06 viaxemusical

6
06_ Unha viaxe musical Sabemos que a lírica xorde como apoio a unha instrumentalización, aínda que só conservamos as partituras dunhas poucas cantigas medievais (das cinco cantigas de Martín Códax ou das Cantigas de Santa María de Afonso X). Tamén é rico e de gran vitalidade o folclore de Nadal (panxoliñas, aninovos e reis) que se mantiveron cantadas con acompañamento de gaita, tamboril, pandeiro e cunchas desde o século XV até finais do século XIX. A lírica inclúe as obras nas que un autor expresa o seu mundo de sentimentos. A propia palabra lírica remite tamén á orixe do xénero en composicións escritas en Grecia para seren cantadas con lira. PROXECTO DE ESCRITURA: folleto músico-informativo Como proxecto de escritura nesta viaxe, debedes facer un folleto informativo en formato tríptico a dobre páxina para dar a coñecer os poemas musicados de Manuel Curros Enríquez. No folleto debemos indicar cando menos: a. Introdución relación poesía música. b. Escritores e escritoras musicados. c. Poemas e grupos que musicaron a Manuel Curros Enríquez. d. Breves comentarios sobre os grupos e os poemas e. Difusión destes poemas con acceso gratuíto: nas fonotecas, en internet e por outras canles. f. Dúas ou tres imaxes que ilustren o folleto. Lembrade seguir as normas de redacción dun texto mais desta volta nun formato novo. O poema “Cántiga” que acabamos de ler de Curros é, con seguridade, un dos textos da nosa poesía que máis se chegou a popularizar, grazas a que foi musicado e versionado

Upload: cadernodecores

Post on 20-Jul-2015

346 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: 06 Viaxemusical

06_ Unha viaxe musical

Sabemos que a lírica xorde como apoio a unha instrumentalización, aínda que só

conservamos as partituras dunhas poucas cantigas medievais (das cinco cantigas de

Martín Códax ou das Cantigas de Santa María de Afonso X). Tamén é rico e de gran

vitalidade o folclore de Nadal (panxoliñas, aninovos e reis) que se mantiveron cantadas

con acompañamento de gaita, tamboril, pandeiro e cunchas desde o século XV até finais

do século XIX.

A lírica inclúe as obras nas que un autor expresa o seu mundo de sentimentos.

A propia palabra lírica remite tamén á orixe do xénero en composicións escritas en Grecia

para seren cantadas con lira.

PROXECTO DE ESCRITURA: folleto músico-informativo

Como proxecto de escritura nesta viaxe, debedes facer un folleto informativo en formato

tríptico a dobre páxina para dar a coñecer os poemas musicados de Manuel Curros

Enríquez. No folleto debemos indicar cando menos:

a. Introdución relación poesía música.

b. Escritores e escritoras musicados.

c. Poemas e grupos que musicaron a Manuel Curros Enríquez.

d. Breves comentarios sobre os grupos e os poemas

e. Difusión destes poemas con acceso gratuíto: nas fonotecas, en internet e

por outras canles.

f. Dúas ou tres imaxes que ilustren o folleto.

Lembrade seguir as normas de redacción dun texto mais desta volta nun formato novo.

O poema “Cántiga” que acabamos de ler de Curros é, con seguridade, un dos textos da

nosa poesía que máis se chegou a popularizar, grazas a que foi musicado e versionado

Page 2: 06 Viaxemusical

por moitos intérpretes e grupos.

Por parellas, investigade que poemas de Manuel Curros Enríquez foron máis

adaptados musicalmente.

Buscade cales aparecen na fonoteca do voso centro de ensino ou do voso

Concello. Informádevos sobre o sistema de préstamo na fonoteca.

Localizade en internet as referencias musicais que atopades sobre Curros.

Escollede dous poemas dos que aparecen musicados. Lédeos en voz alta e

despois escoitade as diferentes versións que atopastes. Que recursos literarios

foron adaptados para as composicións musicais?

De músicos e músicas

No XIX, o símbolo da nosa tradición musical eran os gaiteiros. Á súa figura dedicoulle

Curros un poema:

O GUEITEIRO

«Sempre pol-a vila entraba

Con aquel de señorío.»

(Rosalía Castro)

Dendes do Lérez lixeiro

ás veigas que o Miño esmalta,

non houbo no mundo enteiro

máis arrogante gueiteiro

que o gueiteiro de PENALTA.

Sempre retorcendo o bozo,

erguida sempre a cabeza,

daba de miralo gozo.

Era un mociño... ¡que mozo!

Era unha peza... ¡qué peza!

Despois do tempo pasado

pasado pra non volver,

com' on profeta ispirado,

inda mo parece ver

na festa do San Trocado.

Calzón curto, alta monteira,

verde faixa, albo chaleque

i o pano na faltriqueira,

sempre na gaita parleira

levaba dourado fleque.

Non houbo home máis cumprido

no mundo, de banda a banda,

Page 3: 06 Viaxemusical

nin rapaz máis espilido,

con máis riqueza vestido,

nin de condición máis branda.

Prás festas e romarías

chamado, tódolos días

topábase donde queira,

anque por certas porfías

solo tocaba a muiñeira.

Pois, como poucos teimado

cando unha venta lle pega,

xura que, pró seu agrado,

non se ten inda enventado

música como a gallega.

Neno era eu cando el vivía,

mais non o podo esquecer.

¡O que el na gaita sabía!

¡O que el cos dedos podía

naquel punteiro faguer!

Cando nas festas maores

era esperado o gueiteiro,

botábanlle as nenas frores,

ledas copras os cantores,

foguetes o fugueteiro.

Tras del, en longa riola,

da gaita o compás levando

con infernal bataiola,

iban correndo e choutando

os rapaciños da escola.

Nunca se puido avriguar.

véndolla repinicar,

por qué, o son da gaita ouíndo,

cantos bailaban sorrindo,

acababan por chorar.

Pero cando el no turreiro,

cal na trébede a Sibila,

pegaba o pio primeiro,

daban ó vento o sombreiro

tódolos mozos da vila.

Comenzado o baile entón,

cousa era pra adimirar

aquel sembrante bulrón,

aquel aire picarón

i aquel modo de mirar...

I era de ver con qué trazas,

sin faguer pausas, nin guiños,

nin caso das ameñazas,

furtaba un bico ás rapazas

dos noivos diante os fociños.

Ninguén soubo frolear

do xeito que el froleaba:

verlle a muiñeira botar,

era unha nube mirar

de anxeliños que pasaba.

Xentil, aposto, arrogante,

en cada nota o gueiteiro

ceibaba un limpo diamante,

que logo no redobrante

pulía o tamburileiro.

Page 4: 06 Viaxemusical

¿Que Orfeo se lle igualaba,

si mesmo, dentro do fol

que co cóbado apertaba,

parecia que cantaba

escondido un rousiñol?

Músico on tempo e poeta,

algunha fada sacreta

tiña con que comovia,

pois nunca dunha palleta

saíu tan doce harmonía.

Tocaba... e cando tocaba,

o vento que do roncón

polo canuto fungaba,

dixeran que se queixaba

da gallega emigración.

Dixeran que esmorecida

de door a Patria nosa,

azoutada, escarnecida,

chamaba, outra Nai chorosa,

ós filliños da súa vida...

I era verdá. ¡Malpocada!

contra on penedo amarrada,

cravado un puñal no seo,

naquela gaita lembrada

Galicia era un Prometeo.

Un Prometeo cantando

eternas melanconías;

sempre un consolo agardando

e sempre as bágoas chorando

do desdichado Macias.

Por eso, cando a tocar

se puña o gueiteiro lindo,

cantos viñan pra bailar,

se escomenzaban sorrindo,

acababan por chorar.

Por eso, en vilas i aldeas,

por xentes propias i alleas

era aquel home estimado,

e por todos saudado

en camiños e vereas.

Por eso, donde el chegaba

dábanlle citas de amores

as mozas por que el toleaba,

e sempre á mesa xantaba

dos abades e priores.

Que dende o Lérez lixeiro

ás veigas que o Miño esmalta,

non houbo no mundo enteiro

máis arrogante gueiteiro

que o gueiteiro de PENALTA.

Page 5: 06 Viaxemusical

Preparade a lectura do poema de xeito individual. Na lectura en voz baixa

fixádevos en todos aqueles elementos que provocan un ruído para o recitado.

Nivel lingüístico

Fixádevos especialmente naquelas cuestións lingüísticas que hoxe

realizariamos de outro.

Hoxe, a conxunción copulativa “e” pronúnciase moi aberta. En moitos

casos, escoitamos dicir esta vogal como un “i” cando a súa

representación debe ser aberta:

o Cal é o motivo polo que Curros emprega esta vogal nos seus

escritos?

o Pensades que esa é a mesma causa pola que a escoitamos

hoxe?

o Para mellorar calquera lingua primeiro debemos ser conscientes

do nivel de aprendizaxe e uso no que estamos. Comentade co

voso profesor posíbeis estratexias para corrixir mellorar a

calidade da vosa lingua. Podedes analizar as diferentes fases da

vosa aprendizaxe lingüística para ver en que nivel estades.

INTERPRETAMOS O NOSO POEMA

Localizade no texto as referencias e comparacións con personaxes da

mitoloxía, literarios... Buscade a información que descoñezades nun

dicionario e na enciclopedia. Para isto tamén podedes botar man da

vosa ficha léxica.

Que atributos ten o Que atributos ten o “gueiteiro de Penalta” no poema

de Curros?

Despois da lectura deste poema, en que consideración pensades tiña a

xente aos gaiteiros?

Page 6: 06 Viaxemusical

ORGANIZAMOS A NOSA FONOTECA

Organizamos a nosa fonoteca.

Organiza mentalmente a túa música e a música que escoitas e ves nas

festas, na radio, na prensa, nos centros comercias, nas televisións, nas

webs, en myspaces... Cales son as linguas maioritarias que escoitas?

Que espazo ocupa a música galega ou en galego? Organizade en

grupos de catro as vosas referencias musicais. Elaborade unha listaxe

ao xeito de fichas (como na fonoteca da biblioteca).

Para acompañar o folleto informativo elaborade outro no que deades

conta da música galega e en galego que podedes escoitar hoxe. No

folleto informaremos dunha convocatoria colectiva para realizar varias

audicións durante os recreos nun lugar do patio do centro. Para levar

adiante o voso traballo podedes botan man do folleto informativo que

elaborou o Equipo de Normalización Lingüística do CPI Don Aurelio de

Cuntis . Se o intentades igual podedes conseguir carteis e material de

difusión dos grupos a través dos correos electrónicos que aparecen na

páxina web dos diferentes grupos.

Podedes facer un compilación daquelas cancións que máis vos gustaron

e editar o voso casete no blog ou na páxina web do centro.

Recursos:

http://del.icio.us/manuelcurrosenriquez/titoriais

http://www.mixwit.com/