agorafilosofia.files.wordpress.com file · web viewa evidencia sensible constitúe o criterio de...

26
Tema 9. O liberalismo político de Locke Filosofía Moderna Historia da Filosofía TEMA 9. O LIBERALISMO POLÍTICO DE LOCKE 9.1. Empirismo. Definción e carácterísticas 9.2. John Locke. 9.2.1. Biografía e Obras ir . 9.2.2. A idea de “estado de natureza” como fundamento ideolóxico do novo estado burgués: a teoría do contrato social en Locke. ir 9.1. EMPIRISMO. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS. A palabra "empirismo" provén da palabra grega "empeiria" que significa experiencia, ou máis exactamente, coñecemento que se obtén a través da experiencia. Así, chámase empirismo á doutrina filosófica que fundamenta o coñecemento na experiencia sensible. Máis concretamente, chámanse empiristas aos autores modernos ingleses dos séculos XVII-XVIII: Locke, Berkeley e Hume. O Empirismo moderno oponse aos principios esenciais do racionalismo cartesiano francés, sobre todo no que se retire á teoría do coñecemento, en cuestións como a da orixe do coñecemento, o criterio de verdade... aínda que hai empiristas que teñen tamén elementos racionalistas, como é o caso de Locke. Páxina 1 de 26

Upload: ngoduong

Post on 30-Jun-2019

215 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas han de ser comprobadas pola experiencia

Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

TEMA 9. O LIBERALISMO POLÍTICO DE LOCKE

9.1. Empirismo. Definción e carácterísticas

9.2. John Locke.

9.2.1. Biografía e Obras ir.

9.2.2. A idea de “estado de natureza” como fundamento ideolóxico do novo estado burgués: a teoría do contrato social en Locke. ir

9.1. EMPIRISMO. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS.

A palabra "empirismo" provén da palabra grega "empeiria" que significa

experiencia, ou máis exactamente, coñecemento que se obtén a través da

experiencia. Así, chámase empirismo á doutrina filosófica que fundamenta o

coñecemento na experiencia sensible. Máis concretamente, chámanse

empiristas aos autores modernos ingleses dos séculos XVII-XVIII: Locke,

Berkeley e Hume.

O Empirismo moderno oponse aos principios esenciais do racionalismo cartesiano francés, sobre todo no que se retire á teoría do

coñecemento, en cuestións como a da orixe do coñecemento, o criterio de

verdade... aínda que hai empiristas que teñen tamén elementos racionalistas,

como é o caso de Locke.

Non pode esquecerse que os intereses de autores como Locke ou

Hume van máis aló da teoría do coñecemento; ambos participan dos ideais e

dos intereses da Ilustración.

As características xerais desta corrente filosófica son as seguintes:

1. A experiencia sensorial é a orixe e os límites do coñecemento. O

coñecemento non transcende os límites da experiencia externa

(sensación) e interna (reflexión). Todos os nosos coñecementos proveñen

Páxina 1 de 18

Page 2: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas han de ser comprobadas pola experiencia

Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

da nosa experiencia e non poden superar as condicións que esta lles

impón: non podemos ir máis aló. Así, a experiencia sensible é a única

fonte de coñecemento.

2. A evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas

han de ser comprobadas pola experiencia.

3. A negación da existencia de ideas innatas e toda clase de contidos cognoscitivos apriorísticos. Os contidos mentais non son innatos,

senón adquiridos. Considera que o coñecemento é un receptáculo

inicialmente baleiro que se vai enchendo cos datos do mundo exterior.

Estes datos ou experiencias sensibles (que son chamadas ideas por

Locke e Berkeley e sensacións por Hume) constitúen todo o que é j de

coñecemento e a súa característica fundamental é que son elementais

(cor, son, forma...).

4. A eliminación dos contidos metafísicos (xa que transcenden a

experiencia sensible). Temas como Deus ou a alma serán rexeitados. E

ponse en cuestión a capacidade humana para captar a cousa en si, pois

os nosos sentidos unicamente móstrannos feitos ou fenómenos

(fenomenismo). Recordemos que o racionalismo aceptaba sen máis a

capacidade humana para alcanzar a verdade, xa que a razón é ilimitada.

Isto supón que dado que cada persoa se atopa limitada á súa propia

experiencia, cada cal posuirá os seus propios coñecementos (relativismo).

Non hai, pois, verdades universais e intemporais, válidas para todas as

persoas. Cada persoa posúe a súa propia verdade.

5. O interese polo valor útil e práctico do coñecemento, máis que pola

súa necesidade e universalidade.

6. A negación do valor obxectivo dos conceptos universais (ideas).

Para os empiristas, a abstracción serve para formar estas ideas ou

conceptos, pero non os aceptan como cousas propiamente reais, polo

que non teñen valor obxectivo.

Páxina 2 de 18

Page 3: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas han de ser comprobadas pola experiencia

Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

9.2. JOHN LOCKE índice

9.2.1. Biografía e Obras índice

Biografía.

John Locke naceu no pobo de Wrington, preto de Bristol, o 29 de Agosto

de 1632, o mesmo ano que Spinoza. A súa familia era protestante, puritana e

de ideoloxía liberal e nese ambiente educouse durante 14 anos. O seu pai,

funcionario xudicial, loitou a favor do Parlamento durante a Guerra Civil.. Máis

tarde estudou na Westmister School. Recibiu unha educación filosófica

escolástica convencional, é dicir, aristotélico-tomista, estudando retórica,

gramática, filosofía moral, lóxica, xeometría, latín e grego, interesándose tamén

nas ciencias experimentais e a medicina. Con 20 anos ingresou na

Universidade de Oxford, para estudar ciencias naturais, medicina e teoría do

Estado. Alí impartiu clases de grego, retórica e filosofía moral en Oxford desde

1659 ata 1664. Colaborou co seu amigo R. Boyle, fundador da química

moderna e estudou cun eminente médico da época, o que lle situaba moi preto

dos científicos máis destacados das ciencias experimentais.

En 1665 ingresou no servizo diplomático e en 1667 entrou como

secretario en casa de lord Ashley, un dos políticos máis importantes da época e

que máis tarde seria nomeado conde de Shaftesbury. Este conseguiría para

Locke algúns cargos menores no Goberno.

En 1675, Locke é obrigado a afastarse da súa patria por ser membro

activo da oposición ao rei católico Carlos II, polo que viaxa por algunhas

nacións e ponse en contacto cos disidentes e heterodoxos de varias capitais.

Finalmente, Locke instalouse en Holanda, lugar que se converteu no

refuxio de numerosos filósofos e científicos debido á súa tolerancia ante os

momentos de intolerancia relixiosa e intelectual que se viven en Europa neses

anos. Alí centra as súas reflexións ó redor da idea de que Inglaterra estaba a

piques de romper co absolutismo monárquico, para converterse na terra das

Páxina 3 de 18

Page 4: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas han de ser comprobadas pola experiencia

Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

liberdades individuais e con poder de elección dos seus representantes

políticos.

E foi alí, en Holanda, onde escribiu as dúas obras que lle abrirían as

portas da fama, "Ensaio sobre o entendemento humano", de carácter filosófico,

e "Ensaio sobre o goberno civil”, onde plasma o seu pensamento político. Cabe

destacar tamén “Unha carta sobre a tolerancia” entre as súas obras escritas

nesta época.

Volveu á súa terra natal en 1688, cando Guillermo de Orange

desembarcou en Inglaterra para derrocar aos Estuardos e facer cumprir as

palabras inscritas nas súas bandeiras: pola liberdade, pola relixión protestante

e polo Parlamento. Dese modo Inglaterra, grazas á Revolución Gloriosa de

1688, converteuse na primeira monarquía constitucional.

Desde entón, Locke converteuse no representante intelectual e no

defensor filosófico do novo réxime liberal, ademais de ser nomeado polo rei

Guillermo para que desempeñase o ministerio de Comercio

Dimitiu deste cargo en 1700 debido a unha enfermidade e morreu catro

anos máis tarde en Oates, Essex, o 28 de Outubro de 1704.

Se lle considera o pai do liberalismo, por soster que todo goberno xurde

dun pacto revogable entre individuos, co propósito de protexer a vida, a

liberdade e a propiedade das persoas, tendo os cidadáns o dereito a retirar a

confianza ao gobernante e rebelarse cando este non cumpra coa súa función.

O liberalismo foi un sistema filosófico, económico e político que promovía as

liberdades civís e o máximo límite ao poder coactivo dos gobernos sobre as

persoas, opoñéndose ao despotismo e servindo de fundamento aos gobernos

representativos e democracias parlamentarias. Este movemento xurdiu como

consecuencia da loita da burguesía contra a nobreza e a Igrexa, querendo

acceder ao control político do Estado e buscando superar os obstáculos que a

orde xurídica feudal opoñía ao libre desenvolvemento da economía.

En xeral, podemos dicir que Locke defendeu os ideais ilustrados de racionalidade, tolerancia, filantropía (amor á humanidade) e liberdade relixiosa. Interesouse pola filosofía cartesiana, estudou física, química e

medicina, tras abandonar os estudos de teoloxía.

Páxina 4 de 18

Page 5: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas han de ser comprobadas pola experiencia

Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

Obras.

Ademais das mencionadas anteriormente, hai que mencionar entre as

súas obras máis importantes, “Dous Tratados sobre o Goberno Civil” (1690), o

“Ensaio sobre o goberno civil”, que é un resumo das ideas político-xurídicas

liberais; os “Pensamentos sobre a educación” (1693); “A racionalidade do

cristianismo” (1695) e “Cartas sobre a tolerancia” (1698).

Dous tratados sobre o Goberno civil: (1691), obra de filosofía política,

publicada anonimamente en 1690.

1º Tratado: O primeiro tratado ten un carácter esencialmente polémico e

intenta refutar as teses de Robert Filmer, que na súa obra “Pathriarca”

daba fundamentación divina ao poder dos reis. Os homes, segundo

Filmer, non son libres por natureza; de aí a necesidade dunha monarquía

absoluta que os una.

2º Tratado ou Ensaio sobre o Goberno Civil: O segundo tratado no que

expón a súa teoría do Estado: a sociedade política ou civil debe basearse

nos dereitos naturais e no contrato social entre homes libre e iguais.

Defende a tese de que o gobernante posúe o seu poder polo

consentimento do pobo e que fóra deste consentimento non existe

autoridade algunha. Trata sobre a "verdadeira orixe, extensión e fin do

goberno civil", considerado como unha resposta ás posturas absolutistas

de Hobbes e os monárquicos.

9.2.2. A idea de “estado de natureza” como fundamento ideolóxico do novo estado burgués: a teoría do contrato social en Locke. índice

Xunto á preocupación polo coñecemento, os pensadores

empiristas preocúpanse sobre todo pola política e a moral.

Páxina 5 de 18

Page 6: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas han de ser comprobadas pola experiencia

Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

É considerado o principal teórico de liberalismo1. A súa insistencia

en respectar determinadas parcelas individuais farán del un claro

expoñente da clase social emerxente e da súa mentalidade: a burguesía.

Locke exerce un enorme influxo na orixe da filosofía política liberal, as

súas ideas foron recollidas por Montesquieu no século XVIII, quen

exerceu unha influencia decisiva sobre os liberais que protagonizaron a

Revolución Francesa de 1789, que supuxo a liquidación definitiva do

absolutismo monárquico e dos principios do Antigo Réxime. As ideas

políticas de Locke plasmáronse na revolución americana e influíron en

toda a tendencia liberal progresista, que se opuxo ó absolutismo político

no século XVIII, en toda Europa2.

Nos escritos políticos de Locke (“Dous Tratados sobre o Goberno

Civil”) o autor elaborou unha forma de constitucionalismo liberal que se

impuxo na Revolución inglesa de 1688. A monarquía non se funda no

dereito divino, senón que a sociedade e o Estado nacen do dereito da

natureza, que coincide coa razón. Afirma que para fundamentar

racionalmente a sociedade é preciso saber cal é o estado natural do ser

humano.

1 LIBERALISMO

Corrente de pensamento que proclama a liberdade absoluta do individuo, movido pola súa vontade e a súa responsabilidade, ante

calquera situación, decisión ou acto. As características principais do liberalismo son o individualismo, a liberdade, o antiestatalismo,

a competencia e a filosofía do progreso. A corrente filosófica empirista (Locke) do século XVII ten notables influxos. Se ben a

economía política tivo a súa orixe nos fisiócratas franceses e na escola clásica de economía inglesa do século XVII, foi o século XIX

o gran período do liberalismo. O seu triunfo debeuse á adaptación dos presupostos ideolóxicos ás condicións reais da economía

internacional, profundamente transformada debido á expansión da revolución industrial..2 Existen moitos pensadores que plasmaron o compoñente ideolóxico do liberalismo. Durante os séculos XVIII e XIX, ó

utilitarismo moral sumóuselle o empirismo defendido polos ingleses Locke e Hume, e o individualismo de Hobbes.

Montesquieu inaugura a liña política ó preconizar a separación dos tres poderes (executivo, lexislativo e xudicial).

Rousseau sentou as bases de libre acordo entre os cidadáns para impedir a preponderancia de estamentos ou clases

sobre o conxunto da sociedade. Voltaire, en distintos escritos, criticaba a sociedade e o sistema político do Antigo

Réxime. Os líderes ideolóxicos da revolución norteamericana (Jefferson, Paine), aínda cunha articulación teórica

menos sistemática, desenvolveron na práctica un modelo de estado que sería exemplo para as democracias liberais de

todo o século XIX. De igual xeito, o exemplo inglés de regulación das competencias reais e o papel do Parlamento

serviron como guía ó liberalismo internacional, máxime cando os seus presupostos foron revisados por John Stuart Mill,

quen sinalou a necesaria intervención do Estado en aspectos anteriormente tidos como exclusivos da iniciativa privada

para asegurar a prosperidade colectiva e o desenvolvemento económico

Páxina 6 de 18

Page 7: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas han de ser comprobadas pola experiencia

Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

O estado de natureza

A filosofía política de Locke (do mesmo xeito que a de Hobbes, antes que el, e a de Rousseau, con posterioridade) remítese á idea

básica do «estado de natureza». É necesario establecer cal é o estado

natural do ser humano, co fin de fundamentar racionalmente nel a

sociedade política.

O que pasa é que cada un destes pensadores entenderá de

maneira distinta este estado anterior á sociedade civil e política. Locke

non parece compartir nin a tese da bondade natural do ser humano de

Rousseau nin a teoría de Hobbes de que todos os seres humanos son

malos por natureza. No estado natural (no que non existe organización

política), os seres humanos poden violar os dereitos e as liberdades dos

demais (e, polo tanto, o home non é necesariamente bo), pero tamén

nese estado os homes contan cunha lei moral, descuberta pola razón: a

lei natural, que impón uns límites á súa conciencia e á súa conduta.

No estado da natureza os seres humanos deberon gozar de

perfecta liberdade para ordenar os seus actos e para dispor das súas

propiedades e as súas persoas como mellor lles parecía, sen necesidade

de pedir permiso e sen depender da vontade doutra persoa. Neste estado

non existe organización política e as persoas con total liberdade, posúen

a Lei Moral Natural. Esta lei goberna o estado da natureza e debe ser

entendida como manifestación da vontade de Deus, sinal de que ninguén

debe danar a outro na súa vida, saúde e liberdade. Así, todos os seres

humanos están dotados da razón e a liberdade suficiente para coñecer

unha orde do mundo que os leva a cooperar coa preservación dos seus

dereitos. Esta Lei Natural é a que establece os límites da conduta dos

seres humanos e que ensina que, sendo todos iguais, non poden danar a

ninguén na súa vida, saúde, propiedade ou liberdade. Trátase dunha

racionalidade implantada "polo mesmo Deus", pola cal os homes poden

discernir entre o ben e o mal, e cuxo primeiro desexo é o da auto-

preservación e o de non danar ao outro nos seus dereitos irrenunciables.

Páxina 7 de 18

Page 8: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas han de ser comprobadas pola experiencia

Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

No estado de natureza resulta difícil a defensa dos dereitos

individuais, por unha parte, porque non é posible defenderse dos ataques

das demais persoas, por outra, porque existe o perigo de excederse e ser

arbitrario na defensa deses dereitos. En consecuencia, faise necesaria

unha lei obxectiva e unha organización política que remedie esta

situación. Para iso temos a Lei Positiva, que se inspira na lei natural e é

a lei propia da sociedade civil. A diferenza da lei natural, na que non é

seguro que vaia ser respectada por todos, a lei positiva se o vai a ser, xa

que, ó ser de común acordo entre as persoas, é aceptada por todos e a

acción transgresora será castigada.

Mediante a razón o home coñece a Lei Natural e por iso asístelle o

dereito de impor ós demais o seu cumprimento mediante a lei positiva, e

ten o dereito a castigar ós transgresores desa lei cun castigo que impida a

súa violación: "un home consegue poder sobre outro máis non poder

arbitrario ou absoluto para tratar ó criminal (...) seguindo a apaixonada

fogosidade ou a extravagancia ilimitada da súa propia vontade".

Esta lei natural non é innata, pois coñecémola, como todo, a partir

da experiencia sensible. É obrigatoria, porque constitúe a regra da

conduta moral e ten a Deus polo seu autor. O carácter racional da lei

natural fai que esta se presente como unha lei de conveniencia, a través

da cal os seres humanos deciden formar unha comunidade.

TEXTO Nº 1: J.LOCKE– Ensaio sobre o Goberno Civil, Cap 2 & 6

“6. Pero, aínda que este sexa un estado de liberdade, non é, porén, un

estado licencioso; aínda que o home neste estado teña unha incontrolada

liberdade para dispor da súa persoa e propiedades, con todo, non ten

liberdade para destruírse a si mesmo, ou menos aínda a calquera criatura

que estea no seu poder, excepto no caso en que algunha razón máis

nobre que a súa preservación o guiase. O estado de Natureza ten unha

Páxina 8 de 18

Page 9: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas han de ser comprobadas pola experiencia

Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

lei da Natureza para gobernarse, a cal obriga a todo o mundo, e esta é a

razón, a cal ensina a todos os homes, só con que queiran consultala, que,

sendo todos iguais e independentes, ninguén debe danar a outro na súa

vida, saúde, liberdade ou posesións; xa que, sendo todas as persoas a

obra dun Creador omnipotente e infinito; todos serventes dun xefe

soberano, enviados ó mundo baixo a súa orde e negocio, eles son a súa

propiedade, a súa obra, e foron feitos para durar mentres el o queira, e

non mentres a outro lle praza. E sendo creado con tales facultades,

compartindo todos a mesma comunidade da natureza, non pode ser

suposta ningunha subordinación entre nós que nos autorice a destruírnos

uns a outros como se foramos feitos para outros usos, como as criaturas

de inferior rango o foron con respecto a nós. Cada un está obrigado a

preservarse a si mesmo e a non abandonar o seu posto por libre decisión,

pola sinxela razón de que, cando a súa propia preservación non está en

xogo, deberá, tanto como poida, preservar o resto da humanidade, e

nunca, excepto para facer xustiza a un ofensor, roubar ou prexudicar a

vida doutro, ou o que axude á súa preservación, liberdade, saúde,

integridade ou bens.”

J.LOCKE: Dous Tratados sobre o goberno. (1.680-1.690). L.II: Sobre a verdadeira orixe,

alcance e fins do Goberno Civil. Cap.2: Sobre o estado de Natureza. (Trad. gal. de Mª

Esperanza González Escudero, IES Mendiño, Redondela)

O dereito á propiedade privada

Locke presta especial atención ao dereito de propiedade, elaborando toda unha teoría que influirá en teóricos posteriores como

Adam Smith, David Ricardo e Kart Marx. Para Locke, a propiedade

significa bens, o dereito a herdar, e a capacidade de acumular riquezas.

Hai que ter en conta que, de acordo coas leis inglesas da época, os

homes condenados por un delito maior debían entregar as súas

Páxina 9 de 18

Page 10: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas han de ser comprobadas pola experiencia

Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

propiedades ao Estado e moitas familias adiñeiradas arruináronse debido

á condena dalgún dos seus membros.

Segundo Locke, os seres humanos tamén teñen dereitos naturais,

dereitos que son precedentes ó estado porque xa se tiñan no estado de

natureza. Un destes dereitos importantes é o de propiedade: o dereito á

propiedade privada dos bens e o de poder herdar a propiedade. .

O fundamento deste dereito da propiedade establécese polo

traballo. Posto que o individuo, que é libre, é propietario da súa persoa,

tamén o será do traballo que realice co seu esforzo.

A propiedade, como todo dereito natural, está suxeito a uns límites

que son impostos pola razón, como o de non acaparar bens non

necesarios para a subsistencia e o malgaste ou a perda dos mesmos.

A sociedade civil e o contrato social

Os seres humanos son sociais por natureza e a sociedade do

estado de natureza é previo a calquera organización política da

sociedade.

No estado natural, antes da existencia dos gobernos, resulta difícil

a propia defensa. Este é un dos inconvenientes do estado da natureza,

polo que para asegurar a propia vida, a liberdade e a propiedade, os

seres humanos puxéronse de acordo para a creación dunha nova orde

social, para constituír unha sociedade civil. Os seres humanos dan orixe

á sociedade civil a través de consenso, do pacto entre iguais, respectando

a vontade maioritaria e renunciando, só en parte, á propia liberdade, coa

finalidade de salvagardar os dereitos naturais (vida, saúde, liberdade,

propiedade), de aproveitarse dun ambiente de seguridade e tranquilidade.

A isto coñéceselle como contrato social. O contrato social expresa o

paso do estado natural á sociedade civil

A existencia previa, no estado de natureza, da lei natural baseada

na razón é o que abre posibilidade dunha convivencia social pacífica

mediante o sometemento voluntario das liberdades individuais a un poder

superior (Estado) para que estas sexan protexidas con garantía.

Páxina 10 de 18

Page 11: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas han de ser comprobadas pola experiencia

Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

Polo tanto, calquera organización política debe partir dos dereitos e

necesidades do ser humano. O Estado salvagarda desta maneira eses

dereitos individuais, especialmente o dereito á propiedade privada,

garante a liberdade e establece leis.

Defende que a sociedade xorde en virtude dun pacto social, mediante o cal os seres humanos deciden constituír unha sociedade para

o proveito común. Así, a orixe e o fundamento racional da sociedade

política atópase no consenso dos gobernados, no consentimento de todos

os cidadáns, nun contrato libremente aceptado por todos e entre iguais. É

por isto que Locke, xunto con outros pensadores como Hobbes e

Rousseau, atópase entre os denominados "contractualistas", que se

opoñen á teoría da "sociabilidade natural" de Aristóteles, segundo a cal a

Cidade-Estado ten unha orixe natural e non convencional. Antecedentes

deste convencionalismo social podemos atopalos xa nos sofistas (s. V

a.C), pero como tal teoría, desenvolveuse sobre todo nos séculos XVII e

XVIII.

Respecto ao pacto, a tradición contractualista sostivo que se

precisan dous contratos sucesivos para dar orixe ao Estado: o primeiro é

o pacto de sociedade, polo cal un grupo de seres bumanos decide vivir en

comunidade, e o segundo é o pacto de suxeición, no cal estes seres

humanos sométense a un poder común, ó Estado. Locke, en cambio, non

defende un pacto de suxeición como en Hobbes e outros contractualistas,

senón que o pobo, que ten o verdadeiro poder soberano, outorga aos

poderes a súa confianza sen someterse a eles, xustificando a

desobediencia civil no caso de que a autoridade non cumpra coa súa

parte do pacto.

Polo tanto, en contra de Hobbes, que defendía que o contrato

implicaba necesariamente a renuncia á liberdade para quedar sometidos

á soberanía do monarca (que era absoluta), Locke sostén que constituída

esta sociedade civil, nela todos os individuos continúan sendo iguais. O que pasa é que co fin de manter unha orde determinada,

Páxina 11 de 18

Page 12: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas han de ser comprobadas pola experiencia

Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

establécese a organización política encargada de gobernar devandita

sociedade. Así, en contra de Hobbes, Locke mantén a distinción entre a

sociedade civil e o seu goberno e, en consecuencia, os seres humanos

non perden a súa liberdade natural, senón pola contra, os gobernados, o

pobo ou a sociedade civil continúa sendo o dono do poder, de tal modo

que os gobernantes son responsables dos seus actos ante eles. Pódese

dicir que a través do contrato (explícito ou implícito), os individuos renuncian só a parte da súa liberdade, para poder gozar dela con maior seguridade; entregan todo o poder necesario para alcanzar os fins

propios da sociedade, e aceptan someterse á vontade da maioría.

A sociedade política

A partir do pacto ou contrato social, consensuado por todos os

individuos iguais, faise necesaria unha organización política, a

sociedade política, que é a organización ou estrutura concreta que

adoptan as sociedades civís, e con ela, unha lei obxectiva que remedie

as desvantaxes do estado natural. O Estado actuará como xuíz e

protexerá os dereitos básicos das persoas.

Pero Locke non admite que a sociedade política sexa antinatural,

radicalmente contraria á natureza: máis ben concíbea como algo útil e

adecuado para salvagardar o goce pacifico dos dereitos naturais.

O poder do Estado non é ilimitado nin absoluto nin arbitrario. Os

gobernantes están ó servizo dos individuos, xa que estes renunciaron a

parte da liberdade para que os seus dereitos fosen protexidos.

Así, mentres que no caso de Hobbes, a unidade da sociedade

debíase e se fundamentaba na persoa do príncipe, en Locke é ao revés,

a unidade da sociedade é previa á súa organización política e esta se

fundamenta naquela, é dicir, a sociedade funda e sostén a organización política. Deste xeito, Locke rexeitou a monarquía absoluta por ser incompatible coa sociedade civil e coa igualdade de

todos os seres humanos na mesma medida en que nela se exclúen as

Páxina 12 de 18

Page 13: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas han de ser comprobadas pola experiencia

Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

liberdades naturais. O goberno absoluto non pode ser lexítimo pois non

existe un árbitro imparcial nas disputas entre gobernante e o seu súbdito,

e desta maneira ambos quedarían en estado de natureza. O goberno

debe estar limitado e cumprir cunha función: protexer á comunidade sen

interferir na vida dos individuos. É un árbitro pasivo que permite que cada

un busque os seus propios intereses e só intervén cando hai disputas.

Para este pensador, o Estado encarna a lei común que evita o perigo do

enfrontamento de todos contra todos, pero non debe esquecer que ten a

súa orixe na vontade dos individuos, á que sempre se mantén

ineludiblemente vinculado e que ademais depende dos seus votos,

porque os dereitos individuais son inalienables. Deste modo, acaba

defendendo unha monarquía constitucional controlada polo Parlamento.

O único medio para impedir que a autoridade soberana se converta

en despótica é a división da soberanía ou a división dos poderes. Os

dous fundamentais son o lexislativo e o executivo. O terceiro é o poder

federativo. É necesario que eses poderes estean en mans distintas, para

que non haxa tentación de abuso de poder, como pode ocorrer se están

reunidos nunha soa persoa ou nun grupo. Tamén é necesario que estean

limitados, vixiados e asegurados polo pobo mediante o dereito de

insurrección e a anulación do pacto.

a) Poder lexislativo. Debe ser exercido polo Parlamento, que é quen

formula e dita leis que obrigarán a todos os membros da sociedade sen

excepción. Este poder regula a conduta social: ten o dereito de sinalar

como debe empregarse a forza da comunidade política e dos membros

da mesma, é o Estado quen debe empregar a forza para protexer ós

cidadáns;. Debe ser supremo, elixido e renovado cada certo tempo polo

voto popular.

b) Poder executivo. É o encargado de gobernar mediante leis fixas,

establecidas, promulgadas e coñecidas polo pobo. É quen asegura a

aplicación das leis positivas no interior e poderá empregar a forza dentro

da comunidade gobernada. É o poder que debe ter o monarca. Este

Páxina 13 de 18

Page 14: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas han de ser comprobadas pola experiencia

Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

poder inclúe o seguinte.

c) Poder federativo. Ocúpase das relacións entre nacións, do exterior, é

dicir, para todo o que concirne á paz, á guerra e ó comercio.

Para Locke, a revolución é aceptada cando hai que enfrontarse á

tiranía ou contra calquera usurpación do poder. Pero é inxusta toda

rebelión contra un goberno legal.

Esta acción pódese xustificar xa que o gobernante e os

gobernados atópanse en estado de natureza, e xa que logo son iguais. E

nesa situación os seres humanos poden defender os seus dereitos contra

aqueles que non os respecten

Por encima da lei do Estado ou da autoridade está unha lei

superior: o dereito de insurrección. Segundo Locke, cando o pobo

considérese en condicións miserables, pode rebelarse contra quen queira

que sexan os gobernantes, non importa que estes sexan "sacros e

divinos, que descendan, ou sexan autorizados polos ceos ou que veñan

de onde queiran".

Os que exercen o poder político teñen un mandato popular e son

responsables ante o pobo do desempeño da súa misión, consistente en

promover o ben común, convertéronse en principios básicos comunmente

aceptados en todo Estado democrático. A súa xustificación da insurrección cando o goberno se volve tiránico e rompe o contrato é

considerada como un dos elementos democráticos da súa teoría política e

unha idea subversiva para a época. O goberno disólvese cando "o

lexislativo ou o monarca actúan traizoando a confianza que se depositou

neles", revertendo o poder á comunidade, que establecerá un novo

lexislativo e executivo. O pobo é quen decide cando se rompeu a

confianza e ten este poder porque subsiste como comunidade pese á

disolución do goberno. Por iso, o pobo ten dereito a actuar en calidade de

poder supremo e constituírse en lexislativo. Con isto, vemos como en

Locke, a disolución do goberno non implica a disolución da sociedade, polo que o perigo da anarquía non pode ser invocado para

tolerar o despotismo e a opresión, como en Hobbes.

Páxina 14 de 18

Page 15: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas han de ser comprobadas pola experiencia

Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

Posteriormente, será o filósofo francés Rousseau, vinculado á

Ilustración, quen dará un paso máis e defenderá unha democracia

asemblearia e un Estado social. Como contractualista, defenderá a

"insociabilidade natural” do ser humano primitivo, que se ben é algo

egoísta, posúe o sentimento de piedade ou de empatía que lle leva a

identificarse con quen sofre. Deste modo, Rousseau denomínao o "bo

salvaxe" e concibe o estado de natureza como o paraíso perdido. Será a sociedade, co establecemento da propiedade privada, a causante de todo o negativo que hai no ser humano: desigualdade,

insolidariedade, violencia...Como xa non hai volta atrás, Rousseau

propón unha mellora substancial da organización socio-política para que

esta se asemelle o máis posible a esa situación orixinaria.

TEXTO Nº 2: J.LOCKE - Ensaio sobre o Governo civil, Cap. 7 & 89 e 90

“89. Polo tanto, onde queira que calquera número de persoas se xunten

nunha sociedade dispostas a abandonar cada un o seu poder executivo

da lei da natureza, e a renunciar a el a favor do poder público, alí e só alí

haberá unha sociedade política ou civil. E isto dáse onde queira que un

número calquera de homes, en estado de natureza, pase a formar unha

sociedade co fin de construír unha persoa ou corpo político baixo a

soberanía dun goberno supremo, ou tamén cando calquera particular se

une e incorpora a un goberno xa feito. Xa que neste caso autoriza á

sociedade ou, o que é o mesmo, ó poder lexislativo dela a facer leis para

el, tal e como o ben público de dita sociedade requira, para a execución

das cales é preciso (como para os seus propios decretos) a súa

colaboración. E isto pon os homes fóra do estado de natureza e dentro

daquela república [commonwealth], establecendo un xuíz na terra con

autoridade para a determinación de todas as controversias de dereito que

xurdan entre eles, e para reparar as inxurias que puideran ocorrer contra

calquera membro da república [commonwealth], o cal será xulgado polo

Páxina 15 de 18

Page 16: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas han de ser comprobadas pola experiencia

Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

poder lexislativo ou polos maxistrados sinalados para tal fin. E onde

queira que houbese un número de homes dalgún xeito asociados, que

non tivesen tal poder decisivo ó que apelar, entón alí estarán aínda no

estado de Natureza. § 90. E polo tanto, é evidente que a monarquía

absoluta, a cal é considerada por algúns como a única forma de goberno

válida no mundo, é de feito incompatible coa sociedade civil e, polo tanto,

non pode ser unha forma de goberno civil en absoluto. Dado que o fin da

sociedade civil é evitar e remediar aqueles inconvenientes do estado de

natureza que se derivan necesariamente do feito de que cada home sexa

xuíz do seu propio caso, establecendo unha autoridade coñecida á cal

calquera membro desa sociedade poida apelar en caso de ser inxuriado,

ou en caso dunha controversia que poida xurdir, e á cal todos os

membros de dita sociedade deban obedecer. Onde queira que haxa un

grupo de persoas que non teñan tal autoridade á que apelar, e que poida

decidir calquera diferenza que entre eles poida alí xurdir, esas persoas

estarán aínda no estado de natureza. Nel atópase todo príncipe con

respecto a aqueles que estean baixo o seu dominio.”

J.LOCKE: Dous Tratados sobre o Goberno (1.680-1.690). LII, Cap.VII

(Trad. gal. de Mª Esperanza González Escudero, IES Mendiño, Redondela)

A tolerancia relixiosa

A “Carta sobre a tolerancia” de Locke representa unha das

primeiras reflexións sobre a tolerancia relixiosa. A obra resume os

argumentos achegados polos defensores da liberdade relixiosa, desde a

Reforma de Lutero, nun momento en que ese respecto entre as diferentes

confesións relixiosas non era aceptado por todos. Este dereito é un dos

primeiros que a modernidade asume.

A defensa da tolerancia é unha esixencia no contexto das relacións

morais, pero tamén se inscribe dentro dos principios da tolerancia política

social e civil. A tolerancia debe enmarcarse no respecto á liberdade

individual. A súa teoría sobre a tolerancia é unha consecuencia lóxica da

súa teoría sobre a natureza da sociedade e o goberno.

Páxina 16 de 18

Page 17: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas han de ser comprobadas pola experiencia

Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

Para Locke, os males que padece a sociedade política non son

consecuencia da división relixiosa, senón da intolerancia dunhas persoas

coas crenzas doutras.

Preocúpase pola relación entre Igrexa e Estado, defendendo que o

Estado ha de ser unha institución secular con fins seculares, pois "todo o

poder do goberno civil retírese soamente aos intereses civís dos homes..."

Por outro lado, a Igrexa en si é unha cousa absolutamente distinta e

separada do Estado, xa que é "unha sociedade de membros unidos

voluntariamente" sen poder coactivo. Deste modo, sinala que a tarefa do Estado debe limitarse ás cuestións relacionadas cos intereses civís da sociedade sen inmiscuirse nas crenzas relixiosas dos cidadáns, mentres que as asociacións relixiosas deben ser libres e a pertenza a elas

voluntaria, sen que ningunha destas sociedades poida gozar de

preeminencia ante os poderes políticos; por outra banda, as actividades

destas sociedades deben limitarse ao seu ámbito propio, o relixioso.

Locke prescribe que debe tolerarse calquera postura relixiosa que non prexudique os intereses fundamentais da sociedade e do Estado. O

Estado só pode prohibir aquelas doutrinas que poidan alterar a paz e a

seguridade públicas, sexan "papistas" ou "fanáticos". Tampouco o

ateísmo é válido, pois ao non crer en Deus non se teñen principios morais,

pero "nin os pagáns, nin os mahometanos, nin os xudeus deberían ser

excluídos dos dereitos civís do Estado a causa da súa relixión".

A Igrexa e o Estado son dúas sociedades distintas. A Igrexa é

unha sociedade libre e voluntaria de persoas que ten por finalidade dar

culto público a Deus e así adquirir a vida eterna. Por iso ninguén pode ser

obrigado a entrar ou a permanecer nunha igrexa determinada. O uso da

forza para coaccionar en cuestións de crenzas relixiosas non ten sentido

e é absurda e ineficaz, xa que ninguén pode configurar as súas crenzas

segundo o mandato doutras persoas.

Esta estrita separación entre Igrexa e Estado é outro aspecto que

diferenza a Locke de Hobbes, quen consideraba que a Igrexa debía

estar subordinada á autoridade secular. Retrocedendo na historia, vemos

Páxina 17 de 18

Page 18: agorafilosofia.files.wordpress.com file · Web viewA evidencia sensible constitúe o criterio de verdade. As nosas ideas han de ser comprobadas pola experiencia

Tema 9. O liberalismo político de LockeFilosofía Moderna

Historia da Filosofía

como esta tese oponse tamén a autores medievais como San Agostiño e

Santo Tomé.

Locke rexeita as guerras, especialmente as guerras relixiosas, que

son froito da intolerancia. As comunidades relixiosas son sociedades

libres e voluntarias e ningún poder pode forzar a abrazar unha relixión sen

consentimento individual. Defende, por tanto, a liberdade de crenza. Así

mesmo, rexeita a persecución relixiosa, a manipulación da verdade que

debe ampararse na razón. O Estado pode ser intolerante fronte ás

doutrinas que poñan en perigo as cousas necesarias para a conservación

do poder civil.

No contexto da loita pola tolerancia, Locke entende que a liberdade

relixiosa presupón a secularización do Estado e a política, á vez que a

conveniente diferenciación entre o civil e o relixioso.

Páxina 18 de 18