carnota · plan de axudas ˜˚˛˝˚˙ˆ˙ˇ˘ ˇ territorio gdr- costa da morte. erritor og...

2
Plan de Axudas Programa LEADER 2014-2020 Territorio GDR- Costa da Morte. O ámbito territorial de actuación do programa xestionado polo GDR-Costa da Morte correspóndese cos seguintes concellos: > Coristanco > Dumbría > Fisterra > A Laracha > Laxe > Malpica > Mazaricos > Muxía > Ponteceso > Vimianzo > Zas > Cabana de Bergantiños > Camariñas > Carballo > Carnota > Cee > Corcubión 981 71 73 58 gdrcostadamorte.com Edificio Servicios Múltiples. Rúa A Torre, s/n 15129 - VIMIANZO T. 678 648 065 Centro Comarcal de Bergantiños. A Camposa, s/n, Buño, 15111 - MALPICA DE BERGANTIÑOS T. 608 633 222 Í As terras de Carnota contan cun extenso patrimonio xa que foron habitadas desde tempos inmemoriais, espérache un territorio de petroglifos, castros, hórreos xigantescos, pombais e templos de estilo barroco. Arqueolóxico A Laxa Escrita é un petroglifo localizado no lugar chamado “Descansadeiro”; esta gran laxa de 11 x 6 m de superficie ten a peculiaridade de que durante miles de anos os habitantes carnotáns deixaron a súa pegada artística na superficie da pedra, podense observar representacións da idade do bronce, a de ferro, da idade media e a idade contemporánea. Hai outros petroglifos como o do Filladuiro, As Laxiñas, Rego Lamoso, Porta Ventosa, Prousos Magos. Da cultura castrexa, o exemplo mellor conservado é o Castro de Mallou que aínda presenta restos das murallas e das vivendas, o recinto principal do castro ocupa unha superficie de forma oval duns 4.450 metros cadrados. Relixioso A igrexa barroca de Santa Columba de Carnota (s.XVIII) integra un conxunto arquitectónico formado pola igrexa, a reitoral, o pombal e o hórreo. A torre-campanario é obra do mestre canteiro Carlos Aboy e no seu interior hai tallas do escultor Ferreiro. A igrexa de San Mamede (1755) de estilo barroco ostenta no seu interior un fermoso retablo neoclásico realizado polo escultor Ferreiro, e na fachada destaca un reloxo de sol. Civil Ademais dos pombais e os inmensos hórreos hai un enclave moi interesante dentro da arquitectura civil. A Torre dos Mouros, unha impoñente fortificación de inicios da Idade Media, que ten unha privilexiada panorámica que abrangue dende Monte Louro ata o Cabo Fisterra. Esta monumental edificación podería tratarse dun oppidum, que eran “os lugares seguros” que servían de refuxio á poboación ante os ataques das razzias viquingas. No cabo de Punta Insua hai unha edificación que merece ser visitada, o Faro de Lariño, que foi construído en 1920 para alumear a costa dende a Ría de Muros ata a de Corcubión. PATRIMONIO Todo o que se pode dicir da praia de Carnota quedase pequeno, é un deses lugares que che transportan ao máxico mundo dos soños, onde un enorme areal compite co océano infinito, aos pés dunha montaña sagrada que reproduce todos os matices do lume na posta do sol. Está considerada como a máis grande de Galicia, sendo perfecta para perderse nos 7 km que ten; no mesmo centro da praia, hai una insólita paisaxe de enormes pedras que como caídas do ceo aparecen espalladas no medio de grandes pozas naturais de augas incriblemente cristalinas de tonalidade turquesa, este lugar é coñecido como Boca do Río. Tras do inmenso areal un conxunto único de dunas e marismas cunha lagoa interior acolle comunidades vexetais e animais de grande interese, sendo un lugar ideal para a observación de aves, xa que serve de acubillo a multitude de especies durante os seus movementos migratorios e a outras que permanecen durante todo o ano. Poden avistarse corvos mariños, mascatos, gabitas, mazaricos, garzas ou píldoras raiadas; co engadido de ser un dos poucos lugares de Galicia onde aniña a píllara papuda. Para protexer esta importante riqueza biolóxica e paisaxística creouse o LIC Carnota- Monte Pindo, declarado Zona de Especial Protección para as Aves. PRAIAS Ademais da emblemática Praia de Carnota, nos 42 quilómetros de litoral de Carnota hai unha interminable sucesión de fermosas praias e espléndidos areais. A praia de San Pedro do Pindo ten un atractivo moi especial; a brancura da súa area e a incrible transparencia das súas augas de tonalidades turquesas. Lariño é inmellorable para a práctica de deportes náuticos, unha praia ampla e solitaria nun entorno moi fermoso, gozarás da beleza dun entorno virxe e impresionantes postas de sol, xunto ao faro a praia de Lariño, de area fina e branca é un paraíso para os surfistas e contrasta coas pintorescas calas de area e cantos rodados da zona norte. Para os que buscan un día de praia, xantar e terraciñas hai varias praias de entorno urbano como a praia do Porto de Quilmas, a de Cancelo Graos ou a praia de Caldebarcos. Este gran xigante de pedra que se ergue dende o mar alcanzando os 642 m de altura, impresiona polo espectacular modelado do seu relevo de tonalidade rosácea; a abundancia e a complexidade das formas graníticas que atesoura. Configura unha paisaxe de excepcional beleza e xeoloxicamente adquire un valor extraordinario, polo que está recoñecido como Punto de Interese Xeolóxico de Importancia Nacional. O Monte Pindo forma parte da Rede Natura 2000, pola súa biodiversidade e o valor ecolóxico das especies que alberga, moitas delas catalogadas de “interese especial”, ameazadas ou con algún grao de protección. Este patrimonio natural ten algunhas xoias como Quercus lusitanica ou “Carballo anano” de alto valor ecolóxico e que supón unha singularidade bioxeografía. As fontes documentais dan constancia de restos arqueolóxicos que sitúan ao home prehistórico neste lugar, dunha época posterior están as murallas que clausuran os pasos e que poderían tratarse de grandes construcións defensivas dos séculos IV-VI, ou o Castelo de San Xurxo construído sobre os afloramentos graníticos do “Pedrullo” e que formaba parte dunha rede de castelos costeiros erixidos contra os ataques dos viquingos e sarracenos, e durante a Guerra Civil foron moitos os que acudiron a refuxiarse nas covas. Miles de anos de erosión modelaron formas antropomorfas e zoomorfas, xerando paisaxes surrealistas, sendo o lugar de Galicia onde se poden apreciar máis formacións deste tipo. MONTE PINDO, O OLIMPO CELTA É unha das formacións antropomorfas máis coñecidas e emblemáticas do Monte Pindo; unha roca que mesmo parece unha gran escultura prehistórica. Atopase en Chan de Lourenzo, unha planicie a 400m sobre o nivel do mar, onde en tempos existiu unha antiga explotación de volframio. O XIGANTE DA MINA Estas construcións que servían para almacenar e secar “o gran” podían ser de pedra, madeira ou ambas, moitas veces estaban ligadas aos poderes da nobreza e da igrexa e entón podían alcanzar proporcións extraordinarias. O Hórreo de Carnota é un destes xigantes, unha icona que ningún visitante deixa de ver nin de admirar, está recoñecido como Monumento Nacional e data de 1768, cunha lonxitude de 34 m descansa sobre 22 pares de pés, sendo o máis grande de Galicia de estilo fisterrán. O seu autor Gregorio Quintela imprimiulle a esta obra de carácter funcional os tintes dun obxecto de beleza, engadindo elementos decorativos de estilo barroco. Forma parte dun conxunto arquitectónico de gran interese composto por o hórreo, a casa reitoral co pombal e a igrexa. Tamén é moi recomendable visitar o hórreo de Lira de proporcións semellantes, con 22 pares de pés e 36,53 metros de lonxitude que foi construído entre 1779 e 1814 e aparece elevado sobre unha plataforma de pedra. CARNOTA E MARISMAS DE CALDEBARCOS, UN MUNDO SEN FIN As festas do Concello de Carnota reúnen a todo aquel que goza do xeito que temos os galegos de entender “a festa”. Pero hai outras celebracións que cada vez adquiren máis relevancia; festas con carácter propio onde a cultura ou a gastronomía son as protagonistas. Como o Entroido de Carnota, o San Xoán, as “Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional”, onde a cultura é a protagonista; con teatro, relatos, sardiñada e degustación de empanadas, ou a “Cachelada de Mallou, unha festa gastronómica que se celebra no último fin de semana de agosto, con degustación de “cacheladas”, elaboradas cos produtos típicos da terra: sardiñas, patacas da tona, cebolas e un pouquiño de aceite de oliva, acompañadas de boroa e pan de centeo, na que os veciños do lugar rivalizan pola “Cachelada” máis saborosa e mellor presentada. FESTAS > > CARNOTA CARNOTA é Costa da Morte Un dos elementos máis representativos da paisaxe galega é o hórreo, dise que chegou a haber ata uns 30.000 en Galicia. HORREO DE CARNOTA

Upload: lamkhue

Post on 24-Feb-2019

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: CARNOTA · Plan de Axudas ˜˚˛˝˚˙ˆ˙ˇ˘ ˇ Territorio GDR- Costa da Morte. erritor og GDR-Costa da Morte r > Coristanco > Dumbría

Plan de AxudasPrograma LEADER 2014-2020Territorio GDR- Costa da Morte.O ámbito territorial de actuación do programa xestionado poloGDR-Costa da Morte correspóndese cos seguintes concellos:

> Coristanco> Dumbría> Fisterra> A Laracha> Laxe> Malpica

> Mazaricos> Muxía> Ponteceso> Vimianzo> Zas

> Cabana de Bergantiños> Camariñas> Carballo> Carnota> Cee> Corcubión

981 71 73 58gdrcostadamorte.com

Edificio Servicios Múltiples.Rúa A Torre, s/n15129 - VIMIANZOT. 678 648 065

Centro Comarcal de Bergantiños.A Camposa, s/n, Buño,15111 - MALPICA DE BERGANTIÑOST. 608 633 222

Í

As terras de Carnota contan cun extenso patrimonio xa que foron habitadas desde tempos inmemoriais, espérache un territorio de petroglifos, castros, hórreos xigantescos, pombais e templos de estilo barroco.

ArqueolóxicoA Laxa Escrita é un petroglifo localizado no lugar chamado “Descansadeiro”; esta gran laxa de 11 x 6 m de superficie ten a peculiaridade de que durante miles de anos os habitantes carnotáns deixaron a súa pegada artística na superficie da pedra, podense observar representacións da idade do bronce, a de ferro, da idade media e a idade contemporánea.

Hai outros petroglifos como o do Filladuiro, As Laxiñas, Rego Lamoso, Porta Ventosa, Prousos Magos.

Da cultura castrexa, o exemplo mellor conservado é o Castro de Mallou que aínda presenta restos das murallas e das vivendas, o recinto principal do castro ocupa unha superficie de forma oval duns 4.450 metros cadrados.

RelixiosoA igrexa barroca de Santa Columba de Carnota (s.XVIII) integra un conxunto arquitectónico formado pola igrexa, a reitoral, o pombal e o hórreo. A torre-campanario é obra do mestre canteiro Carlos Aboy e no seu interior hai tallas do escultor Ferreiro.

A igrexa de San Mamede (1755) de estilo barroco ostenta no seu interior un fermoso retablo neoclásico realizado polo escultor Ferreiro, e na fachada destaca un reloxo de sol.

CivilAdemais dos pombais e os inmensos hórreos hai un enclave moi interesante dentro da arquitectura civil. A Torre dos Mouros, unha impoñente fortificación de inicios da Idade Media, que ten unha privilexiada panorámica que abrangue dende Monte Louro ata o Cabo Fisterra.

Esta monumental edificación podería tratarse dun oppidum, que eran “os lugares seguros” que servían de refuxio á poboación ante os ataques das razzias viquingas.

No cabo de Punta Insua hai unha edificación que merece ser visitada, o Faro de Lariño, que foi construído en 1920 para alumear a costa dende a Ría de Muros ata a de Corcubión.

PATRIMONIO

Todo o que se pode dicir da praia de Carnota quedase pequeno, é un deses lugares que che transportan ao máxico mundo dos soños, onde un enorme areal compite co océano infinito, aos pés dunha montaña sagrada que reproduce todos os matices do lume na posta do sol.

Está considerada como a máis grande de Galicia, sendo perfecta para perderse nos 7 km que ten; no mesmo centro da praia, hai una insólita paisaxe de enormes pedras que como caídas do ceo aparecen espalladas no medio de grandes pozas naturais de augas incriblemente cristalinas de tonalidade turquesa, este lugar é coñecido como Boca do Río.

Tras do inmenso areal un conxunto único de dunas e marismas cunha lagoa interior acolle comunidades vexetais e animais de grande interese, sendo un lugar ideal para a observación de aves, xa que serve de acubillo a multitude de especies durante os seus movementos migratorios e a outras que permanecen durante todo o ano.

Poden avistarse corvos mariños, mascatos, gabitas, mazaricos, garzas ou píldoras raiadas; co engadido de ser un dos poucos lugares de Galicia onde aniña a píllara papuda. Para protexer esta importante riqueza biolóxica e paisaxística creouse o LIC Carnota- Monte Pindo, declarado Zona de Especial Protección para as Aves.

PRAIASAdemais da emblemática Praia de Carnota, nos 42 quilómetros de litoral de Carnota hai unha interminable sucesión de fermosas praias e espléndidos areais.

A praia de San Pedro do Pindo ten un atractivo moi especial; a brancura da súa area e a incrible transparencia das súas augas de tonalidades turquesas. Lariño é inmellorable para a práctica de deportes náuticos, unha praia ampla e solitaria nun entorno moi fermoso, gozarás da beleza dun entorno virxe e impresionantes postas de sol, xunto ao faro a praia de Lariño, de area fina e branca é un paraíso para os surfistas e contrasta coas pintorescas calas de area e cantos rodados da zona norte.

Para os que buscan un día de praia, xantar e terraciñas hai varias praias de entorno urbano como a praia do Porto de Quilmas, a de Cancelo Graos ou a praia de Caldebarcos.

Este gran xigante de pedra que se ergue dende o mar alcanzando os 642 m de altura, impresiona polo espectacular modelado do seu relevo de tonalidade rosácea; a abundancia e a complexidade das formas graníticas que atesoura.

Configura unha paisaxe de excepcional beleza e xeoloxicamente adquire un valor extraordinario, polo que está recoñecido como Punto de Interese Xeolóxico de Importancia Nacional.

O Monte Pindo forma parte da Rede Natura 2000, pola súa biodiversidade e o valor ecolóxico das especies que alberga, moitas delas catalogadas de “interese especial”, ameazadas ou con algún grao de protección. Este patrimonio natural ten algunhas xoias como Quercus lusitanica ou “Carballo anano” de alto valor ecolóxico e que supón unha singularidade bioxeografía.

As fontes documentais dan constancia de restos arqueolóxicos que sitúan ao home prehistórico neste lugar, dunha época posterior están as murallas que clausuran os pasos e que poderían tratarse de grandes construcións defensivas dos séculos IV-VI, ou o Castelo de San Xurxo construído sobre os afloramentos graníticos do “Pedrullo” e que formaba parte dunha rede de castelos costeiros erixidos contra os ataques dos viquingos e sarracenos, e durante a Guerra Civil foron moitos os que acudiron a refuxiarse nas covas. Miles de anos de erosión modelaron formas antropomorfas e zoomorfas, xerando paisaxes surrealistas, sendo o lugar de Galicia onde se poden apreciar máis formacións deste tipo.

MONTE PINDO,O OLIMPO CELTA

É unha das formacións antropomorfas máis coñecidas e emblemáticas do Monte Pindo; unha roca que mesmo parece unha gran escultura prehistórica.

Atopase en Chan de Lourenzo, unha planicie a 400m sobre o nivel do mar, onde en tempos existiu unha antiga explotación de volframio.

O XIGANTEDA MINA

Estas construcións que servían para almacenar e secar “o gran” podían ser de pedra, madeira ou ambas, moitas veces estaban ligadas aos poderes da nobreza e da igrexa e entón podían alcanzar proporcións extraordinarias.

O Hórreo de Carnota é un destes xigantes, unha icona que ningún visitante deixa de ver nin de admirar, está recoñecido como Monumento Nacional e data de 1768, cunha lonxitude de 34 m descansa sobre 22 pares de pés, sendo o máis grande de Galicia de estilo fisterrán.

O seu autor Gregorio Quintela imprimiulle a esta obra de carácter funcional os tintes dun obxecto de beleza, engadindo elementos decorativos de estilo barroco. Forma parte dun conxunto arquitectónico de gran interese composto por o hórreo, a casa reitoral co pombal e a igrexa.

Tamén é moi recomendable visitar o hórreo de Lira de proporcións semellantes, con 22 pares de pés e 36,53 metros de lonxitude que foi construído entre 1779 e 1814 e aparece elevado sobre unha plataforma de pedra.

CARNOTA E MARISMASDE CALDEBARCOS,UN MUNDO SEN FIN

As festas do Concello de Carnota reúnen a todo aquel que goza do xeito que temos os galegos de entender “a festa”. Pero hai outras celebracións que cada vez adquiren máis relevancia; festas con carácter propio onde a cultura ou a gastronomía son as protagonistas.

Como o Entroido de Carnota, o San Xoán, as “Xornadas Internacionais de Cultura Tradicional”, onde a cultura é a protagonista; con teatro, relatos, sardiñada e degustación de empanadas, ou a “Cachelada de Mallou, unha festa gastronómica que se celebra no último fin de semana de agosto, con degustación de “cacheladas”, elaboradas cos produtos típicos da terra: sardiñas, patacas da tona, cebolas e un pouquiño de aceite de oliva, acompañadas de boroa e pan de centeo, na que os veciños do lugar rivalizan pola “Cachelada” máis saborosa e mellor presentada.

FESTAS

>

>

CARNOTA

CARNOTAé Costa da Morte

Un dos elementos máis representativos da paisaxe galega é o hórreo, dise que chegou a haber ata uns 30.000 en Galicia.

HORREO DE CARNOTA

Page 2: CARNOTA · Plan de Axudas ˜˚˛˝˚˙ˆ˙ˇ˘ ˇ Territorio GDR- Costa da Morte. erritor og GDR-Costa da Morte r > Coristanco > Dumbría

981 71 73 58gdrcostadamorte.com

�� �������������� �� ��������

�������� �� �����

GDR Costa da Morte somos unha asociación sen ánimo de lucro creada para integrar e representar aos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento deste territorio.

As nosas competencias abarcan desde a xestión de axudas do Programa “Leader Galicia 2014-2020” ata a promoción e divulgación do noso territorio. Informamos e asesoramos á poboación rural sobre os programas de desenvolvemento rural e incentivamos a participación activa nos mesmos, ademais de promover e captar iniciativas acompañando aos promotores no proceso de maduración dos proxectos.

Outra vertente do noso traballo é dar a coñecer os valiosos recursos e o gran patrimonio destas terras, dende o turismo, a gastronomía, o patrimonio inmaterial, artístico, arqueolóxico ou natural.

O GDR Costa da Morte está composto por 17 concellos: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

Cada concello é único e aporta un gran valor á nosa iniciativa, desde recursos naturais, económicos, turísticos, culturais, gastronómicos, patrimoniais ata iniciativas pioneiras da nosa xente; o aproveitamento e a divulgación destes bens promoven o desenvolvemento do noso ámbito.

Coñecelos todos é descubrir unha gran parte da riqueza da nosa terra.

Dumbría

Laracha

Malpica

Ponteceso

Coristanco

Cabana deBergantiños

ZasVimianzo

Camariñas Laxe

Muxía

Fisterra

Cee

Corcubión

Carnota

Mazaricos

Carballo

QRAmplía

información daCosta da Morte

1716

6 8

5

4

21

3

15

1413

12

11109

7

�����

R1

R2

R3

R4

R5

R6

R7

R8

R9

R10

R11

CAMIÑO DE SANTIAGO

MEGALÍTICA

DO ROMÁNICO

DA PAISAXE

DOS FAROS

FÁBRICA DA LUZ

DO RÍO ANLLÓNS

CAMIÑO DA RIBEIRA

SANTO HADRIÁN

OS PINOS NO MAR

DAS PRAIS

DAS FÉRVEDAS

����� ���

Paisaxe

Faro

Marcodo Couto

Dolmen

Centro deInterpretaciónMonte Pindoe Fervenza do Ézaro

Lonxa Fisterra

Ponte

Conxunto Histórico

Praia

Museo

Petroglifo

FervenzaEncoro

Muíño

IgrexaSantuario

CasteloTorre

Pazo

Cemiteriode Cores

Camiñode Santiago

Punto de información

Aula daNatureza

Cruceiro

Horreo

Museodo Alemán

PedrasMáxicas

R3

R3R3

R2

R2

R8

R6

R6

R4

R7

R5

R5

R5

R1

R9

R1

R11

R10

R10

R11

R7

R9

R8

R4

Lonxa

Río do Castro

Río Grande

Río Xallas

Ría de Camariñas

Río Anllóns

Ría de Lires

Ria deCorcubión

Enseadada Barda

Río de Vá

Río Anllóns

Río daRabuxenta

Río doVao

Río Anllóns

Río Anllóns

Río Acheiro

ArouPraia doTrece

Rostro

Langosteira

ÉzaroGures

Pindo

Carnota

Lariño

Leis

Ariño

Lago

MuiñosLourido

Nemiña

Mar deFora

Traba

SoestoLaxe

S. Pedro

ValarésRía de Corme e Laxe

Niñons

Armela

Area Maior

San MiroAs Torradas

BeoSeaia

SeirugaBarizo

Arnela

Razo-Baldaio

As Salseiras

Buiturón

CouceiroViseo

Lourido

Bustelo

A Picota

S. Cristovo

Suevos

Chacín

Senande

Vilastose

Antes

Brandoñas

BaosAlborés

Orbellido

Duio(S. Vicente)

Duio(S. Martiño)

O Pindo

Brazal

Hospital

Xestosa

Covas

SantaUxía

Arcos

O FieiroNoveira

Ameixenda

Baíñas

Regoelle

Corveira

Olveiroa

Colúns

Berdeogas

Berdoias

Boallo Castrelo

Carnés

Salgueiros

Pereiriña

Frixe

Lires

Quilmas

Caldebarcos

Lariño

Lira

Fornelos

S. Cremenzode Pazos

Baio

Cambeda

Mira

Loroño

Tines Vilar

Bamiro Lamas

Carreira

Gándara

Salto

Calo

Treos

SerramoRoma

Meanos

Muiño

Ponte do Porto

Carantoña

CamelleArou

Quintáns

Maroñas

Os Muiños

Bardullas

Sardiñeiro

O Canle Nande

Boaño

Borneiro

Neaño

O Esto

Cundíns

Canduas

CastrelosSoesto

Estorde

O Ézaro

Corme

Roncudo

Niñons

O CoutoNiñons Tella

Pazos

Tallo

Xornes

Cambre

Filgueira

SantisoVigo

Beo

Leiloio

Barizo

Arnados

Nétoma

Razo

Oza

Cances GrandeLiñeiro

Canosa

Vilela

Ferrol

Aldemunde

Berdillo

A Feira

Sofán

Bertoa

O Castelo

A Pedra do Sal

Leira

Rebordelos

Vilar de Cidre

Caión

Nogueira

Paiosaco

Boimiro

Vilariño

Lendo

San Roque

Baneira

A LARACHA

FISTERRA

CARNOTA

CORCUBIÓN

DUMBRÍA

MAZARICOS

MUXÍA

CAMARIÑAS

VIMIANZO

ZAS

CEE

LAXE

PONTECESO

CABANA

CARBALLO

MALPICA

CORISTANCO

Torres do Allo

Pazo deRomelle

Pazo deFollente

Pazo deDaneiro

Pazo deTrasariz

Casado Arco

Pazo deLeis

Pazo deSenande

Pazo deQuintáns

Pazo deAmarelle

Pazo dasPallas

Pazo deSergude

Pazodo Souto

Pazo deCereo

Pazo dePonte

Pazo dos Condesde Graxal

PazodeLemaio

Petroglifos dePedra Ancha

Pedra daSerpe

Museo doAlemán

CemiterioInglés

Batáns doMosquetín

Mirador doPico Meda

MonteBranco

Enseadada Insua

Monte Pindo

Mirador de Gures

MonteFacho

Mirador do Ézaro

Devesa deAnllares

Devesade Chacín

Hórreo de Carnota

Alto de Paxareiras

Hórreo de Lira

Carballeira deBerdeogas

Refuxiode Verdes

MonteDo Faro

Illas Sisargas

Miradoiro de S. Adrián

Muiñosda Riveira

Alto daPeniqueira

Paseo dorio Anllóns

MonteNeme

MiradoiroStª Marina

Paseo dorio Anllóns

Carballo deSanto Antón

Ribeirada Pena

Santa Mªde Xaviña

Santiagode Cereixo

San Cristobalde Nemiña

San Xuliánde Beba

Santa Mª.de Coiro

Santa Mª.de Lira

Cruceiro deSan Cirolán

Cruceirode Cheis

CapelaVirxe do Monte

San Mamede

SantaComba

San Pedro de Redonda

SantaMariñade Tosto

San Pedrode Leis

San Andrésde Zas

Santa Mª de Morquintián

Santa Leocadia

Santa Mª.das Areas

Santiagode Traba

San Estevode Cesullas

San Martiñode Olveira

San Pedrode Buxantes

San Adriánde Toba

San Martiñode Cores

San Fizdo Anllóns

San Adriánde Corme

San Vicenzoda Graña

San Estevode Buño

Santiagode Mens

Ermida do Santo Hadrián

Capela deSan Paio

San Xensde Entrecruzes

San Breixode Oza

SantaMª. de Rus

Santa Mª.do Socorro

San Mamedede Seavia

Santa Baiade Castro

Santa Mª.de Cereo

Santa Mª. de Traba

PonteLubiáns

Santuario da Virxedos Milagres

Mosteiro deSan Pedrode Soandres

Santa Mª.Madanela

SantaMargarida

SantuarioNosa Señorada Barca

San Xuliánde Moraime

San Martiñode Ozón

Nosa Señorada O

Santuariodas Neves

San Cristovode Lema San Miguel

de Vilela

Santa Irenede Castrillón

SantaMª. de Noicela

FaroTouriñán

Faro deFisterra

Faro dePunta Insua

FaroVilán

Museo do Encaixe

Naufraxios eSinais Marítimas

Museo do Mar de Laxe

Ecomuseodo Fornodo Forte

Museo deBergantiños

Farode Laxe

Faro deCee

Faro deCorme

Faro dePunta Nariga

Arquivoda Pesca

Encoro deA Fervenza

Encorode Castrelo

Fervenzade Noveira

Fervenzado Ézaro

Encorode Ponte Olveira

Encorode Santa Uxía

Fervenza deSan Paio

Fervenzade Ramil

Dolmen de Pedra Vixía

Dolmen Pedra da Lebre

Dolmen Arca daPiosa

Dolmen Casotade Freáns

Dolmen Pedrada Arca

Ponte deBrandomil

Dolmen de Pedra da Moura

Dolmen de Minade Parxubeira

Mámoas de Eirón

Dolmen de Dombate

DolmenFornelados Mouros

Pedrada Arca

PedraMoura

Pedra fita dos Montesde Santa Locaia

Pedra do Brazal

Penedos dePasarela e Traba

Castro de As Barreiras

Castro deTeixoeiras

O Castro

Castro Miñán

Castro A Cidáde Borneiro

Castro deRegoelle

Castro deBerdeogas

Croa doCastro

Castro de Aldemunde

Castro doRodo

O Castrode Oca

O Castroda Insua

Castroda Pena

Bico doCastro

Castro deMontesclaros

Croa deSanta Baia

Castelodo Príncipe

Castelo deVimianzoTorres de

Cereixo

Torre deA Penela

Castelodo Cardenal

Castelo deS. Carlos

Torres de Mens

Torre deNogueira

AC-404Santiago-Baio

AC-552A Coruña-Fisterra

AC-552A Coruña-Fisterra

AC-552A Coruña-Fisterra

AC-552A Coruña-Fisterra AC-441 Santiago

Negreira-Muxía

Camiño deSantiago

Camiño deSantiagoa Muxía

Camiño deSantiago aFisterra

Cabo da Nave

Punta Quilmas

AUTOVIAAG-55

AC-550 a Muros

AC-550 a Muros

AC-550 a Muros

AC-441Santiago-Muxía

AC-441Santiago-Muxía

AG-55A CORUÑA

AG-55A CORUÑA

AC-523

AC-413

AC-414

illas lobeiras

CP-3404a Baio

Aula daNaturezaAs Touzas

Marisma deBaldaio

Marcodo Couto

Cemiteriode cores

Vilar deFrancos

Centro deInterpretacióndos Muiños

San Salvadorde Sofán San Adrián

da Piña

12

3

45

6

89

10

11

12

1314

15

16

17

7