eses socios non chegan nin sequera a consumir o10 % dese 85 % do que falaban? ¿Que pasou, señora presi-denta, para que a pesar da ilegalidade volvan interesar que seamplíe a capacidade da planta ata conseguir dúas veces emedia máis a produción, a pesar de que todos os datos daComisión Nacional de Enerxía desvelan todo o contrario? Evou dicilos, non son de Alternativa Galega de Esquerda, é oInforme e supervisión da xestión técnica do sistema gasísti-co. Efectivamente, fala clariño. A última planta en produciónen toda España é a planta de Mugardos, e dinos que a plan-ta de gas de Mugardos se sitúa 260 días por debaixo do míni-mo técnico imprescindible, e efectivamente, 65 por debaixodo mínimo técnico imprescindible.

¿Que pasou, señora presidenta, para que vostedes sigannese accionariado? ¿Que pasou, señora presidenta, para que,efectivamente, o Partido Popular e o señor Feijóo, a travésda Comisión Europea que visitou a ría de Ferrol –e xa temosaquí un documento de traballo–, estean presionando e esi-xindo a retirada do informe expedido pola Comisión de peti-cións para que sexa votado polos deputados e deputadas doPartido Popular? Esixen non a retirada do que ten que verxenericamente coa ría de Ferrol, senón que esixen a retiradado que ten que ver nese informe coa planta de gas. Téñoa

aquí, señor Tellado, en inglés. Vostede e mais eu seguro quesabemos ler inglés. Despois, no segundo turno, léollo paraque quede tranquilo.

¿Que pasou, señora presidenta, para que non se desman-tele esta rede corrupta, na que, efectivamente, como dicía ocontrato leonino do señor Fraga, o Grupo Tojeiro fixo ungran negocio? Primeiro, vende un terreo a Reganosa cunhasplusvalías nada máis e nada menos que de 4 millóns deeuros. Despois, unha concesión portuaria con 23 millóns deeuros. Temos ademais a graza ou a desgraza –xa é unhaburla– de que ese señor inefable, o responsable do roubo dascaixas, que tiña que estar sentado diante dos tribunais dexustiza deste país –como lle dixemos o pasado venres–, sexaun dos asesores económicos na actualidade do consello deadministración de Tojeiro.

Por todas esas razóns, señora presidenta, interesamos aoPleno desta Cámara, en primeiro lugar, no peche da plantade gas no interior da ría de Ferrol por ser deficitaria e por-que se ten pechado o gasoduto de Tui para que outros fagannegocio. En segundo lugar, para que se denuncie este con-venio secreto do señor Fraga e os grupos que hoxe soportanesa empresa. Así mesmo, instar o Goberno da Xunta paraque cumpra a sentenza firme do 11 de maio de 2012. E,finalmente, para que se faga público todo o expediente sobreplanificación do solo e análise de riscos previos á decisión,así como as achegas veciñais durante todo o proceso, segun-do esixe a Directiva 96/1982.

Esperamos ter diante desta flagrante ilegalidade o votofavorable dos grupos da Cámara. E tamén esperamos, señorapresidenta, que nunca máis, despois de ditar a terceira sen-tenza o Tribunal Supremo, unha grande autoridade públicacomo é o señor Feijóo diga diante dos medios de comunica-ción que vai mudar rapidamente a lexislación para convertera planta de gas á legalidade. Iso é corrupción. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señoraDíaz.

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego,señora Pontón.

A señora PONTÓN MONDELO: Moi bos días, señorías,señor presidente.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

39

Page 40:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Debatemos hoxe unha proposición non de lei que tocadous aspectos diferentes en relación con Reganosa. Hai unhaparte que ten que ver coa tramitación deste proxecto e outraque ten que ver con cal é a ubicación ou cal é o melloremprazamento para esta planta. Así, vemos nesta iniciativaque os tres últimos puntos teñen que ver coa tramitacióndeste proxecto e con cuestións que, con carácter xeral, desdeo Bloque Nacionalista Galego xa lles dicimos que imosapoiar, se ben nos gustaría facer un par de comentarios sobrealgunhas das cuestións que se dixeron e algún contido con-creto desta iniciativa.

No segundo punto tócase a existencia dun conveniosecreto que se pide que se faga público –a nós parécenosben que toda a documentación se faga pública–, e faisemención á necesidade de saír do accionariado da planta.Sobre isto poderiamos dar un debate máis en profundidaderespecto de se as infraestruturas enerxéticas teñen que serinfraestruturas privadas ou deberan ser infraestruturas decarácter público. Evidentemente, todo o que foi a privati-zación do sector enerxético desde o noso punto de vista éun grave problema, pois a enerxía é un elemento estratéxi-co para calquera país. E nós, desde logo, desde o BNG avo-gariamos máis por que este tipo de infraestruturas foranpúblicas, por que non perderamos o control sobre o sectorenerxético, dado que isto é un elemento central. En todocaso, entendemos que a cuestión de fondo que vostedesplantexan non é esta, se ben podería dar para un debate porseparado.

No terceiro punto, Alternativa Galega de Esquerda fai-nos relación a que se cumpra a sentenza do 11 de maio doTribunal Supremo, unha cuestión que nós apoiamos –comonon podía ser doutro xeito–, pois cremos que as sentenzasestán para cumprirse. E tamén neste caso, se se estima queesta sentenza non se está cumprindo, non só este Parlamen-to debera posicionarse a favor do seu cumprimento, senónque tamén existe a posibilidade legal de que se pida a exe-cución desa sentenza. Porque, efectivamente, nós cremosque as sentenzas están para cumprirse, e dado que taménexiste unha discrepancia respecto de cal é o alcance e o con-tido concreto desa sentenza, o máis normal é que o órganoque a ditou –neste caso o Tribunal Supremo– delimitara secon esa modificación puntual que se fixo do Plan xeral deordenación municipal de Mugardos se cumpre ou non coasentenza.

Gustaríame facer un matiz en relación con algo que se dino texto desta iniciativa, cando se afirma que esta modifica-ción se aprobou nun prazo de dez días. Realmente a modifi-cación deste plan –como vostede estou segura que sabe–aprobouse inicialmente o 2 de agosto de 2011. En todo caso,vaia por diante que a posición do BNG é que, efectivamen-te, as sentenzas teñen que cumprirse, e estaría ben que taménneste terreo o Tribunal Supremo aclarase cal é o alcance realque ten esa sentenza, dado que hai tamén discrepanciassobre cal é o alcance que ten a mesma.

E logo, finalmente, no último punto, no que se pide facerpúblico o expediente sobre a planificación do solo, a análisede riscos previos á decisión e as achegas veciñais, nós taménestamos a favor de que se actúe con total transparencia por-que, evidentemente, é un tema moi sensible, e, desde logo, aseguridade que pode haber ao lado dunhas instalacións destetipo non é unha cuestión para desconsiderar. A nós, desdelogo, tamén é unha cuestión que nos preocupa.

E logo no último punto, que realmente é o primeiro, enrelación co emprazamento, nós imos defender hoxe unhaemenda con base na posición que vén defendendo a nosaorganización política. O Bloque Nacionalista Galego defen-deu que a mellor ubicación desta planta era fóra da ría, cre-mos que estaría en moito mellores condicións, e por isoplantexamos unha emenda que nos parece razoable, que éque se faga un plan de reubicación, mais tamén que se com-bine coa garantía dunha planta regasificadora para Galiza.

O nacionalismo leva defendendo durante décadas a nece-sidade da existencia dunha planta regasificadora no nosopaís; algo que, por certo, tamén se defende noutros territo-rios. É un elemento clave para podermos ter soberanía ener-xética. É un elemento clave e estratéxico para poder apoiare dimensionar a nosa industria e os sectores económicos,particularmente nunha comarca como a de Ferrolterra, que,como moi ben sabe a persoa que defendeu esta iniciativa, éa comarca que ten un nivel de paro máis elevado.

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Vaia rematando,por favor.

A señora PONTÓN MONDELO: Lamentablemente temos ungasoduto que non serve para subministrar gas á industria, eisto non nos parece unha cuestión menor para un país que

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

40

Número 3026 de xuño de 2013

Page 41:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

ten un problema tan grande de paro e que mesmo pode terrepercusións na comarca de Ferrolterra. Vaise debater aquísobre Megasa, están os traballadores fóra. Sabemos que estaé unha empresa que ten un alto nivel de dependencia do gas,consome un 25 % de gas natural na súa produción, e, polotanto, esa tampouco nos parece que sexa unha cuestión quenon teña interese ou unha cuestión que se teña como un ele-mento menor.

Nós, en todo caso, agardamos que a autora da iniciativaadmita esta emenda para que poidamos votar e apoiar inte-gramente esta iniciativa. Se non, xa lle anuncio que pedimosa votación por puntos.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señoraPontón.

Grupo Parlamentario Socialista, señor Méndez Romeu.

O señor MÉNDEZ ROMEU: Señor presidente.

Señorías, o Grupo Parlamentario Socialista defendeu noseu día que a planta de regasificación de Galicia debía deestar instalada no cabo Prioriño, na instalación que hoxe secoñece como o porto exterior. E defendíao na convición deque un dos obxectivos principais dos portos exteriores éafastar dos núcleos residenciais os tráficos que implicanmedidas de seguranza extraordinarias ou de operación espe-cializada. Desgraciadamente, o Goberno galego da épocanon considerou esa argumentación e optou por un empraza-mento no fondo da ría de Ferrol; iso foi hai máis dunha déca-da, e o Partido Socialista segue considerando que foi unhaoportunidade perdida.

Hoxe aquí, e en relación con esta iniciativa, presentamosunha emenda de substitución que nos parece que aclara eperfila o contido da iniciativa que se propón. En primeirolugar, porque nos parece necesario neste proxecto, como encalquera outro –diciámolo no pasado Pleno en relación codebate do Plan sectorial da minería–, e nos parece importan-te que a información dispoñible nos arquivos oficiais naXunta sobre a tramitación medioambiental, etc., sexa decoñecemento público, neste caso e en todos os casos seme-llantes. Cremos que esa información pública é o garante

dunha opinión ben formada, dunha opinión ben fundamen-tada, e, polo tanto, defenderemos que se faga pública esadocumentación.

E, dende logo, estamos a favor –e así o plantexamosnunha emenda– de que se cumpran as sentenzas xudiciais.As que recaen neste asunto –ata onde coñecemos–, en cursoou totalmente cumprimentadas, e calquera outra que sepoida producir por parte dos tribunais de xustiza. Son douselementos básicos dunha sociedade fundamentada no derei-to ao coñecemento suficiente dos asuntos e ao cumprimentodas resolucións xudiciais, nas que non cremos que debaexistir ningunha dúbida.

Agora ben, señora Díaz, teño que amosarlle a preocupa-ción deste grupo en relación co primeiro punto da súa ini-ciativa. Non cremos que no momento actual, no contextodesta gravísima crise que incide en toda Galicia e que inci-de de xeito moi grave tamén na comarca de Ferrol, se poidafalar do peche dunha factoría como punto de partida, nindesta nin de ningunha. O Partido Socialista non vai permitirque co seu apoio se poida facer unha extrapolación a ningúnoutro tipo de proceso no que se poidan poñer en risco postosde traballo. Parécenos que no momento actual é a prioridademáxima que debe observar un grupo político en relación conesta situación económica. Porque non podemos esquecerque o Goberno actual do Estado, co apoio inestimable dogrupo maioritario desta Cámara, ten levado adiante iniciati-vas pretendidamente creadoras e dinamizadoras da econo-mía, como foi a reforma laboral, que se teñen demostradocomo armas letais de destrución masiva de emprego. Polotanto, non imos ofrecer neste caso, nin en ningún outro quese poida plantexar, que a medio de discusións sobre ubica-ción, deslocalización, etc., se poida poñer en perigo un con-xunto de postos de traballo.

Dígolle máis, señora Díaz, así nolo transmitiron directa-mente os propios traballadores desa factoría, que, como sabea súa señoría, ten 70 empregos directos e un número supe-rior de empregos indirectos. Esa é unha situación que llepedimos, polo tanto, que sexa considerada, permitindo ouben a substitución da súa parte resolutiva ou unha votaciónpor puntos, onde adianto que este grupo votaría a favor dospuntos 3 e 4, por ser totalmente congruentes coa emenda, emanteriamos unha posición de abstención nos outros douspuntos que se propoñen polas razóns devanditas.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

41

Page 42:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Máis nada. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señorMéndez Romeu.

Grupo Parlamentario Popular, señor Fariña Sobrino.

O señor FARIÑA SOBRINO: Grazas, señor presidente.

A verdade é que hoxe tratamos un tema de profundocalado non só para este Parlamento, senón para Galicia etamén para España. E a verdade é que, escoitando atenta-mente as intervencións –como fixen– de todos os portavo-ces, tiven que lembrarme inescusablemente do día de anton-te, cando vin unha persoa cruzar o Gran Canón do Coloradosobre un arame de cinco centímetros de diámetro e descalzo,porque lembrando a historia de Reganosa un non ten máisque sorprenderse.

Aquí recoñezo a coherencia do grupo que hoxe formaIzquierda Unida en AGE porque segue mantendo a mesmaposición. Incluso a parte que corresponde –se se lle podechamar parte, con todo respecto– ao señor Beiras, queseguen mantendo as mesmas posicións que mantiñannaquel entón. É curioso este exercicio de funambulismoque se fixo aquí hoxe para manter unha posición non favo-rable o Partido Popular, pero si a favor das posicións queeles non tiñan anteriormente. Despois de empezar a favor,estar en contra, absterse no Parlamento de Galicia en 2004,no Pleno de Ferrol en 2004, no Pleno de Ferrol en 2006. Éque isto ten unha historia profunda e longa, e aquí seguí-moslle dando voltas á mesma canción. O único que a man-tivo en todo este tempo –xa dixen, salvo a excepción dospropoñentes– foi o Partido Popular. E non é ningún pactosegredo... Será segredo porque eu non o coñezo. Agora, oque si coñezo é outro pacto –ao que vostede, señora Díaz,non fixo referencia desde esta tribuna–, que foi o que per-mitiu ou non permitiu precisamente poñer a planta de gasno porto exterior de Ferrol. A ese non fixo vostede referen-cia. Ao pacto de Felipe González con Convergència i Uniónon fixo expresa referencia para explicar por que non estáa planta de gas no porto exterior de Ferrol. Diso non inte-resa falar.

Como non interesa falar das sentenzas múltiples ás quevostedes recorreron; vostedes, a Plataforma en Defensa da

Ría, o Comité Cidadán de Emerxencia, a Asociación deVeciños de Meá e todos aqueles que se sentiron..., todos osque estiveron nalgún momento interesados en dicir algo conrespecto á planta de Reganosa, todos. Pero tamén é certo quetodas as sentenzas –todas absolutamente– viñeron dar arazón aos plantexamentos legais, tanto de permisos comoambientais. E non hai a día de hoxe ningún absolutamenteque non cumpra a planta de Reganosa, incluída, señora Díaz,a sentenza última á que fai vostede referencia de maio de2012, da Sala terceira do Contencioso-Administrativo doTribunal Supremo, que foi quen emitiu esa sentenza.

En ningún caso esa sentenza fala para nada da legalida-de dos permisos. Esa sentenza do único que fala é dun defec-to de forma que se produce coa aprobación da modificaciónpuntual do Plan xeral de ordenación municipal número tresde Mugardos, que no ano 2006 –cando se produce– aplica alexislación vixente e que aínda non entraba a esixenciamedioambiental que si entrou despois coa Lei 6/2009. E,curiosamente –como dicía a señora Pontón, que lle vou facerunha engádega á súa tramitación por parte do Concello deMugardos–, non é no 2011, señora Pontón, é no 2009 candoempeza a tramitación medioambiental para adaptarse ánorma no Concello de Mugardos, con todos os procedemen-tos de exposicións públicas. E iso é precisamente o que acla-ra inescusablemente en sentenza firme tanto o TribunalSuperior de Xustiza de Madrid no ano 2006 como o Tribu-nal Supremo na Sección oitava do Concencioso-Administra-tivo no 2008, precisamente avalando todas e cada unha dasmedidas que se tomaron con respecto aos permisos e á ava-liación ambiental de Reganosa.

Do mesmo xeito que o 13 de xuño de 2012 conclúe eseprocedemento coa aprobación, por parte da Xunta de Gali-cia, das medidas correctoras suficientes e así comprobablesdo alto tribunal para que se adapte precisamente á norma. Enon foi unha decisión tomada de forma aleatoria, foi unhadecisión traballada dende o Concello de Mugardos tamén eproposta precisamente desde o Concello de Mugardos; unconcello de Mugardos, por certo, no que agora terán unhaboa oportunidade, dado que noticias frescas de hoxe anun-cian o pacto de Izquierda Unida co BNG para gobernar enMugardos. Co cal, supoño que terán moi en conta todas estascuestións, ¿verdade?, á hora de tomar decisións tamén noConcello de Mugardos respecto das actuais e respecto dasque se tomaron con anterioridade.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

42

Número 3026 de xuño de 2013

Page 43:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, porfavor.

O señor FARIÑAS SOBRINO: Remato, señor presidente.

E respecto da seguridade da planta, hai que saber quetanto a compañía Deltares, de prestixio internacional reco-ñecido, como o Cedex, fixeron probas nas rías de Ferrol cosbuques. Desde o Q-Flex –316 metros de eslora– ata o Q-Max –que corresponde aos máis grandes da frota gaseira–fixeron probas de 136 días, de noite e de día, e ata de 170 osde Q-Flex, e nin un só informe denegou a viabilidade do trá-fico na planta. Hoxe un dos catedráticos máis importantes,comentarista habitual nun dos xornais de Ferrol –medioam-bientalmente falando–, di que hai moita política ao redor deReganosa, e que a día de hoxe Reganosa é a planta da ría deFerrol que menos contamina.

Nada máis e moitas grazas, señor presidente. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señorFariñas.

Grupo autor da proposición non de lei, señora Díaz.

A señora DÍAZ PÉREZ: Grazas, señor presidente.

En primeiro lugar, respecto das emendas que presentarontanto o Grupo do Bloque Nacionalista Galego como o doPSdeG-PSOE, en ambos os dous casos plantexariamos senningún obstáculo a votación por puntos; e, por suposto, se que-redes, como engádega á parte resolutiva da moción, porque éinsubstituíble o plantexamento que estamos a facer de pecheda planta de gas tanto coa pretensión de suplencia que postulao señor Méndez, correspondente á transparencia no proceso deautorización administrativa, como respecto dese plan que inte-resa á señora Pontón para estudar un posible uso, unha ubica-ción alternativa. Cremos, sinceramente, que o uso alternativodebe estar fóra do interior da ría de Ferrol e que, efectivamen-te, se cumpra toda a lexislación vixente que hoxe non se cum-pre. Non se cumpre, ademais, como está sinalando a propiaComisión de Peticións na data 14 de xuño de 2013.

O señor Beiras moi amablemente acábame de traducir doinglés –que llo vou ler, señor Tellado, que estaba preocupa-do– para ver o que di literalmente. E é o que esixe o Partido

Popular que se retire para que, efectivamente, poidan votalovostedes. Os membros da comisión teñen serias dúbidasencol da seguridade e da protección civil efectiva da área naeventualidade dun desastre, dada a perigosa natureza destaindustria. As autoridades deberían establecer un diáfanoequilibrio entre o interese económico e o desfrute efectivopolos residentes ao seu dereito, á seguridade persoal, ao seubenestar e á súa vida privada. Isto é o que di o Informe daComisión de Peticións, que, dende logo, non está redactadopor Alternativa Galega de Esquerda.

No que atinxe ao debate que introduciu a señora Pontón,efectivamente, hai un problema no que ten que ver coas ener-xías públicas, pero, efectivamente, estamos diante dunhainfraestrutura absolutamente deficitaria e corrupta. Señor Mén-dez, a planta ten na actualidade postos directos, 40 traballado-res, e non é argumentario posible, porque estamos en riscotodos e todas as que hoxe vivimos na comarca de Ferrolterra.Sábeo o señor Fariña –a quen lle agradezo o ton e o talante–,sábeo perfectamente. De feito, os días que hai un excesivovento na ría de Ferrol ben sabe el que non poden entrar osgaseiros só porque hai un pouco de vento de máis na nosa ría.

E, efectivamente, vostede falaba de crise, pero é que xus-tamente en tempos de crise é indefendible que os galegos eas galegas, a través da tarifa deficitaria, esteamos a aboar 60millóns de euros, que é o que nos custa a planta de gas xus-tamente en tempos de crise. Mellor sería que os adicaramosa esa iniciativa que onte o Partido Socialista defendeu res-pecto de plans industriais ou mesmo de crecemento deemprego na nosa comarca e noutras, ou, por exemplo, aMegasa ou, por exemplo, ao sector naval e a outros.

Dende logo, en tempos de crise xustificar 60 millóns deeuros para unha planta que di a Comisión Nacional de Ener-xía que é deficitaria cremos que é absolutamente inxusto.(Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señoraDíaz.

Alteración da orde do día.

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Por acordo dosdistintos portavoces pasamos a debater agora a seguinte pro-posición.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

43

Page 44:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Proposición non de lei do G.P. dos Socialistas de Galicia,sobre a demanda polo Goberno galego diante do Gober-no central da modificación da Orde ministerialIET/2804/2012, do 27 de decembro, co fin de establecer eregular as condicións que aseguren a leal competenciaentre as empresas

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): A esta proposi-ción non de lei presentáronse as seguintes emendas: unha doGrupo Parlamentario Popular de Galicia e outra do GrupoParlamentario Popular do Bloque Nacionalista Galego.

(O G.P. Popular de Galicia, a través do seu portavoz eao abeiro do disposto no artigo 161.2 e concordantes doRegulamento da Cámara, presenta ante a Mesa a seguinteemenda a esta proposición non de lei.

Emenda de substitución.

Débese substituír o texto da parte resolutiva polo seguin-te texto:

“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia asolicitar do Goberno do Estado que aplique a orde ministe-rial IET/2804/2012 de xeito que se garanta a libre compe-tencia entre as empresas e que non se produzan discrimina-cións entre as que operan no sector metalúrxico”.)

(O G.P. do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por ini-ciativa da súa deputada María do Carme Adán Villamarín eao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presen-ta a seguinte emenda de adición a esta proposición non delei (doc. núm. 8742).

Emenda de adición.

Débese engadir ao texto da parte resolutiva o seguintepunto:

“2.-O Parlamento galego insta á Xunta de Galiza ademandar do Goberno do Estado:

-A análise inmediata da situación xerada na empresaMegasa a raíz da modificación das tarifas eléctricas paragrandes consumidores realizada en decembro de 2012, bus-

cando unha solución que garanta a viabilidade da empresae os postos de traballo.

-A redución nun 30% das peaxes do sistema eléctricopara os e as consumidores/as en Galiza, conformando así unprezo efectivo da enerxía eléctrica en Galiza sensibelmenteinferior ao doutros territorios do Estado español.”)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Para a defensa daproposición non de lei ten a palabra a señora Sestayo.

A señora SESTAYO DOCE: Grazas, presidente.

Bos días, señorías.

Hoxe –é unha lástima– queremos denunciar, en nome doGrupo Parlamentario Socialista, que esta casa do Parlamen-to, esta casa do pobo galego, non poida acoller representan-tes dos traballadores de Megasa para que poidan escoitar–nesta, na súa casa– como os grupos que representamos acidadanía recollen a súa voz. E debatemos sobre un proble-ma que está a caer en Ferrol e que afecta 1.200 postos de tra-ballo. Pero, unha vez máis, é falar coa censura e coa morda-za que impoñen, que fai que en vez de poder falar e poderescoitar dende as tribunas deste Parlamento os traballadoresde Megasa teñan que facerse escoitar a través dun megáfonofóra das portas do Parlamento.

Ben, en todo caso, como representante do pobo, teño ahonra de presentar unha iniciativa de Megasa. A empresaMegasa –coñecen as súas señorías, ou deberían coñecer– é aúnica empresa siderúrxica de Galicia, a única. Megasa éunha empresa de fonda raigame na comarca de Ferrolterra,ubicada na planta de Ferrol e que ten profunda influencia etranscendencia en Galicia. Insisto, a única empresa siderúr-xica de Galicia, e ademais na creación de emprego de Ferrol-terra.

Non en van, Megasa afecta 1.200 postos de traballo e o30 % do tráfico portuario de Ferrol. É dicir, estamos ante undos últimos sustentos da comarca de Ferrol despois desenaval, dese centro de reparacións, dese dique flotante oudese Pemex que agora ten que esperar eses contratos tanpechados en campaña electoral, eses contratos sobre os quetiñamos que descorchar as botellas hai nove meses en plenaeuforia en Ferrol por eses floteis e que agora dependen

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

44

Número 3026 de xuño de 2013

Page 45:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

–¿como non?, eses contratos que xa estaban tan cerrados– deque se cerren en función das posibilidades de negociacióncon Repsol. Pero este é o Goberno da Xunta de Galicia, estasson as promesas de Feijóo.

Ben, esta empresa ubícase nunha comarca con máis do32 % de paro, que chega a índices onde a taxa de ocupacióné igual á de paro, e que está sendo obxecto de estudos pordiferentes foros sociolóxicos e economistas ao longo doEstado. Ferrol empeza, lamentablemente, a estar no punto demira de todos os medios de comunicación e de todos osforos de estudo. Pero non é por un fondo, pola característicapunteira do seu tecido empresarial, non é polo tecido pun-teiro de empresas competitivas, de empresas que apostanpolo I+D, senón polo desmantelamento desas empresas,polo desmantelamento da capacidade produtiva, polo des-mantelamento da capacidade de innovación, polo desmante-lamento dunha comarca que é capaz de ter empresas e de tertraballadores coa coraxe de saír adiante, como fixo Privile-ge, que segue esperando a que a Xunta dea unha resposta aunha empresa que pechou, que recibiu axudas da Xunta deGalicia e na que os traballadores apostaron os seus cartospara mantela viable.

Estamos ante unha comarca que é exemplo de coraxe, foiexemplo do movemento obreiro e segue sendo exemplo doque está acontecendo fóra das portas do Parlamento; insisto,fóra, porque aquí dentro non poden estar porque estamoscon mordaza.

Ben, pois Megasa, xa o anunciaba este grupo parlamen-tario cando foi a modificación da Orde do Ministerio deIndustria do 27 de decembro do 2012... Efectivamente, xustoen campaña electoral o señor Feijóo chegaba a un acordopara modificar ad hoc unha decisión –unha decisión de par-che, unha decisión que non ten visión estratéxica de país,que non ten folla de ruta para Galicia, senón folla de rutapara si mesmo, e para iso creo que ben errada–; o que fixo oseñor Feijóo foi poñer unha orde ministerial para que alguénlle sometera..., instou arriba –apareceu Soria, por fin– paraque lle puxeran un parche que solucionara a súa cara, non ados traballadores, para unha empresa. Pero advertiamos: asolución non pasa por unha empresa, a solución pasa pormodificar unha solución que está alterando o sistema ener-xético. A solución pasa por regular o sistema enerxético enGalicia e no conxunto do Estado, a solución pasa pola xus-

tiza, a solución pasa pola equidade, a solución pasa pola lealcompetencia en igualdade de condicións. A solución pasapola equidade e xustiza, que vostedes endexamais coñeceránen vista de como regulan.

Anunciabámolo dende o Grupo Parlamentario Socialista,anunciábano empresas, anunciábao o comité de empresa–seguramente somos voces absolutamente descualificadas,somos voces que estamos noutros sitios–, pero tamén oapuntaba a Comisión –chamada– Nacional de Enerxía. AComisión Nacional de Enerxía dicía no seu Informe 27/2012da Comisión Nacional de Enerxía sobre esa proposta polaque se modifica, falaba de que... Bueno, sobre o mecanismode xestión da interrompibilidade, dicía que a decisión que sepropoñía por parte dos gobernos do Partido Popular era malae que non daría unha solución. E fai toda unha serie de regu-lacións e de obxeccións de carácter técnico porque, obvia-mente, señorías, sei que non os vou conmover nin falando dexustiza nin falando de equidade nin falando de traballadoresnin falando de datos de paro nin falando de miles de fami-lias ou de centos de familias que están aí fóra esperando aque alguén os escoite, esperando a que as señorías do Parti-do Popular poidan ter sensibilidade ante esa perda de postosde traballo por causas inxustas. Ben, pero lean o Informe daComisión Nacional da Enerxía. Dinlles desde a comisiónque esta solución era unha solución parche e que terían quecambiala, que non prosperaría. Efectivamente, cos datos naman, collemos o boletín, collemos a Comisión Nacional deEnerxía, señorías, e, efectivamente, o que viña denunciandoo Grupo Parlamentario Socialista, o que viña denunciando ocomité de empresa, os comités de empresa de diferentesempresas punteiras e, sobre todo, Megasa, resulta realidade.Hoxe, lamentablemente, temos unha empresa punteira, unhaempresa bandeira, unha empresa que se acomodou sempreao longo da súa historia para facerse unha empresa competi-tiva, respectando todas as regras de mercado, baseándose nacalidade, na innovación e no propio esforzo, baseándose nundiálogo permanente para a mellora da competitividadedunha empresa en condicións de lealdade e de xustiza social.Pero vostede, señoría, cunha decisión precipitada en campa-ña electoral, que non son capaces de tomar en visión de país,fai que agora teñamos un parche que solventar.

O certo é que non queremos prexudicar a ningunha empre-sa. Nós non lexislamos, non temos intereses ocultos que lexis-lar, non temos grupos de empresas que saian beneficiadas con

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

45

Page 46:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

ordes ministeriais, senón que queremos que se regule en con-dicións de mercado. A orde de 2012 prevé mecanismos derevisión da propia orde para cando as necesidades os precisen.Existe unha constatación obxectiva da imposibilidade deMegasa de continuar con esta súa actividade, e a posibilidadede que 1.200 traballadores, señorías, perdan os seus postos detraballo se vostedes, se os gobernos do Partido Popular, nontoman posicionamento na súa defensa.

Por iso hoxe pedimos que dende o Parlamento de Galiciase inste o Goberno galego a adoptar as medidas inmediatase urxentes ante o Goberno de España co fin de modificar esaorde ministerial, co fin de establecer e regular condiciónsque aseguren a leal competencia entre as empresas sen dis-criminacións entre as que operan no mesmo sector.

E como representante do Grupo Parlamentario Socialistae como representante do pobo galego –non está o señor Fei-jóo, seguimos esperando a que reciba os traballadores deMegasa– recollerei o mandato das persoas ás que represen-tamos e trasladareille unha camiseta. A razón de que lleentreguen unha camiseta, que seguramente esperta todas asrisas –xa as vexo– do Partido Popular, é que ultimamente oseñor Feijóo ten negada a recepción aos traballadores docomité de empresa de Navantia, a pesar de que van 2.315persoas despedidas; tenlle denegada a recepción a un comi-té que representa 1.200 postos de traballo en Ferrol; tendenegada a recepción de traballadores, pero si recibe a todosos clubs deportivos que amosan algún triunfo. Pois eu reco-llo as palabras do presidente do Rácing de Ferrol, que dicíaque era unha honra, pero que mellor que recibir os traballa-dores do Rácing seguramente se podería facer un esforzo porrecibir os traballadores de Navantia.

Máis nada por agora.

Espero, señorías, que fóra do seu desprezo exista sensi-bilidade cara a unha empresa e cara a uns traballadores queo merecen. Espero, señorías, que fagan o esforzo para bus-car unha solución dunha empresa que pode pechar estemesmo verán.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señoraSestayo.

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego,señora Adán.

A señora ADÁN VILLAMARÍN: Grazas, presidente.

Bos días, señoras deputadas, señores deputados.

Efectivamente, é unha mágoa que os traballadores esteanfóra, non poidan acceder ao Parlamento e non poidan escoi-tar en directo a defensa que facemos dun problema que real-mente é un problema político, porque a solución a Megasapasa simplemente por unha decisión política, dado o métodochapuceiro e non planificado de intervención no sector eléc-trico que xera estes problemas; o método chapuceiro quevemos dos cambios lexislativos sobre o sector eléctrico queleva adiante o señor Rajoy. De feito, o problema que hoxedebatemos aquí non é un problema nin de mercado nin deprodución nin de capacidade de produción dos traballadoresde Megasa, senón que é un problema que xorde da Lei54/1997, de liberalización do sector eléctrico, que tantos pro-blemas leva xerado, e, en concreto, hoxe debatemos o pro-blema de Megasa.

Xa foi explicado como esta metalúrxica fundada en1953 foi capaz de adaptarse aos tempos e como hoxe oseu problema reside en que o consumo eléctrico que paraesta empresa significa un 30 % dos custos totais daempresa está sendo penalizado por unha orde ministerial.Penden dun fío 190 traballadores directos e máis de 1.200indirectos, e, para que se fagan unha idea os señoresdeputados e deputadas, este é un dos maiores operadoresdo porto de Ferrol, cun volume de operacións de 400.000toneladas de material ao ano. Polo tanto, estamos diantedun problema para o sector industrial, efectivamente, dacomarca de Ferrol, pero para o sector industrial de Gali-za.

E o problema é que eu cando revisaba a documentaciónnon podía entender os cambios normativos que está este sec-tor, efectivamente, sufrindo, porque o Real decreto do 13 do2012 do Goberno de Rajoy xa no seu artigo 13 pretendíarebaixar o problema que está vivindo este sector, pero des-pois modificábase a través dunha orde ministerial que, comoxa explicou a señora Sestayo, data de decembro do 2012,incrementando o gasto nesta partida. Un exemplo de políti-ca errática no sector eléctrico.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

46

Número 3026 de xuño de 2013

Page 47:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

¿E isto a que leva? A que esa orde ministerial regule,efectivamente, que poden acollerse a esta dedución aquelasempresas que teñan unha potencia próxima aos 100.000 qui-lovatios. E deixa fóra, por exemplo, a Megasa, algo que xase advertira nese momento que ten unha potencia contratadade 85.000 quilovatios; o que implica, unha de dúas, ou queteñen que aumentar o seu consumo ou que, efectivamente, aempresa buscará a deslocalización, tendo presente que tenplantas preto de Lisboa e tamén en Maia, en Porto. Co cal,efectivamente, os empregos en Ferrol están, como dicía aseñora Sestayo, a piques, a piques, de ver o seu fin.

Claro, a orde ministerial significa que competidorasdirectas, como é o caso da empresa catalá Celsa, poidancompetir en desigualdade de oportunidades para Megasa,porque teñen uns prezos enerxéticos máis baixos. E istolévanos a unha reflexión profunda. Non temos tempo parafalar, como fixo a señora Pontón, de que o sector enerxéticoé un sector estratéxico para un país e de que non deberíaestar privatizado e neste momento ao albur de intereses pri-vados de persoas moi concretas, pero lévanos a unha refle-xión a respecto da capacidade de produción que ten Galizano sector eléctrico e das desvantaxes que ten Galiza polanormativa que fai o Estado español lexislando contra os inte-reses dos galegos e das galegas.

Por iso pedimos, como xa fixemos na Comisión 6ª o ven-res pasado, que a Xunta de Galiza deixe de estar de especta-dor, que Feijóo cambie o traxe de espectador polo de actor,polo de presidente. Por iso na nosa emenda demandamosque o Goberno galego se implique na busca dunha solución,que garanta a viabilidade desta empresa, os postos de traba-llo de Megasa, que no inmediato pasaría pola modificacióndesta orde ministerial rebaixando o límite dos 100.000 qui-lovatios a 75.000. E introducimos demandar, ademais –queé un debate de calado pero que traeremos tamén a este Par-lamento–, unha redución do 30 % das peaxes dos sistemaseléctricos para os consumidores en Galiza, dado que Galizaten condición histórica de exportador neto de enerxía eléc-trica. Exportamos...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, porfavor.

A señora ADÁN VILLAMARÍN: ...–un segundo, señor presi-dente– enerxía eléctrica e Megasa pode pechar por unha orde

ministerial que lle cobra a enerxía eléctrica máis cara que aoresto de empresas. Por iso nós apoiaremos esta iniciativa, eagardamos que a señora Sestayo acepte as nosas emendas.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señoraAdán.

Grupo Parlamentario Popular, señor Arias.

O señor ARIAS VEIRA: Señor presidente.

Señorías, bueno, exactamente, ¿de que se trata este pro-blema? É un problema simplemente político; é dicir, é unproblema de renuncia a unha arbitrariedade. ¿O PartidoPopular realmente pódese considerar que está disposto aabandonar Megasa?, ¿que todos os compañeiros que repre-sentan a comarca de Ferrol, onde temos unha alcaldía real-mente, non imos querer estar, non estariamos traballandopor Megasa? Claro que estamos traballando por Megasa, éevidente, é obvio. E sabemos que, efectivamente, a resolu-ción deste tipo de problemas se enmarca en todo un conxun-to de política de resolución, de resolución do enorme des-equilibrio tarifario. Vou explicar como é, vou explicar comoimos concluír e que estamos a facer.

En primeiro lugar, o problema do conxunto da enerxía, oproblemas de fixación de prezos, é do Estado, do conxuntodo estado, é nacional. ¿Cales son os antecedentes destaspolíticas? Miren, señorías, as tarifas de electricidade enEspaña subiron sistematicamente co Partido Socialista, e, enxeral, respaldadas sempre por nacionalistas, primeiro duran-te os anos oitenta... (Murmurios.) (Pronúncianse palabrasque non se perciben.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Silencio, señorías,por favor. Está no uso da palabra o señor Arias.

O señor ARIAS VEIRA: En segundo lugar, despois, duran-te os segundos gobernos do Partido Socialista, dende 2004deica hoxe produciron un déficit tarifario tan impresionanteque chegou a 28.000 millóns de euros.

¿En que consistía esta política? Porque nós somos sensi-bles cos traballadores, señora Sestayo, coas persoas; pero

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

47

Page 48:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

sabemos que pode haber un médico moi ben intencionadoque pensa que cura, pero, se non é competente, mata opaciente. Aquí estamos falando de consecuencias, de res-ponsabilidades e de acertos na solución das políticas. É moisinxelo dicir: subvencionemos, subvencionemos; enerxíasrenovables subvencionadas, hortos que sexan solares. Sub-vencións, 340 euros por megavatio. ¡Perfecto!, proliferan.¿Quen paga? Os contribuíntes, tamén os de Megasa, taménos ferroláns, tamén os galegos. Creamos todos, creamos unsistema inviable.

¿Tarifas eléctricas de España despois dos gobernossocialistas? As máis caras de Europa. É dicir, a competitivi-dade española, a competitividade da siderúrxica, a competi-tividade a todos os niveis, afundida. Esas son as consecuen-cias das medidas que se adoptan cando non se ten en contao conxunto.

Nós temos en conta Megasa, temos en conta o problemado déficit tarifario. ¿Que fai este Goberno? Este Gobernoestá facendo a política obrigatoriamente máis anticoncesiva,eu penso que non antipopular, porque o pobo vai recoñecero que se está facendo cando se vexan todas as medidas.Sanear isto é enfrontarse aos que teñen todas as concesiónsde subvencións masivas que son inviables.

Entón, o que fai o Goberno no conxunto é comezar alimitar as subvencións inviables para que non exista esa pre-sión impositiva que faga viable o sector. Entón, saca, entreoutras, a Orde ministerial IET 2804, do 2012. É dicir, entón,¿que fai? Fanse determinado tipo de arreglos. ¿Para que?Para que incluso eses descensos de subvencións, esas fixa-cións tarifarias –porque é moi complexo todo o sistema–, enprimeiro lugar, afecten máis os que obteñen de produciónenerxética unha renda de subvención. É dicir, que recibensubvencións para sacar beneficios fáciles sen competir, sim-plemente instalando un horto solar, por exemplo. Eses son osmáis afectados. Simplemente, de concesión a dedo. Eses sonos máis afectados. Pero a pesar de todo hai un problema decarestía enerxética. Entón, procúrase que algúns que utilizana enerxía para producir, como Alcoa, como Megasa e comooutros, téntase crear situacións excepcionais e regular unhaspermisividades de tarifas para este tipo de clientes.

¿Que ocorre? A aplicación desta lei pode dar que deter-minadas empresas xunten o agregado de produción ou de

consumo enerxético, é dicir, un sector e outro, como algúnscompetidores de Megasa, de tal xeito que poidan acollerse adescensos que corresponden a outra categoría de produción.Por iso nós pensamos que aquí o problema é como se aplicaeste decreto, ¿como se aplica?

Facemos este tipo de emenda, que significa que o Parla-mento galego insta a Xunta de Galicia a solicitar do Gober-no do Estado que aplique a orde ministerial de xeito que segaranta a libre competencia entre as empresas e que non seproduzan discriminacións entre as que operan no sectormetalúrxico. É dicir, nosoutros pensamos que un mesmotexto lexislativo se poida aplicar dun xeito...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, porfavor.

O señor ARIAS VEIRA: ...que non afecte a Megasa.

Xa está, señoría. ¿Xa rematou o tempo?

Esa é nosa emenda. Nós consideramos que pode ser pac-tado, que modifique ou aplique, pensamos que se podía facerunha síntese; é dicir, que modifique ou que aplique. Ou encaso necesario estaremos dispostos a votar unha emenda detransacción que comprenda as dúas formulacións; é dicir,que se aplique e que no seu caso modifique parcialmente odecreto para que se poida realmente resolver o problema deMegasa. Iso é o que está facendo a Xunta de Galicia comopoden vostedes comprender para que realmente se plantexeo problema, que nós vemos perceptiblemente que se estáproducindo agora unha competencia desleal manifesta, cla-ramente.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señorArias.

Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda,señora Martínez.

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: Ben, practicamente eu creoque todo o que se podía dicir sobre a inxustiza que se estácometendo con Megasa está dito. O propio Partido Popularna súa intervención recoñece competencia desleal que está

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

48

Número 3026 de xuño de 2013

Page 49:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

prexudicando gravemente a Megasa. E todo porque as elec-cións políticas nos levan a facer promesas e nos levan amodificar normas e ordes de forma que non vaiamos perdervotos. E entón fanse ordes ex professo para ese proceso polí-tico e que benefician a unha determinada empresa sen parar-se a pensar que poden prexudicar a outras.

E agora atopámonos con que si é certo que unha respon-sabilidade do Estado. Pero igual que a Xunta presionou parafavorecer a Alcoa, neste momento a Xunta ten que presionarpara que unha empresa galega como Megasa non se vexaabocada ao seu peche este verán. E é unha cuestión de von-tade política. E se hai unha norma que pode ser malinterpre-tada, o normal é modificar a norma, non pedir que se inter-prete mellor, modificala en todo aquilo que pode ser malin-terpretado.

Polo tanto, eu entendo que é cuestión de vontade políti-ca do Partido Popular. Vontade política para modificar unhanorma que está favorecendo a unha empresa catalá que écompetidora directa dunha empresa galega como Megasa eque, sen embargo, está tendo unha maior bonificación naprodución, o que fai que sexa totalmente imposible compe-tir con ela. Pero é que ademais nun país que produce ener-xía, que é excedente de enerxía, a unha empresa que está enCataluña, que é deficitaria de enerxía, onde nós lle exporta-mos, aínda por riba de que nós aportamos a enerxía coa dete-rioración do noso medio ambiente, a deterioración dos nososríos, a deterioración da nosa paisaxe, resulta que a nós nossae máis cara a enerxía que a aqueles que nos importan aenerxía. E iso é unha responsabilidade do Goberno; é unharesponsabilidade do Goberno do Estado pero tamén é unharesponsabilidade do Goberno da Xunta, porque vostedesgobernan neste país para favorecer as empresas deste país. Edespois de moito prometer e de moito dicir aquí das empre-sas galegas, da potenciación das pemes, que as pemes sem-pre salvaron a este país, que a empresa galega hai que poten-ciala, por outro lado, lexislan en contra dos intereses nasempresas galegas.

Pero, ademais, estamos falando dunha empresa que estáen Narón, que está na comarca de Ferrolterra. Unha comar-ca excesivamente castigada polo paro, un 32 % do paro;supera a media do paro galego e a media do paro estatal.Unha comarca que se está quedando sen mocidade, sumidana emigración. Unha emigración igual que a dos anos cin-

cuenta; igual non é mobilidade exterior, é emigración pura edura facer traballos precarios por moi pouco diñeiro, traba-llos que nin sequera hai neste país. De seguir así, Ferrolterradesaparecerá. Desaparecerá porque o Partido Popular a con-dena a desaparecer.

Eu quero dar lectura brevemente a algo que aparece hoxeen La Voz de Galicia, di: “Ferrol, alúgase e véndese. Cami-ñando polas rúas da cidade galega da Ilustración non haionde descansar a vista. Se alquila. Se vende. Se vende. Sealquila. Alúgase. Liquidamos. (...) Manifestacións contra acontaminación da ría, contra o peche de Megasa, contra acontaminación por áridos... Se vende. Se liquida. Péchase”.Ferrol péchase. Péchase coa vontade política e por decisióndo Partido Popular. Por iso, é responsabilidade de cada un devostedes.

Os traballadores de Megasa están mirando hoxe o Parla-mento, porque o peche de Megasa non o vai decidir Mega-sa, vano decidir vostedes, señores do Partido Popular. Vanodecidir cando pulsen o botón, porque se pulsan o botón deseguir discriminando a Megasa, vostedes pecharán Megasa,vostedes serán os únicos responsables dos 1.200 traballado-res que quedan no desemprego, vostedes serán os únicos res-ponsables das familias que quedan en situación de despro-tección e vostedes serán os únicos responsables da fame dacomarca de Ferrol.

Por iso, entendendo que teñen disciplina de voto, eu oque creo é que teñen unha enorme responsabilidade co poboque os elixiu como representantes, que teñen unha enormeresponsabilidade coa comarca de Ferrolterra e que hoxe cadaun de vostedes co seu voto individual van decidir o futuro de1.200 persoas directamente e o futuro dunha comarca indi-rectamente. E así llelo esixirán os traballadores e traballado-ras de Ferrol.

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, porfavor.

A señora MARTÍNEZ GARCÍA: E, en concreto, e dito poreles, o señor Tellado e o señor Fariñas, que lles prometeronque ían apoiar a modificación para que Megasa non tiveraque pechar por competencia desleal provocada polo Gober-no da Xunta de Galiza para apoiar empresas foráneas tantode capital estranxeiro como de capital catalán.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

49

Page 50:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señoraMartínez.

Grupo autor da proposición non de lei, señora Sestayo.

A señora SESTAYO DOCE: Non me estraña que queiran aignorancia e que teñan un ministro como Wert que pretendaque a xente non poida nin ler. Lei 54/1997, do 27 de novem-bro, do sector eléctrico, que liberaliza o mercado eléctrico;ministro: Piqué, Goberno de José María Aznar, señor Arias;gobernos do Partido Popular. Orde ministerial que sitúa acausa que hoxe queremos modificar: Orde do 27 de decem-bro de 2012 pola que se regula o servizo de xestión dademanda de interrompibilidade para os consumidores queadquiren a súa enerxía no mercado de produción. AquíNúñez Feijóo anunciouno; no Goberno, ministro: Soria, pre-sidente: Rajoy. Polo tano, dous gobernos do Partido Popular.

Pero toca, segue tocando como argumento para a súaindolencia a máxima escusa unha vez máis nun Zapaterotodavía non suficientemente esgotado. Insultan vostedes asensibilidade, a intelixencia e calquera sentimento digno dedecencia do ser humano, chegando aquí simplemente acubrir un turno de palabras que lles sobra, señor Arias, men-tres centos de persoas están fóra manifestándose, porque,efectivamente, teñen unha mordaza posta na súa casa, nacasa do Parlamento.

Miren: existen 1.200 postos de traballo e un case 30 % dotráfico portuario de Ferrol que simplemente descansa namodificación dunha orde ministerial, e que se pode facer damesma forma que se fixo esta orde ministerial. A cuestión ése a vontade é que vostedes queren manter esa discrimina-ción sobre o sector eléctrico para potenciar algúns grupos deempresa en detrimento doutros. A cuestión é se vostedes que-ren defender de verdade este país. A cuestión é se vostedesqueren defender efectivamente eses postos de traballo. Acuestión é se vostedes queren defender a decencia, e vostedesqueren facer deste Parlamento unha casa de decencia, unhacasa de representación do pobo e unha casa onde se faganpolíticas para que os galegos e as galegas vivan mellor.

Pero levan demostrando unha e outra vez coas súas con-tinuas agresións ao pobo galego, coas súas continuas agre-

sións á intelixencia humana e á decencia que vostedesgobernan para un sector. Vostedes gobernan para pisar, vos-tedes gobernan para recortar, vostedes gobernan para recor-tar cidadanía e, desde logo, recortes nos dereitos dos traba-lladores.

Miren, señorías, vostedes poden dicir o que queiran epoden botar responsabilidades. Hoxe a iniciativa tráese aeste pleno. Neste pleno existen tres grupos parlamentariosque imos apoiar. Bueno, nós promovemos esta iniciativa e osdemais vana apoiar. –Señora Carmen Adán, por suposto,admitimos como engádega esa emenda do Grupo Parlamen-tario do Bloque Nacionalista Galego–. E teñen unha maioríaabsoluta, xa o temos exposto aquí. Non vou cuestionar oresultado das urnas, se ben si cuestionarei a estafa electoralpola que se produciu...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, porfavor.

A señora SESTAYO DOCE: ...Pero vostedes poden exerceresa maioría absoluta con este absolutismo, este simulacro dedemocracia que consiste en utilizar a maioría absoluta paradesfacer todo canto pactemos.

A responsabilidade non é nin dos gobernos que pasaronnin dos gobernos que pasarán, a responsabilidade hoxe do queaconteza cos traballadores de Megasa témola neste Parlamen-to, e téñena, señorías, gústelles ou non. Espero que voten.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señoraSestayo.

Procedemos agora ao debate...

(Pronúncianse palabras que non se perciben.)

Perdón, déalle voz ao escano do señor Fariñas.

O señor FARIÑAS SOBRINO: Si, señor presidente, grazas.

Polo artigo 76.1, por unhas inexactitudes e falsidadesque se verteron sobre a miña persoa directamente sen parti-cipar no debate.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

50

Número 3026 de xuño de 2013

Page 51:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Ten vostede apalabra por tres minutos.

O señor FARIÑAS SOBRINO: Moitas grazas, señor presi-dente.

Para aclarar e deixar meridianamente claro que estedeputado que lles fala e na súa condición foi o primeiro,xunto co señor Tellado, en reunirse co Comité de Empresade Megasa, sen facer publicidade do acto nin querer sacarningún rédito político. Os primeiros que nos reunimos coComité de Empresa de Megasa, señora Sestayo. E non sóiso, pois este grupo parlamentario presentou unha emendatamén para seguir defendendo os intereses dos traballadoresde Megasa. Non houbo acordo, está moi ben.

Esta persoa que lles fala, este deputado, hoxe pola mañáa petición da señora Sestayo tamén fixo unha intervencióncos portavoces do Grupo Parlamentario Popular e co señorLosada para que hoxe puidera ser tratada esta proposiciónnon de lei antes de tempo para que os afectados de Megasapuideran marchar.

En ningún momento van vostedes ser os únicos quedefendan aos traballadores de Megasa, e vertendo falsidadesnesta Cámara todavía menos. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señorFariñas.

Si, señora Sestayo, ¿para que quere a palabra?

(A señora Sestayo Doce pronuncia palabras que non seperciben.)

Si, pero as alusións non teñen réplica.

A señora SESTAYO DOCE: ...do debate, fóra do debate......fóra do debate...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira):Non, non, non, asalusións... Señora Sestayo, vostede coñece o regulamentotamén coma min, non ten dereito á palabra, síntoo.

(A señora Sestayo Doce pronuncia palabras que non seperciben.)

Non, non ten dereito á palabra, señora Sestayo.

Procedemos ao debate acumulado das proposicións nonde lei...

(O señor Losada Álvarez pronuncia palabras que non seperciben.)

Non, señor Losada, non entremos nisto porque está claroo que di o regulamento.

(O señor Losada Álvarez pronuncia palabras que non seperciben.)

Non, non ten, ¡oh!, non ten... (Interrupcións.) (Murmurios.)

Pero é que o meteron no debate, por iso foi unha alusión.(Protestas.) Non, non estaba no debate, non non estaba.

Bueno, silencio, por favor. Silencio, por favor.

Diga vostede, señor Losada.

O señor LOSADA ÁLVAREZ:Artigo 76.1. Efectivamente, oseñor Fariña non estaba neste debate e reabriu o debate, epolo tanto como a señora Sestayo...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Non, non, per-doe, perdoe.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: Si, si. Como a señora Sesta-yo...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Parece mentiraque sexa vostede o portavoz. Parece mentira que sexa voste-de, señor Losada, o portavoz. O señor Fariñas...

O señor LOSADA ÁLVAREZ: É que non aprobei o exame,señor presidente, como vostede ben sabe.

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): ...precisamentepor non estar no debate e ser aludido ten dereito ao turno quese lle deu, precisamente por non estar no debate. E parecementira que vostede...

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

51

Page 52:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

O señor LOSADA ÁLVAREZ: ¿E non fixo alusión á deputa-da Sestayo?

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): ...sexa o porta-voz. Polo tanto, non procede este tipo de discusión. Síntoo,señor Losada, non procede.

Pasamos ao debate das proposicións non de lei acumula-das.

Proposición non de lei do G.P. do Bloque NacionalistaGalego, por iniciativa de Dª Ana Belén Pontón Mondelo,sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta deGalicia co fin de impulsar o Sistema aeroportuario galego

Proposición non de lei do G.P. Popular de Galicia, por ini-ciativa de D. Alejandro Gómez Alonso e seis deputadosmáis, sobre as actuacións que debe levar a cabo o Gober-no galego para a posta en marcha do Comité de Coordi-nación Aeroportuaria de Galicia

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Para formular, enprimeiro lugar, a proposición non de lei ten a palabra a seño-ra Pontón Mondelo.

A señora PONTÓN MONDELO: Moitas grazas, señor presi-dente.

Moi bos días de novo.

Quixera empezar agradecéndolle ao señor conselleiroque hoxe nos honre coa súa presenza neste debate, que efec-tivamente aborda unha cuestión que para nós é moi impor-tante e que ten que ver coa situación que teñen os nososaeroportos, hoxe claramente nun calexón sen saída se nonsomos capaces de adoptar medidas de calado que lles deanfuturo e que lles dean viabilidade.

Parécenos que este é un tema relevante, pois os aeropor-tos galegos son unha infraestrutura moi importante, non sódesde o punto de vista do servizo público que prestan, édicir, garantir a mobilidade, senón que os aeroportos sonalgo máis, son elementos de dinamización económica. E nomedio desta crise brutal que asola un país que xa padecíaunha situación grave como é Galiza desde o punto de vista

da súa situación pois non cremos que esteamos en condi-cións de prescindir de ningún elemento que poida axudar ánosa dinamización económica.

E partimos desde o Bloque Nacionalista Galego da nece-sidade de dar este debate fuxindo claramente de localismos,que é unha enfermidade que se repite en demasiadas oca-sións en Galiza. Desde logo, o localismo nunca trouxo nadapositivo, falemos do tema que falemos. A nós impórtanos oaeroporto da Coruña, o aeroporto de Vigo e o aeroporto deSantiago, porque cremos que, efectivamente, esta é unharealidade que existe no noso país, e o que queremos é poten-ciar, axudar e viabilizar que estes aeroportos sigan en fun-cionamento.

Nós, desde logo, tamén partimos de que a situación quehai neste momento é alarmante. Os datos sobre os aeropor-tos do ano 2012 indican unha situación que –como dicimos–é para que calquera Goberno se preocupara e para que cal-quera Goberno pois se decidira a tomarlle o pulso a estasituación e adoptara medidas. Temos, por exemplo, no aero-porto de Santiago un descenso de viaxeiros de case o 11 %,na Coruña dun 16,5 %, en Vigo dun 15,1 % no ano 2012.Unha caída que hai que dicir que supera con moito o 5 % demedia pois que se rebaixou isto no Estado –eu non sei se vouter que chamarlle a atención ao presidente porque me pare-ce bastante difícil falar escoitando case máis a el que a minmesma–. En todo caso –prosigo– no relativo ao tráfico demercadorías, tamén cremos que a situación é realmente alar-mante, se ben é certo que no 2012 Santiago ten un leverepunte do 1,6 %, no caso da Coruña e Vigo hai un descen-so que debería de preocuparnos, porque ese tamén é un sín-toma doutro tipo de problemas económicos que se están pro-ducindo, e temos un 22,4 % de descenso no caso da Coruñae Vigo que perde case a metade do seu tráfico de mercadorí-as.

Nós tamén consideramos que estes números non se xus-tifican soamente pola crise económica. É a tese que estádefendendo a Xunta de Galiza e o Partido Popular. Vexa-mos se non que no Estado as cifras son moi inferiores enrelación co descenso, e temos o caso do Porto, que ten nomedio desta crise económica incrementado o número deviaxeiros. Polo tanto, aducir e sinalar a crise como respon-sable é unha miopía que o único que busca é xustificar estasituación.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

52

Número 3026 de xuño de 2013

Page 53:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Para o Bloque Nacionalista Galego tamén nos parece quese queremos dar un debate en serio sobre esta cuestión haique falar de quen ten as competencias en materia do sistemaaeroportuario, porque é curioso que en todo o debate que seproduce sobre os aeroportos resulta que a Administraciónque ten a titularidade e as competencias, que é o Estado, estáausente e parece que non ten ningún tipo de responsabilida-de. Nós temos claro que o que pasa en Galiza cos aeroportosé o fracaso dun modelo, dun modelo centralista que conde-na os nosos aeroportos a unha situación clara de marxinali-dade e que está impedindo que poidamos desenvolver assúas potencialidades.

A min gustaríame hoxe facer referencia a un dato eque as súas señorías reflexionaran sobre el. Tense ditoque o feito de que isto sexa unha competencia estatalgarante o equilibrio e garante unha redistribución dosingresos que se producen no sistema aeroportuario. Poisrecoméndolles que revisen os datos. Un estudo feito poreconomistas da Universidade de Barcelona en relacióncos investimentos que tiveron os aeroportos entre os anos1992 e 2004 di todo o contrario. Di que quen se benefi-ciou claramente desta centralización foi o aeroporto deMadrid. Nada máis e nada menos que este aeroporto acu-mulou o 60 % de todas as inversións que se realizaronentre os anos 1992 e 2004, a pesar de que só rexistrou o22 % do tráfico total.

E reflexionen tamén noutra cuestión que se sinala nesteinforme, que os aeroportos –dío textualmente– ubicados nasrexións menos desenvolvidas no Estado español –entre asque cita a Galiza– foron os que recibiron unha cota de inver-sións moito menor que a cota de tráfico. É dicir, os nososaeroportos estiveron discriminados historicamente nasinversións que fixo o Estado.

A nós, polo tanto, parécenos que hai que sinalar estacuestión como un elemento central e, desde logo, esixir uncambio na situación competencial que temos neste momen-to. Isto, en todo caso, tampouco non nos serve de escusa paraevidentemente sinalar que o señor Núñez Feijóo, que oGoberno de Galiza ten responsabilidades. Ten responsabili-dades porque na pouca marxe de manobra que tiña, que éunha cuestión moi residual, se queremos darlles futuro aosaeroportos pois dinamitou calquera posibilidade de coordi-nar as rutas, de ter unha oferta que realmente permitira apro-

veitar as sinerxías que se poidan crear nos nosos aeroportose simplemente –bueno, pois como dicimos– dinamitou todoese proceso.

En todo caso, a nós parécenos que é central, se realmen-te queremos darlles viabilidade aos nosos aeroportos, queapostemos por unha xestión descentralizada e porque Galizateña capacidade para decidir tamén neste ámbito. Se anali-zan a situación que teñen os aeroportos na maior parte donoso contorno, sobre todo, por exemplo, nos países que inte-gran a OCDE, verán que a maior parte dos aeroportos, ainmensa maioría, teñen unha xestión descentralizada ondeparticipan en moitas ocasións, os modelos son moi distintos,pero hai autoridades locais, autoridades que lles chaman“rexionais”, como podería ser a Xunta de Galiza, e outrosmodelos que incorporan participación privada, que nós entodo caso tamén deixamos moi claro que non cremos que aprivatización sexa unha solución e apostamos porque osaeroportos sigan sendo públicos.

Nesta iniciativa, polo tanto, o Bloque Nacionalista Gale-go aposta por un cambio de modelo e por non seguir –comodicía– persistindo nun modelo que se ten demostrado fraca-sado, ineficaz e que está condenando os nosos aeroportos ásituación de marxinalidade que temos neste ámbito.

E nesta iniciativa reclamamos, en primeiro lugar, que aXunta de Galiza se poña a negociar co Goberno do Estado atransferencia da competencia sobre os aeroportos galegos.Establecemos que este traslado de competencias debe deabranguer, como mínimo, a planificación das infraestruturasportuarias; o proxecto, a execución, a dirección e o controldos investimentos nas infraestruturas e nas instalacións dosaeroportos galegos; a ordenación, a dirección, a coordina-ción, a explotación, a conservación e a administración dosaeroportos públicos de carácter civil en Galiza, e a partici-pación na dirección, na execución e no control dos investi-mentos nas infraestruturas e nas redes dos sistemas de tele-comunicacións aeronáuticas.

Tamén entendemos que mentres se negocia esta transfe-rencia, pero como elemento clave para poder modificar opapel que temos en relación cos nosos aeroportos, evidente-mente débese de retomar a coordinación de todas as admi-nistracións no seo do Comité de Rutas para planificar non sóo mapa de rutas deste ano, do que xa só quedan seis meses,

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

53

Page 54:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

senón fundamentalmente do mapa de rutas do ano 2014, eque nos parece fundamental.

E tamén pensamos que hai outro tipo de medidas de máisalcance que deben de formar parte das prioridades que ten oGoberno galego. E falamos da necesidade de ter unha xes-tión integral, que hai que ter unha visión global dos aero-portos que hai neste momento no noso país, e establecemostamén unha serie de elementos básicos de como debemos depriorizar as conexións e as dotacións dos nosos aeroportos.Fundamental: garantir as conexións cos catro grandes siste-mas aeroportuarios europeos que permiten as conexións contodo o mundo: Londres, París, Ámsterdam e Frankfurt;reforzar as conexións con Barcelona e Lisboa; reforzar asrutas con Bruxelas e Roma e coas principais cidades doEstado; incrementar as conexións internacionais directasdesde os nosos aeroportos, que este é un elemento clave parapoder dimensionar os aeroportos galegos.

Cremos tamén que hai un ámbito que está moi desaten-dido, como é todo o que ten que ver co tráfico de mercado-rías e que non hai ningún tipo de estratexia por parte doGoberno nesta materia.

Tamén pensamos, nese sentido, nunha estratexia paradotar de estabilidade as rutas do noso país, ter unha estrate-xia para posibilitar que se instalen bases e centros perma-nentes das principais compañías aéreas.

E, finalmente, un tema relevante, que son os problemasde conexión que teñen os nosos...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, porfavor.

A señora PONTÓN MONDELO: ...os nosos aeroportos–remato, señor presidente–. Polo tanto, falamos de que tenque haber unha planificación para que os nosos aeroportosteñan conexións intermodais, pois desde logo mellorandonun primeiro lugar o que é o tráfico e as comunicacións porestradas, e a medio prazo nós cremos que é vital que osnosos aeroportos teñan conexións por ferrocarril, que é undos elementos que os vai dotar de maior capacidade. Imoster nalgún ano –suponse– a chegada do AVE e vai estar moialonxado dos aeroportos, e todos os estudos sinalan que ouexiste unha intermodalidade entre o AVE e os aeroportos ou,

efectivamente, hai moitas limitacións á hora de potenciar ede establecer sinerxías entre estes dous medios de comuni-cación.

Polo tanto, señorías, nós hoxe plantexamos unha inicia-tiva que se basea nun principio, e é que Galiza non debe deser espectadora. Galiza debe de ter capacidade para poderdecidir tamén en materia de xestión aeroportuaria. Algo que,por certo, pasa en toda Europa, esa Europa que para outrascousas vostedes tanto miran.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señoraPontón.

Grupo Parlamentario Popular, señor Rodríguez Gonzá-lez.

O señor RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: Moitas grazas, señorpresidente.

Señor conselleiro, señorías.

Neste debate temos unha boa oportunidade de facer país,podemos demostrar altura de miras e podemos poñernos deacordo nalgúns dos aspectos centrais, para unha cuestión tansignificativa como é a xestión dos nosos aeroportos. Atrévo-me a dicir que todas as formacións políticas temos un obxec-tivo moi semellante, todas queremos mellorar o noso sistemaaeroportuario, todas queremos converter os aeroportos nunhaferramenta de impulso á sociedade e á economía galega.

Temos en Galicia tres aeroportos, moitas veces esesaeroportos vémolos como unha debilidade, vémolos comoun lastre, pero temos que traballar para convertelos nunhaoportunidade, deixar de velos como un problema e pasar avelos como unha oportunidade. Porque é un asunto que nospreocupa a todos, e sen dúbida ao país vaino beneficiar evaille ser útil acadar neste Parlamento un acordo nesta liña.

Entendemos que é importante que se lance á cidadaníaunha mensaxe de que somos capaces de traballar xuntos porun problema que é importante, que é un dos asuntos centraisdo país e onde compartimos diagnóstico. E se comparamosas partes resolutivas das nosas proposicións, a do Bloque e a

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

54

Número 3026 de xuño de 2013

Page 55:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

do Partido Popular, e incluso a emenda do Partido Socialis-ta, temos moitos plantexamentos comúns.

O diagnóstico é obvio, estamos perdendo nos últimosanos pasaxeiros e estamos perdendo voos, pese a que taménnos últimos anos se fixeron moi notables investimentosnesta materia. Vese agora que foron quizais mal planifica-dos, quizais desproporcionados. E nesta situación de perdervoos e de perder forza, ademais da crise hai outros factores.Hai unha visión hiperlocalista, hai unha escasa coordinacióninstitucional entre as organizacións que teñen que ver coaxestión dos aeroportos, hai duplicidade na oferta, hai dupli-cidade nos destinos, nas frecuencias; hai que mellorar taména conectividade urbana das terminais. É dicir, hai moitascuestións nas cales, sen dúbida, estamos de acordo e nascales as nosas solucións son moi parecidas.

¿Que solicitamos e en que estamos de acordo? Primeiro,en que é necesario substituír a competencia interna entre osnosos tres aeroportos por un sistema aeroportuario integradopara que as tres terminais funcionen dun xeito integradocomplementario e baixo os principios de colaboración, paraque realmente se faga posible esa idea dun aeroporto e tresterminais.

Pedimos tamén que haxa unha maior coordinación naplanificación dos destinos e das frecuencias, que haxa unmaior protagonismo das institucións afectadas –locais, auto-nómicas, estatais– baixo o principio de lealdade e de intere-se xeral. Que haxa unha planificación obxectiva das rutascun mapa de rutas sustentado en criterios técnicos, como oque no seu día se presentou no comité de rutas. Que se poidatamén fomentar e lograr unha conectividade dos aeroportoscon outros medios de transporte públicos –ferrocarril ouautobús– para mellorar a súa accesibilidade, para converte-los en nodos internodais de transporte público. Que se inte-gren as políticas de promoción turística dentro das políticasaeroportuarias xerais. Que se garanta a conexión de Galiciacos grandes complexos e sistemas aeroportuarios. Que seimpulse o tráfico de mercadorías. Que se apoie en Galicia aubicación de centros permanentes das compañías aéreas enGalicia.

Algúns destes puntos están nas iniciativas escritas doBloque e do Partido Popular e incluso na emenda do PartidoSocialista. Algúns están só nos documentos, neste caso, da

oposición, e algúns están só, neste caso, nos documentos doPartido Popular.

E por estes motivos plantexamos unha transacción. Poriso nós plantexamos unha transacción á iniciativa do BNGbaseada no texto que plantexa o propio Partido Popular nasúa iniciativa. Nós queremos chegar a un acordo nesta mate-ria coas formacións políticas que coincidimos no diagnósti-co e coincidimos nas solucións. É máis, se somos capaces detransaccionar unha proposta única sobre o texto –neste casodo Bloque–, nós retirariamos a votación da nosa PNL.Obviamente, se non somos capaces manteremos o nosotexto e intentaremos chegar a un acordo co Partido Socialis-ta. En todo caso, pola nosa parte vai haber o máximo esfor-zo por sacar un mandato común deste Parlamento. E imosinvolucrar o máximo esforzo para reducir o sobrelocalismo,para mellorar a coordinación entre as tres terminais e parafavorecer unha integración aereoportuaria real, que fomentea especialización das terminais, a organización conxunta; endefinitiva, a complementariedade destas infraestruturas.

Hai un punto que quizais poida ser certamente diverxen-te –acabámolo de escoitar–, o que ten que ver coa transfe-rencia da competencia da xestión dos aeroportos. O BNGplantexa que se transfiran á Comunidade Autónoma, nósentendemos que iso xeraría moitos máis problemas dos quecontribuiría a solucionar. ¿Por que? Porque teriamos que saírda rede de interese xeral e iso, señorías, sen dúbida sería unmoi mal negocio para Galicia.

Pero si estamos dispostos a poñer en marcha pasos quevaian orientados a crear unha integración real das tres termi-nais, pasos que entendemos fundamentais. E para iso nósfacemos unha proposta que é a creación dun director únicopara o sistema aeroportuario de Galicia. Estamos dispostos atransaccionar con vostedes a solicitude da creación dundirector único que xestione dun modo integrado, coordinado,as tres terminais: Lavacolla, Peinador e Alvedro. Seguro queesta xestión, baixo o mando dun director único, permitiráreducir a competencia que prexudica –non nos esquezamos–os tres aeroportos galegos. E favorecería, sen dúbida, o quetodos queremos e desexamos: complementariedade, coopera-ción, especialización, dinamismo co sistema aeroportuario.

Os tres aeroportos que temos en Galicia son unha opor-tunidade para Galicia. E está en nós –nos que estamos aquí–

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

55

Page 56:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

ser capaces de mudar a situación actual para favorecer nonsó os aeroportos como un fin en si mesmo, senón como unmedio para mellorar a nosa economía e o noso benestar. Endefinitiva, como dixen ao principio da miña intervención,podemos facer país nesta iniciativa, podemos mandar unmandato unánime deste Parlamento á sociedade galega.Podemos demostrar que somos capaces de traballar encomún e podemos ser capaces de ir comezando hacia unhaxestión realmente integrada e que se basee na cooperación,na integración, na especialización, partindo da direcciónúnica para o sistema aeroportuario galego.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Moitas grazas,señor Rodríguez González.

Grupo Parlamentario Socialista, señor Fernández Fer-nández.

O señor FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ: Señoras deputadas,señores deputados, bos días a todas e a todos. Tamén bosdías ao señor conselleiro.

O Grupo Popular aporta hoxe ao debate político aero-portuario unha notable mostra de cinismo político. A pasadasemana votaba contra unha proposición non de lei en Comi-sión do Grupo Socialista que demandaba unha estratexiaglobal de promoción de tráfico aéreo. Hoxe presenta unhavaga declaración de intencións, é verdade que concretadamoito máis explicitamente na súa intervención polo deputa-do Román.

Digo que presenta unha vaga declaración de intencións,sen contido real, na que se pide que se cumpra un real decre-to, manter reunións que non se fixeron, colaborar cos conce-llos na mellora da conexión das cidades cos aeroportos,mellorar a coordinación da política turística. E para iso nunalarde de falso compromiso preséntanos unha folla de rutaclarificadora do seu liderado nesta cuestión: demandar doMinisterio de Fomento, colaborar co Ministerio de Fomen-to, promover que as administracións con competencia namateria... O que nos vén dicir este Goberno é: arranxádevoscomo poidades, eu quero estar aí por se sae ben, pero nonteño nada que ver neste tema se sae mal. Coma sempre, facerque se fai para non facer nada.

Ningunha acción concreta do Goberno, mera retóricapara encubrir un dos máis clamorosos fracasos do señor Fei-jóo. En catro anos non tivo tempo de mellorar ningunhadesas actuacións pero si de empeorar varias. Eliminou ocomité de rutas, apoiou o incremento de taxas aeroportuariasdecretadas polo Ministerio de Fomento cun encarecementodo 10 % no prezo dos billetes, rachou o diálogo cos sectoresgalegos do turismo, permitiu o descenso do turismo candomedra en todas as comunidades do norte de España, permi-te e alenta coas súas accións e omisións o enfrontamentopolítico e social entre territorios.

O señor Feijóo non se preocupa polo tráfico aéreo por-que nin lle interesan os problemas do crecemento económi-co, nin do emprego, nin do investimento. O señor NúñezFeijóo cre que aceptando de maneira submisa os ditados dosprofetas do neoliberalismo mellorará de forma milagreira aeconomía. Pero ao señor Feijóo non lle preocupa o tráficopor outras razóns máis, porque rachou o diálogo social e ins-titucional a pesar das manifestacións na intervención doseñor Román.

En realidade unha boa parte do problema do tráfico aéreoque temos é consecuencia da soberbia e do modelo do Parti-do Popular de Galicia: non dialogar cos concellos, non dia-logar con Fomento cando non eran dos seus e calar cando édos seus, non dialogar co sector hostaleiro, non dialogar cosempresarios. A negativa ao diálogo, a negativa a escoitar, anegativa a ter a humildade para asumir diferentes puntos devista e integralos nunha solución só o pode levar ao fracasocolectivo, á deriva na toma de decisións.

A proposta que hoxe nos trae o Grupo Popular é a cons-tatación máis clara da súa falta de iniciativa e compromisoco sistema aeroportuario galego. Tamén a constatación dainoperancia durante os catro anos de Goberno e dunha inde-finición estratéxica que afecta o desenvolvemento de secto-res da actividade económica e de iniciativas sen continuida-de baseadas en consideracións localistas ou de conxuntura ede cambios de criterio e de inexistencia de promoción exte-rior. Mesmo na exposición de motivos da iniciativa doGrupo Popular se explicita nitidamente a situación actual dosistema aeroportuario galego cando no terceiro parágrafo sedi –e leo textualmente–: “É preciso mudar unha realidadedun modelo no que se ten instalado un modelo de compe-tencia entre as tres terminais”. Todo un recoñecemento da

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

56

Número 3026 de xuño de 2013

Page 57:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

inoperancia e ineficiencia política do Goberno do señorNúñez Feijóo durante os últimos catro anos.

É preciso mudar unha realidade, tense instalado unmodelo de competencia, analícense con rigor as demandasdo transporte, coordínense as ofertas de voos. As preguntasson obvias: ¿que facía o Goberno galego do señor NúñezFeijóo ante a deterioración permanente do sistema aeropor-tuario, tal como recoñece esta iniciativa? ¿Cre realmente oGrupo Popular que o insubstancial acordo que nos propón nainiciativa afronta minimamente a problemática aeroportua-ria? ¿A que espera o señor Núñez Feijóo para pasar á ofen-siva, tomar a iniciativa e concretar actuacións compartidascoas forzas políticas, cos sectores empresariais, cos move-mentos sociais, coas institucións, para facer un sistema aero-portuario galego, un instrumento de dinamización económi-ca, de xeración de actividade e de crecemento?

Señorías, convén tamén explicar claramente cal é a posi-ción do Grupo Socialista. Primeiro, Galicia necesita tresaeroportos competitivos, como no País Vasco, por exemplo.Somos a comunidade máis alonxada do centro de España, unfactor que historicamente dificultou o desenvolvemento dopaís. Hoxe, con conexións de alta capacidade por estrada...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate.

O señor FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ: ...e en construción asliñas de alta velocidade ferroviaria, resta impulsar o tráficoaéreo.

Segundo, a crise económica incide claramente na deman-da aérea minorando o volume de viaxeiros. É razoable supo-ñer que coa recuperación económica retornará a demandaaérea.

E terceiro, a evolución do tráfico aéreo en España estápoñendo en valor novos nichos de mercado como as cone-xións transversais sen escala en Madrid, e novos segmentosde demanda como o turismo, as viaxes de negocio, o tráficode mercadorías, etc. –xa remato, señor presidente–.

Señorías, é certo que perdemos 850.000 viaxeiros dendeo ano 2007, pero cremos que son recuperables cunha estra-texia que acade un punto de encontro en toda a Cámara nodeseño dunha política estable e consistente. Por iso presen-

tamos unha emenda que trata de substituír a febleza destainiciativa por un texto acorde coas necesidades da sociedadegalega, estruturado en catro puntos:

Primeiro. Elaborar unha estratexia a partir dos datos reaisda demanda de cada aeroporto e das súas singularidades.Necesitamos os tres, e os tres teñen capacidade de medrar.

Segundo. Facelo coa colaboración dos concellos, dasorganizacións empresariais, das entidades do sector turísticoe das organizacións sociais.

Terceiro. Promover dende a Axencia Galega de Turismoas viaxes en avión en colaboración con touroperadores, sec-tor hoteleiro e de transportes para elaborar paquetes e ofer-tas comercializables.

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, porfavor.

O señor FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ: E cuarto. Mellorar aconexión entre as cidades galegas e as terminais, e mesmoentre estas en frecuencias e tempos; pero a competencia entransporte interurbano tena a Xunta, non os concellos.

Finalmente, soamente unhas verbas para mostrar o nosoapoio á proposición non de lei do BNG, posto que é unhaproposta –estamos seguros, convencidos– que debe formarparte desa estratexia global que propoñemos.

Máis nada, moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señorFernández.

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda,señor Fernández Calviño.

O señor FERNÁNDEZ CALVIÑO: En primeiro lugar, desdeAlternativa Galega de Esquerda temos que dicir que para nósna Galiza non hai tres aeroportos, senón catro, xa que paranós o aeroporto Sá Carneiro, do norte de Portugal, é un aero-porto moi importante que favorece de forma substancial amobilidade dos veciños do noso país. Para nós xa está ben demirar de costas ao país veciño. Polo tanto, nós cremos que oque debemos facer é complementarnos o máis posible con

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

57

Page 58:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

este aeroporto, onde para min o maior problema que existe éque as conexións que temos con el de transporte público sonmoi deficitarias. Eu considero que o transporte público, sobretodo por ferrocarril, o que é a modernización do transportepor ferrocarril convencional mediante algún tipo de convenioco Goberno portugués, debería posibilitarnos que, por exem-plo, desde a cidade de Vigo puidésemos estar no aeroporto donorte de Portugal en menos dunha hora.

Digo isto porque aínda que aquí poida resultar un tematabú e algo do que non se fala normalmente na prensa, anivel europeo este tipo de colaboracións son do máis habi-tual. Por exemplo, o aeroporto de referencia para o sur deSuecia é o aeroporto de Copenhague, onde, se algún de vos-tedes ten a sorte de poder visitar esta bonita cidade, pois sedará conta de que na propia terminal do aeroporto pode cadaquince minutos subir a un tren que o leva a calquera cidadedo sur de Suecia. Xa que sempre estamos falando de Euro-pa, da famosa eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, poisnós consideramos que unha das prioridades do Gobernogalego debe ser mirar para Portugal e tratar de aproveitaraquilo que nos pode ofrecer o norte de Portugal. Polo tanto,nós consideramos imprescindible para Galicia e para estarben comunicados co mundo unhas boas conexións por ferro-carril co aeroporto Sá Carneiro, do norte de Portugal.

Dito isto, nos tres aeroportos que se sitúan dentro daComunidade Autónoma de Galicia, coa excepción de Com-postela, que ten máis voos, pois en Vigo e na Coruña onúmero de voos cara a outras cidades é realmente moi redu-cido. Probablemente as liñas máis usadas desde o aeroportode Vigo, que é o que eu mellor coñezo, pois a maior partedelas son a Madrid ou a Barcelona, exceptuando o voo quehai a París, que depende fundamentalmente de Citroën e,polo menos, non se pode considerar dentro disto.

Pois estes voos, sobre todo o que vai ser o voo a Madrid,se o vemos cunha perspectiva un pouco a medio e longoprazo, probablemente as liñas galegas con Madrid por aero-porto, vaian ter unha baixada de usuarios moi grande nomomento en que entren en funcionamento as novas liñas detren, sexa utilizando o tren convencional, como o que fun-ciona agora entre Ourense e Santiago de Compostela, ousexa, o futuro AVE que se plantexa instalar aquí, que nos vaipermitir poñernos en moi pouco tempo na capital do Estado,e, polo tanto, evitar os inconvenientes de viaxar en avión que

todos coñecemos, como que os aeroportos suelen estar lonxedas cidades e que temos que estar moito tempo antes alí e osproblemas que hai coa equipaxe... Todo ese tipo de cousasvan ser subsanadas e probablemente a maior parte dos nososveciños de Galicia pois opten por esta opción. Polo tanto, ofuturo no tráfico de viaxeiros para os aeroportos galegos,desde o noso punto de vista, se temos en conta todos estescondicionantes, non vai ser o de incrementarse o número depasaxeiros.

Entón, para nós é necesario que realmente se estudeneste tipo de condicionantes e ver cal vai ser a utilidade amedio e longo prazo do conxunto dos aeroportos que se sitú-an dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para nós unha oportunidade perdida –xa o dixen envarias ocasións– foi que o tren convencional que actualmen-te circula entre a cidade da Coruña e Santiago de Composte-la, que tarda media hora, pois non pare no aeroporto deAlvedro; eu creo que foi un erro moi grande no que foi a pla-nificación da modernización do ferrocarril en Galicia.

E, sobre todo, imos ter que ver no futuro cal vai ser a uti-lidade dos aeroportos de Alvedro e de Peinador. Probable-mente o seu futuro vaia pasar polo que sexa o tráfico de mer-cadorías, porque o que é o tráfico de pasaxeiros, tendo ogrande aeroporto de Sá Carneiro aí ao lado e a futura cone-xión de tren coa cidade de Compostela –que eu espero queacabe tendo unha liña que pase polo aeroporto–, probable-mente faga que o transporte de viaxeiros no que é a Galizase acabe concentrando aínda máis no que é a cidade de San-tiago de Compostela, no aeroporto de Lavacolla.

Polo tanto, nós consideramos que os aeroportos non sonmáis que unha ferramenta para o desenvolvemento do país eson unhas infraestruturas que teñen que ter unha utilidade;polo tanto, consideramos que desde a Xunta de Galicia sedebe buscar cal pode ser a utilidade futura destes aeroportos,tendo en conta todos os condicionantes que vai sufrir o queé a mobilidade dentro do conxunto de Galiza. E aquí si quehai que fuxir de localismo, e, probablemente, se no futuroconseguimos que as liñas de tren finalmente pasen poloaeroporto de Lavacolla, ao mellor nos temos que ver na tesi-tura de pechar algún aeroporto. E non pasaría absolutamen-te nada, porque, como dixen antes, un aeroporto non é máisque unha ferramenta, e se esa ferramenta deixa de ser útil,

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

58

Número 3026 de xuño de 2013

Page 59:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

pois probablemente teñamos que deixar de utilizala. Así fun-cionan as cousas. Xa non utilizamos ferramentas do neolíti-co, por exemplo, porque no seu momento foron moi útiles,pero hoxe en día non o son.

E, se pasasen este tipo de cousas, pois non nos deberia-mos rasgar as vestiduras, porque o obxectivo final do quedebe ser a política de transporte, incluída a política aeropor-tuaria, debe ser facilitar a mobilidade tanto de persoas comode mercadorías para o conxunto dos galegos e galegas.

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, porfavor.

O señor FERNÁNDEZ CALVIÑO: E o que temos que buscar–remato, señor presidente– é precisamente iso, que o con-xunto das infraestruturas do noso país sirvan o mellor posi-ble aos intereses dos nosos veciños e veciñas, e máis nada.

Grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señorFernández Calviño.

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego,señora Pontón.

A señora PONTÓN MONDELO: Moitas grazas, señor presi-dente.

Eu agradezo, en primeiro lugar, o apoio que manifesta oGrupo Socialista á nosa iniciativa. Un matiz en relación coasúa intervención: a centralidade ou a excentralidade depen-den do punto de referencia que cada un teña. Para nós, efec-tivamente, o problema de Galiza non é un problema deexcentralidade. A nosa referencia é este país. En todo caso,falando dos aeroportos, é curioso que nós, tendo unha situa-ción xeográfica máis cercana, por exemplo, co continenteamericano, teñamos unha oferta inexistente de voos destetipo e teñamos que voar a Madrid, efectivamente, para podercruzar o charco; é dicir, volver pasar por diante de Galiza.Iso creo que, no tema do que estamos falando, non é o pro-blema de fondo. O problema de fondo é, evidentemente, calé o papel que o Estado lles confire aos nosos aeroportos. Amin paréceme que aquí tamén se confundiron algunhas cues-tións. Para nós, desde logo, a eurorrexión, que non existe,

podería ser un elemento de dinamización económica, nuncaalgo que fora en detrimento das posibilidades de desenvol-vemento de Galiza.

Os aeroportos, pois, efectivamente, existen, e nós cremosque hai que facer políticas para que eses aeroportos siganexistindo e prestándolles un servizo ao noso país. Eu dicía:non só teñen que ser elementos que garantan a mobilidade,senón que tamén teñen que ser axentes económicos. E Gali-za ten unha situación o suficientemente grave como para nonpoder permitirse o luxo de perder elementos de dinamiza-ción económica.

E, en relación coa intervención do Partido Popular e dasúa emenda, dicirlle que non di o mesmo a nosa iniciativa ea iniciativa que hoxe debatemos aquí por parte do GrupoParlamentario Popular. De feito, a oferta que nos fai o PP éque retiremos o noso texto e que aceptemos a súa propostade iniciativa. E, desde logo, hai diferenzas notables.

Vostedes preséntannos un texto no que basicamente o queveñen dicirnos é que aceptemos como válido o que está facen-do neste momento o Ministerio de Fomento: que o ministerioaprobe o decreto de desenvolvemento do real decreto para oComité de Coordinación Aeroportuaria; que o Ministerio deFomento manteña reunións do grupo constituído o pasado 20de maio; que o Ministerio de Fomento e os concellos –aXunta, curiosamente, non ten ningunha responsabilidade–mellore as conexións das tres terminais –é curioso como elu-den vostedes responsabilidades–; e que se promova que asadministracións con competencias na materia á hora de abor-dar calquera acción de promoción turística, é dicir, non dexestión aeroportuaria, de promoción turística, se coordinenmellor en relación co que fan cos aeroportos.

Nós estamos falando dunha cuestión de fondo e dunhacuestión que vai moito máis alá, porque, miren, a política desubvencións que se estivo facendo coas aeroliñas é evidenteque non deu resultados, que non deu froitos e que hai un fra-caso recoñecido polo propio señor Núñez Feijóo, que, se nonlembro mal, en campaña electoral, cando lle preguntaroncomo valoraría a política que nesta materia fixo a Xunta deGaliza, el mesmo recoñeceu que lle poñería un suspenso.

O grave é que o señor Feijóo suspende a política aero-portuaria, autosuspéndese –creo que é o único elemento no

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

59

Page 60:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

que fixo algún tipo de autocrítica nestes catro anos e medioque leva gobernando–; suspéndese, pero logo non fai nada...

A señora PRESIDENTA: Remate, señora Pontón.

A señora PONTÓN MONDELO: Simplemente vén aquí aque digamos “sí, bwana” ao Ministerio de Fomento. E nóscremos que, efectivamente, esta é unha cuestión de país. E écurioso que en todo este debate o Partido Popular non men-cione que pasa coas competencias. As competencias quedahoxe claro que se poden transferir. Existe o artigo 150.2, porse vostede non o sabe. E non van prexudicar a Galiza, por-que demos os datos dos investimentos...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

A señora PONTÓN MONDELO: O que fixo esta políticacentralista foi beneficiar o aeroporto de Madrid, tanto porinvestimentos neses aeroportos como á hora de centralizarliñas. Nós o que estamos propoñendo é modernidade, queGaliza se modernice, que copiemos o que está funcionandoben noutras partes. E na maior parte de Europa os aeropor-tos teñen unha xestión descentralizada. O que é un anacro-nismo é este modelo centralista que vostedes defenden e queestá sendo un dos elementos que imposibilita que poidamosactuar...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señora Pontón.

A señora PONTÓN MONDELO: ...nun ámbito que é vitalpara nós.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Ten a palabra don Román Rodríguez, polo Grupo Parla-mentario Popular.

O señor RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: Moitas grazas, señorapresidenta.

Respecto do Partido Socialista, isto non é unha vagadeclaración de intencións, non o é en ningún caso, non o éen ningún momento. Estamos falando de intentar chegar aunha serie de acordos entre todos en cuestións que estamos

compartindo practicamente ao cen por cen, salvo en cues-tións de matices, coa excepcionalidade do ámbito compe-tencial. Creo que isto non é unha declaración de intencións.Estamos plantexando a creación dun director único; é dicir,que a xestión das tres terminais existentes en Galicia, dostres aeroportos de Galicia, estean baixo un único mando,unha única xestión. ¿Para que? Para favorecer a coopera-ción, a integración.

A Xunta de Galicia está disposta tamén a facer o que teñaque facer noutros ámbitos, como pode ser a mellora daconectividade ou a mellora da intermodalidade cos transpor-tes públicos. Iso é o que queremos facer. Vostede aludiu aquía que eu non estaba facendo nada. Mire, acabamos de adxu-dicar, a Axencia de Turismo acaba de adxudicar –fai nada–,un estudo para analizar os voos. O real decreto, do que face-mos mención, vaise aprobar en setembro, o comité de rutas.Vostede sabe perfectamente quen cargou por dentro o comi-té de rutas; non, non foi o PP, vostede sábeo mellor, e taménos señores do Bloque. O noso inimigo común –seu e noso–non eramos nós, foi outro quen o cargou.

E, mire, vostedes falan de localismo. ¡Home!, señoressocialistas, cando vostedes falaban non hai moito –un granlíder socialista galego– de “sarna para los demás”, querealmente vostedes falen de localismo, ou cando agora estánplantexando un populismo localista, un case minifundismourbano nalgunhas cidades, realmente aí deberían ter unpouco máis de pudor; non lle pido moito pudor, pero si unpouquiño de pudor, (Aplausos.) porque tamén vostedes nosveñen falar aquí de que se fixeron uns investimentos magní-ficos. Si, nos últimos anos, pero absolutamente despropor-cionados, e cunha pésima planificación e, por encima, estána deber, por encima hai que pagalos, porque gastar gasta cal-quera, pero pagar non paga calquera. Fixemos grandesinvestimentos, pero agora hai que pagalos e aí vostedesteñen a súa responsabilidade.

E, mire, nós estamos tomando a iniciativa, e estamos dis-postos, como xa dixemos, a apostar por un director único, é unpaso fundamental para avanzar cara ao que queremos todos.

E mire, señor Fernández, eu non entendo que vostede,que nalgunha ocasión se ten declarado como independentis-ta galego, nunha comisión, me veña aquí defender a Portosobre os aeroportos galegos; non faga iso. Porto é moi posi-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

60

Número 3026 de xuño de 2013

Page 61:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

tivo que o teñamos cerca e é moi bo para Galicia ter cerca aPorto, pero defendamos primeiro os aeroportos galegos, quexa os portugueses defenderán os seus –supoño– o mellor quepoden. (Aplausos.)

En todo caso...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando.

O señor RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: ...–xa remato, señorapresidenta– a nosa transacción, señora Pontón, basicamentese sustenta... Non pedimos unha substitución, pedimos quese complementen os textos. Estamos seguros de que condiferentes matices estamos dicindo practicamente o mesmo,salvo na cuestión da transferencia, que nós entendemos queé un mal negocio, porque significaría sacar os aeroportosgalegos da rede de interese xeral, e iso sería un mal negociopara Galicia. E cremos que podemos facer país, ¡podemosfacer país!

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

O señor RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: E se somos capacesentre todos de plantexar unha mensaxe inequívoca deste Par-lamento á sociedade galega –que nunha cuestión desta esta-mos por riba das nosas teimas particulares– seguramente llesfaremos un servizo importante, non só aos aeroportos, queno fondo non son un fin en si mesmo, senón que sobre todolle transmitiremos unha gran mensaxe ao conxunto...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Rodríguez.

O señor RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: ...da economía e dasociedade galega, que realmente están vendo e nos estándemandando que nos poñamos de acordo en puntos centraispara o noso país.

Nada máis e moitas grazas.

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Proposición non de lei do G.P. Popular de Galicia, por ini-ciativa de D. José Manuel Balseiro Orol e doce deputadosmáis, sobre a posición do Parlamento de Galicia respectoda fórmula empregada para a presentación dunha mociónde censura no concello lucense do Valadouro

A señora PRESIDENTA: A esta proposición presentouseunha emenda do Grupo Parlamentario Socialista.

(O G.P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativa do seudeputado José Ramón Val Alonso, a través do portavoz e aoabeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento daCámara, presenta ante a Mesa a seguinte emenda a estaproposición non de lei (doc. núm. 8425).

Emenda de modificación.

A parte resolutiva da iniciativa débese substituír poloseguinte texto:

1.º) O Parlamento de Galicia acorda amosar o seu enér-xico apoio ao novo Goberno do Concello do Valadouro.

2.º) O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego apromover de xeito inmediato unha reunión entre o novoalcalde e o presidente da Xunta para poñer en marcha todasas medidas precisas encamiñadas a mellorar a calidade devida dos veciños deste concello.)

A señora PRESIDENTA: Para formulala ten a palabra oseñor Balseiro.

O señor BALSEIRO OROL: Grazas, señora presidenta.

Bo día, señoras deputadas, señores deputados.

Hoxe traemos unha proposición non de lei do GrupoPopular, probablemente das poucas ou a única neste sentidoque se trouxo a este Parlamento. Teño que dicir que está fir-mada por varios deputados do Grupo Popular, pero especial-mente polo compañeiro Vidal Martínez e por quen lles fala,dado que os dous somos da Mariña de Lugo.

Como saben vostedes e coñecerán, no Concello lucensedo Valadouro aconteceu unha situación tan grave como inédi-ta nestes trinta e cinco anos da nosa xove democracia. É dicir,concelleiros socialistas, edís dun partido independente, local,e do Bloque Nacionalista Galego, compañeiros de militanciadalgúns dos que sentan nas bancadas da oposición nestaCámara, acordaron asinar un documento ante notario no queveñen poñer prezo á alcaldía do Valadouro. Estas tres forzaspolíticas decidiron nun pacto sen precedentes que a goberna-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

61

Page 62:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

bilidade desta pequena localidade de algo máis de 2.180 veci-ños ten un prezo de 100.000 euros; é dicir, 100.000 euros,preto de 17 millóns das antigas pesetas, é o valor polo que osasinantes deste acordo están dispostos a traizoar os principiosmáis básicos de calquera goberno en democracia. Cen mileuros, preto de 17 millóns das antigas pesetas, é a indemni-zación que acordaron aboarse socialistas e independentes, osdous socios do Goberno local, para o caso de que calqueradeles decidira romper o Goberno. A fórmula é moi simple: oque rompa o Goberno paga, e paga sen saber en que condi-cións, e paga sen explicar aínda moi ben cal sería o procede-mento desta millonaria indemnización.

Hoxe escoitaremos aquí, señorías, de todo; escoitaremosque se trata de dar forza a unha moción de censura, escoita-remos que foi o propio Partido Popular quen fixo posibleesta moción presentando unha cuestión de confianza vincu-lada á aprobación dos orzamentos e que este pacto buscacambiar a política dun concello que leva vinte e cinco anosininterrompidos, tamén nas últimas eleccións, votandomaioritariamente o Partido Popular. Iso seguramente o imosescoitar aquí. Pero é que ninguén discute aquí que unha opo-sición que sume un concelleiro máis poida lexitimamenteapartar do Goberno o Partido Popular; ninguén o discute. OGrupo Parlamentario Popular non discute iso, o que si dis-cutimos é que este acordo para quitar da alcaldía o partidoque gañou as eleccións se condicione con base nun pacto detipo económico. Iso é o que discutimos hoxe aquí. E é certoque calquera dos feitos descritos son suficientemente graves.

Pero é que, ademais, hai outros tres factores que convéndestacar aquí. O primeiro: a día de hoxe a indemnización éa única cláusula que se coñece dese pacto asinado a tres ban-das. Non se coñece máis nada do pacto. Partido Socialista,independentes e Bloque Nacionalista Galego a día de hoxe,despois de levar preto dun mes no Goberno, seguen negán-dose a facer público o contido íntegro do documento notarialque recolle este pacto. Queren gobernar, máis ben querenestar no Goberno –porque de momento a gobernar non llesdeu tempo– con base nun pacto que manteñen oculto aosveciños do Valadouro, e, visto o visto, pode conter calqueracousa.

En segundo lugar, este é un goberno local no que, ade-mais de nacer a través dun pacto oculto, non se fían uns dosoutros. A existencia desa elevada cláusula en caso de ruptu-

ra vén poñer de relevo o grao de desconfianza existente entreos concelleiros do actual Goberno; é dicir, o novo bipartitolocal. Non asumen o seu mandato e a súa función dos servi-zos públicos baixo os principios de lealdade mutua senónque renuncian á súa liberdade de acción ante a ameaza deverse obrigados a ter que aboar esa elevadísima cláusula pre-vista no documento notarial. O Valadouro ten hoxe ungoberno local no que uns e outros concelleiros do equipo degoberno se miran de reollo, desde a desconfianza.

E, en terceiro lugar, este é un pacto que podería dar lugara consecuencias perversas, baseado non nos intereses dosveciños do Valadouro senón nun condicionante de tipo eco-nómico. É tan sinxelo de entender como que: ou mantemoso pacto e nos apoiamos ao longo do que resta de lexislatura,pase o que pase, ou terás que pagarme 100.000 euros. Tansinxelo como iso. Dá igual que o alcalde xestione ben ou malos intereses dos veciños, dá igual o comportamento que poi-dan ter cada un dos edís que forman parte do Goberno, nonimporta nada se mañá enganan, defraudan, son condenadosnun proceso xudicial; deben apoiarse incondicionalmenteporque están condenados a entenderse, se non, teñen quepagar 100.000 euros.

É dicir, que socialistas e independentes, coa complicida-de do Bloque Nacionalista Galego, converteron a políticalocal nun amaño, converteron a política local nunha transac-ción mercantil e mercadearon coa alcaldía do Valadouro. Eo que é aínda moito máis grave, fixérono coa complicidadee o beneplácito das direccións provinciais e das direcciónsautonómicas do Partido Socialista e do Bloque NacionalistaGalego. O devandito acordo foi avalado incluso e foi pro-movido por persoas como José Ramón Gómez Besteiro,secretario xeral do Partido Socialista na provincia de Lugo easpirante –digo aspirante– a liderar o socialismo galego. Foio seu muñidor; e digo que foi o seu muñidor porque así odefendeu el nos medios de comunicación –que na réplica xadaremos conta tamén diso–. Polo cal, debe ser este tipo depolítica a que pretenden aplicar no conxunto de Galicia.

É certo tamén que os nacionalistas, tanto na provincia deLugo, como os nacionalistas, o Bloque Nacionalista Galego,en Galicia, tampouco desautorizaron este pacto. E, claro,moitos sospeitamos e preguntámonos se este tipo de fórmu-las foron tamén empregadas noutros pactos que socialistas enacionalistas teñen acordado noutros concellos ou adminis-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

62

Número 3026 de xuño de 2013

Page 63:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

tracións ou mesmo na Deputación de Lugo, que taméngobernan en coalición Partido Socialista e Bloque Naciona-lista Galego.

Señorías, hoxe temos oportunidade de dicir que O Vala-douro non ten prezo, que os únicos que poñen ou quitanalcaldes son os veciños cos seus votos e non cláusulas eco-nómicas, que na democracia hai determinadas liñas verme-llas que non se poden sobrepasar e que a política nunca podeconverterse nunha mera transacción comercial. Non abra-mos a porta autorizando estes amaños. Non abramos a portaa políticos con cláusulas de rescisión, reprobemos aquelesque queiran poñer prezo ás nosas alcaldías.

Non se trata de inmiscuírse na política local, senón dedicir alto e claro desde este Parlamento, desde a Cámara derepresentación democrática dos galegos, que ninguén estáautorizado a poñer prezo a ningún concello. Sexamos quende votar a favor da seguinte proposta de acordo: O Parla-mento de Galicia acorda amosar o seu enérxico rexeitamen-to á fórmula empregada polos concelleiros promotoresdunha moción de censura no Concello lucense do Valadouroe a reprobar estes termos do acordo acadado e asinado antenotario, por canto desvirtúan o principio de representativi-dade democrática dos cargos públicos electos e converten agobernabilidade municipal deste concello nunha mera trans-acción económica.

Eu creo que debemos dicir alto e claro, señorías, que OValadouro non ten prezo, pero debemos dicir alto e claro queo Valadouro non ten prezo porque os asinantes do pacto nono queren facer público, e a desconfianza que ten o GrupoParlamentario Popular e a desconfianza que teñen os veciñosdo Valadouro é que pode poñerse “pacto” cando nestemomento se sabe que hai unha cláusula –que así o recoñe-ceron– de 100.000 euros, que é máis o que pode traer, por-que non se fai público. Se non se fai público, é que haberáalgo que hai que ocultar ou que se pretende ocultar, porque,se non, tamén é certo, señorías...,

A señora PRESIDENTA: Remate, señor Balseiro.

O señor BALSEIRO OROL: ...que o desgaste que está asufrir neste momento o Goberno do Valadouro por non facerpúblico ese pacto, pois tampouco ten moito sentido. Voste-des, que autorizaron iso, tamén lles debían dar un toque para

que o fixeran público, porque quedarían bastante mellor e llefarían un bo favor, sen lugar a dúbidas...,

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Balseiro.

O señor BALSEIRO OROL: ...–termino, señora presidenta–á democracia.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Intervención dos grupos parla-mentarios.

Polo Grupo Socialista, ten a palabra o señor Val Alonso.

O señor VAL ALONSO: Moitas grazas, presidenta.

Bos días a todas e a todos.

Hoxe, como acaban de comprobar os señores deputados,debatemos unha iniciativa, que presenta o Partido Popular,profunda, dun gran calado e dun impacto tremendo para asociedade galega. Eu pensaba que o Grupo Popular e o señorBalseiro retirarían esta iniciativa do seu debate en pleno. Pri-meiro, porque presentan unha iniciativa baseándose no pro-cedemento de urxencia, e basean esta urxencia, primeiro,xustificando a gravidade dos feitos, un elemento tan subxec-tivo como a gravidade dos feitos. Claro, para vostedes égrave que se utilice un elemento democrático como é unhamoción de censura, perfectamente regulada a través do arti-go 197 da LOREG, e que ademais foi froito da perda dunhacuestión de confianza ligada aos orzamentos do anterioralcalde do Partido Popular. Polo tanto, a nós parécenos que,falar de gravidade dos feitos cando se está a discutir sobre unelemento totalmente lexítimo, ademais de absurdo é inmo-ral. E tamén porque o segundo motivo, a inmediatez dodebate da cuestión da moción de censura, é totalmenteextemporáneo. Trae vostede, señor Balseiro, unha iniciativaao Parlamento practicamente un mes despois de que se cele-brase o pleno da moción de censura. E o señor Balseiro, aoigual ca min, estivo presente nese pleno municipal e recoñe-cerá comigo que os concelleiros de todas as formacións polí-ticas nos deron a todos unha lección de calidade democráti-ca e de saber estar, moi lonxe das declaracións que vostedemesmo e outros dirixentes do seu partido se encargaron defacer, nos días previos ao debate desa moción de censura,

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

63

Page 64:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

nos medios públicos. Un argumento, o que vostedes facían,que non lles mercaron, afortunadamente, nin os propiosveciños do Valadouro. Non hai máis que lembrar o públiconese pleno onde se debateu a moción de censura, onde adelegación máis numerosa era a de representantes do Parti-do Popular. Mesmo había algún dirixente do seu partido queestou convencido de que era a primeira vez que acudía aoValadouro. Unha pena que non lembren ese concello conmáis frecuencia nas súas responsabilidades diarias. Oumesmo vostede, señor Balseiro, gustaríame saber tamén noscase nove anos que leva vostede nesta Cámara cantas vecestrouxo algunha iniciativa que pretendese mellorar a calidadede vida dos veciños do Valadouro. Seguro que moi poucas.Claro, acórdanse agora, cando non fixeron nada por mello-rar a calidade de vida dos veciños do Valadouro, e deixaronsó o seu alcalde, tan só perdeu a cuestión de confianza queplantexou el mesmo. Non olvide que ese foi o inicio damoción de censura.

¿Sóanlles a vostede e aos seus compañeiros os nomes dePobra de Trives, Mos, Abegondo, Santa Comba, Silleda, OPorriño ou Folgoso do Courel? Son algunhas das once loca-lidades onde se presentaron mocións de censura na anteriorlexislatura municipal. Dez delas presentounas o PartidoPopular e seis delas foron con tránsfugas, (Murmurios.)rexeitadas pola Comisión Antitransfuguismo. Eses son osseus principios éticos. Traen hoxe ao Parlamento de Galiciaunha iniciativa para rexeitar un pacto de goberno totalmentelexítimo, respaldado por tres formacións políticas e quecumpre a lei, que non vulnera o Pacto antitransfuguismo, unpacto de goberno totalmente lexítimo.

Señor Balseiro, vostede tería algo de credibilidade sedixese hoxe aquí que na pasada lexislatura municipal voste-de –que xa estaba aquí– trouxo algunha iniciativa para rexei-tar enerxicamente os pactos de Folgoso do Courel, de Sille-da..., de todos eses sitios onde vostedes vulneraron o Pactoantitransfuguismo. Mesmo tiveron que contratar seguridadeprivada para que os seus concelleiros acudisen aos plenos dedebate das mocións. Eses si eran pactos democráticos e pac-tos de calidade. Vostedes son os da patente de corso dasmocións de censura.

Deixen de utilizar o Parlamento para xustificar a súainoperancia e traer iniciativas que non fan nada e non teñennada que ver coa cuestión política. Vostede, señor Balseiro,

aínda está a tempo de rectificar e de amosar que é un demó-crata e que acepta as regras do xogo.

E, mire, non me fale de pactos privados entre as partes.

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

O señor VAL ALONSO: Porque vou ensinarlle o que firma-ra o seu xefe na provincia, o señor Barreiro, no ano 2007, oactual portavoz do Partido Popular no Senado. Este si era unpacto oculto aos cidadáns, un pacto onde se comprometía acederlle a alcaldía dese concello do Valadouro aos represen-tantes de Terra Galega aos dous anos. ¿Iso que é para voste-de? ¿Mercadear coa alcaldía? Coa única contrapartida deque encabezaran a lista do Partido Popular nas seguinteseleccións.

¿Ou quere que lle ensine estoutro onde vostede mesmose encarga de mandar documentos para tratar de mercar con-celleiros do Partido Socialista que forman parte de gobernosen minoría autorizándolles dedicacións exclusivas de 1.500euros ou nomeamentos como primeiro tenente de alcalde?(Aplausos.) ¿Estes son os seus principios éticos, señor Bal-seiro? (Aplausos.) Esa é a realidade. (Aplausos.)

Remato, señora presidenta, cunhas palabras dunha exconcelleira do seu partido nese mesmo concello, que di:“Son vostedes os únicos culpables de practicar unha políticarastreira co único fin de defender os intereses persoais dopartido antes que os dos cidadáns do Valadouro, vostedes,señor Balseiro, señor Barreiro, señor Lamela, por incumpriro documento que asinaron no ano 2007.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Polo Bloque Nacionalista Galego ten a palabra a señoraPaz Franco.

Señora Paz Franco, ten a palabra.

A señora PAZ FRANCO: Grazas, señora presidenta.

Señor Balseiro, que vostede traia aquí unha iniciativasobre honestidade e coherencia política ten a súa graza, por-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

64

Número 3026 de xuño de 2013

Page 65:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

que todo o mundo na Mariña sabe o que vale a súa palabraen política, non só polo seu pasado político senón taménpolo seu presente. En Cervo saben moi ben o que significa apalabra do señor Balseiro dicindo que a integración na áreasanitaria de Lugo ía supoñer máis médicos, porque agoraprecisamente lle acaban de quitar un.

Pero que o Partido Popular veña a esta Cámara a pedir unrexeitamento á mercantilización da política, ¡manda choverna Habana!, co que leva caído neste país en relación coamercantilización da política.

Mire, señor Balseiro, eu sonlle dunha provincia na que unseñor presidente do Partido Popular durante toda a vida inven-tou o verbo cerdeirar, que significaba facer cerdadas –segun-do el mesmo–, que consistían en comprar tránsfugas paraapartar a quen lexitimamente tiña apalabrado un gobernomunicipal para poñer á fronte un goberno do Partido Popular.

E, miren, non se trataba de documentos ante notario,senón que se trataba, como era a práctica e foi práctica habi-tual e segue sendo práctica habitual do Partido Popular alíonde ten ocasión de facelo, ademais con cartos públicos,señor Balseiro. Porque todas e todos, señores do PartidoPopular, sabemos de decenas de mocións de censura que sefixeron neste país nas que o Partido Popular foi o compradore, polo tanto, o axente corruptor de tránsfugas e, polo tanto,corruptos que se deixaron vender para transformar a vonta-de popular. E todas e todos, señores do Partido Popular,sabemos que iso ademais se fixo con cartos públicos.

E permítame só, señor Balseiro –vostede, que estabaaquí no ano 2009–, lerlle un acordo parlamentario que seaprobou en outubro de 2009 neste Parlamento en contra dotransfuguismo, un compromiso de todos os partidos políti-cos que estabamos aquí –aos que non estaban non lles pode-mos pedir ese compromiso– de non levar tránsfugas nas súaslistas municipais. E, posteriormente, respecto do ano 2011,¿pode vostede saír aquí e dicirme que na lista de Abegondo,de Calvos de Randín, de Pobra de Trives, de Santa Comba,de Gondomar, de Mos, de Silleda, de Láncara, do Courel,non levaban vostedes os concelleiros tránsfugas mesmo decabeza de lista en todas esas listas do Partido Popular?

E, señor Balseiro, vostede falou aquí de perversión, demercantilización da vida política, de poñerlle prezo á alcal-

día do Valadouro. ¿Como lle chama vostede a que o maridoda alcaldesa tránsfuga de Porqueira estea enchufado naDeputación Provincial de Ourense? ¿Como lle chama? ¿Noné mercantilismo político iso? Ou así podería enumerarlle sóda Deputación de Ourense polo menos até cinco ou seistránsfugas ou familiares de tránsfugas, nos que a transacciónprecisamente de compravenda protagonizada polo PartidoPopular consistía en darlles un enchufe na Deputación Pro-vincial de Ourense.

Señor Balseiro, ¿de verdade con eses antecedentes voste-de se considera moralmente lexitimado para vir aquí censuraro Bloque Nacionalista Galego, que o único que fixo foi asinarunha moción de censura, non entrar no goberno, non partici-par de ningún deses enxaugues que vostede vén aquí denun-ciar. Porque había un goberno municipal que levaba desde oano 2009 sen ser capaz de aprobar uns orzamentos, un gober-no municipal que nin sequera era capaz de desbloquear unhasituación dun parque industrial. Iso si, uns días antes de que sevotara a moción de censura foi o señor conselleiro da MATI aintentar facer alí, iso si, un enxaugue tamén de utilización dopoder público e das institucións públicas...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

A señora PAZ FRANCO: ...para intentar lavarlle a cara aoPartido Popular.

Desde logo, señor Balseiro, probas de honradez ao Blo-que Nacionalista Galego non lle consinto que nolas veñafacer aquí, probas de honestidade. Porque, mire, eu rétolle avostede a que diga a primeira moción de censura en Galizaprotagonizada polo Bloque Nacionalista Galego como com-prador, é dicir, como corruptor. E polo Partido Popular pode-riamos estar aquí falando...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

A señora PAZ FRANCO: ...non cinco senón quince, vinte,trinta, corenta, cincuenta minutos e non nos chegarían parapoñer de manifesto... (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señora Paz.

A señora PAZ FRANCO: ...todas as súas corrupcións entorno... (Aplausos.)

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

65

Page 66:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

A señora PAZ FRANCO: ...á compravenda de alcaldías e devontades políticas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Polo Grupo Parlamentario da Alternativa Galega deEsquerda, ten a palabra o señor Vázquez Díaz.

O señor VÁZQUEZ DÍAZ:Moitas grazas, señora presidenta.

Sen dúbida corren tempos difíciles para o municipalis-mo, e, dende logo, a proposta de reforma da Lei de réximelocal que propón o Partido Popular ameaza con devolvernosao centralismo decimonónico de gobernador civil e deputa-ción provincial, onde tan ben se manexaban as oligarquíaslocais e periféricas e os caciques e o clientelismo ao que nosten acostumados este grupo.Por iso agora, máis ca nunca,resulta vital reivindicar o papel do municipalismo comounha das principais ferramentas para achegar a política ácidadanía e construír unha democracia que sexa realmenteparticipativa.

Corren malos tempos, como digo, para o municipalismo,e neste sentido, desde o noso humilde punto de vista, nonpodemos dicir que a fórmula escollida –presuntamente esco-llida– para chegar a un acordo entre os dous grupos promo-tores da moción de censura do Valadouro semelle a máisacertada. Establecer unha cláusula de rescisión que penaliceeconomicamente o incumprimento de acordos políticossupón degradar a política poñendo prezo ao compromisoasumido con respecto a un programa e un plan de gobernoque deben de rexer calquera tipo de acción política. Nondeben existir máis ataduras para o cumprimento dun acordoque as que libre e democraticamente decidan os represen-tantes de cada un dos grupos políticos, condicionados unica-mente pola lealdade aos cidadáns que os elixiron.

Pero nós non estamos aquí para soltar moralinas, ninmoito menos para facer inxerencias. E máis aló das eviden-cias que acabo de dicir, corresponde á xente do Valadouroexaminar a acción do goberno do seu concello e tamén á afi-liación, a simpatizantes e a votantes de cada unha das súasforzas para decidir se os seus propios recursos particularesestán ben ou mal gastados. O que nos debe preocupar a nós,

o que nos debe preocupar a todos, é en que se gastan osrecursos públicos e como estes se empregan en beneficiar acidadanía. Pero moito temo que aos señores do PartidoPopular non é iso o que lles preocupa en realidade O que llespreocupa é perder un dos feudos da provincia de Lugo, oValadouro, no que levan gobernando dende hai vinte e cincoanos. E eu comprendo a perrencha do señor Balseiro nestesentido como secretario provincial do Partido Popular enLugo. A verdade é que lle quedan catro anos complicados naprovincia. E non digamos xa ao señor Barreiro.

Porque eu supoño, supoño, que o Partido Popular nonpretende vir a esta Cámara a dar leccións de ética políticanin de moralidade, nin moito menos a cuestionar a lexiti-midade democrática das mocións de censura; un PartidoPopular que –como aquí xa se dixo– leva presentadas nadamáis e nada menos que once mocións nos últimos catroanos, e nas que existen seis casos claros de transfuguismoe outros moitos de movementos, imos dicir, cando menos,movementos políticos estraños –aquí xa se citaron oscasos–. Supoño que o Partido Popular recordará claramen-te como conseguiu, entre moitos exemplos, a alcaldía deMos, ou como nos pode vir aquí o señor Balseiro e o Par-tido Popular falar de transaccións económicas e de mercade vontades cando foi quen de entregar o posto de senadora un independente en Vilagarcía para acadar a maioría neseconcello. ¿Como se pode vir aquí a falar de transacciónseconómicas e de mercar vontades? Iso é unha auténticavergonza.

Un Partido Popular que se mantén no poder e nas insti-tucións políticas grazas a prácticas caciquís e clientelares,tanto nos concellos coma nas deputacións, como é o caso deOurense. ¿Ou é que acaso esqueceron o sentido da ética polí-tica que ten o señor Baltar? ¿Ou o sentido da ética políticaque tivo e que tiña o señor Cacharro en Lugo coa súa redede familias nepóticas ao servizo do Partido Popular e coa súatrama de alcaldes afíns? ¿Acaso esqueceron todo iso?

¿Como poden falar de ética política co que está a acon-tecer no Concello de Santiago mentres o señor Feijóo, o pre-sidente do partido, queda cruzado de brazos, mentres haidous alcaldes consecutivos do seu partido imputados e cincoconcelleiros de Santiago, do Partido Popular, imputados?¿Como se pode vir aquí a esta Cámara a falar de ética polí-tica?

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

66

Número 3026 de xuño de 2013

Page 67:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

¿Como se pode falar de transaccións económicas candodentro do Partido Popular hai cargos públicos que recoñece-ron ter cobrado en diñeiro negro? ¿Como se pode facer iso?

¿Como pode este partido falar de transparencia demo-crática cando está a ser investigado por un dos maiores casosde financiamento ilegal dentro da historia do noso país?¿Como pode suceder isto nesta Cámara?

¿Como pode o Grupo do Partido Popular –e vou rema-tando, señor presidente– vir a esta Cámara cunha especiede panexírico –porque non podemos chamarlle doutramaneira á súa proposición non de lei– mentres o presiden-te da Xunta se nega a dar explicacións sobre as súas vin-culacións cun narcotraficante e se nega a entregar os con-tratos asinados con el. En definitiva, ¿como se poden darleccións de democracia mentres se obstaculiza a investi-gación da trama das caixas que levou á ruína a un montónde galegos?

Por iso esta proposición non de lei nos parece un exerci-cio de populismo do Partido Popular. É unha proposiciónnon de lei que non insta a nada, eu non creo que sexa nin tansequera a fórmula adecuada. Presenten vostedes unha decla-ración institucional, porque a redacción non se correspondecunha proposición non de lei, non insta a nada, non propónnada, simplemente é unha declaración de intencións.

E, polo tanto, deixen os fogos de artificio, deixen osfogos artificiais, que xa rematou San Xoán.

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, porfavor.

O señor VÁZQUEZ DÍAZ:E, por favor, depuren as súas pro-pias responsabilidades políticas.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señorVázquez.

Polo grupo autor da proposición non de lei, o señor Bal-seiro.

O señor BALSEIRO OROL: Grazas, señor presidente.

A verdade é que dixo o señor Vázquez que a min, comosecretario xeral, me quedaban catro anos duros. Con novedeputados de quince na provincia, o 70 % das alcaldías daprovincia de Lugo do Partido Popular, imaxine, se a min mequedan catro anos duros como político, o que lle queda avostede. (Aplausos.) Imaxíneo. Digo “a vostede” porquevostede debe coñecer ben a provincia.

Falou o señor Val –o señor Val tamén é da Mariña deLugo–, dixo que, como cargos públicos, houbo algún cargopúblico do Partido Popular que era a primeira vez que foraao ayuntamiento de Valadouro. Supoño que tamén vostede.Vostede, ao ayuntamiento do Valadouro, o primeiro día quefoi foi o día da moción de censura, (Aplausos.) foi o día damoción de censura.

Pero se nós non estamos dicindo que non sexa lexítimo...(A señora Acuña do Campo pronuncia palabras que non seperciben.) ¿Vostede tamén sabe da Mariña, señora Acuña?(Risos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): ¡Señora Acuña!

O señor BALSEIRO OROL: ¡Vostede sabe de todo! ¡Voste-de sabe de todo! (Aplausos.)

Nós non estamos dicindo que non sexa lexítima amoción de censura, o que estamos dicindo é que vostedesfixeron unha transacción económica. Entón estamos dicindoque o que non cumpra o pacto ten que pagar 100.000 euros,que non se sabe moi ben de onde van saír eses 100.000euros.

E, señor Val, supoño que o documento que dixo vostedeque eu emitira supoño que será o documento de cando eutiven dedicación exclusiva no Concello de Cervo como pri-meiro tenente de alcalde, non ningún máis.

E falou vostede dun pacto do ano 2007. Nós non oculta-mos o pacto do ano 2007, nós fixemos un pacto no Concellodo Valadouro no ano 2007 que o fixemos público, que eracederlle a alcaldía aos independentes. Unha concelleira nosavaise ao grupo mixto e non puido chegar a ese acordo. Evostede, que trouxo ese pacto aquí, que fixeron público, ¿porque non trouxo o outro? ¿Por que non trouxo o outro pacto?(Murmurios.) ¿Por que non puxo os dous aquí? (Aplausos.)

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

67

Page 68:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Un do 2007 e o outro de agora, ¿por que non os trae? (Aplau-sos.) Porque vostedes se están ocultando aínda nese pacto.

E, señora Paz, efectivamente, hoxe teño muleta, porquefalou vostede de moitas cousas, falou de palabra en políti-ca, falou de moitas cousas. Teño muleta, pero eu teño amuleta para apoiarme, outros en política tiveron a muletapara darlles aos alcaldes. (Aplausos.) Entón, clases de ética,ningunha.

É dicir, vostedes o que están é avalando unha transaccióneconómica. Vostedes mercadearon coa alcaldía do Valadou-ro, vostedes puxéronlle prezo á alcaldía do Valadouro. E oque incumpra o pacto paga 100.000 euros. E vostedes apoianiso, o Bloque Nacionalista Galego, o Partido Socialista eAGE.

E, señora Paz, mire, xa que vostede tamén leu un docu-mento eu voulle ler outro. Di: “Do mesmo xeito que no Blo-que Nacionalista Galego dicimos que os imputados teñenque dimitir” –porque vostede falou da Deputación de Ponte-vedra– “pedimos o mesmo para os nosos socios de goberno.Temos perfectamente definido desde hai moito tempo quecriterio aplicar cando se produce unha imputación”. Istodicíao Guillerme Vázquez. ¿Sabe por que non rompen vos-tedes o pacto na Deputación de Lugo? Vostedes están gober-nando na Deputación de Lugo con catro deputados do Parti-do Socialista imputados, ¡catro! ¿Por que non o rompen?¿Ou teñen outro tipo de pacto parecido a este? (Aplausos.)¿Por que non o rompen na Deputación de Lugo? (Aplausos.)

O Bloque Nacionalista Galego está gobernando naDeputación de Lugo...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, señorBalseiro.

O señor BALSEIRO OROL: ...con catro imputados.

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate.

O señor BALSEIRO OROL: ¿Por que vostedes non fan casoao que dicía o seu anterior líder? Xa que quere ler docu-mentos, haille documentos para todos. ¿Por que non rompenvostedes o pacto? ¿Teñen algo similar na Deputación deLugo? Será bo sabelo.

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, señorBalseiro.

O señor BALSEIRO OROL: Termino, señor presidente.

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate.

O señor BALSEIRO OROL: Vostedes, se tiveran un pouco devergoña, o que tiñan que facer era facer público ese pacto queos veciños do Valadouro non coñecen e queren coñecelo.(Murmurios.)Algo ocultan, por iso non o fan público.

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señorBalseiro.

O señor BALSEIRO OROL: Ningún favor lle están facendoá democracia, e iso en democracia nunca se viu na historiada democracia. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señorBalseiro.

Proposición non de lei do G.P. do Bloque NacionalistaGalego, por iniciativa de D. Cosme Eladio Pombo Rodrí-guez, sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xuntade Galicia en relación co proxecto de decreto polo que seregulan os comedores escolares dos centros públicosdocentes non universitarios

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): A esta proposi-ción non de lei presentouse unha emenda do Grupo Parla-mentario Socialista de Galicia.

(O G.P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativa do seudeputado, Vicente Docasar Docasar, a través do portavoz eao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento daCámara, presenta ante a Mesa a seguinte emenda a estaproposición non de lei.

Emenda de adición.

Na parte resolutiva da iniciativa débese engadir un novoparágrafo que terá o seguinte contido:

O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego apoñer en marcha durante os meses de xullo e agosto, en

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

68

Número 3026 de xuño de 2013

Page 69:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

colaboración cos concellos galegos, un servizo de comedorpara nenos e nenas de familias con dificultades económicas,similar ao que funcionará na Comunidade Autónoma deAndalucía.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Para a defensa daproposición non de lei ten a palabra o señor Pombo Rodrí-guez.

O señor POMBO RODRÍGUEZ: Grazas, señor presidente.

Señoras e señores deputados, bo día.

Dende o día 12 de marzo do presente ano, en que nestemesmo Parlamento o conselleiro de Cultura, Educación eOrdenación Universitaria anunciou un novo recorte nodereito á educación das alumnas e dos alumnos galegos,moitas foron as protestas e as queixas contra a ampliación dorepagamento do servizo de comedor escolar. O señor conse-lleiro anunciounos daquela, efectivamente, un novo recortenun servizo público, un repago de comedor escolar paraalumnos transportados, unha medida que afectará a unnúmero moi importante de familias galegas que se veránobrigadas ao pago deste servizo. E hai quen di que se contanpor ducias de miles.

Tamén anunciou o señor conselleiro a suba dun 40 % dosprezos públicos do servizo de comedor escolar, xusto candose están a rebaixar os soldos da inmensa maioría dos traba-lladores e traballadoras do noso país e cando arredor de300.000 non teñen nin dereito ao traballo. O servizo decomedor escolar –xa o ten repetido, señorías, o BNG variasveces– nós considerámolo necesario e fundamental paragarantir o dereito á educación. Un dereito fundamental paragarantir a igualdade de oportunidades dos que teñen que sertransportados para asistiren ás aulas. Por esta razón, o Blo-que defendeu sempre a gratuidade deste servizo. Como talservizo público, entendemos que xa se paga cando se paganos impostos.

O Grupo Parlamentario do BNG xa ten afirmado nestapalestra en varias ocasións que o servizo de comedor e trans-porte forma parte do dereito que garante a educación doalumnado galego, nomeadamente no noso rural. Rural quepor obra e graza do Goberno do Partido Popular se está aconverter nun auténtico deserto. Do noso rural desaparecen

as persoas, señoras e señores deputados, porque desaparecenos servizos. Tamén o servizo de comedor escolar gratuítoestá sendo eliminado polo Goberno do señor Feijóo. Estexeito de actuar evidencia a despreocupación da Conselleríade Educación polo ensino público, provocando a súa dete-rioración polos sucesivos recortes dos últimos anos. Efecti-vamente, dende o bipartito, recortes no número de profeso-res, que se contan por miles, recortes nas súas condiciónssociolaborais, recortes nos orzamentos dos centros, recortesnas axudas para a normalización lingüística, retrasos nosenvíos dos orzamentos para os propios comedores escolares,recortes tamén agora no servizo de comedor escolar.

Ante os recortes, moitas ANPA, moitos movementos derenovación pedagóxica, sindicatos do ensino e a prácticatotalidade dos partidos políticos presentes nesta Cámara–excluíndo, por suposto, o Partido Popular– reclamaron aretirada deste novo recorte no ensino público.

Tamén o Pleno do Consello Escolar de Galiza –consello,por certo, no que están representados os alumnos, as fami-lias, traballadores do ensino, a administración, movementosde renovación pedagóxica e a propia Fegamp– acordou adevolución ao Goberno galego do Decreto de comedores,por entender, en primeiro lugar, que poñía en tea de xuízo aigualdade de oportunidades; en segundo lugar, porque vul-neraba o dereito á educación e o deber de escolarizacióndunha parte importante do alumnado galego; e, en terceirolugar, porque eliminaba o dereito de comedor escolar gratu-íto para o alumnado transportado, penalizando unha vezmáis a poboación do medio rural.

Diante deste clamor social contra unha nova deteriora-ción dun servizo fundamental, cal é o ensino público, o Par-tido Popular, co falso anuncio de cobrarlles aos que máisteñen, pretende eliminar un servizo gratuíto que se viñaprestando na Galiza desde hai máis de trinta anos. Vostedes,señoras e señores do Partido Popular, saben moi ben que enplena crise, cando Galiza ronda os 300.000 parados, cando orural galego se está a desertizar pola fuxida da poboación,non é o intre de establecer novas imposicións aos máis des-favorecidos. Cando a 600.000 galegos e galegas –segundoCáritas– caro lles custa chegar a fin de mes, non é o intre deretirar o dereito a comer á poboación infantil que o precisa.Cando o servizo de comedor é fundamental para garantir aconciliación familiar, cando as familias baixan ou perden os

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

69

Page 70:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

ingresos, dende logo, o BNG entende que non é o intre deaumentar o repago nun 40 %. En todo caso, o BNG entende–xa o dixo aquí varias veces– que si que sería o intre de nonmalgastar diñeiro público en subvencións ilegais, como asconcedidas dende o ano 2009 a centros que discriminan porrazón de sexo, 3 millóns de euros máis menos por ano. Opropio Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de dita-minar a ilegalidade destas subvencións concedidas. O BNGxa demandou varias veces que se recuperaran estes millóns,porque con estes millóns, téndoos na carteira da consellería,non sería necesario un novo repago e poderíase evitar orepago dos comedores escolares.

Como o BNG entende que non é o momento de recargaraínda máis as pobres economías das maiorías sociais donoso país, e é polo que, mediante esta proposición non de lei,reclamamos do Parlamento galego que inste a Xunta deGalicia á retirada definitiva do Proxecto de decreto polo quese regulan os comedores escolares dos centros públicosdocentes non universitarios, que dependen –claro está– daconsellería que ostenta as competencias en materia de edu-cación. Pedimos a retirada deste decreto e, en todo caso, quese elabore un novo borrador de decreto –por suposto quenegociado coa comunidade educativa– no que se contemple–ao entender do BNG, claro está– a gratuidade dos comedo-res escolares nos termos anteriores e se estableza a novaasunción por parte da consellería dos comedores actualmen-te xestionados polas ANPA.

En resumo, e para ir rematando: comedor gratuíto paraos alumnos transportados do noso país. Agora somos os pri-meiros que iniciamos o repago, paréceme que en todo oEstado, neste aspecto.

Segundo. Non aplicación para o curso 2013-2014 dundecreto curiosamente aínda non aprobado, pero que se pre-tende impoñer a toda velocidade.

E terceiro e último. Nova elaboración dun novo decretonegociado coa comunidade educativa para facer realidade odereito á educación no noso país, no país chamado Galicia.

Máis nada. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Moitas grazas,señor Pombo.

Grupo Parlamentario Socialista, señor Docasar.

O señor DOCASAR DOCASAR: Grazas, presidente.

Señorías, señor conselleiro, grazas pola súa presenza.

O Grupo Socialista vai apoiar esta iniciativa do BNG efacémolo porque coincidimos no esencial co tema que aquíse trae.

O noso grupo parlamentario ten presentado ao longo dosúltimos meses varias veces neste Parlamento a problemáticade comedores, incluso con preguntas ao propio presidente daXunta, ao señor Feijóo. Consideramos que estamos diantedun asunto con grande transcendencia na comunidade edu-cativa galega, por iso vou aproveitar estes poucos minutosque teño hoxe para pedirlles unha vez máis, señor consellei-ro, que recapaciten e non saquen ese novo decreto de come-dores. Están a tempo, señorías, de evitar un novo ataque ásfamilias galegas.

Quero pensar que vostedes non dubidan de que milleirosde familias galegas están a pasar por enormes dificultades.Nun momento como o actual, con moita xente no paro epasándoo mal, non poden permitir vostedes que haxa fami-lias que non poidan mercar todos os libros de texto que nece-sitan os seus fillos e fillas. Non poden permitir vostedes,señor conselleiro, que miles de familias teñan que pagarpolos comedores e vexan recortadas drasticamente as súasbecas. Estamos falando, señorías, de piares esenciais paragarantir a igualdade de oportunidades nun país decente.

O Grupo Socialista pídelles unha vez máis que paren estavoráxine de repagos, recortes e perda de dereitos. Están atempo no asunto dos comedores, como lles dicía, xa que odecreto non foi publicado aínda e tampouco foi enviado aoConsello Consultivo de Galicia, como é preceptivo. Esedecreto conta coa oposición frontal da meirande parte dacomunidade educativa de Galicia: están en contra as fami-lias, están en contra os sindicatos do ensino, está en contra oConsello Escolar de Galicia e están en contra 3 dos 4 gruposparlamentarios con presenza neste Parlamento. ¿Tanto llescusta, señorías, escoitar unha vez?

Vostedes teñen aquí unha cómoda maioría parlamentaria,pero esa maioría parlamentaria non lles dá dereito a macha-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

70

Número 3026 de xuño de 2013

Page 71:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

car a un amplo sector da nosa sociedade. Rectificar e escoi-tar non é un sinal de debilidade, antes ao contrario, rectificare escoitar é un sinal de intelixencia e respecto democrático.

A este importante asuntos dos comedores únese agora odesaguisado que está a provocar o ministro Wert coas becas.Un ministro, señorías, que non alcanza o 2 na valoración doCIS, pero que quere pedirlles aos alumnos un 6,5 para acce-der ás becas.

Por certo, deixen vostedes de sementar confusión coneste ministro. O señor Wert non é un extraterrestre que apa-receu por aí de incógnito, o señor Wert é o ministro de Edu-cación do Partido Popular, nomeado e apoiado polo presi-dente Rajoy. Se o presidente Rajoy lle aplicara a Wert a súapropia doutrina, tería que cesalo de maneira fulminantepolas súas baixas cualificacións e pola grande cantidade defollóns que leva provocado nos últimos meses. Se non o fané porque están vostedes felices co seu traballo.

Remato, señorías, pedíndolle ao BNG que acepte a nosaemenda de adición. Esa emenda pretendía asegurar que moi-tos nenos e nenas teñan garantidas as súas comidas duranteas vacacións do verán, unha vez que rematou o curso esco-lar e con el o servizo de comedor. Non podemos olvidar queGalicia bordea os 300.000 parados. Ten máis de 90.000familias con todos os seus membros en paro, e 1/3 desasfamilias non recibe a día de hoxe ningunha prestación. Tra-taríase, señorías e señor conselleiro, de poñer en marcha esteverán un programa, coa participación da Xunta e dos conce-llos galegos, similar ao que poñerán en marcha en Andalu-cía, Asturias ou Canarias, para atender a nenos e nenas cuxasfamilias non poidan garantirlles unha mínima alimentaciónno período vacacional que agora imos iniciar. Este Parla-mento ten a obriga moral de ser sensible con esta situación,o contrario sería unha indecencia que a sociedade galega nonnos perdoará.

Moitas grazas, e, señor conselleiro, grazas por estar aquía estas horas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señorDocasar.

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda,señor Vázquez Díaz.

O señor VÁZQUEZ DÍAZ: Grazas, señor presidente.

En fin, esta cuestión xa foi debatida en varias ocasións enpleno e en comisión, e o certo é que merece a pena insistiren que o repago de comedores escolares supón unha dasmáis crueis e insolidarias medidas das que ten aprobado oGoberno do Partido Popular, e iso é dicir moito. Con estamedida xa se deixou claro en suficientes ocasións que o Par-tido Popular obrigará a unha familia monoparental cunsingresos de 1.002 euros a facer fronte ao pago do servizo decomedor, igual que unha familia con dous proxenitores nasque cada un deles gañen máis de 751 euros, ¡unha auténticabarbaridade! Nenos e usuarios que terán que pagar o come-dor a pesar de ser transportados ou residir a distancias supe-riores a 2 quilómetros. Aínda así, o Goberno do PartidoPopular insiste, teima en presentar esta medida como unhamedida equitativa, solidaria e xusta, cando na práctica o quefai –e isto si que non ten xa comparacións– é rematar codereito universal á educación básica gratuíta, nada máis enada menos.

O Goberno da Xunta obriga a pagar o comedor escolarnos centros públicos e faino contra toda a comunidade edu-cativa: contra os representantes do profesorado, contra asasociacións de nais e pais e contra o Consello Escolar deGalicia, no que o propio Goberno ten representación. Pero,por se isto non tivera suficiente gravidade, o Goberno gale-go cobrará polas comidas ás familias precisamente nunmomento en que a comida que realizan moitos nenos e moi-tas nenas en Galicia é o seu único e principal aporte nutriti-vo da xornada. Tómase esta decisión agora que xa non Alter-nativa Galega de Esquerda, senón a Sociedade Española dePediatría, insiste na existencia de problemas de desnutricióninfantil causados polos incrementos dos niveis de pobreza.

Cando o 23 % da poboación galega está en situación depobreza e máis de 120.000 persoas en situación de pobrezasevera, o propio Instituto Galego de Estatística di que 6 decada 10 familias galegas chegan con dificultades a fin demes. Son cifras que permiten decatarse, a calquera que teñaun mínimo de sensibilidade, da grave situación pola queatravesan milleiros e milleiros de familias e nenos e nenasgalegas.

Ao longo do presente curso, tanto o profesorado como asasociacións de nais e pais teñen constatado nos propios cen-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

71

Page 72:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

tros de ensino, a pé de escola, o aumento de nenos e nenasque presentan carencias alimentarias. E mesmo confirmouseo feito cada vez máis frecuente de que o xantar que realizanos nenos na escola é a súa única e principal comida. Por isoAlternativa Galega de Esquerda presentou unha iniciativaparlamentaria dirixida á creación dun plan para a detecciónde carencias nutricionais na poboación escolar. A pobrezaempeza a dar xa graves sinais de alarma nos nosos centrosde ensino. E ademais a pobreza en occidente tarda en visibi-lizarse, en moitos casos cando xa é tarde, porque moitasveces as familias tentan mesmo disimular as súas propiascarencias.

E tamén presentamos unha iniciativa para establecer unprograma socioalimentario para permitir a apertura doscomedores escolares no verán, de xeito que as persoas conpoucos recursos poidan acceder a eses servizos en conve-nio ou en colaboración cos propios concellos. O Gobernogalego toma medidas que permiten e que na práctica con-levan seguir o camiño contrario do que debera facer, nestesentido é cruel cos débiles e forte –coma sempre– cos quenecesitan nestes momentos máis axudas. Faino cando afaciana da pobreza comeza a debuxarse xa nos rostros demoitos nenos e nenas galegos. E por se isto fora delito, eisto si que xa non ten antecedentes, pon en práctica odecreto de comedores cando aínda non está aprobado,cando nin tan sequera apareceu no DOG. Señor consellei-ro, vostedes enviaron esta circular aos centros de ensinopúblicos, na que explican como aplicar o decreto de come-dor para o curso que vén, cunha nota a pé de páxina que di:Para máis detalles, estamos á espera de que se publique noDOG o novo decreto de comedores. Aplican vostedes asnormas antes de aprobalas, o cal eu creo que non ten ante-cedentes na historia da democracia. Deixo para constanciada Mesa este feito sen precedentes.

E ademais inclúen unha cuestión que é tremendamentegrave neste decreto, e é que fan pagar o importe completo,4,5 euros, ás familias que están fóra da área de influenciado centro, ben porque se matriculan noutro centro poresgotarse as prazas –cousa que pasa con relativa frecuen-cia– no seu centro de referencia ou pola cercanía do postode traballo dos pais, porque é alí onde viven os seus avós,etc. Eses pagan o 100 %, 4,5 euros diarios independente-mente dos seus ingresos; para que logo nos fale de medidasequitativas.

¿Que vai pasar cando unha familia...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, porfavor.

O señor VÁZQUEZ DÍAZ: ...–xa remato, señor presidente–non poida pagar a factura do comedor? ¿Que medidas teñenprevistas para este caso? ¿Comerán de fiambreira? ¿Que vaipasar? ¿Que teñen pensado facer? ¿Tiveron xa tempo paraprever esta circunstancia? No seu momento dixeron queaínda non o fixeran.

Por certo, as présas ás que facía referencia antes parasacar adiante o decreto levounos a olvidar que facer cos cen-tros de educación especial onde hai nenos que fan comida,desayuno e cea porque están en réxime de internado. Supo-ño que aí, se lles van facer pagar o triplo do importe que con-templa o decreto de comedores, iso vai levar a que na prác-tica moitísimos deles non o poidan facer. ¿Que teñen pensa-do facer cos centros de educación especial? ¿Que tarifa llesvan aplicar? ¿O mesmo réxime económico que aos demais?Iso vainos levar á ruína.

Vostedes, ese binomio Vázquez-Wert, que é unha especiede binomio no que supoño que pesará o ascendente alemánen ambos casos, o que están a facer...

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Remate, remate,por favor.

O señor VÁZQUEZ DÍAZ: ...é, con esta escola elitista, dei-xar fóra de servizos básicos elementais as clases comúns eas clases populares desta cidadanía.

Máis nada, moitas grazas. (Aplausos.)

O señor PRESIDENTE (Santalices Vieira): Grazas, señorVázquez Díaz.

Grupo Parlamentario Popular, señora Piñeiro.

A señora PIÑEIRO MARTÍNEZ: Moitas grazas, presidente.

Moi bo día, señorías.

Repetimos tema, repetimos comedores.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

72

Número 3026 de xuño de 2013

Page 73:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Señorías, como sen pasado non hai presente nin se podedeseñar o futuro, comezaremos lembrando que o copago encomedores en Galicia foi instaurado por un goberno socia-lista e nacionalista, que eu recorde, (Murmurios.) non comoinsinuou hoxe mesmo o señor Pachi Vázquez nas preguntasao presidente, que dixo que fora un goberno do PartidoPopular. Creo entender que do 2005 ao 2009 estaba o Gober-no bipartito, e a conselleira chamábase Sánchez Piñón.

Este copago que instaurou este Goberno pois tiña unhasdisfuncións tales como que o fillo dunha familia de rendasaltas, das chamadas rendas altas, só polo feito de vivir a máisde dous quilómetros, pois podía comer gratis nos comedoresescolares, e un neno deses que describe o señor Vázquez tanentrañablemente, que ao mellor só ten a oportunidade defacer esa comida no colexio ao longo do día, se ese nenovive a menos de dous quilómetros, tiña que aboar a facturado comedor escolar. Esas eran as disfuncións do copago dobipartito. E o que pretende agora este Goberno e que voste-des queren obstaculizar é darlle a este copago unha auténti-ca progresividade para facer un modelo máis xusto e máissolidario, porque nós cremos que é de xustiza garantir a sos-tibilidade do servizo complementario de comedores porque,se nolo cargamos, non van poder comer nin os que teñen ninos que non teñen. E cremos tamén que non hai nada máissolidario que que os que menos teñen poidan acceder a esteservizo de comedores gratuitamente a custa dunha contribu-ción por parte das familias que teñen máis recursos.

E a xustiza e a solidariedade, señorías, ten que reflexarseno resultado acadado na repartición de recursos, porque aigualdade de oportunidades da que vostede fala, señor Pombo,non consiste en repartir recursos de xeito igualitario sen ter enconta as diferentes necesidades do resto de todos os benefi-ciarios. Iso non é xusto nin é solidario; iso o que fai é aumen-tar a desigualdade inicial. Hai que repartir en función do quenecesita cadaquén, para que a acción sexa realmente xusta esolidaria, e iso é o que fai o decreto do Partido Popular.

Polo cal, señor Pombo, considere que para nós é inasu-mible a súa petición de retirar o novo decreto de comedores;ese decreto que permitirá ampliar en miles as prazas públi-cas de comedores escolares.

Fala vostede tamén na súa iniciativa de diálogo e nego-ciación, señor Pombo, de dialogar coa comunidade educa-

tiva. Mire, diálogo e negociación son palabras baldeirascompletamente se non se practican, se só son teoría, e haiquen só negocia se se lle dá a razón completa, e, se non selle dá, levántase da mesa de negociación e marcha. E oúnico que se consegue marchando dunha mesa de negocia-ción é perder a oportunidade de facer aportacións en posi-tivo a esa negociación, e iso é o que lles pasou nestes díasa varios dos sindicatos, que se levantaron nada máis empe-zar. Este Goberno dialoga e negocia, pero con quen sentaen fronte con verdadeira intención de chegar a acordos,porque cos que se levantan non se pode chegar a nada. Edemóstrollo con feitos. Anpe non se levantou da mesa evarias das súas propostas foron incorporadas. Froito dareunión co comité intercentros incorporáronse varias dassúas propostas tamén; froito de conversas coa Xunta Auto-nómica de Directores, señor Vázquez, teño que dicirlle quese incluíu a excepción da aplicación de criterios de rendano caso de nenos escolarizados fóra da área de influenciaen localidades con procesos de zonificación en curso. Esascousas conséguense negociando; sentando e negociando,non levantándose e marchando. Logo, ademais de predicardiálogo e negociación, hai que exercelo, señorías, hai queexercelo.

En canto á asunción dos comedores por parte das ANPA,señor Pombo, benvidos, porque iso é o que pretende estedecreto e iso é o que vai facer esta Xunta de Galicia. E vos-tedes, socialistas e nacionalistas, pídeno agora, pero é para-dóxico, porque vostedes gobernaron este país e non só nonasumiron un só comedor das ANPA senón que instaban asANPA a que crearan novos comedores. E niso vou facercomo o señor Docasar...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

A señora PIÑEIRO MARTÍNEZ: ...e vou falar da miña pro-pia experiencia –remato agora mesmo, señora presidenta–,porque eu, como tenente de alcalde do Concello de Carnota,fun coa ANPA do meu colexio solicitar un comedor variasveces ao delegado da Xunta de Galicia e díxome que de nin-gunha maneira, e ao que instou foi a que a ANPA o creara...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor.

A señora PIÑEIRO MARTÍNEZ: A ANPA creou este come-dor e non o puido soster. Se hoxe en día esa ANPA tivera

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

73

Page 74:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

aínda o comedor funcionando, podería ser asumido polaXunta de Galicia por medio deste decreto.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señora Piñeiro.

Polo grupo parlamentario autor da proposición non de leiten a palabra o señor Pombo Rodríguez.

O señor POMBO RODRÍGUEZ: Grazas, señora presidenta.

En nome do BNG anuncio a aceptación da emenda quenos presenta o Grupo Socialista por entender que coa cola-boración dos concellos sería posible ofertar un mellor servi-zo a alumnos e alumnas con dificultades económicas nosmeses de xullo e agosto.

Quero manifestar tamén o agradecemento ao GrupoAlternativa Galega de Esquerda polo seu apoio e mais aoGrupo Socialista polo apoio á PNL que presenta o BNG, queo único que pretende, señoras e señores deputados, é defen-der un servizo fundamental do ensino público como son oscomedores escolares.

En nome do BNG, poñer en destaque que máis galegas egalegos participan de que o Partido Popular dende o ano2009 non leva máis que deteriorando continuamente un ser-vizo público fundamental. Recortar, recortar e recortar foi overbo que conxugou dende o 2009 en educación o PartidoPopular. Por primeira vez en trinta anos...

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor POMBO RODRÍGUEZ: ...van pagar os alumnostransportados. ¡Grande éxito do Goberno do señor Feijóo!

Efectivamente, señora representante do Partido Popu-lar... (Interrupcións.) (Murmurios.)

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor POMBO RODRÍGUEZ: ...miles de familias teránque pagar o que antes non pagaban nun comedor escolar. Odecreto máis contestado, o decreto aínda non aprobado,efectivamente, o Partido Popular ten moito interese en impo-

ñelo; non en negocialo, en impoñelo. Xa dixen que o conse-llo escolar maioritariamente votou en contra del. Na mesasectorial, efectivamente, os sindicatos...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, señor Pombo.

O señor POMBO RODRÍGUEZ: ...abandonaron o paripé, oconsello escolar votou en contra, o consultivo aínda non emi-tiu informe, a Confapa aínda onte reclamou que non se impo-ña a este comedor e que non entre en vigor para o curso quevén, e pídeno todos estes colectivos, porque consideran total-mente inxusto... Sete mil euros, ou 7.001 céntimos eu non con-sidero un soldo deses dos que falan aquí altos, que parece serque van pagar agora. É totalmente inxusto que paguen omesmo os que teñen 9.000 euros que os que teñen 90.000. AMesa Galega de Educación no rural fala dun novo atentado aorural galego. Non se pode consentir retirarlle o xantar a moitosnenos e nenas que precisan do xantar para asistiren ás aulas.

Remato. Este xeito de proceder é inxusto, insensíbel e éo último atentado de momento contra o rural galego...

A señora PRESIDENTA: Remate, por favor, señor Pombo.

O señor POMBO RODRÍGUEZ: Agardo o apoio maioritariopara a proposición non de lei que presenta o BNG. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Votación das proposicións non de lei

A señora PRESIDENTA: Xa que logo, imos proceder ávotación das proposicións non de lei. Votarémolas de acordoa como foron substanciadas.

Polo tanto, comezamos pola primeira do Grupo Parla-mentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da señoraGallego Calvar, que coido que dixo que aceptaba a emendado Bloque Nacionalista Galego. Polo tanto, votamos a pro-posición coa emenda do BNG.

Votación do texto transaccionado da Proposición non delei do G.P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativa de DªMaría Carmen Gallego Calvar, sobre as actuacións quedebe levar a cabo o Goberno galego en relación co sistemade arbitraxe establecido no Instituto Galego de Consumo

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

74

Número 3026 de xuño de 2013

Page 75:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

para as persoas afectadas pola fraude das participaciónspreferentes.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 34; votos en contra, 40.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitada esta proposición.

A señora PRESIDENTA: Votamos a do Grupo Parlamenta-rio da Alternativa Galega de Esquerda por iniciativa doseñor Sánchez, que tamén dixo que aceptaba a emenda doBloque Nacionalista Galego.

Votación do texto transaccionado da Proposición non delei do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, por iniciati-va de D. Antón Sánchez García, sobre a actuación que debelevar a cabo o Goberno galego en relación coa redacción dafutura Lei de calidade da cadea agroalimentaria.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 34; votos en contra, 40.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitada esta proposición.

A señora PRESIDENTA: Votamos a Proposición non de leido Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerdapor iniciativa da señora Díaz Pérez.

¿Señora Díaz?

A señora DÍAZ PÉREZ: Presidenta, admitimos a engádegaproposta polo Partido Socialista, pero non como substituciónsenón como un punto máis de engádega, e tamén a do Blo-que como engádega.

A señora PRESIDENTA: Ben, entón, é que eu non enten-dera ben. Entón, ¿aceptan as dúas?

A señora DÍAZ PÉREZ: Si, as dúas como engádega...

A señora PRESIDENTA: Ben, como adición da iniciativaorixinal.

(O señor Méndez Romeu pide a palabra.)

¿Si, señor Méndez Romeu?

O señor MÉNDEZ ROMEU: Pedimos que se vote por sepa-rado, por puntos.

A señora DÍAZ PÉREZ: Si, por puntos.

A señora PRESIDENTA: ¿O punto primeiro da iniciativa?¿Vostede está de acordo, porque a iniciativa é súa?

A señora DÍAZ PÉREZ: Si, si.

A señora PRESIDENTA: Votamos, entón, o punto primeiroda proposición.

Votación do punto primeiro do texto transaccionado daProposición non de lei do G.P. da Alternativa Galega deEsquerda, por iniciativa de Dª Yolanda Díaz Pérez, sobre asactuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia enrelación coa actual localización da planta de gas de Rega-nosa na vila de Mugardos.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 9; votos en contra, 40; abstencións, 25.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitado este punto.

A señora PRESIDENTA:Votamos a continuación o resto daproposición non de lei coas emendas do Bloque Nacionalis-ta e do Grupo Socialista como adición.

Votación do texto transaccionado da Proposición non delei do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda, por iniciati-va de Dª Yolanda Díaz Pérez, sobre as actuacións que debelevar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa actual loca-lización da planta de gas de Reganosa na vila de Mugardos,agás o punto primeiro.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 33; votos en contra, 40.

O resultado da votación é negativo.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

75

Page 76:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

En consecuencia, quedan rexeitados os restantes puntosda proposición.

A señora PRESIDENTA: Tal e como foi substanciada, vota-mos agora a proposición do Grupo Parlamentario dos Socia-listas de Galicia, por iniciativa da señora Sestayo, que creoque dixo que aceptaba a emenda do Bloque NacionalistaGalego. Polo tanto... (Pronúncianse palabras que non seperciben.)

¿Acepta a votación por puntos?

A señora SESTAYO DOCE: Non.

A señora PRESIDENTA: Pois, entón, vótase a proposicióntal e como foi presentada coa emenda do BNG. (Murmurios.)

Votación do texto transaccionado da Proposición non delei G.P. dos Socialistas de Galicia, por iniciativa de Dª Bea-triz Sestayo Doce e dous deputados máis, sobre as actua-cións que debe levar a cabo o Goberno galego para o cum-primento dos compromisos adquiridos co sector naval dacomarca de Ferrolterra.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 34; votos en contra, 40.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitada esta proposición.

(O señor Arias Veira pide a palabra.)

A señora PRESIDENTA: En principio, vostede dixo quevotaba en contra; polo tanto, non ten dereito a explicación devoto porque non modificou o seu voto. (Murmurios.)

Señor Arias, eu coido que incluso, se non dixo nada, amanifestación... (Murmurios.) Perdón, por favor.

Se vostede non manifestou directamente o voto, a súamanifestación é votando e, polo tanto, soamente cabe aexplicación de voto se o voto é secreto ou se vostede cambiaa posición do seu voto.

Grazas.

Votamos a continuación a proposición do Grupo Parla-mentario do Bloque Nacionalista Galego por iniciativa daseñora Pontón Mondelo. (Pronúncianse palabras que non seperciben.)

Son tres puntos os da iniciativa da señora Pontón Mon-delo e, polo tanto, comezariamos pola votación do primeirodos puntos.

Votación do punto primeiro da Proposición non de lei doG.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa de DªAna Belén Pontón Mondelo, sobre as actuacións que debelevar a cabo a Xunta de Galicia co fin de impulsar o siste-ma aeroportuario galego.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 34; votos en contra, 40.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitado o punto primeirodesta proposición non de lei.

A señora PRESIDENTA: Votamos a continuación o segun-do dos puntos.

Votación do punto segundo da Proposición non de lei doG.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa de DªAna Belén Pontón Mondelo, sobre as actuacións que debelevar a cabo a Xunta de Galicia co fin de impulsar o siste-ma aeroportuario galego.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 74.

O resultado da votación é positivo.

En consecuencia, este punto queda aprobado por unani-midade.

A señora PRESIDENTA: Votamos a continuación o tercei-ro dos puntos.

Votación do punto terceiro da Proposición non de lei doG.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa de DªAna Belén Pontón Mondelo, sobre as actuacións que debe

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

76

Número 3026 de xuño de 2013

Page 77:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

levar a cabo a Xunta de Galicia co fin de impulsar o siste-ma aeroportuario galego.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 74.

O resultado da votación é positivo.

En consecuencia, queda aprobado este punto por unani-midade

A señora PRESIDENTA: A continuación votamos a propo-sición do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, por ini-ciativa do señor Román Rodríguez, que entendo que nonacepta a emenda do Grupo Socialista.

Votamos entón a iniciativa.

Votación da Proposición non de lei do G.P. Popular, poriniciativa de D. Alejandro Gómez Alonso e seis deputadosmáis, sobre as actuacións que debe levar a cabo o Gobernogalego para a posta en marcha do Comité de CoordinaciónAeroportuaria de Galicia.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 40; votos en contra, 30; abstencións, 2.

O resultado da votación é positivo.

En consecuencia, queda aprobada esta proposición.

A señora PRESIDENTA: Votamos a continuación a propo-sición do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, por ini-ciativa do señor Balseiro Orol, que non acepta a emendasocialista, polo tanto, votamos a proposición.

Votación da Proposición non de lei do G.P. Popular deGalicia, por iniciativa de D. José Manuel Balseiro Orol edoce deputados máis, sobre a posición do Parlamento deGalicia respecto da fórmula empregada para a presentacióndunha moción de censura no concello lucense do Valadouro.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 40; votos en contra, 33.

O resultado da votación é positivo.

En consecuencia, queda aprobada esta proposición

A señora PRESIDENTA: Por último votamos a do GrupoParlamentario do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativado señor Pombo, que dixo que aceptaba a emenda socialista.

Votación do texto transaccionado da Proposición non delei do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa deD. Cosme Eladio Pombo Rodríguez, sobre as actuaciónsque debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co pro-xecto de decreto polo que se regulan os comedores escola-res dos centros públicos docentes non universitarios.

Efectuada a votación, deu o seguinte resultado: votos afavor, 33; votos en contra, 40.

O resultado da votación é negativo.

En consecuencia, queda rexeitada esta iniciativa.

Alteración da orde do día

A señora PRESIDENTA: Antes de suspender a sesión,quero comunicar que as preguntas... (A señora Sestayo Docepide a palabra.) ¿Perdón, señora Sestayo? Trinta e tres. Ben.

Antes de suspender a sesión, quero comunicar que aspreguntas números de orde 9.6, 9.7 e 9.8, é dicir, as tres últi-mas, se substanciarán de xeito acumulado.

Suspendemos a sesión ata esta tarde ás 16.30 horas.

Moitas grazas.

Suspéndese a sesión ás tres e catro minutos da tarde eretómase ás catro e corenta e catro minutos da tarde.

A señora PRESIDENTA: Moi boa tarde, señorías. Vaianocupando os seus escanos, por favor.

Reiníciase a sesión co punto sete, de interpelacións.

Interpelación de Dª Yolanda Díaz Pérez e D. Juan ManuelFajardo Recouso, do G.P. da Alternativa Galega deEsquerda, sobre as medidas do Goberno galego para evi-tar a deslocalización da industria conserveira

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

77

Page 78:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

A señora PRESIDENTA: Para formular a interpelación tena palabra don Juan Manuel Fajardo Recouso.

Por favor, fagan o favor.

Señor Fajardo, cando queira pode vostede comezar.

(O señor FAJARDO RECOUSO: non hai ningún problema.)

Fagan o favor e comece. Imos comezar a tarde tranquila-mente.

O señor FAJARDO RECOUSO: Bueno, boa tarde a todos.

O señor Román interpélame sobre a presenza ou non deparlamentarios. A min gustaríame tamén que se explicara oporqué de que onte non se interrompera a sesión, e ao melloré que había a intención de acabar hoxe temprano porqueparece ser que xoga un equipo de fútbol pola noite. Aomellor ten que ver con iso, porque nós non temos explica-ción, e non teriamos problema en estar aquí ata a hora quefose. Eu dígoo porque me pareceu tremendamente estraño ode onte e non o compartía, pero se o señor Román quere quefalemos diso, falamos.

O que me trae aquí agora é unha cuestión moito máisseria e importante: a desfachatez do Goberno do PartidoPopular, a súa ineficacia e como está amparando políticasilegais e actitudes ilegais das conserveiras en Galicia. Nósfixemos no seu día xa unha proposta, que foi aprobada porunanimidade neste Pleno, onde se trataba de garantir –e dicí-ase así– que a Xunta de Galicia ía facer todo o posible paragarantir de forma efectiva os postos de traballo na conser-veira Cuca. Bueno, pois a Xunta de Galicia non só non fixonada, senón que foi imprescindible para que a conserveiraactuase de forma ilícita, ilegal. Non só foi imprescindible,senón que colaborou coa empresa para desmantelar a indus-tria, e iso a nós parécenos tremendamente grave. Gustaría-nos que hoxe a conselleira dixese aquí cal foi a súa inter-vención, por que permiten actitudes ilícitas da conserveira, eademais que nos explique a actitude e a actividade do señorSamuel Juárez neste sentido, que tamén foi bastante lamen-table.

En primeiro lugar, o primeiro que lle vou esixir é queobrigue a empresa a cumprir a sentenza do Xulgado número

dous de Pontevedra; que obrigue a readmitir no seu posto detraballo as traballadoras e que empecen a traballar nas con-dicións que tiñan con anterioridade. Por certo, vostede díxo-me aquí que non podía facer iso no seu momento porquevostede respectaba a legalidade. Bueno, pois a legalidade dia día de hoxe que no seu día a empresa vulnerou os dereitosdas traballadoras. É máis, di que a empresa non tiña ningúninterese en trasladar as traballadoras, senón en poñelas natesitura de que abandonasen elas o seu posto de traballo. Díoa sentenza da xuíza, que di de forma clara que a empresa,sabendo que o traslado era a máis de cincuenta quilómetros,a unha localidade –O Grove– á que non hai servizo públicode transporte desde Vilagarcía... –claro, neste país tanmoderno que temos non hai servizo público entre dúas loca-lidades a cincuenta quilómetros–, sabendo que o horario detraballo empeza ás seis da mañá e, polo tanto, é imposibleacudir, a propia sentenza di que o que perseguía a empresaera que as propias traballadoras abandonasen o seu posto detraballo.

Bueno, pois iso foi consentido, amparado e cómplicenecesario a consellería e o delegado do Goberno. Eu voullepreguntar agora que vai facer vostede con iso. ¿Vai obrigará empresa a que cumpra a sentenza? Pero, digo máis, segui-mos esperando a resposta sobre aquelas famosas axudas e aque maquinaria correspondían esas axudas. Porque a empre-sa desmantelou a maquinaria que servía para a produción ehai axudas vencelladas á maquinaria, e non sabemos a día dehoxe a que maquinaria correspondían esas axudas e, polotanto, cales se podían modificar e cales non. E vostede dixoque fixera unha pregunta nese sentido, que tiña esa informa-ción. Espero que hoxe nos dea aquí esa información condetalle.

Pero eu tamén quero dicir unha cuestión que é tremen-damente grave: o delegado do Goberno ten que dimitir deforma inmediata pola súa actitude nesta conserveira. Nunhaentrevista con este portavoz e o señor Beiras dixo que actua-ra –recordamos– colocando inhibidores de frecuencia enVilaxoán, deixando as traballadoras totalmente sen saída naroulotte que tiñan na porta da fábrica, impedindo a circula-ción libre de persoas e vehículos no propio Vilaxoán, paraque a empresa desarticulase o seu medio de fabricación. Edixo o señor Juárez que o fixera porque acudira ao amparoda empresa. Hai unha sentenza que di que iso non se podíafacer. ¿Que vai facer agora o señor Juárez? ¿Vai abandonar

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

78

Número 3026 de xuño de 2013

Page 79:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

por amparar actividades ilícitas? Nós dixémoslle naquelmomento que non era de recibo que axudara a unha empre-sa cando sabía que había un proceso xudicial que podíadeterminar precisamente o que estamos falando agora, exac-tamente o contrario: que a empresa non se podía desmante-lar, que se teñen que volver ao seu posto de traballo resultaque no seu posto de traballo non están as máquinas. ¿Que íafacer? El dicía que, claro, non sabía, que non preguntara.

Esa actitude irresponsable obriga de forma inmediata aoseu cese fulminante por parte do Goberno do Estado. Peronon só por iso, senón porque para amparar unha empresa quecometeu unha ilegalidade vulnerou os dereitos fundamentaisdas traballadoras; impediu o seu libre acceso á rúa; impediuque veciños de Vilaxoán saíran das súas casas para axudar aestas traballadoras. E non só iso, senón que utilizou a repre-sión de forma brutal coas traballadoras e cos sindicalistasque alí se atopaban. Nós cremos que unha persoa que utilizaos corpos de seguridade do Estado para reprimir a traballa-doras que teñen dereito co fin de permitir unha ilegalidademanifesta dunha empresa, e que ademais extorsiona os quedefenden as traballadoras, ten que dimitir de forma inmedia-ta.

E voulles poñer un exemplo: nestes días chegaron san-cións con cantidades importantes a sindicalistas por ese díanon terse identificado ás portas da fábrica. O señor Juárezsanciona a sindicalistas dicindo que non se identificaron ásportas da fábrica. A un deles, un sindicalistas das ComisiónsObreiras chamado Xan Caneda, chégalle unha sanción pornon identificarse. Fíxense vostedes de que forma tan evi-dente non se estaba identificando; só lle faltou poñer o DNIna boca, e vostedes sanciónano. Ante esa actitude represoraque se ve nesta imaxe, ante esa actitude de vulneración dedereitos para que unha empresa faga o que lle dea a gana coasúa fábrica, nós esperamos unha reacción contundente daconsellería. Se non é así, vostede non é digna de ser conse-lleira deste país, por non defender as máis de cen traballa-doras que quedan sen posto de traballo pola súa complicida-de e por unha empresa que o único que quere –como di unhasentenza, non o di a Alternativa Galega de Esquerda– é des-pedilas de forma gratuíta porque sexan incapaces de despra-zarse a cincuenta quilómetros para traballar. Nese sentido, sevostede non actúa, garante a reincorporación inmediatadesas traballadoras e a continuidade dos postos de traballo,vostede non é digna de continuar. E non é digna porque vos-

tedes, o seu grupo, apoiou unha proposta para que iso foseasí, ¿e cal foi a súa acción? ¡Nada! Non fixeron absoluta-mente nada. Se houbera que saír a defender a empresa, sehoubera que saír a defender a unha multinacional ou inclusoaos banqueiros que nos roubaron, aí si que saen inmediata-mente prestos a defendelos. Cando hai que defender a traba-lladoras, aí non, aí deixan que as boten ao paro, ao desem-prego, que non cobren. Non fan nada, e cando teñen unhasentenza din: non, hai que esperar a ver que pasa ao final detodo o proceso xudicial.

Nós pedímoslles inmediatez, e dicímoslle: ¿vai permitirvostede que no futuro se sigan dando ese tipo de circunstan-cias de externalización de servizos, de traslado de produciónao exterior? ¿Vostede é consciente, como conselleira doramo, de que neste país se está destruíndo emprego dunhaforma brutal na conserva porque as empresas xa non trans-forman en Galicia, senón que o único que fan en Galicia éempaquetar produto foráneo? ¿Que vai facer vostede paraque o emprego na conserva non se perda por culpa desaspolíticas industriais que o único que fan é vender en todos osstands de todos os supermercados de Galicia produto comose fora das rías que non é das rías? E vostede sábeo, porqueasí ten notificación dos produtores deste país.

¿Que van facer vostedes? ¿Que van facer vostedes agora,cando a Unión Europea aprobe os novos tratados con paísesasiáticos, como pasou con Chile, que van reducir a produ-ción deste país nun 60 % e tamén o emprego nun 60 %. ¿Calvai ser a súa actitude?

Nós xa trasladamos a este Parlamento esta situación.Creo que hai unha novidade moi importante e creo que vos-tedes deben de actuar. Deben de actuar ante unha empresaque vulnera dereitos, que ten o descaro de ir a un xulgado adicir que trasladaban as traballadoras porque na vella facto-ría o peixe se cocía a ollo. Unha empresa con este descaronon merece o amparo da Xunta de Galicia, non merece quevostedes respecten a súa ilegalidade para ir contra quen tendereitos lexítimos do seu posto de traballo, que son as traba-lladoras de conservas Cuca. ¿Como é que a vostedes non llescae a cara de vergonza por defender unha empresa pirata envez de defender unhas traballadoras que empezaron a traba-llar nese posto de traballo aos quince anos, e agora que teñencincuenta e cinco quere expulsalas unha empresa que nonquere pagar un peso? ¿Cal é a súa actitude?

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

79

Page 80:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

De verdade que eu pensei que tiñan alma, pero teño claroque non é así. Non é así porque é incomprensible a súa acti-tude continua de defensa do indefendible, que son os pode-rosos, fronte a quen non se pode defender.

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando.

O señor FAJARDO RECOUSO: Pero ademais insístolles enque vostedes como Xunta de Galicia, como Goberno, e esteParlamento tamén porque foi vulnerado digamos coa súarepresentatividade, teñen que pedirlle explicacións ao señorSamuel Juárez, á parte do seu cese inmediato. O señorSamuel Juárez comprometeuse a remitir a esta Cámara uninforme sobre a actuación policial daquel día, ese día ondese vulneraron dereitos fundamentais. Ese informe non che-gou a esta Cámara, polo tanto, unha persoa que incumprecompromisos, que defende actitudes ilegais, que busca fan-tasmas onde non as hai e criminaliza organizacións demo-cráticas mentres permite que empresas vulneren dereitosfundamentais, non pode continuar neste país exercendo unlabor tan importante como é a seguridade pública. ¿Por que?Porque neste país o que vai facer falta é un delegado doGoberno que nos defenda das actitudes fascistas do actualdelegado do Goberno. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Fajardo.

Ten a palabra a conselleira de Medio Rural e do Mar.

A señora CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL E DO MAR

(Quintana Carballo): Moitas grazas, señora presidenta.

Señorías, señor Fajardo, moi boas tardes.

Acudo hoxe de novo a este Parlamento para dar respostaa esta interpelación sobre un tema que foi profusamente tra-tado nesta Cámara e no que creo que a Xunta, logo de teradoptado todos os pasos por iniciativa propia e por conta–por moito que diga o señor Fajardo– de todos os acordos deimpulso xerados neste Pleno e nas comisións competentes,pouco máis pode facer. Tanto é así que, mesmo despois deque a xustiza se pronunciase sobre o ERE plantexado polaempresa que adquiriu a planta de Cuca en Vilaxoán, creo quepouco máis queda que engadir sobre a cuestión salvo subli-ñar, como non podería ser doutro xeito, o respecto total eabsoluto pola decisión xudicial. Aínda así, reiteramos a nosa

postura de defensa pechada do emprego e da produción con-serveira en Galicia, así como daremos conta das actuaciónslevadas a cabo neste asunto.

Digo que non é inconveniente reiterar aquí as teses quevimos mantendo neste asunto, por canto isto supuña deapoio á continuidade do emprego e da produción de Cuca,mais tenme que permitir que subliñe que a resposta á pri-meira das preguntas figuraba sensu lato na intervención dovicepresidente do Goberno o pasado día 24 de abril. Digoque figuraba porque nesa data produciuse un feito nestaCámara do que vostedes aínda non deron cumpridas descul-pas, o que non é óbice para que no respecto ás galegas e aosgalegos e ás outras forzas deste Parlamento dea reiteración aaquela resposta.

A respecto da intervención policial do día 11 de abrilteño que dicirlle que esta non foi acordada pola Xunta nin éde competencia da Xunta. Vostede acusa a este Gobernodunha actuación que corresponde a outro nivel administrati-vo. Aínda así, direille que neste e en calquera outro asunto amisión das forzas e corpos de seguridade non é a de posi-cionarse nin a de defender nin á empresa nin aos traballado-res, o labor destes funcionarios públicos é aplicar estrita-mente a lei.

O 9 de abril a empresa denunciou na Comisaría de Poli-cía de Vilagarcía a imposibilidade continuada de acceder ánave da súa propiedade; un acceso obstaculizado que impe-día a normal actividade empresarial, co prexuízo económicoque iso comporta, así como o traslado da maquinara ao novocentro.

(A señora Martínez García pronuncia palabras que nonse perciben.)

A señora PRESIDENTA: Señora Martínez, faga o favor.

A señora CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL E DO MAR

(Quintana Carballo): Ante esta situación, a Policía deu trasla-do desta denuncia ao xulgado correspondente. Finalmente, aintervención produciuse o día 11 de abril co obxectivo derestablecer a legalidade e, consecuentemente, o normal acce-so á planta. A partir de aí, a valoración do alcance e dimen-sións deste operativo policial, en concreto de tres minutos deduración e sen incidente violento ningún, como así relatan

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

80

Número 3026 de xuño de 2013

Page 81:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

diversos medios de comunicación, loxicamente lle competeao Goberno do Estado. O que si está claro é que o seu grupoestá no seu dereito de denunciar ante os tribunais o que llepareza oportuno, e, neste caso, ¡faltaría máis!, como corres-ponde a un estado democrático.

Temos que ter en conta que as forzas e corpos de seguri-dade protexen os dereitos de todos e actúan con base en cri-terios profesionais, son axentes que tamén son traballadorese que merecen todo o respecto. (Aplausos.)

A respecto da súa segunda pregunta, volvo reiterar que,como as súas señorías recordarán, o pasado... (A señora DíazPérez pronuncia palabras que non se perciben.)

A señora PRESIDENTA: Señora Díaz.

A señora CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL E DO MAR

(Quintana Carballo): ...13 de febreiro daba conta da intenciónclara desta conselleira de dar cumprimento ás disposiciónsemanadas deste Parlamento. Dicía daquela, e volvino reiteraro pasado día 28 de maio, que podía resultar prematuro valo-rar a decisión da empresa de efectuar o traslado nun momen-to no que a Xunta de Galicia estaba a analizar, de acordo coasnormas que regulan o outorgamento das axudas, as condi-cións das axudas concedidas e a posibilidade de vincular asmesmas á permanencia da actividade na actual localizaciónda planta. Apuntaba tamén naquel momento que este Gober-no, desde as consellerías competentes, promovería todas can-tas xestións se atopasen na súa man para garantir a continui-dade da marca e da imaxe destas conservas, pero que teríasempre unha premisa fundamental: a defensa e a continuida-de do emprego. Non lle falo de intencións, senón dun com-promiso formal de desenvolver as xestións necesarias paragarantir os postos de traballo, así como a continuidade daimaxe e da calidade da marca desta conserveira, e vostedes,señorías, son coñecedores dese compromiso da Xunta.

No marco dunha acción coordinada entre as conselleríasde Traballo, Economía e Medio Rural e Mar mantivéronsediversas xuntanzas cos axentes implicados, cos membros docomité de empresa, coa propia firma a través de Anfaco edéuselle curso á petición das representantes do comité deempresa para que a Xunta mediase no proceso de negocia-ción. En todo caso, tivemos sempre unha salvagarda funda-mental, que nace no compromiso da empresa de manter

todos e cada un dos postos de traballo. Salvado este impor-tante feito, cumpría dar continuidade á marca, cousa queestimamos cumprida á vista da profusión da publicidadetanto en espazos públicos como en medios de comunicación,ou de feitos como a promoción da marca en Madrid Fusión,sendo a única conserveira en facelo.

Xa que logo, interese por Cuca, todo; interese polas tra-balladoras e traballadores de Cuca, todo; interese por darcumprimento aos acordos deste Parlamento, todo. Tanto éasí que, recollendo unha terceira demanda deste Parlamentona que se nos pedía que, de ter recibido a empresa axudaspor parte da Xunta de Galicia que vinculasen a empresa apermanecer na presente ubicación, se fixese valer esta cir-cunstancia, en xaneiro a Xunta, a través da Consellería deMedio Rural e do Mar, realizou unha consulta á ComisiónEuropea para analizar as cláusulas das axudas concedidas ever se existía posibilidade de vincular as mesmas á perma-nencia da actividade na actual localización.

En pasadas semanas, e tal e como sinalaba hai dúassesións plenarias, tivemos coñecemento da resposta daComisión Europea na que se sinalaba que: El traslado deactividad productiva se considera como una modificaciónfundamental que afecta a la invariabilidad, y no hay margende interpretación. Neste caso, os importes aboados de formaindebida recuperaranse.

A respecto da súa terceira pregunta, sobre se temos algúncompromiso coa empresa para permitir o uso da forza e aextorsión sobre as traballadoras, simplemente lle quero dicirunha cousa: ningún. A Xunta de Galicia só ten dous com-promisos claros neste asunto. Un, coa legalidade vixente ecoa aplicación dos dereitos de todos e cada un dos cidadánsdas empresas deste país. Outro, coas traballadoras e coa pro-dución de Cuca, por canto é tamén o compromiso dos acor-dos deste Parlamento.

E respecto desta pregunta, eu lamento de verdade a lin-guaxe que o seu grupo emprega nesta Cámara, cunha inten-ción claramente despectiva e penso que impropia deste Par-lamento. Pero alá cadaquén coas súas formas de facer opo-sición. (Aplausos.)

Entendemos, señor Fajardo, que ser competitivos, gañarracionalidade produtiva e buscar sinerxías e economías de

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

81

Page 82:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

escala non pode ir en contra do emprego. Xa que logo, debe-mos puxar por manter eses case 12.000 empregos que a con-serva mantén en Galicia –dos cales o 79 % son mulleres– efacer por que se manteñan os niveis de estabilidade, xa quemáis do 70 % son postos fixos. A maneira de puxar por elese non só prestar apoio administrativo e institucional, senóntamén orzamentario. Esta Xunta fíxoo, e non se pode dicirque non houbo investimento para a mellora da competitivi-dade do sector da conserva por parte da Xunta. Dende 2009puxéronse máis de 188 millóns de euros á disposición dasempresas conserveiras.

Digo isto, señor Fajardo, porque non vou entrar a consi-derar a súa última apreciación sobre a deslocalización, por-que entendo que trasladarse de Vilaxoán ao Grove é, candomenos –con todos os respectos–, unha hipérbole fantástica.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Ten a palabra para a réplica o señor Fajardo Recouso.

O señor FAJARDO RECOUSO: Bueno, a verdade é que nonpodo máis que sentir pena pola insensibilidade da consellei-ra, que di que é unha hipérbole trasladarse ao Grove. Claro,cando se fai en coche oficial, non ten problema. Pero voulledicir o que di a propia sentenza, non o di Alternativa Galegade Esquerda:

“Constatando también que el nuevo horario de trabajoque se establece en la empresa para la factoría de O Grovese inicia a las 6 de mañana, y resultando acreditado que noexiste transporte público que pueda ser utilizado por las tra-bajadoras para llegar en hora a su puesto de trabajo, esobvio que la empresa está poniendo a las trabajadoras en latesitura de tener que optar por seguir trabajando con unoscostes muy gravosos de traslado al centro de trabajo –taxi–,o bien optar por rescindir su contrato, con la indemnizaciónlegalmente establecida.”

Esa é a súa realidade. Para vostede é unha hipérbole,claro, porque vostedes viven noutro mundo. E eu sinto lásti-ma, pena, porque o seu compromiso co traballo é dicir quefixeron cousas. ¿Onde está a primeira intervención coaempresa? Vostede acaba de recoñecerme aquí que as axudas

obrigan a que a maquinaria non puidera ser eliminada. ¿Quefixeron vostedes? ¿Reclamáronlle á empresa a devolucióndos cartos? ¿Reclamáronlle á empresa que execute a legali-dade? ¿Onde está a realidade desa xestión?

Vostede di que está do lado da legalidade. Mire, paraestar ao lado da legalidade hai dúas formas. Cando lle dinque ten que intervir a policía para amparar unha acción ile-gal como foi desmantelar unha fábrica, terá que preguntarcal é a situación. E vostedes, sen preguntar, decidiron quecatro furgóns da policía retiveran a catro ou cinco traballa-doras no seu caseto; que se inhibira a frecuencia dos teléfo-nos móbiles, que se prohibira o acceso a Vilaxoán de cal-quera cidadán deste país. ¿Ese é o seu respecto pola legali-dade? Non, vostedes cando teñen que decidir entre unhacousa e outra, deciden sempre polo mesmo.

Pero póñolle un exemplo que é ben significativo. Di oseñor Juárez –e díxomo a min persoalmente– que tiñan queacudir para respectar o dereito de quen chamaba, a quen nondeixaban entrar na súa casa. E nós preguntámoslle: ¿E vos-tede comprobou que ese era o titular dos bens? ¿Compro-bou, por exemplo, que el era o que estaba na razón da lega-lidade? E dixo: non, non fai falta. ¿Por que? Iso é como se amin me entran a roubar na miña casa, levan os bens, e entón,automaticamente, eu dígolles: non, non saian vostedes cosmeus bens. E vén o señor Samuel Juárez e di: non, non, haique deixalos circular, ¿eh? Os bens eu non pregunto de quenson. Aquí hai unha persoa á que non se lle deixa circular. Esaé a realidade desta situación. Vostedes puxéronse de man dosladróns, dos que estaban eliminando bens de produción eque agora impiden que se cumpra a legalidade.

¿Que di a sentenza? Reposición das traballadoras no seuposto de traballo. O posto de traballo xa non existe, non estáa maquinaria, ¿onde van producir en Vilaxoán se non haiposto de traballo? Polo tanto, vostedes son cómplices, res-ponsables.

E do que un xa se empeza a fartar é de que aquí veñanvostedes dicir que hai compromiso co emprego, compromi-so coas traballadoras; ¡pois demostren onde está o compro-miso! ¿Que actitude, que actividade fixeron para garantirese compromiso? Nada, absolutamente nada. Hai unha sen-tenza, hai unha resposta da Unión Europea, ¿e vostedes quelle están esixindo á empresa? Nada, que sigan facendo o

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

82

Número 3026 de xuño de 2013

Page 83:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

que queiran: non respectar a sentenza, estar extorsionandoás traballadoras, ameazando con despidos se continúan noseu labor de reclamar un dereito. ¿Vostedes onde están?¿Onde está a intervención? Unha conselleira digna desenome, ante a perda de cen postos de traballo feminino demáis de 50 anos, que tivera un mínimo de dignidade, candomenos presentaríase alí a ver que pasaba; cando menos iríaata alí a preguntar; cando menos iría á propia factoría adefender os postos de traballo. Vostedes non, vostedesdefenden a fábrica, vostedes defenden a marca. Esa mesmamarca que vostedes din que garante o emprego. ¿Pero nonlen nin sequera a prensa? ¿É que temos unha conselleira quenin sequera le a prensa? Na prensa dos últimos días aempresa di que non garante o emprego máis alá dun ano.Dío a propia empresa.

Pero non basta só con iso. Dime vostede que a garantíada continuidade da marca é que puxeron publicidade e forona unha feira en Madrid. ¡Manda truco! ¿Pero cal é o seucompromiso? ¿Cal é o compromiso da empresa? ¿Poñerpublicidade?

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando.

O señor FAJARDO RECOUSO: O único compromiso daempresa posible é manter os postos de traballo nas mesmascondicións. Fíxense vostedes, para que as traballadoras nonforan despedidas pola empresa por imposibilidade de acudirao seu posto de traballo, mirade, para chegar a un posto detraballo nunha conserveira ás 6 no Grove, hai que saír deVilagarcía ás cinco menos cuarto da mañá, hai que levantar-se da súa casa ás 4 e entre todas teñen que pagar un autobúspara poder ir. Esa é a realidade. ¿E vostedes aí que fixeron?Nin sequera lle esixiron á empresa que facilitase ese trasla-do, porque para vostede, claro, é unha hipérbole ir de Vila-garcía ao Grove.

É indigno, é indigno. Eu pediría a esta Cámara que eli-minasen cando menos un mes os coches oficiais, porqueviven nunha realidade distinta. Hai que pisar o asfalto, haique ir alí a ver como se limpa o atún, para ver o que é esetraballo. Hai que ir alí para ver o que significa levantarse ás4 da mañá en Vilagarcía para empezar a traballar ás 6 damañá no Grove e volver ás 4 da tarde a Vilagarcía. Iso é oque hai que ver. E vostede nin sequera defende ese traballo,que é un traballo duro, tremendamente insatisfactorio.

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Fajardo.

O señor FAJARDO RECOUSO: Vostede non, vostede per-mite...

A señora PRESIDENTA: Señor Fajardo, rematou o seutempo.

O señor FAJARDO RECOUSO: ...que lles quiten o seu tra-ballo despois de estar alí traballando dende os 15 anos.

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Fajardo.

O señor FAJARDO RECOUSO: Insisto en que sinto verda-deira lástima...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas. (O señor FajardoRecouso pronuncia palabras que non se perciben.) (Aplau-sos.)

Réplica da conselleira do Medio Rural e do Mar.

A señora CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL E DO MAR

(Quintana Carballo): Grazas, señora presidenta.

Señor Fajardo, o que a min me parecen indignos son esesinsultos. O que a min me parece indigno é que se intenteenganar. ¿A quen? Porque... (Pronúncianse palabras quenon se perciben.) ...grazas a Deus estamos nun estado demo-crático...

A señora PRESIDENTA: Señor Fajardo.

A señora CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL E DO MAR

(Quintana Carballo): ...onde hai unha separación de poderes...

A señora PRESIDENTA: Perdoe un momento. Perdoe unmomento, conselleira. (Murmurios.)

Señor Fajardo, vostede non ten a palabra agora. (Pro-núncianse palabras que non se perciben.) Chámoo á orde.Señor Fajardo, non ten a palabra. (Pronúncianse palabrasque non se perciben.)

Bueno, chámoo á orde por segunda vez, que lle quedeclaro.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

83

Page 84:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Señora conselleira, ten a palabra.

A señora CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL E DO MAR

(Quintana Carballo): Si, o único que eu quería dicir é que esta-mos nun estado democrático e creo que a base dun estadodemocrático é a separación de poderes. É imposible que medigan a min que faga cumprir unha sentenza dun poder xudi-cial que non ten nada que ver comigo. Hai unha empresa querecorreu esa sentenza, e terá que dicir o xulgado se mandaexecutar a sentenza ou se lle dá prazo de recurso á empresaque presentou o recurso. Eu non podo facerlle máis, señorFajardo. (Aplausos.) Eu non vou intervir na xustiza.

E vostede eu non sei se pensa que eu nunca estivennunha fábrica de conservas. Eu non sei se vostede pensa quea única maneira de defender as traballadoras é ir manifestar-me á porta dunha empresa con eles, ou se o meu traballoconsiste en facer as negociacións coas empresas. E no meudespacho a empresa comprometeuse a poñerlles un autobúsás traballadoras e aos traballadores para desprazalos. (Pro-núncianse palabras que non se perciben.)

Pero vamos ver, señor Fajardo, vostede estame dicindoo que fixen eu e eu estoulle dicindo o que fixen, señorFajardo. E eu estoulle dicindo que pedimos aclaración áUnión Europea e trasladóuselle á empresa a resposta daUnión Europea. E agora o que se vai facer é comprobar quemaquinaria era a que estaba suxeita a esas subvencións daUnión Europea, comprobar que están dentro de Cuca ounon... (Pronúncianse palabras que non se perciben.)¡Claro!, ata cando tivemos a resposta da Unión Europea,señor Fajardo.

A verdade é que eu non sei se pensan que un país sepode gobernar a forza de agora quero isto, agora quero ooutro. Hai unha legalidade e hai que cumprir unha legalida-de. A empresa Cuca comprouna a empresa Garavilla, e sonas dúas fábricas do mesmo dono. O único que hai que diciré que a empresa Garavilla comprou Cuca. ¿Cuca recibiraunha subvención da Unión Europea? Si. ¿Está prohibidotrasladar esa maquinaria dende Vilaxoán ao Grove? Si. Áempresa comunicóuselle e agora teremos que ir á empresaCuca a comprobar que esa maquinaria que foi obxecto desubvención con cartos da Unión Europea segue estando enCuca, o cal non quere dicir que o resto da maquinaria teñaque estar.

Agora, o que lle dixen nun principio, eu respecto a lega-lidade, respecto as decisións xudiciais. Hai unha sentenza,haberá que esperar ao que digan os xuíces para cumprir esasentenza. (Murmurios.)

A señora PRESIDENTA: Silencio.

A señora CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL E DO MAR

(Quintana Carballo): Non vou saltar a sentenza.

Eu, ¿de que lado estou sempre? Da legalidade, da legali-dade

E en canto ás perdas dos postos de traballo, hai o com-promiso da empresa de manter os postos de traballo, hai uncompromiso da empresa de manter os postos de traballo.Vostede pon ata en dúbida que unha empresa gaste cartos enpublicidade para non manter unha marca determinada. Amin cústame moito traballo crer que, cos tempos que corren,alguén pode investir en publicidade nun produto que logodeixa de fabricar.

Pero en fin, xa vexo que vostede ten outros intereses eoutras intencións, que lle gustan máis ca a min as algaradas. Euprefiro seguir traballando no despacho e dentro da legalidade.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Señor Fajardo, non cabe... (Pronúncianse palabras quenon se perciben.) ¿déixame falar a min? Vostede estivo nodebate e non caben alusións, e ademais as alusións, en todocaso, valóraas a presidenta. Non vai ter a palabra. Faga ofavor. (O señor Fajardo Recouso pronuncia palabras quenon se perciben.)

Non ten a palabra. Non ten a palabra, se non... (O señorFajardo Recouso pronuncia palabras que non se perciben.)Señor Fajardo, sente.

Señor Fajardo, segunda chamada á orde, antes non lledixen o que significaba a terceira, ou senta ou o chamo áorde por terceira vez. Faga o favor.

Continuamos coa orde do día.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

84

Número 3026 de xuño de 2013

Page 85:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Díxenlle que non ten a palabra.

(Murmurios.)

Ben, faga o favor.

Interpelación de Dª María Carmen Acuña do Campo ecatro deputados máis, do G.P. dos Socialistas de Galicia,sobre o proceso privatizador da sanidade pública de Gali-cia e a construción do novo hospital de Vigo

A señora PRESIDENTA: Ten a palabra a señora Acuña.

A señora ACUÑA DO CAMPO: Grazas, presidenta.

Boa tarde, señorías. Boa tarde, conselleira.

Dende o PSdeG traemos de novo a debate o fracaso daconstrución do novo hospital público metropolitano ÁlvaroCunqueiro, de Vigo, que non é público nin é metropolitanonin é. É o hospital que tería que dar servizo ás máis de600.000 persoas desa área, que tería que dar solucións ásmáis de 25.000 persoas que están na área de Vigo en lista deespera, que tería que rematar con ese concerto tan singularque ten Povisa polo cal na área de Vigo 100.000 persoas sóteñen prestación sanitaria na rede privada, que tería que tran-quilizar os máis de 300 facultativos que firman ese escrito dedenuncia que se pode ler nos xornais, que tería que sacar dasrúas os miles e miles de persoas que un día si e outro tamén–o próximo vai ser o día 27– se manifestan para protestarpola situación da súa sanidade, un hospital que, cunha super-ficie de 172.000 metros cadrados e máis de 1.450 camas,tería que estar rematado este ano. Pero, en lugar de todo iso,¿que temos, conselleira?, ¿que temos cando tan só restan unsmeses para que o hospital estivera rematado? Pois non temosnada, conselleira, ou, mellor dito, temos fracaso, temos pará-lise e temos ese esperpento en forma de vinganza, en forma–non sei– de ameaza ou de represalia exercida polo Gober-no galego, polo Goberno da Xunta, sobre o Concello deVigo.

Pero fagamos un pequeno percorrido por este proxecto.No ano 2009 o Goberno progresista presidido polo señorTouriño acordou a construción dun novo hospital para Vigo,para o cal consensuara un proxecto cos facultativos e ade-mais creara unha empresa pública para financiar esa obra en

cinco anos e cun custo en torno aos 300 millóns de euros,sempre menos de 500. Pero nese ano celebráronse elecciónsautonómicas, ganou o Partido Popular e colocou ao señorFeijóo á fronte da Xunta. E temo que o presidente Feijóo–como, por certo, teño dito máis veces– sofre un xeito dedelirio coas infraestruturas sanitarias, que o levan a afirmarque xa leva construído tres hospitais novos no seu mandato–tres cando está en Galicia, cinco cando sae fóra de Galicia–e 19 centros de saúde. Así que, preso dese delirio, decide queen Vigo vai facer a maior infraestrutura sanitaria do mundo,ademais no menor tempo posible, ademais sen gastar nin uneuro, e ademais en situación de crise. Para iso paraliza o pro-xecto anterior, que xa estaba en marcha –por certo, conse-lleira, recórdolle que utilizando un trámite de urxencia quelle permitiu non ter que presentar un estudo comparativo dasdiferentes fórmulas de financiamento–, e converte ese pro-xecto inicial público nun modelo privado, nunha PFI.

Anula o que había e decide que se faga un hospital pri-vado con cartos privados para que despois, en anos sucesi-vos e con sucesivos gobernos á fronte da Xunta, e por mediode elevadísimas cotas, durante máis de vinte anos se foramercando esa construción. De maneira que, ao final, se des-pois de vinte anos de verdade chega a ser público, a Xuntatería que ter pagado por iso nada máis e nada menos que1.794.935.833 euros.

En setembro de 2010 o Sergas contrata unha empresaconsultora, a empresa Price WaterHouse Cooper, empresamoi vinculada ao actual ministro señor De Guindos e taména vostede, conselleira –paréceme que traballa unha filla súanesa empresa–. Bueno, pois esa consultora, por 220.000euros de nada escolle a empresa, a UTE ideal, para levar acabo ese proxecto. Por certo, ese informe casualmente agoranon aparece. Eu supoño que o terán vostedes gardado nomesmo caixón onde gardan a auditoría das caixas, as factu-ras do señor Dorado e, por suposto, os floteis de Pemex.

A UTE escollida está composta por construtoras en ban-carrota e por bancos arruinados, pero, iso si, todos moi pró-ximos ao Partido Popular. Na parte financeira, está a arrui-nada Bankia do señor Rato, e na parte construtora estáOcasa, entre outras, hoxe quebrada pero onde tivo un altocargo o actual conselleiro de Infraestruturas, o señor Her-nández, empresa que ademais subcontratou con HierrosSanta Cruz, do señor Telmo Martín.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

85

Page 86:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

En marzo de 2011, con motivo da campaña das munici-pais, asistimos á primeira inauguración de Feijóo do hospi-tal, aínda que as obras se iniciaron tres meses despois, enxuño do 2011. Pero, por certo, esta non foi a única inaugu-ración. Na campaña das autonómicas houbo a segunda.

E tan só un ano despois de iniciadas as obras, en xuño de2012, comezaron as dificultades, conselleira. Primeiro, aUTE anuncia o recorte do proxecto debido ao sobrecusto de8 millóns en gastos de cimentación. A consecuencia diso,reducíronse as camas, o laboratorio, a docencia, investiga-ción, etc. Un mes máis tarde –xullo do 2012–, e cando xa setiña gastado o 20 % do orzamento, ou sexa, os fondos pro-pios que a concesionaria se comprometera a pór, e cos ban-cos que conforman a UTE quebrados, descobren que nonconseguen financiamento. Dende entón, conselleira, a obraestá paralizada e imos de desgusto en desgusto. O último éque Ocasa está en serias dificultades.

Pero vostede, conselleira, segue negando a maior, seguenegando que a obra está paralizada e que daqueles 2.500obreiros de que tanto presumían que ían traballar nese hos-pital tan só quedan agora 50, máis que suficientes para rea-lizar os labores de mantemento no feito. E vostede seguenegando que estean sen cartos para continuar e sen ningun-ha perspectiva, salvo que agora sexa o Goberno o que poñao diñeiro.

En fin, que temos en Vigo un hospital público, convertidoen privado, que agora terá que ser rescatado con cartos públi-cos para seguir sendo privado. En fin, unha esquizofrenia.

Mentres Touriño ía facer un hospital público con cartospúblicos, duns 300 millóns de euros, cunha superficie de172.000 metros cadrados que tería que estar rematado noano 2013, Feijóo transformouno nun hospital privado de tansó 70.000 metros cadrados e cun custo de máis de 1.700millóns de euros e que, ademais, no 2013 está paralizado.

Neste contexto, conselleira, neste contexto que eu debu-xo, e con toda a desfachatez do mundo –por ser politica-mente correcta–, vostedes pretenden levar ao xulgado oConcello de Vigo por negarse a dotar de servizos municipaisa ese esperpento, denunciar no xulgado o Concello de Vigoporque se nega a regalar cinco millóns de euros dos veciñose das veciñas deste concello a este fallido hospital privado.

Moi propio do PP, se non fas o que eu che mando pois pre-párate que te vas enterar, tomarei represalias.

Pois mire, conselleira, vaia vostede ao xulgado, queseguro que terá...

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, por favor.

A señora ACUÑA DO CAMPO: ...moito que dicir ante todoese tinglado pepero. E, mentres tanto, nós celebraremos queaínda quede algo de sentido común, celebraremos que unconcello, neste caso o de Vigo, continúe a velar polos inte-reses da cidadanía, xa que vostedes non o fan.

Conselleira, ante todo este sensentido, os socialistas que-remos ver se nos aclara vostede algo por medio desta inter-pelación. Mire, ¿vai asumir vostede a responsabilidade deses180 millóns que parece que porá o Banco Europeo de Inves-timentos? Recórdolle que no contrato figura explicitamenteque o financiamento é a risco e ventura da concesionaria.Logo, teriamos que levala tamén nós ao xulgado por terincumprido o contrato.

Díganos, conselleira, ¿está vostede de acordo con que oGoberno –segundo anunciou o PP de Vigo– retire as transfe-rencias da Xunta previstas para o Concello de Vigo?

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señora Acuña.

A señora ACUÑA DO CAMPO: Remato, presidenta.

¿Que financiamento vai retirar?, ¿o das becas?...

A señora PRESIDENTA: Señora Acuña.

A señora ACUÑA DO CAMPO: ...¿o dos servizos sociais?

(A señora Acuña do Campo pronuncia palabras que nonse perciben.)

A señora PRESIDENTA: Señora Acuña, rematou o seutempo. Señora Acuña, remate, por favor, o seu tempo rematou.

(Aplausos.)

Ten a palabra a conselleira de Sanidade.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

86

Número 3026 de xuño de 2013

Page 87:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

A señora CONSELLEIRA DE SANIDADE (Mosquera Álva-

rez): Grazas presidenta.

Boas tardes, señorías.

Pois mire, eu tamén vou facer un repaso pola historia,señora Acuña. O día 7 de marzo do ano 2006 a Conselleríade Sanidade, a Consellería de Política Territorial, ObrasPúblicas e Transportes e a alcaldesa de Vigo asinaron unconvenio de cooperación para a construción do novo hospi-tal de Vigo e a dotación das infraestruturas. É obvio, e así orecolle o convenio, que o novo hospital viña dar resposta aunha necesidade asistencial recoñecida por todos para aspersoas que viven en Vigo e a súa área de influencia, máisde 600.000 persoas.

Pois ben, este proxecto que aquel Goberno no ano 2006recoñecía como vital, e de vital importancia para toda estaárea, pasados tres anos, en marzo de 2009 seguía sendo sóun proxecto. Empregouse toda unha lexislatura para apro-bar o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal epara facer o proxecto básico do hospital, todo o demaisquedou sen facer. Ao longo dese período, entre o ano 2007,que se celebraron as eleccións municipais e o ano 2009, naque tiveron lugar as autonómicas, o goberno de Vigo tam-pouco fixo nada respecto do convenio, nin para o seu hos-pital. Nin daquela nin despois, ata este ano 2013, manifes-tou que non tiña intención de cumprir coas obrigas contra-ídas no convenio, sendo ben coñecedores deste mesmoconvenio así como do proxecto supramunicipal, do estudode viabilidade e de que o resto das partes asinantes seguia-mos traballando para cumprir o noso compromiso conVigo.

A cláusula 7 do convenio asinado di literalmente –e léo-llo–: “O Concello de Vigo levará a cabo a execución dasinfraestruturas urbanísticas precisas que garantan os servi-zos necesarios para a construción e funcionamento do hos-pital, en concreto o abastecemento de auga e o saneamento,así como a dotación de subministracións e servizos de gascidade, electricidade, canalización de fibra óptica e calqueraoutro que sexa imprescindible ou necesario para a constru-ción e funcionamento do hospital. A execución destasinfraestruturas deberá concluír con anterioridade á finaliza-ción da construción do hospital, co obxecto de garantir a súaposta en funcionamento”.

Isto é literalmente o que di o convenio. Esta é a contri-bución do concello estipulada. E teño que dicir que, por pri-meira vez na historia da autonomía, un concello non pon ádisposición os terreos necesarios para unha obra de infraes-trutura sanitaria para os cidadáns, polo que foi o ServizoGalego de Saúde quen financiou a expropiación dos terreos,dando lugar así a un agravio comparativo cos outros conce-llos que si o fixeron. É un precedente de gran transcenden-cia para o Servizo Galego de Saúde.

Ademais, na cláusula décimo segunda queda establecido–e volvo ler literalmente–: “O incumprimento de calqueradas obrigas establecidas neste documento poderá dar lugar áresolución do mesmo, e, no seu caso, á indemnización dosdanos e prexuízos causados”. Pois ben, o Concello de Vigofoi informado, porque forma parte da comisión de segui-mento como asinante do convenio, dos pasos que se forondando para cumprir os seus compromisos, para non provo-car prexuízos que compliquen o avance da planificación dasobras. Ante a negativa reiterada, primeiro, a comunicar porescrito a súa decisión e, logo, a cumprir os seus compromi-sos, vémonos na obriga de resolver o convenio e asumir aexecución das infraestruturas urbanísticas necesarias para ohospital.

Isto vai supoñer para a Xunta, para os orzamentos detodos os galegos, un custo que non estaba previsto, ademaisda repercusión na planificación establecida. Polo tanto, aXunta reclamará o cumprimento dos compromisos adquiri-dos a través das medidas e procedementos oportunos, e nasinstancias que proceda. Non teña ningunha dúbida de que asío imos facer.

E isto foi sempre o que defendemos. A obra do hospitalestá en marcha, é unha realidade, o mesmo que as necesida-des sanitarias dos cidadáns de Vigo. E os resultados, osavances, son ben visibles para toda persoa que os queira ver.

A empresa concesionaria é a responsable de conseguir ofinanciamento para a realización da obra. Nestes momentoscontinúa co proceso de negociación coas entidades financeiraspara pechar este financiamento canto antes. E aí non está inclu-ída en ningún momento Bankia. É certo que a expectativa eraque estivera pechado con anterioridade, pero tamén é certo queo contexto financeiro e as outras dificultades foron atrasando oproceso; entre elas, como moi ben dixo, o problema de Ocasa.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

87

Page 88:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Pero a obra está aí, a obra está aí, e teñan a seguridade de queos cidadáns de Vigo terán o seu hospital, e non con 70.000metros cadrados menos, como vostede di reiteradamente.Cumpriremos o noso compromiso. Desde o primeiro momen-to, desde o ano 2009, vimos traballando para que así sexa.

A pesar de que nunha lexislatura vostedes non consegui-ron nin os terreos, e negáronse ademais a pagalos. Pagámo-los precisamente porque o convenio do 2006 así o estable-cía, e nós si cumprimos os convenios.

A pesar da crise económica, a pesar das dificultades quealgúns intentan crear, a pesar dos incumprimentos do Gober-no do Concello de Vigo, o novo hospital público de Vigo éunha realidade, será un gran hospital que dará resposta ásnecesidades dos cidadáns e dos profesionais de Vigo, nonteña vostede ningunha dúbida.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Réplica da señora Acuña do Campo.

A señora ACUÑA DO CAMPO: Grazas, presidenta.

Conselleira, vostede di que nós nunha lexislatura nonconseguimos os terreos para o hospital. Bueno, pois voste-des levan gobernando máis de vinte anos e aínda non foronquen de facer un hospital en Vigo.

Mire, eu coñezo perfectamente o convenio, igual ca vos-tede, por iso lle digo que non pon nada dun hospital privado,¡nada! Pero, mire, non imos falar nin vostede nin eu. Voullevolver ler o que din os facultativos de Vigo en relación coque está pasando coa sanidade, algo que, por certo, elescomproban a diario. Mire, con este novo sistema especulati-vo de xestión a nosa saúde verase mal atendida, aumentaránas demoras, non teremos acceso aos novos tratamentos inno-vadores e os niveis de calidade sanitaria caerán. Perderasecalidade de vida, perderanse anos de vida útil, multiplicara-se o sufrimento, aumentará a ansiedade, e teñan por seguroque se perderán vidas innecesariamente.

Conselleira, por responsabilidade, reconduza a súa xes-tión, así vai mal. Dino os profesionais, pero padéceno, sófre-

no, os doentes. Menos confrontación, conselleira, co Conce-llo de Vigo e máis solucións.

Aquí non nos explicou nada, é un acto de fe. Vostedesvan facer o hospital de Vigo. ¿Como? ¿Cando? ¿Con queprezo? ¿Con que cartos? ¿Con que prazos?

Mire, resulta imprescindible sacar o novo hospital deVigo desa parálise. É moi fácil, non o complique vostede.Fórmulas públicas para hospitais públicos, fórmulas priva-das para hospitais privados. Non hai máis. E mire, tamén lledigo, aforre esa cantilena de que é público. Se fora un hos-pital público, non tería que facer todas esas enganosas cam-pañas de publicidade –que, por certo, vostedes negan, perovostedes pagan–. Recórdolle de novo: aquí está a campaña,as vallas non as podo traer. Eu pregunteille, e vostede con-testoume nunha resposta parlamentaria que non existía talcampaña.

Mire, se para Feijóo o feito de que un hospital teña nomedemostra que existe, para nós este empeño por facelo públi-co demostra que non o é. Eu pediríalle que hoxe dixera moiclariño nesta Cámara cómo, cándo, con qué cartos, con quéavais, cómo se vai construír o hospital de Vigo, en qué cir-cunstancias de prazos, conselleira, de tamaños e de custos,señora conselleira. ¿Por que razón persisten vostedes nunproxecto privado cando este leva un ano paralizado e sensolución? ¿Como lle van explicar á cidadanía de Vigo quevostedes privatizaron o novo hospital para que resultaramáis pequeno, máis caro, máis lento e moito máis complica-do? ¿Como lle van explicar á cidadanía de Vigo que Feijóolle quere quitar cartos para darllos a unha empresa privada?¿Como lle van explicar á cidadanía de Vigo que Feijóo llevai quitar as becas, as axudas sociais, para castigalos, con-selleira, para castigalos, por non negarse a darlle os cartospúblicos a unha empresa privada?

Recupere o proxecto do novo hospital de Vigo para quede verdade sexa un hospital público, feito con cartos públi-cos, e con xestión enteiramente pública, e verá como inme-diatamente a cidadanía de Vigo se pon a axudar e colaborade moi bo grao nese proxecto.

Mire, o único acerto de todo este despropósito foi poñerlle“Álvaro Cunqueiro” ao hospital, pois imos necesitar a Merlíne familia para saír disto. Mire como estará o hospital de Vigo,

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

88

Número 3026 de xuño de 2013

Page 89:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

conselleira, que ata o presidente o mostra do revés. Saíu entodas as televisións menos na galega, ¡por supostísimo!

Mire, agora teñen a oportunidade de darlle a volta. Fága-no, conselleira, a cidadanía de Vigo estao a esperar, e ade-mais necesítao.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Réplica da conselleira de Sanidade.

A señora CONSELLEIRA DE SANIDADE (Mosquera Álva-

rez): Grazas, presidenta.

Mire, señoría, o que é indiscutible é que o convenio foiasinado no ano 2006, e que contén os compromisos que con-tén. Eu non podo dicir máis nada. Para nós o obxectivo doconvenio é de suma importancia, nada menos que a constru-ción dun novo hospital na cidade de Vigo e a dotación dassúas infraestruturas.

En calquera dos convenios que asinamos –pero máis nunque ten este obxecto– mantemos os nosos compromisos, enon entendemos como o goberno do concello, que deberíatraballar polo máximo interese dos seus cidadáns, se nega acumprir os seus compromisos. E pon todas as dificultadespara que non se consiga a dotación sanitaria máis importan-te para as persoas que viven na área de Vigo. Non se podenpór argumentos como os que vostede acaba de poñer enribada mesa, é que non se sosteñen.

A fórmula de financiamento a través da colaboraciónpúblico-privada, ou a concesión pública, utilízase en todaEspaña e en moitas comunidades autónomas, goberne quengoberne, de distintas colores políticas, e na maioría dos paísesdo noso contorno, tanto para infraestruturas sanitarias comopara infraestruturas que non son sanitarias. Voullo aclararunha vez máis, aínda que xa o aclarei moitas veces. O mode-lo ten un período concesional de servizos non sanitarios, osservizos sanitarios seguen sendo de xestión pública. Todos osprofesionais sanitarios van ser profesionais do Servizo Gale-go de Saúde. Só os servizos non sanitarios pasarán a ser daconcesión, e estes servizos non sanitarios, a maioría deles, xaestán sendo prestados por empresas privadas: a limpeza, a

seguridade, o mantemento, a lavandería, a enerxía, o coidadodos xardíns, o coidado das vías. E estamos a pagar por eles 33millóns de euros ao ano. Faga vostede a multiplicación, seño-ría. E cando fala de mil e pico millóns de euros en vinte anosfaga vostede os números, pero sexa rigorosa. Non mezcle oque son os servizos co que é a dotación da infraestrutura. Nonmezcle a obra cos servizos, porque entonces estamos enga-nando a cidadanía, señoría, que é o que vostede fai habitual-mente, que é o que vostede fai habitualmente .

Despois de gobernar na lexislatura que contou cos maio-res recursos públicos para sanidade, e de non facer os inves-timentos necesarios para conseguir o novo hospital de Vigo,despois de asinar un convenio no que se especifican exacta-mente cales son os compromisos das partes, e polo tantocales son os compromisos do concello, néganse a recoñecercales son estes compromisos. E pretenden poñer como des-culpa o modelo concesional. Bueno, pois vale.

Levan tempo tratando de confundir, de poñer dificulta-des para un proxecto vital para Vigo, que vostedes foronincapaces de levar adiante, e que agora todo o mundo o podever cos seus ollos. E eu vouno poñer ao dereito, eu vounopoñer ao dereito. Esta é a obra, señoría, isto é o que podenver todos os de Vigo nada máis acercarse (Aplausos.)

A cidadanía de Vigo sabe que vai contar cun novo hospi-tal, sabe que vai contar co centro que precisa, e que esteGoberno traballa co compromiso para adquirilo. Todos osque queiran, poden pasar a velo. Vostedes xa estiveron alítamén.

E agora quérolle aclarar unha cousa: a miña filla non tra-balla en Price Waterhouse. Iso quérollo deixar moi claro.¿Vale?

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Interpelación de D. Abel Losada Álvarez e tres deputadosmáis, do G.P. dos Socialistas de Galicia, sobre os criteriosde destrución de documentación na Xunta de Galicia

A señora PRESIDENTA: Para formular a interpelación, tena palabra o señor Losada Álvarez.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

89

Page 90:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

O señor LOSADA ÁLVAREZ: Boas tardes.

Grazas, presidenta.

Señorías.

Señor conselleiro e vicepresidente da Xunta, ía empezarcunha película, pero vou a empezar antes con outra. Vouempezar con “Matrix e a realidade virtual”. Esa fotografíaque vin agora do hospital de Vigo non existe en ningún lugar¡eh!, en ningún lugar, paso por alí todos os días, non existe.

A señora PRESIDENTA: Señor Losada, o tema pechou naanterior intervención.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: Era só por se..., en fin, eu creoque convén, eu creo que convén deixar claro, señora presiden-ta, que non se poden ensinar maquetas como obras rematadas,por decencia, por decencia, señora presidenta (Aplausos.)

Ben, e sigo no cine. Hai unha película de Steven Soder-bergh, que se chamaba, ou se titula, Sexo, mentiras e cintasde vídeo. Seguro que moitos de nós a vimos. Eu vou falar depolítica, de mentiras e de fotografías aquí (Murmurios.) Evou falar, desde logo, da marxe e do marco político no quese desenvolve esta interpelación. Esta interpelación iniciou-se cunha afirmación categórica do señor Feijóo –como faicase sempre– dicindo que “Galicia é un país pequeno no quenos coñecemos case todos”. (Murmurios.) Hoxe, despois doque vimos, despois do que vimos, soa a unha broma maca-bra en relación coa xente que se coñece ou non se coñecenesta comunidade autónoma.

Tamén dixo o señor Feijóo que as fotos súas cun narco-traficante eran un intento de desprestixiar a democracia. E atransparencia nunca desprestixia a democracia. O que des-prestixia a democracia é a ocultación e é intentar enganar acidadanía.

Ben, seguimos coa terceira cuestión.

Dixo o presidente da Xunta que as maiorías daban ocomportamento ético, e tamén aquí se equivocou, aquí non écorrecto. As maiorías dan o poder, a ética tense ou non se ten(Aplausos.), e ningunha maioría absoluta, por moi folgadaque sexa, dá un comportamento ético.

E, por último –e retrocedo un pouco na historia–, noséculo XVI un historiador falou da castración e doma doReino de Galicia –non sei se o subscribe ou non– na épocados Reis Católicos. Pero, desde logo, estamos asistindo aunha intolerable castración e doma do Parlamento galegopor parte do Goberno galego coa conivencia da presidenciadeste Parlamento. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Señor Losada, a min gustaríameque se mantivera a cortesía e o decoro...

O señor LOSADA ÁLVAREZ: Perdoe, é un título dun trata-do do século XVI do historiador Gerónimo de Zurita.

(Pronúncianse palabras que non se perciben.)

A señora PRESIDENTA: Estou a falar co señor Losada,¿vale?

Señor Losada, vostede é o portavoz.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: É unha cita. Non, non, non avou retirar porque –insisto– é unha cita e, efectivamente, éasí.

(Pronúncianse palabras que non se perciben.)

Ben, pois eu non o vou retirar.

Lamentablemente, canta máis información fomos aca-dando co paso do tempo sobre a cuestión das fotografías doseñor Feijóo co narcotraficante Marcial Dorado máis cheosde mentiras, de confusión interesada por parte do Goberno,estamos, desde logo, os membros do Grupo Socialista, ecreo que moito máis perplexa a sociedade galega, sen nin-gunha dúbida. Porque esas amizades perigosas, esas contra-dicións de datas, de lugares, de relacións, esa ignorancia pre-tendida de algo que toda Galicia coñecía o único que demos-tra é que o señor Feijóo tiña algo que ocultar, e así odixemos. E, desde logo, o comportamento posterior en rela-ción coa información pedida por este grupo parlamentariodo Goberno galego ratifica absolutamente esta percepción.

Porque o señor Feijóo acumulou fundamentalmentecatro mentiras en relación con esa relación con MarcialDorado. A primeira, dicir que non sabía quen era o Marcial

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

90

Número 3026 de xuño de 2013

Page 91:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Dorado dos anos noventa. Evidentemente démoslle mesmoa confianza de que fora ignorancia, pero evidentemente nonpode ser ignorancia. Alguén que lea os periódicos, que vexao que estaba saíndo nese momento nos medios de comuni-cación, que vira as taxas de mortalidade xuvenil deste paísnese momento... (Murmurios.) Si, si, as taxas de mortalida-de infantil e xuvenil deste país. (Murmurios.) Eu non sei selles molesta, pero son os datos. (Murmurios.)

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: E a principal causa de morteera a sida e a drogadicción. E este é un feito obxectivo e,desde logo, lamento que lles moleste porque saben perfecta-mente que era así. E que o secretario xeral do Sergas, do Ser-vizo Galego de Saúde, o responsable do Plan galego contraa drogadicción, se fixera fotografías cun narcotraficante éinmoral e indigno.

E, por certo –quero dicilo xa solemnemente para que oPartido Popular non se faga a vítima, e menos o señor Fei-jóo–: este grupo nunca acusou o señor Feijóo de narcotráfi-co, nunca, ningún membro do Partido Socialista, ningún.(Pronúncianse palabras que non se perciben.) Non, non,vouno explicar agora... (Murmurios.)

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: Vouno explicar agora.

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: Si, si, non se preocupen.(Protestas.)

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: ¡Nunca!

Dixemos outra cousa, dixemos que se fixera fotografíascun narcotraficante; e, por certo, é verdade. (Aplausos.)

Segunda mentira –vou chegar hoxe aí, señor Puy, non sepreocupe–: “Cando souben no ano 1997 quen era MarcialDorado” –a verdade é que despois de tantas travesías, via-xes, festas, ten un déficit de coñecemento severo– “cortei

toda relación”. ¡Tamén mentira! No ano 2003. Si, si, é igualo que se arquivara, non estamos falando de cuestións xuris-dicionais nin xudiciais, estamos falando de política. No ano2003 seguía existindo esa relación co señor Marcial Dorado.

E, a terceira mentira: “Son só fotos”, dixo que eran sófotos. Non, non, son algo máis que fotos, é a significaciónpolítica desas fotos. E é algo tamén moi importante: serecorda quen pagaba esas viaxes, se recorda a onde ía, por-que eu pódolle asegurar que cando vou de viaxe sei ondevou, sei se estou na alta montaña ou no deserto, e algo abso-lutamente importante é que sei quen paga as miñas viaxes,porque as pago eu, págoas eu. Lamento a mala memoriatamén aquí do señor Feijóo.

“E acabou a infamia”, tamén dixo iso. E a infamia noneran esas fotos nin era acusalo politicamente de facerse fotoscun narcotraficante cando era o segundo cargo da Conselle-ría de Sanidade e cando as drogas eran a principal causa demorte entre a poboación xove neste país. A infamia era pre-cisamente esa relación absolutamente impropia, inmoral eindecente do señor Feijóo con Marcial Dorado. E agora que-ren continuar con esta mentira ocultando información.

E a verdade é que quero falar do “aí, aí”, quero falar doque significa “aí, aí”. Na comparecencia do señor Feijóo ovoceiro do Partido Popular falou do intento de lexitimaciónde narcotraficantes ou da mafia, lexitimación social a travésdos contactos cos políticos. Sabemos cal é o exemplo para-digmático, efectivamente. O exemplo paradigmático é Italia,onde efectivamente a mafia penetrou e controlou a Demo-cracia Cristiá durante décadas; e lamentablemente o sistemapolítico italiano está como está. (Pronúncianse palabras quenon se perciben.) Non, non, perdoa pero non. (Murmurios.)

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: E, desde logo, se o señor Fei-jóo permitiu que un narcotraficante se aproximara a el paraobter lexitimidade social, mal feito. E o “aí, aí” significa iso,e, por certo, significa outra cousa tamén, cando parece quenon o entenden. Significa Nené Barral. ¿Ou este quen era?,¿de que partido era e a que se dedicaba? O “aí, aí” significaiso, señores do Partido Popular, non lle estou chamando nar-cotraficante ao presidente Feijóo porque nunca llo chamei, nineu nin ningún socialista. O “aí, aí” significa permitir que os

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

91

Page 92:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

narcotraficantes se lexitimaran socialmente, e iso fíxoo o Par-tido Popular na década dos noventa e do dous mil en Galicia.(Aplausos.) Ou cando o señor Albor se foi entrevistar a Vianado Castelo cos narcotraficantes para favorecer que puideranvolver a Galicia, ¿de que estamos falando? Falamos de “aí,aí”, e iso si que o mantemos. E se os molesta, pois mala sorte.

A señora PRESIDENTA: Vaia rematando, señor Losada.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: Pois lamentablemente solici-tamos información e tamén aquí se nos enganou, porque nosdixeron dúas cousas radicalmente distintas. O señor Feijóodíxonos que esa información, eses contratos do Sergas e daConsellería de Sanidade non existían. Dúas semanas despoiso secretario xeral da consellería díxonos que era demasiadovolume de información para procesala. Polo tanto, esta inter-pelación é exclusivamente para saber, en caso de que se des-truíra esa información, señor conselleiro, quen o autorizou,que comisión de avaliación do tratamento dos arquivos daXunta permitiu esta destrución de información. E, desdelogo, en caso de que esa información siga existindo, esiximosque a través do artigo 9 se nos proporcione. Porque cremosque é fundamental precisamente por iso que tanto lles intere-sa agora a vostedes, o da marca España, o da marca Galicia...,

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Losada.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: ...despexar todas as dúbidasposibles que afectan á imaxe deste país.

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Ten a palabra o vicepresidente econselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xus-tiza.

O señor CONSELLEIRO DE PRESIDENCIA, ADMINISTRA-

CIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA (Rueda Valenzuela): Moitas gra-zas, señora presidenta.

Señorías, boas tardes.

Eu o primeiro que teño que dicir aquí é que viña respon-der unha interpelación sobre o manexo dos arquivos e o

manexo da documentación da Xunta de Galicia, once pre-guntas sobre este tema na interpelación. No tempo de des-conto, señor Losada, cando lle faltaban trinta segundos –eporque xa supoño que sería demasiado descarado– falou unpouco da documentación, así ás présas, pero xa nos aclarouperfectamente de qué viña falar. Se é que vostede o dixo,señor Losada, é igual o que se arquivara, díxoo vostede esupoño que o reflectirá despois o Diario de Sesións. Unhapregunta de arquivos que fai con once cuestións, é igual oque se arquivara, dálle exactamente igual.

“Aquí vimos falar de política”. O malo é que non vimosfalar de política, señor Losada, que sería lexítimo neste Par-lamento. Do que vimos falar é desa sede de escándalo, desasede de “vale todo”, absolutamente todo, para seguir esti-rando o chicle. Falamos da democracia cristiá, falamos doseñor Albor, falamos de moita autoxustificación: Eu nondixen, non dixen, non dixen... Cando un non dixo algo nonten que estar cinco minutos explicando o que non dixo. Nono dixo e xa está. (Aplausos.) O malo é que vostedes o dixe-ron, e dixérono continuamente, señor Losada. (Aplausos.)

E cando un nunha interpelación de arquivos fala cincominutos do que intenta explicar que non dixo e trinta segun-dos –sendo xeneroso– do que vén preguntar, queda clara-mente a súa intención explicitada e queda claramente a súaintención demostrada. Pero eu son serio, e veño falar do quevostede me pregunta, señor Losada.

Mire, permítame facer unha pequena relación do que vaieste asunto. Dúas comparecencias acumuladas coa interven-ción do presidente da Xunta, sete preguntas nas sesións decontrol con remisión posterior da documentación por escri-to, tres preguntas na Comisión de Control da CRTVG, unartigo 9 con resposta formalizada, unha comparecencia porpetición propia do secretario xeral técnico da Consellería deSanidade, unha pregunta escrita sobre este tema tramitada ea interpelación de hoxe. Por certo, tamén unha rolda de pren-sa o primeiro día do presidente da Xunta tamén en sede par-lamentaria, dezasete iniciativas máis a rolda de prensa –seconsideramos que foi no Parlamento, dezaoito–. ¿Valeu paraalgo? ¡Non! Aquí non vimos falar de nada do que se pre-gunta, vimos falar de política, vimos autoxustificarnos poloque sabemos que vostede dixo pero non quere recoñecer,porque sabe que non lle convén. Vimos falar de todo menosda verdade –vostedes–; eu veño falar da verdade, señor

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

92

Número 3026 de xuño de 2013

Page 93:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Losada, veño falar do que me pregunta. Se vale, ben, e. senon. podemos seguir aquí falando de películas. E eu taménpodo citar moitos títulos enxeñosos que se me ocorren...(Murmurios.) E ao mellor non quedaba moi ben... (Murmu-rios.) Pero vou falar da interpelación, que é do que vostedeme pregunta.

Mire, compareceu por petición propia o secretario xeraltécnico da Consellería de Sanidade, e aportouse, por certo, arelación de pagamentos respecto dos contratos que vostedessolicitaban. E que non se puido aportar, por certo, por razónscompletamente alleas ao presidente da Xunta de Galicia.Non imos recordar o que sucedeu na pregunta oral porque oviu toda Galicia, toda España e supoño que outros moitospaíses, respecto da actitude do señor Beiras e respecto doque aquí se ventilou no Parlamento.

Feita esta aclaración inicial gustaríame centrarme nainterpelación, creo que é necesario para saber de que vimosfalar aquí, señor Losada. A interpelación, como ía da xes-tión, documentación e a conservación da documentaciónadministrativa da Xunta de Galicia, teño que dicirlle, pri-meiro, que unha pregunta escrita á Consellería de Cultura xase contestou por parte da Xunta de Galicia. Pero, en todocaso, vostedes non preguntan sobre se a Xunta procedeu ádestrución física de documentos. Non, o que fai vostede –seé que leu a interpelación, porque teño moitas dúbidas des-pois de escoitalo aquí– é que constrúen, iso si, a súa pelícu-la, dan por suposto todo. Dan a resposta que lles convén por-que calquera outra non lles valería para montar o espectácu-lo que montou aquí. E a partir de aí preguntan o por que, ocomo, o quen, o cando..., (Pronúncianse palabras que nonse perciben.) ou buscan calquera cousa para darlle argumen-to á película que aquí veu montar. O malo é que non hai pelí-cula, señor Losada.

Mire, voulle dicir unha cousa, non consta destrución nin-gunha de documentación, ningunha resolución que autoricea eliminación de expedientes. E non debe confundirse –nondebería, vostede, claro, despois de ver o que dixo aquí con-funde calquera cousa, se é que sabe do que está falando–,non debe confundirse o criterio xeral, que si que está nunhainstrución do ano 2010, do tempo máximo de permanenciados distintos tipos de arquivos con destrución material dedocumentos, que non se produciu en ningún momento e queninguén afirmou en ningún momento.

Señor Losada, a Xunta custodia un volume inxente dedocumentación, cada vez máis, é lóxico. O día a día daactuación administrativa xera un importante volume dedocumentación, que é moita xa despois de tres décadas deautogoberno. ¿E cal é a cuestión? Que a normativa aplicablena materia vén regulada de verdade nunhas normas que haique renovar canto antes: a Lei do ano 1995, sobre patrimo-nio cultural; e un decreto do ano 1989 para regular o sistemade arquivos. A partir de aí, como había unha necesidade –een catro anos do bipartito, por certo, non se fixo absoluta-mente nada– (Murmurios.), houbo que desenvolver unhaserie de ordes durante estes catro anos. Culminaremos isto–por certo, levabámolo no programa electoral que foi ratifi-cado pola maioría absoluta dos galegos– coa elaboraciónantes de que remate este ano dunha lei de arquivos do patri-monio documental de Galicia, que esperemos que deixe estetema definitivamente ordenado.

Iso si, antes houbo que facer unha serie de melloras:xestión arquivística, censo de arquivos, crear un grupo detraballo técnico que xa está traballando para estudos docu-mentais. E aprobar –como lle dicía– varias normas: oDecreto 207/2010, polo que se crea o Arquivo de Galicia,como cabeceira e centro de referencia piramidal do siste-ma de arquivos; outras dúas ordes do mesmo ano destina-das a regular os préstamos entre arquivos e a consulta ereprodución dos documentos –á que antes me referín–. E,como lle dicía, a elaboración de toda esta normativa cul-minará neste mesmo ano, de acordo co noso compromisoelectoral –porque nós si que os cumprimos–, coa aproba-ción do Proxecto de lei de arquivos de Galicia; unhanorma na que vimos traballando dende hai meses, que estácomprometida –como dicía– no programa electoral e queestá no calendario lexislativo que aprobou o Consello daXunta de Galicia. E, por suposto, iso levará incluída unhacomisión de arquivos, porque ao final para que as normasfuncionen ten que haber unha serie de xente que as apliquee lles dea sentido, e para iso vai funcionar a Comisión deArquivos.

¿É todo isto dabondo, señor Losada? Depende. Se voste-de vén falar de documentación, (Pronúncianse palabras quenon se perciben.) supoño que si, pero como non veu falar dedocumentación que veu falar da democracia cristiá, veu falarde películas, empezou dicindo que non vimos falar nin dearquivos nin de nada diso, que vimos falar de política, eu

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

93

Page 94:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

fálolle de política responsable; e como me pregunta pordocumentación, eu fálolle de documentación.

Mire, en tres meses quedou claramente constatado queaquí hai dous impulsos contraditorios no labor da oposición,polo menos na que fan vostedes.

Por unha banda, o seu dereito e o seu deber –e ninguén odiscute– de control do Goberno. E, por outra, a vontadeincontrolada de estirar un chicle que vían que lles morría,que vían que non tiñan máis argumentos para expoñer e quehoxe acaba de dar unha mostra clara con todo o que aquíacaba de dicir.

Eu voulle recordar: 17 iniciativas parlamentarias, 18 coarolda de prensa en sede parlamentaria. A partir de aí, cada unse retrata: o Goberno e o presidente da Xunta dando expli-cacións, e a oposición vertendo acusacións tan normais e tanfáciles de entender como dicir que o presidente da Xunta é oresponsable directo da desaparición dunha xeración nacomarca de Arousa. Iso díxose aquí, señor Losada, e voste-des aplaudírono. Iso díxose aquí e vostedes aplaudírono.(Pronúncianse palabras que non se perciben.) Insinuar sos-peitosas manobras para manipular autopsias. Ese tipo debarbaridades aquí foron ditas e vostedes aplaudírono.

Esa é a diferenza: 18 comparecencias parlamentarias, 18aportacións de documentación, respostas do presidente,artigo 9, e barbaridades como as que lles acabo de dicir,dous exemplos máis, e permítame que lle diga con todo res-pecto outro máis que acabo de ver aquí, vendo que, de 11preguntas sobre documentación, vostede non me fixo nin aprimeira.

Ao final, como eu veño falar de documentación, señorLosada, dígolle que este é un camiño (Pronúncianse pala-bras que non se perciben.) que hai que recorrer, é un cami-ño que temos que mellorar, é un camiño que empezou candoempezou a historia da Autonomía: en 1989 aprobouse o pri-meiro Decreto autonómico en materia de arquivos, co presi-dente Laxe; en 1995 a Lei de patrimonio cultural, co presi-dente Fraga; en 2010 creouse o Arquivo de Galicia e desen-roláronse as normas para o manexo de documentación, copresidente Feijóo, e o 2013 será o ano dunha lei de arquivos,tamén co presidente Feijóo –como lle dicía–, incluída noprograma electoral.

Se aquí non vimos falar de arquivos, que vimos falar depolítica, eu doulle a volta e digo: falo de política responsa-ble. Agora tócalle o turno a vostede, supoño que seguiráfalando de todo menos do que me preguntou.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Réplica do señor don Abel Losada.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: Grazas, señora presidenta.

Señor conselleiro, dixo vostede que non hai ningunhapelícula. Ten razón, só hai fotos. Iso é certo.

Mire, desde logo imos seguir falando deste tema, gúste-lles ou non lles guste. Imos seguir estirando non sei que chi-cle, porque, indubidablemente, quen sobre todo predicou coexemplo de non facer fotos con personaxes xa non digoindesexables –que para min Marcial Dorado, desde logo,éo–, senón con empresarios –vostedes que soen ser tan ami-gos dos empresarios–, por parte de quen gobernaba, sendimitir; quen fixo esas campañas electorais tan absoluta-mente sucias como as que fixeron vostede e o señor Feijóono ano 2009, estamos absolutamente lexitimados para esti-rar o chicle todo o que queiramos. ¡Só faltaría!

Evidentemente, entendín que vostede lera as 11 pregun-tas da interpelación, e parecíame perder o tempo, tendo enconta a estrita disciplina da presidenta, en repetir o que vos-tede xa coñecía.

Mire, a calidade democrática dun país márcase funda-mentalmente polo acceso á información pública. ¿Sabe vos-tede que foi o primeiro que fixo o xeneral Franco no ano1936? Non, non se molesten, é historia, memoria histórica.Sei que as dúas palabras xuntas lles provocan un certo sar-pullido, pero é memoria histórica. (Pronúncianse palabrasque non se perciben.) (Aplausos.)

Fundou... –Si, si, claro, claro–. Fundou La Junta deExpurgos. Lo primero que hizo fue fundar la Junta deExpurgos. Entón, eu pregúntolle, xa que quere falar dearquivos, ¿existe esa documentación, señor Rueda? ¿Existe?Porque o señor Feijóo dixo textualmente neste Parlamento

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

94

Número 3026 de xuño de 2013

Page 95:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

que non existían contratos anteriores ao ano 2003 porque sóhai obriga de arquivar os documentos durante dez anos–sic–. Cito textualmente. Entón, ¿é verdade o que dixo oseñor Feijóo (Pronúncianse palabras que non se perciben.)ou existe esa documentación?

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: E, se existe esa documenta-ción, ¿por que non nola proporcionan? ¿Tamén é reservada,como a pretendida auditoría de KPMG ou como os contra-tos de Pemex?

Falo aquí do que quero, señora Prado. Só faltaría queme... (Murmurios.) Eu comprendo... Os tics autoritarios naextrema dereita hai que controlalos. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Señor Losada, non hai que des-cualificar a ninguén. Faga o favor.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: A extrema dereita é unhaopción política, presidenta. A extrema dereita é unha opciónpolítica. (Murmurios.)

E sigo cos arquivos e coa lei, señor Rueda.

O artigo 77 di que integran o patrimonio documental deGalicia todos os documentos da calquera época xerados,conservados ou reunidos no exercicio da súa función porcalquera organismo. E o 80.3 di: Baixo ningún concepto sepoderán destruír documentos mentres subsista o seu valorprobatorio de dereitos e obrigas das persoas e dos entespúblicos. E, se se acordase a eliminación, tería que ser unhacomisión de avaliación quen o autorizase. ¿Existe esa Comi-sión de Avaliación? ¿Existe esa autorización para destruílos?¿Existen os documentos? ¿Por que non nolos proporcionan?

Polo tanto, señor Rueda, eu veño aquí falar (Pronún-cianse palabras que non se perciben.) de arquivos e dedocumentación. Documentación que vostedes...

A señora PRESIDENTA: Señora Prado.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: ...non nos proporcionan demaneira sistemática. Porque, insisto, Pemex... Por certo, segui-mos esperando o informe do Consello de Contas. Sei que segue

habendo problemas de axenda. Os plans industriais... (Pronún-cianse palabras que non se perciben.) Xa sei, xa sei que non éartigo 9. Grazas pola lección, señor Puy, xa sei. Plans indus-triais, o Plan eólico, quero dicir que hai moita documentaciónque non se proporciona, moita documentación que non se pro-porciona. E o que hai, mentres tanto, son, efectivamente, escri-tos deste grupo pedindo, entre outras cousas, o amparo da Pre-sidencia do Parlamento, que nos dixo que é unha mera transmi-sora da solicitude dos grupos parlamentarios ao Goberno. E euespero que vostedes, xa que a señora Rojo é unha mera trans-misora, sexan sensibles ao mensaxeiro e, polo tanto, nos pro-porcionen esa información. Porque mire, á vez que pedimosinformación sobre esas fotografías impropias, inmorais e inde-centes do señor Feijóo cun narcotraficante, vostedes eliminanos convenios cos concellos para levar adiante os plans de pre-vención de drogodependencia. Os centros dos comités anti sidade toda Galicia están ao borde do peche polo recorte dos fon-dos públicos. E ademais, señor Rueda, vostede, que todos sabe-mos que é o campión da democracia e da transparencia, dixosolemnemente en dúas ocasións: a Xunta remitirá á Cámaratoda a información dos contratos con Marcial Dorado porquenon hai nada que ocultar. Ata o de agora, dous folios en DIN A4a AGE. Por certo, ao PSdeG nada. Non sei, informárono mal, osecretario xeral do Sergas non nos proporcionou ningunhainformación. Non pedimos información oral, pedimos docu-mentación. Eu non sei se vostede percibe a diferenza.

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Losada.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: E, por certo, xa sabe que ospapeis e os libros...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: ...arden mal, señor Rueda.

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

O señor LOSADA ÁLVAREZ: Arden mal. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Réplica do vicepresidente e con-selleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O señor VICEPRESIDENTE E CONSELLEIRO DE PRESI-

DENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA (Rueda

Valenzuela): Moitas grazas, señora presidenta.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

95

Page 96:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Señor Losada, se os papeis arden mal, vostede saberá.Será porque vostedes os queimaban. Nós non temos ninidea, sinceramente. (Aplausos.) Algún llo contaría. (Murmu-rios.)

En todo caso, señor Losada, eu vólvollo dicir, é queisto... De verdade que eu tomo o Parlamento moi en serio, evir responder unha interpelación con 11 cuestións sobredocumentación e escoitar ao interpelante dicirme: “xa quevostede quere falar de arquivos” nunha interpelación con 11cuestións sobre arquivos, entenderá que me resulta moi difí-cil de entender. (Pronúncianse palabras que non se perci-ben.) (Risos.)

Non, xa o intentou, pero eu creo que non mo explicou nina min nin a ninguén. (Pronúncianse palabras que non seperciben.) Eu supoño que vostede non estaría convencido...

A señora PRESIDENTA: Non dialoguen, por favor, nondialoguen. (Pronúncianse palabras que non se perciben.)

Señor Losada, non dialogue.

O señor VICEPRESIDENTE E CONSELLEIRO DE PRESI-

DENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA (Rueda

Valenzuela): Se ao final, señor Losada, é autoxustificación,explicar (Pronúncianse palabras que non se perciben.) quevan seguir falando do mesmo, de que teñen todo o dereito domundo. ¡Faltaría máis! Lévano facendo tres meses. (Pro-núncianse palabras que non se perciben.)

Se canta máis documentación...

A señora PRESIDENTA: Señora Quintas, unha chamada.

O señor VICEPRESIDENTE E CONSELLEIRO DE PRESI-

DENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA (Rueda

Valenzuela): ...e cantas máis respostas se lle dan, vostedes,efectivamente, máis estiran o chicle, atacan a presidentado Parlamento, (Protestas.) veñen dicir aquí, efectivamen-te, que se eu me empeño en falar do que vostede vén pre-guntar, está disposto a falar, (Murmurios.) acaba comoremata a súa interpelación... Alá vostede, señor Losada, eunon podo facer outra cousa que ir coa información e coaverdade por diante; 18 actuacións parlamentarias sobreesta cuestión en menos de tres meses. Subministrada toda

a documentación que consta nos arquivos da Xunta.Agora, con iso que vostede di de que a documentaciónarde ben, xa me mosquea un pouco o que podería pasarnos catro anos que vostedes estiveron. Supoño que nonpasaría absolutamente nada. Agora, toda a documentaciónque estaba nos arquivos sobre os contratos coas empresasdo señor Marcial Dorado pódolle asegurar que lle foi faci-litada sen ningún problema, señor Losada. (Pronúnciansepalabras que non se perciben.) A partir de aí, podemosseguir co aí, aí; podemos seguir coas insinuacións; pode-mos seguir con tirar a pedra e esconder a man para dicirque en realidade vostedes non din nada do que están dicin-do e que despois teñen que autoxustificar; podemos seguircon este xogo todo o que queiran. ¡Alá vostedes! Houbo18 intervencións parlamentarias para responder sobre estetema. Toda a documentación que vostedes pediron sobreas empresas do señor Marcial Dorado subministrada. Todorespostado; e o que non está respostado, está en tramita-ción. (Pronúncianse palabras que non se perciben.) (Mur-murios.)

Outra cousa. Por suposto, se presentan iniciativas por tri-plicado todos os días, vostede mesma o dicía esta mañá,señora Díaz, ¡se estamos todos os días aportando documen-tación!...

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

Señor Gallego, faga o favor.

O señor VICEPRESIDENTE E CONSELLEIRO DE PRESIDEN-

CIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA (Rueda Valen-

zuela): Cando non hai argumentos, hai temas que –insisto–hai que estirar como chicles. E a xente xulga, e a xente ve.Nós imos cumprir a lexislación, en todo caso. (Pronúnciansepalabras que non se perciben.) Imos desenvolver unha lei dearquivos que, por suposto, é necesaria, que tiña que estar des-envolvida hai moito tempo e que nós levabamos no progra-ma electoral. Imos cumprir todos eses compromisos, imos serserios con todas as tarefas de goberno que temos, e a partir deaí cada un que faga o que queira: os que sigan co aí, aí e des-pois veñen aquí dicir que en realidade non estaban con iso, eque se eu me empeño en falar do que vostede me pregunta,¡alá eu! Bueno, pois moi ben. (Pronúncianse palabras quenon se perciben.) Encantado de vir respostar esas interpela-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

96

Número 3026 de xuño de 2013

Page 97:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

cións todas as veces que queiran. E mentres, nós gobernare-mos; mentres, nós seguiremos contando a verdade; mentres,nós seguiremos estando orgullosos do presidente da Xunta,do seu labor, (Murmurios.) e mentres, nós estaremos felicesde ver (Aplausos.) que cada vez máis os galegos e as galegaspoden ver a que cousas, a que tarefas e con que artimañas sededica a oposición a facer o seu labor.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas. (Pronúnciansepalabras que non se perciben.)

Señor Losada, señor Losada.

Señor Losada, señor Losada, faga o favor. Chámoo áorde por segunda vez, faga o favor. (Pronúncianse palabrasque non se perciben.)

Señor Losada, o primeiro que ten que facer se quere falaré pedir a palabra. Non lle vou consentir que fale sen que eulle dea a palabra. Non, non pediu a palabra e falou, e agoraxa non vai falar. (Pronúncianse palabras que non se perci-ben.)

Preguntas ao Goberno.

Pregunta de D. Pedro Manuel Arias Veira e seis deputadosmáis, do G.P. Popular de Galicia, sobre a valoración doGoberno galego da viaxe a México e Perú realizada poloseñor conselleiro de Economía e Industria na primeiraquincena do mes de xuño de 2013

A señora PRESIDENTA: Ten a palabra para facer a súa pre-gunta, señor Tellado.

O señor TELLADO FILGUEIRA: Grazas, señora presidenta.

Boa tarde a todos.

Estamos acostumados a que a oposición debuxe nestaCámara unha realidade que nada ten que ver co que aconte-ce na rúa. (Murmurios.) Todos o días a oposición pretendeculpar ao Partido Popular de todos os problemas herdados damala xestión socialista...

A señora PRESIDENTA: ¿Podemos escoitar?

Perdoe un momento, señor Tellado.

Eu pediría se podemos escoitar e acabar o pleno con tran-quilidade. Eu creo que todo o mundo, todos os deputados eas deputadas desta Cámara teñen dereito a falar, e eu só pidorespecto e responsabilidade. E á señora Sestayo... Agora tena palabra o señor Tellado. (Pronúncianse palabras que nonse perciben.) Polo tanto, se lles parece... Señora Sestayo, nonquero ter que chamala á orde por segunda vez. ¡Xa está ben!Bueno, faga o favor.

Señor Tellado, pode continuar.

O señor TELLADO FILGUEIRA: O certo é que os que mete-ron a España na grave crise que hoxe vivimos pretendenfacer crer (Murmurios.) á sociedade que son os gobernos doPP os que provocaron esta situación. A realidade dinos queos que queren pechar a planta de gas de Mugardos e osciclos combinados de Endesa nas Pontes...

A señora PRESIDENTA: Señora...

O señor TELLADO FILGUEIRA: ...son os mesmos que pre-tenden acusar o Goberno da Xunta...

A señora PRESIDENTA: Señora Sestayo, segunda chama-da á orde. Á próxima abandona vostede o hemiciclo.

Continúe, señor Tellado.

O señor TELLADO FILGUEIRA: Como dicía, a realidadedinos que os que queren pechar a planta de gas de Mugardosou os ciclos combinados de Endesa, nas Pontes, son os mes-mos que pretenden acusar o Goberno da Xunta da crise danosa industria. Os que negan o desenvolvemento do sectormineiro en Galicia, coa destrución de emprego que iso con-leva, pretenden ao mesmo tempo erixirse en defensores dosdesempregados. Os que se cargaron, señora Díaz, o sectoreólico de Galicia dende o bipartito, con corruptelas que elesmesmos denunciaron (Murmurios.) tentan agora culpar aoGoberno do Partido Popular pola situación na que eles mes-mos deixaron o sector eólico. Os que din apoiar a Megasanéganse a negociar co Partido Popular unha resolución deapoio neste Parlamento de Galicia. [...] (Por orde da presi-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

97

Page 98:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

denta e coa aceptación expresa do seu autor, ao abeiro doartigo 106.3 do Regulamento, retíranse unhas palabras doDiario de Sesións.) Os que ameazaron de morte o sectornaval –non se preocupen que falo da industria tamén– dendeo Goberno de España (Murmurios.) e tamén dende a Comi-sión Europea da Competencia son os que agora esixen solu-cións aos gobernos do Partido Popular para os problemasque eles mesmos crearon.

E, neste contexto, o que tivo que facer a Xunta de Gali-cia é abrir posibilidades de negocio para as nosas empresase para as nosas industrias, abrindo a nosa economía a novosmercados. Iso foi o que fixo, o que fai e o que seguirá facen-do o Goberno da Xunta de Galicia para loitar contra a crise,por moito que moleste á oposición. E, nese marco, encádra-se a viaxe que o conselleiro de industria realizou hai quincedía a México e Perú. Hoxe os galegos saben que a Xunta deGalicia é o principal aliado do noso tecido empresarial eindustrial, (Murmurios.) porque este Goberno cre na inter-nacionalización da nosa economía como mecanismo parafacer fronte á crise. Outros pretenden amosar o seu compro-miso...

A señora PRESIDENTA: Señora Martínez, unha chamada áorde.

O señor TELLADO FILGUEIRA: ...coa industria e coa eco-nomía poñendo camisetas; e o Goberno, a realidade é que oque fai é suar a camiseta.

Por iso queremos hoxe preguntarlle ao conselleiro deEconomía, co permiso da oposición, cal é a valoración quefai o Goberno galego da viaxe realizada...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Tellado.

O señor TELLADO FILGUEIRA: ...a México e Perú en datarecente.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

(Murmurios.)

¿Podemos escoitar? Ben, moitas grazas.

Ten a palabra para responder o conselleiro de Economíae Industria.

O señor CONSELLEIRO DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

(Conde López): Moitas grazas, señora presidenta.

Señorías, efectivamente, señor Tellado, hai quince díastivemos ocasión de facer unha viaxe institucional a Méxicoe Perú co obxectivo único de reforzar os traballos que aXunta de Galicia está a desenvolver de cara a promocionar aposición internacional das nosas empresas. Somos conscien-tes de que a situación económica actual é unha situacióndifícil, e loxicamente nun contexto de economía globaltemos que dar respostas globais. Nese sentido o comporta-mento do noso tecido empresarial está sendo moi construti-vo e está traballando por, precisamente, ganar mercadosinternacionais.

Somos conscientes, polo tanto, das oportunidades que seabren para as nosas empresas, das oportunidades que seabren no eido da economía global. E só un pequeno dato:nos vindeiros dez anos o 90 % da demanda mundial proce-derá de países de fóra da Unión Europea, e nese sentidotodos os esforzos que poidamos facer tanto a Administracióncomo as empresas, traballando xuntos, pois van nesta direc-ción.

Seguimos esforzándonos en traballar, polo tanto, porreforzar a marca Galicia, a imaxe e a confianza da nosa eco-nomía, dos nosos produtos e das nosas empresas. Estámoloa facer dun xeito localizado, focalizando as nosas accións endeterminados países que nós identificamos que teñen unmaior potencial de manter unha relación fluída e de confian-za con Galicia. E por iso eses dous países que tiven ocasiónde visitar nesta viaxe foron México e Perú.

México, como saben, precisa dun sector naval desenvol-vido e maduro e conseguimos establecer esa alianza estraté-xica con Pemex que achegará carga de traballo ao noso sec-tor naval e que precisa, precisamente, dun sector que sexacapaz de subministrarlles buques de alta tecnoloxía comoson capaces de producir os nosos estaleiros.

E Perú tamén é un país que está medrando por riba damedia do seu entorno, máis do 5 % anual, no que as empre-sas galegas están incrementando a súa presenza, e ademais

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

98

Número 3026 de xuño de 2013

Page 99:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

un país que ten moita importancia por constituír a porta deentrada a outros países, como son Brasil, Chile, EstadosUnidos e China, o que polo tanto lle outorga un elementodiferenciador desde o punto de vista da súa localización.

Por iso, dentro da política económica que estamos a pro-mover dende a Xunta de Galicia seguiremos traballando daman dos empresarios, facilitando o seu labor e acompañan-do ese labor cunha diplomacia internacional que lles permi-ta abrir portas e polo tanto complementar o seu labor dentrodeste eido.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Réplica do señor Tellado Filgueira.

O señor TELLADO FILGUEIRA: Grazas, presidenta, grazasconselleiro.

Queda claro o papel que está a xogar a Xunta de Galiciaapoiando as empresas e camiñando con elas para saírmos dacrise. E queda claro o apoio da Xunta á internacionalizaciónda nosa economía e das nosas empresas.

Perú e México son dous países que ofrecen grandes posi-bilidades, proba diso é ese acordo subscrito con Pemex, unacordo que no caso de Ferrol vai supoñer o primeiro contra-to en seis anos para os estaleiros da ría de Ferrol. Esa foi aherdanza do Goberno socialista por máis que moleste á nosaoposición, cero contratos nos últimos cinco anos.

Por iso a nós moléstanos especialmente que dende oGrupo Socialista se mofasen dos contratos con aquela frasede un barquito chiquitito pronunciado dende esas filas. ¡Queirresponsabilidade!, porque ese barquito chiquitito vai resol-ver un problema creado... (Pronúncianse palabras que nonse perciben.)

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor TELLADO FILGUEIRA: ...pola insensibilidade,pola irresponsabilidade e pola incompetencia do GobernoSocialista. Repito: creado pola insensibilidade, pola irres-ponsabilidade e pola incompetencia dos socialistas. Ese

acordo estratéxico subscrito con Pemex é unha gran oportu-nidade para Galicia, unha gran oportunidade para o sectornaval galego. A realidade demostra que o Goberno galego seempeña en promover a marca Galicia mentres que a oposi-ción só busca o rédito político. E estou convencido de queesa actitude irresponsable só os vai conducir a continuarnese lugar, na oposición.

E por iso dende o Grupo Popular temos que pedirlle aoGoberno galego que continúe nesa liña de traballo, que con-tinúe a pesar das críticas estériles da oposición.

Señor conselleiro, xa para rematar, ¿que posibilidadespoden abrir estes contactos iniciados na súa viaxe a Méxicoe tamén a Perú?

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Réplica do conselleiro de Economía e Industria.

O señor CONSELLEIRO DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

(Conde López): Moitas grazas, señora presidenta.

Efectivamente, Perú e México ofrecen hoxe grandesposibilidades ao noso país, ás nosas empresas. En concreto,como saben, con estes dous países temos unha vinculaciónhistórica, reforzada coas emigracións entre estes países eGalicia, compartimos unha lingua...

A señora PRESIDENTA: Señora Martínez, segunda chamada.

O señor CONSELLEIRO DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

(Conde López): ...e tamén están presentando indicadores eco-nómicos moi favorables, o que lles posibilita grandes capaci-dades de investimento. E porque agora, ademais, precisan deprodutos e servizos que Galicia pode proporcionarlles e nosque ten unha ampla experiencia, como son o eido da enxeñe-ría, da construción, do sector naval, do téxtil ou do sectoragroalimentario. Así o están a testemuñar os indicadores deexportación, que nos primeiros catro meses de 2013 reflictenun incremento do 15 % das exportacións para Galicia.

En Perú, por concretar, avanzamos na identificación denovas oportunidades en concreto no sector naval-militar, así

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

99

Page 100:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

como na renovación da súa frota menor pesqueira. Un sec-tor naval que, como saben, en Perú é moi importante polasúa vinculación co sector pesqueiro. Tamén se identificaronoportunidades no sector da construción, no sector da enxe-ñería, e nese sentido seguiremos a traballar facendo unseguimento destas actuacións.

En México, loxicamente o noso foco de actuación cen-trouse no sector naval, ao ter a oportunidade de participar noEncontro de Negocios Marítimos acompañado de varios esta-leiros, dos estaleiros máis importantes de Galicia. E avalian-do e reforzando a alianza estratéxica que a Xunta de Galiciaten firmada con Pemex, que, como saben, se concretou coasinatura de dous contratos para a construción de dous floteis,a instalación no porto exterior da Coruña. E de forma especí-fica tamén puidemos constatar a boa posición dos estaleirosgalegos para que en colaboración con empresas mexicanaspoidan participar na contratación da renovación da súa frotamenor, en concreto 25 embarcacións, que suporá un investi-mento de máis de 180 millóns de euros e que se construiríantanto en México como nalgún país estranxeiro, esperemosque loxicamente ese país sexa España.

Eu, para rematar, quero simplemente destacar o apoioque está a desenvolver este Goberno cos diferentes sectorese co sector naval, e quero nesta ocasión lamentar profunda-mente o comportamento da oposición e particularmente doPartido Socialista de Galicia, que non está a mover un dedopolo naval por moito que eles o queiran trasladar. E hoxemesmo non foron quen de apoiar unha declaración institu-cional que se propuxo por parte do Grupo Popular paraapoiar o sector naval.

Lamentablemente os seus argumentos responden exclu-sivamente a un posicionamento puramente partidista endefensa do seu comisario europeo, o comisario Almunia(Murmurios.), e lamentamos o comportamento do PartidoSocialista de Galicia.

Nada máis e moitas grazas. (Aplausos.)

Pregunta de D. Ramón Vázquez Díaz e D. José Javier RonFernández, do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda,sobre a avaliación do Goberno galego da aplicación, oscustos e as consecuencias en Galicia da denominada Leiorgánica de mellora da calidade do ensino

A señora PRESIDENTA: Ten a palabra para formular a súapregunta, señor Vázquez. (Pausa.)

Señor Vázquez, ten que formulala dende o seu asento.

Déanlle voz ao escano do señor Beiras, por favor, que éonde está o señor Vázquez Díaz, (Risos.) porque vostede tenque estar no seu escano para facer as súas preguntas.

O señor VÁZQUEZ DÍAZ: Cambio de sitio, non hai problema.

A señora PRESIDENTA: Se lle parece, agora ten o micro,pero simplemente que saiba que ten que facer as súas pre-guntas dende o seu escano. (Murmurios.)

O señor VÁZQUEZ DÍAZ: Bueno, intentarei non imbuírmedo espírito do señor Beiras para non poñer nerviosa á seño-ra presidenta.

Señor conselleiro, a contrarreforma educativa quedefende esa especie de duce histriónico e devaluado que é oministro Wert, continúa a dar mostras do seu fundamenta-lismo reaccionario e clasista. A súa proposta de expulsar dosistema universitario os estudantes con menos recursos éunha proba máis do que neste Parlamento se ten denuncia-do ata a saciedade por parte de Alternativa Galega deEsquerda.

O trámite parlamentario da LOMCE continúa, e con el oprevisto desmantelamento do ensino público en tanto queeducación pública, universal, laica e democrática.

Na memoria xustificativa e económica presentada poloMinisterio de Educación fálase, no apartado 3.2, dos custosde aplicación da lei, e defínense estes custos como custosdirectos de aplicación, asumidos polo Estado durante osanos 2014, 2015 e 2016, e custos de consolidación, quedeben ser asumidos polas comunidades autónomas ata o ano2020.

Coñecemos –grazas a esa memoria– as previsións doscustos de aplicación ofrecidos polo Goberno do Estado, quevan dos 400 millóns de euros nas previsións máis optimistasaos máis de 1.000 millóns de euros das previsións máis rea-listas; uns custos que ademais se supeditan á dispoñibilida-de orzamentaria de cada exercicio económico. Máis custos

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

100

Número 3026 de xuño de 2013

Page 101:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

para acabar co ensino público, que cada vez ten menosrecursos.

E tamén custos humanos, que se calculan na supresión de4.815 profesores nesa propia memoria, motivada pola com-pactación do bacharelato e que se concreta en 2.534 profe-sores menos, pola redución da optatividade, e na eliminacióndoutros 2.281 profesores derivados da redución de materiasde modalidade.

Os custos sociais, por outra banda, serán incalculables elastrarán xeracións enteiras no futuro.

Pero, como dixen, o ministerio deriva os custos de con-solidación da LOMCE ás comunidades autónomas, que,ademais de cumprir co teito de gasto e co límite de déficit,terán que pagar esa aplicación dunha norma que é especial-mente sangrante para Galicia. Porque xa sabemos que oseñor conselleiro fixo gala dun seguidismo absoluto, segui-dismo que converteu, como xa dixen, ese binomio xermáni-co Vázquez-Wert nunha auténtica máquina trituradora doensino público.

Señor conselleiro, ademais de facer ese patético segui-dismo, imaxino que farían vostedes os seus deberes e cum-prirían coa súa obriga de realizar a súa propia memoria eco-nómica. Polo tanto, ¿cal é o contido dese informe?, ¿cal é ocontido da memoria económica realizada pola Conselleríade Educación? ¿Cumpriu coa súa obriga o Goberno galego,mesmo dentro do seu universo economicista, á hora de esti-mar as consecuencias derivadas da aplicación da LOMCE enGalicia? ¿Canto profesorado de filosofía, música ou tecno-loxía van ter...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

(O señor Vázquez Díaz pronuncia palabras que non seperciben.)

Xa rematou o seu tempo, señor Vázquez.

Señor Vázquez, rematou o seu tempo, non se está a gra-var xa o que está a dicir.

(Aplausos.)

Ten a palabra, para responder, o conselleiro de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria.

O señor CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E

ORDENACIÓN UNIVERSITARIA (Vázquez Abad): Moitísimasgrazas, señora presidenta.

Señor Vázquez, quérolle dicir que son fillo de emigran-tes galegos, non alemán.

Boas tardes a todas e a todos.

E quixera comezar reiterando que a Xunta de Galiciacomparte os obxectivos do Proxecto de lei orgánica demellora da calidade da educación, e fronte a posturas derexeitamento frontal, teño que resaltar que o noso sempre foio labor de facer achegas máis ben construtivas e non destru-tivas.

Cremos que a educación precisaba dun cambio normati-vo para tratar de mellorar as cousas, porque hai que ofrecer,dende logo, unha alternativa cando o investimento en edu-cación se ten duplicado na última década e, sen embargo,cada vez obtemos peores resultados.

Dito o anterior, comprenderá que a avaliación que face-mos neste momento refírese a unha norma tamén non apro-bada, porque, como saben, estamos ante un proxecto de leique está aínda en fase de tramitación parlamentaria e, portanto, pode sufrir múltiples cambios. Aínda así creo quepodemos salientar que a futura lei significa unha oportuni-dade, porque permitirá desde logo actualizar o sistema edu-cativo e actualizalo de cara ao século XXI.

Realmente cremos importante poder contar para o curso2014-2015 cunha nova lei que garanta o dereito á educación,que asegure a fianza e permanencia do alumnado no seu iti-nerario formativo e o seu pleno desenvolvemento persoal eprofesional. A avaliación que fai o Goberno galego pasa porsalientar que a LOMCE propón desde logo un sistema edu-cativo flexible, con atención personalizada e orientada á pre-vención de problemas a través de avaliacións; garante unhaeducación pública e de calidade, con maior autonomía doscentros; reforza a coordinación entre Estado, comunidadesautónomas e centros, hai un reparto competencial e establé-cense os requisitos mínimos nas materias.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

101

Page 102:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

No caso das linguas cooficiais, quero deixar claro que naLOMCE o galego será unha materia con igual peso que outrasna escolarización dos nenos e nenas; pon en valor a cultura doesforzo, promove o fortalecemento da autoridade do profesore a profesionalización do director do centro, ao tempo que pre-para á mocidade para o mercado laboral e para o seu futuro,cousa que non está a acontecer coas leis do Partido Socialista,apoiadas por toda a esquerda; anticipa a elección de itinerarioformativo e establece tamén programas de mellora, facilítaseque os alumnos poidan elixir o itinerario que máis se axuste ássúas capacidades, non por imposición, senón por libre decisióndo alumnado e das familias; implanta a formación profesionalbásica e fortalece a formación profesional –algo demandadopor todos, desde logo por toda a comunidade educativa–, dexeito que fai a formación profesional máis flexible, atractiva eorientada ás necesidades do mercado laboral, e, por suposto,que potencia a introdución da FP dual dunha maneira decisiva.

Unha vez aprobada a LOMCE, entendemos que a aplica-ción das medidas referidas a estas cuestións terán consecuen-cias desde logo moi positivas para a nosa comunidade, xa quecontribuirán á mellora do ensino en España e en Galicia.

Máis nada polo de agora. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Réplica, señor Vázquez Díaz.

O señor VÁZQUEZ DÍAZ: Moitas grazas, señora presidenta.

Un, a pesar de estar no último día de pleno, de períodoplenario, non se acaba de acostumar a que non lles respon-dan ás súas preguntas. Fixen unha pregunta moi concreta:datos sobre a memoria económica, previsións do Gobernoda Xunta en referencia ao número de profesorado que setería que eliminar froito da redución horaria que contén apropia LOMCE, custo económico en canto á aplicación dedesenvolvemento e consolidación da propia LOMCE.Entendo que un Goberno responsable tería que ter feitas esasprevisións, se non as fixo é absolutamente impresentable, ese as fixo e non as quere dicir pois mente como soe facer.

En calquera dos dous casos hai comunidades autónomasque si fixeron eses cálculos e que estiman algunhas delas ocusto para cada Comunidade Autónoma, dependendo do

número de poboación escolar, en cantidades que chegan aos100 millóns de euros. Como vostede non fixo os seus cálcu-los ou non os quere dicir, teremos que agardar. Eu desdelogo o que vou facer é presentar esta pregunta por escrito xaque en pleno non ten pensado vostede responder e esperoque teña a ben dar esa información, porque a xente queresaber cales son os custos de aplicación dunha lei que o quevai facer é acabar co ensino público.

Nós, desde Alternativa Galega de Esquerda, advertímos-lle de que os recortes en universidade ían facer que moitosalumnos non puideran cursar os estudos; vostede tachounosde alarmistas, e mil universitarios non poden facer fronte ássúas matrículas. Dixémoslle que existían fallos graves nosprotocolos de actuación na prevención e intervención doacoso escolar; tamén nos dixo que iso era mentira, que era-mos alarmistas, pero inmediatamente despois aprobou unprotocolo. Dixémoslle que estaban acabando co rural, e tive-ron que recoñecer que levaban pechadas 57 escolas, 322aulas e 1.200 profesores suprimidos.

Todas as cuestións que nosoutros lle dixemos se confir-maron co tempo, e levamos soamente sete meses aquí. Euadvírtolle de que a aplicación da LOMCE vai ser absoluta-mente inasumible para a consellería...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Moitas grazas, señor Vázquez.

(O señor Vázquez Díaz pronuncia palabras que non seperciben.)

Señor Vázquez, as preguntas, rematou o seu tempo, fagao favor.

(Aplausos.)

Réplica do conselleiro.

O señor CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E

ORDENACIÓN UNIVERSITARIA (Vázquez Abad): Si, moitísimasgrazas, señora presidenta.

É que con vostedes moitas veces é imposible, porqueparten da... (Murmurios.) ...parten da mentira e da demago-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

102

Número 3026 de xuño de 2013

Page 103:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

xia. (Pronúncianse palabras que non se perciben.) Vostedemesmo... Un segundiño, eu explícoo. Vostede mesmo fala deque se van despedir catro mil e pico profesores en España,máis non sei cantos, máis non sei cantos, pero ao mesmotempo fala de que necesitamos moitísimos máis millóns. ¿Esabe por que? Porque imos necesitar moitísimos máis profe-sores. É que parten da mentira e do engano á sociedade.Entón, é imposible razoar con vostedes, porque é incribleque aquí digan unha cousa e que en Andalucía non paguenos comedores, estean pechando colexios con 200 e 300alumnos. (Pronúncianse palabras que non se perciben.)Salvo que vostede pertenza á parte nacionalista de AGE,vostede dirame, porque o que non poden ter é unha dema-goxia aquí, outra en Andalucía e outra en Madrid. É imposi-ble falar con vostedes.

O único que saben facer é lanzar os seus partidarios paradar a sensación de que isto todo vai moi mal. Fala de que sepecharon 57 unitarias, claro. (Murmurios.) É que vostedespecharon en menos tempo oitenta e pico. Esa é a diferenza.O bipartito, en épocas de bonanza. (Murmurios.) Á mañáfalaban de comedores e, claro, falaban da demagoxia doscomedores. O que non din son as miles de prazas que crea-mos gratuítas, precisamente para xente que o necesita. Salvoque vostede viva a 3 quilómetros e queira que os seus fillosgocen dunha praza de comedor gratuíta, mentres a xente quevive a medio quilómetro e que non ten un traballo, senembargo, teña que pagar. (Aplausos.) Esa é a demagoxia doseu partido e dos que están neste lado. Polo tanto, é que ásveces é imposible.

Mire, e dígolle: a verdade é que se pode dar, e claro quesi, que se fixeron os deberes e fala de datos consolidados. Sehoubo unha mentira grande neste país foi a memoria econó-mica da LOE, máis que xustificada, onde multiplicaron eengadiron o que quixeron. Pero eu dígolle que non se tratadunha lei que destrúa o ensino público, todo o contrario. ALOMCE vai permitir mellorar o conxunto do sistema educa-tivo. De feito, con este partido hai máis público que con vos-tedes. Polo tanto, algo estaremos facendo ben. Estanseampliando os cupos en FP, nas escolas de idiomas, estanseabrindo novos centros. Pero non se vai destruír emprego,non, señor. Só en Galicia no que vai o proceso de implanta-ción da LOMCE suporá máis de mil novos docentes no sis-tema educativo. Polo tanto, non enganen á sociedade, no llesdigan aos docentes, por un lado, que os van despedir e, por

outro lado, estanlle dicindo á sociedade: isto non se vaipoder pagar. Non, estámoslle dando datos.

Claro que vai haber que facer novas construcións, porquea FP vaise incrementar de maneira substancial, porque, porprimeira vez, hai unha oferta; non como vostedes, que fala-ban dos PCPI que mandaban a certos alumnos que tiñan pro-blemas mandando e sinalando. Claro que vai haber unha FPbásica que vai regular e estruturar dentro dun sistema com-pacto.

Polo tanto, a LOMCE vai supoñer un novo investimentona medida en que vai haber que abrir novos ciclos de FP,dotar de novo profesorado aos centros educativos, abrirnovos centros, etc.

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, conselleiro.

O señor CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E

ORDENACIÓN UNIVERSITARIA (Vázquez Abad): Máis nada emoitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Seguinte pregunta.

Pregunta de D. Miguel Ángel Santalices Vieira e seis depu-tados máis, do G.P. Popular de Galicia, sobre a convoca-toria de solucións innovadoras realizada polo ServizoGalego de Saúde no marco dos proxectos Hospital 2050 eInnovaSaúde cofinanciados con fondos Feder

A señora PRESIDENTA: Ten a palabra, señor Santalices.

O señor SANTALICES VIEIRA: Grazas, señora presidenta.

Boas tardes, señora conselleira.

Desde o Ministerio de Economía e Competitividadeestase a potenciar a compra pública e innovadora que pre-tende reforzar o papel das administracións públicas comoimpulsoras de innovación empresarial. Para isto trabállasedesde o ámbito da demanda do sector público que saca alicitación os contratos de compra pública innovadora e,desde logo, a oferta; é dicir, das empresas que compiten naslicitacións, axudándoas no xogo competitivo a participar epresentar ofertas innovadoras nos ditos procedementos decontratación.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

103

Page 104:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Os proxectos Hospital 2050 e InnovaSaúde están cofi-nanciados mediante fondos Feder a través do programa ope-rativo I+D+i, que é para o beneficio das empresas do FondoTecnolóxico 207-2013 xestionado polo Ministerio de Eco-nomía e Competitividade. No marco destes proxectos o Ser-vizo Galego de Saúde realizou unha convocatoria de solu-cións innovadoras e publicará licitacións para dar soluciónaos diferentes proxectos e desenvolvemento.

Dada a novidade da fórmula e o indubidable interese dosproxectos Hospital 2050 e InnovaSaúde para Galicia, tantopara as empresas como para a sanidade galega, ¿poderíaexplicarnos en que consiste a fórmula que permitirá desen-rolar os proxectos nos que se está a traballar?

Máis nada, señora presidenta.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Ten a palabra para dar resposta a conselleira de Sanida-de.

A señora CONSELLEIRA DE SANIDADE (Mosquera Álva-

rez): Grazas, señora presidenta.

Boas tardes, señorías, outra vez.

Na Consellería de Sanidade e no Servizo Galego deSaúde consideramos a innovación como unha característicainherente ao noso sistema sanitario e un motor indispensablepara a súa modernización. Un instrumento para conseguirdar a mellor resposta ás necesidades actuais das persoas eaproveitar todo o potencial do coñecemento e os avancestecnolóxicos.

Por iso creamos a Plataforma de innovación sanitaria deGalicia, constituída formalmente a principios o ano 2011.Trátase dunha ferramenta accesible ao servizo de todos ostraballadores do sistema e tamén dos pacientes que recolle evalora todas aquelas propostas que se queiran presentar. Através do traballo desenvolvido por esta plataforma puide-mos elaborar e presentar os proxectos InnovaSaúde e Hospi-tal 2050 para obter financiamentos dos fondos tecnolóxicosdotados con fondos Feder. E o día 1 de decembro do ano

2011 asinamos os convenios co Ministerio de Ciencia eInnovación por un importe de máis de 90 millóns de eurosde financiamento.

O proxecto Hospital 2050 consta de nove subproxectos eInnovaSaúde de catorce. Estes proxectos son estratéxicos, degrande interese para o Sistema sanitario galego e tamén parao conxunto da comunidade autónoma. Representan para nósa sanidade do futuro, a materialización do noso compromisocoa innovación como panca de cambio. Son dous plans deinnovación sanitaria que buscan a implicación de empresasno seu desenvolvemento a través da utilización dunha novaferramenta, que é a compra pública innovadora como instru-mento de promoción de I+D+i (investigación, desenrolo einnovación), e no marco do modelo de innovación abertapromovido polo Sergas.

Trátase dun novo modelo de contratación recollido naDirectiva europea 2004/18/CE e nas recomendacións daGuía sobre compra pública innovadora do extinto Ministeriode Ciencia e Innovación, e que tamén é a aposta decidida doMinisterio de Economía e Competitividade, que pretendeque as administracións públicas tomen a iniciativa da inno-vación.

No marco dos proxectos Hospital 2050 e InnovaSaúde,como primeiro paso para instrumentalizar este proceso decompra pública innovadora, abrimos unha convocatoria depropostas de solucións innovadoras, que foi publicada noDiario Oficial de Galicia en abril do pasado ano. Recibíron-se en total 291 propostas, 223 por parte de empresas priva-das e 68 de entidades investigadoras, e o 63 % das propos-tas son galegas.

É un proceso transparente. Para que as empresas teñancoñecemento detallado de todos os subproxectos, o Sergaspublica fichas técnicas con información...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, conselleira.

A señora CONSELLEIRA DE SANIDADE (Mosquera Álva-

rez): ...na súa páxina web. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Réplica do señor Santalices Vieira.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

104

Número 3026 de xuño de 2013

Page 105:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

O señor SANTALICES VIEIRA: Grazas, señora presidenta.

Señora conselleira, a min interesábame particularizarnun asunto que para Ourense trae unha transcendencia fun-damental: ¿que pasa ou que vai pasar co Plan director doComplexo Hospitalario de Ourense? Porque son moitas asinformacións que saíron e eu non quero... Imos empezar aaliviar un pouco a tensión nesta Cámara. (Murmurios.) Euxa sei que cada vez que falamos do hospital de Vigo a vos-tedes lles xera tensión. Imos ir agora un pouco a Ourense,imos empezar a preocuparnos de como está o hospital deOurense. Polo tanto, eu, señora conselleira, gustaríame quenos explicara que ten que ver isto co proxecto do Plan direc-tor do Complexo Hospitalario de Ourense. (Pronúnciansepalabras que non se perciben.) En concreto, estou pregun-tando por iso.

E eu imaxínome, señora conselleira, que a vostede estainformación lla darán do ministerio; daranlla persoas queteñen unha alta responsabilidade e das que nos temos quefiar. ¡Home, non nos imos fiar! Nós fiámonos, sobre todo seé certo que a secretaria de Estado de Investigación, Desen-rolo e Innovación era a anterior secretaria que estaba taménco Goberno Zapatero. Non hai ningún motivo polo tanto doque nós teñamos que desconfiar.

Polo tanto, se é certa esta información que me dá, euintúo que temos garantido que o Plan director do ComplexoHospitalario de Ourense, tan criticado e que algunha persoadeputada desta Cámara se saíu... (Pronúncianse palabrasque non se perciben.) –non, non, eu non vou dicir quen é–,quedou aliviada, aliviada porque os concursos quedabandesertos, quero, señora conselleira, que matice vostede quesignificou iso e cal é o futuro do proxecto do Plan directordo Complexo Hospitalario de Ourense. Isto é en realidade oque nos interesa. Respóndalles aproveitando a miña pregun-ta ás bancadas daquel lado. (Protestas.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

O señor SANTALICES VIEIRA: Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA:Réplica da conselleira de Sanidade.

A señora CONSELLEIRA DE SANIDADE (Mosquera Álva-

rez): Moitas grazas, señora presidenta.

Os proxectos desenvólvense segundo o calendario esta-blecido. O día 27 de setembro do 2012 tivo lugar a primeirareunión de seguimento do convenio co Ministerio de Econo-mía e Competitividade. Nesta reunión quedou claro que oproxecto está lanzado e que se está executando segundo ostempos previstos: as primeiras actuacións preparatorias, aremisión de procesos, as plataformas das TIC, o concurso deideas e a elaboración de pregos e prescricións técnicas paraa licitación.

Quero deixar moi claro que o proxecto de hospitaliza-ción do Complexo Hospitalario Universitario de Ourenseestá en fase de avaliación das empresas que presentaron assúas ofertas ao concurso presentado e publicado no DiarioOficial de Galicia e tamén na páxina web do Sergas.

En canto á mesa de adxudicación, integrada pola Inter-vención e pola Asesoría Xurídica, entre outros técnicos, daConsellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, igualque todos os concursos que saca o Servizo Galego de Saúde–incluído o do hospital de Vigo–, faremos a adxudicación ecomezarán as obras. E iso a pesar de que algúns intentan,tanto en Madrid como aquí, poñer paus na roda e dicir que nonhai os cartos e que non hai nin sequera o convenio co minis-terio, que foi firmado en decembro do ano 2011. A pesar dasdúbidas que algúns intentan sementar, e así o ten recoñecidoo propio ministerio e a propia Dirección Xeral de I+D+i. Estaslicitacións son diferentes e non dependen da contratación doservizo do Complexo Hospitalario de Ourense, que ten outroobxectivo e outro procedemento completamente distinto.

Respecto dos proxectos Hospital 2050 e InnovaSaúdepodo dicirlle que o número de propostas medias recibidaspor proxecto foi de vinte e catro. Os subproxectos que máisofertas recibiron foron o Fogar Dixital e o Paciente Experto2.0, pero tamén no Hospital 2050 a obra do complexo hos-pitalario. Con estas iniciativas o Sergas persegue mellorar acalidade de vida da cidadanía no fogar mediante a implanta-ción de dispositivos intelixentes e tamén se abordan temascomo as urxencias sanitarias, o seguimento dos pacientes edos profesionais.

Polo tanto, señor deputado, pode vostede estar tranquiloque a obra de Ourense se fará en tempo e forma.

Moitas grazas. (Aplausos.)

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

105

Page 106:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Pregunta de Dª María Remedios Quintas Álvarez e dousdeputados máis, do G.P. dos Socialistas de Galicia, sobreas causas do aumento en Galicia da caída na afiliación áSeguridade Social, en relación co resto das comunidadesautónomas

A señora PRESIDENTA: Ten a palabra, señora Quintas.

A señora QUINTAS ÁLVAREZ: Grazas, señora presidenta.

Boas tardes, señora conselleira.

O Grupo Socialista a pregunta a que atribúe ao Gobernoque Galicia sexa a comunidade autónoma onde máis aumen-ta a caída da Seguridade Social.

(Pronúncianse palabras que non se perciben.)

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

A señora QUINTAS ÁLVAREZ: Levamos cinco anos, seño-ra conselleira, de goberno do Partido Popular no que o nosocontorno social se está desmoronando, temos récords nega-tivos en paro, en destrución de dereitos sociais, etc. Pregun-támonos claramente se un país pode vivir cando de cadadous xóvenes un está no paro.

Os datos do desemprego do mes de maio para Españadan unha caída de paro de –98.000 e afiliados á SeguridadeSocial hai +134.000. Curiosamente en Galicia a caída doparo é de –6.500 e as afiliacións de +3.200. Nós preguntá-monos onde están eses tres mil e pico que terían que estarafiliados á Seguridade Social.

É certo, señora conselleira, que en maio de 2013 Galiciadescende respecto do mes anterior. Pero, desde logo, nonson uns datos que melloren estes meses de 2013. O parorexistrado en cómputo total aumentou en Galicia o 1,83 %,cinco mil e pico persoas; con respecto a hai un ano o paroaumentou en 7.278. E estes datos corresponden e facilítaoso ministerio –gobernado polo Partido Popular– sen ter enconta, por suposto, a utilización da clave S698, polo tanto,da posible maquillaxe estatística.

Existen en Galicia, señora conselleira, 93.000 fogarescon todos os seus membros en paro, 30.000 familias que nonperciben ningún ingreso, e veñen representar da orde do10 % do total das familias galegas. Estes tamén son datos doINE.

Cinco anos de goberno do Partido Popular, incluso estemes, no que hai este pequeno repunte, onde a caída demo-gráfica é alarmante, o envellecemento é insostible. Estamosconstruíndo un país no que os xóvenes cada vez teñen menossitio. E, volvo repetir, nos datos deste mes desaparecen3.300 afiliados á Seguridade Social. Desde logo, señora con-selleira, o propio secretario xeral de Emigración, o señorRodríguez Miranda, dio –neste titular pódese observar–:“Está emigrando máis xente da que está recollida nos rexis-tros oficiais”. Isto é o que di o secretario de Emigración. E,por tanto, todos os xóvenes que rematan a súa carreira uni-versitaria...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señora Quintas.

(A señora Quintas Álvarez pronuncia palabras que nonse perciben.)

Moitas grazas.

(A señora Quintas Álvarez pronuncia palabras que nonse perciben.)

Señora Quintas, está a súa pregunta por escrito. Moitasgrazas.

(Aplausos.)

Ten a palabra para dar resposta a conselleira de Traballoe Benestar.

A señora CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTAR (Mato

Otero): Moitísimas grazas, presidenta.

Señorías, señora Quintás, a verdade é que comezando asúa intervención unha ten a tentación de saber como fai vos-tede a avaliación dos datos que manexa. Ben é certo queestou absolutamente convencida de que vostede se nutre dainformación que aparece oficial do Instituto Nacional deEstatística; exactamente igual que este Goberno, que cada

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

106

Número 3026 de xuño de 2013

Page 107:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

vez que fala aquí de datos, evidentemente, cada un delespode ser contrastado nas páxinas web. Pero si que lle recor-do que este Goberno pode que a vostede lle pareza que leva-mos cinco anos gobernando pero non levamos cinco anosgobernando aínda.

Pero remitíndome aos datos dos que vostede falaba, o quelle podo garantir é que no último ano do Goberno bipartito–supoño que vostede tamén manexaría eses datos vencellán-doos a esa análise que tamén dende o Goberno facemos daevolución do desemprego tanto de parados como mesmo deafiliación á Seguridade Social– destruíronse 51.000 postos detraballo, moito máis do dobre que este Goberno no últimoano 2012. E, se quere, dígolle outro dato máis, é dicir: a des-trución de emprego co bipartito crecía o dobre que con esteGoberno. É máis: non houbo nin un só ano desta lexislaturapasada no que se acadara unha cifra de desemprego tan des-orbitante. É máis: dende abril do ano 2009 ata o de agora–por dicirlle– hai doce comunidades autónomas nas que oparo relativo á súa comunidade medrou moito máis que enGalicia, doce que teñen un comportamento peor que Galicia.É máis tamén: hai once comunidades cunha taxa de desem-prego peor tamén que desta comunidade. E polo tanto, seño-ra Quintas, non é certo que sexa esta comunidade onde máiscaída de afiliación á Seguridade Social haxa.

Pero, evidentemente, supoño que vostede mais eu nonperderemos os tres minutos en falar de cifras senón que fala-remos do que realmente nos importa, que é como solucionareste problema. As cifras de desemprego a este Goberno e aesta conselleira evidentemente non lles gustan e non llesconsola saber que están peor noutras comunidades autóno-mas. Pero si que é certo que somos a quinta comunidadeautónoma onde menos baixou a afiliación, é dicir, que somosa quinta comunidade autónoma que ten mellor comporta-mento na afiliación no último ano. Isto, evidentemente, nonquita que non esteamos a traballar con todas as ferramentaspara mellorar a empregabilidade dos traballadores da nosacomunidade, que temos a disposición con 138 millóns deeuros das políticas activas de emprego, que, evidentemente,dende esta consellería –que son as nosas competencias–estamos a desenvolver. Como non quita tampouco –por unhaapreciación que fixo vostede na súa pregunta por escrito–que a baixada da afiliación dos coidadores da Lei da depen-dencia, onde, por certo, si que me gustaría investir un poucode tempo na segunda parte para falar desa lei.

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, conselleira.

(Aplausos.)

Moitas grazas.

Réplica da señora Quintas.

A señora QUINTAS ÁLVAREZ: Mire, señora conselleira,francamente é admirable asistir a este pleno, onde ningúnmembro do Goberno é capaz de dicir unha soa verdade. Vos-tedes viven nunha realidade virtual que ben parece a conxu-ra dos necios. Os datos que eu lle acabo de dar, como voste-de moi ben sabe, son do INE; os datos vostede coñéceos.Vostedes falan dunha realidade que non existe, levan cincoanos gobernando, cinco anos falando do bipartito, cincoanos sen dicir unha verdade, cinco anos sen facer nada.

Señora conselleira, baixe vostede os martes e os mérco-res pola mañá –tamén o señor presidente– á porta do Parla-mento para ver que ben vai todo, como aumenta o paro,como os xóvenes viven todos en Galicia, como todo omundo pode estudar, como os soldos son altísimos, como osfuncionarios están encantados. Pero ¿como se pode vir aquíe facer comparación co ano 2009? Non o resiste, señora con-selleira, gobernara quen gobernara. Podiamos facer compa-ración cos anos dos que falaba hoxe o portavoz do señorFraga, amigo de Barral e de toda esta xente.

Podemos facer comparacións todos, pero teñan un poucode decencia, respecten a xente que non cobra paro, que nonten traballo, que non pode matricular os seus fillos na uni-versidade. Respecten un pouco a xente. Por suposto, serdeputada, ser membro do Goberno esixe un respecto a todosos que estamos sentados nesta bancada, elixidos democrati-camente, pero, sobre todo, respecte a quen está sufrindo, res-pecten a xente das preferentes, respecten a xente... Hoxe oíapola mañá na radio que un dos datos máis elevados de morteneste país empeza a ser o suicidio. Respecten a xente unpouquiño. Poden dicir o que lles pareza, vostedes xa teñenos seus medios, xa teñen a CRTVG...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señora Quintas.

(A señora Quintas Álvarez pronuncia palabras que nonse perciben.)

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

107

Page 108:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

¡Moitas grazas, señora Quintas!

(A señora Quintas Álvarez pronuncia palabras que nonse perciben.)

Señora Quintas, moitas grazas.

(Aplausos.)

Réplica da conselleira de Traballo e Benestar.

A señora CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTAR (Mato

Otero): Moitas grazas, presidenta.

Non me gustaría comezar esta parte da intervención alte-rando máis o estado de ánimo da señora deputada que me faia pregunta, porque, evidentemente, non só a respecto a ela–e moito–, senón que evidentemente respecto a toda a xenteque mencionou, porque das vinte e catro horas que ten o díamáis de dezaseis as dedico cada segundo a traballar precisa-mente por toda esa xente da que vostede falou. (Aplausos.)Máis de dezaseis, cada segundo, cada minuto dos membrosdeste Goberno están destinados precisamente para cada unhadesas persoas.

Pero mire, señora Quintas, eu estou absolutamente con-vencida de que vostede manexa os datos do INE e taménestou absolutamente convencida de que vostede sabe que eutamén. Porque sabe tamén que se poden facer lecturas comose fan lecturas; vostede é interesada, por unha banda, e euevidentemente amosando que a realidade que vostede tentapresentar da nosa comunidade non é esa. E por moito quequeira non estamos peor que o resto das comunidades, e pormoito que queira Galicia non está a morrer. Galicia está avivir uns momentos difíciles, o que, evidentemente, taménlle ocorre ao resto das comunidades autónomas.

Pero non é este o Goberno, señora Quintas, o que veuaquí, por exemplo no ano 2008, que eu xa sei que non llegusta escoitalo dun compañeiro seu –bueno, pois voullorepetir– aquí, que foi membro do Goberno, o conselleiro deTraballo: o señor Ricardo Varela, cando eu era deputada, noano 2008 dicía que na afiliación á Seguridade Social habería1.125.000 afiliados cando rematara a súa lexislatura, é dicir,no ano 2009. E baixou en máis de 40.000 nun só ano a afi-liación, que xa non digo devalado do que dicía el. Eu non

fago ningunha promesa dese estilo, el pese á crise estabafacendo esas promesas.

E non foi este Goberno, nin sequera un Goberno do Par-tido Popular, o que dixo no ano 2008 cando concorreu áseleccións que se ía crear pleno emprego. Señora Quintas,recórdolle que foi un señor Zapatero, que gobernou Españaoito anos, falando de pleno emprego en plena crise. (Pronún-cianse palabras que non se perciben.) Aquí estamos falandoevidentemente de que este Goberno ten as súas competenciase as está exercendo ao cen por cento para mellorar a empre-gabilidade da xente, o cen por cento de todas as consellerías,non só desta consellería. E vostede, que está informada ecónstame, sabe perfectamente que para falar de creación deafiliación á Seguridade Social e, polo tanto, para falar deredución do desemprego a economía do noso país ten quemedrar en positivo. E para que medre a economía do nosopaís en positivo por enriba do 1,8 % do PIB tense que dar esacircunstancia para falar de emprego neto, señora Quintas.

Polo tanto, aquí o que estamos a dar agora é conta de quedende o Goberno, ademais de traballar todos os segundos decada día para precisamente esa xente e, por suposto, respec-tala, estamos executando o noso presuposto das políticasactivas de emprego, 138 millóns de euros, para mellorar aempregabilidade da xente...,

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, conselleira.

A señora CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTAR (Mato

Otero): ...para darlle formación... (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Pregunta de D. Daniel Rodas Chapela e Dª María Montse-rrat Prado Cores, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego,sobre as medidas que está a adoptar a Consellería doMedio Rural e do Mar para evitar conflitos nos pósitosgalegos

A señora PRESIDENTA: Ten a palabra o señor Rodas Cha-pela para formular a súa pregunta.

O señor RODAS CHAPELA: Señora presidenta.

Boa tarde, señora conselleira.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

108

Número 3026 de xuño de 2013

Page 109:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Traemos hoxe aquí un problema dramático, dado quena confraría en Boiro estase vivindo unha situación deenfrontamento non só entre as mariscadoras, senón entretodos os membros que conforman a confraría. É unhasituación que vén dada porque o colectivo de mariscado-ras, no seu día, querían mellorar as súas condicións devida e plantexaban a necesidade de evolucionar a actualnormativa e transformar o que eran as vixilancias obriga-torias noutro modelo que respondense máis á súa realida-de; unha realidade onde dúas de cada cen mariscadorasson menores de 30 anos, co cal estamos cun colectivo queestá preto das 4.000 persoas que están xa nunha idade bas-tante avanzada.

Esta situación que se está dando podería ser exemplo doque se está vivindo en todo o sector, dado que está someti-do, por exemplo, a que nas confrarías non se celebran elec-cións dende hai, nalgúns casos, máis de sete anos; dado que,por exemplo, a actual directiva, a actual presidenta, acaba desometerse a unha moción de censura onde tivo en contra 91votos e a favor 48, e aínda así aínda se mantén na súa situa-ción; a pesar de que xa caducou a vixencia do seu mandatoe aínda non se dá evolucionado.

Dentro deste contexto, a consellería en vez de mediar, envez de tomar medidas para intentar normalizar dita situacióne, efectivamente, tratar de darlle unha solución á demandadas mariscadoras, o que está é a defender as actuais directi-vas e, aínda encima, amparando unha serie de expedientes emedidas coercitivas que están sembrando o pánico entre asmariscadoras, dado que, por una lado, as ameazan con san-cións de entre 90 e 600 euros, e, polo outro lado, algunhasxa están a ser expedientadas, de xeito que perden o seudereito a traballar durante seis meses.

Polo tanto, é unha situación insostible que a actual con-sellería está amparando. E eu xa non digo, xa non lle pre-gunto, se é que ten pensado tomar algunha medida paraintentar canalizar e solucionar esta situación, senón máis bense ten pensado adoptar algunha medida para permitir que oslexítimos intereses das mariscadoras teñan cabida na situa-ción actual e se plantexe algunha solución.

Moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Ten a palabra, para respostar, a conselleira do MedioRural e do Mar.

A señora CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL E DO MAR

(Quintana Carballo): Moitas grazas, señora presidenta.

Señor Rodas, vostede me di que imos facer dende a con-sellería para solucionar unha situación dramática da confra-ría de Boiro. Supoño que se refire á confraría de Cabo deCruz, porque creo que é a que expón nos seus documentoscando fai a pregunta por escrito.

Mire, é moi fácil, dígollo en tres palabras: cumprir a lei.Iso é o que fago todos os días: rigor e cumprir a lei.

Cando vostede me fala da situación dramática, de que haimáis de sete anos que non se celebran eleccións, que esta-mos nunha situación antidemocrática, que se presentou unhamoción de censura e que a perderon...

Mire, a moción de censura está recollida na lei, nosdecretos, nas ordes e tamén no regulamento interno da con-fraría. E para gañar unha moción de censura hai que gañalacunha maioría de 2/3; e, se non se gañou cunha maioría de2/3, eu non lle podo dicir que se vaian porque perderon unhamoción de censura. (Pronúncianse palabras que non se per-ciben.) Os que perderon a moción de censura son os quelogo intentan xustificar calquera outra fórmula de medidanon democrática.

Medidas coercitivas. É que todo está recollido nun plande explotación. (Pronúncianse palabras que non se perci-ben.) Vostede di que non queren as vixilancias...

A señora PRESIDENTA: Señor Fajardo.

A señora CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL E DO MAR

(Quintana Carballo): Mire, eu pódolle dicir, e vostede sábeoben, que unha determinada organización recorreu a ordepola que se regulan os plans de explotacións, onde se faladas vixilancias, do control, e saben que xa se ditou unha sen-tenza no ano 2012 e que o Tribunal Superior de Xustiza deGalicia dixo que as vixilancias tíñanas que facer as marisca-doras, que era parte inescusable do seu traballo. Polo tanto,nós nin dicimos unha cousa nin dicimos a outra. Cumprimosa legalidade, axustámonos ás disposicións de todas as sen-

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

109

Page 110:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

tenzas que van saíndo, e mediar, mediamos todos os días. Etéñense recibido a todas as partes desa confraría, e téñensefeito 16 informes de todas as consultas que nos veñen de cal-quera das partes da confraría. E temos reunido os órganos dedirección da confraría e tamén as persoas que non están nosórganos de dirección da confraría. E témonos reunido coaspersoas que non forman parte da dirección da confraríaxunto co alcalde dese concello. E temos intentado mediar, eo único que nós non podemos facer é resolver os problemaspersoais que existan en determinados puntos do litoral. Nósnon somos as forzas e corpos de seguridade que vixían polaorde pública. Nós aplicamos as normas da ordenación pes-queira e marisqueira de Galicia.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Réplica de don Daniel Rodas.

O señor RODAS CHAPELA: Cumprir a lei, señora conse-lleira. ¡Que maneira de actuar! Indolente cos máis débiles,submisa cos poderosos.

¿Lémbrase daquela desviación de cartos da Unión Euro-pea dun coñecido presidente da Federación de confrarías, quetivo que devolver 84.000 euros? ¿Lémbrase? ¿É así como faicumprir vostede a lei? ¿É así como fai cumprir vostede a leie a responsabilidade, cando na confraría a Fiscalía ten levadoa cabo unha denuncia que fala de presuntas irregularidadescomo dobre contabilidade, apropiación indebida, malversa-ción de caudais públicos, vender marisco sobrante en vez dedevolvelo ao mar, usar vehículos da confraría para asuntosparticulares, vender incluso maquinaria da propia confraría,falta incluso de transparencia contable e pagos ficticios? ¿Esaé a aplicación que fai vostede de cumprir a lei?

Efectivamente, vostede está a cumprir a lei cos máisdébiles, e cos máis débiles está facendo que xente que vivedun salario miserable, ¡miserable!, estea na casa sen poderfaenar. Ese é o principio básico de calquera traballador, terdereito ao seu traballo. E vostede sabe que as vixilancias nonson obrigatorias, vostede sabe que as vixilancias deben estarsometidas –deberían estar sometidas– á aprobación da asem-blea xeral, e non foron aprobadas en tal asemblea xeral. Polotanto, conculca dous dereitos fundamentais: o dereito ao tra-

ballo e o dereito –como non– de ter capacidade para elixirlibremente...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Rodas.(Aplausos.) Moitas grazas.

Réplica da conselleira do Medio Rural e do Mar.

A señora CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL E DO MAR

(Quintana Carballo): Grazas, señora presidenta.

Señor Rodas, mire, eu aplico a lei para todos; unha leiúnica, para todos igual. Non aplico unha lei para cada casonin fago unha norma para cada caso, aplico a lei.

E no que me di das vixilancias, hai que diferenciar, evostede débeo de saber perfectamente. No plan de explota-ción recóllense as normas comúns de traballo, e para o ano2013 non están aprobadas as vixilancias nocturnas comoobrigatorias, están aprobadas as vixilancias diúrnas comoobrigatorias. Non o digo eu, o Tribunal Superior de Xustizade Galicia di: No puede compartirse que la exigencia de losdías de actividad complementaria sea innecesaria, despro-porcionada, abusiva, arbitraria y produzca inseguridadjurídica como afirma la recurrente, pues esas actividadesson imprescindibles para conservar y tratar de incrementarla productividad de los bancos marisqueros, aunque cierta-mente su realización sea menos atractiva al no ter por obje-to la extracción del recurso marisquero. Lo que justifica sumayor exigencia y la necesidad de esas actividades hace queno sea presumible que los principales interesados en mante-ner y mejorar esa productividad adopten decisiones quesean inútiles o contrarias a este fin.

Estamos dicindo, señor Rodas, que o que necesitamos éque as propias mariscadoras coiden o seu recurso, que aspropias mariscadoras fagan máis ricos os seus bancos pro-dutivos. Iso foi así toda a vida. O feito de ter abandonada esaactividade foi o que fixo que en determinadas zonas de Gali-cia se abandonara o marisqueo e os mariscadores pasaran ater agora en moitos sitios uns soldos mínimos porque aban-donaron o traballo. Porque mariscar non é só ir facer a parteextractiva; tamén é ir facer coidados, controis, seguimentos,traslados e vixilancias. E iso recoñéceo o señor fiscal supe-rior de Galicia e recoñéceo tamén o Tribunal Superior deXustiza de Galicia.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

110

Número 3026 de xuño de 2013

Page 111:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

E en canto á democracia –repítolle– están os órganos degoberno debidamente constituídos, de acordo cunha lei quese aprobou no ano 2008 que di que se celebrarán en Galiciaas eleccións aos órganos de goberno das confrarías nunmesmo día todos xuntos. E, en tanto en canto non se celebreese proceso, todos os órganos de goberno que estaban naquelmomento continuarán, a non ser que se poidan celebrar elec-cións parciais porque se vaia algún membro do cabido ou daxunta xeral ou o patrón maior. E así téñense celebrado elec-cións en Baiona, en Ferrol, en Corme, en Laxe, en Barallo-bre... ¿Sígolle dicindo máis ou xa lle chega?

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

(O señor Jorquera Caselas pide a palabra.)

Si, señor Jorquera, ¿para que quere a palabra?

O señor JORQUERA CASELAS: (O inicio da gravaciónnon é audible.) ...apelación ao artigo 76.3, que di que candohaxa unha alusión que afecte ao decoro ou á dignidade dungrupo parlamentario, a Presidencia poderá concederlle a unrepresentante daquel a palabra.

A señora PRESIDENTA: Si, pero vaime perdoar. Non seique afecta ao decoro...

O señor JORQUERA CASELAS: Non é nesta pregunta, énas manifestacións feitas anteriormente polo señor MiguelTellado, que dixo textualmente...

A señora PRESIDENTA: Señor Jorquera, imos rematar opleno.

O señor JORQUERA CASELAS: Non, non. (Pronúnciansepalabras que non se perciben.)

A señora PRESIDENTA: Non, señor Jorquera...

O señor JORQUERA CASELAS: En calquera momento,cando se produza...

A señora PRESIDENTA: Ben, pois se lle parece ben en cal-quera momento, imos rematar o pleno e, se quere, ao final

do pleno podemos discutilo, pero eu... (A señora PontónMondelo di: Pasadomañá.)

A señora PRESIDENTA: Non, pasadomañá non. Candodecida a presidenta. ¿Parécelle ben, señora Pontón? (Mur-murios.)

O señor JORQUERA CASELAS: É dicir, ¿vértese unhacalumnia por parte dun deputado e non podo exercer o derei-to á defensa por parte do meu grupo parlamentario?

A señora PRESIDENTA: Señor Jorquera, vostede é unhapersoa coherente e razoable. Eu non lle dixen que non o vaiaexercer, simplemente lle digo que igual que me pide a cues-tión de orde, imos rematar as preguntas...

O señor JORQUERA CASELAS: Cando rematen...

A señora PRESIDENTA: ...e ao final...

O señor JORQUERA CASELAS: ...presidenta, cando rema-ten as preguntas...

A señora PRESIDENTA: Cando rematen déixolle a voste-de...

O señor JORQUERA CASELAS: Cando rematen as pre-guntas, non cando remate o pleno.

A señora PRESIDENTA: Pois claro.

O señor JORQUERA CASELAS: Quero dicir que terei...

A señora PRESIDENTA: É que se rematara o pleno nonpodería vostede facer ningunha.

O señor JORQUERA CASELAS: Por iso. Perfecto.

A señora PRESIDENTA: Ben.

Debate acumulado das seguintes preguntas.

Pregunta de D. Pablo García García e dous deputadosmáis, do G.P. dos Socialistas de Galicia, sobre a estrate-xia da Xunta de Galicia no campo da investigación agro-gandeira

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

111

Page 112:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Pregunta de Dª María Tereixa Paz Franco, do G.P. do Blo-que Nacionalista Galego, sobre as actuacións previstaspola Xunta de Galicia para garantir no futuro o mante-mento da actividade desenvolvida polo Centro de Investi-gacións Agrarias de Mabegondo

Pregunta de D. Xosé Manuel Beiras Torrado e dous depu-tados máis, do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda,sobre as razóns do Goberno galego para desmantelar dexeito progresivo o Centro de Investigacións Agrarias deMabegondo

A señora PRESIDENTA: Ten a palabra, en primeiro lugar,don Pablo García.

O señor GARCÍA GARCÍA: Grazas, presidenta.

Eu non sei se son coherente e responsable. En todo caso,señora conselleira, o Centro de Investigacións Agrarias deMabegondo, o CIAM, é quizais –ou sen quizais– o maiorcentro de investigación agraria que ten este país, que tenGalicia, e eu diría que un dos mellores, e referencia a nivelde Estado, na súa materia, en todo o Estado, na xeración e nadifusión de coñecemento en materia agrogandeira.

Este centro vense dedicando dende hai moitos anos a ela-borar proxectos de investigación, á experimentación agrariasobre as demandas científico-técnicas do sector agroalimen-tario galego, e creo que vostede, conselleira, coincidirácomigo en que ten, e moitísimas, necesidades nese sentido.Se todos os días vostede mesma fai fincapé na innovación,no desenvolvemento e no desenrolo de novos produtos, creoque contar cun centro de investigación e de innovación éfundamental. E vén desenvolvéndose o seu traballo en cola-boración con empresas, con entidades do sector, e tamén–como viña facendo e veu facendo–, sobre todo, coa Admi-nistración.

Por iso, señora conselleira, ¿a que se debe a non inclu-sión do CIAM, a través do Ingacal, nos contratos-programanin noutras actuacións do convenio asinado pola propiaXunta de Galicia e o Ministerio de Economía? ¿Por que eseparón no desenvolvemento do CIAM como ente público deinvestigación e por que ese desaproveitamento do seu tra-ballo? ¿Por que, señora conselleira, esa ausencia de interlo-cución cos xestores, cos responsables, coa xunta directiva

do centro, cos traballadores do centro de Mabegondo, desdeque vostede é conselleira e desde que este Goberno, desdeo ano 2009, ten esa responsabilidade? ¿Por que, señora con-selleira, máis alá dos recortes no presuposto, máis alá dadiminución do presuposto, nin sequera se executan as parti-das orzamentarias que se consignan, e sobre todo, se cabe,con máis gravidade, cando estamos falando de fondos Fea-der, e, polo tanto, cofinanciados, como foi o caso dos fon-dos para a conservación dos recursos xenéticos da agricul-tura? ¿Por que, señora conselleira, agora que imos ter unhanova política da área comunitaria onde se van incrementaros fondos destinados e relacionados coa innovación e ainvestigación? ¿Con que instrumentos, señora conselleira,pretende vostede afrontar ou captar eses fondos? ¿Ou o plané, señora conselleira, que este centro igual que outros moi-tos –eu aquí non vexo unha Xenética Fontao para darlle apasta; polo tanto, non entendo cal pode ser a estratexia–morra por inanición, sen que todo o sector agrogandeiropoida aproveitarse do seu traballo? ¿Cales son os motivos,señora conselleira...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor García.

O señor GARCÍA GARCÍA: ...desta actitude que vén man-tendo o Goberno?... (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Pregunta de dona Tereixa Paz Franco.

A señora PAZ FRANCO: Grazas, señora presidenta.

Boas tardes, señoras e señores deputados.

Como todos supoño que coincidiremos en que o Centrode Investigacións Agrarias de Mabegondo é un dos centrosde investigación e innovación –o único en Galiza, sen dúbi-da– dos máis relevantes no ámbito do Estado e que ten ade-mais demostrado na súa práctica ao longo de todos estestempos a súa capacidade de transferencia tecnolóxica caraao sector primario e a súa capacidade para crear, impulsar eimplantar sistemas produtivos máis sostibles e máis compe-titivos, por iso, señora conselleira, presentamos esta pregun-ta, porque non entendemos, desde o Grupo Parlamentario doBloque Nacionalista Galego, a morte por inanición á queestán vostedes condenando ao Centro de Investigacións

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

112

Número 3026 de xuño de 2013

Page 113:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Agrarias de Mabegondo, integrado no Instituto Galego deCalidade Alimentaria.

E imos centrarnos en feitos. Primeiro feito: non consoli-dación do Instituto Galego de Calidade Alimentaria, quecomo ente público tiña que estar consolidado un ano des-pois da entrada en vigor da Lei 16/2010 como axenciapública. Tampouco en todo este tempo vostedes elaboraronnin o plan estratéxico, nin un contrato plurianual de xestióndo Ingacal. Polo tanto, nulo interese da Xunta de Galizapola innovación, pola investigación, nin pola calidade ali-mentaria.

Segundo: non inclusión do Centro de InvestigaciónsAgrarias de Mabegondo nos contratos-programa nin noutrasactuacións asinadas entre a Xunta de Galiza e o Ministeriode Economía e Competitividade. Mentres outras instituciónsque se dedican ao ámbito da investigación, pero curiosa-mente exclúen expresamente a investigación agroalimenta-ria, si que están incluídas nese contrato-programa.

Redución sistemática do persoal investigador, non repo-sición dos efectivos, non se estabilizaron os doutores e tec-nólogos incorporados no ano 2009 a este centro de investi-gación, e nos últimos orzamentos, señora conselleira, prodú-cese unha redución do persoal investigador do 36 % e dopersoal doutor do 44 %. Señora conselleira, vostedes debe-rían saber que con esta redución están imposibilitando que oCIAM non só poida seguir traballando, senón que pola perdadese persoal investigador e persoal doutor non poderá acce-der pola súa propia conta, nin polos seus propios méritos,nin polo seu esforzo a moitos proxectos.

En definitiva, estamos ademais de neglixencia ante unhapésima xestión por parte dos responsables políticos dentrodeste centro de investigación...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señora Paz.

(A señora Paz Franco pronuncia palabras que non seperciben.) (Aplausos.)

Ten a palabra don Antón Sánchez.

O señor SÁNCHEZ GARCÍA: Boas tardes, señora conse-lleira.

Xa verá que non é a primeira vez que lle falo do Centrode Investigacións Agrarias de Mabegondo, non quero serpesado. Pero nós dicimos e levamos dicindo moito tempoque sen investigación, sen innovación, sen coñecemento esen a transferencia de coñecemento non hai futuro no mediorural. E dicimos hoxe que sen o Centro de InvestigaciónsAgrarias de Mabegondo é imposible un sistema de investi-gación agraria en Galicia a curto e a medio prazo. ¿Por quese empeñan coas súas políticas en acabar coa súa viabilida-de?

Como xa explicaron os compañeiros, vostedes estánreducindo persoal ata extremos de inviabilizar a súa partici-pación en proxectos de investigación, están excluíndo,exclúeno para este ano dos programas conveniados co Esta-do de investigación, están reducindo os recursos e teñenincluso persoal –subdirector neste caso– que traballa, que foiun día por alí en todo o tempo que leva e se dedica a boico-tear a actividade deste centro.

¿Como pensa vostede reconverter a gandería láctea destepaís dependente de insumos e que pase a ser unha ganderíamáis sostible dependente da súa propia fabricación de pen-sos e de forraxes? ¿Como pensa facelo sen un sistema públi-co de investigación, señora conselleira? ¿Como pretendeque se incorporen con éxito mozos e mozas á actividadeagraria sen investigación e asesoramento? ¿Por que non sereúne cos traballadores e traballadoras deste centro? ¿Quepretende o Partido Popular con estas medidas que desmante-lan o sistema de investigación, asesoramento e extensiónagraria? ¿Cal é o seu plan para o futuro do medio rural?

Mire, na PAC que se vai aprobar para o período 2014-2020 –que esta tarde se debe estar aprobando xa en Europa–vanse triplicar previsiblemente os recursos para I+D no eidoagroalimentario e seguridade alimentaria. Para ter acceso aestes fondos, señora conselleira, así como aos programas daAxencia Galega de Innovación, será imprescindible que oIngacal realice canto antes o seu plan estratéxico, pendentedende hai dous anos. ¿Que pasa con este plan estratéxico,señora conselleira?

O Regulamento relativo á axuda do desenvolvementorural a través do Feader para o período 2014-2020 identificaclaramente como primeira prioridade na Unión Europeafomentar a transferencia de coñecemento e as innovacións

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

113

Page 114:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

no sector agrícola, no sector silvícola e nas zonas rurais; arti-go 5.1 do regulamento. Para iso é fundamental contar coaspersoas e co centro, que é o Centro de Investigacións Agra-rias de Mabegondo.

¿Que pretende co desmantelamento da extensión agraria,da investigación agraria, señora conselleira?, ¿que pretendenvostedes? ¿Teñen algún plan de futuro para este país e parao seu rural? (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

Ten a palabra para dar resposta a conselleira do MedioRural e do Mar.

A señora CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL E DO MAR

(Quintana Carballo): Grazas, señora presidenta.

Señorías, señor García, señora Paz, señor Sánchez.

A estratexia da Xunta de Galicia no campo da investiga-ción agrogandeira encádrase no contexto das estratexiaseuropeas e estatais no campo da innovación e da investiga-ción agraria. A Estratexia de especialización intelixenteRIS3 que está a desenvolver a Axencia Galega de Innova-ción establecerá os obxectivos e as liñas prioritarias de inno-vación en Galicia, no que atinxe ás actuacións e proxectosfinanciados con fondos FEDER e Feader para o próximoperíodo 2014-2020. Nesta estratexia, que aínda está en fasede redacción, a innovación agraria, e agropecuaria en parti-cular, atopará –estean seguros– o lugar que lle correspondepola importancia que ten para o desenvolvemento rural e osector agropecuario.

Paralelamente estase a desenvolver o Plan de desenvol-vemento rural de Galicia, para o mesmo período, que debebasearse na innovación como unha das prioridades transver-sais, por mandato da Estratexia 2020 da Unión Europea. Aredacción do novo PDR, aínda que está nunha fase inicial,debe rematar antes de fin deste ano, e moitas das súas medi-das deberán acompañarse de accións innovadoras apoiadasdesde os centros de investigación, que en Galicia o confor-man sobre todo o sistema público de investigación, formadopolos centros da Consellería do Medio Rural e do Mar, oSistema universitario e os centros tecnolóxicos fundamen-talmente.

Este ano aprobouse tamén o Plan estatal de investigacióncientífica, técnica e de innovación 2013-2016, no que apareceun reto específico en seguridade e calidade alimentaria, a acti-vidade agraria produtiva e sostible, e sostibilidade dos recursosnaturais. Así, entre as prioridades que en materia de I+D+i seinclúen no dito reto figura a mellora sostible dos sistemas deprodución agrícolas, gandeiros e forestais, cun amplo abano detemas no tocante coa gandería e a produción de forraxes. Polotanto, a investigación agropecuaria queda tamén plenamenteamparada nos obxectivos de investigacións estatais.

O Instituto Nacional de Investigación e Tecnoloxía Agra-ria e Alimentaria ten asignadas competencias en materia dexestión de axudas públicas relacionadas coas principaismodalidades de participación do dito plan, como son recur-sos humanos, programas e proxectos de I+D+i, infraestrutu-ras e equipamento científico-técnico.

A Xunta de Galicia, a través da consellería que dirixo,participa na Comisión de Coordinación da InvestigaciónAgraria no chamado Sistema INIA-CCAA. Polo tanto, osseus centros de I+D+i son beneficiarios directos das axudasanteditas enmarcadas nos obxectivos do plan.

Galicia vénse beneficiando deste sistema nesas axudas,sendo o CIAM o principal beneficiario dos últimos equipa-mentos científico-técnicos, tales como establo, nave parainvestigación en patoloxía animal, invernadoiro e dos pro-xectos de I+D+i, a meirande parte deles centrados no campoagropecuario. Por exemplo, na última convocatoria, doscinco proxectos aprobados para os centros públicos da con-sellería, en tres participa o CIAM referidos ao sector agro-pecuario, a desenvolver nos próximos tres anos.

Por outra banda, no Plan galego de investigación, inno-vación e crecemento 2011-2015, dentro dos programas sec-toriais do seu eixe estratéxico 8, que inciden nas áreas cha-ves que marca o oitavo programa marco da Unión Europea,foméntanse os sectores chave para a economía da nosacomunidade. Perséguese potenciar a investigación colabora-tiva en Europa e con outros países socios mediante proxec-tos transnacionais entre a industria e o coñecemento e oacceso dos axentes do sistema de I+D+i galegos aos proxec-tos europeos. Entres os sectores que se marcaron como prio-ritarios neste eixe estratéxico atópase a alimentación, a agri-cultura, a pesca e a biotecnoloxía.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

114

Número 3026 de xuño de 2013

Page 115:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

No eixe estratéxico 3, sistema integral de apoio á inves-tigación, atópase a liña que prevé instrumentar contratos-programas para canalizar apoio financeiro á consolidacióndos centros de coñecemento, recoñecidos dentro do Sistemagalego de I+D+i, en función de obxectivos previamenteestablecidos, que incidan na mellora da competitividade ecalidade do tecido empresarial. Neste momento, estanse a terconversas coa Axencia Galega de Innovación para formali-zar estes contratos-programas cos centros de I+D+i depen-dentes da consellería. Os contratos-programa definirán oconxunto de indicadores específicos e os resultados obtidosque deberán ser avaliados para cada un dos centros obxectodesta liña de actuación.

No artigo 13 da recente Lei 5/2013, do 30 de maio, defomento da investigación e da innovación de Galicia, publi-cada o pasado día 17, establécese que “As distintas conse-llarías da Administración xeral da Comunidade Autónomade Galicia e as entidades públicas instrumentais do sectorpúblico autonómico de Galicia con competencias en materiade innovación e investigación propoñerán os programas e asactuacións para a elaboración do Plan galego de investiga-ción e innovación dentro do ámbito das súas competencias”.Neste programa, a consellería deberá propoñer os obxecti-vos operativos, e prioridades científicas, técnicas e sociais, adescrición priorizada das actividades, así como dos resulta-dos esperados con suficiente detalle.

Polo tanto, estamos a elaborar esa proposta, e establece-ranse nela con precisión a proposta da consellería de progra-ma de investigación e innovación agraria en Galicia paraincorporar ao dito plan, en concordancia coas liñas estraté-xicas europeas e estatais.

Dentro do marco referido con anterioridade, a conselle-ría ten previsto continuar e potenciar a innovación agrariadentro do PDR en distintas medidas, e moi especialmente namedida de cooperación, na que o CIAM é un dos principaiscentros cooperantes coas cooperativas –valla a redundancia–e empresas do sector agrario. Por poñer un exemplo, dosvinte e un expedientes aprobados na pasada convocatoria deproxectos de cooperación para novos produtos, procesos etecnoloxías, o CIAM participa en once, e aprobouse uninvestimento de cooperación do centro de 1.270.000 eurospara os próximos tres anos.

Así que, tanto pola participación de proxectos de I+D nasconvocatorias do INIA como polos proxectos de innovaciónfinanciados polos grupos Feader e do que resulte dos con-tratos-programa a acordar coa Axencia Galega de Investiga-ción e o CIAM, terán suficientemente garantida para desen-volver os proxectos de I+D+I nos próximos teres anos. Nonhai, polo tanto, ningunha xustificación á afirmación de que aXunta de Galicia pretenda destruír de xeito progresivo ocentro. As restricións orzamentarias nesta etapa difícil queatravesamos estanse a solventar co esforzo de todos e cunaproveitamento máis intenso dos recursos externos, tantodas empresas do sector como dos fondos procedentes daUnión Europea.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, conselleira.

Réplica de don Pablo García.

O señor GARCÍA GARCÍA: Señora conselleira, eu teñoaquí o DOG do 6 de febreiro de 2013 onde non di para nadaen absoluto todo o que vostede acaba de dicir. É verdade quenos fixo unha retahíla aí.

Señor Fariña, sabe que llo digo con aprecio: nós si quetemos que escoitar ás veces parvadas.

Señora conselleira, entón todo o centro, todos os traba-lladores que están alí, todo o equipo directivo, ¿están tolos?(Murmurios.) É dicir, eu estou tolo,...

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

O señor GARCÍA GARCÍA: ...os outros portavoces da opo-sición están tolos; simplemente vivimos nun mundo –comodicía antes alguén aquí– que non existe.

Señora conselleira, ¿vostede foi algunha vez ao centro?Non. A señora conselleira mandou alí ao señor Tomás, direc-tor xeral, e o único que se lle ocorreu dicir é que había moi-tas vacas. (Pronúncianse palabras que non se perciben.) Oué que xa lle dixera o señor Feijóo –que poucos anos o tiñaaprendido antes–que as vacas tiñan nome de muller porqueeran hembras e non machos.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

115

Page 116:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

Pero non saímos moito de aí, non houbo ningún tipo deplantexamento con respecto aos problemas todos que vénarrastrando o Centro de Investigacións de Mabegondo. Eisto é así de sencillo: vostedes quítanlles os técnicos e, polotanto, non poden optar aos proxectos de fóra que podenfacer, que hai empresas que queren facer. ¡Nin sequera lleestán pedindo máis cartos, o que lle están pedindo é que osdeixen traballar!

Porque eu non sei –repítolle– era a pregunta case clave:¿que é o que pensan facer? Eu podería aceptar unha respos-ta no sentido de dicir non queremos o centro de Mabegondoe ímolo facer noutro sitio. Incluso, parecéndome mal, o quefixeron: non queremos que exista o que antes existía e ímos-llo contratar a Xenética Fontao e dámoslle a pasta. Taménincluso o tería que aceptar. Pero o que non entendo é que nonhaxa plan. ¿Imos fumigar aquilo? Son funcionarios, non ospoden botar á calle. ¿Estámolos mantendo alí sen que traba-llen nin fagan absolutamente nada? ¿Teñen pensado dedicaraquela finca de non sei cantas hectáreas ao turismo rural?Por certo, 3 hectáreas xa llas deron ao alcalde para arreglaro do Plan xeral de ordenación municipal. Para iso non houboen absoluto ningún problema. Resolvérono en tres minutosnunha reunión. Para iso si que foi o persoal da consellería aMabegondo, para outras cousas...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor García.

Moitas grazas. (Aplausos.)

Réplica da señora Paz Franco.

A señora PAZ FRANCO: Señora conselleira, o certo é quenunca antes foran excluídos proxectos no ámbito da investi-gación agroalimentaria feita en centros dependentes da Xuntade Galiza, sobre todo, porque ademais esta investigaciónconxuga perfectamente a participación pública coa empresaprivada, sendo ademais contrastada a experiencia do CIAM.E, efectivamente, señora conselleira, no ano pasado noCIAM fixéronse vinte proxectos en colaboración coasempresas privadas de transferencia tecnolóxica, pero nongrazas á xestión da Xunta de Galiza. Porque os xestores daXunta de Galiza no canto de buscar cofinanciamento, nocanto de buscar colaboración coas empresas para a realiza-ción de investigacións en Mabegondo, o que fan é ser un las-tre e obstaculizar. O seu subdirector nin traballa nin deixa tra-

ballar. E se se fixeron estas vinte investigacións o ano pasa-do foi porque os investigadores, os doutores, os tecnólogos,á parte de facer o seu traballo de investigación, fan de autén-ticos comerciais para que en Mabegondo se poida seguirfacendo investigación e para que en Galiza siga existindo ainvestigación agroalimentaria, para que sigamos sendo pio-neiros e para que siga habendo transferencia tecnolóxica.

E eu voulle facer unhas preguntas moi concretas paraque lles conteste aos traballadores: ¿ten pensado recibilospara que eles lle conten a súa versión e non teña que facer-lle caso a ese señor que ten vostede de subdirector e que nonfai absolutamente nada, polo menos nada bo a favor destainvestigación? ¿Ten vostede pensado solicitar a modifica-ción dos contratos-programa que exclúen a investigaciónagroalimentaria para os próximos anos? ¿Ten vostede pen-sado negociar algún tipo de salvagarda para non seguir eli-minando investigadores, doutores e tecnólogos, porque isoaboca ao peche a ese centro de investigación? E, sobre todo,señora conselleira, no borrador do PDR vostede...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señora Paz.

Moitas grazas. (Aplausos.)

Réplica de don Antón Sánchez.

O señor SÁNCHEZ GARCÍA: Señora conselleira, por favor,pídolle que non nos pretenda tomar o pelo, dígollo moi enserio. Estamos falando moi en serio desta cuestión, é unhacuestión moi importante.

Vostede quizais non poida dicir a verdade do que preten-den facer, porque sabe que é unha irresponsabilidade o queestán facendo. Construír un sistema público de investigacióné un labor de moitos anos, de moita inversión, de moitoesforzo. En cambio destruír pódese destruír incluso nun ano.

A ver se me pode contestar en vez de irse polas ramas:¿por que do ano 2012 ao 2013 se reduce o total de persoalinvestigador de 22 a 14, e o total de persoal doutor de 16 a9? Nun caso o 36 % de redución e noutro o 44 %. Con isoconformaríame.

E abundando no argumento de que o persoal creo eu queé un persoal competente, con moita experiencia, que non

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

116

Número 3026 de xuño de 2013

Page 117:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

hai, hai xente de todo tipo alí, escribiu este escrito dirixido avostede: Preocupacións que se lle trasladan á conselleira deMedio Rural:

Un. Non inclusión do CIAM-Ingacal nos contratos-pro-grama nin outras actuacións de convenio asinado pola Xuntade Galicia, o Ministerio de Economía e Competitividade,xestionado pola Axencia Galega de Innovación. Así mesmo,falta de información sobre como o Plan galego de investiga-ción, innovación e crecemento afectará ao CIAM-Ingacal.

Dous. Para un novo desenvolvemento do Ingacal, tenden-tes á súa consolidación como ente público de investigación daconsellería, non se abordou o desenvolvemento das compe-tencias e capacidades do ente en toda a anterior lexislatura.

Tres. Ausencia de interlocución cos xestores responsa-bles da área de investigacións agrarias da consellería, quenon se reuniron nin unha soa vez co persoal investigador, ecónstanos que nin cos propios xefes de servizo, para coñecerde cerca, estudar e avaliar as actividades desenvolvidas porIngacal-CIAM, propondo, no seu caso, as oportunas medi-das de mellora, así como para elaborar estratexias de adap-tación e adecuación das estruturas de investigación, incluí-dos materiais e humanos.

Como consecuencia do anterior observamos con preocu-pación que a pesar de que o persoal investigador e de apoioincrementou o seu esforzo para manter o...

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Sánchez.

Moitas grazas.

(O señor Sánchez García pronuncia palabras que non seperciben.)

Moitas grazas, señor... (Aplausos.)

Réplica da conselleira.

A señora CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL E DO MAR

(Quintana Carballo): Grazas, señora presidenta.

Señorías, a verdade é que un ás veces pois non sabe oque ten que facer, porque cando a un se lle pregunta cal é a

estratexia que ten pensado desenvolver a Xunta de Galiciano que ten que ver coa investigación nos próximos anos, eun vén aquí e inténtao contar da maneira máis ampla posi-ble, ao final dise que contamos unha serie de mentiras,poden dicir que eu nunca estiven en Mabegondo cando esti-ven... Eu non pretendo nin dicir que nadie é tolo nin deixa deser tolo. Paréceme que os insultos cando se está a falar duntema tan importante para Galicia como é o tema da investi-gación non veñen a conto de nada.

Eu simplemente lles quero dicir unha cousa. Digo emanifesto e preocúpome porque entendo que a investigacióné base fundamental para que se poida avanzar no desenvol-vemento dos nosos sectores produtivos primarios, e nesaliña imos traballar.

¿E estamos nun momento complicado? Claro que si. ¿Enon podemos ter unha mirada curtopracista? Claro que non.¿E é certo que nos están afectando os recortes no campo dopersoal? Si. Pero que estamos a intentar poñer e toda a Xuntade Galicia vai defender que nese programa que se poida pre-sentar no marco da Unión Europea veñan a maior cantidadede fondos posibles para destinar á investigación e ao desen-volvemento e traballar na I+D+i nos sectores primarios deGalicia, tamén llelo podo asegurar. (Murmurios.) E que esta-mos traballando e que o propio director da Axencia Galegade Innovación de Galicia ten ben claro...

A señora PRESIDENTA: Silencio, por favor.

A señora CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL E DO MAR

(Quintana Carballo): ...que os proxectos mellor avaliados, queos proxectos mellor presentados son os que se presentandesde os centros sectoriais tanto de Pesca como de MedioRural. E por iso temos dous coordinadores de traballos deinvestigación deseñando o que van ser as liñas estratéxicasde investigación para o futuro.

Miren: nós estamos a traballar para transformar o Inga-cal, é ben certo, nunha axencia. E levaranos tempo, si; peroqueremos integrar nesa axencia todo aquilo que ten que vercoa formación, coa I+D+i, cos controis agroalimentarios,porque entendemos que o conxunto de todos eles, a unióndesas sinerxías, sen dúbida ningunha, será capaz de facerque teñamos aínda máis capacidade de investigar no nosoterritorio.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 3026 de xuño de 2013

117

Page 118:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

E, por suposto, señora Paz, quede tranquila que eu reci-bo a todo o mundo. ¿Como non vou recibir aos meus propiosfuncionarios cando mo solicitan? Nada máis mo soliciten eunon teño ningún problema en recibilos. Logo dirán que nonos recibo, como din que tampouco fun nunca a Mabegondo.

Máis nada e moitas grazas. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas.

(Murmurios.)

Silencio, por favor.

Señor Jorquera, ten vostede un turno breve, por favor,para...

A señor JORQUERA CASELAS: Grazas, señora presidenta.De verdade que vou ser moi breve.

O señor Miguel Tellado dixo textualmente: “Os que cri-tican as corridas de touros por crueis non son quen de con-denar o terrorismo”. E esa manifestación o noso grupo par-lamentario considéraa inxuriosa, considéraa unha calumnia.

Vou ser moi breve –insisto–.

O BNG condena, condenou e condenará sempre o terro-rismo e outras formas de violencia para conseguir fins polí-ticos, que, aínda que non nos merezan a caracterización deterrorismo, tamén as consideramos reprobables e condena-bles. Pero o que non facemos é asumir o argumentario doPartido Popular e a estratexia do Partido Popular. Pero con-denamos o terrorismo. Polo tanto, é unha afirmación total eabsolutamente calumniosa e pídolle ao señor Tellado que aretire inmediatamente. (Aplausos.)

A señora PRESIDENTA: Moitas grazas, señor Jorquera.

Señor Tellado, ¿vai retirar vostede esa expresión?

O señor TELLADO FILGUEIRA: ...escoitado o que escoita-mos...

A señora PRESIDENTA: Non. (Murmurios.)

O señor TELLADO FILGUEIRA: ...e se a miña intervenciónfoi obxecto dalgún tipo de confusión ou un malentendidonon teño ningún problema...

A señora PRESIDENTA: Simplemente lle dou a palabra seretira... (Pronúncianse palabras que non se perciben.)

Señora Piñeiro, por favor. (Pronúncianse palabras quenon se perciben.)

Ten a palabra o señor Tellado. Señor Tellado.

¡Por favor! Imos rematar o pleno. Señor Tellado.

O señor TELLADO FILGUEIRA: Si, si, digo que me alegrode ter escoitado o que escoitamos, e que se a miña interven-ción e a miña expresión exacta causou algún tipo de males-tar ou algún tipo de confusión, non teño ningún problema enque se retire do Diario de Sesións.

A señora PRESIDENTA: Bueno, pois entón, señor Jorque-ra, queda retirada.

Ben, antes de levantar a sesión só quixera dicir unhacousa, que agardo que en próximos plenos non me faganfacer tantos esforzos para non botar a ninguén, como creoque fixen esta tarde.

Esgotada a orde do día, levantamos a sesión e moitasgrazas. (Aplausos.)

Remata a sesión ás sete e quince minutos da tarde.

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

118

Número 3026 de xuño de 2013

Page 119:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA

RELACIÓN DE DEPUTADAS E DEPUTADOS PROCLAMADOS ELECTOS POR ORDE ALFABÉTICA

1.- Acuña do Campo, Carmen (PSdeG-PSOE)2.- Adán Villamarín, María do Carme (BNG)3.- Arias Veira, Pedro (PP)4.- Baamonde Díaz, Agustín (PP)5.- Balseiro Orol, José Manuel (PP)6.- Beiras Torrado, Xosé Manuel (AGE)7.- Blanco Paradelo, Moisés (PP)8.- Burgo López, Concepción (PSdeG-PSOE)9.- Caamaño Domínguez, Francisco (PSdeG-PSOE)10.- Camino Copa, Ángel (PP)11.- Castiñeira Broz, Jaime (PP)12.- Díaz Pérez, Yolanda (AGE)13.- Docasar Docasar, Vicente (PSdeG-PSOE)14- Dorado Soto, Javier (PP)15.- Fajardo Recouso, Juan Manuel (AGE)16.- Faraldo Botana, María Dolores (PP)17.- Fariñas Sobrino, Hipólito (PP)18.- Fernández Calviño, David (AGE)19.- Fernández Fernández, Raúl (PSdeG-PSOE)20.- Freire Abeijón, Santiago (PP)21.- Gallego Calvar, Carmen (PSdeG-PSOE)22.- Gallego Lomba, José Manuel (PSdeG-PSOE)23.- García García, Pablo (PSdeG-PSOE)24.- García Pacín, Isabel (PP)25.- Gómez Alonso, Alejandro (PP)26.- González Santín, Juan Carlos (PSdeG-PSOE)27.- Guerra Fernández, Javier (PP)28.- Hernández Fernández de Rojas, Agustín (PP)29.- Íñiguez Martínez, Jaime (PP)30.- Jorquera Caselas, Francisco (BNG)31.- Losada Álvarez, Abel (PSdeG-PSOE)32.- Martínez García, María Consuelo (AGE)33.- Martínez-Sierra López, Vidal (PP)34.- Méndez Romeu, José Luis (PSdeGPSOE)35 - Mouriño Villar, Antonio (PP)36.- Nóvoa López, Enrique (PP)37.- Núñez Centeno, Aurelio (PP)38.- Núñez Feijóo, Alberto (PP)39.- Pardo López, Carmen (PP)40.- Paz Franco, María Tereixa (BNG)41.- Pazos Couñago, José Alberto (PP)42.- Pérez Hernández, Berta (PP)43.- Piñeiro Martínez, Marisol (PP)44.- Pombo Rodríguez, Cosme Eladio (BNG)45.- Pontón Mondelo, Ana Belén (BNG)46.- Pouso Maneiro, Herminia (PP)47.- Prado Cores, María Montserrat (BNG)48.- Prado del Río, Paula (PP)49.- Prado Patiño, Miguel (PP)50.- Puy Fraga, Pedro (PP)51.- Quintas Álvarez, María (PSdeG-PSOE)52.- Rodas Chapela, Daniel (BNG)53.- Rodríguez Arias, Marta (PP)54.- Rodríguez Barreira, Julia (PP)55.- Rodríguez González, Román (PP)56.- Rodríguez-Vispo Rodríguez, Marta (PP)57.- Rojo Noguera, Pilar (PP)58.- Romero Fernández, Cristina (PP)59.- Ron Fernández, José Javier (AGE)60.- Rueda Valenzuela, Alfonso (PP)61.- Sánchez Bugallo, José Antonio (PSdeG-PSOE)62.- Sánchez García, Antón (AGE)63.- Santalices Vieira, Miguel (PP)64.- Santos Regueiro Francisco (PP)65.- Sestayo Doce, Beatriz (PSdeG-PSOE)66.- Solla Fernández, Eva (AGE)67.- Soneira Tajes, María Soledad (PSdeG-PSOE)68.- Tellado Filgueira, Miguel (PP)69.- Trenor López, Gonzálo (PP)70.- Val Alonso, José Ramón (PSdeG-PSOE)71.- Varela Suanzes-Carpegna, Daniel Luis (PP)72.- Vázquez Abad, Jesús (PP)73.- Vázquez Díaz, Ramón (AGE)74.- Vázquez Fernández, Manuel (PSdeG-PSOE)75.- Vilán Lorenzo, Patricia (PSdeG-PSOE)

Page 120:  · 2013. 7. 29. · Número 30 IX lexislatura Serie Pleno DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIA ORDE DO DÍA Punto 6. Proposicións non de lei en Pleno 6.1. 605 (09/PNP-000016)

DIARIO DE SESIÓNS DO PARLAMENTO DE GALICIAEdición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia.

Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25