12 quinta feira, 13 de febreiro de 2014. nº 84 reutilizar ...reciclaxe do téxtil "ten moitas...

1
Tendas de segunda man e reciclado de roupa convértense nunha alternativa para o téxtil en desuso 12 TENDENCIAS E PROXECTOS Quinta feira, 13 de febreiro de 2014. Nº 84 Reutilizar e reciclar, tamén no armario Segundo os inquéritos, cada persoa tira ao lixo --no Estado español-- entre 7 e 8 ki- los de roupa ao ano. Até aí o ciclo de vida das prendas de roupa que, en non poucos casos, se amorean nos armarios das mo- radas do país. As mudanzas nos hábitos de consumo, mesmo fixo cada vez menos habitual o tradicional herdo que agasa- llaba as crianzas máis novas da familia coas vestimentas das fillas e fillos máis maiores. Esta realidade, que incrementa de ma- neira proporcional a acumulación de roupa como residuo ao éxito económico e empre- sarial de Inditex, está a xerar novas ini- ciativas e proxectos que visan ampliar o ciclo de vida do téxtil para alén da tenden- cia ou a moda do momento. Así, tendas de segunda man e empresas de reciclado de roupa xa non son unha novidade e traen a Galiza un hábito de consumo habitual en países como Holanda.. SEGUNDA MAN Este é o caso de Carmiña maniquí, a tenda que Alicia Francés abriu en Vigo hai un ano e medio. Un recuncho, explican na súa páxina de Facebook, “máxico e marabillo- so” no que atopar “principalmente roupa de segunda man de muller, home e crianzas” mais tamén “artigos de decoración: cadros, móbeis, lámpadas, menaxe...”. O fío condutor que liga todos os produ- tos, explica a súa dona Alicia, “é o vintage e o estilo retro”. Porén, tamén contan cun- ha ampla selección de “produtos outlet”, isto é derradeiras unidades de fábrica –por exemplo en xoiería, produtos seminovos e mesmo unha colección de roupa propia ba- seada no principio de reciclaxe e as mans da costureira Patri González.. Esta liña de roupa, orixinal, parte de ideas propias que visan dar un outro uso a roupa vella. “Reciclamos roupa pasada customizándoa toda”, explica Alicia Fran- cés. Por exemplo, “damos outra saída ás garavatas” converténdoas en saias ou ves- tidos. “Reciclamos a roupa e os materiais e creamos unha colección actual, anovada, con teas de tapicería, sedas, bordados...” Imaxe: SG Olalla Rodil mais sempre, acrecenta, “cunha calidade impecábel” a prezos baixos. “Se hai algo descosido, arranxámolo”, si- nala Alicia, “temos que garantir un mínimo de calidade”. En boa medida, isto leva aCar- miña maniquí a non recoller roupa de particulares. “Buscamos en Internet, noutras tendas, en ONGD's”. Neste sen- so, mercar a organizacións e asocia- cións reverte os beneficios “en fins sociais”, apunta. ECONOMÍA SOCIAL Este é o cerne doutro proxecto de reutilización e reciclaxe de roupa: In- sertega. Desde o pasado mes de decem- bro esta empresa de Culleredo comezou a recoller “roupa en forma de residuo”. Roupa en desuso ou mesmo aquela que xa non se pode usar, “clasificámola e logo colocarase ou distribuirase en tendas pro- pias”, explica Manuel Álvarez, un dos seus socios fundadores. O obxectivo de Insertega é “que a roupa sexa utilizada”, sinala Manuel e que, en troca de rematar no lixo “como un residuo” sexa “rendi- bilizada. Neste senso, a idea de botaren a andar este proxec- to reside “nunha necesidade”, din. “Criamos que a reciclaxe de roupa non tira todo o pro- veito social que pode dar”, afirma un dos seus impul- sores. E é que, amais de non existir en Galiza ningun- ha empresa que ofrecese este servizo de recollida, Insertega rendibiliza o beneficio económico da venda de roupa de segunda man “en labo- res sociais” , principalmente a través da con- tratación de persoas en risco de exclusión social. “Queriamos xerar traballo aquí”, subli- ña Manuel Álvarez ao tempo que “facer algo útil pola nosa comunidade”, acrecenta Embora levaren poucos meses, Insertega recolle xa prendas en Culleredo e asinou con- venios con diversos concellos en que "dispo- nibilizar colectores". Até o momento, sinala, "está a ter boa acollida" e xa teñen achegado roupa a diversos "armarios sociais" que axudan ás familias con menos recursos e máis prexudicadas pola crise. Ambos os dous proxectos, malia as diferenzas, destacan que o seu obxec- tivo é pór á venda os seus produtos "o máis económicos posíbel", sinala Alicia, pois, din, a reutilización e reciclaxe do téxtil "ten moitas posibilidades", se ben, reco- ñecen, "a tendencia á compra de segunda man esténdese", mais aínda "estamos moi re- trasados". Aplicar os 3R (reducir, reciclar e reutilizar) xa non é cousa só da xestión de residuos orgánicos ou materiais como o vidro e o cartón. Iniciativas arredor da reutilización e reciclaxe de roupa están a agromar no país na procura de ampliar o ciclo de vida dun dos produtos de maior consumo.

Upload: others

Post on 26-Sep-2020

8 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 12 Quinta feira, 13 de febreiro de 2014. Nº 84 reutilizar ...reciclaxe do téxtil "ten moitas posibilidades", se ben, reco-ñecen, "a tendencia á compra de segunda man esténdese",

Tendas de segunda man e reciclado de roupa convértense

nunha alternativa para o téxtil en desuso

12 economía12 Tendencias e ProxecTos Quinta feira, 13 de febreiro de 2014. Nº 84

reutilizar e reciclar, tamén no armarioSegundo os inquéritos, cada persoa tira ao

lixo --no Estado español-- entre 7 e 8 ki-los de roupa ao ano. Até aí o ciclo de vida das prendas de roupa que, en non poucos casos, se amorean nos armarios das mo-radas do país. As mudanzas nos hábitos de consumo, mesmo fixo cada vez menos habitual o tradicional herdo que agasa-llaba as crianzas máis novas da familia coas vestimentas das fillas e fillos máis maiores.

Esta realidade, que incrementa de ma-neira proporcional a acumulación de roupa como residuo ao éxito económico e empre-sarial de Inditex, está a xerar novas ini-ciativas e proxectos que visan ampliar o ciclo de vida do téxtil para alén da tenden-cia ou a moda do momento. Así, tendas de segunda man e empresas de reciclado de roupa xa non son unha novidade e traen a Galiza un hábito de consumo habitual en países como Holanda..

segunda manEste é o caso de Carmiña maniquí, a tenda que Alicia Francés abriu en Vigo hai un ano e medio. Un recuncho, explican na súa páxina de Facebook, “máxico e marabillo-so” no que atopar “principalmente roupa de segunda man de muller, home e crianzas” mais tamén “artigos de decoración: cadros, móbeis, lámpadas, menaxe...”.

O fío condutor que liga todos os produ-tos, explica a súa dona Alicia, “é o vintage e o estilo retro”. Porén, tamén contan cun-ha ampla selección de “produtos outlet”, isto é derradeiras unidades de fábrica –por exemplo en xoiería, produtos seminovos e mesmo unha colección de roupa propia ba-seada no principio de reciclaxe e as mans da costureira Patri González..

Esta liña de roupa, orixinal, parte de ideas propias que visan dar un outro uso a roupa vella. “Reciclamos roupa pasada customizándoa toda”, explica Alicia Fran-cés. Por exemplo, “damos outra saída ás garavatas” converténdoas en saias ou ves-tidos. “Reciclamos a roupa e os materiais e creamos unha colección actual, anovada, con teas de tapicería, sedas, bordados...”

Imaxe: SGOlalla Rodil

mais sempre, acrecenta, “cunha calidade impecábel” a prezos baixos.

“Se hai algo descosido, arranxámolo”, si-nala Alicia, “temos que garantir un mínimo de calidade”. En boa medida, isto leva aCar-miña maniquí a non recoller roupa de particulares. “Buscamos en Internet, noutras tendas, en ONGD's”. Neste sen-so, mercar a organizacións e asocia-cións reverte os beneficios “en fins sociais”, apunta.

economía socialEste é o cerne doutro proxecto de reutilización e reciclaxe de roupa: In-sertega. Desde o pasado mes de decem-bro esta empresa de Culleredo comezou a recoller “roupa en forma de residuo”. Roupa en desuso ou mesmo aquela que xa non se pode usar, “clasificámola e logo colocarase ou distribuirase en tendas pro-pias”, explica Manuel Álvarez, un dos seus socios fundadores.

O obxectivo de Insertega é “que a roupa sexa utilizada”, sinala Manuel e que, en troca de rematar no lixo “como un residuo” sexa “rendi-bilizada. Neste senso, a idea de botaren a andar este proxec-to reside “nunha necesidade”, din. “Criamos que a reciclaxe de roupa non tira todo o pro-veito social que pode dar”, afirma un dos seus impul-sores.

E é que, amais de non existir en Galiza ningun-ha empresa que ofrecese este servizo de recollida,

Insertega rendibiliza o beneficio económico da venda de roupa de segunda man “en labo-res sociais” , principalmente a través da con-tratación de persoas en risco de exclusión social. “Queriamos xerar traballo aquí”, subli-ña Manuel Álvarez ao tempo que “facer algo útil pola nosa comunidade”, acrecenta

Embora levaren poucos meses, Insertega recolle xa prendas en Culleredo e asinou con-venios con diversos concellos en que "dispo-nibilizar colectores". Até o momento, sinala, "está a ter boa acollida" e xa teñen achegado

roupa a diversos "armarios sociais" que axudan ás familias con menos recursos e máis prexudicadas pola crise.

Ambos os dous proxectos, malia as diferenzas, destacan que o seu obxec-tivo é pór á venda os seus produtos

"o máis económicos posíbel", sinala Alicia, pois, din, a reutilización e

reciclaxe do téxtil "ten moitas posibilidades", se ben, reco-ñecen, "a tendencia á compra de segunda man esténdese", mais aínda "estamos moi re-trasados".

Aplicar os 3R (reducir, reciclar e reutilizar) xa non é cousa só da xestión de residuos orgánicos ou materiais como o vidro e o cartón. Iniciativas arredor da reutilización e reciclaxe de roupa están a agromar no país na procura de ampliar o ciclo de vida dun dos produtos de maior consumo.