16:00 presentación da xornada - usc · 2017-10-25 · 16:00 presentación da xornada 16:25 a danza...

4

Upload: others

Post on 13-Jul-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 16:00 Presentación da xornada - USC · 2017-10-25 · 16:00 Presentación da xornada 16:25 A danza da gravidade: estrelas dobres e planetas extrasolares En xeral, a forza dominante
Page 2: 16:00 Presentación da xornada - USC · 2017-10-25 · 16:00 Presentación da xornada 16:25 A danza da gravidade: estrelas dobres e planetas extrasolares En xeral, a forza dominante

16:00 Presentación da xornada

16:25 A danza da gravidade: estrelas dobres

e planetas extrasolares En xeral, a forza dominante en sistemas estelares e planetarios é a gravitacional.

Para obter modelos realistas destes sistemas cómpre coñecer con precisión a

masa das estrelas, para o cal o estudo dos sistemas binarios é unha ferramenta

fundamental. Nesta presentación farase un breve repaso sobre os fundamentos e

métodos do estudo de sistemas binarios e como estas ferramentas evolucionaron

xunto coas técnicas de observación para adaptarse ao estudo de planetas

extrasolares.

Pedro Pablo Campo Díaz: [email protected]

16:45 Matemáticas doutra Galicia Falando de cuestións xa clásicas de análise funcional, intentaremos mostrar e

comprender a beleza, orixinalidade e profundidade das ideas dalgún dos mellores

matemáticos do século XX.

Jorge Losada Rodríguez: [email protected]

17:05 Mergullándose coas matemáticas Que teñen en común a optimización dun aparello de xeración de enerxía, o fluxo

do sangue no noso organismo, o tempo atmosférico ou o voo dun avión? Todos

estes problemas poden ser analizados se comprendemos como se desprazan os

fluídos. Para iso aplicaremos as matemáticas, concretamente, mergullarémonos

no campo da dinámica de fluídos computacional.

Saray Busto Ulloa: [email protected]

17:25 Money, money, money! Ter cartos está cheo de pesares e, en particular, o que máis pesa son as moedas.

Por que temos que acabar cun buraco no peto polo solto das voltas de tanto

café? Sabendo que o soño do tío de Donald (refírome ao pato estadounidense

que non é presidente) de nadar en moedas é imposible, poderiamos facer algo

por solucionar tan cobriza situación? Nesta charla falaremos dos sistemas

monetarios, é dicir, dos valores das moedas e de como se deberían escoller para

optimizar este problema.

Adrián Fernández Tojo: [email protected]

Page 3: 16:00 Presentación da xornada - USC · 2017-10-25 · 16:00 Presentación da xornada 16:25 A danza da gravidade: estrelas dobres e planetas extrasolares En xeral, a forza dominante

17:45 Pausa para o café

18:15 Segredos, espías e números primos Nesta charla falaremos do papel que xogan as matemáticas na criptografía actual,

pois son un piar base na comunicación mundial.

Xabier García Martínez: [email protected]

18:35 E ti… de quen vés sendo? E ti… de quen vés sendo? Esta é a típica pregunta que che fan os avós ou a xente

maior que te ve pola rúa. Pregúntanche de quen es fillo ou neto. En fin, de que

familia es ou de quen es familiar. Nesta charla preténdese dar resposta a esta

pregunta aplicando métodos e técnicas estatísticas aos apelidos galegos. Os

apelidos poden utilizarse como fonte de información para caracterizar á

poboación dunha rexión, dado que a análise dos patróns que se observan na

distribución dos apelidos reflicte aspectos importantes dos movementos

poboacionais.

María José Ginzo Villamayor: [email protected]

18:55 Medindo a curvatura O estudo da curvatura supón un punto central na xeometría diferencial.

Intuitivamente, a curvatura non é máis ca un medidor da semellanza entre un

espazo calquera e outro espazo chan comparable con el. A importancia do estudo

da curvatura reside na propia natureza do Universo. Por exemplo, é a causante de

que o camiño máis curto entre dous puntos non sempre sexa unha liña recta,

tamén impide a representación do globo terráqueo sobre un plano conservando

distancias en todas as direccións ou mesmo está presente na teoría da

relatividade de Einstein.

Javier Valle Regueiro: [email protected]

19:15 #dimecomofalas e tuiteoche #deondees Se escoitásemos a alguén falar en galego, seriamos quen de recoñecer de onde

provén a súa fala? Poderiamos recoñecer mellor aquela procedente dalgunhas

zonas concretas? Que factores nos poderían axudar a identificala? Nesta charla

responderemos, #comomatemáticos, a estas preguntas.

Laura Calaza Díaz: [email protected]

Page 4: 16:00 Presentación da xornada - USC · 2017-10-25 · 16:00 Presentación da xornada 16:25 A danza da gravidade: estrelas dobres e planetas extrasolares En xeral, a forza dominante

http://www.usc.es/matematicas/CNL/queremoscontarchas.html