1. definición de rocha. clasificación - edu.xunta.gal · definición de rocha. ... non todas as...

14
XEOLOXÍA 2ºBAC BLOQUE 4: AS ROCHAS 1 1. Definición de rocha. Clasificación Unha rocha é un material composto por un ou varios minerais e que se produce pola acción de diferentes procesos xeolóxicos. As rochas están sometidas a modificacións que dependen dos cambios de presión, temperatura, axentes xeolóxicos externos e os seres vivos. Este conxunto de modificacións poden esquematizarse no ciclo das rochas ou ciclo litolóxico que veremos máis adiante. As rochas están constituídas por mesturas heteroxéneas de varios minerais, inda que algunhas están formadas tan só por un mineral. Non todas as rochas son compactas e cohesionadas, tamén as gravas, areas, arxilas e o petróleo, por exemplo, son consideradas rochas. O criterio de clasificación máis habitual é atendendo ao mecanismo de formación, e así distinguimos rochas ígneas ou magmáticas, sedimentarias e metamórficas. Dentro de cada un destes grupos soen clasificarse en función da súa composición mineralóxica. As rochas ígneas ou magmáticas fórmanse pola solidificación dun magma. Podemos consideralas como as rochas primarias, a partir das que se forman as demais. Son as máis abundantes na Terra. Distinguimos: Plutónicas ou intrusivas: Se a solidificación se produce no interior da Terra. Volcánicas ou extrusivas: Se a solidificación se produce no exterior ou cerca da superficie da Terra. As rochas sedimentarias fórmanse a partir dos sedimentos producidos polos axentes xeolóxicos externos (meteorización, erosión, transporte e sedimentación). Ditos sedimentos, acumulados en cuncas de sedimentación, sofren un proceso de diaxénese (compactación e cohesión, principalmente) e transfórmanse en rochas. Tamén se consideran rochas sedimentarias as formadas por seres vivos como os arrecifes de coral, o carbón e o petróleo. As rochas sedimentarias son as que presentan fósiles. As rochas metamórficas poden formarse a partir de calquera outro tipo de rochas que sufra unha modificación de presión e/ou temperatura (sen chegar á fusión total). A clasificación destas rochas é complicada e pode facerse atendendo a criterios de composición (que será a da rocha orixe) e/ou do tipo de metamorfismo sufrido. 2. Ciclo das rochas O ciclo das rochas serve para ilustrar os procesos básicos que forman as rochas e como unhas rochas poden trasnformarse noutras dependendo dos factores que as afecten. Os números da imaxe son: 1: Enfriamento do magma. 2: Meteorización, Erosión, Transporte, Sedimentación e Diaxénese 3: Fusión. 4: Aumento de Presión e/ou Temperatura. O magma fórmase no interior da Terra xa que é alí onde se alcanzan as temperaturas necesarias para fundir as rochas. Este magma solidificará se cambian as condicións físicas nas que se formou, por exemplo, se ascende e baixa a súa temperatura. Calquera tipo de rocha pode sufrir a acción dos axentes externos e formar sedimentos que ao compactarse darán lugar a rochas sedimentarias, incluídas as propias rochas sedimentarias. Así mesmo, calquera tipo de rochas transformarase en (ou noutras) rochas metamórficas se sofren cambios na presión e/ou na temperatura. Se a

Upload: vumien

Post on 20-Sep-2018

231 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 1. Definición de rocha. Clasificación - edu.xunta.gal · Definición de rocha. ... Non todas as rochas son compactas e cohesionadas, tamén as gravas, areas, arxilas e o petróleo,

XEOLOXÍA 2ºBAC BLOQUE 4: AS ROCHAS 1

1. Definición de rocha. Clasificación

Unha rocha é un material composto por un ou varios minerais e que se produce pola acción de diferentesprocesos xeolóxicos.

As rochas están sometidas a modificacións que dependen dos cambios de presión, temperatura, axentesxeolóxicos externos e os seres vivos. Este conxunto de modificacións poden esquematizarse no ciclo das rochas ouciclo litolóxico que veremos máis adiante.

As rochas están constituídas por mesturas heteroxéneas de varios minerais, inda que algunhas estánformadas tan só por un mineral. Non todas as rochas son compactas e cohesionadas, tamén as gravas, areas, arxilase o petróleo, por exemplo, son consideradas rochas.

O criterio de clasificación máis habitual é atendendo ao mecanismo de formación, e así distinguimos rochasígneas ou magmáticas, sedimentarias e metamórficas. Dentro de cada un destes grupos soen clasificarse en funciónda súa composición mineralóxica.

As rochas ígneas ou magmáticas fórmanse pola solidificación dun magma. Podemos consideralas como asrochas primarias, a partir das que se forman as demais. Son as máis abundantes na Terra. Distinguimos:

• Plutónicas ou intrusivas: Se a solidificación se produce no interior da Terra.

• Volcánicas ou extrusivas: Se a solidificación se produce no exterior ou cerca da superficie da Terra.

As rochas sedimentarias fórmanse a partir dos sedimentos producidos polos axentes xeolóxicos externos(meteorización, erosión, transporte e sedimentación). Ditos sedimentos, acumulados en cuncas de sedimentación,sofren un proceso de diaxénese (compactación e cohesión, principalmente) e transfórmanse en rochas. Tamén seconsideran rochas sedimentarias as formadas por seres vivos como os arrecifes de coral, o carbón e o petróleo. Asrochas sedimentarias son as que presentan fósiles.

As rochas metamórficas poden formarse a partir de calquera outro tipo de rochas que sufra unhamodificación de presión e/ou temperatura (sen chegar á fusión total). A clasificación destas rochas é complicada epode facerse atendendo a criterios de composición (que será a da rocha orixe) e/ou do tipo de metamorfismosufrido.

2. Ciclo das rochas

O ciclo das rochas serve para ilustrar osprocesos básicos que forman as rochas e comounhas rochas poden trasnformarse noutrasdependendo dos factores que as afecten.

Os números da imaxe son:1: Enfriamento do magma.2: Meteorización, Erosión, Transporte,Sedimentación e Diaxénese3: Fusión.4: Aumento de Presión e/ou Temperatura.

O magma fórmase no interior da Terraxa que é alí onde se alcanzan as temperaturasnecesarias para fundir as rochas. Este magmasolidificará se cambian as condicións físicas nasque se formou, por exemplo, se ascende e baixa asúa temperatura. Calquera tipo de rocha podesufrir a acción dos axentes externos e formarsedimentos que ao compactarse darán lugar arochas sedimentarias, incluídas as propias rochassedimentarias. Así mesmo, calquera tipo derochas transformarase en (ou noutras) rochas metamórficas se sofren cambios na presión e/ou na temperatura. Se a

Page 2: 1. Definición de rocha. Clasificación - edu.xunta.gal · Definición de rocha. ... Non todas as rochas son compactas e cohesionadas, tamén as gravas, areas, arxilas e o petróleo,

XEOLOXÍA 2ºBAC BLOQUE 4: AS ROCHAS 2

temperatura segue aumentando, a rocha volve fundirse transformándose en magma de novo. Todos estes procesos dependen da tectónica de placas e da auga existente na Terra. As grandes presións

nas zonas de subdución, os movementos de convección no manto que achega rochas do interior á superficie, aelevación dos continentes que favorece a erosión, procesos todos eles en relación á Tectónica, e a enerxía solar, sonos que producen o ciclo das rochas. A auga participa en diversas medidas no ciclo: como axente externo, comotransportador de ións e facilitando a fusión das rochas.

3. Rochas ígneas ou magmáticas

As rochas magmáticas son as que se forman pola solidificación dun magma a causa do enfriamento domesmo. Forman o 95% das rochas da Terra. As rochas magmáticas poden clasificarse en:

• Rochas plutónicas ou intrusivas: A solidificación do magma ten lugar no interior da Terra. Deste modo, oenfriamento prodúcese de forma lenta, o que permite que todos os minerais cristalicen e sexan, en xeral,visibles a simple vista. Estas rochas soen ter unha textura que en xeral podemos chamar holocristalina oufanerítica ou de gran groso. [A textura describe o aspecto xeral dunha rocha en función do tamaño, forma eordenamento dos cristais que a compoñen].

• Rochas volcánicas ou extrusivas: A solificación do magma ten lugar na superficie ou próxima a ella. Oarrefriamento é rápido polo que os cristais son normalmente pequenos ou non se forman. As texturas sonvariables dependendo do grao de cristalización e soen ser: textura vítrea (sen cristais), textura afanítica oude gran fino (cristais moi pequenos, non visibles a simple vista), textura hemicristalina ou microlítica(cristais en media dunha masa vítrea ou amorfa) e textura porfídica (grandes cristais entre unha masa decristais máis pequenos).

• Rochas filonianas: Poden considerarse como un tipo de rochas ígneas que cristalizan a pequenasprofundidades e moi frecuentemente en espazos reducidos (gretas ou fracturas), formando diques e filóns.Poden ter características intermedias entre as intrusivas e extrusivas. As texturas típicas destas rochas sona textura porfídica e a pegmatítica (todos os cristais son grandes).

Dentro de cada grupo, soen clasificarse en función da súa composición química. Estas rochas estánformadas fundamentalmente por silicatos.

3.1. Conceptos e propiedades dos magmas. Evolución e diferenciación magmática

Un magma é un volume de rocha fundida, formada principalmente por silicatos a unha temperatura de entre650º e 1300ºC, localizado case sempre nunha cámara magmática. É unha solución que contén materia en estadosólido (minerais sen fundir e fragmentos da rocha encaixante da cámara), líquido (os minerais fundidos) e gasoso(os gases que se liberan coa fusión, por exemplo o vapor de auga e o CO 2). Os magmas soen formarse ata unhaprofundidade duns 250 km. En zonas máis profundas, a pesar da maior temperatura, a alta presión impide a fusión.

Dentro da cámara magmática, a presión soe ser alta a causa dos gases polo que se o magma atopa unhasaída da cámara tenderá a moverse cara ela, chegando incluso á superficie.

Os diferentes tipos de rochas ígneas derivan dos mesmos tipos de magmas diferenciándose segundo o lugarde solidificación (ver apartados seguintes).

Cando o magma sae á superficie, chámase lava e ao arrefriar forma as rochas volcánicas.A velocidade de enfriamento dependerá da cantidade de magma e da profundidade á que se atope, sendo

máis rápida canto máis cerca da superficie.Os magmas máis ricos en sílice (cuarzo) funden a menor temperatura que os máis pobres nel.

A composición do magma dependerá da composición da rocha orixinal, sendo, en termos xerais, máis ácidacanto máis cerca da superficie se xenere e máis básica canto máis profundo o faga.

Segundo a súa formación podemos agrupar os magmas en 3 grandes grupos:

• Magmas basálticos: poden ser magmas con menos do 50% de sílice (chamados entón toleíticos) ou ricos ensodio e potasio (alcalinos). Os primeiros son producidos nas zonas de dorsal e rifts e os segundos nointerior das placas. Son os máis comúns.

• Magmas andesíticos: formados en zonas de subdución. Con menos do 60% de sílice e con anfíboles ebiotitas.

Page 3: 1. Definición de rocha. Clasificación - edu.xunta.gal · Definición de rocha. ... Non todas as rochas son compactas e cohesionadas, tamén as gravas, areas, arxilas e o petróleo,

XEOLOXÍA 2ºBAC BLOQUE 4: AS ROCHAS 3

• Magmas graníticos: co punto de fusión máis baixo e dando lugar a miudo a grandes plutóns, con altoscontidos en sílice. Formados en zonas oroxénicas como os andesíticos pero incluíndo na súa composiciónrochas da codia (sedimentarias e metamórficas) que alteran a composición orixinal do magma.

Segundo a composición podemos agrupalos en máficos e félsicos.

• Máficos: magmas básicos e ultrabásicos, é dicir, con pouco sílice e máis cantidade de mineraisferromagnesianos que dan lugar a rochas cor escura e maior densidade (olivinos, piroxenos, anfíboles ebiotita). Típicos das zonas de dorsal e rift e tamén das zonas de puntos quentes. Soen ser magmas máisfluídos (menos viscosos).

• Félsicos: magmas ácidos e neutros. Con máis sílice e menor cantidade de ferromagnesianos. Dan lugar arochas máis claras e menos densas. Os minerais máis frecuentes son o cuarzo, a moscovita, e variosfeldespatos, é dicir, minerais con maior cantidade de aluminio, sodio e potasio. Soen ser magmas menosfluídos (máis viscosos).

Os procesos que inflúen na composición dun magma poden ser:

• Diferenciación: dentro dunha cámara magmática, os diferentes minerais van cristalizando a medida quebaixa a temperatura, o que se denomina cristalización fraccionada. Primeiro cristalizan os de temperaturade fusión máis alta , que ao facerse sólidos van caendo cara o fondo da cámara, polo que o resto do magma(magma residual) perde eses compoñentes (basicamente silicatos ferromagnesianos) e gañaproporcionalmente no resto. Deste modo, cando o arrefriamento finaliza, as rochas magmáticas formadasestán dispostas, de abaixo arriba, de máis densas a menos densas. Ademais, nas fases finais, o magmaresidual pode migrar por fracturas xa que ao diminuír o tamaño da cámara (porque o volume inicial está xaocupado por rocha solidificada) aumenta a presión o que favorece o movemento desas masas fluídasresiduais. En moitas ocasións, estes magmas residuais poden conter cantidades apreciables de algúnelemento químico en concreto (metais, por exemplo), o que dá lugar a xacementos minerais. A orde na quevan cristalizando, en termos xerais, os diferentes silicatos pode esquematizarse na serie de Bowen:

Temperatura Minerais que cristalizan Composición do magma Tipo de rocha

Máis alta

Máis baixa

Olivino Rico en Calcio

Rico en Sodio

Ultramáfica

Piroxeno Basáltica

AnfíbolBiotita

Andesítica

OrtosaMoscovita

CuarzoGranítica

• Asimilación: un magma cunhacomposición determinada pode fundirparte da rocha encaixante polo que osminerais desta pasan a formar partedo magma modificando a súacomposición inicial.

• Mestura: cando dous magmasdistintos entran en contacto e semesturan.

Estes tres procesos poden darse nomesmo magma, non son excluíntes.

Denomínase punto de solidus átemperatura á que empeza a fundirse unharocha e punto de liquidus á temperatura enque toda a rocha está fundida. Entre ambas

Page 4: 1. Definición de rocha. Clasificación - edu.xunta.gal · Definición de rocha. ... Non todas as rochas son compactas e cohesionadas, tamén as gravas, areas, arxilas e o petróleo,

XEOLOXÍA 2ºBAC BLOQUE 4: AS ROCHAS 4

temperaturas a rocha está parcialmente fundida. Os puntos de solidus e liquidus poden baixar pola presencia de augaou a diminución da presión, sen que varíe a temperatura.

3.2. Rochas plutónicas ou intrusivas

As rochas plutónicas poden clasificarse nos seguintes grupos ou familias:

• Granitos: rochas ácidas e pouco densas que soen aparecer en grandes masas (batolitos) e no centro dasgrandes cordilleiras. Formados principalmente por cuarzo, feldespatos e mica (minerais esenciais) xuntocon outros minerais en menor proporción (minerais accesorios). Moi abundantes na codia.

• Sienitas: neutras e pouco densas. Non teñen nin moscovita nin cuarzo e si feldespatos, hornblenda e outros.

• Dioritas: con feldespatos, biotita e outros. Soen ter un aspecto máis escuro que as anteriores.

• Gabros: rochas escuras, densas e sen cuarzo, son polo tanto básicas. Con feldespatos, biotita, olivina eoutros.

• Peridotitas: con anfíbolos, piroxenos e olivina. Moi escura. Ultrabásica e moi densa. É compoñentefundamental do manto superior.

Na imaxe (e-ducativa.catedu.es de Merche Pérez) poden verse os tipos de rochas plutónicas e volcánicas e algunhascaracterísticas básicas.

As formas nas que aparecen as rochas plutónicas na Terra é formando grandes masas chamadas plutóns, asmaiores son os batolitos, que poden ter centenares de quilómetros cadrados de extensión. Outras formas menosextensas son os lacolitos, os sills e os diques.

Os lacolitos son plutóns que se introducen entre capas doutras rochas producindo abombamentos nasuperficie xa que ao estar formados por magma máis ácido (menos fluído) se acumula nunha zona reducida.

Os sills ou láminas teñen unha orixe similar pero ao estar formados por magma máis fluído (máis básico),non soen producir abombamentos senón que quedan paralelos ás capas preexistentes.

Os diques son intrusións tabulares cun espesor moito menor que a súa extensión. Ese espesor pode variar

Page 5: 1. Definición de rocha. Clasificación - edu.xunta.gal · Definición de rocha. ... Non todas as rochas son compactas e cohesionadas, tamén as gravas, areas, arxilas e o petróleo,

XEOLOXÍA 2ºBAC BLOQUE 4: AS ROCHAS 5

entre milímetros e moitos metros, mentres que a extensión pode ser moito maior. Soen formarse en fracturaspreexistentes.

Imaxe: representación idealizada dunha cámara magmática activa (A). Se o magma da cámara cristaliza,formará un batolito (A). Outras formas son: lacolito (C), sill (E) e dique (B). Tamén se amosan rochas filonianas (D)e volcánicas (F) (imaxe de Woudloper).

As rochas plutónicas só son visibles cando a erosión elimina as rochas que as cobren. Neste caso, as rochasplutónicas na superficie forman un afloramento.

3.3. Rochas volcánicas ou extrusivas

Como se pode ver na imaxe da páxina anterior, as rochas volcánicas clasifícanse co mesmo criterio que asplutónicas, é dicir, pola composición. En xeral, cada familia de rochas plutónicas ten un equivalente nas rochasvolcánicas. Estas familias son:

• Riolitas: Composición similar aos granitos.

• Traquitas: Composición similar ás sienitas.

• Andesitas: Composición similar ás dioritas.

• Basaltos: Composición similar aos gabros. Estas son as rochas volcánicas máis abundantes na superficie daTerra. Forman todo o fondo oceánico.

As rochas volcánicas poden aparecer en forma de coladas de lava, dando lugar a masas máis ou menosextensas de rochas, ou en forma de piroclastos, fragmentos de tamaños moi diferentes expulsados ao aire nunhaerupción volcánica.

Page 6: 1. Definición de rocha. Clasificación - edu.xunta.gal · Definición de rocha. ... Non todas as rochas son compactas e cohesionadas, tamén as gravas, areas, arxilas e o petróleo,

XEOLOXÍA 2ºBAC BLOQUE 4: AS ROCHAS 6

3.4. Rochas magmáticas de Galicia

Galicia está ocupada nunha porcentaxe alta por rochas magmáticas. O mapa que se amosa a continuación éun mapa xeolóxico simplificado de Galicia (extraído de www.xente.mundo-r.com/calixto/mapa.htm). As rochas magmáticasson as da primeira columna e son todas plutónicas. As rochas volcánicas son anecdóticas en Galicia.

Como se pode apreciar, a maior parte das rochas magmáticas son granitos e granodioritas. Tamén podemosdestacar as rochas metamórficas básicas e ultrabásicas que inda que metamórficas, algunhas delas foronorixinalmente magmáticas procedentes do manto superior e da base da litosfera. Forman na actualidade osComplexos de Cabo Ortegal e de Melide, de importancia xeolóxica internacional.

Page 7: 1. Definición de rocha. Clasificación - edu.xunta.gal · Definición de rocha. ... Non todas as rochas son compactas e cohesionadas, tamén as gravas, areas, arxilas e o petróleo,

XEOLOXÍA 2ºBAC BLOQUE 4: AS ROCHAS 7

4. Rochas sedimentarias

As rochas sedimentarias fórmanse a partir da acumulación de sedimentos e posterior compactación nunproceso físico-químico chamado diaxénese. Os procesos xeolóxicos externos que dan lugar aos sedimentos son:meteorización, erosión, transporte e sedimentación.

A acumulación (sedimentación) pode ter lugar en calquera zona baixa rodeada por outras máis altas: fondosde vales, desembocaduras de ríos, fondos mariños cercanos as costas, lagos, etc.

Os sedimentos deposítanse en capas horizontais ou subhorizontais denominadas estratos e os materiais queos forman proporcionan información sobre as condicións de meteorización, erosión e transporte deses estratos oque indirectamente permite obter datos do paleoclima, entre outros. Ademais, moitos dos estratos poden conterrestos de seres vivos (fósiles) que incrementan a información da época na que se produciu o estrato no queaparecen.

As rochas sedimentarias poden atoparse ata unha profundidade duns poucos quilómetros, naquelessedimentos depositados en cuncas sedimentarias mariñas. O nivel de consolidación das rochas sedimentarias é moivariable, desde rochas duras ata outras formadas por material solto, dependendo da composición dos sedimentos,das condicións dos axentes externos, e das condicións do lugar de sedimentación.

Podemos atopalas no 75% da codia recubrindo a rochas ígneas e metamórficas inda que o seu volume émoito menor co de elas.

4.1. Procesos sedimentarios: meteorización (M), erosión (E), transporte (T), sedimentación (S) ediaxénese

As rochas superficiais resultan afectadas polos procesos xeolóxicos externos (M, E, T, S) levados a cabopolos axentes xeolóxicos externos. Estes axentes son a auga en todas as súas formas (ríos, torrentes, glaciares,ondas, mareas, chuvia, etc.), o vento, os cambios de temperatura e os seres vivos. Tamén a actividade humana.Así, os procesos xeolóxicos externos dependen do Sol (proporciona a enerxía para a actuación destes axentes), daforza da gravidade e da rotación da Terra.

4.1.1. Definición dos procesos sedimentarios

• Meteorización: o proceso polo cal as rochas vanse disgregando en partículas máis pequenas (clastos). Podeser física (sen producir cambios na composición química dos minerais) ou química (cando existe taménmodificación na composición).

• Erosión: o proceso polo cal esas partículas son removidas do lugar onde estaban orixinalmente. Vaiproducindo a redución do volume das rochas (desgaste).

• Transporte: o proceso polo cal as partículas son arrastradas a lugares máis baixos da zona de orixe. Osaxentes de transporte máis importante son os ríos. Cada axente poderá arrastrar partículas de tamañosdiferentes en función da súa enerxía. Un río nunha zona de forte pendente poderá transportar clastos demaior tamaño que o mesmo río na zona da desembocadura, moito máis plana. Tamén a clasificación(selección) dos tamaños das partículas está en relación coa enerxía do axente. Se o axente ten pouca enerxíalevará materiais de pequeno tamaño (limos, arxilas, areas) mentres que un de maior enerxía arrastrará tantoeses materiais como outros de maior tamaño. Así un glaciar poderá transportar bloques de varias toneladasxunto con clastos máis pequenos, areas e limos. A máis, soe existir unha relación entre o grao deredondeamento das partículas e o seu tamaño coa distancia de transporte: en xeral, a máis distancia,partículas máis redondeadas e máis pequenas.

• Sedimentación: o proceso polo cal as partículas se depositan. Esta deposición ten lugar cando o axente detransporte xa non ten a enerxía suficiente para transportala. Os lugares onde se depositan máis sedimentosson os lagos, as cuncas intracontinentais e sobre todo as cuncas mariñas cercanas aos continentes, xa que amaior parte da erosión ten lugar neles. Nestas cuncas mariñas poden depositarse sedimentos en espesoresde varios quilómetros.

• Diaxénese: o conxunto de procesos polo cal se consolida unha rocha sedimentaria. Son a compactación,recristalización e cementación. Ten lugar nos 5 ou 6 primeiros quilómetros e a unha temperatura nonsuperior a 150º-250ºC, xa que se as condicións de presión e temperatura son máis altas considérasemetamorfismo. Á diaxénese tamén se lle chama litificación.

◦ Compactación: debida ao peso dos estratos superiores. A compactación expulsa a auga, reduce a

Page 8: 1. Definición de rocha. Clasificación - edu.xunta.gal · Definición de rocha. ... Non todas as rochas son compactas e cohesionadas, tamén as gravas, areas, arxilas e o petróleo,

XEOLOXÍA 2ºBAC BLOQUE 4: AS ROCHAS 8

porosidade e xunta as partículas. Algunhas partículas poden orientarse en función da dirección dapresión.

◦ Recristalización: algúns minerais poden modificarse (cambios no tamaño dos cristais, desaparición,transformación noutro,...) por reaccións químicas entre eles ou coa auga e os sales disoltos, outrospoden disolverse e tamén poden modificarse pola presión e a temperatura no proceso de diaxénese.

◦ Cementación: algunhas das substancias que leva a auga disoltas poden precipitar nos ocos e actuarcomo cemento que une as partículas de sedimento, facendo que as rochas formadas estén máisconsolidadas que tan só pola compactación.

4.2. Ambientes sedimentariosUn medio ou ambiente sedimentario é unha zona onde se acumulan sedimentos e que se diferencia física,

química e bioloxicamente das zonas que a rodean. A maioría dos sedimentos de épocas pasadas poden serinterpretados (principio do Actualismo) segundo ambientes sedimentarios actuais.

Os ambientes sedimentarios poden clasificarse como continentais, de transición (costeiros) e mariños.

• Continentais

◦ Desértico: predomina a meteorización física e o transporte polo vento (clastos moi seleccionados portamaño). Forman dunas (con clastos de area) e loess (con clastos de limo).

◦ Glaciar: os depósitos denomínanse morenas (“morrenas”). Teñen diferentes denominacións segundo aposición e como se forman (de fondo, terminal...). Tamén predomina a meteorización física. Soen estarformados por clastos angulosos e con pouca materia orgánica. Hai pouca selección de tamaños.

◦ Aluvial: depósitos en forma de abano (“abanico”) normalmente ao pé das pendentes fortes. Os materiasprocedentes de meteorización física e química soen estar pouco seleccionados e ser angulosos, indicativode transporte curto.

◦ Fluvial: depósitos formados polos ríos. Soen estar ben seleccionados e máis redondeados que nos casosanteriores.

◦ Lacustre e palustre: no fondo de lagos e pantanos. Abundantes en materia orgánica en descomposición,fósiles e soen estar ben seleccionados e de pequeño tamaño.

• De transición ou costeiros

◦ Albufeira: separados do mar aberto por barras de area pero en comunicación con el. Formados por arease limos con boa selección de tamaños.

◦ Deltaico: con características de ambientes fluviais, lacustres e palustres. Soen ter boa selección detamaños, materia orgánica e fósiles.

◦ Praia: ben seleccionados por tamaño, con areas e limos e materiais de orixe orgánico (cunchas, etc).Redondeados. Abunda o cuarzo pola súa resistencia á erosión.

◦ Estuario: ben seleccionados e redondeados. Clastos de pequeno tamaño, con materia orgánica e fósiles.

• Mariños

◦ Plataforma continental ou nerítico: ata uns 200 m de profundidade. Sedimentos ben seleccionados e éfrecuente atopar fósiles mariños.

◦ Talude ou batial: entre 200 e 2000 m de profundidade. Con limos, arxilas e cunchas de organismosplanctónicos.

◦ Chaira abisal: nos fondos alonxados da costa onde se acumulan lodos orgánicos de composición silícea.

Unha cunca sedimentaria é unha zona afundida da codia de orixe tectónico onde se acumulan sedimentos.Poden estar nos continentes ou nos océanos.

Page 9: 1. Definición de rocha. Clasificación - edu.xunta.gal · Definición de rocha. ... Non todas as rochas son compactas e cohesionadas, tamén as gravas, areas, arxilas e o petróleo,

XEOLOXÍA 2ºBAC BLOQUE 4: AS ROCHAS 9

A granulometría das partículas que forman as rochas sedimentarias é a seguinte:

Partícula Tamaño Partícula Tamaño

Arxilas <0,004 mm Gravas 2-64 mm

Limos 0,004-0,0625 mm Cantos 64-256 mm

Areas 0,0625-2 mm Bloques >256 mm

4.3. Clasificación das rochas sedimentarias

4.3.1. Rochas sedimentarias clasificadas pola súa xénese

• Detríticas: formadas pola acumulación de clastos. A súa vez, clasifícanse polo tamaño dos clastos en:

◦ Conglomerados ou ruditas e brechas: clastos de tamaño grava ou maior. Conglomerados teñen clastosredondeados e brechas clastos angulosos.

◦ Areniscas: formadas por clastos de tamaño area. Son moi abundantes.

◦ Rochas arxilosas ou lutitas: formadas por silicatos de aluminio hidratados con partículas de tamañoarxila. Son tamén moi abundantes.

• Organóxenas: formadas por restos de seres vivos. As máis frecuentes están formadas por esqueletos,cunchas e caparazóns de animais. Os carbóns son rochas orgánicas formadas por partes da materia celularvexetal.

• Químicas ou de precipitación química: formadas polo depósito de substancias disoltas,fundamentalmente sales. As rochas que se forman pola precipitación das sales debido á evaporación da augaen mares pouco profundos ou lagos salinos denomínanse evaporitas, como o xeso e a sal xema.

• Margas: rochas formadas pola mestura de rochas detríticas e rochas químicas.

4.3.2. Rochas sedimentarias clasificadas pola súa composición

• Terríxenas: poden ser arxilas, limos, conglomerados, areniscas ou margas. Formadas por partículas deorixe continental.

• Carbonatadas: con carbonatos de calcio, magnesio... Creta, calcaria, dolomita. Algunhas delas formadas poresqueletos de microorganismos.

• Silíceas: formadas por partículas orgánicas silíceas de diatomeas ou por meteorización de granitos (cuarzo,feldespatos). Diatomita, caolín.

• Orgánicas: a partir de redución desedimentos orgánicos en mediosacuáticos ou palustres. Carbón,petróleo.

• Ferro-aluminosas: a partir dameteorización de minerais conferro e aluminio. Limonita.

• Fosfatadas: a partir dasedimentación e transformación deguano principalmente. Fosforitassedimentarias.

4.4. Cuncas sedimentarias continentaisgalegas e da península Ibérica

As cuncas sedimentarias galegasformáronse na era Terciaria ou Cenozoica,pola distensión que seguiu á oroxenia

Page 10: 1. Definición de rocha. Clasificación - edu.xunta.gal · Definición de rocha. ... Non todas as rochas son compactas e cohesionadas, tamén as gravas, areas, arxilas e o petróleo,

XEOLOXÍA 2ºBAC BLOQUE 4: AS ROCHAS 10

Hercínica, inda que algunhas poden ser de compresión. As cuncas máis importantes son:O Bierzo (incluída porque ten límites en Galicia), O Barco-A Rúa-Quiroga, Vilalba, Páramo, Sarria.

Monforte, Maceda, Xinzo de Limia.As do occidente galego son máis pequenas e formáronse por fallas direccionais hai uns 20-25 m.a.: As

Pontes, Roupar, Meirama, Xanceda, Tui, Verín, Monçao. Todas ellas acumulan sedimentos continentais de tipoarxiloso e detríticos de idade terciaria (mapa en Cuaderno Laboratorio Xeolóxico de Laxe, vol.19, p.60).

No mapa da páxina 6 os materiais sedimentarios aparecen en cor amarela, nas cuncas de sedimentación. Asrochas calcarias en Galicia aparecen no este das provincias de Lugo e Ourense, en estratos intercalados entrerochas metamórficas, polo que sofre un certo grao de metamorfismo. As covas de Mondoñedo, o Courel e a zona doBarco están nestas bandas.

As cuncas sedimentariasmáis importantes da penínsulaIbérica son tamén cenozoicas e estánocupadas na actualidade polosgrandes ríos da península:

• Douro: con sedimentacióncontinental, ata 2,5 km deespesor.

• Ebro: con sedimentaciónmariña e continental, ata 3km de espesor.

• Teixo: sedimentacióncontinental.

• Guadalquivir: sedimentaciónprincipalmente mariña, ata 1km de espesor.

5. Rochas metamórficas

As rochas metamórficas son aquelas formadas a partir doutras rochas preexistentes a causa do aumento dapresión e/ou da temperatura, sen chegar a fundir por completo. Este proceso denomínase metamorfismo. A rochainicial é o protolito. Así, as condicións que afectan ao metamorfismo son: a estrutura e composición do protolito, apresión e temperatura, a presenza de fluídos e o tempo transcurrido no proceso.

A clasificación das rochas metamórficas é complexa xa que debe terse en conta non só a composición e tipode protolito, senón tamén o grao de metamorfismo. É dicir, a mesma rocha orixinal dá lugar a rochas metamórficasdistintas se se somete a condicións distintas. Do mesmo modo, a mesma intensidade de metamorfismo sobreprotolitos distintos dará rochas metamórficas distintas.

Non sempre é fácil diferenciar a diaxénese dos graos máis baixos de metamorfismo. Se unha rocha funde parcialmente recibe o nome de migmatita e terá características de rochas magmáticas e

metamórficas. A fusión parcial chámase anatexia.

5.1. Tipos de metamorfismoOs tipos de metamorfismo segundo o factor ou factores

que o producen son:

• Metamorfismo de contacto ou térmico: ametamorfización das rochas débese ás altastemperaturas que sofren as rochas encaixantes cando unmagma intrúe un corpo rochoso. Como a temperaturavai diminúindo a medida que aumenta a distancia coplutón, vaise formando arredor deste unha aureolametamórfica. É dicir, as rochas máis cercanas ao plutón

Page 11: 1. Definición de rocha. Clasificación - edu.xunta.gal · Definición de rocha. ... Non todas as rochas son compactas e cohesionadas, tamén as gravas, areas, arxilas e o petróleo,

XEOLOXÍA 2ºBAC BLOQUE 4: AS ROCHAS 11

sofren máis calor e polo tanto a súa transformación será maior, mentres que nas máis alonxadas será menor.Hai unha serie de minerais índice que axudan a identificar a temperatura sufrida: de maior a menortemperatura son sillimanita, andalucita, biotita e clorita (imaxe: docentes.educacion.navarra.es). As rochas máisfrecuentes que podemos atopar nunha aureola son as corneanas ou cornubianitas (protolito: lousas,arxilas), algunhas cuarcitas (protolito: areniscas de cuarzo) e os mármores (protolito: calcaria).

• Metamorfismo rexional ou dinamotérmico: prodúcese nas zonas de choque das placas litosféricas e é oque produce a maioría das rochas metamórficas. As rochas están sometidas a presións e temperaturas quevan variando desde moi altas a baixas, dependendo da zona e da distancia á área de colisión. Asídistinguimos tres zonas:

◦ Rexión de baixa T e alta P: nas zonas de subdución.

◦ Rexión de alta T e alta P: nos núcleos dos oróxenos.

◦ Rexión de baixa T e baixa P: nas zonas superficiais dos oróxenos.A duración do proceso soe ser longa (millóns de anos). As presións nunha dirección determinada

durante moito tempo dan lugar a que as rochas formadas neste proceso presenten unha textura foliada, é dicir, en láminas. Segundo o grao de foliación distinguimos de forma xeral 3 tipos:

◦ Lousas (“pizarras”): metamorfismo de grao baixo.

◦ Xistos (“esquistos”): metamorfismo de grao medio.

◦ Gneises: metamorfismo de grao alto.Non todos os minerais presentan foliación ao ser sometidos a presión. As micas preséntana de modo

típico polo que as rochas que as conteñen presentan unha foliación moito máis evidente.

• Metamorfismo dinámico: é o metamorfismo producido pola acción da presión, e aparece nas fallas. Asrochas tritúranse e os fragmentos quedan englobados nunha matriz. Se a deformación é moi intensafórmase unha milonita, onde os cristais aparecen deformados. As rochas deste tipo de metamorfismodenomínanse brechas de falla.

• Metamorfismo de enterramento: prodúcese no fondo das acumulacións de sedimentos, a profundidades de10-12 km. Normalmente, a presión aumenta en 3,5 kbar/10 km e a temperatura 20º-30º/km deprofundidade. É un metamorfismo de grao baixo.

• Metamorfismo hidrotermal e metasomatismo: é un metamorfismo asociado á presencia de auga a altastemperaturas (ata 200ºC) e con gran cantidade de ións disoltos. Se hai cambios na composición químicadenomínase metasomatismo. O exemplo máis coñecido é a formación de serpentina a partir de olivino.

• Metamorfismo de choque ou de impacto: prodúcese a causa dos impactos meteoríticos, tamén nasexplosións nucleares. Acádanse presións e temperaturas altas en moi pouco tempo e producen polimorfosde alta presión, como os do cuarzo coesita e stishovita (ver Bloque 2). Tamén se atopan unhas rochaschamadas brechas de impacto producidas polo material expulsado no choque.

Page 12: 1. Definición de rocha. Clasificación - edu.xunta.gal · Definición de rocha. ... Non todas as rochas son compactas e cohesionadas, tamén as gravas, areas, arxilas e o petróleo,

XEOLOXÍA 2ºBAC BLOQUE 4: AS ROCHAS 12

5.2. Facies metamórficas e grao metamórfico

As facies metamórficas sonos conxuntos de rochas que teñenos mesmos minerais se acomposición química global étamén a mesma. Os cambios nosminerais dunha rochametamórfica teñen que ver coscambios de presión e temperatura,polo que coñecer os minerais quecompoñen a rocha indica a presióne a temperatura que había candose formou a rocha.

Na imaxe (DaP a partir deBRONSON77 – Metamorphic_facies(ita).svg) poden verse as faciesmetamórficas en función datemperatura, presión eprofundidade. A liña 1 indica oaumento de presión e a liña 3 oaumento de temperatura.

As facies son complexaspolo que moi a miúdo se usan osgraos para definir ometamorfismo. Cada facies podeasociarse a un grao demetamorfismo. Estes son: moialto, alto, medio, baixo e moibaixo. As de metamorfismo moi baixo e algunhas de baixo poden conter fósiles. No resto de graos metamórficos osfósiles que puidera conter o protolito desaparecen no proceso de metamorfización. A relación entre facies e graos éaproximadamente a seguinte:

Grao metamórfico Facies metamórfica

Moi baixo grao Zeolita, prehnita, xistos azuis

Grao baixo Xistos verdes, corneanas con albita e epidota

Grao medio Anfibolita e corneanas con hornblenda

Alto grao Granulita, corneanas con piroxeno, sanidinita

Moi alto grao Ecloxita

5.3. Clasificación das rochas metamórficas

As rochas metamórficas poden clasificarse de moitas maneiras, unha delas é se están foliadas ou non.

• Rochas foliadas:

◦ Lousas: grao de metamorfismo baixo-moi baixo. Os protolitos soen ser arxilas. Cores escuros. Foliaciónen láminas finas e paralelas.

◦ Filitas: grao de metamorfismo baixo-moi baixo (entre lousas e xistos). Parécense moito ás lousas perosoen ter brillo satinado e ondulacións.

◦ Xistos: grao de metamorfismo baixo-moi baixo. Os protolitos poden ser areniscas ou arxilas. Coresvariables en xeral menos escuros. Foliación en láminas algo menos finas.

◦ Gneis: grao de metamorfismo medio-alto. Os protolitos poden ser areniscas ou arxilas (entón chámaseparagneis), granitos ou outras rochas magmáticas (ortogneis). Cores variables, frecuentemente confoliación en forma de bandas claras e escuras, xa que a alta temperatura de formación facilita o

Page 13: 1. Definición de rocha. Clasificación - edu.xunta.gal · Definición de rocha. ... Non todas as rochas son compactas e cohesionadas, tamén as gravas, areas, arxilas e o petróleo,

XEOLOXÍA 2ºBAC BLOQUE 4: AS ROCHAS 13

movemento dos minerais que proporciona o bandeado típico.

• Rochas non foliadas:

◦ Mármores: a partir de calcaria por metamorfismo de contacto. Normalmente branca. Reacciona ao HCl.

◦ Cuarcitas: orixes diversas pero sempre a partir rochas ou sedimentos cunha alta porcentaxe en cuarzo(>90%). Normalmente de cores claras. Moi dura e abundante, frecuentemente formando resaltes noterreo.

◦ Anfibolitas: a partir de rochas ígneas básicas. Moi antigas e en metamorfismo de grao medio. Soen serescuras.

◦ Ecloxitas: a partir do metamorfismo de alta presión sobre rochas ígneas básicas. Formada a grandesprofundidades (máis de 35 km). Contén granates. Podemos atopala no cabo Ortegal.

◦ Granulitas: grao de metamorfismo alto. Aparecen na serra da Capelada.

◦ Migmatitas: calquera das rochas que sufra un metamorfismo alto ou moi alto pode ser unha migmatitase hai fusión parcial. Normalmente aparecen bandas claras (normalmente con cuarzo e fledespato,minerais con punto de fusión máis baixo) e bandas escuras (minerais con punto de fusión máis alto quepermanecen sólidos). As granulitas da Capelada presentan migmatización.

As rochas metamórficas de Galicia son moi variadas, como se pode apreciar no mapa da páxina 6. Comoveremos nun dos temas seguintes, están relacionadas fundamentalmente coa existencia dunha zona de choque entreplacas na oroxenia Hercínica e son por tanto, rochas formadas por metamorfismo rexional. Tamén hai rochas demetamorfismo de contacto nas zonas arredor dos plutóns. As rochas metamórficas de Galicia sonfundamentalmente:

• Lousas, filitas e xistos: ocupan gran parte das provincias de Lugo, Coruña e Ourense. A muralla de Lugoestá construída basicamente por xistos. Lugo e Ourense son grandes produtores de lousa para teitar.

• Gneis: o principal afloramento ocupa basicamente a presunta zona de choque ou unha zona cercana a ela,forma unha banda que vai desde Viveiro ata Sanabria. Este afloramento está formado por un gneis chamado“ollo de sapo” debido a os grandes cristais de feldespato que contén.

• Mármore: en zonas de rocha calcaria (este de Lugo e Ourense). Moi escaso.

• Cuarcita: aparece en toda a zona onde se atopan as lousas e xistos, en estratos intercalados entre elas. A súaresistencia fai que frecuentemente formen resaltes no terreo. Algunhas de gran pureza en cuarzo sonexplotadas comercialmente (O Barqueiro).

• Anfibolitas, ecloxitas e granulitas: aparecen nos complexos de cabo Ortegal e Melide. A ecloxita forma oCabo Ortegal mentres que as granulitas podemos atopalas nas cercanías de San André de Teixido.

• Serpentinita: Nos complexos de Cabo Ortegal e Melide. Fórmase a partir da peridotita por procesoshidrotermais. Na zona de Garita de Herbeira.

6. Depósitos hidrotermaisA auga quente procedente dun magma en proceso de enfriamento soe conter diferentes elementos químicos

nunha proporción que dá lugar a xacementos minerais de orixe hidrotermal. Asímesmo poden producirsealteracións hidrotermais nos minerais orixinais grazas á carga química da auga e á enerxía calorífica.

Os xacementos hidrotermais soen estar constituídos por cuarzo e/ou carbonatos que forman a ganga (nonexplotable). A mena pode ser, entre outros minerais, barita, fluorita, pirita, blenda, galena, cobre, plata, cinabrio eouro.

Soen ser de tipo filoniano, enchendo fracturas previas nas rochas, pero tamén os hai doutros tipos.Pola súa importancia económica hai que destacar os de cobre, ouro e prata, chumbo-cinc-cobre, estaño-

wolframio, ferro.

Page 14: 1. Definición de rocha. Clasificación - edu.xunta.gal · Definición de rocha. ... Non todas as rochas son compactas e cohesionadas, tamén as gravas, areas, arxilas e o petróleo,

XEOLOXÍA 2ºBAC BLOQUE 4: AS ROCHAS 14

7. Hidrotermalismo en Galicia

Cando a auga quentada no interior sae ásuperficie a través da rede de fracturas dá lugara un afloramento hidrotermal. No mapa podenverse os balnearios de Galicia (en vermello ossituados en rochas magmáticas e en azul enrochas metamórficas) (mapa de Juncosa Rivera, R.;Delgado Martín, J.; Meijide Faílde, R.; Álvarez-CampanaGallo, J.M. en “Hidrogeología de Galicia y tipos de aguassubterráneas”).

As temperaturas coas que afloranvarían moito, 44º en Lugo, 15º en Guitiriz, 23ºno Alligal; entre 15º e 55º en balnearios dePontevedra; en Ourense poden destacarse asBurgas, que con 70º son os de máis temperaturade España, noutros afloramentos da cidade earredores hai temperaturas entre 40º e 65º. Naprovincia da Coruña temos temperaturas quevarían desde os 15º ata os 57º en Arteixo.