1. ud si te queres divertir

Upload: misisroller

Post on 10-Mar-2016

212 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Unidade didactica sobre o Entroido en Viveiro

TRANSCRIPT

  • Si te queres divertir

    Unha achega ao Antroido de Viveiro

  • Introducin

    Estamos a vivir un tempo no que as novas tecnoloxas e os medios de

    comunicacin van impoendo as sas propias canles de informacin en detrimento da

    tradicin oral, do boca a boca. Tempos de globalizacin e de unificacin de gustos e

    prcticas do lecer importadas doutros lugares que fan difuminar as nosas propias, aquilo

    que nos define, que nos identifica.

    polo anteriormente exposto polo que se fai preciso recorrer escola para garantir

    a pervivencia das nosas tradicins. A escola, xunto coas familias, son a base da

    transmisin dos coecementos da nosa sociedade, da nosa cultura, e debemos traballar

    xuntos para manter e transmitir a nosa identidade.

    A presente unidade didctica ten como fin achegar aos mis pequenos/as a

    tradicin da celebracin do Antroido en Viveiro. Pretende ser un recurso en si mesma

    para que o profesorado poda traballar os contidos referentes ao Antroido viveirense e

    facer partcipes aos nosos nenos/as desta celebracin que conta con mis de un sculo

    de tradicin.

    Queremos agradecer a vosa colaboracin neste esforzo que sumades ao noso

    para garantir a celebracin do Antroido en Viveiro durante moitos mis anos.

    Grazas.

    A Comisin do Antroido de Viveiro 2016.

  • 1. Obxectivos.

    Coecer a tradicin do Antroido en Viveiro.

    Secuenciar e identificar as distintas manifestacins culturais que se producen no

    mesmo.

    Achegar a gastronoma tpica do Entroido ao alumnado.

    Manexar mapas.

    Valorar e compartir esta manifestacin cultural como algo propio, identitario.

    2. Contidos.

    Elaboracin de disfraces.

    Constitucin de grupos e comparsas.

    Recitado e composicin de estrofas e entoacin das mesmas, se procede.

    Interpretacin das cancins de tradicin oral propias do Entroido viveirense.

    Localizacin de lugares e percorridos cun mapa.

    3. Alumnado

    Esta unidade didctica vai dirixida ao alumnado de Educacin Infantil e de

    Educacin Primaria. Contn distintas actividades e talleres que poden ser traballados na

    aula ordinaria ou coa colaboracin das familias.

    4. Temporalizacin

    Esta unidade est pensada para ser traballada antes da celebracin do Antroido.

    5. Recursos

    - Ordenador.

    - Proxector.

    - Materiais para elaborar disfraces.

    - Mapa de Viveiro.

    - Material funxible.

  • Lectura para Educacin Infantil e primeiro ciclo de Educacin Primaria (Achgase

    presentacin para proxectar na aula).

    O Antroido en Viveiro celbrase desde fai moitsimos anos, sendo un dos mis antigos de

    Galicia.

    Festxase durante cinco das.

    O sbado de Antroido fanse as Alpuxarradas no Teatro Pastor Daz.

    O luns o da no que todos os nenos e nenas poen os seus disfraces para ir praza

    maior a unha gran festa.

    O martes o da do desfile dos grupos, das comparsas e incluso das carrozas.

    O Antroido remata o mrcores c Enterro da Sardia.

    Lectura para segundo e terceiro ciclo de Educacin Primaria (Achgase presentacin para

    proxectar na aula).

    O Antroido ou Entroido en Viveiro vense celebrando desde finais do sculo XIX,

    sendo un dos mis antigos de Galicia.

    A conformacin de grupos e comparsas tia a sa orixe nas diferentes parroquias e

    institucins que existan en Viveiro.

    A principios do sculo XX as letras das cancins que empregaban ditas comparsas

    van perdendo a sa temtica romntico amorosa en favor de temas mis satricos e

    burlescos coa sociedade do momento.

    o humor un dos cualificativos mis representativos do noso Antroido. Proliferaron os

    autores de coplas ao longo destes anos entre os que podemos destacar a Antonio

    Noriega Varela, Modesto Grando, Juan Parao, Emilio Cajete, Coca, Nistal, Leal Insua,

    O ANTROIDO EN VIVEIRO

    O ANTROIDO EN VIVEIRO

  • Travieso,...

    Actualmente os festexos do Antroido incianse o sbado coas Alpuxarradas, nas que

    os diferentes antroideiros, ben individualmente ou en conxunto, dan renda solta sa

    creatividade recitando ou entoando diferentes coplas de creacin propia e diversas

    temticas, tendo en conta sobre todo a actualidade e sempre cun chisco, se non un

    feixe, de humor. Este ano, ademais do sbado, o domingo tamn poderemos ver as

    alpuxarradas gravadas aqueles que non puideron o sbado e algunha sorpresia mis.

    O luns tcalle aos nenos e nenas sacar a sa creatividade e enfundar os seus

    disfraces para disfrutar dunha gran festa na Praza Maior.

    O martes de Antroido as ras de Viveiro veranse ocupadas por unha explosin de

    cor, creatividade e, sobre todo, moitas ganas de pasalo ben. O desfile chegar pola

    tardia facendo gala do humor que nos define a todos e todas as viveirenses.

    O Mrcores de Cinza darmoslle sepultura de fume purificador ao noso Antroido en

    forma de Sardia. O velorio comezar pola tarde na Pracia da Herba e sobre as oito

    partir o Enterro ata a Praza maior. Acompaando Sardia estar a Corporacin

    Municipal do Antroido, as choronas, as almas en pena vestidas de branco entoando as

    coplas tpicas do noso Antroido.

    Actividades propostas:

    Proxectar a presentacin e dar lectura ao texto comentando o que coecen e o que

    non da nosa tradicin.

    Implicar s familias neste traballo achegando as sas vivencias persoais a este

    respecto:

    - Como participa a vosa familia do Antroido?

    - Que vos poden contar os vosos avs e avoas ao respecto?

    - Disfrazdesvos nestas datas?

    - Participades nalgn grupo, comparsa, carroza?

    - Coecedes a algn personaxe mis do Antroido de Viveiro?

    - Que coplas/cancins do Antroido se cantan nas vosas casas?

  • As alpuxarradas son coplas elaboradas no Antroido de Viveiro que abordan a

    actualidade en ton burlesco.

    A sa mtrica, anda que pode variar, basase principalmente en coplas de catro

    versos na que van soltos os impares e riman en asonancia os pares. Poden ir

    acompaadas de msica ou non.

    Principalmente existen tres procedementos para facer alpuxarradas:

    1. Recitar as coplas sen msica.

    2. Cantar as coplas sobre unha msica creada para tal fin.

    3. Cantar as coplas sobre unha msica que xa estaba feita. Esta modalidade a mis

    empregada e dentro dela podemos tamn facer das clasificacin:

    a) As deseadas como os cantares de cego (msica repetitiva e a letra o que

    cambia)

    b) Tomar unha msica calquera e cambiarlle a letra.

    Actividade proposta:

    Elaborar Alpuxarradas ben en grupo, por aulas ou individualmente, en lia co disfraz

    elixido na escola e interpretalas en conxunto. O mis pequenos poden crear a sa

    alpuxarrada no conxunto da clase e os mis maiores individualmente e elixir as mellores.

    Pdese facer empregando calquera dos procedementos anteriores.

    Algns enlaces de interese:

    https://www.youtube.com/watch?v=XrcxGz024Kg https://www.youtube.com/watch?v=W01LVFJXkJA https://www.youtube.com/watch?v=GugOpvgXi3Y https://www.youtube.com/watch?v=Eb_j6DAI1uQ https://www.youtube.com/watch?v=PX1q4jyCvZU

    TALLER DE ALPUXARRADAS

  • Nas escolas de Educacin Infantil e Educacin Primaria costume elaborar disfraces

    no Antroido. Os materiais empregados soen ser os funxibles que se empregan a coto nas

    escolas xunto coas bolsas de cores e material de refugallo aportados polas familias.

    Nalgns casos as familias tamn se implican na confeccin dos mesmos.

    Actividade proposta:

    Confeccionar disfraces para distintos grupos/comparsas e organizar un desfile por

    Viveiro como o que se fai o martes de Antroido.

    Pdense interpretar as alpuxarradas deseadas por eles tanto ao longo do desfile

    como sa chegada Praza Maior.

    Algns enlaces de interese: https://www.youtube.com/watch?v=jW5HOi_Taag https://www.youtube.com/watch?v=_d6Z8xi4lNQ https://www.youtube.com/watch?v=dwv0bKyYdFk https://www.youtube.com/watch?v=iNe7nnniKGU

    TALLER DE DISFRACES

  • O Enterro da Sardia celbrase o Mrcores de Cinza, ltimo da dos festexos do

    Antroido. A sardia representa o Antroido o squito fnebre, ataviados de branco, os

    mortos que a acompaan.

    Sae da Pracia da Herba, sube pola ra Fernndez Victorio, segue pola ra Juan

    Garca Junceda (Dos Ferreiros), ata a ra Melitn Cortias, por onde baixa. Ao chegar

    Fontenova xira esquerda pola ra Pastor Daz e sube por Almirante Chicarro (Zapatera)

    ata a altura da Porta da Vila onde xira esquerda e segue pola ra Rosala de Castro.

    Sube pola ra Constanza de Castro e xira esqueda na ra Irmns Vilar Ponte chegando

    ata a casa de Fermn da Mica na Pontelabrada e retrocedendo para baixar pola ra Lus

    Trelles, Daz Freijoo e xirar por Margarita Pardo de Cela Para rematar na Praza Maior.

    Durante o percorrido fanse varias paradas nas casas de entroideiros viveirenses que

    estn sinalizadas. Este o caso de Rosendo, no nmero 54 de Almirante Chicarro:

    TALLER DO ENTERRO DA SARDIA

  • Ao longo de todo o percorrido entanse varias cancins propias do noso Entroido. As

    mis destacadas son:

    Ven dueo mo

    ven que mi alma te adora.

    Ven bella aurora

    prenda de mi corazn.

    Yo te idolatro

    vuelve a mi pecho la calma

    que yo por ti dar el alma

    prenda de mi corazn.

    mame,

    no me seas ingrata por compasin.

    mame,

    no desoigas mis quejas.

    mame,

    no te apartes de la reja

    vida ma,

    hermosa nia, t eres mi ilusin.

    REPITE

    Son ms dulces que la miel

    los besos de mi morena.

    Pero a m me gustan ms

    si lloran cuando me besa.

    Besos de amor y cario,

    besos que siempre son pocos.

    Besos los de mi morena,

    besos de amor, besos locos.

    Cuando llora mi morena

    yo me tengo que rer

    le doy un beso en la boca

    para endulzar su sufrir.

    Cuando tengo pena bebo

    y s anda mi mal.

    Paso la vida de broma

    y el ao por Carnaval.

    (ESTRIBILLO)

    Carnaval - Carnaval

    Dios del amor

    Reinado de la alegra

    y del alcohol.

    Quin nos convida a beber

    papa olvidar.

    Y besar a nuestras nenas

    si van a llorar.

    Si te queres divertir

    no tes mis que vir

    o Antroido a Viveiro

    e a qu ters que levar

    tnica, antifaz,

    bigote e pandeiro.

    E as penas has de deixar

    c baile e o cantar

    que a vida unha broma,

    danzar, nenios, danzar,

    pra pena olvidar

    qu la mar me coma!

    (ESTRIBILLO)

    Cantemos, cantemos

    dmoslle o ribeiro

    que non hai Antroido

    como o de Viveiro,

    que aunque hoxe a sardia

    vamos a enterrar

    tiremos da lia

    pra resucitar,

    si non sardia

    parrocha ser.

  • Achganse as gravacins feitas por "Escolma de meus" das cancins citadas.

    Actividades propostas:

    Exposicin do que o Enterro da sardia e en que consiste.

    Traballar a vestimenta dos asistentes ao enterro (Ficha/Debuxo para os mis

    pequenos).

    Debuxar, sobre un plano de Viveiro, o percorrido do Enterro da Sardia (achgase

    plano para a tarefa).

    Localizar nese mesmo plano as placas dos entroideiros situadas nas fachadas das

    sa casas. Sirva como exemplo a de Rosendo que se incle neste traballo.

    Entoar as cancin propias do Entroido ou, a lo menos unha. Aconsellamos a ltima

    por ser mis prxima ao alumnado

    Enlace de interese:

    https://www.youtube.com/watch?v=mVgAXxZOC_8

  • Debuxa o percorrido do Enterro da Sardia.

    Localiza as casas dos Entroideiros de Viveiro identificados con placas e sinalaos no mapa.

  • VESTIMENTA PARA O ENTERRO DA SARDIA

  • Por ltimo achegamos catro receitas de cocia das sobremesas que se consumen

    nestas datas.

    Actividades propostas:

    Son receitas sinxelas polo que os colexios que conten con comedor poderanas

    elaborar na aula e cocelas no forno do mesmo. En caso de non ter comedor con forno

    debern facer as receitas na casa coas sas familias e xuntar as sobremesas na escola.

    TALLER DE COCIA

    FREIXS ou FILLOAS

    1/2 litro de auga. 1/2 litro de leite. 4 ovos. 1/4 quilo de faria. Un pouco de sal. Un anaco de toucio para

    untar.

    ROSQUIAS

    1 quilo de faria. 3 ovos. 9 culleradas de aceite de xirasol. 9 culleradas de azucre. 9 culleradas de ans. 1 limn. 1 sobre de levadura.

    ORELLAS

    1/2 quilo de faria. 6 ovos. 100 gramos de manteiga. 300 gramos de azucre. 1/2 vaso de ans. levadura 1 limn auga e sal

    CHULAS

    1/ quilo de pan gramado. 6 ovos. Aceite de xirasol. Canela en rama. 1 limn Azucre. 1 litro de leite.