04 viaxeentren

14

Click here to load reader

Upload: cadernodecores

Post on 24-May-2015

399 views

Category:

Education


7 download

DESCRIPTION

Escritura creativa. Carta ao director. Correo electrónico.

TRANSCRIPT

Page 1: 04 Viaxeentren

04. Viaxe en tren

De termos que escoller un medio de locomoción para Curros estariamos obrigadas a dicir

o tren.

E para vós, cal diriades? ______________________________

Se escribirades un poema para o voso medio de locomoción e o primeiro

verso das estrofas comezaran do seguinte xeito como os seguirías. Se o

considerades podedes cambiar a disposición formal dos versos.

Velaí vén, velaí vén avantando

____________________________

____________________________

____________________________

Por onde ela/el pasa

____________________________

____________________________

____________________________

Velaí vén, velaí vén, tan oupada/oupado,

____________________________

____________________________

____________________________

Tras dela/del non veñen

____________________________

____________________________

____________________________

Velaquí como canta Curros a chegada a Ourense da primeira locomotora

Page 2: 04 Viaxeentren

NA CHEGADA A OURENSE DA PRIMEIRA LOCOMOTORA

I

Velaí vén, velaí vén avantandocómaros e corgas, e vales, e cerros.¡Vinde vela, mociños e mozas!¡Saludaina, rapaces e vellos!

Por onde ela pasa fecunda os terreos,espértanse os homes,frolecen os eidos.

Velaí vén, velaí vén, tan oupada,tan milagrosiña, con paso tan meigo,que parece unha Nosa Señora,unha Nosa Señora de ferro.

Tras dela non veñenabades nin cregos;mais vén a fartura¡i a luz i o progreso!

II

Catedral, demagogo de pedra,dun pobo fanático erguida no medio,repinica esas chocas campanasen sinal de alegría e contento.

Asocia esas vocesó son dos pandeiros,¡ás santas surrisasde terras e ceos!

E tí, río dos grandes destinos, que os himnos ensaias dos trunfos ibéricos, requeimáda-las fauces de sede vén o monstro a beber no teu seo.

Bon samaritano, dálle auga ó sedento; que a máquena é o Cristodos tempos modernos.

[numerar os versos]

ACTIVIDADE 1

Page 3: 04 Viaxeentren

1. Despois de escoitar o poema “Na chegada a Ourense da primeira locomotora” que

recita o voso profesor ou a vosa profesora:

[Se non entendedes algunha palabra comentádea coa vosa parella, se aínda non sodes

quen de saber o significado buscádea no dicionario ou preguntádelle ao profesor.

Lembrade cubrir a ficha léxica.]

A quen pensades que lle dedica Curros este poema?

___________________________________________________________

Que pensa o poeta que traerá a chegada do tren a Ourense/Galiza?

___________________________________________________________

No poema aparecen simbolizados o progreso e o atraso. En que elementos

podedes localizar isto?

___________________________________________________________

___________________________________________________________

Escribide todos os elementos do campo semántico da relixión que haxa no poema:

___________________________________________________________

___________________________________________________________

Nivel analóxico

Hoxe en día, que medios de locomoción representan para vós o progreso?, e o

atraso?

___________________________________________________________

___________________________________________________________

E na sociedade actual, que elementos simbolizan para vós o atraso na sociedade

actual?

___________________________________________________________

___________________________________________________________

2. Agora tócavos a vós. Lede ao resto dos compañeiros o voso poema. Comentade de

xeito oral os poemas:

Cal é o medio de locomoción ao que lle dedicades a vosa composición?

Con que actividades da vosa realidade relacionades o voso medio de locomoción?

Page 4: 04 Viaxeentren

Predomina algún campo semántico? Que relación estabeleces entre o campo

semántico e o que queredes transmitir?

INVESTIGAMOS SOBRE O TREN NA ACTUALIDADE

1. Trasladádevos á aula de informática. Buscade na hemeroteca de diferentes xornais

noticias sobre a chegada do tren de alta velocidade (AVE) a Galiza.

Lembrade que podedes usar os nosos marcadores dixitais

o http://del.icio.us/manuelcurrosenriquez/prensa

2. Despois de ler as noticias elaborade nun documento de texto un esquema no que

recollades as seguintes ideas.

-O AVE na Península Ibérica (inicios e desenvolvemento)

-A chegada do AVE a Galiza (datas, presupostos, comparación coa chegada a

outros lugares da Península etc.).

-Aspectos negativos do tren de alta velocidade (estrutura concibida desde o

centralismo, impacto medioambiental, futuro das liñas de proximidade do país e outros).

-Aspectos positivos (conexión con outros lugares da Península e outros)

Usade as opcións de formato e ferramentas do voso procesador. Indicade ao comezo do

documento o voso nome e apelidos, a clase e o grupo ao que pertencedes.

Elaborade no encerado da aula de informática, entre todo o grupo, un mapa conceptual

con todas as ideas que saen dos vosos esquemas.

Gardade unha copia na carpeta do voso escritorio, imprimídeo e entregádella unha copia

ao voso profesor ou á vosa profesora.

PROXECTO DE ESCRITURA: escribimos unha carta ao director.

Page 5: 04 Viaxeentren

Os textos de opinión escritos polos lectores e pólas lectoras reciben o nome de “Cartas ao director”. Neste espazo os lectores e as lectoras (individual ou colectivamente) denuncian, comentan, aclaran ou rectifican, defenden e acusan cuestións ou temas da vida diaria ou de actualidade. Malia iren dirixidas ao director as persoas destinatarias finais do texto son os lectores e as lectoras do xornal.

Canto ao seu contido, á hora de planificar a carta debemos ter en conta: o tema, a finalidade que perseguimos coa súa publicación.

Aínda que as formas que podemos atopar son variadas deben responder a unha estrutura clara onde as secuencias que usemos sexan argumentativas:

Organización: Contido:Encabezamento SaúdoIntrodución Presentación de quen escribe a carta, de xeito

individual ou colectivo.Corpo da carta Presentación breve e tema.

Contextualización para que os lectores e as lectoras

comprendan os feitos.Conclusión Argumentos:

-Feitos: datos, testemuños, exemplos doutros feitos

similares etc.

-Opinións: individuais ou colectivas, citas de

autoridades etc.Despedida Conclusión: pechamento do texto coa idea forza (tese)

Expresións de educación e cordialidade pola atención:

atentamente, grazas pola... e outras similares

Sinatura e

identificación

Nome e apelidos de quen escribe ou nome completo do

colectivo

Datos de identificación (non se publican mais

necesarios para a publicación da carta)

Moitas veces os xornais suprimen o saúdo e a presentación do colectivo por cuestións de

espazo.

Canto á forma, as cartas non deben superar as 300 palabras e deben estar redactadas en

texto mecanografado. Os xornais resérvanse o dereito de publicalas e resumilas se for

preciso.

ACTIVIDADE 1

Page 6: 04 Viaxeentren

Por parellas, lede as cartas que vos achegou a vosa profesora ou o voso profesor e

poñede en común os diferentes aspectos que recoñecedes nela:

Finalidade ou intención da carta.

Tema.

Argumentos.

ACTIVIDADE 2

Elaborade un borrador da vosa carta sobre na que mostredes a vosa opinión sobre “os

beneficios e prexuízos da chegada do AVE a Galiza comparándoos coa chegada do tren

no século XIX”. Se o considerades preciso botade man do esquema que elaborastes na

aula de informática. Para elaborar a carta podedes xuntarvos con aqueles compañeiros e

aquelas compañeiras que observaches destacaban feitos moi parecidos aos teus cando

elaboramos o esquema na aula de informática.

Lembrádevos de revisar o texto en todos os seus aspectos: cuestións ortográficas,

formais e de redacción.

ACTIVIDADE 3

Copiade a carta nun procesador de textos e volvede revisala. Enviade ao longo destes

días as vosas cartas aos diferentes xornais que consultastes. Comezádeas enviando a

aquelas que pensades poden ter máis interese na súa publicación polo tipo de liña

editorial que manteñen.

Se non entendedes algunha palabra comentádea coa vosa parella, se aínda non sodes

quen de saber o significado buscádea no dicionario ou preguntádelle ao profesor.

Lembrade cubrir a ficha léxica.

COLLEMOS OUTRO TREN

A chegada da locomotora a Ourense falábanos da locomotora como o Cristo dos tempos

modernos, e no poema d’O maio dicía que quería un maio sen cregos.

A relixión e o tren mestúranse na súa grande obra en galego, O divino sainete.

Curros, nunha fría noite de Nadal en Madrid, atopa a Santa Compaña e ao escritor F.

Page 7: 04 Viaxeentren

Añón, que forma parte da mesma. Comezan unha peregrinación a Roma en tren; Añón

vai guiar a Curros a cada un dos sete vagóns, que representan os sete pecados capitais:

preguiza, envexa, ira, gula, soberbia, luxuria e avaricia. Ao chegaren a Roma vense co

Papa, León XIII, ao que convencen para que deixe o seu cargo e as riquezas da Igrexa e

volva á caridade cristiá.

“Introdución” d’O divino sainete

Velaquí un fragmento da “Introdución”:

Xa miña nai m'o dicía:"¿Onde has de ir, boi que non aras,senon á cortaduría?

Tanto saber traite cego;mais, ou morres condanadoou tes que volver ó rego. Olla que o tempiño foxe,i é ben pra mañán non gardeso que poidas facer hoxe. Que a morte non nos avisa,e se ha levarnos cubertos,que non nos colla en camisa.”

¡Tiña de ser! ¡Diol-o quixo!¡El, que criou dun arrototódalas cousas, sin lixo! Nunca outra tal se ha de vere:¡Curros camiño de Romaentoando o Miserere! ¿Pero hei ser sempre un brasfemo,un xudío, un relaxadode Dios azoute? ¡Ora o Demo!... ¿Quen, necesitado delas,non merca saúde e groriapor unhas cantas cadelas?

* * *

Todo vai caro na vida.A groria é que anda baratacomo a sardiña manida. Certa literata fea

Page 8: 04 Viaxeentren

mercouna dando a Aristarcoun bico tras dunha cea. A un usureiro con sortecustoulle... perdoar inxurias...nas boquëadas da morte. ¡I é que neste tempo infamea Crítica anda saídai os Santos morren de fame! O inferno a min non me atrapa:cómpreme unha pouca groriae voulla comprar ó Papa.

É un viaxe de recreo.¿Quen folga de vir comigode Leon XIII ó xubileo? Connosco irán moitas xentes:abades, monxas, beatas...¡Xuro a Dios que hemos de ir quentes! ¡Que rosario, compañeiros,de contas de amancebadascon deces de putañeiros!”

Seguro que durante a lectura aparecen nomes de persoas que non recoñecedes. Por

exemplo, aparece Aristarco xa que o papa León XIII aparece presentado no resumo inicial

da obra. Averiguade de quen se trata

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

E as palabras, sabías do significado de todas

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

Nivel lingüístico

O texto anterior contén algunhas frases feitas propias da nosa lingua: “boi que non aras”,

“volver ó rego”, “pra mañán non gardes o que poidas facer hoxe”, “que non nos colla en

camisa”, “nunca outra tal se ha de vere”. Que significan estas expresións? Comentade

Page 9: 04 Viaxeentren

entre todas as persoas da clase o significado deestas frases. Seguro que entre todos

sodes quen de explicar o seu significado e poñer exemplos de situacións nas que as

escoitastes. Se for preciso botade man dun dicionario de frases feitas ou da axuda do

profesor ou da profesora.

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

Demostrade que coñecedes o que significan empregándoas en varias oracións.

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

A nosa tradición popular ten moitos refráns dedicados á relixión. Ímosvos poñer algúns e

intentade enlazar o comezo coa segunda parte que lles corresponde.

Na casa do abade non esperes pola compañeiraDá Deus mocos e Deus as de todosCada un sabe as súas comede e levade e mal del faladeOnde canta un crego a quen non se sonaPara a misa e para a feira nunca falta un duro

Investigade na vosa casa sobre máis ditos de refráns sobre cregos, relixión...

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

_______________________________________________________________

Comentade entre todas as persoas da clase: cal pode ser o motivo de que sexa tan rica a

fraseoloxía neste ámbito?

Page 10: 04 Viaxeentren
Page 11: 04 Viaxeentren

Interpretamos o texto segundo a crítica

Curros foi cualificado pola crítica de “anticlerical”.

Sabes cal é o significado deste adxectivo? Se tes dúbida pensa por separado no

prefixo e na raíz pola que está composto. Define esta palabra.

_____________________________________________________________

_____________________________________________________________

_____________________________________________________________

Confronta a túa definición coa que aparece no dicionario.

_____________________________________________________________

_____________________________________________________________

_____________________________________________________________

Que trazos anticlericais aparecen neste fragmento?

_____________________________________________________________

_____________________________________________________________

_____________________________________________________________

_____________________________________________________________

_____________________________________________________________

_____________________________________________________________

Cantos d’O divino sainete

Revisade o resumo do argumento d’O divino sainete. Dividide a clase en sete grupos. O

profesor ou a profesora vaivos entregar unha tarxeta cun pecado capital.

Aventurade unha definición para ese pecado.

_____________________________________________________________

_____________________________________________________________

_____________________________________________________________

Agora buscade nun dicionario todos os significados para ese pecado.

_____________________________________________________________

_____________________________________________________________

_____________________________________________________________

Page 12: 04 Viaxeentren

_____________________________________________________________

_____________________________________________________________

_____________________________________________________________

Escribide un alfabeto de palabras asociadas ao voso pecado. Escribide unha

palabra por cada letra, no caso de non atopardes algunha por esa letra escribide

unha palabra que a conteña.

ALFABETO DO PECADO __________________

A

B

C

D

E

F

G

H

I

L

M

N

Ñ

O

P

Q

R

S

T

U

V

Page 13: 04 Viaxeentren

X

Z

Page 14: 04 Viaxeentren

Agora, o profesor ou a profesora entregaravos a cada grupo un folio

cunha estrofa de tres versos do canto onde aparece o voso pecado. De

xeito individual, e sen que ningún membro do grupo vexa o que

escribides, continuaredes a tríade de versos. Cada vez que un

compañeiro ou unha compañeira escriba a súa tríade debe dobrar o folio

e pasarlle o texto á seguinte persoa do grupo (de xeito que, cando vos

toque de escribir a vosa tríade só podedes ver o texto da persoa

anterior). En cada verso debedes incluír unha das palabras que

aparecen no voso alfabeto colectivo. Rematamos cando todas as

persoas do grupo escribiron a súa tríade.

Unha vez rematen todos os grupos realizamos unha lectura dramatizada

do texto.