1 o inicio da idade moderna. os séculos e · períodos mecenas humanismo viaxes academias imprenta...

16
Presentación da unidade O estudo da Idade Moderna iníciase cunha presentación dos cam- bios no panorama internacional e nos aspectos políticos, económi- cos, sociais, culturais e artísticos respecto ao período medieval precedente. En primeiro lugar, trátanse os descubrimentos xeo- gráficos, incidindo nas súas causas e na ampliación do mundo co- ñecido ata o momento. A continuación, abórdanse os principais cambios da Idade Moderna en Europa: o nacemento do Estado moderno, o crecemento demográfico, o progreso da economía, os cambios na sociedade estamental, a ruptura da unidade relixiosa pola reforma protestante e a reforma da Igrexa católica; os trazos da nova mentalidade humanista; e as achegas arquitectónicas, es- cultóricas e pictóricas do Renacemento. A técnica de traballar co tempo e o espazo históricos reforza a adquisición destes contidos básicos, xa traballados en cursos anteriores. Elementos transversais Fomento da lectura e comprensión lectora Ao principio de cada apartado débese deixar ao alumnado que lea, primeiro, de xeito individual, cada un dos epígrafes e, posteriormente, por un ou unha deles, o mesmo, pero en voz alta para toda a clase. Esta lectura favorecerá a comprensión lectora e potenciará o interese pola lectura en grupo. Para fomentar o coñecemento sobre as guerras de relixión a través dun libro pódese propoñer a lectura de O mercador de Venecia, de Riccardo Calimani (Grijalbo, 2009), sobre un xudeu que se refuxia en Venecia, ao abeiro das persecucións que sofren, no século XVI, os membros da súa relixión. Haberá que reforzar, ao longo de toda a unidade, os termos e conceptos básicos relacionados co Estado moderno, a Reforma e a Contrarreforma, o Renacemento e o Humanismo. Expresión oral e escrita Todas as tarefas realizadas en cada un dos apartados deberán quedar reflectidas no caderno de traballo. Este é unha ferramenta máis da aprendizaxe polo que o alumnado deberá coidar moito a expresión escrita ou redacción, tratando sempre de corrixir os erros co fin de aprender dos fallos. É importante realizar resumos das características da monarquía autoritaria, das reformas relixiosas, do Humanismo e do Renacemento. Igualmente é importante a redacción á hora de definir termos, como monarquía autoritaria, diplomacia... Así como saber esquematizar cando se realicen cadros comparativos. Segundo se vai desenvolvendo o tema, o alumnado deberá ter especial coidado en expresar correctamente as ideas principais da unidade. Co fin de conseguir este obxectivo, o profesorado pode ir realizando comentarios orais das imaxes fomentando a participación do alumnado en voz alta e en grupo. Fomento das TIC Para desenvolver as novas tecnoloxías e aproveitar tanto os encerados dixitais coma os recursos informáticos pódense realizar actividades interactivas que reforcen os contidos ensinados, así como proxectar visitas virtuais dalgúns lugares ou recrear espazos explicados ao longo da unidade. Algunhas direccións interesantes en Internet para a unidade son: www.anayadigital.com (actividades interactivas): Eixe cronolóxico (1400-1600); A carabela; Mapa: rutas comerciais no século XVI; Mapa: a Europa da Reforma; Manifestacións artísticas. A Europa do século XVI : http://librosvivos.net/smtc/ PagPorFormulario.asp?idIdioma=ES&TemaClave=1199&est=1 Cambios políticos, económicos, sociais, relixiosos, culturais e artísticos: http://iris.cnice.mec.es/kairos/ensenanzas/eso/ moderna/emoderno_00.html Actividades interactivas sobre o Renacemento e a Reforma: http:// www.iescosmelopez.org/csxh/renacemento/renacemento.html Reforma e Contrarreforma: http://profesorfrancisco.wikispaces.com/file/view/moderna5. swf/318661152/moderna5.swf O Renacemento italiano do século XVI: http://clio.rediris.es/n33/n33/arte/14RenaXVI.pdf Mapas históricos: http://www.lib.utexas.edu/maps/map_sites/hist_sites.html Vídeos en Internet: América, un novo mundo (rtve.es); Colón e a era do descubrimento – A travesía (rtve.es); Palacios renacentis- tas (Artehistoria); Miguel Ángel, unha superestrela (canal Historia); Leonardo da Vinci (Canle Historia); A Capela Sixtina (Artehistoria). Interese e coidado polo medio Se ben esta unidade didáctica non parece ter relación directa co medio, pódese incluír este tema de xeito transversal ao tra- ballar os descubrimentos e as súas consecuencias nos países colonizados. Así as novas formas de agricultura e gandería ou os avances científicos e técnicos levados a estes novos países desde o «vello continente», poden mostrar como a actividade humana produce sempre un efecto secundario indesexado na degradación ambiental. Anticipación de tarefas Sempre se debe partir dos coñecementos previos que ten o alumnado, polo que para comezar a unidade, e a partir do título desta, o profesorado deberá oír o que lles suxire o «inicio da Idade Moderna»: Que é a Idade Moderna? A que se refire o ter- mo Idade? Se facemos referencia a Moderna, que Idade houbo antes? Por que se chamará moderna esta etapa da historia? É un bo momento tamén para recordar a cronoloxía polo que se debe limitar a estudar os séculos XV e XVI, establecendo as datas nas que comezan e rematan estas centurias. 1 O inicio da Idade Moderna. Os séculos XV e XVI. 24

Upload: vuongnguyet

Post on 14-Nov-2018

232 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 1 O inicio da Idade Moderna. Os séculos e · Períodos Mecenas Humanismo Viaxes Academias Imprenta Arquitectura Outros países europeos ... O cambio que se aprecia é que no mapa

Presentación da unidade

O estudo da Idade Moderna iníciase cunha presentación dos cam-bios no panorama internacional e nos aspectos políticos, económi-cos, sociais, culturais e artísticos respecto ao período medieval precedente. En primeiro lugar, trátanse os descubrimentos xeo-gráficos, incidindo nas súas causas e na ampliación do mundo co-ñecido ata o momento. A continuación, abórdanse os principais cambios da Idade Moderna en Europa: o nacemento do Estado moderno, o crecemento demográfico, o progreso da economía, os cambios na sociedade estamental, a ruptura da unidade relixiosa pola reforma protestante e a reforma da Igrexa católica; os trazos da nova mentalidade humanista; e as achegas arquitectónicas, es-cultóricas e pictóricas do Renacemento. A técnica de traballar co tempo e o espazo históricos reforza a adquisición destes contidos básicos, xa traballados en cursos anteriores.

Elementos transversais

Fomento da lectura e comprensión lectora

•Ao principio de cada apartado débese deixar ao alumnado que lea, primeiro, de xeito individual, cada un dos epígrafes e, posteriormente, por un ou unha deles, o mesmo, pero en voz alta para toda a clase. Esta lectura favorecerá a comprensión lectora e potenciará o interese pola lectura en grupo.

•Para fomentar o coñecemento sobre as guerras de relixión a través dun libro pódese propoñer a lectura de O mercador de Venecia, de Riccardo Calimani (Grijalbo, 2009), sobre un xudeu que se refuxia en Venecia, ao abeiro das persecucións que sofren, no século xvi, os membros da súa relixión.

•Haberá que reforzar, ao longo de toda a unidade, os termos e conceptos básicos relacionados co Estado moderno, a Reforma e a Contrarreforma, o Renacemento e o Humanismo.

Expresión oral e escrita

•Todas as tarefas realizadas en cada un dos apartados deberán quedar reflectidas no caderno de traballo. Este é unha ferramenta máis da aprendizaxe polo que o alumnado deberá coidar moito a expresión escrita ou redacción, tratando sempre de corrixir os erros co fin de aprender dos fallos. É importante realizar resumos das características da monarquía autoritaria, das reformas relixiosas, do Humanismo e do Renacemento. Igualmente é importante a redacción á hora de definir termos, como monarquía autoritaria, diplomacia... Así como saber esquematizar cando se realicen cadros comparativos.

•Segundo se vai desenvolvendo o tema, o alumnado deberá ter especial coidado en expresar correctamente as ideas principais da unidade. Co fin de conseguir este obxectivo, o profesorado pode ir realizando comentarios orais das imaxes fomentando a participación do alumnado en voz alta e en grupo.

Fomento das TIC

•Para desenvolver as novas tecnoloxías e aproveitar tanto os encerados dixitais coma os recursos informáticos pódense realizar actividades interactivas que reforcen os contidos ensinados, así como proxectar visitas virtuais dalgúns lugares ou recrear espazos explicados ao longo da unidade.

Algunhas direccións interesantes en Internet para a unidade son:

•www.anayadigital.com (actividades interactivas): Eixe cronolóxico (1400-1600); A carabela; Mapa: rutas comerciais no século xvi; Mapa: a Europa da Reforma; Manifestacións artísticas.

•A Europa do século xv i : http:// l ibrosvivos.net/smtc/PagPorFormulario.asp?idIdioma=ES&TemaClave=1199&est=1

•Cambios políticos, económicos, sociais, relixiosos, culturais e artísticos: http://iris.cnice.mec.es/kairos/ensenanzas/eso/moderna/emoderno_00.html

•Actividades interactivas sobre o Renacemento e a Reforma: http://www.iescosmelopez.org/csxh/renacemento/renacemento.html

•Reforma e Contrarreforma: http://profesorfrancisco.wikispaces.com/file/view/moderna5.swf/318661152/moderna5.swf

•O Renacemento italiano do século xvi: http://clio.rediris.es/n33/n33/arte/14RenaXVI.pdf

•Mapas históricos: http://www.lib.utexas.edu/maps/map_sites/hist_sites.html

Vídeos en Internet: América, un novo mundo (rtve.es); Colón e a era do descubrimento – A travesía (rtve.es); Palacios renacentis-tas (Artehistoria); Miguel Ángel, unha superestrela (canal Historia); Leonardo da Vinci (Canle Historia); A Capela Sixtina (Artehistoria).

Interese e coidado polo medio

Se ben esta unidade didáctica non parece ter relación directa co medio, pódese incluír este tema de xeito transversal ao tra-ballar os descubrimentos e as súas consecuencias nos países colonizados. Así as novas formas de agricultura e gandería ou os avances científicos e técnicos levados a estes novos países desde o «vello continente», poden mostrar como a actividade humana produce sempre un efecto secundario indesexado na degradación ambiental.

Anticipación de tarefas

Sempre se debe partir dos coñecementos previos que ten o alumnado, polo que para comezar a unidade, e a partir do título desta, o profesorado deberá oír o que lles suxire o «inicio da Idade Moderna»: Que é a Idade Moderna? A que se refire o ter-mo Idade? Se facemos referencia a Moderna, que Idade houbo antes? Por que se chamará moderna esta etapa da historia?

É un bo momento tamén para recordar a cronoloxía polo que se debe limitar a estudar os séculos xv e xvi, establecendo as datas nas que comezan e rematan estas centurias.

1 O inicio da Idade Moderna. Os séculos xv e xvi.

24

Page 2: 1 O inicio da Idade Moderna. Os séculos e · Períodos Mecenas Humanismo Viaxes Academias Imprenta Arquitectura Outros países europeos ... O cambio que se aprecia é que no mapa

Mapa conceptual da unidade

Idade Moderna

Descubrimentos xeográficos

Nacemento do Estado moderno

Progreso da economía

Cambios relixiosos

Cambio de mentalidade

Renacemento artístico

Reforma luterana

Reforma calvinista

Reforma anglicana

Guerras de relixión

Contrarreforma católica

Concilio de Trento

Actividades agrarias

Capitalismo comercial

Transformacións sociais

Artesanía

Comercio

Monarquías autoritarias

Cambios demográficos

Aumento da poboación

Instrumentos

Períodos Mecenas

Humanismo

Viaxes

Academias

Imprenta

Arquitectura Outros países

europeosEscultura

Pintura

Quattrocento Médicis

Cinquecento Papas

Causas

PolíticasEconómicasCientíficasTécnicas

RelixiosasIdeolóxicas

Exploracións portuguesas

Descubrimento de América

Repartición do mundo

producíronse

reflectiuse en deron lugar a manifestouse en

difundido a través de

as súas ideas, aplicadas á arte, deron lugar a

xurdido en Italia no século xv

provocaron

divídese en reflectiuse en difundiuse afoi impulsado por

tiveron levado a cabo por

reforzaron o seu poder utilizando

conduciron a

reflectidos en

25

Recursos didácticos

Cartografía e dicionarios artísticos

•Globo terráqueo e mapas do mundo nos séculos xv y xvi (mapa de Fra Mauro, de Juan de la Cosa...).

•Atlas do Mundo, Anaya, 1998.

•Fatás, G., e Borrás, G. M.: Dicionario de termos de arte e arqueoloxía, Alianza Editorial, 1988.

Audiovisuais

•Vídeos e DVD: Martín Lutero (2 DVD. Áncora Audiovisual); As guerras de relixión (Vídeo. Áncora Audiovisual); O Renacemento e a época dos descubrimentos (Vídeo. Áncora Audiovisual); Explorar o Renacemento (Vídeo. Áncora Audiovisual); O Renacemento. Grandes Épocas da Arte (Vídeo. Metrovídeo, Madrid); Renacemento Historia Universal da Arte (Vídeo. MEC. 86 minutos); Os Médicis, padriños do Renacemento (4 DVD. Áncora Audiovisual); A Florencia dos Médicis. As cidades da arte (Vídeo-CD. Edicións Dolmen); A Roma de Miguel Anxo e Rafael. As cidades da arte (Vídeo-CD. Edicións Dolmen); Leonardo da Vinci/Durero. Xenios da pintura II (Edicións Dolmen); Primitivos flamencos (Vídeo. MEC. 13 minutos); Van Eyck. Xenios da pintura II (Edicións Dolmen).

•CD-ROM: Artistas e mecenas: Os grandes momentos da Arte (Edicións Dolmen). Sobre o Renacemento italiano: O espertar de Europa. Os grandes momentos da Arte. (Edicións Dolmen). Sobre o Renacemento europeo: Botticelli. Xenios da pintura I (Edicións Dolmen).

Page 3: 1 O inicio da Idade Moderna. Os séculos e · Períodos Mecenas Humanismo Viaxes Academias Imprenta Arquitectura Outros países europeos ... O cambio que se aprecia é que no mapa

26

Xoga co tempo1 A Idade Moderna iniciouse, segundo os historiado-

res, en 1453 ou en 1492. Segundo iso, que aconte-cementos se toman en cada caso como punto de partida?

2  En parellas, analizade os mapas. Que cambios apreciades no mundo coñecido polos europeos? Que feito histórico puido desencadear ese cambio?

3 Extrae do eixe a información necesaria, e contesta a estes interrogantes:

a) Que aspecto da Idade Media se mantivo durante toda a Idade Moderna?

b) Que cambios relixiosos se produciron no perío-do representado?

c) Que estilo artístico se iniciou cara a 1400 en Italia? Durante cantos anos conviviu co gótico, aproximadamente?

4 Nomea tres artistas do Renacemento.

1200

ARTE GÓTICAARTE DO RENACEMENTO

SOCIEDADE ESTAMENTAL

IDADE MODERNA

IDADE MEDIA MONARQUÍA AUTORITARIA

CALVINISTAS

ANGLICANOS

LUTERANOSCATÓLICOS

MONARQUÍA FEUDAL

AR

TE

SOC

IED

AD

ER

ELI

XIÓ

NP

OLÍ

TIC

AD

ESC

UB

RIM

EN

TOS

1250 1300 1350 1400 14501500

16001550

1565Atlas portugués de Diego Homen

1541 Miguel Anxo remata O Xuizo Final

Entre 1503 e 1519 Leonardo da Vinci realiza a pintura de A Gioconda

1440 Donatello esculpe o David

1517 Martín Lutero inicia

a reforma luterana

1534 Ruptura de Enrique VIII con Roma

1492 Descubrimento de América

1453 Os turcos toman Constantinopla

Vasalaxe

1407 Mapa onde se representan os tres continentes coñecidos: Europa, África e Asia, e os ríos Nilo e Tanays (fronteira entre Europa e Asia)

1536 Calvino comeza a predicar a doutrina calvinista

1563 Finaliza o Concilio de Trento

Formación de imperios coloniais mundiais

1420 Brunelleschi inicia a cúpula da catedral de Florencia

Cara a 1350 Mestra Pero esculpe a Virxe de OU

Catedral de Notre Dame (1163-1245), en París

Privilexiados: rei, papa, alta nobreza e alto clero, baixa nobreza

e baixo clero. Non privilexiados: campesiños, artesáns e servos

A burguesía enriquécese e imponse sobre os demais

grupos urbanos

O inicio da Idade Moderna. Os séculos xv e xviInicia unha nova aprendizaxeEsta primeira unidade de Historia está centrada nos sé-culos xv e xvi e nos cambios (políticos, económicos, so-ciais, culturais e artísticos) acontecidos nestes séculos en relación á Idade Media.

Tras o seu estudo, distinguirás diferentes modos de periodización histórica, comprenderás a importancia dos descubrimentos xeográficos protagonizados polos casteláns e os portugueses, e valorarás as súas conse-cuencias.

Tamén che permitirá coñecer as obras e o legado de artistas, humanistas e científicos da época.

1

Inicia unha nova aprendizaxe• Esta unidade iníciase cos grandes cambios producidos nos séculos xv e

xvi: os descubrimentos xeográficos que conduciron ao descubrimento de América e á repartición do mundo; a implantación do Estado moderno co nacemento das monarquías autoritarias; as transformacións económicas que afectaron a agricultura, gandería e comercio; os cambios demográficos que supuxeron un aumento da poboación; os cambios relixiosos que deron lugar ás reformas protestantes (luterana, calvinista e anglicana), e o cambio de mentalidade manifestado no Humanismo que, difundido a través de academias e imprentas, fará xurdir o Renacemento artístico.

•O eixe cronolóxico ilustrado permite exemplificar algúns deses cambios comparándoos co período histórico anterior, a Idade Media.

Exploramos ideas previas

•A explicación previa ao estudo desta unidade debe insistir na madureza política e económica que alcanzara o occidente europeo na segunda metade do século xv.

•Co fin de que os estudantes mostren o que recordan sobre este acontecemento, proponse como actividade inicial un remuíño de preguntas sobre as ilustracións que se mostran no eixe cronolóxico ou propoñendo a definición de termos tales como vasalaxe, continentes coñecidos, sociedade estamental, estamentos, románico e gótico.

Dificultades de aprendizaxe e metodoloxía

•O alumnado debe aprender a diferenciar o cambio de idade histórica, da Idade Media á Idade Moderna, polo que podería presentar dificultade á hora de comprender a diferenza cronolóxica de ambos os dous períodos.

Por iso proponse empregar unha metodoloxía que, a través da competencia matemática, permita inicialmente realizar un exercicio de repaso, que converta os anos, por exemplo os indicados no eixe cronolóxico, en séculos.

• Tamén sería un bo momento para identificar algúns personaxes históricos (Cristóbal Colón) e comprender a importancia do estudo da historia a través das biografías.

• Finalmente a arte ocupa un apartado moi importante nesta unidade. Presentar o estudo deste a través dos artistas (Brunelleschi, Donatello, Leonardo da Vinci ou Miguel Anxo) pode facilitar a introdución deste novo período histórico.

Solucións1 En 1453 os turcos toman Constantinopla.

En 1492 prodúcese o descubrimento de América.

2 Suxerimos realizar esta actividade en parellas empregando a técnica de traballo cooperativo.

O cambio que se aprecia é que no mapa de 1407 só se representan tres continentes: Europa, África e Asia, mentres que no mapa portugués de 1565 tamén aparece América e o que parece a Antártida sen xeo (aínda que en realidade pode ser a costa de Patagonia, e o erro se debe a que Diego Homen se baseou en mapas anteriores (como o de Piri Reis).

3 As respostas ás cuestións son:

a) Sociedade estamental.

b) Aparecen outras relixións: calvinistas, anglicanos, luteranos e católicos.

c) Renacemento. Conviviu uns 100 anos, aproximadamente.

4 Brunelleschi, Donatello, Leonardo da Vinci, Miguel Anxo...

Page 4: 1 O inicio da Idade Moderna. Os séculos e · Períodos Mecenas Humanismo Viaxes Academias Imprenta Arquitectura Outros países europeos ... O cambio que se aprecia é que no mapa

27

14

1UNIDADE

15

1.1 Un novo período históricoA Idade Moderna é o período histórico comprendido entre os sécu-los xv e xviii. Non obstante, non existe acordo entre os historiadores sobre a súa data de comezo, sendo as máis aceptadas a toma de Constantinopla polos turcos (1453) ou o descubrimento de América (1492). O seu final está marcado pola Revolución Francesa (1789).

Dentro da Idade Moderna adóitanse establecer, á vez, varios subpe-ríodos con trazos máis ou menos homoxéneos: o século xvi, ou época do Renacemento; o século xvii, ou época do Barroco; o século xviii, ou época da Ilustración e o Absolutismo.

1.2 Os cambios dos séculos xv e xviDesde mediados do século xv e durante o século xvi, producíronse en Europa transformacións que afectaron a todos os ámbitos da vida.

❚ O panorama internacional cambiou debido a unha serie de aconte-cementos significativos:

– A desaparición do imperio bizantino, tras a toma de Constantino-pla polos turcos en 1453, incrementou a ameaza musulmá sobre a cristiandade occidental.

– Os descubrimentos xeográficos de portugueses e casteláns en África, América e Asia ampliaron o mundo coñecido polos eu-ropeos. Grazas a eles, algúns países, como España e Portugal, crearon extensos imperios coloniais cuxas riquezas estimularon o comercio mundial.

– A loita pola hexemonía europea enfrontou os grandes estados; finalmente, implantouse a española no século xvi.

❚ O sistema feudal entrou en crise. Así, os reinos feudais foron substi-tuídos polo Estado moderno e as monarquías autoritarias; a econo-mía feudal, centrada na posesión da terra, deu paso ao capitalismo comercial, baseado na obtención de grandes capitais a través do comercio coas colonias; e a burguesía adquiriu importancia dentro da sociedade estamental.

❚ A unidade relixiosa do occidente europeo rompeu. Esta ruptura, provocada pola Reforma protestante, orixinou graves conflitos ar-mados coñecidos como «guerras de relixión».

❚ A cultura medieval foi substituída por unha nova mentalidade, o humanismo, que centrou a súa atención no ser humano e orixinou un novo estilo artístico: o Renacemento.

A Idade Moderna1 O inicio da Idade Moderna Os cambios mundiais. Ampliación do mundo e grandes imperios coloniais

Manexar información temporal

1 Relaciona estas datas cun acontecemento histórico e explica que rela-ción teñen coa Idade Moderna: 1789, 1492, 1453.

Avanza en competencias

Territorios españois

Territorios portugueses

0 1500 3000 4500 km

Coñecidos

Territorios:Pouco coñecidos Descoñecidos

O C É A N O

P A C Í F I C O

O C É A N O

PA C Í F I C O

O C É A N O

AT L Á N T I C O O C É A N O

Í N D I C O

B R A S I L

FILIPINAS

C H I N A

INDIA

INDIASORIENTAIS

ILLAS DASESPECIAS

INDIASOCCIDENTAIS

Illas Canarias

Illas Azores

CaboVerde

Illas Madeira

São Tomé

A S I A

EUROPA

Á F R I C A

A M É R I C AD O

N O RT E

A M É R I C AD O

S U R

Os cambios en Europa. Do sistema feudal ao mundo moderno

Comprender a realidade histórica 2 Relaciona estes termos cun século: Barroco, Re-

nacemento, Absolutismo.

3 Os termos anteriores refírense a épocas den-tro da Idade Moderna. En que se diferencia unha idade dunha época? Por que cres que os

historiadores establecen periodizacións na his-toria?

Organizar información4 Elabora un cadro sobre os cambios ocorridos

ao inicio da Idade Moderna respecto á Idade Media.

1563

1453

Toma deConstantinopla

polos turcos

León BatistaAlberti �nalizaa construciónde Santa MaríaNovella1469

1470

1479

1492

1494

1517

15181519

1522

1534

1540

1541

15431545

Tratado de Alcaçovas

Descubrimento de América

Tratado de Tordesillas

Lutero rexeita as indulxenciase publica as 95 teses contra elas

Henrique VIIIproclámase

cabeza daigrexa

de Inglaterra

Ignacio de Loyola funda a Compañía de Xesús

Copérnicoformulaa teoríaheliocéntrica

Miguel Anxopinta os frescosda Capela Sixtina

PRIMEIRAVOLTAAO MUNDO

REIS CATÓLICOS

CONCILIODE TRENTO

O mundo coñecido polos europeos a principios da Idade Moder-na era moi limitado (1), pois se reducía a Europa Occidental e o contorno do Mediterráneo. Máis alá, unicamente se tiñan vagas referencias de reinos e imperios africanos e asiáticos a través de viaxeiros medievais, como Marco Polo.

As viaxes de descubrimento permitiron o coñecemento doutras civilizacións e impulsaron a formación, no século xvi, dos imperios coloniais de España e Portugal (2). Os intercambios coas colo-nias estimularon o comercio transatlántico e posibilitaron o coñe-cemento de novos produtos.

Desde o século xv, o sistema feudal e as crenzas tradicionais entraron en crise. Así, os reis (A) de boa parte de Europa impuxéronse sobre a nobreza e os gobernos das cidades; o comercio alcanzou unha grande im-portancia e extensión xeográfica, e a burguesía fixo grandes fortunas. Tamén, a Reforma protestante cues-tionou a autoridade do papado (B), como reflicte esta crítica da indulxencia; e os intelectuais, impulsaron o humanismo, a cultura laica e o renacemento da cultura e a arte de Grecia e Roma (C).

A

2

1

B C

Suxestións• Débese comezar reforzando a definición do novo período histórico a

estudar: Idade Moderna, identificando o termo pola súa cronoloxía de inicio e fin. Para iso, conviría informar o alumnado sobre a importancia de dous acontecementos históricos: 1453, data na que os turcos toman a cidade de Constantinopla provocando o fin do imperio bizantino (o cal produciu unha gran conmoción para Occidente, xa que se pensaba que era o principio do fin do cristianismo), e 1492 e o descubrimento de América, asociado ao nome de Colón, que levará consigo os novos descubrimentos xeográficos.

•A segunda epígrafe trata as grandes transformacións que se produciron en Europa desde mediados do século xv e o século xvi. Para que o alumnado comprenda a realidade histórica, deben agruparse eses cambios en internacionais, políticos, relixiosos e artísticos e culturais.

Para os internacionais pódese tratar de unir os diferentes acontecementos: a toma de Constantinopla polos turcos interrompeu as rutas comerciais de Europa co Extremo Oriente, obrigando a buscar outras rutas alternativas para conseguir as especias e os produtos de luxo da India e de China, o que levou á loita polo poder entre os grandes estados europeos.

Os outros cambios tamén poderían unificarse a partir dos pés das ilustracións A, B e C sobre os cambios en Europa.

Actividades de reforzo1 Identifica os continentes que aparecen no mapa da páxina 15 do

libro do alumno con territorios españois e portugueses.

Actividades de ampliación1 Busca información sobre un dos seguintes termos históricos

reflectidos no eixe cronolóxico: Reis Católicos; Primeira volta ao mundo; Concilio de Trento.

Solucións1 1789, Revolución Francesa, fin da Idade Moderna; 1492,

descubrimento de América, inicio da Idade Moderna; 1453, toma de Constantinopla polos turcos, inicio da Idade Moderna.

2  Barroco: século xvii; Renacemento: século xvi; Absolutismo: século xviii.

3  Preténdese que o alumnado comprenda os conceptos e explique as súas diferenzas. Unha idade é un período histórico comprendido entre varios séculos, estando determinados o seu principio e o seu fin por unha data, mentres que unha época se refire a un período de tempo caracterizado por uns trazos máis ou menos homoxéneos (como un movemento artístico, literario, filosófico...) e que está comprendido dentro dunha idade. Os historiadores dividen o estudo da historia en períodos para distinguir ou diferenciar aqueles trazos comúns dunha etapa histórica que a fan o suficientemente importante para ser distinta doutros períodos.

4 Con esta actividade quérese saber se o alumnado coñece os cambios que distinguen a Idade Moderna con respecto á Idade Media.

Idade Media Idade Moderna

Internacional

Imperio bizantino

Mundo coñecido: Europa, Asia oriental e norte de África

Reinos europeos

Desaparición do imperio bizantino

Mundo coñecido: Europa, América, África e Asia

Loita pola hexemonía europea: España

Política Reinos feudais Monarquías autoritarias

Economía Feudal Capitalismo comercial

Relixión Unidade relixiosaRuptura: Reforma protestante

Cultura MedievalHumanismo e Renacemento

Page 5: 1 O inicio da Idade Moderna. Os séculos e · Períodos Mecenas Humanismo Viaxes Academias Imprenta Arquitectura Outros países europeos ... O cambio que se aprecia é que no mapa

28

16

1UNIDADE

17

A ampliación do mundo coñecido polos europeos e a exploración de novos espazos xeográficos debeuse a diferentes causas: políticas, económicas, científicas, técnicas, relixiosas e ideolóxicas.

2.1 Causas políticas e económicas ❚ Políticas. Tras finalizar a conquista da península ibérica, os reinos cristiáns peninsulares desexaban proseguir a súa expansión por no-vos territorios. Para os reis, que estaban afianzando a súa autori-dade, as novas conquistas eran unha oportunidade de obter ouro e prata para financiarse; adquirir gloria persoal; e demostrar o seu poder fronte ás institucións medievais.

❚ Económicas. A caída de Constantinopla en poder dos turcos (1453) pecháralle ao comercio europeo a vía tradicional de aprovisionamen-to de especias, que discorría a través de Asia. Para traelas a Europa era necesario, polo tanto, buscar un novo camiño.

Tamén se buscaba unha nova ruta marítima para traer da India e de China produtos de luxo como seda e pedras preciosas; e unha ruta para acceder directamente ao ouro de Sudán e a outros produtos africanos apreciados, como os escravos e o marfil do norte de África.

2.2 Causas científicas e técnicas ❚ Científicas. Nesta época difundíronse libros que sostiñan que a Te-rra era redonda e de dimensións máis reducidas que as reais, como a Xeografía de Ptolomeo, e o Imago Mundi do cardeal Pierre d'Ailly. Polo tanto, algúns mariños inquedos consideraron factible chegar á India e a China navegando polo oeste.

❚ Técnicas. A navegación no mar progresou, grazas á xeneralización do compás e á mellora do astrolabio, que permitía orientarse no mar pola noite tomando como referencia as estrelas. O avance da car-tografía proporcionou novos mapamundis e portolanos, que deta-llaban a localización dos portos e permitíanlles aos barcos navegar sen ter a costa á vista. Ademais, no sur de España e Portugal cons-truíronse novos barcos, como a carabela e a nao, adaptados para aproveitar o vento e soportar a forza das ondas do Atlántico grazas ás súas grandes velas e alta borda.

2.3 Causas relixiosas e ideolóxicas ❚ Relixiosas. Os reinos peninsulares mantiñan o desexo de loitar contra os infieis e de encontrar aliados fronte a eles. A isto respondía en parte o empeño de encontrar o lendario reino cristián do Preste Xoán, localizado en África e rodeado de infieis. Ademais, existía grande in-terese en estender o cristianismo por novas terras.

❚ Ideolóxicas. A mentalidade da época promoveu o afán de aventu-ras e de adquirir fama e riqueza. Tamén existía un desexo por parte dos humanistas e dos sabios de comprobar a veracidade dos textos antigos e dos métodos matemáticos e astronómicos.

Os descubrimentos (I). As causas dun proceso2 Instrumentos náuticos e novos barcosVellas e novas rutas

Obter información

3 Busca información e fotografías sobre a ballestilla e o noc-turlabio e escribe un resumo de cada un no teu caderno.

Organizar información

1 Realiza un esquema sobre as cau-sas dos descubrimentos xeográfi-cos.

Traballar con mapas

2 Nas rutas tradicionais, que países actuais atravesaban as especias e a seda ata chegar a Europa? Axú-date dun atlas.

Avanza en competencias

As especias e a seda eran imprescindibles na Europa da época, onde chegaban a tra-vés de rutas asiáticas e de Constantinopla, cidade que servía de enlace entre Oriente e Occidente (A).

Estas rutas pecháronse tras a toma da ci-dade polos turcos, o que impulsou a busca do acceso directo a estes produtos. Os cas-teláns intentárono viaxando cara ao oeste pero interpúxose América. Os portugueses si o conseguiron bordeando a costa de Áfri-ca ata alcanzar a India (B).

A carabela era unha embarcación lixeira de tres mastros, o que permitía combinar velas cadradas e triangulares e navegar con ventos pouco favo-rables. Ademais, dispoñía de adegas con gran capacidade de carga para realizar longas viaxes.

Cuadrante

Compás

Portolano

Astrolabio

A carabela, unha nova embarcación

Os mariños da época utilizaban en mar aberto instrumentos sinxelos, pero moi eficaces.

Coa ballestilla e o cuadrante medían a altura sobre o horizonte do sol a me-diodía ou da estrela polar pola noite; así calculaban a latitude na que se en-contraban.

Os portolanos eran mapas que con-taban con escala gráfica e rumbos, o que facilitaba o uso do compás para coñecer a dirección do barco en mar aberto.

O astrolabio permitía usar as estrelas para medir distancias e determinar a latitude e a hora. E o nocturlabio ser-vía para medir o tempo nocturno e as mareas.

Borda alta para soportar

as fortes ondas

Velas cadradas para

favorecer a velocidade

Vela triangular para manobrar con facilidade

Adegas amplas para gardar mercadorías

A

B Tres mastros para navegar máis rápido

SuxestiónsAs causas dos grandes descubrimentos son moi variadas. Pola súa importancia histórica e polo suxestivo que o tema adoita resultar para os estudantes, conviría dar algunhas informacións complementarias sobre algunha delas como é o caso do que supuxo a toma de Constantinopla polos turcos en 1453:

«A caída de Constantinopla supuxo o nacemento do imperio turco-otomán; os intelectuais gregos levan a Italia a cultura antiga; os europeos deixan de ter acceso ao mar Negro e perden así a súa vía de comunicación coa India, e inician a busca dunha nova que levará consigo os novos descubrimentos».

Para que os alumnos e as alumnas entendan a importancia deste acontecemento histórico pódese ver un pequeno vídeo/documental sobre a caída de Constantinopla, como por exemplo o da canle History Chanel: https://www.youtube.com/watch?v=4VIrbaizxyo).

Actividades de reforzo 2 Define os seguintes conceptos:

– Imago Mundi.

– Xeografía de Ptolomeo.

Actividades de ampliación 2 Fai un traballo sobre as embarcacións que permitiron realizar as

viaxes e explorar os novos territorios.

Explica as diferenzas entre unha carabela e unha nao.

Solucións1 No esquema deben aparecer as causas seguintes:

– Políticas: aumento do poder dos reis.

– Económicas: novas rutas comerciais.

– Científicas: coñecemento do mundo xeográfico.

– Técnicas: novos instrumentos técnicos como o compás e o astrolabio; o avance da cartografía (mapamundis e portolanos) e novos barcos, como a nao e a carabela.

– Relixiosas: loita contra os infieis e extensión do cristianismo.

– Ideolóxicas: afán de aventuras, fama e riqueza e veracidade dos humanistas.

2 (CHINA) Los chineses recollían as especias das illas Orientais e entregábanas no porto de Malaca (MALASIA). Aquí os mercadores árabes transportaban estes produtos á INDIA. Logo transportaban as especias á conca do Mediterráneo, seguindo dúas rutas: unha marítima bordeando ARABIA e o mar Vermello que entraba en EXIPTO e outra por terra, polo golfo Pérsico (PERSIA), e que chegaba a IRÁN, IRAQ, os portos de Damasco (SIRYA) e Constantinopla (TURQUÍA), onde os mercadores italianos trasladaban as mercadorías a Venecia, Xénova e ao resto de Europa.

3  Preténdese que o alumnado busque información e explique por escrito de forma coherente a información obtida. Resposta aberta.

Ballestilla. Pódese ver unha da Real Academia de Matemáticas, en MUNCYT: http://www.muncyt.es/portal/site/MUNCYT/menuitem.5bea45bb8877d2f87d40f71001432ea0/?vgnextoid=3e6a57cbe6557310VgnVCM1000001d04140aRCRD

Nocturlabio. Pódese observar un no Museo Virtual da Ciencia, no CSIC: http://museovirtual.csic.es/salas/luz/luz12.htm

Page 6: 1 O inicio da Idade Moderna. Os séculos e · Períodos Mecenas Humanismo Viaxes Academias Imprenta Arquitectura Outros países europeos ... O cambio que se aprecia é que no mapa

29

18

1UNIDADE

19

Os descubrimentos (II). As viaxes e os viaxeiros

3.1 As exploracións portuguesasDesde mediados do século xv, o infante portugués Henrique o Navegante impulsou a navegación e as viaxes de exploración polas costas africanas. O obxectivo de Portugal era acceder ao ouro de Sudán e comerciar coa India, bordeando a costa de Áfri-ca. A rivalidade con Castela nesta zona solucionou-se coa firma do Tratado de Alcaçovas (1479). Nel, Portugal cedíalle a Castela a conquista de Canarias e esta aceptaba que Portugal explorase a costa afri-cana ao sur do cabo Bojador.

En sucesivas exploracións pola costa africana, os portugueses ocuparon as illas Madeira, Azores e Cabo Verde; pasaron o cabo Bojador (1431) e chega-ron ao golfo de Guinea (1460). Finalmente, Bartolo-meu Dias dobrou o cabo de Boa Esperanza (1487), e Vasco de Gama chegou á India (1498). Nas costas africanas e asiáticas, os portugueses fundaron facto-rías e levantaron fortalezas. Desde elas controlaron o comercio de ouro e escravos de Sudán e monopo-lizaron o comercio de especias coa India e de seda con China.

3.2 Castela. O descubrimento de AméricaO descubrimento de América debeuse a Cristóbal Colón, un mariño de posible orixe xenovesa. O seu obxectivo, baseado no convencemento da redon-dez da Terra, era internarse no Atlántico e chegar á India navegando polo oeste. Primeiro presentoulle o seu proxecto ao rei Joâo II de Portugal (1484), que o rexeitou. Entón, ofrecéullelo aos Reis Cató-licos, que o aceptaron nas Capitulacións de Santa Fe (1492).

Colón saíu con tres barcos desde o porto de Palos (Huelva), fixo escala en Canarias, e o 12 de outubro de 1492 chegou á illa caribeña de Guanahaní (Ba-hamas), que bautizou como San Salvador. Antes de regresar, recoñeceu as illas de Cuba e a Española e interesouse polas súas posibles riquezas.

Tras volver outras tres veces ao Novo Mundo, morreu en 1506 crendo ter chegado ás Indias, denominación dada entón a Insulindia, o sur e o sueste de Asia. Por iso, os novos territorios recibiron esta denominación e os seus habitantes foron chamados indios.

3.3 Repartición do mundo e novas expediciónsO descubrimento de novas terras máis alá do océano tivo un impacto inmediato en toda Europa. Os Reis Católicos recibiron do papa a so-beranía das Indias, e para evitar conflitos con Portugal, delimitaron as súas respectivas áreas de influencia no Tratado de Tordesillas (1494). Este trazaba un meridiano a 370 leguas ao oeste das illas de Cabo Verde: as terras situadas ao oeste desta liña serían para Castela, e as situadas ao leste, para Portugal. Como consecuencia, Portugal esta-bleceuse en Brasil no ano 1500.

No século xvi, os sucesores dos Reis Católicos concederon «licenza para descubrir» a outros mariños, que exploraron as costas america-nas. Así, en 1513, Vasco Núñez de Balboa cruzou o istmo de Panamá e descubriu o mar do Sur, chamado posteriormente océano Pacífico; e, entre 1519 e 1522, Magalhães e Elcano deron a primeira volta ao mundo, demostrando que a Terra era redonda.

3

Manexar información temporal

1 Sitúa nun eixe cronolóxico os principais acontece-mentos relacionados cos descubrimentos.

Comprender informacións

2 Cal era o obxectivo das viaxes de exploración por-tuguesas e castelás? Cal dos dous non alcanzou o obxectivo previsto e por que?

Avanza en competencias

Os protagonistas

Traballar con mapas

3 Nomea, por orde, os principais lu-gares da ruta de Magalhães e El-cano.

4 Describe o percorrido realizado por Colón na súa primeira viaxe.

5 Explica o significado das liñas co-rrespondentes aos tratados de Al-caçovas e Tordesillas.

Participar na aprendizaxe

6 Descubre que personaxe, e por que lle deu o seu nome a América.

O descubrimento de América

Principais viaxes de portugueses e casteláns

India

Javaminor

Trópico de Cáncer

Trópico de Capricornio

Illas deCabo Verde

IllasAzores

Canarias

Irlanda

Madeira

Javamajor

Lisboa

Principais viaxesde descubrimentoportugueses

Bartolomé Díaz(1487-1488)

Vasco de Gama(1497-1498)

Vespucio(1501-1502)

Cristóbal Colón (1492)

Principais viaxes dedescubrimento casteláns

Vespucio (1499-1500)

Magalhães e Elcano(1519-1522)

0 1500 3000 4500 km

Círculo polar ártico

Trópico de Cáncer

Ecuador

Trópico deCapricornio

Círculo polarantártico

O C É A N O

Í N D I C O

O C É A N O

PA C Í F I C O

O C É A N O

P A C Í F I C O

OC

ÉA

NO

AT

NT

I CO

Golfo deGuinea

Illas Canarias

Madeira

Illas de Cabo VerdeLa EspañolaCuba

Bahamas

IllasFilipinas

Illas dasEspecias

Estreito deMagalhães

Cabo deBoa Esperanza

Cabo Bojador

CalicutINDIA

Colón coñecía o mapa do sabio florentino Toscanelli. Segundo este mapa (A), só 120 000 km separaban Lisboa do sueste de Asia. Por iso, cando na súa primeira viaxe (B) Colón che-gou á illa de San Salvador, creu encontrarse na illa de Cipango (Xapón).

0 400 800 1200 km

O C É A N OAT L Á N T I C O

M a r C a r i b e

Golfo deMéxico

Trópico de Cáncer

Cuba

La Española

El Salvador(Guanahaní)

ILLAS BAHAMAS

A Lisboa

Desde asillas Canarias

En Portugal

En Castela

1. Henrique o Navegante (1394-1460). Fundou a Escola de Sa-gres. Nela reuniu grandes xeógrafos, astrónomos e navegantes.

2. Vasco de Gama (1460-1524). Primeiro navegante portugués que alcanzou a India, bordeando África, en 1498.

3. Cristóbal Colón (1436-1506). As Capitulacións de Santa Fe nomeárono Almirante do mar Océana e vicerrei das terras que descubrira.4. Juan Sebastián Elcano (1476-1526). Mariño español que par-ticipou na primeira volta ao mundo. Completouna en 1522.

1

3

2

4

As viaxes do descubrimento

A B

Suxestións• Esta epígrafe divídese en tres centros de interese que se corresponden

coas dúas grandes potencias coloniais do século xvi, Portugal e Castela, e coa repartición do mundo coñecido realizado por elas no Tratado de Tordesillas.

– Na subepígrafe «As exploracións portuguesas» sería conveniente que o profesorado insistise nos termos destacados no texto en letra grosa: Tratado de Alcaçovas, polo que Canarias pasaba a formar parte do reino de Castela a cambio da libre exploración e conquista de Portugal na costa africana; Bartolomé Díaz e Vasco de Gama, os mariños portugueses que dobran o cabo de Boa Esperanza, o primeiro, e chegan á India, o segundo.

– Na seguinte subepígrafe «Castela. O descubrimento de América» poderíanse destacar os contidos seguintes: o proxecto de Colón; as Capitulacións de Santa Fe; viaxe e descubrimentos xeográficos; nome dos territorios descubertos: Indias ou América?

– Finalmente os estudantes deben coñecer os conflitos territoriais xurdidos entre ambas as dúas potencias e o tratado asinado para resolvelos, así como as súas consecuencias. Para explicar o Tratado de Tordesillas o profesorado pode proxectar o vídeo de RTVE sobre a serie «Isabel» e o capítulo en que se menciona: http://www.rtve.es/alacarta/videos/isabel/isabel-tratado-tordesillas-jugada-maestra-juan-ii-portugal/2687254

Actividades de reforzo

3 En que consistiron as Capitulacións de Santa Fe?

4 Que importancia tivo a chegada de Bartolomé Díaz ao cabo de Boa Esperanza?

Actividades de ampliación

3 Busca información sobre as viaxes de Colón e fai un informe.

Solucións1 Descubrimentos cronoloxicamente: 1487. Bartolomé Díaz dobrou o

cabo de Boa Esperanza. 1492. Colón chegou á illa de Guanahaní (Bahamas). 1498. Vasco de Gama chegou á India. 1513. Vasco Núñez de Balboa cruza o istmo de Panamá e descobre o océano Pacífico. 1519-1522. Magalhães e Elcano dan a primeira volta ao mundo.

2 O obxectivo portugués era acceder ao ouro de Sudán e comerciar coas Indias, bordeando a costa de África. O castelán era demostrar que a Terra era redonda polo que se podería chegar á India navegando polo oeste. Este non alcanzou o obxectivo xa que Colón chegou á illa de Guanahaní (Bahamas) co que en realidade descubriu, foi un continente que se interpoñía entre Europa e Asia.

3 Con esta actividade preténdese que o alumnado lea o mapa e obteña a información precisa del. Sevilla-Sanlúcar (Cádiz), Illas Canarias, Río de Xaneiro, Río da Prata, estreito de Magalhães, illas Marianas, illas Filipinas, Brunéi, cabo de Boa Esperanza, illas de Cabo Verde, Sanlúcar de Barrameda.

4  Inténtase reforzar a lectura de mapas. Na súa primeira viaxe (1492-1493) Colón partiu do porto de Palos en dirección ás Illas Canarias. Desde aí chegou a varias illas do Caribe: Guanahaní (San Salvador), Cuba (Juana) e Santo Domingo (A Española). Desde aquí regresou a Lisboa, facendo escala nas illas Azores.

5  Preténdese que o alumnado exprese os seus coñecementos de forma clara e concisa. O Tratado de Alcaçovas establecía que Portugal exploraría a costa africana ao sur do cabo Bojador. O Tratado de Tordesillas regulaba o descubrimento dos territorios americanos, deixando para Castela os situados ao oeste dun meridiano trazado a 370 leguas (uns 2 000 km) ao oeste das illas de Cabo Verde, e a Portugal os situados ao leste do devandito meridiano.

6 O descubridor de América, como novo continente, foi o navegante italiano Américo Vespucio, que deu nome a América.

Page 7: 1 O inicio da Idade Moderna. Os séculos e · Períodos Mecenas Humanismo Viaxes Academias Imprenta Arquitectura Outros países europeos ... O cambio que se aprecia é que no mapa

30

20

1UNIDADE

21

4.1 As monarquías autoritariasDurante a Idade Moderna, as monarquías feudais europeas transfor-máronse en monarquías autoritarias. Nelas, o rei reforzou o seu poder sobre o conxunto do reino, ao impoñerse sobre a nobreza e limitar a autonomía dos municipios. Esta nova forma de organización do Esta-do recibe o nome de Estado moderno.

En Europa, a monarquía autoritaria afianzouse en Francia, en Inglate-rra e nos reinos da península ibérica. Alemaña e Italia, en cambio, non conseguiron crear un estado unificado.

4.2 Os instrumentos do poder realOs reis empregaron distintos instrumentos para reforzar o seu poder:

❚ A unificación territorial. Unificaron o territorio dos seus estados e, nalgúns casos, ampliárono mediante guerras ou alianzas matrimo-niais.

❚ O control dos poderes do Estado. Impuxéronse sobre a alta no-breza; limitaron a autonomía dos municipios, intervindo no nomea-mento dos cargos, e convocaron as Cortes o menos posible.

❚ A mellora da administración. Para conseguila, fixaron a corte nunha cidade, que se converteu na capital do estado; crearon unha buro-cracia de funcionarios profesionais, que executaban as súas ordes; e estableceron impostos ordinarios, que lles proporcionaban ingre-sos regulares sen recorrer ás Cortes.

❚ A creación dun exército permanente. Substituíron as mesnadas ou tropas feudais, que só se reunían en tempos de guerra, por un exército permanente formado basicamente por mercenarios a soldo.

❚ A organización das relacións internacionais. Estableceron relacións diplomáticas con outros países. Esta diplomacia estaba constituída por embaixadores permanentes, encargados de defender os inte-reses da monarquía e de resolver pacificamente os conflitos; e por embaixadores temporais, enviados para concertar alianzas e tra-tados.

O nacemento do Estado moderno4

Adquirir vocabulario

1 Define monarquía autoritaria, diplomacia e embaixa-dor. Utiliza o dicionario en caso necesario.

Comprender a realidade histórica

2 En relación coa Idade Media, que cambios introduci-ron os monarcas autoritarios?

Practicar valores democráticos 3 As ideas de Maquiavelo adóitanse sintetizar nunha fra-

se: «o fin xustifica os medios». Estás de acordo con esta afirmación? Argumenta a túa resposta.

Desenvolver plans persoais 4 Planifica un traballo sobre Luís XI de Francia, e xustifi-

ca por que é considerado un monarca autoritario.

Avanza en competencias

Estados europeos e monarquías autoritarias

Límite do imperio alemán

Europa a �nais do século XV

Posesións dos Habsburgo

Unión polaco-lituana

0 200 400 600 km

Unión de Kalmar

Ord

e Te

utón

ica Pskov

Kanatode

Kazán

Gran Kanato

Kanatode Crimea

Riazán

Brandenburg

Suíza Navarra

Orde deSan Xoán

Posesiónsvenecianas

Posesiónsxenovesas

Savoie

Rep. deXénova

Rep. deVenecia

Milán

Rep. deFlorencia

Nápoles

ChipreEstadosPonti�cios

Valaquia

Moldova

Bohemia

(Vasalos doimperio otomano)

E S PA Ñ A

PORTUGAL

FRANCIA

PRINCIPADODE

MOSCÚ

POLONIA

H U N G R Í A

IRLANDA

GALES

ESCOCIA

DINAMARCA

UNIÓN DE KALMAR

S U E C I A

LAPONIA

NORUEGA

INGLATERRA

I M P E R I O

M U N D O M U S U L M Á N

MUNDOMUSULMÁN

O T O M Á N

SACROIMPERIOROMANO

XERMÁNICO

L I T U A N I A

I. Madeira

I. Azores

I. CanariasCreta

Sardeña

Sicilia

Traballar con mapas

5 Observa o mapa. Despois, cita un exemplo dun reino unificado territorialmente, dun reino dividido en estados, e dun imperio non cristián.

6 A que reinos pertencían as illas Azores, Madeira e Canarias?

A arte de gobernar

Inglaterra Francia España

O florentino Nicolás Maquiavelo (1469-1527) escribiu en 1413 O Príncipe, que pretendía ser un libro de instrucións para gobernantes. Nel sostivo que o fin último do gobernante é obter e manter o poder, e que a «razón de estado» de-bía primar sobre os dereitos ou intere-ses dos individuos.

As monarquías autoritarias implantáronse espe-cialmente en Inglaterra, onde os reis da dinastía Tu-dor, como Henrique VII (1), dominaron a nobreza; en Francia, onde os Valois, como Luís XI (2), re-mataron coa influencia dos duques de Aquitania, Bretaña e Borgoña; e en España, onde Fernando de Aragón e Isabel de Castela (3), tras a unión das dúas coroas, unificaron os territorios peninsu-lares agás Portugal e controlaron os poderes do Estado.

1 2 3

Suxestións•Neste apartado desenvólvense as transformacións políticas

identificadas cunha nova forma de organización do Estado. Neste sentido, aconséllase comparar o poder da monarquía feudal, que quizais haxa que repasar (monarquías hereditarias baseadas nas relacións de vasalaxe), co poder exercido pola monarquía autoritaria. Esta representa unha concentración crecente do poder que continuará nos séculos xvii e xviii.

•A imaxe de Nicolás Maquiavelo pode servir como referente teórico da monarquía autoritaria. Na súa obra O Príncipe, que pretendía ser un libro de instrucións para gobernantes, sostivo a teoría de que a obtención e a retención do poder eran o fin último da monarquía. Maquiavelo afirmou que o pobo debía ser gobernado por un ditador ou un gobernante o máis estrito posible, posto que este é intelixente e sabe o que é mellor para o pobo, mentres que deixar que «a sociedade ignorante se gobernase soa, conduciría á destrución». Como destacado defensor da autoridade dos reis e príncipes sobre os seus territorios, chegou a admitir que estes cometesen accións amorais se eran en beneficio do Estado. O seu pensamento neste sentido resúmese na frase: «o fin xustifica os medios».

Actividades de reforzo 5 Cales son os trazos propios das monarquías autoritarias?

Actividades de ampliación 4 Busca información sobre O Príncipe de Maquiavelo e indica que

características ten que ter un gobernante.

Solucións1 Monarquía autoritaria: forma de goberno na que o rei concentra o

poder e se apoia nunha burocracia de funcionarios, nun sistema de

impostos, nunha diplomacia e un exército permanentes e un sistema económico centralizado. Diplomacia: establecer relacións con outros países a través de negociacións. Embaixador: figura encargada das relacións entre o país que representa e o país co que se quere chegar a unha relación; o embaixador permanente encárgase de defender os intereses da monarquía e de resolver pacificamente os conflitos; o embaixador temporal é o enviado para concertar alianzas e tratados.

2 Os monarcas feudais contaban con amplos poderes, como elaborar leis, impartir xustiza e defender o reino; pero o seu poder tiña certas limitacións, comezando porque eran considerados pola nobreza como «os primeiros entre iguais».

Os monarcas autoritarios foron considerados como unha forma monárquica de transición cara á monarquía absoluta. Esta consideración débese a que, en certo modo, transixiron con certas institucións da época anterior. Aínda así, centralizaron o poder sometendo a todos os seus súbditos á autoridade do rei.

3  O fin xustifica os medios quere dicir que, segundo Maquiavelo, os príncipes, para obter e manterse no poder, deben recorrer á astucia e poden realizar calquera tipo de accións, mesmo as amorais. Non en van, o adxectivo maquiavélico significa astucia e falta de escrúpulos.

4 Preténdese que o alumnado poña en práctica a súa iniciativa persoal, planifique un traballo e busque a información para realizalo. Resposta aberta. Pódense suxerir algunhas web especializadas en biografías e vidas de personaxes históricos: http://www.biografiasyvidas.com/ o http://www.buscabiografias.com/bios

5 Reino unificado territorialmente: España e Inglaterra; Reino dividido en estados: o imperio alemán e os estados italianos; Imperio non cristián: imperio otomán.

6 Illas Azores e Madeira a Portugal; Canarias a España.

Page 8: 1 O inicio da Idade Moderna. Os séculos e · Períodos Mecenas Humanismo Viaxes Academias Imprenta Arquitectura Outros países europeos ... O cambio que se aprecia é que no mapa

31

22

1UNIDADE

23

5.1 O crecemento demográficoDurante os séculos xv e xvi, o crecemento da poboación europea viu-se favorecido pola mellora das colleitas, a desaparición da peste, e unha relativa paz. Non obstante, foi un crecemento lento, debido á elevada taxa de mortalidade causada polas enfermidades infeccio-sas, o atraso da medicina e a falta de hixiene.

O aumento da poboación incrementou a demanda de produtos agrí-colas e artesanais e estimulou o comercio.

5.2 O progreso da economía ❚ As actividades agrarias continuaron sendo maioritarias. No sécu- lo xvi, víronse favorecidas polas boas colleitas e a cavadura de novas terras.

❚ A artesanía evitou o control dos gremios desenvolvendo o sistema de traballo a domicilio. Nel, o empresario proporcionáballe ao cam-pesiñado as materias primas e as ferramentas necesarias para ela-borar o produto na súa casa, e despois recollíao e comercializábao.

❚ O comercio, grazas aos descubrimentos xeográficos, creceu; diver-sificou as súas rutas, e incorporou novos produtos procedentes de América: tabaco, madeiras, café, etc. Ademais, a importancia do co-mercio atlántico favoreceu os portos de Lisboa, Sevilla e o mar do Norte, fronte ao comercio mediterráneo centrado nos portos italianos.

❚ O sistema económico capitalista comezou a desenvolverse. Nos seus inicios foi un capitalismo comercial, é dicir, baseado na acu-mulación de capitais procedentes do comercio. Agora apareceron os primeiros bancos, oficiais (Taula de Canvi de Barcelona, Casa de San Giorgio de Xénova) e privados (Fugger, Médici); aumentou a circulación de moeda; simplificáronse as operacións mercantís e bancarias (cheques, letras de cambio, contabilidade por partida do-bre), e fundáronse as primeiras sociedades comerciais.

5.3 Os cambios sociaisA sociedade estamental perviviu, aínda que o desenvolvemento eco-nómico da época a fixo máis complexa.

❚ A nobreza e o clero aceptaron o aumento do poder do rei, pero continuaron sendo os estamentos privilexiados e mantiveron case intactos o seu poder económico e os seus privilexios.

❚ A burguesía enriqueceuse co comercio transoceánico, os negocios e a banca. Así se impuxo sobre os demais grupos urbanos formados por pequenos artesáns, comerciantes e asalariados.

❚ O campesiñado continuou formando a maioría do estamento non privilexiado. As súas condicións de vida melloraron en Europa Oc-cidental, pois librouse da servidume e traballou nas súas propias terras ou como asalariado dos señores. En Europa Oriental, en cam-bio, acentuouse a súa suxeición á terra.

As transformacións económicas e os cambios sociais5

Adquirir vocabulario

1 Define estes termos: gremio, tra-ballo a domicilio, letra de cambio, capitalismo comercial e sociedade estamental. Busca a información en caso necesario.

Traballar con textos e gráficos

2 Responde utilizando a información do texto e do cadro: a) Cales foron as causas e as consecuencias do crecemento da poboación no sé-culo xvi? b) Que factores limitaban o seu crecemento? c) Cales eran os países europeos máis e menos po-boados?

Avanza en competencias

O comercio transoceánico no século xviPoboación dalgúns países

Traballar con mapas

3 Contesta a partir do mapa: a) Con que territorios co-merciaban os portugueses e os casteláns? b) Con que artigos se comerciaba e de onde procedían?

Traballar con textos e imaxes

4 Elabora a pirámide social da época. Sitúa cada esta-mento no seu lugar correspondente, e explica cal era a súa situación no século xvi.

Ruta do Mediterráneo

O comercio transoceánicono século XVI

Mercaderes musulmánsMercaderes portuguesesMercaderes españois

Escravos

Ouro

Especias

Prata

Mercurio0 1500 3000 4500 km

Círculopolar ártico

Trópicode Cáncer

Ecuador

Trópico deCapricornio

Círculo polarantártico

Círculo polar ártico

Trópico de Cáncer

Ecuador

Trópico deCapricornio

O C É A N O

Í N D I C O

O C É A N O

O C É A N O

PA C Í F I C O

O C É A N O

P A C Í F I C O

AT L Á N T I C O

Galeón de Manila CaboVerde

IllasAzores

Ascensión

Timor

Molucas

SãoTomé

Acapulco

Veracruz A Habana

Sto. Domingo

Cartagenade Indias

Panamá

Lima

Callao

Potosí

Santiago

Río de Xaneiro

San Salvador

Recife

Lisboa

Sevilla

SofalaMozambique

Zanzíbar

Alexandría

Constantinopla

Ormuz

Diu

Goa

Colombo

Manila

Nagasaki

MacauAmoy

Ning-Po

VeneciaAntwerpen (Amberes)

Amsterdam

San Juan de Mina

Países europeos no século xvi

Millóns de habitantes

Austria 2,3

España 8,0Estados italianos 12,5Francia 18,0Illas británicas 4,5Países Baixos 2,5Polonia 4,5Portugal 1,5Rusia 13,0Sacro Imperio 18,0Suecia 2,3

Tras os descubrimentos xeográficos, as rutas polo océano Atlántico substituíron lentamente as do Mediterráneo. A das especias estaba controlada polos portugueses; partía de Malaca, Cantón e a India, bordeaba África e remataba en Lisboa, desde onde se redistribuían a toda Europa. A dos metais, controlada polos casteláns, partía de Perú e México e remataba en Sevilla. Pronto se engadiron outras, como a dos escravos negros africanos, que unía África coas Antillas; e a do Pacífico, que unía México con Filipinas.

A pervivencia da sociedade estamental

A nobreza (1) e o clero constituían os dous estamentos privi-lexiados, que non pagaban impostos. A burguesía (2) enrique-ceuse co comercio, os negocios e a banca. O campesiñado (3)

traballaba a terra e debíalle pagar impostos ao rei, aos donos da terra e á Igrexa, a quen entregaba cada ano o 10 % de toda a súa produción.

1 2 3

SuxestiónsA análise dos cambios económicos e sociais pódese abordar mediante o estudo das ilustracións; a táboa sobre a poboación europea; o mapa do comercio da páxina seguinte, e as imaxes dos estamentos.

Actividades de reforzo 6 Responde ás seguintes preguntas: a ) Que permit iu o

desenvolvemento da actividade agraria no século xvi? b) Como se evitou o control dos gremios na artesanía? c) Por que crece o comercio neste período?

Actividades de ampliación 5 Busca información sobre os primeiros bancos oficiais e privados.

Solucións1 Gremio: artesáns dun mesmo oficio organizados en asociacións

cuxos obxectivos eran controlar a produción para evitar a competencia, regulando o horario, as festas, os prezos e a calidade dos produtos, e protexer aos seus membros, pagando cotas para axudar a enfermos, viúvas e orfos. Traballo a domicilio: cons is t ía na e laborac ión de produtos ar tesanais polo campesiñado na súa casa, utilizando as materias primas e ferramentas proporcionadas por un empresario. Unha vez elaborado o produto, recollíao e comercializaba. As vantaxes deste sistema era: para o campesiñado, obter uns ingresos extras, e para o empresario, librarse do elevado control dos gremios sobre as industrias urbanas. Letra de cambio: documento mercantil polo que unha persoa (librador) ordena a outra (librado) a pagar unha cantidade a favor dun beneficiario ou tomador, dentro dun período de tempo específ ico (vencemento). Capitalismo comercial: sistema baseado na acumulación de capitais procedentes do comercio e que dá paso ao sistema

económico capitalista, coa creación dos primeiros bancos oficiais e privados, o aumento da circulación da moeda, con novos sistemas de operacións mercantís e bancarias, como os cheques, as letras de cambio, etc. Sociedade estamental: estrutura da sociedade establecida por estamentos ou grupos sociais pechados aos que se pertencía por nacemento.

2 a) As causas do crecemento foron a mellora das colleitas, a desaparición da peste e unha relativa paz. A súa consecuencia foi o aumento lento da poboación, que logrou incrementar a demanda de produtos agrícolas e artesanais, así como estimular o comercio. b) A elevada taxa de mortalidade, causada polas enfermidades infecciosas, o atraso da medicina e a falta de hixiene. c) Países máis poboados: Sacro Imperio e Francia. Menos poboados: Portugal, Suecia, Austria e Países Baixos.

3 a) Os portugueses comerciaban con Brasil en América do Sur, coa actual Nixeria, Santo Tomé e Angola, na costa atlántica africana; con Mozambique e Zanzíbar, na África oriental; coa India, Malaisia e China en Asia. Os casteláns facíano con Cuba e Santo Domingo no Caribe, con México, Panamá, Perú e Chile, na costa pacífica de América e con Filipinas en Asia. b) Os portugueses con especias de Asia, ouro e escravos de África. Os casteláns con mercurio, ouro e prata de América, e especias de Asia.

4  Preténdese que o alumnado extraia a información do texto para elaborar a pirámide social. A pirámide tería na cúspide a figura do rei e estaría dividida en dúas partes: a primeira, moi pequena, na parte superior, estaría formada polos estamentos privilexiados: primeiro o clero e logo a nobreza. Na parte inferior, maior, estarían primeiro a burguesía e por debaixo os grupos urbanos e o campesiñado, os que carecían de privilexios.

O rei aumentou o seu poder; a nobreza e o clero mantiveron case intactos o seu poder económico e os seus privilexios; a burguesía impúxose sobre os demais grupos urbanos; o campesiñado mellorou as súas condicións de vida en Europa Occidental pero mantivo a servidume en Europa Oriental.

Page 9: 1 O inicio da Idade Moderna. Os séculos e · Períodos Mecenas Humanismo Viaxes Academias Imprenta Arquitectura Outros países europeos ... O cambio que se aprecia é que no mapa

32

24

1UNIDADE

25

No século xvi iniciouse e estendeu por Europa a Reforma protestante.Con ela rompía a unidade relixiosa de Europa Occidental arredor da Igrexa católica. Esta, como reacción, iniciou un proceso de renova-ción espiritual coñecido como Contrarreforma.

6.1 As causas da Reforma ❚ O desprestixio do papado e do clero. A Igrexa católica romana era moi poderosa en Europa. Non obstante, en opinión de moita xente, os papas ocupábanse sobre todo dos seus intereses terreais; os bis-pos vivían de forma luxosa e non residían nas súas dioceses; o baixo clero carecía de preparación, non predicaba e non daba exemplo de moralidade; e moitas ordes relixiosas non seguían a regra.

❚ Os abusos da Igrexa. Entre eles encontrábanse o nepotismo, ou fa-voritismo do alto clero polos seus familiares para ocupar os cargos eclesiásticos; o nicolaísmo, ou amancebamento de moitos clérigos; e a simonía, ou venda de cargos eclesiásticos. O Papa, os bispos e os cardeais vendían tamén o perdón dos pecados a quen comprase un documento de indulxencia.

6.2 As reformas e os reformadores

■A reforma luteranaO movemento renovador iniciouse en Alemaña, onde o monxe agosti-ño Martin Luther (Lutero) rexeitou a venda de indulxencias ordenada polo papa León X co fin de pagar as obras do Vaticano. En 1517, ex-puxo 95 teses contra elas e contra certos aspectos da doutrina católi-ca. Como resposta, o papa condenou e excomungou a Lutero, en 1521.

A doutrina luterana baséase na xustificación pola fe e a libre inter-pretación da Biblia. Ademais, Lutero rexeitou a infalibilidade do papa, aceptou dous únicos sacramentos (o Bautismo e a Eucaristía), supri-miu o culto á Virxe e aos santos, e simplificou a liturxia . A doutrina difundiuse rapidamente por algúns estados alemáns e polo centro e o norte de Europa.

■A reforma calvinistaA doutrina calvinista foi predicada por Jean Calvin (Calvino) desde 1536 en Xenebra (Suíza). Baséase na crenza na predestinación, se-gundo a cal, as persoas están destinadas por Deus a salvarse ou a condenarse á marxe das súas accións. A súa doutrina tivo grande éxito entre a burguesía dos Países Baixos, Suíza, Escocia, Francia e Inglaterra. Nestes dous últimos países, os calvinistas foron chamados hugonotes e puritanos, respectivamente.

■A reforma anglicanaA doutrina anglicana xurdiu en Inglaterra, onde o rei Henrique VIII rexeitou a obediencia ao papa por negarse a concederlle o divorcio da súa esposa, Catalina de Aragón. Despois, en 1534, proclamouse cabeza da Igrexa de Inglaterra. Nun principio, esta doutrina foi moi similar á católica, e só con posterioridade adquiriu trazos propios.

6.3 A Contrarreforma católicaPara frear a expansión da Reforma protestante, a Igrexa católica em-prendeu a súa propia reforma, coñecida como Contrarreforma. Os seus principais instrumentos foron dous:

❚ O Concilio de Trento (1545-1563). Convocado polo papa Paulo III, definiu a doutrina católica e difundiuna mediante catecismos: as boas obras son necesarias para salvarse; só a Igrexa pode interpre-tar a Biblia; o papa é infalible; os sacramentos son sete; os santos e a Virxe reciben culto, etc. Tamén se ditaron normas para frear o desprestixio do clero, como a obriga dos bispos de residir nas súas dioceses; e impulsouse a creación de seminarios para formar os sa-cerdotes, entre outras medidas.

❚ A Compañía de Xesús. Fundada por Ignacio de Loyola en 1540, foi un importante apoio da Contrarreforma. Os seus membros facían un voto especial de obediencia ao papa, tiñan unha sólida forma-ción teolóxica e dedicáronse á predicación e á educación.

Os cambios e os conflitos relixiosos. A reforma e a Contrarreforma6

Traballar con mapas

4 Observa o mapa e contesta: a) En que zonas predominaron o lutera-nismo, o calvinismo e o anglicanis-mo? b) Onde se mantivo o catoli-cismo?

Manexar información temporal

1 Confecciona un eixe cronolóxico cos acontecementos máis signifi-cativos da Reforma e a Contrarre-forma.

Organizar información

2 Compara nun cadro coma este as doutrinas reformistas.

Autor da reforma

Doutrina reformista

Extensión xeográfica

Participar na aprendizaxe

3 Infórmate sobre algunha guerra de relixión acontecida no sécu-lo xvi. Escribe cales foron as súas causas; quen se enfrontaron; e como rematou.

Avanza en competencias

1. Martin Luther (Lutero) (1483-1546).

2. Jean Calvin (Calvino) (1509-1564).

3. Paulo III (1534-1549).

4. Ignacio de Loyola (1491-1556).

A división relixiosa da cristiandade

O novo mapa relixioso de Europa Guerra entre católicos e hugonotes

Reformadores Contrarreformistas

A partir da Reforma, a cristiandade dividiuse en tres grandes ramas: a católica ou romana, a ortodoxa ou oriental, e a protestante.

Dentro desta última hai, á súa vez, distintas confesións, como os luteranos, os anglica-nos e os calvinistas.

1 2

34

As guerras de relixión

Entre 1524 e 1697, as diferenzas relixiosas provocaron varios conflitos en Europa co-ñecidos como «guerras de relixión». No século xvi, as máis destacadas foron, en Francia, a guerra entre católicos e hugo-notes (1562-1598); no imperio alemán, a guerra dos campesiños (1524-1525) e a de Esmalcalda (1546-1547); e no Países Baixos, a guerra dos Oitenta Anos (1568-1648).

OCÉANO

ATLÁNTICO

Mar Negro

Mardo

NorteMar

Báltico

Mar Adriático

MarMediterráneo

OrdeTeutónica

ProvinciasUnidas

Nápoles

Estadosda

Igrexa

E S P A Ñ A

PO

RTU

GA

L

F R A N C I A

R U S I A

P O L O N I A

SUÍZA

IRLANDA

ESCOCIA

DINAMARCA

S U E C I A

INGLATERRA

I M P E R I O

O T O M Á N

I M P E R I O

A L E M Á N

Londres

París

Venecia

Trento

FlorenciaXénova

Xenebra(Genève) Milán

KievVarsovia

Viena

Moscova

Lisboa Madrid

Dublín

Edinburg

Oslo

Kobenhavn(Copenhague)

Wittenberg

Stokholm(Estocolmo)

Roma

Constantinopla

Católicos Límite do imperio alemán

Católicos

Centros de difusión da Reforma:

Protestantes

0 200 400 600 km

Luteranos

Calvinistas

Anglicanos

Puritanos

Hugonotes

Ortodoxos

Musulmáns

Europa despoisda Reforma

Suxestións• Para comezar o estudo deste apartado habería que recordar ao alumnado

o Cisma de Oriente (1054), protagonizado por Miguel Cerulario, patriarca de Constantinopla, e León IX, papa de Roma, polo que a relixión cristiá se dividiu en católica e ortodoxa. O obxectivo é que os alumnos e as alumnas entendan que, neste momento histórico, se vai producir un novo cisma relixioso en Europa Occidental, polo que o profesorado deberá insistir nas causas que provocaron a devandita división, que deu lugar á ruptura da unidade católica coa aparición de novas doutrinas relixiosas co luteranismo, o calvinismo e o anglicanismo.

• O termo «intolerancia relixiosa» será clave para que o alumnado entenda as diferenzas relixiosas que coa Reforma levarán a sanguentos enfrontamentos armados nalgúns países e entre distintos estados europeos. Pódese traballar o concepto reforzando o valor da tolerancia, a partir de ideas que expresen o respecto cara ás opinións dos demais.

• Sería conveniente comentar o novo mapa relixioso en Europa, e observar a división relixiosa que se produce no continente tras a Reforma protestante. Esta levouse a cabo a principios do século xvi como resultado do desprestixio e dos vicios que padecía a Igrexa católica. Para analizar o mapa habería que ter en conta que as principais correntes reformistas foron o luteranismo, que se estendeu polo norte do imperio alemán, Dinamarca, Suecia, Noruega, e as costas do Báltico; o calvinismo, que se difundiu por Suíza e os Países Baixos do norte; e o anglicanismo, que se estendeu por Inglaterra e o nordés de Irlanda. Como consecuencia, o alumnado deberá ser capaz de observar como rompeu a unidade católica de Europa.

Actividades de reforzo 7 Define estes conceptos: nepotismo, nicolaísmo, simonía,

excomuñón, indulxencia, predestinación e hugonote.

8 Responde: por que convocou a Igrexa o Concilio de Trento? Que consecuencias tivo?

Actividades de ampliación 6 Busca información sobre a vida de Martín Lutero, Juan Calvino,

Paulo III e Ignacio de Loyola.

Solucións1 O eixe cronolóxico debe marcar as seguintes datas: 1517. Martín

Lutero expón as súas 95 teses; 1521. Excomuñón de Lutero polo papa León X. 1536. Juan Calvino expón a doutrina calvinista. 1534. Enrique VIII proclámase cabeza da igrexa de Inglaterra. 1540. Ignacio de Loyola funda a Compañía de Xesús. 1545-1563. Concilio de Trento.

2  Suxerimos esta actividade como evidencia para o portfolio do alumnado (estándar de aprendizaxe avaliable 31.2).

Autor da reforma Doutrina reformista Extensión xeográfica

Martín Lutero Reforma luteranaEstados alemáns, centro e norte de Europa

Juan Calvino Reforma calvinista

Países Baixos, Suíza, Escocia, Francia (hugonotes) e Inglaterra (puritanos)

Enrique VIII Reforma anglicanaInglaterra e nordés de Irlanda

3 Resposta aberta.

4 a) O luteranismo estendeuse polo norte do imperio alemán, Dinamarca, Suecia, Noruega, e as costas do Báltico; o calvinismo difundiuse por Suíza e os Países Baixos do norte; e o anglicanismo estendeuse por Inglaterra e o nordés de Irlanda. b) O catolicismo mantívose en Portugal, España, Francia, Irlanda do Sur, Estados italianos, Polonia e o sur do imperio alemán.

Page 10: 1 O inicio da Idade Moderna. Os séculos e · Períodos Mecenas Humanismo Viaxes Academias Imprenta Arquitectura Outros países europeos ... O cambio que se aprecia é que no mapa

33

26

1UNIDADE

27

7.1 Os trazos do humanismoNo século xv xurdiu en Italia o humanismo, un mo-vemento intelectual que supuxo un cambio de men-talidade respecto á época medieval. Os seus trazos básicos foron dous:

❚ A antigüidade clásica tomouse como modelo. Por iso, as obras filosóficas, literarias, científicas e ar-tísticas gregas e romanas estudáronse, difundíron-se e serviron de inspiración.

❚ O ser humano ocupou o centro do mundo. Fronte á época medieval na que o centro da vida era Deus (teocentrismo), os humanistas ou intelectuais exal-taron valores humanos como a liberdade e a ra-zón (antropocentrismo). Tamén defenderon os va-lores do mundo clásico, o individualismo, a busca de honras terreais, o éxito, a fama, o prestixio e o poder.

7.2 As correntes humanistasO humanismo foi un movemento complexo que im-pregnou todos os ámbitos da vida. Por iso, no seu seo pódense distinguir varias correntes:

❚ Literaria e filosófica. Dedicouse a traducir e co-mentar escritos clásicos, utilizando os textos orixi-nais. Nela, destacaron os italianos Pico della Miran-dola e Nicolás Maquiavelo.

❚ Relixiosa. Pretendeu conxugar a admiración polos pensadores antigos coa mensaxe do evanxeo. Esti-vo representada polo holandés Erasmo de Rotter-dam e o inglés Thomas More (Moro).

❚ Científica. Intentou explicar os fenómenos da na-tureza usando a razón, a observación e a experi-mentación. As súas figuras principais foron Nicolás Copérnico, que formulou a teoría heliocéntrica; e os médicos Paracelso e Vesalio que renovaron a medicina.

7.3 A extensión do humanismoAs ideas humanistas difundíronse por toda Europa entre os séculos xv e xvi. A iso contribuíron as viaxes realizadas polos humanistas, que permitiron o inter-cambio de ideas entre os intelectuais de distintos países; a fundación de academias, onde se difundiu a cultura clásica; e a invención da imprenta, que mul-tiplicou e abaratou a produción de libros.

O humanismo. A nova visión do ser humano7

Adquirir vocabulario

1 Busca a etimoloxía das palabras heliocentrismo e xeocentrismo. Relaciónaas coas ideas que defende cada teoría.

Organizar información

2 Copia e completa este cadro no teu caderno:

Corrente humanista

Característicasda corrente

Representantes principais

Avanza en competencias

Os avances científicos A difusión do humanismo en Europa

Astronomía

Medicina

Niklas Koppernigk (Copérnico) (1473-1543) foi o primeiro en formular a teoría heliocéntrica, segundo a cal o Sol se encon-tra no centro do universo e a Terra xira arredor del. Esta teoría contradicía a vixente na súa época, o xeocentrismo de Ptolo-meo, que afirmaba que a Terra era o centro do universo.

1. Paracelso (1493-1541), alquimista e médico suízo, é conside-rado o primeiro médico moderno grazas aos seus estudos sobre diversas enfermidades e a forma de curalas.

2. Andries van Wesel (Vesalio) (1514-1564) é considerado o pai da anatomía moderna, pois baseou os seus estudos anató-micos na observación directa.

1 2

Principais escolashumanistas

1480

Centros de impresión

Centros de impresión demáis de 1300 exemplares

Difusión da imprenta

Data da chegadada imprenta

0 200 400 600 km

Sevilla 1477

Zaragoza 1473Salamanca

1480

Valencia1474

Barcelona1475

Xénova 1516

Venecia 1469

Roma1470

Nápoles 1470

Subiaco 1464

Milán 1471

Londres1499

París 1470

Tours1496

Frankfurt 1462

Augsburg1475

Nürnberg 1470

a Moscova1560

Maguncia1455

Oxford

Strasbourg(Estrasburgo)

1470

Florencia 1471Ferrara

Mantova Verona 1471

Deventer1471

Colonia1464

Leuven1472

HUNGRÍA1473

DINAMARCA1493

PORTUGAL1489

SUECIA1483

AISLANDIA

1531

BOHEMIA1476 MORAVIA

1500

Principais escolas humanistas e difusión da imprenta

Unha imprenta de tipos móbiles

A Academia Platónica, fundada por Cos-me de Médici en 1459 na cidade de Flo-rencia, foi o principal centro humanista de Italia. Esta academia serviu de mo-delo para o resto de Italia e para outros países de Europa.

A imprenta é un medio de reprodución mecánica e en serie de textos. Foi idea-da cara a 1448 por Gutenberg, un ourive alemán que perfeccionou as antigas téc-nicas chinesas de impresión ao utilizar unha prensa móbil de metal para cada letra, que así podía volver utilizarse. Gra-zas á imprenta, incrementouse a produ-ción de libros, o papel substituíu ao per-gameo, e os contidos adaptáronse aos gustos dos crecentes lectores.

2

1

2

6

4

5

3

1. Manuscritos para copiar e reproducir.

2. Composición da páxina con tipos móbiles.

3. Recóbrese a prancha com-posta con tinta.

4. Prémese a prancha sobre a folla de papel cunha prensa de parafuso.

5. Déixase secar o papel impri-mido.

6. Ordénanse as follas de pa-pel para encadernalas.

Traballar con mapas

3 En que cidades estaban as principais escolas humanis-tas? Desde que centro se difundiu a imprenta?

Traballar con imaxes

4 Utilizando a información da imaxe, describe os pasos que se seguían para imprimir un libro.

Xúpiter

Firmamento

Saturno

PlanetaTraxectoria dos astros

Marte

Venus

Mercurio

Sol

TerraLúa

SuxestiónsO alumnado debe ser capaz de definir con claridade o termo Humanismo, entendido como un movemento intelectual caracterizado polo redescubrimento da Antigüidade clásica grega e latina e pola importancia concedida ao ser humano, como persoa libre e racional.

Pode ser interesante relacionar os distintos acontecementos, figuras e científicos nunha liña do tempo. Esta pode encontrarse xa realizada na dirección http://www.biografica.info/linea-de-tiempo.php

Os humanistas esforzáronse por resucitar o mundo antigo como eruditos e historiadores. Para eles, polo tanto, a Antigüidade foi un medio para alcanzar unha vida distinta á vida da Idade Media, á que consideraban unha «época escura». O Humanismo, non obstante, foi moi diverso. Aínda así, os humanistas máis coñecidos foron o italiano Lorenzo Valla, o holandés Erasmo de Rotterdam e o inglés Tomás Moro.

Actividades de reforzo

9 Quen inventou a imprenta, en que ano e cal foi a súa importancia?

10 Cita as causas que favoreceron a rápida difusión do Humanismo en Europa.

Actividades de ampliación

7 Busca información sobre o primeiro libro impreso por Gutenberg e a importancia desa obra no momento histórico estudado.

8 Redacta unha breve biografía sobre Nicolás Copérnico.

Solucións

1 A palabra heliocentrismo está composta das palabras gregas helios (sol) e kentron (centro). O heliocentrismo é unha teoría formulada

por Nicolás Copérnico (1475-1543), segundo a cal o Sol se encontra no centro do universo e a Terra xira en torno a el. A palabra xeocentrismo está formada polas palabras gregas xeo (Terra) e kentron (centro). O xeocentrismo é unha teoría segundo a cal a Terra era o centro do universo e o Sol e os demais planetas xiraban en torno a ela.

2  Suxerimos esta actividade como evidencia para o portfolio do alumno (estándar de aprendizaxe avaliable 31.2). Cadro:

Corrente humanista

Características de a corrente

Representantes principales

Literaria e filosófica

Traducir e comentar escritos clásicos, utilizando os textos orixinais

Pico della MIrandola e Nicolás Maquiavelo

Relixiosa

Conxugar a admiración polos pensadores antigos coa mensaxe do evanxeo

Erasmo de Rotterdam e Tomás Moro

Científica

Explicar os fenómenos da natureza usando a razón, a observación e a experimentación

Nicolás Copérnico, Paracelso e Andrés Vesalio

3 As principais escolas humanistas localizábanse en Oxford, Londres, Deventer, París, Estrasburgo, Verona, Mantua, Venecia, Ferrara, Florencia e Roma. O principal centro de difusión da imprenta foi Maguncia (Alemaña).

4  Resposta aberta. As tarefas consistían na montaxe dos tipos de metal para compoñer a páxina: cada tipo era unha letra móbil coa que se formaban as palabras dun texto; o tinguido dos tipos de metal; a impresión das follas utilizando unha prensa que as premía sobre a prancha de metal tinguida; a corrección das follas impresas; e a ordenación da follas para encadernar o libro.

Page 11: 1 O inicio da Idade Moderna. Os séculos e · Períodos Mecenas Humanismo Viaxes Academias Imprenta Arquitectura Outros países europeos ... O cambio que se aprecia é que no mapa

34

28

1UNIDADE

29

Eixe vertical

Rectángulo

Cilindro

Cúpula semiesférica

O Renacemento foi o estilo artístico que aplicou as ideas humanistas ao campo da arte. Xurdiu en Italia no século xv (Quattrocento), e estendeuse polo res-to de Europa no século xvi (Cinquecento).

8.1 As características do Renacemento ❚ O modelo artístico foi a Antigüidade clásica. Por iso, os artistas baseáronse nos materiais e formas dos autores gregos e romanos.

❚ A arte inspirouse na natureza, e intentou repre-sentar fielmente a realidade. Para iso, recorreu ás veces a métodos matemáticos, como os módulos para calcular as proporcións; e a perspectiva lineal

para representar a profundidade.

❚ Recuperouse o antropocentrismo. Os edificios fixéronse a escala humana, e o ser humano foi o protagonista de esculturas e pinturas nas que se buscou a beleza ideal, a serenidade e o equilibrio.

❚ Os artistas melloraron a súa consideración social. Moitos destacaron en varias disciplinas, asinaron as súas obras, e foron apoiados por ricos mecenas , como os Médici en Florencia e os papas en Roma.

8.2 A arquitectura e as súas etapasOs arquitectos inspiráronse nos modelos clásicos; empregaron a pedra como material; e utilizaron as ordes gregas e romanas, os arcos semicirculares, e as cubertas planas ou abovedadas. Os edificios máis destacados foron as igrexas, con planta de cruz la-tina ou centralizada; e os palacios, con varios pisos horizontais e portas e ventás rematadas en frontóns.

❚ No século xv, o berce do novo estilo foi a cidade de Florencia. Nesta cidade, Filippo Brunelleschi inaugurou o Renacemento coa cúpula da catedral de Florencia. Despois, creou os modelos de igrexa e palacio renacentistas (igrexa de San Lourenzo e palacio Pitti). Tamén destacou León B. Alberti, au-tor da fachada da igrexa de Santa María Novella e do palacio Rucellai.

❚ No século xvi, o centro da arquitectura italiana trasladouse a Roma, onde os papas impulsaron un gran número de construcións. Destacan San Pietro in Montorio e a basílica de San Pedro do Vaticano, deseñada por Bramante e continuada por outros arquitectos, entre eles Michelangelo Buonarrotti (Miguel Anxo).

O Renacemento en Italia (I). A arquitectura8

Traballar con imaxes

4 Por que pasaron á historia da arquitectura e a arte os edificios das ilus-tracións? En caso necesario, busca información complementaria sobre eles en Internet.

Módulos e perspectiva lineal

Coñecer a arte

1 Recorda a definición destes termos arquitectónicos: soporte, ordes clásicas, arco de medio punto, fron-tón, cuberta plana, cuberta abovedada, cúpula, plan-ta de cruz grega, planta centralizada.

2 Busca exemplos dos termos anteriores nas imaxes desta epígrafe ou no Dicionario de termos artísticos do final do libro.

Valorar achegas culturais

3 A busca da beleza ideal e da harmonía das propor-cións foi unha constante nos artistas do Renacemen-to. Infórmate sobre ambos os dous conceptos.

Avanza en competencias

Punto de fugaEspectador

Punto de fuga

A arte renacentis-ta deulle novamente importancia á figu-ra humana e ás súas proporcións. O canon ideal das proporcións volverá ser o módu-lo das 8 cabezas, e a altura ideal total será igual á lonxitude dos brazos estendidos.

Esta última foi reco-llida por Leonardo da Vinci no seu Home de Vitruvio.

A perspectiva lineal é un método para lo-grar a sensación de profundidade. Con-siste nunha serie de liñas que converxen nun punto (o punto de fuga) situado no lími-te do campo visual do espectador (1). Este tipo de perspectiva aplicouse en pintura e en moitos edificios. Así, na igrexa de San Lourenzo construída por Brunelleschi en Florencia, todas as liñas converxen nun único punto: o altar (2).

Edificios significativos. Igrexas e pazos

O Quattrocento. Florencia

O Cinquecento. San Pietro in Montorio. Roma

Nervios

LanternaCornixa

Tambor

Cúpula exterior

A. Cúpula da catedral de Florencia, de Brunelleschi, construída entre 1420 e 1426. O arquitecto superou o reto de cubrir un enorme espazo de 41,7 m. Para iso, ideou un sistema de dobre cú-pula, unha interior semicircular e outra exterior apuntada, ligadas, por elemen-tos de unión que se contrarrestaban entre si.

B. Palacio Rucellai, de Alberti. Construíu-se entre entre 1446 e 1455, e segue o modelo de palacio renacentista: pisos horizontais nos que o resalte dos per-piaños decrece cara a arriba; ventás en-marcadas por pilastras dóricas, xónicas e corintias; e gran cornixa. O interior dispoñíase arredor dun patio.A B

Este templete está construído dentro dun patio sobre o lugar onde se supoñía que fora crucificado San Pedro. Bramante proxectou un edificio de planta central sobre unha escalinata; e un pórtico rematado por unha balaustrada, que rodea o espazo central coroado por unha cúpula.

Os módulos matemáticos

A perspectiva linealPilastras

Balaustrada

Pórtico

Friso

Escalinata

Cúpula

Tambor con pilastras e vans

1

2

Suxestións• O estudo do Renacemento debe ser entendido polos estudantes como a

aplicación das ideas humanistas ao campo da arte; en consecuencia, os artistas inspiráronse nas obras da Antigüidade clásica e a arte recuperou o antropocentrismo. Desde esta análise insistirase nas características que definen ao Renacemento: Antigüidade clásica, natureza, antropocentrismo e a consideración social do artista neste período.

Actividades de reforzo 11 Responde a estas preguntas: a) quen foron os mecenas? b) Que é a

perspectiva lineal?

12 Cita os autores das seguintes obras arquitectónicas: a) Cúpula da catedral de Santa María das Flores. b) Pazo Rucellai. c) San Pietro in Montorio. d) Basílica de San Pedro do Vaticano.

Actividades de ampliación 9 Alberti elaborou un modelo de fachada de gran repercusión na

igrexa de Santa María Novella, en Florencia. Localiza este monumento, analiza o que ves e realiza un comentario artístico.

Solucións1  Preténdese que o alumnado exprese os conceptos con

precisión. Soporte: calquera elemento que sustenta outro; ordes clásicas: conxunto formado pola columna e o cornixamento disposto segundo módulos e canons do mundo grecorromano; arco de medio punto: elemento sustentante semicircular que reparte as cargas lateralmente; frontón: remate triangular dunha fachada, pórtico, ventá, etc.; cuberta plana: sistema de peche horizontal da parte superior dunha construción; cuberta abovedada: sistema de peche entre muros cunha bóveda ou prolongación de arcos lonxitudinalmente; cúpula: peche semiesférico dun espazo cadrado; planta de cruz grega: debuxo arquitectónico dunha obra representada

en sección horizontal con forma de cruz de brazos iguais; planta centralizada: aquela que parte dunha forma xeométrica pechada, o círculo ou o cadrado.

2  Resposta aberta.

3 Beleza ideal: o Renacemento ten un canon de beleza semellante ao do mundo clásico, que se basea sobre todo na harmonía e na proporción. Harmonía das proporcións: a harmonía é a conveniente proporción e correspondencia dunhas cousas con outras, integrando un todo conxunto; a proporción é a relación ordenada; así que a harmonía das proporcións é a medida que gardan as partes entre si e co todo.

4 A cúpula da catedral de Florencia é a primeira obra arquitectónica do Renacemento. Cando Brunelleschi gañou o concurso para construíla, a cúpula chegaba xa ata o tambor de arranque. Ao mestre florentino cabe a honra de resolver o problema construtivo derivado das súas enormes dimensións. Para resolvelo, realizou un deseño octogonal de dobre casca; é dicir, dúas cúpulas superpostas, inspirándose no Panteón de Agripa. Comezada en 1420 e rematada en 1436, pesa 36500 toneladas, e construíuse utilizando máquinas elevadoras e grúas deseñadas polo propio Brunelleschi.

O pazo Rucellai foi realizado entre 1446 e 1451 segundo o proxecto de León Batista Alberti. É un edificio renacentista típico pola sobriedade e harmonía das proporcións, converténdose no punto de referencia para a arquitectura civil deste período; nel inspiráronse, entre outros, Michelozzo e Rossellino.

O templete de San Pietro in Montorio, obra de Bramante, conmemora o lugar en que san Pedro sufriu o martirio e é un expoñente da busca da harmonía e a orde clásica do Renacemento do Cinquecento.

Page 12: 1 O inicio da Idade Moderna. Os séculos e · Períodos Mecenas Humanismo Viaxes Academias Imprenta Arquitectura Outros países europeos ... O cambio que se aprecia é que no mapa

35

30

1UNIDADE

31

Por influencia clásica, os escultores e pintores inte-resáronse polo corpo humano nu, a beleza ideal, e as composicións simétricas e equilibradas. Os seus temas preferidos foron os relixiosos, os mitolóxicos e os retratos.

9.1 Os escultores e os pintores do QuattrocentoOs escultores do século xv máis destacados foron Ghiberti, polos relevos que decoran as Portas do Pa-raíso, no baptisterio da catedral de Florencia; e Do-natello, por esculturas como David, San Xurxo, e o Condotiero Gattamelata, a primeira estatua ecuestre que se facía en Italia desde época romana.

Os pintores máis prestixiosos do período foron Ma-saccio, moi interesado pola perspectiva en obras como a Trindade e O pagamento do tributo; e Boti-celli, autor de obras mitolóxicas cheas de movemen-to, como A Primavera e o Nacemento de Venus.

9.2 Os escultores e os pintores do CinquecentoO escultor por excelencia do século xvi foi Michelan-gelo Buonarrotti (Miguel Anxo), que realizou obras en mármore de gran forza e perfección anatómica. Entre elas, David, Moisés, varias piedades e as tum-bas dos Médici.

Os pintores do século xvi foron considerados polos seus contemporáneos como os grandes mestres:

❚ Leonado da Vinci (1452-1519) realizou poucas obras, pero de gran calidade. A súa grande achega foi a técnica do sfumatto , aplicada en obras como A Sagrada Cea, a Gioconda e a Virxe das Rochas.

❚ Michelangelo Buonarrotti (Miguel Anxo) (1475-1564), como pintor mostrou grande interese polo nu, o movemento, a variedade de posicións, o de-buxo e a representación do volume. A súa principal obra é o conxunto de frescos que decoran a Cape-la Sixtina, no Vaticano: o teito, con escenas do An-tigo Testamento; e o muro frontal, co Xuízo Final.

❚ Raffaello Sanzio (Rafael) (1483-1520) alcanzou unha gran perfección no debuxo, na cor e nas com-posicións. As súas principais obras son a Escola de Atenas, situada nunha das estancia vaticanas que decorou ao fresco; numerosos retratos, e cadros de Virxes co Neno.

O Renacemento en Italia (II). A escultura e a pintura9

Coñecer a arte

3 Infórmate e contesta: que achegaron Leonar-do, Miguel Anxo e Ra-fael á historia da arte universal?

O Quattrocento

Organizar información

1 Completa no teu caderno este cadro resumo:

Períodoartístico Artistas Obras

significativasCuattrocento

Cinquecento

Analizar estilos e obras

2 Elixe unha escultura e unha pintura e coméntaas: nome e autor, cronoloxía, estilo artístico, material ou soporte, tema e características.

Avanza en competencias

O Cinquecento. Os grandes mestres

Leonardo da Vinci

Michelangelo Buonarrotti (Miguel Anxo). Escultor e pintor

Raffaello Sanzio (Rafael)

A escultura de Miguel Anxo é de fi-guras grandiosas e monumentais. O David (1), é un perfecto estudo ana-tómico de paixón e forza contida. A Piedade do Vaticano (2) sorpren-de pola xuventude da Virxe e a súa composición triangular. O Moisés (3), que formaba parte do sepulcro do papa Xulio II, destaca polo seu mo-vemento e mirada «terrible».

1 2 3

A pintura de Miguel Anxo ca-racterízase pola importancia do debuxo e o movemento. Na bóveda da Capela Sixtina plas-mou, sobre unha arquitectura finxida, nove historias da Xéne-se flanqueadas por nenos nus, profetas e sibilas.

Aparecen representados:

1. Creación do Sol.

2. Separación da Terra e as augas.

3. Creación de Adán.

4. Creación de Eva.

5. A expulsión do Paraíso.

6. O sacrificio de Noé.

7. O diluvio.

A Escola de Atenas.

A Sagrada Cea. Leonardo lo-gra a sensación de profun-didade combinando a pres-pectiva lineal co sfumatto ou esvaído do contorno das figu-ras.

1 2 3 4 5 6 7

Os escultores e pintores do Renacemento buscaron a beleza ideal, que consideraron resultado da harmonía e da propor-ción. Para iso, volveron ao concepto clásico de canon, que es-tablecía as proporcións da figura humana a través dun módulo ou unidade de medida.

Ghiberti

Masaccio

O pagamento do tributo.

Detalle das Portas do Paraíso: Isaac con Esaú e Jacob.

Suxestións• Para achegar o alumnado á escultura e pintura renacentista debería de

comezarse o estudo cunha visión xeral das características destas artes plásticas: material (mármore e bronce), representación (corpo humano nu e beleza ideal), técnicas (varios planos e composicións simétricas) e temáticas (relixiosa, mitolóxica e os retratos). Para iso, pódese utilizar o Dicionario visual de termos artísticos.

• Posteriormente, e marcando cronoloxicamente o estudo polos dous períodos artísticos do Renacemento, visualizarase a obra de Ghiberti e Donatello, en escultura, e Masaccio e Boticelli, na pintura do Quattrocento proxectando outras obras destes artistas ademais de explicar as que aparecen no texto: Ghiberti (Portas do Paraíso completas); Donatello (David, San Jorge e o Condotiero Gattamelata); Masaccio (A Trindade) e Boticelli (A Primavera e o Nacemento de Venus).

O Cinquecento escultórico céntrase na figura de Miguel Anxo Buonarroti, polo que habería que comentar a súa vida e obra neste apartado.

•O estudo da pintura do século xvi faise a través dos grandes mestres: Leonardo da Vinci, Miguel Anxo e Rafael. As súas obras representan un dos conxuntos de maior valor artístico de toda a historia. Algunhas delas son obras mestras da arte universal, e a súa influencia chega ata os nosos días, provocando a admiración dos que as contemplan. Para explicar ao alumnado as súas achegas o mellor é comentar as obras expostas na dobre páxina.

Actividades de reforzo 13 Cales son as características xerais da escultura durante o

Renacemento?

14 Cita os autores das obras seguintes: a) Portas do Paraíso do baptisterio de Florencia. b) Moisés. c) Estatua ecuestre do Condotiero Gattamelata. d) Frescos da Capela Sixtina. e) A Gioconda. f) A Sagrada Cea. g) A Escola de Atenas. h) O Nacemento de Venus.

Actividades de ampliación 10 Busca as imaxes do David de Miguel Anxo e o de Donatello, e

compara ambas as dúas obras.

Solucións1  Suxerimos esta actividade como evidencia para o portfolio

do alumno (estándar de aprendizaxe avaliable 32.1).

Período artístico Artistas Obras significativas

Quattrocento

Ghiberti (escultor) Portas do Paraíso, baptisterio da catedral de Florencia

Donatello (escultor) David, San Jorge e o Condotiero Gattamelata

Masaccio (pintor) Trindade e O pagamento do tributo

Boticelli (pintor) A Primavera e O Nacemento de Venus

Cinquecento

Miguel Anxo (escultor)

David, Moisés, Piedade. Tumbas dos Médicis

Leonardo da Vinci (pintor)

A Sagrada Cea, A Gioconda e a Virxe das Rochas

Miguel Anxo (pintor) Frescos da Capela Sixtina (Vaticano)

Rafael (pintor) A escola de Atenas, Virxes co Neno

2 Resposta aberta.

Leonardo da Vinci, Miguel Anxo e Rafael son considerados como os grandes mestres da pintura italiana do Renacemento. As súas obras representan un dos conxuntos de maior valor artístico de toda a historia. Algunhas delas son obras mestras da arte universal, e a súa influencia chega ata os nosos días, provocando a admiración dos que as contemplan. A grande achega de Leonardo foi a técnica do sfumatto ou esvaído do contorno das figuras. A pintura de Miguel Anxo caracterízase pola importancia do debuxo e o movemento a través do nu, a variedade de posicións e a representación do volume. Rafael alcanzou unha gran perfección no debuxo, na cor e nas composicións.

Page 13: 1 O inicio da Idade Moderna. Os séculos e · Períodos Mecenas Humanismo Viaxes Academias Imprenta Arquitectura Outros países europeos ... O cambio que se aprecia é que no mapa

36

32

1UNIDADE

33

50 m

10.1 A escola flamengaNos Países Baixos, a manifestación artística máis significativa da época foi a pintura. Desenvolveu-se principalmente nas cidades de Gante e Brugge, onde existía unha poderosa burguesía enriquecida que encargou numerosas obras de arte para decorar as súas casas.

A escola flamenga, cuxos pintores se coñecen como «primitivos flamengos», tivo trazos propios. Os prin-cipais foron a introdución da técnica do óleo, que consiste en disolver as cores en aceite de liñaza. Con iso, os cadros adquiren un colorido brillante e unha gran luminosidade, é posible realizar transparencias, e as pinturas gañan en detallismo.

Os irmáns Van Eyck foron os iniciadores da escola, co políptico da Adoración do Cordeiro Místico. Un deles, Jan Van Eyck realizou tamén excelentes retra-tos, como O matrimonio Arnolfini.

Outros pintores destacados da escola foron Roger Van der Weyden, que introduciu a expresión dos sentimentos en obras como o Descendemento e Cristo crucificado coa Virxe e San Xoán; e O Bosco, que criticou e caricaturizou a sociedade da súa épo-ca a través de imaxes e seres fantásticos, como no Xardín das Delicias e As tentacións de Santo Antonio Abade.

10.2 O Renacemento en Alemaña e en FranciaA arte do Renacemento italiano estendeuse por Eu-ropa durante o século xvi. Moitos reis e nobres cha-maron ás súas cortes a artistas italianos ou compra-ron obras de arte italianas que serviron de modelo aos artistas. Ademais, algúns artistas europeos acu-diron a Italia para formarse e, á súa volta, introduci-ron o novo estilo nos seus países.

❚ En Alemaña, a figura máis importante foi o pintor Albrecht Dürer (Durero), que tamén foi un gran de-buxante e gravador. As súas obras máis destacadas son os seus propios autorretratos e Adán e Eva.

❚ En Francia, o Renacemento impúxose durante o reinado de Francisco I, que construíu numerosos castelos-palacio ao longo do val do Loira, como o de Chambord.

O Renacemento fóra de Italia10 Os primitivos flamengos Alemaña. Albrecht Dürer (Durero)

Francia. O castelo de Chambord

A técnica do óleo permitiu realizar cadros de gran colorido, luminosidade e detallismo. Moitos deles representan a rica bur-guesía da rexión que encargaba as obras.

O matrimonio Arnolfini (detalle).

As tentacións de Santo Antonio Abade.

A Piedade.

Analizar estilos e obras

1 Observa as imaxes de pintura flamenga. Despois, contesta: a) En que trazos se aprecia a nova técnica do óleo? b) Que información achegan estes cadros sobre a sociedade da súa época?

Analizar obras de arte

2 Que trazos da mentalidade e da arte renacentistas se aprecian nas obras de Durero?

3 Busca unha representación medieval de Adán e Eva e compáraa coa obra de Durero. Que diferenzas aprecias?

Avanza en competencias

Frontón

TorreEntrada

Lanterna decorativa

Lanterna decorativa

Foso

Jan Van Eyck

O Bosco

Roger Van der Weyden

A B

A. Autorretrato. Durero autorretratouse co-mo un elegante xentilhome da nobreza. Con iso, pretendía exaltar a figura do ar-tista situándoo por enriba da considera-ción de simple artesán que tivo durante a época medieval.

B. Adán e Eva. Durero mostrou interese por pintar o corpo nu, inspirándose en escul-turas clásicas que coñeceu nas súas via-xes a Italia. Adán e Eva mostran a beleza ideal e están pintados sobre fondo escu-ro, para que toda a atención se centre no corpo. Eva suxeita a rama da maceira na que se encontra enrolada a serpe, e Adán sostén o froito prohibido.

Planta do castelo

Vista do castelo

Torre da homenaxe

Chemineas esculpidas

Torre da homenaxe

Galería

EntradaTorre

Suxestións•Antes de comezar este apartado, sería conveniente explicar, con

definicións, algúns termos pouco coñecidos polos estudantes. Por exemplo: pintura ao óleo, autorretrato, políptico, caricaturizar. A pintura ao óleo é unha técnica pictórica que consiste en disolver as cores en aceite de liñaza. Un autorretrato é un retrato de si mesmo realizado polo propio artista. Un políptico é unha composición pictórica composta por máis de tres táboas. Caricaturizar consiste en esaxerar ou deformar as características de algo con intención satírica ou burlesca.

• O Renacemento nos Países Baixos exemplifícase na pintura dos chamados «primitivos flamencos», cuxo éxito se debe, en parte, á introdución dunha novidade técnica: o óleo. O descubrimento desta técnica atribúese tradicionalmente aos irmáns Van Eyck, aínda que a verdade é que se coñecía desde antigo. O que fixeron os irmáns van Eyck e os demais pintores flamencos foi perfeccionar a técnica, fabricando unha substancia a base de aceites de liñaza e noces e engadindo un secativo co que se lograba un rápido secado do aceite e unha gran fluidez. Aconséllase proxectar ao alumnado a táboa central do Políptico da Adoración do Cordeiro Místico xa que reflicte moi ben os carácteres da escola dos primitivos flamencos e as vantaxes da técnica ao óleo perfeccionada polos irmáns Van Eyck. O colorido, a minuciosidade dos detalles, o realismo das figuras e a sensación de volume son as súas notas dominantes, aos que se une unha coidada distribución dos personaxes no espazo.

Hai que destacar tamén a figura de Roger Van der Weyden, comentando a obra exposta no libro e destacando a representación dos sentimentos e o seu detallismo. O Bosco foi un pintor visionario cuxa obra adoitan apreciar os estudantes. Non obstante, a súa complexidade debe levar a unha explicación.

•O Renacemento alemán está exemplificado na figura de Alberto Durero, pintor, debuxante, gravador e teórico da arte. Na seguinte web (O poder da palabra): http://www.epdlp.com/pintor.php?id=237 pode encontrarse unha biografía deste autor e un repertorio de imaxes das súas obras máis significativas.

• Finalmente, o Renacemento francés orixinou edificios singulares como o castelo de Chambord. Nel mestúranse as formas tradicionais medievais coas estruturas renacentistas italianas. Ten forma de cuadrilátero, de cuxas murallas destacan seis grandes torres.

Actividades de reforzo 15 Cita os autores das seguintes obras:

a) O Descendemento.

b) Adán e Eva.

c) Políptico da Adoración do Cordeiro Místico.

d) O Xardín das Delicias.

e) O matrimonio Arnolfini.

16 Por que se caracterizan os cadros d’O Bosco?

Actividades de ampliación 11 Busca información sobre Alberto Durero e redacta a súa biografía.

Solucións1 a) No colorido brillante, a gran luminosidade, as transparencias, e a

minuciosidade e detallismo.

b) Retratan unha poderosa burguesía enriquecida que foi a que encargou as obras de arte para decorar as súas casas.

2  Exáltase a figura do artista situándoo por enriba da consideración medieval de simple artesán.

3  Resposta aberta. Trátase de que o alumnado capte a visión do corpo nu ao xeito clásico, tal e como se facía nas esculturas gregas e romanas, mostrando a beleza ideal que destaca sobre un fondo escuro, chamando así a atención do espectador. Por oposición na Idade Media, Adán e Eva adoitábanse representar sobre fondos amarelos ou brancos, cun simple toque lineal en composicións simples e sinxelas.

Page 14: 1 O inicio da Idade Moderna. Os séculos e · Períodos Mecenas Humanismo Viaxes Academias Imprenta Arquitectura Outros países europeos ... O cambio que se aprecia é que no mapa

37

Como comentar un eixe cronolóxico•Indicar o tempo representado, sinalando as uni-

dades utilizadas para medilo (milenios, séculos, anos, etc.) e os períodos ou etapas en que se divide, se existen.

•Delimitar o espazo xeográfico ao que se refire: o mundo, un continente, un ou varios países, etc.

•Describir os períodos e subperíodos. Debe fa-cerse de forma ordenada, de máis antigos a máis modernos, indicando en cada caso a cronoloxía que comprenden e as súas principais datas e acontecementos.

•Comentar o eixe. Para iso hai que explicar os da-tos que contén, utilizando os coñecementos que se posúen sobre o período representado.

Comentamos un eixe cronolóxicoApliquémoslle a destreza ao eixe cronolóxico (B).

•O tempo, un período total de 90 anos, exprésase en décadas ou períodos de 10 anos. No conxun-to temporal diferéncianse tres etapas: os descu-brimentos portugueses, as expedicións castelás e a conquista de América.

•O espazo xeográfico non está indicado expresa-mente. Pero a análise dos feitos históricos repre-sentados deixa claro que se limita aos continen-tes africano e americano.

•Os períodos están encabezados polos seus co-rrespondentes títulos: descubrimentos portu-gueses (1460-1500); expedicións castelás (1480-1522) e conquista de América (1520-1540). Os dous primeiros son, en parte, simultáneos no tempo. O eixe iníciase coa toma de Constanti-nopla polos turcos (1453), e conclúe co inicio da extracción de prata nas minas de México e Poto-sí. No medio destácanse outros feitos históricos transcendentais: descubrimento de América e do océano Pacífico, Tratado de Tordesillas, pri-meira volta ao mundo, etc.

•O comentario levaríanos a explicar o inicio da Idade Moderna, e estaría centrado nos descu-brimentos xeográficos e as súas consecuencias políticas, económicas e sociais.

aprenderemprender

1 Seguindo os pasos explicados, comenta: a) o eixe cronolóxico da epígrafe 1; b) o eixe cro-nolóxico que confeccionaches na tarefa 1 da epígrafe 6.

2 Busca, neste libro ou en Internet, exemplos de eixes cronolóxicos compostos. En que se diferencian?

3 Actualmente existen app que permiten fa-cer liñas do tempo interactivas, como Dipity, Tiemtoast, SimileTimeline, Rememble ou Timerime. Descarga unha desas app, e fai unha liña do tempo interactiva sobre a túa historia persoal. Pode incluír imaxes, vídeos, textos, etc.

Pon en práctica

35

Técnicas

O tempo e o espazo en historiaComo xa sabes, a historia ocúpase da descrición, análise e explicación dos feitos que aconteceron no pasado. Os feitos históricos son aqueles que se con-sideran relevantes para a comprensión do pasado; e caracterízanse porque todos ocorreron nunha época e un espazo concretos.

O tempo e o espazo son dous conceptos fundamen-tais para os historiadores.

•O tempo permite establecer a sucesión dos acon-tecementos (o que ocorreu antes e despois); a si-multaneidade (o que sucedeu ao mesmo tempo en dous espazos), e a súa duración curta, media ou longa (segundo sexan puntuais ou duren décadas e séculos, respectivamente).

•O espazo é o lugar onde sucederon os feitos histó-ricos. Permite diferenciar varias escalas de análise: mundial, continental, nacional e local.

A comprensión do tempoPara facer comprensible o tempo, os historiadores utilizan a cronoloxía e os eixes cronolóxicos.

•A cronoloxía permite situar os feitos históricos no tempo. Inclúe datas, como séculos e anos; e pe-riodizacións, como idades, períodos e épocas.

•Os eixes cronolóxicos utilízanse para ordenar os feitos históricos, de forma gráfica, nunha secuencia temporal. Consisten nunha liña ou rectángulo gra-duado sobre o que se sitúan os acontecementos e a súa cronoloxía. Os eixes adoitan ser horizontais (A) ou verticais (B), e simples ou compostos.

O estudo do tempo permítelles aos historiadores coñecer mellor unha sociedade. Iso implica com-prender os seus cambios, ou procesos de transfor-mación; as súas continuidades, ou aquilo que per-manece no tempo; e as súas relacións temporais, ou conexións de causa-consecuencia que se establecen entre dous ou máis fenómenos históricos.

Traballar co tempo histórico

34

1540 Inicio da extracción de pratadas minas de México e Potosí

FranciscoPizarroconquistao imperio inca

Hernán Cortésconquistao imperio

aztecaVascoNúñezde Balboadescobreo océanoPací�co

Vasco de Gama chega á India.Terceiro viaxe de Colón a América

Tratado de Tordesillas

Segunda viaxe de Colóna América

Cristóbal Colónchega a América

Bartolomé Díazdobra o cabo deBoa Esperanza

Os portugueses cheganao golfo de Guinea

Toma de Constantinoplapolos turcos

Magalhães e Elcanodan a primeira volta

ao mundo

DE

SC

UB

RIM

EN

TO

S P

OR

TU

GU

ES

ES

(14

60

-15

00

)

EX

PE

DIC

IÓN

S C

AS

TE

S

(14

80

-15

22

)

CO

NQ

UIS

TA D

E A

RIC

A(1

519

-154

0)

1535

1450

1453

1460

1492

1487

1493

1494

1498

1513

151915211522

B

Que son feitos históricos?Os acontecementos hu-manos deben ter unhas características concretas para ser considerados como históricos:- Ser relevantes social-

mente; é dicir, ter provo-cado un cambio progre-sivo ou unha ruptura co pasado.

- Estar incluídos nun con-texto político, económi-co, social e cultural.

- Estar afastados do presente; polo menos, o sufi-ciente como para poder ser explicados con certa obxectividade.

EspazoTem

po

Suxeito

Feito histórico

17891492476 d.C.

IDADE ANTIGA IDADE MEDIA IDADEMODERNA

IDADECONTEM-PORÁNEA

Ata aactualidade

Descubrimentode América

Caída doimperio romano

de Occidente

RevoluciónFrancesa

Aparicióndos primeiroshomínidos

4,4 millónsde anos a.C.

Invenciónda escritura

3250 a.C.

H I S T O R I AP R E H I S T O R I A

A

Técnicas. Traballar co tempo histórico•O tempo histórico é a columna vertebral da historia. Pedagogos, como

Piaget, defenden que os estudantes en Secundaria teñen desenvolvida a capacidade de abstracción e comprensión matemática do tempo. Deste xeito, o alumnado está preparado para aprender que a historia é unha construción gradual e para iniciar a aprendizaxe do tempo histórico que se basea na cronoloxía, a sucesión causal e na continuidade temporal. Para a aprendizaxe deste concepto, un dos recursos didácticos máis útiles é a elaboración e o comentario de eixes cronolóxicos.

• Este recurso didáctico debería usarse polo profesorado, dun xeito sistemático, ao longo da aprendizaxe da historia, se ben, para ser útiles, os eixes deben realizarse a escala e o alumnado deber redactar coas súas propias palabras un comentario.

Emprender - aprender. Solucións1 a) O eixe cronolóxico sobre «O inicio da Idade Moderna» representa en

anos os acontecementos máis importantes producidos no mundo entre 1453, coa toma de Constantinopla polos turcos, e 1563, co Concilio de Trento; é dicir, un período de 110 anos. No conxunto temporal diferéncianse tres períodos: o reinado dos Reis Católicos (1469-1518), a primeira volta ao mundo (1519-1522) e o Concilio de Trento (1545-1563). Os acontecementos sinalados fan referencia tanto ao continente europeo coma ao americano. Os períodos mencionados inclúen, entre eles, outros momentos históricos referidos a aspectos artísticos, relixiosos e científicos, así tras datar o inicio da Idade Moderna coa caída de Constantinopla (1453), faise referencia ao goberno dos Reis Católicos durante o cal, en Florencia (Italia) León Batista Alberti finaliza a fachada da igrexa renacentista de Santa María Novella (1470); en 1479 asínase o Tratado de Alcaçovas entre España e Portugal polo que Portugal cedía a Castela a conquista de Canarias e esta aceptaba que Portugal explorase a costa africana, ao sur do cabo Bojador; saliéntase a data en que Colón chega a América, en 1492, e dous anos máis tarde

se asina o Tratado de Tordesillas, polo que a partir dun imaxinario meridiano, trazado a 370 leguas ao oeste das illas de Cabo Verde, Castela tomaba posesión das terras situadas ao oeste desta liña e as situadas ao leste, para Portugal; finalizando este período coas 95 teses promulgadas por Lutero contra as indulxencias, xurdindo así a Reforma protestante. Outros momentos importantes son: 1534 coa aparición da reforma anglicana ao proclamarse Enrique VIII cabeza da igrexa de Inglaterra; 1540, coa fundación da Compañía de Xesús por Ignacio de Loyola; 1541 data na que Miguel Anxo decora a Capela Sixtina; e 1543 coa formulación da teoría heliocéntrica por Copérnico.

b) Esta liña do tempo mostra os acontecementos máis importantes da Reforma e a Contrarreforma, é dicir, os conflitos relixiosos producidos en Europa durante o século xvi, iniciándose en 1517, coas 95 teses promulgados por Lutero e rematando en 1540 coa fundación da Compañía de Xesús por Ignacio de Loyola, é dicir, un período de 23 anos. No conxunto destacan as tres reformas protestantes: luterana (1517), calvinista (1536), anglicana (1534) e a fundación da Compañía de Xesús (1540). O último período de tempo, a Contrarreforma relixiosa da Igrexa católica co Concilio de Trento, enmárcase nun intervalo cronolóxico: 1545-1563. Como conclusións do comentario, o alumnado deberá destacar a ruptura da unidade relixiosa de Europa Occidental durante a primeira metade do século xvi e o inicio dun proceso de renovación iniciado pola Igrexa católica coa Contrarreforma.

2 Resposta aberta. (En Internet, buscar en imaxes en Google: «eixe cronolóxico composto»).

3 Nesta tarefa o alumnado enfrontarase con liñas do tempo interactivas e terá que realizar unha da súa historia persoal, potenciando así a creatividade. Resposta aberta. No seguinte blog (educacontic: o uso das TIC nas aulas) o profesorado pode ver unha comparativa das distintas liñas do tempo online que existe, as súas vantaxes e inconvenientes: http://www.educacontic.es/blog/lineas-do-tempo-se-pero-cal-elixir

Page 15: 1 O inicio da Idade Moderna. Os séculos e · Períodos Mecenas Humanismo Viaxes Academias Imprenta Arquitectura Outros países europeos ... O cambio que se aprecia é que no mapa

38

Comproba as túas competenciasComproba a túa aprendizaxe

37

1  Ordena no tempo, de máis antigo a máis mo-derno, estes acontecementos citados no texto:

a) Memorando sobre reformas monetarias; b) Co-mezo dunha carreira de humanidades; c) Douto-ramento en astronomía; d) Tradución das cartas de Theophylactus; e) Estudo de medicina; f) Estu-do do dereito canónico; g) Doutoramento en as-tronomía; h) Publicación da súa obra mestra.

2 Nicolás Copérnico considérase un humanista. Ex-plica por que, citando na túa argumentación fra-ses do texto e trazos básicos deste movemento cultural.

3 No texto afírmase que Copérnico «se confesou grande admirador» doutro astrónomo. De cal? En que século publicou ese autor a súa obra e como se chamaba a mesma? Cantos séculos separaron a vida e a obra de ambos os dous astrónomos?

4 Pasado, presente e futuro están sempre relaciona-dos. Se foses contemporáneo de Copérnico, onde situarías os outros personaxes históricos citados no texto? Para resolvelo, copia no teu caderno e completa este cadro:

Pasado Presente Futuro

Niklas Koppernigk (Copérnico) naceu o 19 de febreiro de 1473 na cidade de Thorn. En 1491 ingresou na Universidade de Cracovia, onde comezou a estudar a carreira de humanidades, e pouco tempo des-pois trasladouse a Italia para cursar dereito, astronomía e medicina.

Así, en 1497 empezou dereito canónico na Universidade de Bologna; en 1500 doutorouse en astronomía en Roma, e en 1501 obtivo permiso para estudar medicina en Padua (a universidade onde deu clases Galileo, case un século despois).

Durante estes anos traduciu do grego ao latín as cartas de Theophylactus (1509); estudou finanzas, e en 1522 escribiu un memorando sobre reformas monetarias.

Foi un grande estudoso dos autores clásicos e con-fesouse grande admirador de Ptolomeo, cuxo Alma-gesto estudou concienciudamente. Despois de moitos anos finalizou o seu gran traballo sobre a teoría helio-céntrica.

Rapidamente xurdiron os seus detractores: os primei-ros Martin Luther (Lutero) e Jean Calvin (Calvino), que aduciron causas bíblicas; e en 1616, a Igrexa católi-ca colocou o traballo na súa lista de libros prohibidos.

A obra de Copérnico, non obstante, serviu de base para elaborar o actual calendario gregoriano; e para que, máis tarde, Galileo, Brahe e Kepler puxesen os cimentos da astronomía moderna.

http://es.wikipedia.org (modificado).

A mirada dun humanista

36

1 Explica, en poucas palabras, o que representa o seguinte gráfico conceptual:

2 Xustifica o porqué destes feitos históricos:

a) A toma de Constantinopla polos turcos tivo na súa época unha grande importancia.

b) Colón creu que chegara a Cipango.

c) Castela e Portugal realizaron tratados de repar-tición das terras por descubrir e das descuber-tas.

d) Os territorios españois en América denomi-náronse Indias Occidentais.

3 De cada personaxe, explica: a) A súa relación cos descubrimentos xeográficos. b) Por que pasou á historia.

4 Que relación existe entre estes conceptos?

a) Monarquía autoritaria e Estado moderno; b)Mesnadas e exército permanente; c) Comercio e capitalismo comercial; d) Nepotismo, nicolaísmo e simonía; e) Artistas e mecenas.

5  Escribe no teu caderno, nun cadro coma este, dúas bases de cada doutrina:

Doutrina luterana Doutrina calvinista

6 O tema da Piedade foi un tema recorrente na his-toria da arte. Xurdiu a finais do gótico; no Rena-cemento, Miguel Anxo fixo ata catro versións di-ferentes, entre elas a de San Pedro do Vaticano; e cultivouse no Barroco, o estilo artístico caracterís-tico do século xvii.

Analiza as imaxes inferiores, e contesta:

a) A que período artístico pertence cada unha?

b) Que diferenzas observas entre ambas as dúas piedades?

c) Que características da escultura renacentista aprecias na B?

ANTROPOCENTRISMO

HUMANISMO

FIN DAS GUERRAS MEDIEVAIS

ARTE DO RENACEMENTO

REDESCUBRIMENTO DA ANTIGÜIDADE

DESENVOLVEMENTO COMERCIAL

DESCUBRIMENTOS XEOGRÁFICOS

MONARQUÍAS AUTORITARIAS

MENTALIDADE ABERTA

Fernando de Magalhães

Vasco da Gama

Vasco Núñez de Balboa

Pietà (Vesperbild) Cara a 1400

Pedra calcaria

38,1 x 39,1 x 14 cm

Metropolitam Museum of Art (Nova York).

Piedade do Vaticano (1498-1499)

Mármore. 174 x 195 cm

Basílica de San Pedro do Vaticano (Roma).

A

B

1. A obra mestra de Co-pérnico, titulada De revolutionibus orbium coelestium, publicouse en 1543.

2. A teoría xeocéntrica, exposta por Ptolo-meo no século ii na súa obra Sintexis ma-tematica, ou Almages-to –nome procedente da denomicación ára-be al-Magesti, o máis Grande–, era a teo-ría imperante na súa época. Segundo ela, a Terra era o centro do universo.

1

2

Xúpiter

Firmamento

Saturno

Marte

Venus

MercurioTerra

Lúa

PlanetaTraxectoriados astros

Sol

Comproba a túa aprendizaxe. Solucións1 O gráfico conceptual fai referencia aos cambios acaecidos desde

mediados do século xv e durante o século xvi en Europa e que afectaron todos os ámbitos da vida: cos descubrimentos xeográficos en África, América e Asia ampliouse o mundo coñecido polos europeos; a substitución dos reinos feudais polo Estado moderno coas monarquías autoritarias; a nova mentalidade, o humanismo, que substitúe a cultura medieval con conceptos como antropocentrismo; o redescubrimento da Antigüidade e a aparición dun novo estilo artístico: a arte do Renacemento que substitúe aquela por unha mentalidade máis aberta; a expansión do comercio transatlántico e o coñecemento de novos produtos co desenvolvemento comercial, así como o fin das guerras medievais.

2 a) Por esa ocupación incrementouse a ameaza musulmá sobre a cristiandade occidental e abríronse novos camiños ao comercio, ao pecharse a vía tradicional que discorría a través de Asia.

b) Colón estaba convencido da redondez da Terra e que podería chegar, internándose no Atlántico, á India navegando polo oeste; o que descoñecía era a existencia dun continente no medio (América).

c) Ambos os dous países levaban viaxes de exploración por América, África e Asia; co fin de resolver a rivalidade asinaron varios tratados (Alcaçovas en 1479 e Tordesillas en 1494).

d) Cando Colón volveu do Novo Mundo cría ter chegado ás Indias (a Insulindia que se correspondía co sur e sueste de Asia) recibindo entón os novos territorios esta denominación, e pasando a chamarse os seus habitantes, indios.

3 Fernando de Magallanes, xunto con Juan Sebastián Elcano, deron a primeira volta ao mundo, demostrando que a Terra era redonda. Foi iniciada por Magallanes e completada por Elcano. Vasco de Gama foi o primeiro navegante portugués que alcanzou a India, bordeando África,

en 1498. Vasco Núñez de Balboa, en 1513 cruzou o istmo de Panamá e descubriu o mar do Sur, chamado posteriormente océano Pacífico.

4 a) Ambas as dúas substitúen os reinos feudais. b) O exército permanente substituirá as tropas feudais ou

mesnadas. c) A través do comercio coas colonias desenvólvese o capitalismo

comercial. d) Todos eles son formas de abuso utilizadas pola Igrexa e foron

causas da Reforma relixiosa. e) Os mecenas eran ricos burgueses que apoiaron e melloraron a vida dos artistas do Renacemento.

5  Suxerimos esta actividade como evidencia para o portfolio do alumnado (estándar de aprendizaxe avaliable 31.2).

Doutrina luterana Doutrina calvinista

Xustificación pola fe

Libre interpretación da Biblia

Infalibilidade do papa

Dous sacramentos: Bautismo e Eucaristía

Supresión do culto á Virxe e aos santos

Liturxia máis simple

Predestinación

As persoas están destinadas por Deus a salvarse ou a condenarse, á marxe das súas accións

A vida é relixión

A graza soberana

Cinco puntos do calvinismo

6 a) Pietá (Vesperblid): Quattrocento; Piedade do Vaticano: Cinquecento.

b) A primeira é máis ríxida e arcaica, a segunda móstrase máis natural e clásica.

c) Naturalismo, tratamento das formas, estudo da anatomía, forza e paixón.

Page 16: 1 O inicio da Idade Moderna. Os séculos e · Períodos Mecenas Humanismo Viaxes Academias Imprenta Arquitectura Outros países europeos ... O cambio que se aprecia é que no mapa

Comproba a túas competencias. Solucións1  Preténdese que o alumnado traballe con secuencias

cronolóxicas b), e), f), c), d), a) e g).

2 Ademais de «estudar a carreira de humanidades», cos seus estudos abrangueu case todas as correntes deste movemento: co «dereito canónico» a relixiosa, ao doutorarse en «astronomía»; a científica, que ampliou cos seus estudos en medicina, e ao traducir «do grego ao latín as cartas de Tehophylactus» a literaria e filosófica, que tamén

ampliou ao ser un «grande estudoso dos autores clásicos e admirador de Ptolomeo».

3 Ptolomeo.

No século ii publicou A teoría xeocéntrica. Por 13 séculos.

4 Pasado Presente Futuro

Ptolomeo

Theophylactus

Lutero

Calvino

Galileo

Brahe

Kepler

39

Anotacións