01presentacion reportaxe

5
Proxecto de traballo: cubrimos, facemos unha reportaxe sobre a época e figura de Manuel Curros Enríquez. Este proxecto consiste en facer unha reportaxe interpretativa. Informaremos aos lectores e ás lectoras sobre a figura de Manuel Curros Enríquez. A reportaxe é un texto xornalístico que está dentro do xénero informativo cando a reportaxe é obxectiva, ou dentro do xénero interpretativo cando a reportaxe é interpretativa. Desde o punto de vista do contido a xornalista ou o xornalista comprométese na formulación, indagación e razoamento, (de)móstrase unha realidade, próbanse as fontes e os argumentos para provocar a comprensión das persoas ás que vai chegar a nosa reportaxe. Na reportaxe podemos combinar datos esenciais con datos complementarios para manter o interese de quen a vai ler e a intensidade do relato. Se o consideramos oportuno tamén podemos usar a estrutura da noticia: a pirámide invertida (narrar os feitos en interese decrecente). Desde un punto de vista formal, a reportaxe divídese en dúas partes: entrada (lead) e o corpo do texto. -Entrada, comezo atractivo, esclarecedor, que describe o esencial do que se escribe e marca o ton que seguirá o autor ou a autora ao desagregar o contido. -Corpo que desenvolve a materia na que investiga o xornalista co seu criterio persoal (nisto consiste a súa tarefa interpretativa). Cómpre transparencia expositiva á hora de presentar os contidos e tirar conclusións: 1) Exposición de datos. 2) Organización / Secuenciación / Explicación. 3) Elementos contextuais. 4) Xerarquización dos contidos. Podemos falar dun peche ou parágrafo final. Neste momento o reporteiro ou a reporteira reafirma as teses que expuxo ao longo da reportaxe. Canto á linguaxe, a persoa que exerce de xornalista goza de liberdade expresiva sempre

Upload: cadernodecores

Post on 20-Jul-2015

397 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: 01presentacion Reportaxe

Proxecto de traballo: cubrimos, facemos unha reportaxe sobre a época e figura deManuel Curros Enríquez.

Este proxecto consiste en facer unha reportaxe interpretativa. Informaremos aos lectores

e ás lectoras sobre a figura de Manuel Curros Enríquez. A reportaxe é un texto

xornalístico que está dentro do xénero informativo cando a reportaxe é obxectiva, ou

dentro do xénero interpretativo cando a reportaxe é interpretativa.

Desde o punto de vista do contido a xornalista ou o xornalista comprométese na

formulación, indagación e razoamento, (de)móstrase unha realidade, próbanse as fontes

e os argumentos para provocar a comprensión das persoas ás que vai chegar a nosa

reportaxe.

Na reportaxe podemos combinar datos esenciais con datos complementarios para manter

o interese de quen a vai ler e a intensidade do relato. Se o consideramos oportuno tamén

podemos usar a estrutura da noticia: a pirámide invertida (narrar os feitos en interese

decrecente).

Desde un punto de vista formal, a reportaxe divídese en dúas partes: entrada (lead) e o

corpo do texto.

-Entrada, comezo atractivo, esclarecedor, que describe o esencial do que se

escribe e marca o ton que seguirá o autor ou a autora ao desagregar o contido.

-Corpo que desenvolve a materia na que investiga o xornalista co seu criterio

persoal (nisto consiste a súa tarefa interpretativa). Cómpre transparencia expositiva á

hora de presentar os contidos e tirar conclusións:

1) Exposición de datos.

2) Organización / Secuenciación / Explicación.

3) Elementos contextuais.

4) Xerarquización dos contidos.

Podemos falar dun peche ou parágrafo final. Neste momento o reporteiro ou a reporteira

reafirma as teses que expuxo ao longo da reportaxe.

Canto á linguaxe, a persoa que exerce de xornalista goza de liberdade expresiva sempre

Page 2: 01presentacion Reportaxe

limitada pola función de informar.

Page 3: 01presentacion Reportaxe

ACTIVIDADE 2.

Empregade a información da investigación que realizastes para organizar as ideas da vosa reportaxe de

investigación.

Cada quen debe seleccionar a información que considera de maior importancia para un primeiro borrador. É

preciso que contrastedes o que pensades co resto das integrantes do equipo.

Relacionade os contidos máis importantes e revisade os aspectos que descartastes. Mostrade orixinalidade na

cobertura dos feitos e incorporade todo o material gráfico, textos e outros recursos que consideredes oportunos.

Á hora de presentar a vosa reportaxe ademais de ter en conta unha serie de aspectos que colaboren á

lexibilidade do voso traballo debedes seguir rigorosamente os criterios de presentación dun traballo escrito.

A extensión mínima é de 2750 palabras e a máxima de 3000.

Para a realización desta actividade debedes aplicar as normas de redacción relativas ao xénero xornalístico

da reportaxe.

Todos os traballos que consigan unha cualificación mínima publicaranse no blog da nosa materia e na

revista dixital colectiva do curso.

1. Superficie de escritura.

Papel: impresión por unha soa cara en papel de tamaño DIN A4 (210 x 297 mm).

Encadernación: o traballo debe levar grampas ou outro tipo de sistema de agarre para as

follas.

2. Presentación tipográfica.Impresión: traballo escrito con ordenador. Isto facilitará a corrección lingüística do texto final.

Tipografía: optarase por un tipo de letra con pau (Times New Roman, Arial ou a Garamond) en

tamaño 12 ou 14 (o tamaño non inflúe na extensión do contido mais si na lexibilidade do texto

xa que a numeración correspóndese coas palabras: 2500 - 3000).

Orientación e marxes: os procesadores de textos máis comúns (OpenOffice e Word) son unha

opción aceptábel canto ás marxes. Para a marxe dereita da folla debemos ter en conta o tipo

de encadernación coa que imos traballar. Outra recomendación, un pouco máis espazosa

sería:

Marxe esquerda da folla: 3 cm.

Page 4: 01presentacion Reportaxe

Marxe dereita da folla: 2,5 cm.

Marxe inferior: 3 cm.

Marxe superior: 3 cm.

Canto á orientación, vertical agás no caso de esquemas, liña do tempo ou outro tipo de texto

que dificulte a lexibilidade en vertical.

Sangría: na liña de comezo de parágrafo e despois de punto e aparte. Pódese facer a sangría

co tabulador, coa barra de espazo entre 5 e 8 espazos ou activar as opcións de parágrafo do

noso procesador.

Xustificación ou aliñamento á marxe dereita da folla: a marxe dereita da folla debe estar

xustificada, isto conseguímolo co aliñamento á esquerda ou coa opción xustificada.

O aliñamento xustificado ten como vantaxe principal a estética, pois conserva o aspecto

rectangular da caixa do texto; mais pola contra, ocasiona problemas na última liña do

parágrafo. Pola súa parte, o aliñamento á dereita evita estes problemas, mais como o

procesador non corta as palabras ao final da liña pode ofrecer un aspecto descoidado.

Pódese optar polo que se considere máis claro canto á lexibilidade do documento.

Interliñado: tratándose dun texto longo débese usar espazo e medio ou dobre espazo.

Numeración das páxinas: no caso de traballos a unha soa páxina a numeración debe ser

centrada ou aliñada á dereita (se a situamos no rodapé) e aliñada á dereita (se a situamos na

cabeceira).

Citas no texto: se a cita é breve integramos a cita dentro dunha frase nosa, pero destacando a

súa procedencia e poñendo comiñas ao comezo e ao final da cita.

Se a cita é moi longa é posíbel prescindir do uso das comiñas. Neste caso debemos recorrer a

outras estratexias gráficas, pódese facer a través da redución do tamaño da letra na cita ou

reducindo a anchura do parágrafo ou parágrafos en que se recolle.

3. Partes do traballo e contido

Portada ou primeira folla do traballo. Papel igual có resto das páxinas e non leva numeración.Debe figurar o título do traballo, a materia á que se corresponde, o nome ou os nomes daspersoas que participaron na súa elaboración, o curso e o grupo.

Índice: debe ser a segunda folla do traballo e levar numeración (páxina número 1). No índicerecóllense os apartados principais do traballo, seguidos de puntos suspensivos até seisespazos antes da marxe dereita, onde aparece a abreviatura de páxina (páx.) seguida donúmero da páxina na que se atopa ese apartado.

Material gráfico: imaxes, poemas, gráficos etc. deben levar un pé de foto que indique unhareferencia clara de contido.

Corpo do traballo: débese respectar no contido e no desenvolvemento o que aparece no índicedo traballo. Os títulos dos diferentes capítulos ou apartados deben ir en negra e nun tamañomaior ca o resto do texto, sempre igual.

Page 5: 01presentacion Reportaxe

Bibliografía: colocarase ao final do traballo, ordenada por orde alfabética segundo os apelidosdas autoras e dos autores. De non ter o nome da persoa que fixo o traballo citaremos polotítulo e colócase de acordo á palabra inicial do título da obra.

No caso de tratarse dun libro, os datos poñeranse na orde seguinte:

Rodríguez Sánchez, Francisco (1995): A evolución ideolóxica de M. Curros Enríquez(Vigo: A Nosa Terra).

Apelidos da persoa, Nome da persoa (ano de publicación entre parénteses):Título da obra en cursiva (Cidade: Editorial).

De tratarse de revistas:

García Negro, Mª Pilar. “Comentário á “Introducción” de Aires da miña terra” , A nosacultura 9: Curros Enríquez, Crebar as Liras, 1987, páxinas 42-43.

Apelidos da persoa, Nome da persoa. “Título do artigo”, Nome da revista ondeaparece publicado o artigo, ano de publicación, número ou números da páxina.

De tratarse de páxinas web, poñémolas ao final da bibliografía por orde alfabética e indicamosa última data de visita.

Bitácula de Curros (AS-PG), <http://bitaculas.as-pg.com/curros/> (01/08/2008)Nome da páxina <enderezo web> (data da última visita)

ACTIVIDADE 3

Como puidestes ver, un dos oficios de Curros foi o de xornalista. Imaxinade que tedes que exercer vós a

profesión no ano 1904 e describirdes a chegada de Curros á Coruña. Indicade todos os datos da vosa

revista ou xornal, como figuran na Revista Gallega: nome da revista e subtítulo, prezos (exemplar e

subscrición), referencias temporais (data de publicación, número da revista, ano da publicación etc.), imaxe

da revista etc.

Agora pasade esta revista ao século XXI. Por se vos dá algunha idea, aquí tedes a ligazón para acreación do que sería o modelo de portada dunha revista de actualidade:

http://revistate.wamba.com/index.php