131029 tenda liña_prestashop
TRANSCRIPT
Tenda en liña con software libre29 de outubro de 2013
Organiza:
Colabora:
Ero Sante Gueimonde
Twitter: @erosante
E-mail: [email protected]
http://madialeva.net
web - formación e teleformación - consultoría TICcomercio e administración electrónica
Estrutura do seminario (4 horas):
● Introdución ao comercio electrónico.
● Requisitos a ter en conta para vender por Internet.
● Elección dunha solución software de comercio electrónico.
Vantaxes do software libre.
● Alternativas de software libre existentes: PrestaShop.
● Descanso
● PrestaShop: Análise da plataforma e casos de éxito.
● PrestaShop: Demostración práctica.
Tenda en liña con software libre
Introdución ao comercio electrónico:
Como podemos definir que é
o comercio electrónico?
Tenda en liña con software libre
Introdución ao comercio electrónico:
O comercio electrónico, tamén coñecido como e-commerce
(electronic commerce en inglés), consiste na compra e venda
de produtos ou servizos a través de medios electrónicos,
tales como Internet e outras redes informáticas.
Fonte: Wikipedia
Tenda en liña con software libre
Definición perfectamente válida, faltaría máis...
Introdución ao comercio electrónico:
... pero realmente que nos
interesa do comercio
electrónico?
Tenda en liña con software libre
Introdución ao comercio electrónico:
O comercio electrónico é unha nova forma de vender que
me permite:
● Chegar a moitos máis clientes.
● Establecerme aforrando custos en locais e instalacións.
● Poder operar mesmo sen ter os produtos físicamente no
meu poder.
● Chegar a traballar con “economías de escala” mesmo sen
ter unha gran empresa.
Tenda en liña con software libre
Introdución ao comercio electrónico:
O comercio electrónico é unha nova forma de vender que
me permite:
● Non depender dun horario determinado para poder facer
negocio.
● Evitar desprazamentos ao posto de traballo (xa que
podemos traballar “desde a casa”).
● Chegar a facerme rico coa idea da miña vida!!!
Tenda en liña con software libre
Bibliografía de interese:
● Libro Blanco del Comercio Electrónico
● Creado por Asociación Española de la Economía Digital
● Libro Blanco del Comercio Electrónico - Guía Práctica del
Comercio Electrónico para PYMEs● Creado por AECEM - fecemd
Tenda en liña con software libre
Requisitos para vender por Internet:
Para ter moi claros antes de empezar.
Non vai ser que en vez de ricos,
nos volvamos pobres...
Tenda en liña con software libre
Requisitos para vender por Internet:
● Ter unha “certa información” do que significa emprender
en Internet.
● Contar cun plan de empresa ou cando menos, cunha idea
de negocio “contrastada con números”.
● Recoñecer que estamos ante unha forma de facer negocio
que, por norma xeral, non dominamos.
● Rodearnos de xente con experiencia na materia e/ou
criterio. Analizar moi ben ás persoas / empresas que nos
van axudar no proxecto.
Tenda en liña con software libre
Emprender en Internet:
● Trátase dun entorno que evoluciona moi rapidamente,
non é suficiente con dar coa idea de negocio e non estar
atento á súa necesaria evolución.
● Os clientes teñen máis información ca nunca e
comunícanse por numerosos medios (portais de opinión,
redes sociais, comparativas de prezos, etc.).
● Hai que conseguir atraer ao público. Nun negocio físico
podes estar nun local moi ben situado, pero na Rede,
“calquera local é case tan bo coma outro”.
Tenda en liña con software libre
Emprender en Internet:
● Cambios moi rápidos:
● PROBLEMA: Google é a referencia. Cada certo tempo
cambia os seus algoritmos de posicionamento.
● SOLUCIÓN: Centrarnos na xestión do noso negocio e
tentar externalizar o servizo de publicidade online.
Non se trata de contratar á axencia de publicidade máis cara.
A clave está en contar cun servizo que nos poidamos
permitir e que realice esta tarefa mellor ca nós.
Tenda en liña con software libre
Emprender en Internet:
● A información coa que contan os clientes:
● PROBLEMAS:
● Unha mala valoración da nosa tenda en portais
especializados.
● “Atopei o mesmo noutro sitio pero moito máis barato.”
● Se importamos produtos, tal vez o noso potencial
cliente prefira comprar directamente ao provedor.
● SOLUCIÓN: Aportar valor aos nosos produtos (investir
en atención ao cliente, xestión da comunidade, xestión de
garantías e reclamacións, seguimento de envíos, etc.)
Tenda en liña con software libre
Emprender en Internet:
● A visibilidade e a usabilidade son claves:
● PROBLEMAS:
● A miña tenda non ten visitas.
● Os usuarios entran pero non finalizan os pedidos.
● Esa tenda é peor que a miña / ten peores produtos / é
máis cara, pero vende máis.
● SOLUCIÓN: Investir en SEO / SEM / e-mail marketing /
usabilidade / rendemento (na medida das nosas
posibilidades e priorizando segundo as necesidades).
Tenda en liña con software libre
O noso plan de empresa. Ideas sobre números:
● É imprescindible, NON -> Tamén existen os milagres!
● En realidade SI é imprescindible. Pero moita xente non lle
chama plan de empresa senón “botar contas, facer
números, ver como vai o tema, falar con tal persoa que xa
traballou niso, etc.”.
● O importante é facelo con rigor e dedicación, xa que está
en xogo o noso tempo e diñeiro.
● ASESORARSE!!! Hai cantidade de vías de asesoramento.
Tenda en liña con software libre
Problemas de non ter “feito números”:
● “Tiña un produto perfecto para vender pero cos gastos de
envío / embalaxe / seguro de transporte / impostos, non saía
a conta”.
● “Que é iso da LSSICE / LOPD / LPI / Facturación electrónica?
Empezo así e xa veremos máis adiante...”
● “Devolucións? O que eu mando está sempre ben.”
● “Tiña un provedor en China que me enviaba os produtos en 3
días, pero agora resulta que non ten stock e teño que esperar
un mes polos produtos que vendo”.
Tenda en liña con software libre
Materia que non dominamos / Busca de “colaboradores”:
● Se unha persoa é experta na colleita da uva e a súa
transformación en viño, vai ser moi complicado que
“domine” o comercio electrónico. -> ASESORAMENTO
● “Eu co Wor e o Fotochó son un crack. Fágoche a tenda en 3
días”. Despois só queda darlle á configuración do servidor,
bases de datos, adaptación á LOPD, á importación de
ficheiros CSV para cargar produtos na tenda en liña,
campañas en Google Adwords, e-mail marketing, redes
sociais, etc. -> SOLUCIÓN:
COLABORADOR TÉCNICO / MÁRKETING / LOXÍSTICA
Tenda en liña con software libre
Que necesito para vender por Internet?
● Web / Tenda en liña / Ambas.
● Sen dúbida, ambas. E se pode ser con blog, redes
sociais, campañas SEM, optimización SEO, etc. MELLOR!
● Ante un presuposto limitado -> PRIORIZAR
E ademais:
● Xestión e loxística da tenda en liña.
● Promoción do meu negocio na Rede.
● Fidelización do cliente.
● Análise de tráfico web e medición de resultados.
Tenda en liña con software libre
Web / Tenda en liña:
● Rexistro do nome de dominio:
moitahorta.com -> Uns 8 € / ano + IVE
● Creación de contas de correo corporativo:
● Aloxamento (hosting) web:
Adaptado ás necesidades software da web / tenda en liña
Sempre que se poida: VPS ou servidor propio
Así non dependemos de erros provocados polos demais
Tenda en liña con software libre
Software para a Web / Tenda en liña:
● Existen dúas opcións de inicio:
● Crear un software a medida desde cero. -> OPCIÓN
PARA GRANDES EMPRESAS.
● Partir dun software específico que xa exista. -> OPCIÓN
RECOMENDADA PARA A MAIORÍA DOS CASOS.
● Unha vez dito isto, hai dous camiños:
● Software libre e de fontes abertas (FLOSS).
● Software propietario.
Tenda en liña con software libre
Software libre e de fontes abertas (FLOSS)
Tenda en liña con software libre
SECCIÓN PATROCINADA POR AGASOL
Vantaxes do software libre e de fontes abertas (FLOSS):
● Liberdade para usalo, estudialo, modificalo, adaptalo,
copialo, melloralo e compartilo.
● Reducción de custo total da propiedade do software para
a execución de proxectos.
● Eliminación da dependencia de vendedores e
desenvolvedores de software.
● Seguridade e calidade, xa que está revisado por unha
comunidade de usuarios que apoian e soportan este
modelo.
Tenda en liña con software libre
Exemplos de software libre para web / tenda en liña:
Web
WordPress.
Joomla
Drupal
Tenda en liña
Magento
PrestaShop
OpenCart
Tenda en liña con software libre
Fin da sección patrocinada...
... seguimos coas alternativas de software libre para unha tenda en liña.
Tenda en liña con software libre
Alternativas FLOSS para unha tenda en liña:
Hoxe en día as 3 opcións máis empregadas no noso país son
PrestaShop, Magento e OpenCart.
Tenda en liña con software libre
Características de cada opción:
Hai que destacar que de Magento existe unha opción de
pago, pero neste caso comentarase a versión Magento
Community que é gratuíta.
Tenda en liña con software libre
● Enlace á táboa comparativa de características: PDF
Software máis recomendable. Magento?
Analizando Magento, non cabe dúbida de que é unha solución moi potente, sobre todo nas súas versións de pago. Ten innumerables funcionalidades e unha solvencia demostrada polo número de proxectos que funcionan actualmente con este software. Porén, este número de funcionalidades tan elevado fai que a súa instalación sexa complexa e que os requirimentos de hardware sexan elevados (o que pode derivar nun funcionamento lento se non se satisfán).
Para a súa configuración pode ser preciso ter experiencia previa en desenvolvemento web. Debido a isto, se a persoa que vai a administrar finalmente a tenda en liña non ten este perfil específico, pode atoparse cun entorno con demasiadas opcións, complexo e non saberá sacarlle o máximo partido a Magento.
Tenda en liña con software libre
Software máis recomendable. Opencart?
OpenCart é unha solución a ter en conta para calquera proxecto de comercio electrónico dun tamaño pequeno e mediano e, probablemente, co tempo irán engadíndose funcionalidades e medrando a comunidade, o que fará aínda mellor esta opción.
Iso si, debemos ter previstas as funcionalidades que se poden requirir nun futuro e se para desenvolvelas imos precisar algunha característica non dispoñible en OpenCart.
Tenda en liña con software libre
Software máis recomendable. PrestaShop?
A día de hoxe, SI.
PrestaShop pode considerarse o software de comercio electrónico máis equilibrado en canto a custo, facilidade de uso, características actuais e facilidade para desenvolver outras novas, documentación e soporte en español, número de instalacións e comunidade existente en España.
Web de Prestashop
Tenda en liña con software libre
Demostración práctica de configuración e manexo de
PrestaShop
Tenda en liña con software libre
Tenda en liña con software libre
Web de Prestashop
Tenda en liña con software libre
Temas e módulos para deseñar tendas en liña con diversas apariencias e funcionalidades.
Tenda en liña con software libre
Versión empregada para a tenda en liña de demostración
MoitaHorta: Última versión de PrestaShop -> 1.5.6
Guía de Usuario de PrestaShopVersión 1.4 (español)
Guía de Usuario de PrestaShopVersión 1.5 (inglés)
Tenda en liña con software libre
Vista de front-office - Vista do usuario: Manual
Tenda en liña con software libre
Vista de back-office - Vista do administrador: Manual
Tenda en liña con software libre
Acceso a back-office: Manual
Ata a versión 1.5.3, era preciso renomear manualmente o cartafol /admin de xeito que fose único para a tenda actual.Por exemplo:
http://moitahorta.com/adminmh
Desde a versión 1.5.4, isto faise automaticamente por PrestaShop. Debemos ser coidadosos para memorizar o nome deste cartafol a primeira vez que accedamos ao back-office trala instalación.Por exemplo:
http://moitahorta.com/admin6387
* Podemos seguir renomeando o cartafol /admin como en versións anteriores para ter un enderezo personalizado.
Tenda en liña con software libre
Múltiples opcións para configurar a nosa tenda en liña:
Módulo limpador Contactos da tenda Módulos de pago
Catálogo de produtos
Módulo limpador
Envío e transportistas
...e moitas máis funcionalidades e
alternativas de configuración...
Ero Sante Gueimonde
Twitter: @erosante
E-mail: [email protected]
http://madialeva.net
web - formación e teleformación - consultoría TICcomercio e administración electrónica
Moitas grazas!
¡Muchas gracias!
"Tenda en liña con software libre" por Ero Sante Gueimonde - Madialeva S.L.U. se encuentra bajo una
Licencia Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 España.