10 industria vocabulario

8

Click here to load reader

Upload: quiquehs

Post on 27-Jun-2015

330 views

Category:

Education


4 download

DESCRIPTION

Presentación con vocabulario sobre o sector industrial

TRANSCRIPT

Page 1: 10 industria vocabulario

VOCABULARIOSector secundario

Page 2: 10 industria vocabulario

Economías de escala

Estrutura de organización empresarial na que, debido ao aumento do tamaño e da eficiencia, medran as ganancias da produción e diminúe o custo unitario do produto a longo prazo. As economías de escala poden ser internas (dentro dunha firma como resultado da ampliación das instalacións, dunha maior mecanización ou da especialización produtiva...) ou externas (cando a integración de diversas empresas permite reducir os custos, aproveitar mellor as instalacións, compartir procesos tecnolóxicos...). Estas últimas relaciónansecoas denominadas economías de aglomeración.

Page 3: 10 industria vocabulario

Enerxías renovables

Son aquelas fontes de enerxía que se poden reemprazar ou repoñer por medio de procesos naturais ou dunha certa intervención humana. Tamén son denominadas enerxías alternativas ou brandas. Exemplos dela son a enerxía solar, a eólica, a maremotriz, a hidráulica, a xeotérmica, a biomasa, etc.

Paneis fotovoltaicosAtribución: By Fernando Tomás from Zaragoza, Spain (Flickr) [CC-BY-2.0 (http://creativecommons.org/licenses/by/2.0)], via Wikimedia Commons

Page 4: 10 industria vocabulario

Difusión industrial

Fenómeno consistente na expansión da industria dende un área central ata a perfieria seguindo os eixos marcados polas principais vías de transporte e comunicación.

Page 5: 10 industria vocabulario

Fondos estruturais

Instrumentos financeiros da política rexional da UE, encamiñada a reducir as desigualdades de desenvolvemento entre as rexións e os Estados membros garantindo a cohesión económica e social. Os máis importantes son: o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), creado en 1975 para contribuír ao financiamento da construción de infraestruturas e de inversiósn produtivas para a xeración de de emprego; o Fondo Social Europeo, establecido en 1957 e destinado a financiar accións de formación de traballadores e sectores desfavorecidos (parados, minorías excluídas...). Funcións semellantes desempeñan o Fondo de Cohesión ou o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER, herdeiro do antigo FEOGA-garantía).

Acción cofinanciada polo FEDERAtribución: By HombreDHojalata (Own work) [CC-BY-SA-3.0](http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0)], via Wikimedia Commons

Page 6: 10 industria vocabulario

Industrias verdes

Son aquelas que procuran reducir a máximo e o seu impacto ambiental nas etapas de produción, distribución e consumo mediante a reciclaxe e reutilización de materiais, a redución de emisións contaminantes, a utilización de fontes de enerxía renovables, etc.

Símbolo da reciclaxeATRIBUCIÓN: By Sefer (Unicode U+267C ) ♼[Public domain or Public domain], via Wikimedia Commons

Page 7: 10 industria vocabulario

Materias primas estratéxicas

Cualificación atribuída a aqueles recursos naturais que polo seu valor son considerados vitais para a vida económica e mesmo a supervivencia económica de certos Estados. Polo tanto, asegurar a súa subministración se convirte nun factor fundamental no proceso de toma de decisións, tanto en política interior como exterior, de estes Estados.

Fragmento de coltan, materia primafundamental para o sector das telecomunicaciónsATRIBUCIÓN: Rob Lavinsky, iRocks.comCC-BY-SA-3.0 [CC-BY-SA-3.0 (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0)], via Wikimedia Commons

Page 8: 10 industria vocabulario

Parque tecnolóxico

Espazo que concentra empresas e entidades (públicas ou privadas) que teñen entre os seus obxectivos fundamentais a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación. Están situadas en lugares ben comunicados sobre solos delimitados, ordenados e dotados das necesarias infraestruturas urbanísticas. Son xestionados por entidades que se encargan de velar polo cumprimento dos criterios establecidos para a súa creación e pola dinamización de actividades de I+D+i.

Parque tecnolóxicoFONTE: By Actiu (Own work)[GFDL (http://www.gnu.org/copyleft/fdl.html)or CC-BY-SA-3.0-2.5-2.0-1.0 (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0)],via Wikimedia Commons