§ 1 lei 30/1992, do 26 de novembro (xefatura do … · recíproco de apoio e mutua lealdade que...

122
§ 1 LEI 30/1992, DO 26 DE NOVEMBRO (XEFATURA DO ESTADO), DE RÉXIME XURÍDICO DAS ADMI‑ NISTRACIÓNS PÚBLICAS E DO PROCEDE‑ MENTO ADMINISTRATIVO COMÚN (1) («BOE» núm. 285, do 27 de novembro de 1992; correccións de erros en «BOE» núms. 311, do 28 de decembro de 1992, e 23, do 27 de xaneiro de 1993) EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1 A Constitución recolle no seu título IV os principios que inspiran a actuación administrativa e que garanten o somete‑ (1) As disposicións adicionais, transitorias, derrogatoria e derradeira da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro), de modificación desta lei dispoñen: « .................................................................. DISPOSICIÓNS ADICIONAIS Primeira. Simplificación de procedementos.–1. O Goberno, no prazo dun ano a partir da entrada en vigor desta lei, establecerá as modificacións normativas precisas nas disposicións regulamentarias ditadas na adecuación e desenvolvemento da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para a simplificación dos procedementos administrativos vixen‑ tes no ámbito da Administración xeral do Estado e dos seus organismos públicos, aten‑ dendo especialmente á implantación de categorías xerais de procedementos, así como á eliminación de trámites innecesarios que dificulten as relacións dos cidadáns coa Admi‑ nistración pública. En ningún caso, as especialidades dos distintos procedementos pode‑ rán supor unha diminución ou limitación das garantías consagradas nesta lei. 2. Sen prexuízo do establecido no punto anterior, o Goberno adaptará, no prazo de dous anos, as normas reguladoras dos procedementos ao sentido do silencio admi‑ nistrativo establecido na presente lei. 25

Upload: vunguyet

Post on 24-Jan-2019

215 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

25

§ 1   LEI 30/1992, DO 26 DE NOVEMBRO (XEFATURA DO ESTADO), DE RÉXIME XURÍDICO DAS ADMI‑NISTRACIÓNS  PÚBLICAS  E  DO  PROCEDE‑

MENTO ADMINISTRATIVO COMÚN (1)

(«BOE» núm. 285, do 27 de novembro de 1992; correccións de erros en «BOE» núms. 311, do 28 de decembro de 1992, e 23, do 27 de xaneiro de 1993)

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

1

A Constitución recolle no seu título IV os principios que inspiran a actuación administrativa e que garanten o somete‑

 (1)  As disposicións adicionais,  transitorias, derrogatoria e derradeira da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro), de modificación desta lei dispoñen:« . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

Primeira.    Simplificación de procedementos.–1.    O Goberno, no prazo dun ano a partir da entrada en vigor desta lei, establecerá as modificacións normativas precisas nas disposicións regulamentarias ditadas na adecuación e desenvolvemento da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para a simplificación dos procedementos administrativos vixen‑tes no ámbito da Administración xeral do Estado e dos seus organismos públicos, aten‑dendo especialmente á implantación de categorías xerais de procedementos, así como á eliminación de trámites innecesarios que dificulten as relacións dos cidadáns coa Admi‑nistración pública. En ningún caso, as especialidades dos distintos procedementos pode‑rán supor unha diminución ou limitación das garantías consagradas nesta lei.

2.    Sen prexuízo do establecido no punto anterior, o Goberno adaptará, no prazo de dous anos, as normas reguladoras dos procedementos ao sentido do silencio admi‑nistrativo establecido na presente lei.

25

26

§ 1 mento pleno da súa actividade á lei e ao dereito, e configura o Goberno da Nación como un órgano eminentemente polí‑tico que dirixe a Administración e que exerce a potestade regulamentaria.

3.    Para o estudo e proposta das reformas a que se refiren os números anterio‑res, o Goberno creará unha comisión interministerial presidida polo ministro de Administracións Públicas.

4.    Os órganos competentes das comunidades autónomas, dentro dos seus res‑pectivos ámbitos, adaptarán aqueles procedementos nos que proceda modificar o sentido do silencio administrativo ao establecido pola presente lei.

Segunda.    No prazo de dezaoito meses, o Goberno remitirá ás Cortes Xerais o proxecto ou proxectos de lei que resulten necesarios para regular os procedementos de impugnación, reclamación, conciliación, mediación e arbitraxe substitutivos dos recursos de alzada e de reposición.

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

Primeira.    Subsistencia de normas preexistentes.–1.    Entrementres non se leven a efecto as previsións da disposición adicional 1.ª desta lei, continuarán en vigor, con su propio rango, as normas regulamentarias existentes e, en especial, as aprobadas no marco do proceso de adecuación de procedementos á Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procede‑mento administrativo común, así como as ditadas en desenvolvemento dela, en canto non se opoñan á presente lei.

2.    En todo caso, cando as citadas normas establecesen un prazo máximo de duración do procedemento superior aos seis meses, entenderase que o prazo máximo para resolver e notificar a resolución será precisamente de seis meses, coas excep‑cións previstas no punto segundo do artigo 42.

3.    Así mesmo, e ata se levaren a efecto as previsións do punto 2 da disposición adicional primeira, conservará validez o sentido do silencio administrativo estable‑cido nas citadas normas, se ben a súa forma de produción e efectos serán os previstos na presente lei.

Segunda.    Aplicación da lei aos procedementos en tramitación.–Aos procede‑mentos iniciados antes da entrada en vigor desta lei non lles será de aplicación esta, e rexeranse pola normativa anterior.

Non obstante, si resultará de aplicación a tales procedementos o sistema de revi‑sión de oficio e de recursos administrativos regulados na presente lei.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Única.    1.    Quedan derrogados a Lei do 5 de abril de 1904 e o Real decreto do 23 de setembro de 1904, relativos á responsabilidade civil dos funcionarios públicos.

2.    Así mesmo, quedan derrogadas todas as normas de igual ou inferior rango no que contradigan ou se opoñan á presente lei.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

Única.    Desenvolvemento e entrada en vigor da lei.–1.    O Goberno e as comu‑nidades autónomas, no ámbito das súas respectivas competencias, ditarán as disposi‑cións de desenvolvemento e aplicación desta lei que resulten necesarias.

2.    Esta lei entrará en vigor aos tres meses de su publicación no “Boletín Ofi‑cial del Estado”.»

27

§ 1No ordenamento que tivo a súa orixe no réxime autocrá‑tico precedente víñase reducindo o Goberno ao órgano supe‑rior no que culmina a Administración do Estado e, xa que logo, concibíndoo como un mero apéndice ou prolongación desta, coa que compartiría, en boa medida, a súa natureza administrativa. O artigo 97 da Constitución arromba definiti‑vamente esta concepción e recupera para o Goberno o ámbito político da función de gobernar, inspirada no principio de lexitimidade democrática. Perfílanse deste xeito con nitidez os trazos propios que definen o Goberno e a Administración como institucións públicas constitucionalmente diferencia‑das, así como os que establecen a subordinación da Adminis‑tración á acción política de dirección do Goberno.

Cómpre agora que o marco que regula o réxime xurídico das administracións públicas sexa obxecto dunha adaptación normativa expresa que o configure de xeito harmónico e con‑cordante cos principios constitucionais.

A Constitución garante o sometemento das administra‑cións públicas ao principio de legalidade, tanto con respecto ás normas que rexen a súa propia organización como ao réxime xurídico, o procedemento administrativo e o sistema de responsabilidade.

Por outra banda, a Administración local, o réxime xurí‑dico  da  cal  está  establecido  como  básico  no  mesmo artigo 149.1.18.ª da Constitución, ten unha regulación espe‑cífica na súa actual Lei de bases que non ofrece dificultade ningunha de adaptación aos obxectivos desta lei e que non exixe modificacións específicas.

2

O artigo 149.1.18.ª da Constitución distingue entre as bases do réxime xurídico das administracións públicas, que deberán garantirlle ao administrado un tratamento común diante delas; o procedemento administrativo común, sen prexuízo das especialidades derivadas da organización pro‑pia das comunidades autónomas, e mais o sistema de respon‑sabilidade de todas as administracións públicas.

A delimitación do réxime xurídico das administracións públicas englóbase no esquema «bases máis desenvolve‑

28

§ 1 mento» que lles permite ás comunidades autónomas ditar as súas propias normas, sempre que se axusten ás bases esta‑tais. No entanto, respecto do procedemento administrativo común e do sistema de responsabilidade das administracións públicas, aínda que a súa formulación xurídica sexa a mani‑festación expresa e a tradución práctica, para os cidadáns, da aplicación regular do propio réxime xurídico, a Constitución contémplaas como unha competencia normativa plena e exclusiva do Estado.

A lei recolle esta concepción constitucional de distribu‑ción de competencias e regula o procedemento administra‑tivo común, de aplicación xeral a todas as administracións públicas, e fixa as garantías mínimas dos cidadáns respecto da actividade administrativa. Esta regulación non esgota as competencias estatais ou autonómicas de establecer proce‑dementos específicos ratione materiae, que, en todo caso, deberán respectar estas garantías. A Constitución establece a competencia das comunidades autónomas para establecer as especialidades derivadas das súa organización propia, pero ademais, como xa sinalou a xurisprudencia constitucional, non se pode disociar a norma substantiva da norma de proce‑demento, polo que tamén debe ser posible que as comunida‑des autónomas diten as normas de procedemento necesarias para a aplicación do seu dereito substantivo, pois o reservado para o Estado non é todo procedemento, senón só aquel que deba ser común e que fose establecido como tal. A regula‑ción dos procedementos propios das comunidades autóno‑mas deberá respectar sempre as regras do procedemento, que, por ser competencia exclusiva do Estado, integra o con‑cepto de procedemento administrativo común.

A este avanzado concepto responde a lei, que é de aplica‑ción a todas as administracións públicas e rigorosamente respectuosa coa distribución constitucional de competen‑cias.

3

Con independencia da Lei do 19 de outubro de 1889, que no seu intento de uniformar o procedemento constituíu un paso significativo na evolución do dereito público español 

29

§ 1‑aínda que  se plasmase nunha maraña de  regulamentos departamentais‑, a primeira e única regulación do réxime xurídico e do procedemento administrativo da Administra‑ción pública, no noso ordenamento, é a contida nos arti‑gos 22 e seguintes da Lei de réxime xurídico da Administración do Estado, do 26 de xullo de 1957, e na Lei de procedemento administrativo, do 17 de xullo de 1958, que constitúen, cer‑tamente, unha achega relevante na configuración do noso dereito administrativo, de xeito particular esta última.

O marco xurídico que deseñan estas normas ten como obxecto explícito, sobre todo, a unificación de normas pre‑existentes, «... reunir nun texto único aplicable a todos os departamentos ministeriais ...», para garantir unha actuación común, case didáctica, no funcionamento interno da Admi‑nistración, no que a garantía dos particulares se contempla desde a unificación do procedemento e desde o concepto da autorización previa para o recoñecemento dun dereito ou a satisfacción dun interese lexítimo.

A Constitución de 1978 dá a luz un novo concepto de Administración, sometida á  lei e ao dereito, acorde coa expresión democrática da vontade popular. A Constitución consagra o carácter instrumental da Administración, posta ao servizo dos intereses dos cidadáns, e a responsabilidade polí‑tica do Goberno correspondente, en tanto que é responsable de dirixila.

O réxime xurídico das administracións públicas debe establecerse desde este concepto e transcender as regras de funcionamento interno, para integrarse na sociedade á que serve como o instrumento que promove as condicións para que os dereitos constitucionais do individuo e dos grupos que integran a sociedade sexan reais e efectivos.

Pero, ademais, o réxime xurídico non é neutral nunha dinámica de modernización do Estado. O procedemento administrativo é un instrumento axeitado para dinamizar o seu avance e, xa que logo, as regras esenciais do procede‑mento son unha peza fundamental no proceso de moderniza‑ción da nosa sociedade e da súa Administración.

Desde esta óptica, o cambio que opera a lei é profundo, e percíbese ao longo de todo o articulado, no que se respecta‑ron, mesmo literalmente, os preceptos máis consolidados na 

30

§ 1 técnica da xestión administrativa. A recepción que a lei rea‑liza do anterior ordenamento constitúe en si mesma un reco‑ñecemento da importancia que aquel tivo no seu día e que hoxe en boa parte conserva.

Pero xunto a isto, resulta innegable a necesidade de intro‑ducir reformas profundas nesta materia que teñan en conta tanto a multiplicidade de administracións públicas a que a lei vai dirixida, coma a necesidade de ampliar e reforzar as garantías dos cidadáns para a resolución xusta e pronta dos asuntos.

4

A múltiple e complexa realidade que supón a coexisten‑cia da Administración do Estado, as administracións das comunidades autónomas e as das entidades locais, proxec‑tando a súa actividade sobre un mesmo espazo subxectivo e xeográfico, fai necesario propiciar un achegamento eficaz dos servizos administrativos aos cidadáns. Este obxectivo demanda, pola súa parte, unha fluída relación entre as admi‑nistracións públicas e un marco xurídico de actuación común para todas elas que lles permita aos particulares dirixirse a calquera instancia administrativa coa certeza de que todas actúan con criterios homoxéneos.

A eficacia no resultado da actuación desa realidade plural e complexa que son as administracións públicas fai que a coope‑ración entre elas resulte un principio activo, non só desexable, senón indispensable para o seu funcionamento. A cooperación é un deber xeral, a esencia do modelo de organización territo‑rial do Estado autonómico, que se configura como un deber recíproco de apoio e mutua lealdade que non é preciso que se xustifique en preceptos concretos, porque non pode imporse, senón acordarse, conformarse ou concertarse, sendo o princi‑pio que, como tal, debe presidir o exercicio de competencias compartidas ou das que se exercen sobre un mesmo espazo físico. Esta necesaria cooperación institucional entre admi‑nistracións públicas permitirá, no marco da modernización das súas estruturas, a simplificación de todas elas, e, cando sexa posible, tamén a redución da organización territorial da Administración xeral do Estado nas comunidades autónomas 

31

§ 1que, por razón do seu nivel de competencias propio, asumisen a xestión das materias en que se desenvolvan as funcións daqueles órganos territoriais.

5

As novas correntes da ciencia da organización achegan un enfoque adicional en tanto que mecanismo para garantir a calidade e transparencia da actuación administrativa, que configuran diferenzas substanciais entre os escenarios de 1958 e 1992. A Lei de procedemento administrativo de 1958 pretendeu modernizar as arcaicas maneiras da Administra‑ción española, propugnando unha racionalización dos traba‑llos burocráticos e o emprego de «máquinas axeitadas con vistas a implantar unha progresiva mecanización e automa‑tismo nas oficinas públicas, sempre que o volume de traballo faga económico o emprego destes procedementos». Esta for‑mulación  tan  limitada dificultou que a  informatización, soporte e tecido nervioso das relacións sociais e económicas da nosa época, tivese ata o de agora unha incidencia substan‑tiva no procedemento administrativo, por falta de recoñece‑mento formal da validez de documentos e comunicacións emitidos por esta vía. O extraordinario avance experimen‑tado nas nosas administracións públicas na tecnificación dos seus medios operativos, a través do seu cada vez maior par‑que informático e telemático, limitouse ao funcionamento interno, sen correspondencia relevante coa produción xurí‑dica da súa actividade relacionada cos cidadáns. As técnicas burocráticas formalistas, supostamente garantistas, caduca‑ron, por máis que a algúns lles parezan inamovibles, e a lei ábrese decididamente á tecnificación e modernización da actuación administrativa na súa vertente de produción xurí‑dica e á adaptación permanente ao ritmo das innovacións tecnolóxicas.

6

O título I aborda as relacións entre as administracións públicas, de carácter directo nuns casos e, noutros, formali‑zadas a través dos órganos superiores de goberno, a partir 

32

§ 1 das premisas da lealdade constitucional e da colaboración que deben presidir aquelas, consubstancial ao modelo de organización territorial do Estado implantado pola Constitu‑ción.

Isto é condición inescusable para articular o ordenado desenvolvemento  da  actividade  administrativa  desde  o momento en que coexisten unha diversidade de administra‑cións que proxectan a súa actividade sobre o mesmo ámbito territorial, persoal e, en ocasións, material, actividade que ao tempo debe cumprir criterios de eficacia sen menoscabo de competencias alleas. Conxugar esta pluralidade de factores obriga a intensificar as relacións de cooperación mediante a asistencia recíproca, o intercambio de información, as confe‑rencias sectoriais para a adopción de criterios ou puntos de vista comúns ao abordar os problemas de cada sector, ou a subscrición de convenios de colaboración, como aspectos xerais que poderán ser susceptibles de concreción nos distin‑tos sectores da actividade administrativa.

A lei recolle estes aspectos, que xa demostraron a súa fecundidade na práctica, e introduce como novidade a figura do convenio de conferencia sectorial, que propiciará o acordo multilateral para accións sectoriais, sen menoscabo da súa orixe pactada, que require a conformidade expresa de todas as partes intervenientes. Deste xeito, as conferencias secto‑riais, sen substituíren ou anularen as facultades decisorias propias de cada Administración pública, recibirán un novo pulo no decisivo papel que xa están a xogar na consolidación do Estado das autonomías.

7

O título II dedica o seu capítulo I a regular os principios xerais do réxime dos órganos administrativos, derivados dos principios superiores de indispoñibilidade da competencia, xerarquía e coordinación, no marco do previsto polo artigo 103 da Constitución. Plenamente respectuosa coa potestade de autoorganización das administracións públicas, a lei limí‑tase a regular o núcleo estrito do que constitúe a normativa básica de toda organización administrativa, a observancia da 

33

§ 1cal ten efectos directos sobre a validez e eficacia dos actos administrativos.

A mesma perspectiva relativa á autoorganización leva a regular no capítulo II o réxime de funcionamento dos órga‑nos colexiados. Pero, ademais, a evolución máis recente da nosa organización administrativa cara a fórmulas participati‑vas obriga a contemplar a nova tipoloxía de órganos colexia‑dos que teñen unha composición e funcionalidade que non se axusta á regulación establecida pola anterior lei, ditada nunha circunstancia histórica e política na que a participación doutras administracións ou de organizacións sociais resul‑taba impensable.

O capítulo III, que recolle as normas xerais de abstención e recusación das autoridades e do persoal das administra‑cións públicas, é corolario do mandato que a Constitución acolle no seu artigo 103.1, cando predica que a Administra‑ción pública serve, con obxectividade, os intereses xerais. A normación común das causas obxectivas de abstención e recusación é tanto como garantir o principio de neutralidade, que exixe manter os servizos públicos a cuberto de toda coli‑sión entre intereses particulares e intereses xerais.

8

O título III recolle as normas relativas aos interesados, coa amplitude que exixe este concepto. Regúlanse as espe‑cialidades da capacidade de obrar no ámbito do dereito admi‑nistrativo, a lexitimación para intervir no procedemento, a comparecencia a través de representantes e a pluralidade de interesados. Con isto dáselle cumprida resposta ao previsto na Constitución, que no seu artigo 105.c) acolle o dereito de audiencia dos interesados como peza angular do procede‑mento administrativo.

9

O título IV, baixo a epígrafe «Da actividade das administra‑cións públicas», contén unha transcendente formulación dos dereitos dos cidadáns nos procedementos administrativos, ademais dos que lles recoñecen a Constitución e as leis. 

34

§ 1 Desta enunciación cabe destacar como innovacións signifi‑cativas: a posibilidade de identificar as autoridades e funcio‑narios baixo a responsabilidade dos cales se tramitan os procedementos –rachando coa  tradicional opacidade da Administración–, o dereito de formular alegacións e de ache‑gar documentos en calquera fase do procedemento anterior ao trámite de audiencia, o de non presentar os xa achegados á Administración actuante, e o de obter información e orien‑tación sobre os condicionamentos xurídicos ou técnicos que as disposicións vixentes impoñan aos proxectos que se pro‑poñan abordar.

Incorpora, a continuación, as normas esenciais sobre o emprego das linguas oficiais, regula o acceso á información dos arquivos e rexistros administrativos, conforme o estable‑cido no artigo 105.b) da Constitución, e aborda de xeito frontal e decidido –en contraposición á timidez das previ‑sións da Lei de procedemento administrativo de 1958– a ins‑talación en soporte informático dos rexistros xerais, así como a integración informática daqueles cos restantes rexistros administrativos.

Nesta materia cobran especial relevancia os principios de cooperación, coordinación e colaboración, o que posibilita que os cidadáns poidan presentar as solicitudes, escritos e comunicacións que dirixan ás administracións públicas nos rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración xeral do Estado ou á de calquera Adminis‑tración das comunidades autónomas, á marxe das restantes posibilidades xa establecidas ou que se establezan. Para tal efecto prevese que, mediante convenio de colaboración entre as  administracións  públicas,  se  implanten  sistemas  de intercomunicación e coordinación de rexistros que garantan a compatibilidade informática e a transmisión telemática dos asentos.

O dereito á identificación das autoridades e funcionarios baixo a responsabilidade dos cales se tramiten os procede‑mentos, a que antes se fixo referencia, compleméntase agora coa posibilidade de solicitar a exixencia de responsabilidade polas anomalías na tramitación.

A lei introduce un novo concepto verbo da relación da Administración co cidadán, superando a doutrina do cha‑

35

§ 1mado silencio administrativo. Poderíase dicir que esta lei establece o silencio administrativo positivo, cambiando a nosa norma tradicional. Non sería exacto. O obxectivo da lei non é darlle carácter positivo á inactividade da Administra‑ción cando os particulares se dirixan a ela. O carácter posi‑tivo da inactividade da Administración é a garantía que se establece cando non se cumpre o verdadeiro obxectivo da lei, que é que os cidadáns obteñan resposta expresa da Admi‑nistración e, sobre todo, que a obteñan no prazo establecido. O silencio administrativo, positivo ou negativo, non debe ser un instituto xurídico normal, senón a garantía que impida que os dereitos dos particulares queden baleiros de contido cando a súa Administración non atende eficazmente e coa celeridade debida as funcións para as que se organizou. Esta garantía, expoñente dunha Administración na que debe pri‑mar a eficacia sobre o formalismo, só cederá cando exista un interese xeral prevalente ou cando realmente non exista o dereito do que se postula o recoñecemento.

Loxicamente, a citada regulación compleméntase coa inclusión posterior, como suposto de nulidade de pleno dereito, dos actos presuntos ou expresos contrarios ao ordena‑mento xurídico polos que se adquiren facultades ou dereitos cando se careza dos requisitos esenciais para a súa adquisi‑ción.

Conclúe o título IV cunha aberta incorporación das técni‑cas  informáticas  e  telemáticas  na  relación  cida‑dán‑Administración, e resolve os problemas que en materia de termos e de prazos se presentaban por mor da diversidade de calendarios de festividades.

10

O título V ábreo o capítulo dedicado ás disposicións administrativas, no que se enuncian os principios xerais de legalidade, xerarquía, publicidade e inderrogabilidade singu‑lar do regulamento.

O capítulo II regula os requisitos dos actos administrati‑vos, partindo dos principios de competencia e de legalidade, con expresión dos que requiren motivación, e recolle a súa forma escrita como regra xeral.

36

§ 1 A eficacia, notificación e publicación dos actos adminis‑trativos recóllese no capítulo III, que abre a posibilidade de medios de notificación distintos aos tradicionais, que, sen mingua das necesarias garantías de autenticidade, permitan a súa axilización mediante o emprego das novas técnicas de transmisión de información, superándose a limitación da exclusividade do domicilio como lugar de notificacións.

No capítulo IV regúlanse as causas e efectos da nulidade e anulabilidade dos actos administrativos. A lei inclúe, como causa de nulidade de pleno dereito, a lesión do contido esen‑cial dos dereitos e liberdades susceptibles de amparo consti‑tucional, en virtude da especial protección que a estes lles garante a Constitución.

11

O título VI regula a estrutura xeral do procedemento que debe seguirse para a realización da actividade xurídica da Administración.

No capítulo I regúlase a iniciación, que poderá facerse de oficio ou por solicitude dos interesados.

As solicitudes dos interesados ábrense ao posible emprego de medios telemáticos e mesmo audiovisuais, para facilitar a súa formulación, sempre que quede acreditada a autentici‑dade da súa vontade.

Regúlanse así mesmo neste capítulo outras cuestións conexas á iniciación, como o período de información previa, as medidas provisionais para asegurar a eficacia da resolu‑ción, a acumulación de asuntos e a modificación ou mellora voluntaria dos termos da solicitude formulada polos intere‑sados.

O capítulo II, dedicado á ordenación, recolle os criterios de celeridade e impulsión de oficio, e contén un conxunto de regras destinadas a simplificar e axilizar os trámites do pro‑cedemento.

A instrución do procedemento recóllese no capítulo III mediante a regulación das alegacións, medios de proba e informes. Recibe tratamento específico o suposto, cada vez máis frecuente, de emisión de informes por parte dunha Administración pública distinta da que tramita o procede‑

37

§ 1mento, prevendo que a súa non emisión non paralizará nece‑sariamente o procedemento, co fin de evitar que a inactividade dunha Administración redunde en prexuízo dos interesados.

Recolle tamén este capítulo o trámite de audiencia, que se efectuará póndolles de manifesto aos interesados a totali‑dade do expediente, non sendo no que afecte aos supostos de excepción do dereito de acceso a arquivos e rexistros admi‑nistrativos.

O trámite de información pública, cando o requira a natu‑reza do procedemento, regúlase de xeito netamente diferen‑ciado da audiencia, pois nin a comparecencia outorga por si mesma a condición de interesado, nin a incomparecencia priva da vía de recurso para os que teñan esta condición.

12

O capítulo IV regula as formas e efectos da finalización do procedemento, a través de resolución, desistencia, renun‑cia ou caducidade. Introdúcese a posibilidade de empregar instrumentos convencionais na tramitación e terminación dos procedementos.

A executividade dos actos administrativos e os medios de execución forzosa quedan recollidos no capítulo V. A autotu‑tela da Administración pública, potestade que permite articu‑lar  os medios de  execución que garantan  a  eficacia da actividade administrativa, queda en todo caso subordinada aos límites constitucionais, e deben adoptarse os medios pre‑cisos para a execución, de xeito que se restrinxa ao mínimo a liberdade individual e de acordo co principio de proporcio‑nalidade.

13

O título VII, «Revisión dos actos administrativos», esta‑blece unha fonda modificación do sistema de recursos admi‑nistrativos vixente ata hoxe, atendendo ás máis consolidadas formulacións doutrinais tanto no referente á simplificación como ás posibilidades do establecemento de sistemas de solución de reclamacións e recursos distintos aos  tradi‑cionais, a implantación dos cales se vai facendo frecuente 

38

§ 1 nos países do noso ámbito e que xa existen, nalgún caso, no noso propio ordenamento.

O sistema de revisión da actividade das administracións públicas que a lei establece organízase arredor de dúas liñas básicas: a unificación dos recursos ordinarios e o reforza‑mento da revisión de oficio por causa de nulidade.

A primeira liña supón establecer un único recurso posible para esgotar a vía administrativa, xa sexa o ordinario que se regula na lei, xa o substitutivo que, con carácter sectorial, poidan establecer outras leis.

A revisión de oficio, pola súa banda, configúrase como un verdadeiro procedemento de nulidade, cando se funde nesta causa, recollendo a unanimidade da doutrina xurispru‑dencial e científica.

14

O título IX regula os principios básicos a que debe some‑terse o exercicio da potestade sancionadora da Administra‑ción e os correspondentes dereitos que destes principios se derivan para os cidadáns extraídos do texto constitucional e da xa consolidada xurisprudencia sobre a materia. Efectiva‑mente, a Constitución, no seu artigo 25, trata conxuntamente os ilícitos penais e administrativos, pondo de manifesto a vontade de que ambos se suxeiten a principios de básica iden‑tidade, especialmente cando o eido de actuación do dereito administrativo sancionador foi recollendo tipos de inxusto procedentes do eido penal non subsistentes no mesmo en prol do principio de mínima intervención.

Entre estes principios destaca o de legalidade ou ratio democratica, en virtude do cal é o poder lexislativo o que debe fixar os límites da actividade sancionadora da Adminis‑tración, e o de tipicidade, manifestación neste ámbito do de seguridade xurídica, xunto aos de presunción de inocencia, información, defensa, responsabilidade, proporcionalidade, interdición da analoxía, etc.

Todos eles se consideran básicos ao derivaren da Consti‑tución e ao garantírenlles aos administrados un tratamento común diante das administracións públicas, mentres que o establecemento dos procedementos materiais concretos é 

39

§ 1cuestión que afecta a cada Administración pública no exerci‑cio das súas competencias.

15

O título X, «Da responsabilidade das administracións públicas e das súas autoridades e demais persoal ao seu ser‑vizo», incorpora a regulación dunha materia estreitamente unida á actuación administrativa e que constitúe, xunto ao principio de legalidade, un dos grandes soportes do sistema. Faise así realidade a previsión contida no artigo l49.l.18.ª da Constitución verbo do establecemento dun «sistema de responsabilidade de todas as administracións públicas».

Tocante á responsabilidade patrimonial, o proxecto dá resposta ao pronunciamento constitucional de indemniza‑ción de todas as lesións que os particulares sufran nos seus bens e dereitos como consecuencia do funcionamento dos servizos públicos, de acordo coas valoracións predominantes no mercado, e establécese ademais a posibilidade de que ata un determinado límite poida facerse efectiva no prazo de trinta días, sempre que a valoración do dano e a relación de causalidade entre a lesión e o funcionamento normal ou anormal do servizo público sexan inequívocos.

TÍTULO PRELIMINAR

Do ámbito de aplicación e principios xerais

Artigo 1.  Obxecto da lei.–A presente lei establece e regula as bases do réxime xurídico, o procedemento admi‑nistrativo común e o sistema de responsabilidade das admi‑nistracións públicas, e é aplicable a todas elas (2).

 (2)  O punto 1 do artigo 103 da Constitución española, do 27 de decembro de 1978, establece:

«A Administración pública serve con obxectividade os intereses xerais e actúa de acordo cos principios de eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación, con sometemento pleno á lei e mais ao dereito.»

E o artigo 105 dispón:

«A lei regulará:… c) O procedemento polo que se deben producir os actos admi‑nistrativos, garantindo, cando proceda, a audiencia do interesado.»

40

§ 1 Art. 2.  Ámbito de aplicación.–1.  Para os efectos desta lei, enténdese por administracións públicas: 

a)  A Administración xeral do Estado. b)  As administracións das comunidades autónomas.c)  As entidades que integran a Administración local (3).

2.  As entidades de dereito público con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes de calquera das administracións públicas terán así mesmo a consideración de Administración pública. Estas entidades suxeitarán a súa actividade á presente lei cando exerzan potestades adminis‑trativas, e someterán o resto da súa actividade ao que dispo‑ñan as súas normas de creación (4).

Art.  3.  Principios xerais.–1.  As  administracións públicas serven con obxectividade os  intereses xerais e 

Pola súa parte, o artigo 1 da Lei 9/1968, do 5 de abril, sobre segredos oficiais («BOE» núm. 84, do 6 de abril), desenvolvida polo Decreto 242/1969, do 20 de febreiro («BOE» núm. 47, do 24 de febreiro), precisa que os órganos do Estado esta‑rán sometidos na súa actividade ao principio de publicidade, de acordo coas normas que rexan a súa actuación.

Canto ás comunidades autónomas, o artigo 149 da Constitución establece:

«1.  O Estado ten competencia exclusiva sobre as seguintes materias:

  . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

18.ª  As bases do réxime xurídico das administracións públicas e do réxime estatutario dos seus funcionarios que, en todo caso, lles garantirán aos administrados un tratamento común ante elas; o procedemento administrativo común, sen prexuízo das especialidades derivadas da organización propia das comunidades autóno‑mas…»

E o artigo 12.1 da Lei 12/1983, do 14 de outubro («BOE» núm. 247, do 15 de outubro; corrección de erros no «BOE» núm. 251, do 20 de outubro), do proceso autonómico, dispón:

«Será de aplicación á Administración das comunidades autónomas e aos orga‑nismos que dela dependan a lexislación do Estado sobre o procedemento administra‑tivo común, sen prexuízo das especialidades derivadas da organización propia daquelas. Tales especialidades deberán ser aprobadas por lei da respectiva comuni‑dade autónoma, sen que, en ningún caso, poidan reducirse as garantías que establece a lexislación estatal en favor do administrado.»

 (3)  Véxanse os artigos 146 e seguintes do Regulamento de organización, fun‑cionamento e réxime xurídico das entidades locais, do 28 de novembro de 1986 (§ 10).

 (4)  Véxase o artigo 142.2 desta lei e a disposición adicional 1.ª do Regula‑mento dos procedementos das administracións públicas en materia de responsabili‑dade patrimonial, aprobado polo Real decreto 429/1993, do 26 de marzo (§ 6).

41

§ 1actúan de acordo cos principios de eficacia, xerarquía, des‑centralización, desconcentración e coordinación, con some‑temento pleno á Constitución, á lei e ao dereito (5).

Igualmente, deberán respectar na súa actuación os princi‑pios de boa fe e de confianza lexítima.

2.  As  administracións públicas,  nas  súas  relacións, réxense polo principio de cooperación e colaboración, e na súa actuación polos criterios de eficiencia e servizo aos cidadáns.

3.  Baixo a dirección do Goberno da Nación, dos órga‑nos de goberno das comunidades autónomas e dos corres‑pondentes das entidades que integran a Administración local, a actuación da Administración pública respectiva desenvól‑vese para acadar os obxectivos que establecen as leis e o resto do ordenamento xurídico.

4.  Cada unha das administracións públicas actúa para o cumprimento dos seus fins con personalidade xurídica única (6).

5.  Nas súas relacións cos cidadáns as administracións públicas actúan de conformidade cos principios de transpa‑rencia e de participación (7).

TÍTULO PRIMEIRO

Das administracións públicas e as súas relacións

Art. 4.  Principios das relacións entre as administra-cións públicas.–1.  As administracións públicas actúan e relaciónanse de acordo co principio de lealdade institucional e, en consecuencia, deberán (8):

a) Respectar o exercicio lexítimo polas outras adminis‑tracións das súas competencias.

 (5)  Véxase o artigo 103.1 da Constitución española de 1978 (transcrito en nota ao artigo 1 desta lei).

 (6)  Véxase o artigo 2.2 da Lei de organización e funcionamento da Adminis‑tración xeral do Estado, do 14 de abril de 1997 (§ 2).

 (7)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; suplemento en lingua galega núm. 4, do 13 de febreiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admi‑nistracións públicas e do procedemento administrativo común.

 (8)  Véxase o artigo 18 desta lei.

42

§ 1 b) Ponderar, no exercicio das competencias propias, a totalidade dos intereses públicos implicados e, en concreto, aqueles dos que a xestión estea encomendada ás outras admi‑nistracións.

c) Facilitarlles ás outras administracións a información que precisen sobre a actividade que desenvolvan no exerci‑cio das súas propias competencias.

d) Prestar, no ámbito propio, a cooperación e a asisten‑cia activas que as outras administracións puidesen reclamar para o eficaz exercicio das súas competencias.

2.  Para efectos do disposto nas alíneas c) e d) do número anterior, as administracións públicas poderán solicitar cantos datos, documentos ou medios probatorios se atopen á disposi‑ción do ente ao que se dirixa a solicitude. Poderán tamén soli‑citar asistencia para a execución das súas competencias (9).

3.  A  asistencia  e  cooperación  requirida  só  poderá negarse cando o ente do que se solicita non estea facultado para prestala, non dispoña de medios suficientes para iso ou cando, de o facer, causase un prexuízo grave aos intereses dos que ten encomendada a tutela ou ao cumprimento das súas propias funcións. A negativa a prestar a asistencia comu‑nicaráselle motivadamente á Administración solicitante.

4.  A Administración xeral do Estado, as das comunida‑des autónomas e as entidades que integran a Administración local deberán colaborar e auxiliarse para aquelas execucións 

 (9)  O artigo 2 da Lei 12/1983, do 14 de outubro, do proceso autonómico, establece:

«O Goberno e, se for o caso, as Cortes Xerais poderán reclamar dos órganos das comunidades autónomas a información que precisen sobre a actividade que estes desenvolvan en exercicio das súas propias competencias.

As informacións obtidas por este medio poderán ser utilizadas por todas as comunidades autónomas, que tamén poderán solicitar da Administración do Estado a información que precisen para o adecuado exercicio de sus competencias.»

Véxase o artigo 21 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro («BOE» núm. 298, do 14 de decembro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro), de protección de datos de carácter persoal, tendo en conta que a Sentenza 292/2000, do 30 de novem‑bro (Suplemento ao «BOE» núm. 4, do 4 de xaneiro de 2001), do Pleno do Tribunal Constitucional, declara contrario á Constitución e nulo un inciso do seu número 1.

Véxanse, así mesmo, os artigos 22.2 e 24 da Lei de organización e funciona‑mento da Administración xeral do Estado (§ 2).

43

§ 1dos seus actos que teñan que realizarse fóra dos seus respec‑tivos ámbitos territoriais de competencias.

5.  Nas relacións entre a Administración xeral do Estado e a Administración das comunidades autónomas, o contido do deber de colaboración desenvolverase a través dos instru‑mentos e procedementos que de maneira común e voluntaria establezan tales administracións.

Cando estas relacións, en virtude do principio de coope‑ración, teñan como finalidade a toma de decisións conxuntas que permitan, naqueles asuntos que afecten a competencias compartidas ou exixan artellar unha actividade común entre ambas as dúas administracións, unha actividade máis eficaz deles, axustaranse aos instrumentos e procedementos de cooperación a que se refiren os artigos seguintes (10).

Art. 5.  Conferencias sectoriais e outros órganos de cooperación.–1.  A Administración xeral do Estado e a Administración das comunidades autónomas poden crear órganos para a cooperación entre ambas, de composición bilateral ou multilateral, de ámbito xeral ou de ámbito secto‑rial, naquelas materias nas que exista interrelación compe‑tencial, e con funcións de coordinación ou cooperación segundo os casos.

Para efectos do establecido no presente capítulo, non teñen a natureza de órganos de cooperación aqueles órganos colexiados creados pola Administración xeral do Estado para o exercicio das súas competencias na composición dos cales se prevexa que participen representantes da Administración das comunidades autónomas coa finalidade de consulta.

2.  Os órganos de cooperación de composición bilateral e de ámbito xeral que reúnan a membros do Goberno, en representación da Administración xeral do Estado, e a mem‑bros do consello de goberno, en representación da Adminis‑tración da respectiva comunidade autónoma, denomínanse comisións bilaterais de cooperación. A súa creación efec‑túase mediante acordo, que determina os elementos esenciais do seu réxime.

 (10)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro).

44

§ 1 3.  Os órganos de cooperación de composición multila‑teral e de ámbito sectorial que reúnen a membros do Goberno, en representación da Administración xeral do Estado, e a membros dos consellos de goberno, en representación das administracións das comunidades autónomas, denomínanse conferencias sectoriais. O réxime de cada conferencia secto‑rial é o establecido no correspondente acordo de institucio‑nalización e no seu regulamento interno.

4.  A convocatoria da conferencia será realizada polo ministro ou ministros que teñan competencias sobre a mate‑ria que vaia ser obxecto da conferencia sectorial. A convoca‑toria farase con antelación suficiente e irá acompañada da orde do día e, se é o caso, da documentación precisa para a preparación previa da conferencia.

5.  Os acordos que se adopten nunha conferencia secto‑rial serán asinados polo ministro ou ministros competentes e polos titulares dos órganos de goberno correspondentes das comunidades autónomas. Se é o caso, estes acordos poderán formalizarse baixo a denominación de convenio de confe‑rencia sectorial.

6.  As conferencias sectoriais poderán acordar a crea‑ción de comisións e grupos de traballo para a preparación, estudo e desenvolvemento de cuestións concretas propias do ámbito material de cada unha delas.

7.  Coa mesma finalidade, e en ámbitos materiais especí‑ficos, a Administración xeral do Estado e as administracións das comunidades autónomas poderán constituír outros órga‑nos de cooperación que reúnan a responsables da materia.

8.  Cando a materia do ámbito sectorial dun órgano de cooperación de composición multilateral afecte ou se refira a competencias das entidades locais, o pleno do citado órgano pode acordar que a asociación destas de ámbito estatal con maior implantación sexa invitada a asistir ás súas reunións, con carácter permanente ou segundo a orde do día (11).

 (11)  Este artigo figura redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro).

O artigo 4 da Lei 12/1983, do 14 de outubro, do proceso autonómico, dispón:

«A fin de asegurar en todo momento a necesaria coherencia da actuación dos poderes públicos e a imprescindible coordinación, reuniranse de forma regular e 

45

§ 1Art. 6.  Convenios de colaboración.–1.  A Administra‑ción xeral e os organismos públicos vinculados ou depen‑dentes dela poderán subscribir convenios de colaboración cos órganos correspondentes das administracións das comu‑nidades autónomas no ámbito das súas respectivas compe‑tencias (12).

2.  Os instrumentos de formalización dos convenios deberán especificar, cando así proceda:

a) Os órganos que subscriben o convenio e a capaci‑dade xurídica coa que actúa cada unha das partes.

b) A competencia que exerce cada Administración.c) O seu financiamento.d) As actuacións que se acorde desenvolver para o seu 

cumprimento.e) A necesidade ou non de establecer unha organiza‑

ción para a súa xestión.f) O prazo de vixencia, o que non impedirá a súa pró‑

rroga se así o acordan as partes asinantes do convenio.

periódica, polo menos dúas veces ao ano, conferencias sectoriais dos conselleiros das distintas comunidades autónomas e do ministro ou ministros do ramo, baixo a presi‑dencia dun destes, co fin de trocar puntos de vista e examinar en común os problemas de cada sector e as accións proxectadas para afrontalos e resolvelos.

A convocatoria da conferencia será realizada polo ministro competente, ben se trate de reunións ordinarias ben das extraordinarias que se celebren para o tratamento de asuntos que non admitan demora. Neste último caso, a convocatoria poderá tamén formularse por instancia dalgún dos seus membros.»

Véxase o artigo 12.2.g) da Lei de organización e funcionamento da Administra‑ción xeral do Estado (§ 2).

Respecto á participación das comunidades autónomas nos asuntos comunitarios europeos, véxanse a Lei 2/1997, do 13 de marzo («BOE» núm. 64, do 15 de marzo), pola que se regula a Conferencia para Asuntos Relacionados coas Comunidades Europeas, e a Resolución do 5 de agosto de 1997 («BOE» núm. 189, do 8 de agosto), pola que se dispón a publicación do Acordo do 5 de xuño, polo que se adopta o seu novo regulamento interno.

 (12)  Véxase a Resolución do 9 de marzo de 1990 («BOE» núm. 65, do 16 de marzo), da Secretaría de Estado para as Administracións Territoriais, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello de Ministros do 2 de marzo de 1990 sobre convenios de colaboración entre a Administración do Estado e as comunidades autónomas, modificado por Resolución do 8 de xullo de 1998 («BOE» núm. 169, do 16 de xullo), da Secretaría de Estado para as Administracións Territoriais, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello de Ministros do 3 de xullo de 1998, sobre competencia para celebrar convenios de colaboración coas comunida‑des autónomas.

46

§ 1 g) A extinción por causa distinta á prevista no punto anterior, así como a forma de rematar as actuacións en curso para o suposto de extinción.

3.  Cando se cree un órgano mixto de vixilancia e con‑trol, este resolverá os problemas de interpretación e cumpri‑mento que poidan presentarse respecto dos convenios de colaboración (13).

4.  Cando os convenios se limiten a establecer pautas de orientación política sobre a actuación de cada Administra‑ción nunha cuestión de interese común ou a fixar o marco xeral e a metodoloxía para o desenvolvemento da colabora‑ción nunha área de interrelación competencial ou nun asunto de mutuo interese denominaranse protocolos xerais.

5.  Cando a xestión do convenio faga necesario crear unha organización común, esta poderá adoptar a forma de consorcio dotado de personalidade xurídica ou sociedade mercantil.

Os estatutos do consorcio determinarán os fins deste, así como as particularidades do réxime orgánico, funcional e financeiro.

Os órganos de decisión estarán integrados por represen‑tantes de todas as entidades consorciadas, na proporción que se fixe nos estatutos respectivos.

Para a xestión dos servizos que se lle encomenden poderá utilizarse calquera das formas previstas na lexislación apli‑cable ás administracións consorciadas (14).

Art. 7.  Plans e programas conxuntos.–1.  A Admi‑nistración xeral do Estado e a Administración das comuni‑dades autónomas poden acordar a realización de plans e programas conxuntos de actuación para o logro de obxec‑tivos comúns en materias nas que teñan competencias con‑correntes.

2.  Dentro do respectivo ámbito sectorial, correspónde‑lles ás conferencias sectoriais a iniciativa para acordar a rea‑lización de plans ou programas conxuntos, a aprobación do 

 (13)  Véxase o artigo 8.3 desta lei. (14)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» 

núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro).

47

§ 1seu contido, así como o seguimento e avaliación multilateral da súa posta en práctica.

3.  O acordo aprobatorio de plans ou programas conxun‑tos debe especificar, segundo a súa natureza, os seguintes elementos do seu contido:

Os obxectivos de interese común que se queren cumprir.As actuacións que vai desenvolver cada Administración.As achegas de medios persoais e materiais de cada Admi‑

nistración.Os compromisos de achega de recursos financeiros.A duración, así como os mecanismos de seguimento, ava‑

liación e modificación.

4.  O  acordo  de  aprobación  dun  plan  ou  programa conxunto, que terá eficacia vinculante para a Administración xeral do Estado e para as comunidades autónomas partici‑pantes que o subscriban, pode ser completado mediante con‑venios de colaboración con cada unha delas que concreten aqueles extremos que deban ser especificados de forma bila‑teral.

5.  Os acordos de aprobación de plans ou programas conxuntos son obxecto de publicación oficial (15).

Art. 8.  Efectos dos convenios.–1.  Os convenios de conferencia sectorial e os convenios de colaboración en nin‑gún caso supoñen a renuncia ás competencias propias das administracións intervenientes.

2.  Os convenios de conferencia sectorial e os convenios de colaboración realizados obrigarán as administracións intervenientes desde o momento do seu asinamento, a non ser que neles se estableza outra cousa.

Tanto os convenios de conferencia sectorial coma os con‑venios de colaboración seranlle comunicados ao Senado (16).

 (15)  Este artigo foi redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro).

 (16)  Véxanse o artigo 166 do Regulamento do Congreso dos Deputados, publicado por Resolución do 24 de febreiro de 1982 («BOE» núm. 55, do 5 de marzo), e os artigos 137 a 139 do Regulamento do Senado, cuxo texto refundido foi aprobado pola Mesa do Senado, oída a Xunta de Portavoces na súa reunión do día 3 de maio de 1994 («BOE» núm. 114, do 13 de maio).

48

§ 1 Ambos os tipos de convenio deberán publicarse no «Bole‑tín Oficial del Estado» e no diario oficial da comunidade autónoma respectiva.

3.  As cuestións litixiosas que poidan xurdir na súa inter‑pretación  e  cumprimento,  sen  prexuízo  do  previsto  no artigo 6.3, serán de coñecemento e competencia da orde xurisdicional do contencioso‑administrativo (17) e, se é o caso, da competencia do Tribunal Constitucional.

Art. 9.  Relacións coa Administración local.–As rela‑cións entre a Administración xeral do Estado ou a Adminis‑tración  da  Comunidade Autónoma  coas  entidades  que integran a Administración local rexeranse pola lexislación básica en materia de réxime local, e aplicarase supletoria‑mente o disposto no presente título (18).

Art. 10.  Comunicacións ás Comunidades Europeas.–1.  Cando en virtude dunha obriga derivada do Tratado da Unión Europea ou dos tratados das Comunidades Europeas ou dos actos das súas institucións deban comunicárselles a estas dis‑ posicións de carácter xeral ou resolucións, as administracións públicas procederán á súa remisión ao órgano da Administra‑ción xeral do Estado competente para realizar a comunicación ás ditas institucións. En ausencia de prazo específico para cum‑prir esa obriga, a remisión efectuarase no de quince días.

2.  Cando se trate de proxectos de disposicións ou cal‑quera outra información, en ausencia de prazo específico, a 

 (17)  Véxase o artigo 2.f) da Lei 29/1998, do 13 de xullo («BOE» núm. 167, do 14 de xullo), reguladora da xurisdición contencioso‑administrativa.

 (18)  Véxanse os artigos 55 a 62 da Lei 7/1985, do 2 de abril («BOE» núm. 80, do 3 de abril), reguladora das bases do réxime local, tendo en conta que o artigo 58.2 foi modificado pola Lei 11/1999, do 21 de abril («BOE» núm. 96, do 22 de abril; supl. gal. núm. 6, do 7 de maio; c. erros núm. 9, do 6 de agosto) e que o artigo 61 foi modi‑ficado pola Lei orgánica 1/2003, do 10 de marzo («BOE» núm. 60, do 11 de marzo; supl. gal. núm. 6, do 4 de xaneiro; c. erros núm. 11, do 1 de setembro) para a garantía da democracia nos concellos e a seguridade dos concelleiros; 61 a 71 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril («BOE» núms. 96 e 97, do 22 e do 23 de abril de 1986; corrección de erros no «BOE» núms. 165, do 11 de xullo, e 282, do 25 de novembro), polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, e o Real decreto 3489/2000, do 29 de decembro («BOE» núm. 33, do 7 de febreiro), polo que se regula a natureza, composición e funcións das comisións provinciais de colaboración do Estado coas corporacións locais, modifi‑cado polo Real decreto 427/2005, do 15 de abril («BOE» núm. 104, do 2 de maio).

49

§ 1remisión deberá facerse en tempo útil para os efectos do cumprimento desa obriga (19).

TÍTULO II

Dos órganos das administracións públicas (20)

CAPÍTULO PRIMEIRO

Principios xerais e competencia

Art.  11.  Creación de órganos administrativos.– 1.  Correspóndelle a cada Administración pública delimitar, no seu propio ámbito de competencias, as unidades adminis‑trativas que configuran os órganos administrativos propios das especialidades derivadas da súa organización (21).

2.  A creación de calquera órgano administrativo exixirá o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Determinación da súa forma de integración na Admi‑nistración pública de que se trate e da súa dependencia xerár‑quica.

b) Delimitación das súas funcións e competencias. c) Dotación dos créditos necesarios para a súa posta en 

marcha e funcionamento.

3.  Non se poderán crear novos órganos que supoñan duplicación doutros xa existentes, se ao mesmo tempo non se suprime ou restrinxe debidamente a competencia destes.

Art. 12.  Competencia.–1.  A competencia é irrenuncia‑ble e exercerana precisamente os órganos administrativos 

 (19)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro).

 (20)  O artigo 103.2 da Constitución española de 1978 dispón:

«Os órganos da Administración do Estado son creados, rexidos e coordinados de acordo coa lei.»

Véxanse os artigos 5, 10, 61 a 64 e 67 da Lei de organización e funcionamento da Administración xeral do Estado (§ 2).

 (21)  Véxase o artigo 7 da Lei de organización e funcionamento da Adminis‑tración xeral do Estado (§ 2).

50

§ 1 que a teñan atribuída como propia, non sendo nos casos de delegación ou avocación, cando se efectúen nos termos pre‑vistos nesta ou noutras leis (22).

A encomenda de xestión, a delegación de sinatura e a suplencia non supoñen alteración da titularidade da compe‑tencia, aínda que si dos elementos determinantes do seu exercicio que en cada caso se prevén.

2.  A titularidade e o exercicio das competencias atribuí‑das aos órganos administrativos poderán ser desconcentradas noutros xerarquicamente dependentes daqueles nos termos e cos requisitos que prevexan as propias normas de atribución de competencias.

3.  Se algunha disposición lle atribúe competencia a unha Administración sen especificar o órgano que a debe exercer, entenderase que a facultade de instruír e resolver os expedientes lles corresponde aos órganos inferiores compe‑tentes por razón da materia e do territorio, e, de existiren varios destes, ao superior xerárquico común.

Art. 13.  Delegación de competencias (23).–1.  Os órganos das diferentes administracións públicas poderán delegar o exercicio das competencias que teñan atribuídas noutros órganos da mesma Administración, aínda que non sexan xerarquicamente dependentes, ou das entidades de dereito público vinculadas ou dependentes daquelas.

2.  En ningún caso poderán ser obxecto de delegación as competencias relativas:

a) Aos asuntos que se refiran a relacións coa Xefatura do Estado, Presidencia do Goberno da Nación, Cortes Xerais, presidencias dos consellos de goberno das comunidades autónomas e asembleas lexislativas das comunidades autó‑nomas.

b) Á adopción de disposicións de carácter xeral.

 (22)  Véxanse os artigos 13.4 desta lei e 2.4 da Lei de organización e funcio‑namento da Administración xeral do Estado (§ 2).

 (23)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro).

Véxanse a disposición adicional 13.ª da Lei de organización e funcionamento da Administración xeral do Estado (§ 2), o artigo 20 da Lei do Goberno (§ 4) e o arti‑go 4.2.b) do Real decreto 1465/1999, do 17 de setembro (§ 16).

51

§ 1c) Á resolución de recursos nos órganos administrati‑vos que ditasen os actos obxecto de recurso.

d) Ás materias en que así se determine por norma con rango de lei.

3.  As delegacións de competencias e a súa revogación deberán publicarse no «Boletín Oficial del Estado», no da comunidade autónoma ou no da provincia, segundo a Admi‑nistración á que pertenza o órgano delegante, e o ámbito territorial de competencia deste.

4.  As resolucións administrativas que se adopten por delegación indicarán expresamente esta circunstancia e con‑sideraranse ditadas polo órgano delegante.

5.  Salvo autorización expresa dunha lei, non poderán delegarse as competencias que se exerzan por delegación.

Non constitúe impedimento para que poida delegarse a competencia para resolver un procedemento a circunstancia de que a súa norma reguladora prevexa, como trámite pre‑ceptivo, a emisión dun ditame ou informe; non obstante, non poderá delegarse a competencia para resolver un asunto con‑creto unha vez que no correspondente procedemento se emi‑tise un ditame ou informe preceptivo respecto del.

6.  A delegación será revogable en calquera momento polo órgano que a conferise.

7.  A delegación de competencias atribuídas a órganos colexiados, para o exercicio ordinario das cales se requira un quórum especial, deberá adoptarse observando, en todo caso, o dito quórum (24).

Art. 14.  Avocación.–1.  Os órganos superiores pode‑rán avocar para si o coñecemento dun asunto do que a súa resolución corresponda ordinariamente ou por delegación aos seus órganos administrativos dependentes, cando circuns‑tancias de índole técnica, económica, social, xurídica ou territorial o fagan conveniente (25). Nos supostos de delega‑ción de competencias  en órganos non xerarquicamente 

 (24)  Véxase o artigo 26.1 e 2 desta lei. (25)  Véxase o número 2 da disposición adicional 13.ª da Lei 6/1997, do 14 de 

abril (§ 2).

52

§ 1 dependentes, o coñecemento dun asunto poderá ser avocado unicamente polo órgano delegante.

2.  En  todo caso,  a  avocación  realizarase mediante acordo motivado, que lles deberá ser notificado aos interesa‑dos no procedemento, se os houber, con anterioridade á resolución final que se dite.

Contra o acordo de avocación non caberá recurso, aínda que se poderá impugnar no recurso que, se é o caso, se inter‑poña contra a resolución do procedemento.

Art. 15.  Encomenda de xestión.–1.  A realización de actividades de carácter material, técnico ou de servizos da competencia dos órganos administrativos ou das entidades de dereito público poderá encomendárselles a outros órganos ou entidades da mesma ou de distinta Administración, por razóns de eficacia ou cando non se posúan os medios téc‑nicos idóneos para o seu desempeño.

2.  A encomenda de xestión non supón cesión de titula‑ridade da competencia nin dos elementos substantivos do seu exercicio; será responsabilidade do órgano ou entidade encomendante ditar cantos actos ou resolucións de carácter xurídico dean soporte ou nos que se integre a concreta activi‑dade material obxecto de encomenda (26).

3.  A encomenda de xestión entre órganos administrati‑vos ou entidades de dereito público pertencentes á mesma Administración deberase formalizar nos termos que esta‑bleza a súa normativa propia e, non a habendo, por acordo expreso dos órganos ou entidades intervenientes. En todo caso, o instrumento de formalización da encomenda de xes‑tión e a súa resolución deberá ser publicado, para a súa efica‑cia, no diario oficial correspondente.

Cada Administración poderá regular os requisitos nece‑sarios para a validez destes acordos, que incluirán, cando menos, expresa mención da actividade ou actividades ás que afecten, o prazo de vixencia e a natureza e alcance da xestión encomendada.

4.  Cando a encomenda de xestión se realice entre órga‑nos e entidades de distintas administracións formalizarase 

 (26)  Véxase o artigo 12 desta lei.

53

§ 1mediante o asinamento do correspondente convenio entre elas, agás no suposto da xestión ordinaria dos servizos das comunidades autónomas polas deputacións provinciais ou, de ser o caso, polos cabidos ou consellos insulares, que se rexerá pola lexislación de réxime local (27).

5.  O réxime xurídico da encomenda de xestión que se regula neste artigo non será de aplicación cando a realiza‑ción das actividades enumeradas na alínea 1 teña que recaer sobre persoas físicas ou xurídicas suxeitas a dereito privado, axustándose daquela, no que proceda, á lexislación corres‑pondente de contratos do Estado, sen que poidan encomen‑darse a persoas ou entidades desta natureza actividades que, segundo a lexislación vixente, deban realizarse con suxei‑ción ao dereito administrativo.

Art. 16.  Delegación de sinatura.–1.  Os titulares dos órganos administrativos poderán, en materia da súa propia competencia, delegar a sinatura das súas resolucións e actos administrativos nos titulares dos órganos ou unidades admi‑nistrativas que deles dependan, dentro dos límites sinalados no artigo 13.

2.  A delegación de sinatura non alterará a competencia do órgano delegante e para a súa validez non será necesaria a súa publicación.

3.  Nas resolucións e actos que se asinen por delegación farase constar a autoridade de procedencia.

4.  Non caberá a delegación de sinatura nas resolucións de carácter sancionador.

Art. 17.  Suplencia (28).–1.  Os titulares dos órganos administrativos poderán ser suplidos temporalmente nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade por quen 

 (27)  Véxanse os artigos 37 da Lei 7/1985, do 2 de abril («BOE» núm. 80, do 3 de abril; corrección de erros no «BOE» núm. 139, do 11 de xuño), de bases do réxime local, e 5, 6 e 8 da Lei 12/1983, do 14 de outubro («BOE» núm. 247, do 15 de outubro; corrección de erros no «BOE» núm. 251, do 20 de outubro), do proceso autonómico.

 (28)  Véxanse o artigo 13 da Lei do Goberno (§ 4) e o Real decreto 1455/1995, do 1 de setembro («BOE» núm. 210, do 2 de setembro), sobre suplencia do presi‑dente do Goberno.

54

§ 1 designe o órgano competente para o nomeamento daque‑les (29).

Se non se designa suplente, a competencia do órgano administrativo exerceraa quen designe o órgano administra‑tivo inmediato do que dependa.

2.  A suplencia non implicará alteración da competencia.

Art. 18.  Coordinación de competencias.–1.  Os órga‑nos administrativos, no exercicio das súas competencias pro‑pias, axustarán a súa actividade nas súas relacións con outros órganos da mesma ou doutras administracións aos principios establecidos no artigo 4.1 da lei, e coordinarana coa que pui‑dese corresponderlles  lexitimamente a estes, para o que poderán recoller a información que precisen.

2.  As normas e actos ditados polos órganos das admi‑nistracións públicas no exercicio da súa propia competencia deberán ser observadas polo resto dos órganos administrati‑vos, aínda que non dependan xerarquicamente entre si ou pertenzan a outra Administración.

Art. 19.  Comunicacións entre órganos.–1.  A comu‑nicación entre os órganos administrativos pertencentes a unha mesma Administración pública efectuarase sempre 

 (29)  A Sentenza 50/1999, do 6 de abril (Suplemento ao «BOE» núm. 100, do 27 de abril), do Pleno do Tribunal Constitucional, dispón: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

DECIDO

Estimar parcialmente os recursos de inconstitucionalidade acumulados núme‑ ros 521/93 e 547/93, interpostos, respectivamente, pola Xunta de Conselleiros de Castilla  y  León  e  a  Xeneralidade  de  Cataluña,  contra  diversos  preceptos  da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e, en consecuencia:

1.º  Declarar que o inciso “por quen designe o órgano competente para o nomeamento daqueles” do artigo 17.1; o artigo 23.1 e 2; o artigo 24.1, 2 e 3; o artigo 25.2 e 3, e o artigo 27.2, 3 e 5 non teñen carácter básico, polo que son contra‑rios á orde constitucional de competencias.

2.º  Declarar que o segundo parágrafo do artigo 36.2 e o artigo 36.3 da referida lei son constitucionais, interpretados no sentido de que a obriga de traducir para o castelán que neles se contén non se estende aos documentos, expedientes ou partes deles que vaian producir efectos noutra comunidade autónoma en que a lingua en que os ditos documentos fosen redactados teña tamén carácter cooficial.

3.º  Desestimar o recurso en todo o demais. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

55

§ 1directamente, sen traslados nin reproducións a través de órganos intermedios.

2.  As comunicacións entre os órganos administrativos poderán efectuarse por calquera medio que asegure a cons‑tancia da súa recepción (30).

Art. 20.  Decisións sobre competencia (31).–1.  O órgano administrativo que se estime incompetente para resol‑ver un asunto  remitiralle directamente as actuacións ao órgano que considere competente, se este pertence á mesma Administración pública.

2.  Os interesados que sexan parte no procedemento poderanse dirixir ao órgano que se encontre coñecendo dun asunto para que decline a súa competencia e lle remita as actuacións ao órgano competente.

Así mesmo, poderanse dirixir ao órgano que estimen competente para que lle requira que se inhiba ao que estea coñecendo do asunto.

3.  Os conflitos de atribucións só se poderán suscitar entre órganos dunha mesma Administración non relaciona‑dos xerarquicamente, e respecto de asuntos sobre os que non finalizase o procedemento administrativo.

Art. 21.  lnstrucións e ordes de servizo.–1.  Os órga‑nos administrativos poderán dirixir as actividades dos seus órganos xerarquicamente dependentes mediante instrucións e ordes de servizo (32). Cando unha disposición específica así o estableza ou se estime conveniente por razón dos desti‑natarios ou dos efectos que poidan producirse, as instrucións e ordes de servizo publicaranse no xornal oficial que corres‑ponda.

2.  O incumprimento das instrucións ou das ordes de servizo non afecta por si só á validez dos actos ditados polos órganos administrativos, sen prexuízo da responsabilidade disciplinaria en que se poida incorrer.

 (30)  Véxase o artigo 45 desta lei. (31)  Véxase a disposición adicional 14.ª da Lei de organización e funciona‑

mento da Administración xeral do Estado (§ 2). (32)  Véxase o artigo 12.2.h) da Lei de organización e funcionamento da 

Administración xeral do Estado (§ 2).

56

§ 1 CAPÍTULO II

Órganos colexiados (33)

Art. 22.  Réxime.–1.  O réxime xurídico dos órganos colexiados axustarase ás normas contidas no presente capí‑tulo, sen prexuízo das peculiaridades organizativas das admi‑nistracións públicas en que se integran.

2.  Os órganos colexiados das distintas administracións públicas en que participen organizacións representativas de intereses sociais, así como aqueles compostos por repre‑sentacións de distintas administracións públicas, conten ou non con participación de organizacións representativas de intereses sociais, poderán establecer ou completar as súas propias normas de funcionamento (34).

Os órganos colexiados a que se refire este número queda‑rán integrados na Administración pública que corresponda, aínda que sen participar na estrutura xerárquica desta, a non ser que así o establezan as súas normas de creación ou que se deduza das súas funcións ou da propia natureza do órgano colexiado.

Art. 23.  Presidente.–1.  En cada órgano colexiado correspóndelle ao presidente:

a) Exercer a representación do órgano.b) Acordar a convocatoria das sesións ordinarias e 

extraordinarias e a fixación da orde do día, tendo en conta, de ser o caso, as peticións dos demais membros formuladas coa suficiente antelación.

c) Presidir as sesións, moderar o desenvolvemento dos debates e suspendelos por causas xustificadas.

d) Dirimir co seu voto os empates, co obxecto de adop‑tar acordos, agás se se trata dos órganos colexiados a que se refire o número 2 do artigo 22, en que o voto será dirimente se así o establecen as súas propias normas.

e) Asegurar o cumprimento das leis.

 (33)  Véxanse a disposición adicional 1.ª desta lei e os artigos 38 a 40 da Lei de organización e funcionamento da Administración xeral do Estado (§ 2).

 (34)  Véxanse os artigos 23.1.d), 23.2, 24.3 e 26.1 desta lei.

57

§ 1f) Visar  as  actas  e  certificacións  dos  acordos  do órgano.

g) Exercer cantas outras funcións sexan inherentes á súa condición de presidente do órgano.

2.  Nos casos de vacante, ausencia, enfermidade ou outra causa legal, o presidente será substituído polo vicepre‑sidente que corresponda, e, na súa ausencia, polo membro do órgano colexiado de maior xerarquía, antigüidade e idade, por esta orde, de entre os seus compoñentes.

Esta norma non  lles  será de  aplicación  aos órganos colexiados previstos no número 2 do artigo 22, en que o réxime de substitución do presidente debe estar especifica‑mente regulado en cada caso ou establecido expresamente por acordo do pleno do órgano colexiado (35).

Art.  24.  Membros.–1.  En  cada  órgano  colexiado correspóndelles aos seus membros:

a) Recibiren, cunha antelación mínima de corenta e oito horas, a convocatoria que conteña a orde do día das reunións. A información sobre os temas que figuren na orde do día estará ao dispor dos membros no mesmo prazo.

b) Participaren nos debates das sesións.c) Exerceren o seu dereito ao voto e formularen o seu 

voto particular, así como expresaren o sentido do seu voto e os motivos que o xustifican.

Non se poderán abster nas votacións aqueles que, pola súa calidade de autoridades ou de persoal ao servizo das administracións públicas, teñan a condición de membros de órganos colexiados.

d) Formularen rogos e preguntas.e) Obteren a información precisa para cumpriren as 

funcións asignadas.f) Cantas outras funcións sexan inherentes á súa condi‑

ción.

2.  Os membros dun órgano colexiado non se poderán atribuír as funcións de representación recoñecidas a este, a 

 (35)  Téñase en conta a Sentenza 50/1999, do 6 de abril, do Pleno do Tribunal Constitucional, cuxa parte dispositiva se reproduce en nota ao artigo 17 desta lei.

58

§ 1 non ser que expresamente se lles outorgasen por unha norma ou por acordo validamente adoptado, para cada caso con‑creto, polo propio órgano.

3.  En casos de ausencia ou de enfermidade e, en xeral, cando concorra algunha causa xustificada, os membros titu‑lares do órgano colexiado serán substituídos polos seus suplentes, se os houber.

Cando se trate de órganos colexiados aos que se refire o número 2 do artigo 22, as organizacións representativas de intereses sociais poderán substituír os seus membros titulares por outros, acreditándoo perante a secretaría do órgano colexiado, respectando as reservas e limitacións que estable‑zan as súas normas de organización (36).

Art. 25.  Secretario.–1.  Os órganos colexiados terán un secretario, que poderá ser un membro do propio órgano ou unha persoa ao servizo da Administración pública corres‑pondente.

2.  A designación e o cesamento, así como a substitu‑ción temporal do secretario en supostos de vacante, ausencia ou enfermidade, realizaranse segundo o disposto nas normas específicas de cada órgano, e, de non habelas, por acordo deste (37).

3.  Correspóndelle ao secretario do órgano colexiado:

a) Asistir ás reunións, con voz pero sen voto, se é un funcionario, e con voz e mais voto, se a secretaría do órgano a exerce un membro deste.

b) Efectuar a convocatoria das sesións do órgano por orde do seu presidente, así como as citacións aos membros deste.

c) Recibir os actos de comunicación dos membros co órgano e, xa que logo, as notificacións, peticións de datos, rectificacións ou calquera outra clase de escritos dos que deba ter coñecemento.

d) Preparar o despacho dos asuntos, redactar e autorizar as actas das sesións.

 (36)  Véxase a Sentenza 50/1999, do 6 de abril, do Pleno do Tribunal Consti‑tucional, cuxa parte dispositiva se reproduce en nota ao artigo 17 desta lei.

 (37)  Téñase en conta a Sentenza 50/1999, do 6 de abril, do Pleno do Tribunal Constitucional, cuxa parte dispositiva se reproduce en nota ao artigo 17 desta lei.

59

§ 1e) Expedir certificacións das consultas, ditames e acor‑dos aprobados.

f) Cantas outras funcións sexan inherentes á súa condi‑ción de secretario (38).

Art. 26.  Convocatorias e sesións.–1.  Para a válida constitución do órgano, para os efectos da realización de sesións, deliberacións e adopción de acordos, requirirase a presenza do presidente e mais do secretario, ou, de ser o caso, daqueles que os substitúan, e a de ao menos a metade dos seus membros, agás o disposto no punto 2 deste artigo.

Cando se trate dos órganos colexiados a que se refire o número 2 do artigo 22, o presidente poderá considerar vali‑damente constituído o órgano, para os efectos de realización de sesión, se están presentes os representantes das adminis‑tracións públicas e das organizacións representativas de inte‑reses sociais membros do órgano aos que se lles atribuíse a condición de voceiros.

2.  Os órganos colexiados poderán establecer o réxime propio de convocatorias, se este non está previsto polas súas normas de funcionamento. Este réxime poderá prever unha segunda convocatoria e especificar para ela o número de membros necesarios para constituír validamente o órgano.

3.  Non poderá ser obxecto de deliberación ou acordo ningún asunto que non figure incluído na orde do día, a non ser  que  estean  presentes  todos  os  membros  do  órgano colexiado e sexa declarada a urxencia do asunto polo voto favorable da maioría.

4.  Os acordos adoptaranse por maioría de votos.5.  Aqueles que acrediten a titularidade dun interese 

lexítimo poderanse dirixir ao secretario dun órgano colexiado para que se lles expida unha certificación dos seus acordos.

Art. 27.  Actas.–1.  De cada sesión que realice o órgano colexiado  o  secretario  redactará  acta,  que  especificará necesariamente os asistentes, a orde do día da reunión, as circunstancias do lugar e tempo en que se realizou, os puntos 

 (38)  Véxase a parte dispositiva da Sentenza 50/1999, do 6 de abril, do Pleno do Tribunal Constitucional, que se reproduce en nota ao artigo 17 desta lei.

60

§ 1 principais das deliberacións, así como o contido dos acordos adoptados.

2.  Na acta figurará, por solicitude dos respectivos mem‑bros do órgano, o voto contrario ao acordo adoptado, a súa abs‑tención e os motivos que a xustifiquen ou o sentido do seu voto favorable. Así mesmo, calquera membro ten dereito a solicitar a transcrición íntegra da súa intervención ou proposta, sempre que achegue, no acto ou no prazo que sinale o presidente, o texto que corresponda fielmente coa súa intervención, facén‑dose así constar na acta ou uníndoselle copia a esta (39).

3.  Os membros que discrepen do acordo maioritario poderán formular voto particular por escrito no prazo de corenta e oito horas, que se incorporará ao texto aprobado (39).

4.  Cando os membros do órgano voten en contra ou se absteñan, quedarán exentos da responsabilidade que, de ser o caso, poida derivarse dos acordos.

5.  As  actas  aprobaranse  na  mesma  ou  na  seguinte sesión; non obstante, o secretario poderá emitir certificación sobre os acordos específicos que se adoptasen, sen prexuízo da ulterior aprobación da acta.

Nas certificacións de acordos adoptados emitidas con anterioridade á aprobación da acta farase constar expresa‑mente tal circunstancia (40).

CAPÍTULO III

Abstención e recusación

Art. 28.  Abstención.–1.  As autoridades e o persoal ao servizo das administracións en quen se dea algunha das cir‑cunstancias sinaladas no número seguinte deste artigo abste‑ranse de intervir no procedemento e comunicaranllo ao seu superior inmediato, que resolverá o procedente.

2.  Son motivos de abstención os seguintes:

a) Ter interese persoal no asunto de que se trate ou noutro na resolución do cal puidese influír a daquel; ser 

 (39)  Véxase a Sentenza 50/1999, do 6 de abril, do Pleno do Tribunal Consti‑tucional, cuxa parte dispositiva se reproduce en nota ao artigo 17 desta lei.

 (40)  Téñase en conta a Sentenza 50/1999, do 6 de abril, do Pleno do Tribunal Constitucional, cuxa parte dispositiva se reproduce en nota ao artigo 17 desta lei.

61

§ 1administrador de sociedade ou entidade interesada, ou ter cuestión litixiosa pendente con algún interesado.

b) Ter parentesco de consanguinidade dentro do cuarto grao ou de afinidade dentro do segundo con calquera dos interesados, cos administradores de entidades ou sociedades interesadas e tamén cos asesores, representantes legais ou mandatarios que  interveñan no procedemento, así como compartir despacho profesional ou estar asociado con estes para o asesoramento, a representación ou o mandato.

c) Ter amizade  íntima ou  inimizade manifesta con algunha das persoas mencionadas na alínea anterior.

d) Ter intervido como perito ou como testemuña no procedemento de que se trate.

e) Ter relación de servizo con persoa natural ou xurí‑dica interesada directamente no asunto, ou terlle prestado nos dous últimos anos servizos profesionais de calquera tipo e en calquera circunstancia ou lugar.

3.  A actuación de autoridades e persoal ao servizo das administracións públicas nos que concorran motivos de abs‑tención non implicará necesariamente a invalidez dos actos en que interviñesen (41).

4.  Os órganos superiores poderanlles ordenar ás per‑soas nas que se dea algunha das circunstancias sinaladas que se absteñan de toda intervención no expediente.

5.  A non abstención nos casos en que proceda dará lugar a responsabilidade.

Art. 29.  Recusación.–1.  Nos casos previstos no artigo anterior, os interesados poderán promover recusación en cal‑quera momento da tramitación do procedemento (42).

2.  A recusación  formularase por escrito, no que se expresará a causa ou causas en que se fundan.

3.  No día seguinte, o recusado manifestaralle ao seu inmediato superior se se dá ou non nel a causa alegada. No primeiro caso, o superior poderá acordar a súa substitución de seguida.

 (41)  Véxanse, sobre invalidez dos actos administrativos, os artigos 62 a 67 desta lei.

 (42)  Véxase o artigo 77 desta lei.

62

§ 1 4.  Se o recusado nega a causa de recusación, o superior resolverá no prazo de tres días, tras os informes previos e as comprobacións que coide oportunos.

5.  Contra as resolucións adoptadas nesta materia non caberá recurso, sen prexuízo da posibilidade de alegar a recusación ao interpor o recurso que proceda contra o acto que termine o procedemento.

TÍTULO IIIDos interesados

Art. 30.  Capacidade de obrar.–Terán capacidade de obrar perante as administracións públicas, amais das persoas que a posúan conforme as regras civís, os menores de idade para o exercicio e defensa daqueles dos seus dereitos e inte‑reses nos que a súa actuación estea permitida polo ordena‑mento xurídico‑administrativo sen a asistencia da persoa que exerza a patria potestade, tutela ou curadoría. Exceptúase o suposto dos menores incapacitados, cando a extensión da incapacitación afecte o exercicio e defensa dos dereitos ou intereses de que se trate.

Art. 31.  Concepto de interesado.–1.  Considéranse interesados no procedemento administrativo:

a) Os que o promovan como titulares de dereitos ou de intereses lexítimos individuais ou colectivos.

b) Aqueles que, sen seren os que iniciaron o procede‑mento, teñan dereitos que poidan resultar afectados pola decisión que nel se adopte (43).

c) Aqueles que teñan intereses lexítimos, individuais ou colectivos, que poidan resultar afectados pola resolución e que se constitúan en parte no procedemento, en tanto non recaia resolución definitiva.

2.  As asociacións e organizacións representativas de intereses económicos e sociais serán titulares de intereses lexítimos colectivos nos termos que a lei recoñeza (44).

 (43)  Véxase o artigo 34 desta lei. (44)  Véxanse a Lei 3/1993, do 22 de marzo («BOE» núm. 70, do 23 de 

marzo), básica de cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, modificada 

63

§ 13.  Cando a condición de interesado derive dalgunha relación xurídica transmisible, o habente‑dereito sucederá en tal condición, calquera que sexa o estado do procedemento.

Art. 32.  Representación.–1.  Os interesados con capa‑cidade de obrar poderán actuar por medio de  represen‑tante (45), co que se entenderán as actuacións administrati‑vas, agás manifestación expresa en contra do interesado.

2.  Calquera persoa con capacidade de obrar poderá actuar en representación doutra perante as administracións públicas.

3.  Para formular solicitudes, presentar recursos, desistir de accións e renunciar a dereitos no nome doutra persoa, deberá acreditarse a  representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, ou mediante declaración en comparecencia persoal do interesado. Para os actos e xestións de simple trámite presumirase esta represen‑tación (46).

polas leis 12/1996, do 30 de decembro («BOE» núm. 315, do 31 de decembro), 50/1998, do 30 de decembro («BOE» núm. 313, do 31 de decembro), 51/2002, do 27 de decembro («BOE» núm. 311, do 28 de decembro) e 53/2002, do 30 de decembro («BOE» núm. 313, do 31 de decembro) e o Decreto 1291/1974, do 2 de maio («BOE» núm. 112, do 10 de maio; corrección de erros no «BOE» núm. 131, do 1 de xuño), polo que se aproba o Regulamento xeral das cámaras, modificado polos reais decre‑tos 753/1978, do 27 de marzo («BOE» núm. 94, do 20 de abril), e 816/1990, do 22 de xuño («BOE» núm. 152, do 26 de xuño; corrección de erros no «BOE» núm. 163, do 9 de xullo), que se manterá en vigor, salvo no que se refire ao recurso cameral permanente, en canto non se opoña á lei e mentres non se diten as normas regulamen‑tarias substitutorias.

Véxanse, tamén, a Lei 18/2005, do 30 de setembro («BOE» núm. 235, do 1 de outubro; supl. gal. núm. 11, do 1 de novembre), pola que se derroga a Lei 23/1986, do 24 de decembro, pola que se establecen as bases do réxime xurídico das cámaras agrarias, e o Real decreto 670/1978, do 11 de marzo («BOE» núm. 87, do 12 de abril), sobre confrarías de pescadores.

 (45)  Véxanse os artigos 85.2 desta lei; 7 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro («BOE» núm. 7, do 8 de xaneiro; corrección de erros no «BOE» núm. 90, do 14 de abril; supl. gal. núm. 2, do 5 de febreiro; c. erros núm. 12, do 16 de agosto, e núm. 6, do 10 de maio), de axuizamento civil, modificado pola Lei 22/2003, do 9 de xullo («BOE» núm. 164, do 10 de xullo) concursal; 23 e 24 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición  contencioso‑administrativa,  e os  artigos 5  a 10 da Lei 52/1997, do 27 de novembro («BOE» núm. 285, do 28 de novembro), de asisten‑cia xurídica ao Estado e institucións públicas, cuxo artigo 9 foi modificado pola Lei 62/2003, do 30 de decembro («BOE» núm. 313, do 31 de decembro; supl. gal. núm. 2, do 16 de xaneiro de 2004; c. errata núm. 6, do 1 de maio de 2004) de medidas fiscais, administrativas e da orde social.

 (46)  Véxanse os artigos 1.709 e seguintes do Código civil.

64

§ 1 4.  A falta ou insuficiente acreditación da representación non impedirá que se teña por realizado o acto de que se trate, sempre que se achegue aquela ou se emende o defecto dentro do prazo de dez días que deberá conceder, para o efecto, o órgano administrativo, ou dun prazo superior cando as cir‑cunstancias do caso así o requiran.

Art. 33.  Pluralidade de interesados.–Cando nunha solicitude, escrito ou comunicación figuren varios interesa‑dos, as actuacións a que dean lugar efectuaranse co represen‑tante ou o interesado que expresamente sinalasen, e, de non o haber, co que figure en primeiro termo.

Art. 34.  Identificación de interesados.–Se durante a ins‑trución dun procedemento que non tivese publicidade en forma legal se advirte a existencia de persoas que sexan titu‑lares de dereitos ou de intereses lexítimos e directos, que resulten identificados a partir do expediente e que poidan resultar afectados pola resolución que se dite, comunica‑ráselles ás ditas persoas a tramitación do procedemento (47).

TÍTULO IV

Da actividade das administracións públicas

CAPÍTULO PRIMEIRO

Normas xerais

Art. 35.  Dereitos dos cidadáns.–Os cidadáns, nas súas relacións coas administracións públicas, teñen os seguintes dereitos: 

a) A coñeceren, en calquera momento, o estado da tra‑mitación dos procedementos nos que teñan a condición de interesados, e a obteren copias de documentos contidos neles (48).

 (47)  Véxanse os artigos 39.2 e 84 desta lei. (48)  Véxase o artigo 3.1 do Real decreto 208/1996, do 9 de febreiro, polo que 

se regulan os servizos de información administrativa e atención ao cidadán (§ 12).

65

§ 1b) A identificaren as autoridades e o persoal ao servizo das administracións públicas que teñan baixo a súa respon‑sabilidade a tramitación dos procedementos (49).

c) A obteren copia selada dos documentos que presenten, achegándoa xunto cos orixinais, así como á devolución destes, agás cando os orixinais deban constar no procedemento (50).

d) A empregaren as linguas oficiais no territorio da súa comunidade autónoma, de acordo co previsto nesta lei e no resto do ordenamento xurídico (51).

e) A formularen alegacións e a achegaren documentos en calquera fase do procedemento anterior ao trámite de audiencia, que o órgano competente deberá ter en conta ao redactar a proposta de resolución (52).

f) A non presentaren documentos non exixidos polas normas aplicables ao procedemento de que se trate, ou que xa se encontren en poder da Administración actuante (53).

g) A obteren  información e orientación acerca dos requisitos xurídicos ou técnicos que as disposicións vixentes lles impoñan aos proxectos, actuacións ou solicitudes que se propoñan realizar (54).

h) A accederen aos rexistros e arquivos das administra‑cións públicas nos termos previstos na Constitución e nesta ou outras leis (55).

 (49)  Véxase a Resolución do 3 de febreiro de 1993 («BOE» núm. 36, do 11 de febreiro) pola que se define o sistema de identificación común do persoal ao ser‑vizo da Administración xeral do Estado.

 (50)  Véxanse os artigos 38.5 e 70.3 desta lei e 7 e 8 do Real decreto 772/1999, do 7 de maio (§ 11).

 (51)  Véxase o artigo 36 desta lei e a súa nota. (52)  Véxase o artigo 79 desta lei. (53)  Véxanse o artigo 2 do Real decreto 1778/1994, do 5 de agosto (§ 8) e o 

artigo 23.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro (§ 9).Téñase en conta que, nos procedementos administrativos da Administración xeral 

do Estado e dos seus organismos públicos vinculados ou dependentes, polo Real decreto 522/2006, do 28 de abril («BOE» núm. 110, do 9 de maio; supl. gal. núm. 6, do 15 de maio), se suprime a presentación de fotocopias de documentos de identidade, e polo Real decreto 523/2006, do 28 de abril («BOE» núm. 110, do 9 de maio; supl. gal. núm. 6, do 15 de maio) suprímese a exixencia de presentar o certificado de empadroa‑mento como documento probatorio do domicilio e residencia.

 (54)  Véxanse o artigo 33 da Lei de procedemento administrativo do 17 de xullo de 1958 (§ 5) e o Real decreto 208/1996, do 9 de febreiro (§ 12).

 (55)  Véxanse os artigos 37 e 38 desta lei.

66

§ 1 i) A seren tratados con respecto e deferencia polas auto‑ridades e funcionarios, que deberán facilitárlles o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas.

j) A exixiren a responsabilidade das administracións públicas e do persoal ao seu servizo cando así corresponda legalmente (56).

k) Calquera outro que lles recoñeza a Constitución e as leis.

Art. 36.  Lingua dos procedementos (57).–1.  A lin‑gua dos procedementos tramitados pola Administración xeral do Estado será o castelán. Non obstante o anterior, os intere‑

A alínea b) do artigo 105 da Constitución española do 27 de decembro de 1978 establece:

«Art. 105.  A Lei regulará:… b) O acceso dos cidadáns aos arquivos e rexis‑tros administrativos, menos no que afecte a seguridade e defensa do Estado, a inves‑tigación dos delitos e a intimidade das persoas.»

 (56)  Véxanse os artigos 139 a 146 desta lei e o Real decreto 429/1993, do 26 de marzo (§ 6).

 (57)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro).

O artigo 3 da Constitución española de 1978 dispón:

«Art. 3.  1.  O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos os espa‑ñois teñen o deber de coñecela e o dereito a usala.

2.  As demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas comunida‑des autónomas de acordo con sus estatutos.

3.  A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.»

Véxase o artigo 10 do Real decreto 772/1999, do 7 de maio (§ 11).Véxanse o Real decreto 489/1997, do 14 de abril («BOE» núm. 92, do 17 de 

abril), sobre publicación das leis nas linguas cooficiais das comunidades autónomas; a Orde do 21 de abril de 1998 («BOE» núm. 99, do 25 de abril) pola que se dispón a publicación do convenio de colaboración entre a Administración xeral do Estado e a Xeneralidade de Cataluña para a publicación das leis en lingua catalá, a Orde do 19 de xuño de 1998 («BOE» núm. 147, do 20 de xuño) pola que se dispón a publicación do convenio de colaboración entre a Administración xeral do Estado e a Xunta de Galicia para a publicación das leis en lingua galega, e a Orde do 21 de decembro de 2000 («BOE» núm. 312, do 29 de decembro), pola que se dispón a publicación do convenio de colaboración entre a Administración xeral do Estado e a Xeneralidade Valenciana para a publicación das leis en lingua valenciana.

Sobre o uso das diferentes linguas españolas nas relacións dos cidadáns coa Administración, véxanse: 

Lei 10/1982, do 24 de novembro, do Parlamento Vasco («BOPV» núm. 160, do 16 de decembro), básica de normalización do uso do éuscaro (artigos 6 a 14).

Lei 1/1998, do 7 de xaneiro, do Parlamento de Cataluña («BOE» núm. 36, do 11 de febreiro), de política lingüística (artigos 9 a 17).

67

§ 1sados que se dirixan aos órganos da Administración xeral do Estado con sede no territorio dunha comunidade autónoma poderán utilizar tamén a lingua que sexa cooficial nela.

Neste caso, o procedemento tramitarase na lingua elixida polo interesado. De concorreren varios interesados no procedemento e existir discrepancia en canto á lingua, o procedemento tramita‑rase en castelán, se ben os documentos ou testemuños que requi‑ran os interesados se expedirán na lingua elixida por eles.

2.  Nos procedementos tramitados polas administra‑cións das comunidades autónomas e das entidades locais, o uso da lingua axustarase ao previsto na lexislación autonó‑mica correspondente (58).

Lei 3/1983, do 15 de xuño, do Parlamento de Galicia («DOG» núm. 84, do 14 de xullo), de normalización lingüística (artigos 4 a 9).

Lei 4/1983, do 23 de novembro, das Cortes Valencianas («BOE» núm. 20, do 24 de xaneiro de 1984), de uso e ensino do valenciano (artigos 7 a 14).

Lei foral 18/1986, do 15 de decembro, do Parlamento de Navarra («BOE» núm. 17, do 20 de xaneiro de 1987), de regulación do uso do vasco (artigos 10 a 16). 

Lei 3/1986, do 19 de abril, do Parlamento Balear («BOE» núm. 169, do 16 de xullo), de normalización lingüística (artigos 6 a 10), os números 1 e 2 do artigo 10 foron derrogados pola Lei 3/2003, do 26 de marzo («BOE» núm. 98, do 24 de abril; supl. gal. núm. 6, do 1 de abril). 

Téñase en conta que o presidente do Goberno interpuxo recursos de inconstitucio‑nalidade contra determinados artigos das tres leis citadas do País Vasco, Galicia e Balea‑res, resoltos por sentenzas do Tribunal Constitucional núms. 82 e 84, do 26 de xuño de 1986, publicadas no suplemento ao «BOE» núm. 159, do 4 de xullo, e 123, do 23 de xuño de 1988, publicada no suplemento ao «BOE» núm. 166, do 12 de xullo, respecti‑vamente.

O Real decreto 1111/1979, do 10 de maio («BOE» núm. 115, do 14 de maio), regula o emprego das distintas linguas españolas nas actuacións das corporacións locais, e a Orde 35/1987, do 17 de xuño («BOE» núm. 146, do 19 de xuño), regula o uso das linguas oficiais das comunidades autónomas na Administración militar. 

No caso da Administración de Xustiza, véxase o artigo 231 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo («BOE» núm. 157, do 2 de xullo; corrección de erros no «BOE» núm. 264, do 4 de novembro), do Poder Xudicial, conforme a redacción dada pola Lei orgánica 16/1994, do 8 de novembro («BOE» núm. 268, do 9 de novembro; corrección de erratas no «BOE» núm. 285, do 29 de novembro). 

Véxase, así mesmo, a disposición adicional 3.ª do Real decreto 1465/1999, do 17 de setembro, polo que se establecen criterios de imaxe institucional e se regula a pro‑dución documental e o material impreso da Administración xeral do Estado (§ 16).

Por último, véxase a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, feita en Estrasburgo o 5 de novembro de 1992, ratificada polo Instrumento do 2 de febreiro de 2001 («BOE» núm. 222, do 15 de setembro; corrección de erratas no «BOE» núm. 281, do 23 de novembro).

 (58)  Téñase en conta a Sentenza 50/1999, do 6 de abril, do Pleno do Tribunal Constitucional, cuxa parte dispositiva se reproduce en nota ao artigo 17 desta lei.

68

§ 1 3.  A Administración pública instrutora deberá traducir para o castelán os documentos, expedientes ou partes deles que deban producir efecto fóra do territorio da comunidade autónoma e os documentos dirixidos aos interesados que así o soliciten expresamente. Se deben producir efectos no terri‑torio dunha comunidade autónoma onde sexa cooficial esa mesma lingua distinta do castelán, non será precisa a súa tra‑dución (59).

Art. 37.  Dereito de acceso a arquivos e rexistros (60).–1.  Os cidadáns teñen dereito a accederen aos rexistros e aos documentos que, formando parte dun expediente, estean nos arquivos administrativos, calquera que sexa a forma de expresión, gráfica, sonora ou en imaxe, ou o tipo de soporte material  en que  figuren,  sempre que  tales  expedientes correspondan a procedementos terminados na data da soli‑citude.

2.  O acceso aos documentos que conteñan datos refe‑rentes á intimidade das persoas estará reservado a estas (61), que, no caso de observaren que estes datos figuran incomple‑

 (59)  Téñase en conta a parte dispositiva da Sentenza 50/1999, do 6 de abril, do Pleno do Tribunal Constitucional, reproducido en nota ao artigo 17 desta lei.

 (60)  Véxanse o artigo 105.b) da Constitución española do 27 de decembro de 1978 (transcrito en nota ao artigo 35 desta  lei) e os artigos 57, 58 e 62 da Lei 16/1985, do 25 de xuño («BOE» núm. 155, do 29 de xuño; corrección de erratas no «BOE» núm. 296, do 11 de decembro), do patrimonio histórico español. 

Canto aos arquivos militares, véxase o seu regulamento aprobado polo Real decreto 2598/1998, do 4 de decembro («BOE» núm. 303, do 19 de decembro), modi‑ficado polo Real decreto 1164/2002, do 8 de novembro («BOE» núm. 274, do 15 de novembro.

Véxase, tamén, o Real decreto 1969/1999, do 23 de decembro («BOE» núm. 11, do 13 de xaneiro de 2000), polo que se regula a expedición da tarxeta nacional de investigador para a consulta nos arquivos de titularidade estatal e nos adheridos ao sistema arquivístico español, que foi derrogado no relativo aos arquivos de titulari‑dade estatal dependentes do Ministerio de Cultura polo Real decreto 1266/2006, do 8 de novembro («BOE» núm. 284, do 28 de novembro).

Por último, véxase a Lei 27/2006, do 18 de xullo («BOE» núm. 171, do 19 de xullo; supl. gal. núm. 10, do 21 de xullo), pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente.

 (61)  O artigo 18.1 e 4 da Constitución española do 27 de decembro de 1978 dispón:

«Art. 18.  1.  Garántese o dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

69

§ 1tos ou son inexactos, poderán exixir que sexan rectificados ou completados, a non ser que figuren en expedientes cadu‑cados polo transcurso do tempo, conforme os prazos máxi‑mos que determinen os diferentes procedementos, dos que non poida derivarse efecto substantivo ningún.

3.  O acceso aos documentos de carácter nominativo que, sen incluíren outros datos pertencentes á intimidade das persoas, figuren nos procedementos de aplicación do dereito, agás os de carácter sancionador ou disciplinario, e que, en consideración ao seu contido, poidan facerse valer para o exercicio dos dereitos dos cidadáns, poderá ser exercido, ademais de polos seus titulares, por terceiros que acrediten un interese lexítimo e directo.

4.  O exercicio dos dereitos que establecen as alíneas anteriores poderá ser denegado cando prevalezan razóns de interese público, por intereses de terceiros máis dignos de protección ou cando así o dispoña unha lei; nestes casos, deberá ditar resolución motivada o órgano competente.

5.  O dereito de acceso non poderá ser exercido con res‑pecto aos seguintes expedientes (62):

a) Os que conteñan información verbo das actuacións do Goberno do Estado ou das comunidades autónomas no exercicio das súas competencias constitucionais non suxeitas a dereito administrativo.

b) Os que conteñan información sobre a defensa nacio‑nal ou a seguridade do Estado (63). 

4.  A lei limitará o uso da informática para que se garanta o honor e mais a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos.»

Sobre uso da informática, véxase a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro («BOE» núm. 298, do 14 de decembro; supl. gal. núm. 14, do 30 de decembro), de pro‑tección de datos de carácter persoal, modificada pola Lei 62/2003, do 30 de decembro; supl. gal. núm. 2, do 16 de xaneiro de 2004; c. erros e erratas núm. 6 do 5 de xaneiro) («BOE» núm. 313, do 31 de decembro) de medidas fiscais, administrativas e da orde social. Téñase en conta que a Sentenza 292/2000, do 30 de novembro (Suplemento ao «BOE» núm. 4, do 4 de xaneiro de 2001), do Pleno do Tribunal Constitucional, declara contrario á Constitución e nulo un inciso do número 1 do artigo 21, así como un inciso do número 1 do artigo 24 e o número 2 do mesmo artigo.

 (62)  Véxanse os artigos 84.1 desta lei e 11 do Regulamento dos procedemen‑tos das administracións públicas en materia de responsabilidade patrimonial (§ 6).

 (63)  Véxanse os artigos 22 e 23 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

70

§ 1 c) Os tramitados para a investigación dos delitos cando puidese pórse en perigo a protección dos dereitos e liberda‑des de terceiros ou as necesidades das pescudas que se estean a realizar. 

d) Os relativos ás materias protexidas polo segredo comercial ou industrial. 

e) Os relativos a actuacións administrativas derivadas da política monetaria.

6.  Rexeranse polas súas disposicións específicas: 

a) O acceso aos arquivos sometidos á normativa sobre materias clasificadas (64). 

b) O acceso a documentos e expedientes que conteñan datos sanitarios persoais dos pacientes (65). 

c) Os arquivos regulados pola lexislación do réxime electoral (66).

d) Os arquivos que sirvan a fins exclusivamente estatís‑ticos dentro do ámbito da función estatística pública (67). 

e) O Rexistro Civil (68) e o Rexistro Central de Pena‑dos e Rebeldes (69) e os rexistros de carácter público que teñan regulado o seu uso por unha lei.

 (64)  Téñanse en conta as limitacións contidas na Lei 9/1968, do 5 de abril («BOE»  núm.  84,  do  6  de  abril),  sobre  segredos  oficiais,  desenvolvida  polo Decreto 242/1969, do 20 de febreiro («BOE» núm. 47, do 24 de febreiro). A lei foi modificada pola Lei 48/1978, do 7 de outubro («BOE» núm. 243, do 11 de outubro). 

 (65)  Véxanse os artigos 10.3 da Lei 14/1986, do 25 de abril («BOE» núm. 102, do 29 de abril), xeral de sanidade.

 (66)  Véxase o artigo 41 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño («BOE» núm. 147, do 20 de xuño; corrección de erros no «BOE» núm. 17, do 20 de xaneiro de 1986), do réxime electoral xeral, modificado pola Lei orgánica 1/2003, do 10 de marzo («BOE» núm. 60, do 11 de marzo), para a garantía da democracia nos conce‑llos e a seguridade dos concelleiros. 

 (67)  Véxanse os artigos 13 a 19 da Lei 12/1989, do 9 de maio («BOE» núm. 112, do 11 de maio; corrección de erros no «BOE» núm. 182, do 31 de xullo de 1990), da función estatística pública.

 (68)  Véxanse os artigos 17 a 35 do Decreto do 14 de novembro de 1958 («BOE» núm. 296, do 11 de decembro; rectificación no «BOE» núm. 18, do 21 de xaneiro de 1959), polo que se aproba o Regulamento da Lei do Rexistro civil, modificados polo Decreto 1138/1969, do 22 de maio («BOE» núm. 144, do 17 de xuño; corrección de erros no «BOE» núm. 166, do 12 de xullo); Real decreto 3455/1977, do 1 de decembro («BOE» núm. 21, do 25 de xaneiro de 1978), e o Real decreto 1917/1986, do 29 de agosto («BOE» núm. 225, do 19 de setembro; corrección de erros no «BOE» núm. 239, do 6 de outubro).

 (69)  Véxase a Lei 68/1980, do 1 de decembro («BOE» núm. 289, do 2 de decembro), sobre expedición de certificacións e informes sobre conduta cidadá.

71

§ 1f) O acceso aos documentos custodiados nos arquivos das administracións públicas por parte das persoas que teñan a condición de deputado das Cortes Xerais (70), senador, membro dunha asemblea lexislativa de comunidade autó‑noma ou dunha corporación local.

g) A consulta de fondos documentais existentes nos arquivos históricos (71).

7.  O dereito de acceso exercerano os particulares de xeito que non se vexa afectada a eficacia do funcionamento dos servizos públicos; para isto débese formular unha peti‑ción individualizada dos documentos que se desexe consul‑tar, sen que caiba, a non ser para a súa consideración con carácter potestativo, formular unha solicitude xenérica sobre unha materia ou conxunto de materias. Non obstante, cando os solicitantes sexan investigadores que acrediten un interese histórico, científico ou cultural relevante, poderase autorizar o acceso directo daqueles á consulta do expediente, sempre que quede garantida debidamente a intimidade das persoas.

8.  O dereito de acceso levará consigo o de obter copias ou certificados dos documentos que a Administración auto‑rice examinar, tras o pagamento previo, de ser o caso, das exaccións que estean legalmente establecidas.

9.  Será obxecto de periódica publicación a relación dos documentos que están en poder das administracións públicas suxeitos a un réxime de especial publicidade por afectaren á colectividade no seu conxunto e cantos outros poidan ser obxecto de consulta polos particulares.

 (70)  Véxase a Resolución do 11 de maio de 2004 («BOCG», Congreso dos Deputados, Serie D, núm. 14, do 12 de maio), da Presidencia do Congreso dos Depu‑tados, sobre segredos oficiais. 

 (71)  Véxanse os artigos 57, 58 e 62 da Lei 16/1985, do 25 de xuño («BOE» núm. 155, do 29 de xuño; corrección de erros no «BOE» núm. 296, do 11 de decem‑bro), do patrimonio histórico español, e o Real decreto 139/2000, do 4 de febreiro («BOE» núm. 36, do 11 de febreiro), polo que se regula a composición, funciona‑mento e competencias da Comisión Superior Cualificadora de Documentos Adminis‑trativos, modificado polo Real decreto 1164/2002, do 8 de novembro («BOE» núm. 274, do 15 de novembro; supl. gal. núm. 12, do 2 de decembro), polo que se regula a conservación do patrimonio documental con valor histórico, o control da eliminación doutros documentos da Administración xeral do Estado e os seus orga‑nismos públicos e a conservación de documentos administrativos en soporte distinto ao orixinal.

72

§ 1 10.  Serán obxecto de publicación regular aquelas ins‑trucións e respostas a consultas formuladas polos particula‑res ou por outros órganos administrativos que comporten unha interpretación do dereito positivo ou dos procedemen‑tos vixentes, co fin de que poidan ser alegadas polos particu‑lares nas súas relacións coa Administración.

Art. 38.  Rexistros.–1.  Os órganos administrativos levarán un rexistro xeral no que se fará o correspondente asento de todo escrito ou comunicación que sexa presentado ou que se reciba en calquera unidade administrativa propia. Tamén se anotará nel a saída dos escritos e comunicacións oficiais dirixidas a outros órganos ou particulares.

2.  Os órganos administrativos poderán crear nas unida‑des administrativas correspondentes da súa propia organiza‑ción outros rexistros co fin de facilitar a presentación de escritos e comunicacións. Os ditos rexistros serán auxiliares do rexistro xeral, ao que comunicarán toda anotación que efectúen. 

Os asentos anotaranse respectando a orde temporal de recepción ou saída dos escritos e comunicacións, e indicarán a data do día da recepción ou saída. 

Concluído o trámite de rexistro, os escritos e comunica‑cións serán cursados sen dilación aos seus destinatarios e ás unidades administrativas correspondentes desde o rexistro en que fosen recibidas (72). 

3.  Os rexistros xerais, así como todos os rexistros que as administracións públicas establezan para a recepción de escri‑tos e comunicacións dos particulares ou de órganos adminis‑trativos, deberán instalarse en soporte informático (73).

O sistema garantirá a constancia, en cada asento que se practique, dun número, unha epígrafe expresiva da súa natu‑reza, a data de entrada, a data e a hora da súa presentación, a identificación do interesado, o órgano administrativo remi‑tente, se procede, e a persoa ou o órgano administrativo ao que se envía, e, se é o caso, unha referencia ao contido do escrito ou comunicación que se rexistra.

 (72)  Véxanse os artigos 11 a 18 do Real decreto 772/1999, do 7 de maio (§ 11). (73)  Véxanse a disposición adicional 2.ª desta lei.

73

§ 1Así mesmo, o sistema garantirá a integración informática no rexistro xeral das anotacións efectuadas nos restantes rexistros do órgano administrativo.

4.  As solicitudes, escritos e comunicacións que os cida‑dáns dirixan aos órganos das administracións públicas pode‑rán presentarse (74):

a) Nos rexistros dos órganos administrativos a que se dirixan.

b) Nos rexistros de calquera órgano administrativo, que pertenza á Administración xeral do Estado, á de calquera Administración das comunidades autónomas, ou á dalgunha das entidades que integran a Administración local se, neste último caso, se subscribiu o oportuno convenio (75).

c) Nas oficinas de correos, na forma que regulamenta‑riamente se estableza (76).

 (74)  Véxanse os artigos 2 e 3 do Real decreto 772/1999, do 7 de maio (§ 11). (75)  Véxase a Resolución do 19 de xullo de 2005 («BOE» núm. 184, do 3 de 

agosto), da Secretaría Xeral para a Administración Pública, pola que se dispón a publicación do Acordo do Consello de Ministros do 15 de xullo de 2005, para a implantación dunha rede de oficinas integradas de atención ao cidadán en colabora‑ción coas comunidades autónomas e as entidades que integran a Administración local.

 (76)  O artigo 18.1.D) da Lei 24/1998, do 13 de xullo, do servizo postal uni‑versal e de liberalización dos servizos postais, establece:

«Art. 18.  Servizos reservados ao operador ao que se lle encomenda a presta-ción do servizo postal universal.–1.  Quedarán reservados, con carácter exclusivo, ao operador ao que se lle encomenda a prestación do servizo postal universal, ao abeiro do artigo 128.2 da Constitución e nos termos establecidos no capítulo seguinte, os seguintes servizos incluídos no ámbito daquel:

 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

D) A recepción, como servizo postal, das solicitudes, dos escritos e das comu‑nicacións que os cidadáns dirixan aos órganos das administracións públicas, con‑forme o artigo 38.4.c) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.»

Téñase en conta que conforme dispón a disposición adicional 1.ª da mesma lei, conforme a redacción que  lle deu a Lei 14/2000, do 29 de decembro («BOE» núm. 313, do 30 de decembro; supl. gal. núm. 3, do 30 de xaneiro de 2001), de medi‑das fiscais, administrativas e da orde social, atribúese a obriga de prestar o servizo postal universal á «Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, Sociedade Anónima». Esta sociedade estatal conforme determina o artigo 58 da Lei 14/2000, do 29 de dec‑embro, será constituída polo Consello de Ministros no prazo de seis meses desde a súa entrada en vigor.

Pola súa parte, o artigo 31 do Regulamento polo que se regula a prestación dos servizos postais, aprobado polo Real decreto 1829/1999, do 3 de decembro («BOE» 

74

§ 1 d) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consu‑lares de España no estranxeiro.

e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.

Mediante convenios de colaboración subscritos entre as administracións públicas estableceranse sistemas de interco‑municación e coordinación de rexistros que garantan a súa compatibilidade informática, así como a transmisión telemá‑tica dos asentos rexistrais e das solicitudes, escritos, comuni‑cacións e documentos que se presenten en calquera dos rexistros. 

5.  Para a eficacia dos dereitos recoñecidos no artigo 35.c) desta lei aos cidadáns, estes poderán achegar unha copia dos documentos que presenten xunto coas súas solicitudes, escritos e comunicacións.

A dita copia, logo do cotexo co orixinal por calquera dos rexistros a que se refiren as alíneas a) e b) do número 4 deste artigo, seralle remitida ao órgano destinatario e o orixinal devolveráselle ao cidadán. Cando o orixinal deba figurar no procedemento, entregaráselle ao cidadán a copia del, unha 

núm. 313, do 31 de decembro; corrección de erros no «BOE» núm. 36, do 11 de febreiro de 2000), dispón:

«Artigo 31.  Admisión de solicitudes, escritos e comunicacións que os cida-dáns ou entidades dirixan aos órganos das administracións públicas.–As solicitudes, escritos e comunicacións que os cidadáns ou entidades dirixan aos órganos das admi‑nistracións públicas, a través do operador ao cal se lle encomendou a prestación do servizo postal universal, presentaranse en sobre aberto, con obxecto de que na cabe‑ceira da primeira folla do documento que se queira enviar se fagan constar, con clari‑dade, o nome da oficina e a data, o lugar, a hora e minuto da súa admisión. Estas circunstancias deberán figurar no xustificante da súa admisión. O remitente tamén poderá exixir que se fagan constar as circunstancias do envío, logo de comparación da súa identidade co orixinal, na primeira páxina da copia, fotocopia ou outro tipo de reprodución do documento principal que se queira enviar, que deberá achegarse como forma de recibo que acredite a presentación daquel ante o órgano administra‑tivo competente.

Practicadas as dilixencias indicadas, o propio remitente pechará o sobre, e o empregado formalizará e entregará o xustificante de admisión, a matriz do cal se arquivará na oficina.

Os envíos aceptados polo operador ao cal se encomenda a prestación do servizo postal universal, seguindo as formalidades previstas neste artigo, consideraranse debidamente presentados, para os efectos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procede‑mento administrativo común, e na súa normativa de desenvolvemento».

75

§ 1vez selada polos rexistros mencionados e comprobada a súa identidade co orixinal.

6.  Cada Administración pública establecerá os días e o horario en que deban permanecer abertos os seus rexistros, garantindo o dereito dos cidadáns a presentaren os documen‑tos previstos no artigo 35.

7.  Poderán facerse efectivos, ademais de por outros medios mediante xiro postal ou telegráfico, ou mediante transferencia dirixida á oficina pública correspondente, aqueles tributos que se teñan que satisfacer no momento da presentación de solicitudes e escritos ás administracións públicas. 

8.  As administracións públicas deberán facer pública e manter actualizada unha relación das oficinas de rexistro propias ou concertadas, os seus sistemas de acceso e comu‑nicación, así como os horarios de funcionamento.

9.  Poderanse crear rexistros telemáticos para a recep-ción ou saída de solicitudes, escritos e comunicacións que se transmitan por medios telemáticos, con suxeición aos requi-sitos establecidos no número 3 deste artigo. Os rexistros tele-máticos só estarán habilitados para a recepción ou saída das solicitudes, escritos e comunicacións relativas aos procede-mentos e trámites da competencia do órgano ou entidade que creou o rexistro e que se especifiquen na norma de creación deste, así como que cumpran cos criterios de dispoñibilidade, autenticidade, integridade, confidencialidade e conservación da información que igualmente se sinalen na citada norma.

Os rexistros telemáticos permitirán a presentación de soli-citudes, escritos e comunicacións todos os días do ano durante as vinte e catro horas. Para efectos de cómputo de prazos, a recepción nun día inhábil para o órgano ou entidade entende-rase efectuada no primeiro día hábil seguinte (77).

 (77)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, excepto o número 9 que foi engadido pola Lei 24/2001, do 27 de decembro («BOE» núm. 313, do 31 de decembro; supl. gal. núm. 1, do 1 de xaneiro de 2002; c. erros núm. 6, do 1 de maio, e núm. 8, do 1 de agosto) e derrogado pola Lei 11/2007, do 22 de xuño («BOE» núm. 150, do 23 de xuño; supl. gal. núm. 17, do 2 de xullo; c. errata núm. 18, do 7 de xullo), de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

Véxase o Real decreto 209/2003, do 21 de febreiro («BOE» núm. 51, do 28 de febreiro; supl. gal. núm. 5, do 1 de marzo) polo que se regulan os rexistros e as noti‑

76

§ 1 Art. 39.  Colaboración dos cidadáns.–1.  Os cidadáns están obrigados a facilitarlle á Administración informes, ins‑peccións e outros actos de investigación só nos casos pre‑vistos pola lei (78).

2.  Os interesados nun procedemento que coñezan datos que permitan identificar outros interesados que non compa‑recesen nel teñen o deber de proporcionarllos á Administra‑ción actuante (79).

Art. 40.  Comparecencia dos cidadáns.–1.  A compare‑cencia dos cidadáns perante as oficinas públicas só será obriga‑toria cando así estea previsto nunha norma con rango de lei.

2.  Nos casos en que proceda a comparecencia, a corres‑pondente citación fará constar expresamente o lugar, a data, a hora e o obxecto da comparecencia, así como os efectos de non atendela.

3.  As administracións públicas, por solicitude do inte‑resado, entregaranlle unha certificación na que se faga cons‑tar a comparecencia.

Art. 41.  Responsabilidade da tramitación.–1.  Os titu‑lares das unidades administrativas e o persoal ao servizo das administracións públicas que tivesen ao seu cargo a resolución ou o despacho dos asuntos serán responsables directos da súa tramitación e adoptarán as medidas axeitadas para remover os atrancos que impidan, dificulten ou atrasen o exercicio pleno dos dereitos dos interesados ou o respecto aos seus intereses lexítimos, dispondo o necesario para evitar e eliminar toda anormalidade na tramitación de procedementos (80).

2.  Os interesados poderán solicitarlle a exixencia desa responsabilidade á Administración pública que correspon‑da (81).

ficacións telemáticas, así como a utilización de medios telemáticos para a substitu‑ción da achega de certificados polos cidadáns, modificado polo Real decreto 589/2005, do 20 de maio («BOE» núm. 127, do 28 de maio) e desenvolvido pola Orde PRE/1551/2003, do 10 de xuño («BOE» núm. 141, do 13 de xuño).

 (78)  Véxanse os artigos 92 a 95 da Lei 58/2003, do 17 de decembro («BOE» núm. 302, do 18 de decembro) xeral tributaria.

 (79)  Véxase o artigo 34 desta lei. (80)  Véxase o artigo 74 desta lei. (81)  Véxase o artigo 79.2 desta lei.

77

§ 1Art. 42.  Obriga de resolver.–1.  A Administración está obrigada a ditar resolución expresa en todos os procedemen‑tos e a notificala calquera que sexa a súa forma de iniciación.

Nos casos de prescrición, renuncia do dereito, caducidade do procedemento ou desistencia da solicitude, así como de desaparición sobrevida do obxecto do procedemento, a reso‑lución consistirá na declaración da circunstancia que conco‑rra en cada caso, con indicación dos feitos producidos e as normas aplicables.

Exceptúanse da obriga a que se refire o parágrafo pri‑meiro os supostos de terminación do procedemento por pacto ou convenio, así como os procedementos relativos ao exerci‑cio de dereitos sometidos unicamente ao deber de comunica‑ción previa á Administración (82).

2.  O prazo máximo no que debe notificarse a resolu‑ción expresa será o fixado pola norma reguladora do corres‑pondente procedemento. Este prazo non poderá exceder de seis meses agás que unha norma con rango de lei estableza un maior ou así veña previsto na normativa comunitaria europea (83).

3.  Cando as normas reguladoras dos procedementos non fixen o prazo máximo, este será de tres meses. Este prazo e os previstos no número anterior contaranse:

a) Nos procedementos iniciados de oficio, desde a data do acordo de iniciación.

b) Nos iniciados por solicitude do interesado, desde a data en que a solicitude tivese entrada no rexistro do órgano competente para a súa tramitación (84).

4.  As administracións públicas deben publicar e manter actualizadas, para efectos informativos, as relacións de pro‑

 (82)  Véxanse os artigos 71.1, 87 a 92 desta lei. (83)  Véxase, respecto a prazos para a resolución e notificación en determina‑

dos procedementos, a disposición adicional 29.ª, 1, da Lei 14/2000, do 29 de decem‑bro («BOE» núm. 313, do 30 de decembro; supl. gal. núm. 3, do 30 de xaneiro de 2001), de medidas fiscais, administrativas e da orde social, cuxo anexo 1 foi modi‑ficado pola Lei 24/2001, do 27 de decembro («BOE» núm. 313, do 31 de decembro; supl. gal. núm. 1, do 1 de xaneiro de 2002; c. erros núm. 6, do 1 de xuño), de medidas fiscais, administrativas e da orde social.

 (84)  Véxanse o artigo 4 do Real decreto 772/1999, do 7 de maio (§ 11) e a disposición adicional 15.ª desta lei.

78

§ 1 cedementos, con indicación dos prazos máximos de duración deles, así como dos efectos que produza o silencio adminis‑trativo (85).

En todo caso, as administracións públicas informarán os interesados do prazo máximo normativamente establecido para a resolución e notificación dos procedementos, así como dos efectos que poida producir o silencio administrativo, incluíndo a citada mención na notificación ou publicación do acordo de iniciación de oficio, ou en comunicación que se lles dirixirá para o efecto dentro dos dez días seguintes á recepción da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Neste último caso, a comunicación indicará ademais a data en que a solicitude foi recibida polo órgano competente (86).

5.  O transcurso do prazo máximo legal para resolver un procedemento e notificar a resolución poderase suspender nos seguintes casos:

a) Cando se lle deba requirir a calquera interesado que emende deficiencias e achegue documentos e outros elemen‑tos de xuízo necesarios, polo tempo que medie entre a notifi‑cación do requirimento e o seu efectivo cumprimento polo destinatario ou, no seu defecto, o transcurso do prazo conce‑dido, todo iso sen prexuízo do previsto no artigo 71 da pre‑sente lei.

b) Cando deba obterse un pronunciamento previo e pre‑ceptivo dun órgano das Comunidades Europeas, polo tempo que medie entre a petición, que deberá comunicárselles aos interesados, e a notificación do pronunciamento á Adminis‑tración instrutora, que tamén lles deberá ser comunicada.

c) Cando deban solicitarse informes que sexan precep‑tivos e determinantes do contido da resolución a órgano da mesma ou distinta Administración, polo tempo que medie 

 (85)  Véxanse os artigos 43 e 44 desta lei.Véxanse, así mesmo, o Real decreto 1879/1994, do 16 de setembro («BOE» 

núm. 240, do 7 de outubro), polo que se aproban determinadas normas procedemen‑tais en materias de xustiza e interior, e a Resolución do 1 de decembro de 1998 («BOE» núm. 305, do 22 de decembro) pola que se publica a relación de procede‑mentos da Administración xeral do Estado.

 (86)  Véxanse o artigo 111.3 desta lei e a orde do 14 de abril de 1999, que figura como parágrafo 13 desta obra.

79

§ 1entre a petición, que deberá comunicarse aos interesados, e a recepción do informe, que igualmente lles deberá ser comu‑nicada. Este prazo de suspensión non poderá exceder en nin‑gún caso de tres meses.

d) Cando deban realizarse probas técnicas ou análises contraditorias ou dirimentes propostas polos interesados, durante o tempo necesario para a incorporación dos resulta‑dos ao expediente.

e) Cando se inicien negociacións con vistas á conclu‑sión dun pacto ou convenio nos termos previstos no artigo 88 desta lei, desde a declaración formal ao respecto e ata a con‑clusión sen efecto, se é o caso, das referidas negociacións que se constatará mediante declaración  formulada pola Administración ou os interesados.

6.  Cando o número das solicitudes formuladas ou de persoas afectadas puidesen supor un incumprimento do prazo máximo de resolución, o órgano competente para resolver, por proposta razoada do órgano  instrutor, ou o superior xerárquico do órgano competente para resolver, por proposta deste, poderán habilitar os medios persoais e materiais para cumprir co despacho adecuado e en prazo.

Excepcionalmente, poderá acordarse a ampliación do prazo máximo de resolución e notificación mediante motiva‑ción clara das circunstancias concorrentes e só unha vez esgotados todos os medios á disposición posibles.

De acordarse, finalmente, a ampliación do prazo máximo, este non poderá ser superior ao establecido para a tramita‑ción do procedemento (87).

Contra o acordo que resolva sobre a ampliación de pra‑zos, que deberá ser notificado aos interesados, non caberá recurso ningún.

7.  O persoal ao servizo das administracións públicas que teña ao seu cargo o despacho dos asuntos, así como os titulares dos órganos administrativos competentes para ins‑truír e resolver son directamente responsables, no ámbito das súas competencias, do cumprimento da obriga legal de ditar resolución expresa en prazo.

 (87)  Véxanse os artigos 49 e 50 desta lei.

80

§ 1 O incumprimento da dita obriga dará lugar á exixencia de responsabilidade disciplinaria, sen prexuízo da responsabili‑dade á que houber lugar de acordo coa normativa vixente (88).

Art. 43.  Silencio administrativo en procedementos ini-ciados por solicitude de interesado.–1.  Nos procedemen‑tos iniciados por solicitude do interesado, o vencemento do prazo máximo sen que fose notificada resolución expresa lexitima ao interesado ou interesados que deducisen a solici‑tude para entendela estimada ou desestimada por silencio administrativo, segundo proceda, sen prexuízo da resolución que  a Administración  debe  ditar  na  forma  prevista  no número 4 deste artigo.

2.  Os  interesados poderán  entender  estimadas por silencio administrativo as súas solicitudes en todos os casos, salvo que unha norma con rango de lei ou unha norma de dereito comunitario europeo estableza o contrario. Quedan exceptuados desta previsión os procedementos de exercicio do dereito de petición, a que se refire o artigo 29 da Consti‑tución (89), aqueles en que a estimación tería como conse‑cuencia que se transferisen ao solicitante ou a terceiros facultades  relativas  ao  dominio  público  ou  ao  servizo público, así como os procedementos de impugnación de actos e disposicións, nos que o silencio terá efecto desesti‑matorio (90).

Non obstante, cando o recurso de alzada se interpoña con‑tra a desestimación por silencio administrativo dunha solici‑

 (88)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 13, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro).

 (89)  O artigo 29 da Constitución española do 27 de decembro de 1978 dispón:

«Art. 29.1.  Todos os españois terán o dereito de petición individual e colectiva, por escrito, na forma e cos efectos que determine a lei.

2.  Os membros das Forzas ou Institutos Armados ou dos corpos sometidos a disciplina militar poderán exercer este dereito só individualmente e conforme o dis‑posto na súa lexislación específica.»

Véxanse a Lei orgánica 4/2001, do 12 de novembro, reguladora do dereito de petición (§ 22), e os artigos 199 a 205 das reais ordenanzas das Forzas Armadas, aprobadas pola Lei 85/1978, do 28 de decembro («BOE» núm. 11, do 12 de xaneiro de 1979; corrección de erros no «BOE» núm. 34, do 8 de febreiro de 1979).

 (90)  Véxase a disposición adicional 29.ª, 2, da Lei 14/2000, do 29 de decem‑bro («BOE» núm. 313, do 30 de decembro; supl. gal. núm. 3, do 30 de xaneiro).

81

§ 1tude polo transcurso do prazo, entenderase estimado o recurso se, chegado o prazo de resolución, o órgano administrativo competente non ditase resolución expresa sobre el (91).

3.  A estimación por silencio administrativo ten para todos os efectos a consideración de acto administrativo fina‑lizado do procedemento.

A desestimación por silencio administrativo ten os únicos efectos de lles permitir aos interesados interporen o recurso administrativo ou contencioso‑administrativo que resulte procedente.

4.  A obriga de ditar resolución expresa a que se refire o número un do artigo 42 suxeitarase ao seguinte réxime:

a) Nos casos de estimación por silencio administrativo, a resolución expresa posterior á produción do acto só poderá ditarse de ser confirmatoria del.

b) Nos casos de desestimación por silencio administra‑tivo, a resolución expresa posterior ao vencemento do prazo será adoptada pola Administración sen vinculación ningunha ao sentido do silencio.

5.  Os actos administrativos producidos por silencio administrativo poderanse facer valer tanto ante a Administra‑ción como ante calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada. Tales actos producen efectos desde o vencemento do prazo máximo no que debe ditarse e notificarse a resolu‑ción expresa sen que esta se producise, e a súa existencia pode ser acreditada por calquera medio de proba admitido en dereito, incluído o certificado acreditativo do silencio produ‑cido que puidese solicitarse do órgano competente para resolver. Solicitado o certificado, este deberá emitirse no prazo máximo de quince días (92).

Art. 44.  Falta de resolución expresa en procedementos iniciados de oficio.–Nos procedementos iniciados de oficio, o vencemento do prazo máximo establecido sen que se ditase e notificase resolución expresa non exime a Administración 

 (91)  Véxase o artigo 115 desta lei. (92)  Artigo redactado de conformidade coa Lei 4/1999, do 13 de xaneiro 

(«BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro).

82

§ 1 do cumprimento da obriga legal de resolver, e produce os seguintes efectos:

1.  No caso de procedementos dos que puidese derivarse o recoñecemento ou, se é o caso, a constitución de dereitos ou outras situacións xurídicas individualizadas, os interesa‑dos que comparecesen poderán entender desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo (93).

2.  Nos procedementos en que a Administración exer‑cite potestades sancionadoras ou, en xeral, de intervención, susceptibles de produciren efectos desfavorables ou de gra‑vame, producirase a caducidade. Nestes casos, a resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións, cos efectos previstos no artigo 92 (94).

Nos supostos nos que o procedemento se paralizase por causa imputable ao interesado, interromperase o cómputo do prazo para resolver e notificar a resolución (95).

Art.  45.  Incorporación de medios técnicos (96). 1.  As administracións públicas impulsarán o emprego e apli‑cación das técnicas e medios electrónicos, informáticos e tele‑máticos, para o desenvolvemento da súa actividade e o exercicio das súas competencias, coas limitacións que para o emprego destes medios establecen a Constitución e as leis (97).

 (93)  Véxase o artigo 4 da Orde do 14 de abril de 1999 (§ 13). (94)  Téñase en conta que a Sentenza do Tribunal Supremo (Sala Terceira) do 12 

de xuño de 2003 («BOE» núm. 191, do 11 de agosto), fixa a seguinte doutrina legal:

«A declaración de caducidade e arquivo de actuacións establecidas para proce‑dementos en que a Administración exerza potestades sancionadoras, artigo 44.2 da Lei 30/1992, non extinguen a acción da Administración para exercer as potestades aludidas nese precepto, séndolles plenamente aplicable o artigo 92.3 da mesma lei.»

 (95)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro).

 (96)  Véxanse o Real decreto 589/2005, do 20 de maio («BOE» núm. 127, do 28 de maio), polo que se reestruturan os órganos colexiados responsables da Administración electrónica e o Real decreto 263/1996, do 16 de febreiro («BOE» núm. 52, do 29 de febreiro), polo que se regula a utilización de técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas pola Administración xeral do Estado, modificado polo Real decreto 209/2003, do 21 de febreiro («BOE» núm. 51, do 28 de febreiro; supl. gal. núm. 5, do 1 de marzo).

 (97)  Véxanse o artigo 18.4 da Constitución española do 27 de decembro de 1978 (transcrito en nota ao artigo 37 desta lei) e a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro («BOE» núm. 298, do 14 de decembro; supl. gal. núm. 14, do 30 de de‑ cembro), de protección de datos de carácter persoal, en especial os artigos 20 a 24, 

83

§ 12.  Cando sexa compatible cos medios técnicos de que dispoñan as administracións públicas, os cidadáns poderán relacionarse con elas para exerceren os seus dereitos a través de técnicas e medios electrónicos, informáticos ou telemáti‑cos, con respecto das garantías e requisitos previstos en cada procedemento (98).

3.  Os procedementos que se tramiten e terminen en soporte informático garantirán a identificación e o exercicio da competencia por parte do órgano que a exerce.

4.  Os programas e aplicacións electrónicos, informáti‑cos e telemáticos que vaian ser empregados polas adminis‑tracións públicas para o exercicio das súas potestades terán que ser previamente aprobados polo órgano competente, que deberá difundir publicamente as súas características.

5.  Os  documentos  emitidos  polas  administracións públicas, calquera que sexa o seu soporte, por medios elec‑trónicos, informáticos ou telemáticos, ou os que estas emitan como copias de orixinais almacenados por estes mesmos medios, gozarán da validez e da eficacia de documento orixi‑nal, sempre que quede garantida a súa autenticidade, integri‑dade e conservación, e, se é o caso, a recepción por parte do interesado, así como o cumprimento das garantías e requisi‑tos exixidos por esta ou por outras leis.

Art. 46.  Validez e eficacia de documentos e copias. 1.  Cada Administración pública determinará regulamenta‑riamente os órganos que teñan atribuídas as competencias de expedición de copias auténticas de documentos públicos ou privados (99).

2.  As copias de calquera documento público gozarán da mesma validez e eficacia ca este, sempre que exista constan‑cia de que sexan auténticas.

tendo en conta que algúns incisos dos artigos 21.1 e 24.1, así como o número 2 deste último artigo foron declarados contrarios á Constitución e nulos, pola Sentenza 292/2000, do 30 de novembro (suplemento ao «BOE» núm. 4, do 4 de xaneiro de 2001), do Pleno do Tribunal Constitucional. 

 (98)  Os números 2, 3 e 4 deste artigo foron derrogados pola Lei 11/2007, do 22 de xuño («BOE» núm. 150, do 23 de xuño; supl. gal. núm. 17, do 2 de xullo; c. errata núm. 18, do 7 de xullo), de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

 (99)  Véxase o artigo 9 do Real decreto 772/1999, do 7 de maio (§ 11).

84

§ 1 3.  As copias de documentos privados terán validez e eficacia exclusivamente no ámbito da actividade das admi‑nistracións públicas, sempre que a súa autenticidade fose comprobada.

4.  Teñen a consideración de documento público admi‑nistrativo os documentos validamente emitidos polos órga‑nos das administracións públicas.

CAPÍTULO II

Termos e prazos

Art. 47.  Obrigatoriedade de termos e prazos.–Os ter‑mos e prazos establecidos nesta ou noutras leis obrigan as autoridades e persoal ao servizo das administracións públi‑cas competentes para a tramitación dos asuntos, así como os interesados neles (100).

Art. 48.  Cómputo.–1.  Sempre que mediante lei ou normativa comunitaria europea non se exprese outra cousa, cando os prazos se sinalen por días enténdese que estes son hábiles, excluíndose do cómputo os domingos e os declara‑dos festivos.

Cando os prazos se sinalen por días naturais, farase cons‑tar esta circunstancia nas correspondentes notificacións.

2.  Se o prazo se fixa en meses ou anos, estes computa‑ranse a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a noti‑ficación ou publicación do acto de que se trate, ou desde o seguinte a aquel en que se produza a estimación ou desestima‑ción por silencio administrativo. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente a aquel en que comeza o cóm‑puto, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

3.  Cando o derradeiro día do prazo sexa inhábil, enten‑derase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

4.  Os prazos expresados en días contaranse a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación ou publi‑cación do acto de que se trate, ou desde o seguinte a aquel en que se produza a estimación ou a desestimación por silencio administrativo.

 (100)  Véxanse os artigos 63.3 e 79.2 desta lei.

85

§ 15.  Cando un día sexa hábil no municipio ou comuni‑dade autónoma en que reside o interesado, e inhábil na sede do órgano administrativo, ou á inversa, considerarase inhábil en todo caso. 

6.  A declaración dun día como hábil ou inhábil para efectos de cómputo de prazos non determina por si soa o funcionamento dos centros de traballo das administracións públicas, a organización do tempo de traballo nin o acceso dos cidadáns aos rexistros. 

7.  A Administración xeral do Estado e as administra‑cións das comunidades autónomas, con suxeición ao calen‑dario laboral oficial, fixarán, no seu respectivo ámbito, o calendario de días inhábiles para efectos de cómputos de prazos. O calendario aprobado polas comunidades autóno‑mas comprenderá os días inhábiles das entidades que inte‑gran a Administración local correspondente ao seu ámbito territorial, ás que será de aplicación (101).

O  devandito  calendario  deberá  publicarse  antes  do comezo de cada ano no diario oficial que corresponda e noutros medios de difusión que garantan o seu coñecemento polos cidadáns (102).

Art. 49.  Ampliación–1.  A Administración, agás pre‑cepto en contrario, poderá conceder, de oficio ou por petición dos interesados, unha ampliación dos prazos establecidos, que non exceda da metade deles, se as circunstancias o aconsellan e con iso non se prexudican dereitos de terceiro (103). O acordo de ampliación deberalles ser notificado aos interesados.

 (101)  O calendario de festas oficiais establécese no artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo («BOE» núm. 180, do 29 de xullo; corrección de erros no «BOE» núm. 184, do 3 de agosto), sobre regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descansos, na redacción dada ao dito artigo polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro («BOE» núm. 267, do 7 de novembro).

Pola Lei 18/1987, do 7 de outubro («BOE» núm. 241, do 8 de outubro), declárase Festa Nacional de España, para todos os efectos, o día 12 de outubro de cada ano.

Por Resolución do 1 de decembro de 2006 («BOE» núm. 298, do 14 de decembro; corrección de erros no «BOE» núm. 310, do 28 de decembro), da Secretaría Xeral para a Administración Pública, establécese o calendario de días inhábiles no ámbito da Admi‑nistración xeral do Estado para o ano 2007, para efectos de cómputos de prazos.

 (102)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro).

 (103)  Véxase o artigo 54.1.e) desta lei.

86

§ 1 2.  A ampliación dos prazos polo tempo máximo permi‑tido aplicarase en todo caso aos procedementos tramitados polas misións diplomáticas e oficinas consulares, así como a aqueles que, tramitándose no interior, exixan cumprir algún trámite no estranxeiro ou nos que interveñan interesados residentes fóra de España.

3.  Tanto a petición dos interesados como a decisión sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de que se trate. En ningún caso poderá ser obxecto de ampliación un prazo xa vencido. Os acordos sobre ampliación de prazos ou sobre a súa denega‑ción non serán susceptibles de recursos (104).

Art. 50.  Tramitación de urxencia.–1.  Cando razóns de interese público o aconsellen, poderase acordar, de oficio ou por pedimento do interesado, a aplicación ao procedemento da tramitación de urxencia, pola cal se reducirán á metade os pra‑zos establecidos para o procedemento ordinario, agás os relati‑vos á presentación de solicitudes e recursos (105).

2.  Non caberá recurso ningún contra o acordo que declare a aplicación de tramitación de urxencia ao procedemento.

TÍTULO V

Das disposicións e os actos administrativos

CAPÍTULO PRIMEIRO

Disposicións administrativas (106)

Art. 51.  Xerarquía e competencia.–1.  As disposicións administrativas non poderán vulnerar a Constitución ou as 

 (104)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro).

 (105)  Téñase en conta o artigo 54.1.e) desta lei. (106)  O artigo 9.3 da Constitución española do 27 de decembro de 1978 dispón:«A Constitución garante o principio da legalidade, a xerarquía normativa, a 

publicidade das normas, a irretroactividade das disposicións sancionadoras non favo‑rables ou restritivas de dereitos individuais, a seguridade xurídica, a responsabilidade e mais a interdición da arbitrariedade dos poderes públicos.»

Véxase o artigo 25 da Lei 50/1997, do 27 de novembro (§ 4).

87

§ 1leis nin regular aquelas materias que a Constitución ou os estatutos de autonomía recoñecen da competencia das Cor‑tes Xerais ou das asembleas lexislativas das comunidades autónomas.

2.  Ningunha disposición administrativa poderá vulne‑rar os preceptos doutra de rango superior.

3.  As disposicións administrativas axustaranse á orde de xerarquía que establezan as leis (107).

Art. 52.  Publicidade e inderrogabilidade singular. 1.  Para que produzan efectos xurídicos as disposicións administrativas terán que publicarse no diario oficial que corresponda (108).

2.  As resolucións administrativas de carácter particular non poderán vulnerar o establecido nunha disposición de carácter xeral, aínda que aquelas teñan igual ou superior rango a estas.

CAPÍTULO II

Requisitos dos actos administrativos

Art. 53.  Produción e contido.–1.  Os actos administra‑tivos que diten as administracións públicas, ben de oficio ou por instancia do interesado, produciraos o órgano compe‑tente (109) axustándose ao procedemento establecido.

2.  O contido dos actos axustarase ao disposto polo ordenamento xurídico e será determinado e adecuado aos fins daqueles (110).

Art. 54.  Motivación.–1.  Serán motivados, con sucinta referencia de feitos e fundamentos de dereito:

a) Os actos que limiten dereitos subxectivos ou intere‑ses lexítimos. 

 (107)  Véxase o artigo 23.3 da Lei do Goberno (§ 4). (108)  Véxase o artigo 2.1 do Código civil.Pola súa parte, a Constitución garante a publicidade das normas segundo o seu 

artigo 9.3. (109)  Véxanse os artigos 12.1, 20 e 62.1.b) desta lei. (110)  Véxanse os artigos 63.1 desta lei e 70 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, 

reguladora da xurisdición contencioso‑administrativa.

88

§ 1 b) Os que resolvan procedementos de revisión de oficio de disposicións ou actos administrativos, recursos adminis‑trativos, reclamacións previas á vía xudicial e procedemen‑tos de arbitraxe. 

c) Os que se separen do criterio seguido en actuacións precedentes ou do ditame de órganos consultivos.

d) Os acordos de suspensión de actos, calquera que sexa o motivo desta, así como a adopción de medidas provi‑sionais previstas nos artigos 72 e 136 desta lei.

e) Os acordos de aplicación da tramitación de urxencia ou de ampliación de prazos (111). 

f) Os que se diten no exercicio de potestades discrecio‑nais, así como os que deban selo en virtude de disposición legal ou regulamentaria expresa. 

2.  A motivación dos actos que poñan fin aos procede‑mentos selectivos e de concorrencia competitiva realizarase de conformidade co que dispoñan as normas que regulen as súas convocatorias. En todo caso, deberán quedar acredita‑dos no procedemento os fundamentos da resolución que se adopte (112).

Art. 55.  Forma.–1.  Os actos administrativos pro‑duciranse por escrito a non ser que a súa natureza exixa  ou permita outra forma máis axeitada de expresión e cons‑tancia.

2.  Nos casos en que os órganos administrativos exerzan a súa competencia de forma verbal, a constancia escrita do acto, cando sexa necesaria, terá que efectuala e asinala o titu‑lar do órgano inferior ou funcionario que a reciba oralmente, que expresará na comunicación do mesmo a autoridade da que procede. Se se tratase de resolucións, o titular da compe‑tencia deberá autorizar unha relación das que ditase de forma verbal, con expresión do seu contido.

3.  Cando deba ditarse unha serie de actos administrati‑vos da mesma natureza, tales como nomeamentos, conce‑sións  ou  licenzas,  poderán  refundirse  nun  único  acto, 

 (111)  Véxanse os artigos 49 e 50.1 desta lei. (112)  Artigo redactado de conformidade coa Lei 4/1999, do 13 de xaneiro 

(«BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro).

89

§ 1acordado polo órgano competente, que especificará as per‑soas ou outras circunstancias que individualicen os efectos do acto para cada interesado.

CAPÍTULO III

Eficacia dos actos

Art. 56.  Executividade.–Os actos das administracións públicas suxeitas ao dereito administrativo serán executivos de acordo co disposto nesta lei (113).

Art. 57.  Efectos.–1.  Os actos das administracións públicas suxeitos ao dereito administrativo presumiranse válidos e producirán efectos desde a data en que se diten, salvo que neles se dispoña outra cousa.

2.  A eficacia quedará demorada cando así o exixa o contido do acto ou estea supeditada á súa notificación, publi‑cación ou aprobación superior.

3.  Excepcionalmente, poderá outorgárselles eficacia retroactiva aos actos cando se diten en substitución de actos anulados e, así mesmo, cando produzan efectos favorables ao interesado, sempre que os supostos de feito necesarios existisen xa na data a que se retrotraia a eficacia do acto e esta non lesione dereitos ou intereses lexítimos doutras per‑soas.

Art. 58.  Notificación.–1.  Notificaránselles aos intere‑sados as resolucións e os actos administrativos que afecten os seus dereitos e intereses, nos termos previstos no artigo seguinte. 

2.  Toda notificación deberá ser cursada dentro do prazo de dez días a partir da data en que o acto foi ditado, e deberá conter o texto íntegro da resolución, con indicación de se é ou non definitivo na vía administrativa, a expresión dos recursos que procedan, o órgano perante o que deberán pre‑sentarse e o prazo para os interpor, sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar, se é o caso, calquera outro que estimen procedente,

 (113)  Véxanse os artigos 93 a 101 desta lei.

90

§ 1 3.  As notificacións que, contendo o texto íntegro do acto, omitisen algún dos demais  requisitos previstos no número anterior producirán efecto a partir da data en que o interesado realice actuacións que supoñan o coñecemento do contido e alcance da resolución ou acto obxecto da notifica‑ción ou resolución ou interpoña calquera recurso que proceda.

4.  Sen prexuízo do establecido no número anterior, e para os únicos efectos de entender cumprida a obriga de notificar dentro do prazo máximo de duración dos procede‑mentos, abondará a notificación que conteña cando menos o texto íntegro da resolución, así como o intento de notifica‑ción debidamente acreditado (114).

Art. 59.  Práctica da notificación.–1.  As notificacións practicaranse por calquera medio que permita ter constancia da recepción polo interesado ou o seu representante, así como da  data,  a  identidade  e  o  contido  do  acto  notificado.

A acreditación da notificación efectuada incorporarase ao expediente (115).

2.  Nos procedementos iniciados por solicitude do inte‑resado, a notificación practicarase no lugar que este sinalase 

 (114)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro).

Téñase en conta que a Sentenza do Tribunal Supremo (Sala Terceira) do 17 de novembro de 2003 («BOE» núm. 4, do 5 de xaneiro de 2004) fixa a seguinte doutrina legal:

«Que o inciso intento de notificación debidamente acreditado que emprega o artigo 58.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administra‑cións públicas e do procedemento administrativo común, se refire ao intento de noti‑ficación persoal por calquera procedemento que cumpra coas exixencias legais previstas no artigo 59.1 da Lei 30/1992, pero que resulte infrutuoso por calquera circunstancia e que quede debidamente acreditado. Desta maneira, bastará para entender concluso un procedemento administrativo dentro do prazo máximo que a lei lle asigne, en aplicación do referido artigo 58.4 da Lei 30/1992, o intento de notifica‑ción por calquera medio legalmente admisible segundo os termos do artigo 59 da Lei 30/1992, e que se practique con todas as garantías legais aínda que resulte frustrado finalmente, e sempre que quede debida constancia del no expediente.

En relación coa práctica da notificación por medio de correo certificado con aviso de recepción, o intento de notificación queda culminado, para os efectos do artigo 58.4 da Lei 30/1992, no momento en que a Administración reciba a devolución do envío, por non se ter logrado practicar a notificación, sempre que quede constan‑cia disto no expediente.»

 (115)  Véxanse os artigos 39 a 44 do Real decreto 1829/1999, do 3 de decem‑bro, que figuran como parágrafo 20 desta obra.

91

§ 1para tal efecto na solicitude. Cando iso non for posible, en calquera lugar adecuado para tal fin, e por calquera medio conforme co disposto no número 1 deste artigo.

Cando a notificación se practique no domicilio do intere‑sado, de non acharse presente este no momento de se entre‑gar a notificación poderá facerse cargo dela calquera persoa que se atope no domicilio e faga constar a súa identidade. Se ninguén se puider facer cargo da notificación, farase constar esta circunstancia no expediente, xunto co día e a hora en que se intentou a notificación, intento que se repetirá por unha soa vez e nunha hora distinta dentro dos  tres días seguintes (116).

3.  Para que a notificación se practique utilizando medios telemáticos requirirase que o interesado sinalase o devandito medio como preferente ou consentise expresa-mente a súa utilización, identificando, ademais, o enderezo electrónico correspondente, que deberá cumprir cos requisi-tos regulamentariamente establecidos. Nestes casos, a noti-ficación entenderase practicada para todos os efectos legais no momento en que se produza o acceso ao seu contido no enderezo electrónico. Cando, existindo constancia da recep-ción da notificación no enderezo electrónico, transcorresen dez días naturais sen que se acceda ao seu contido, entende-rase que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no seguinte número, salvo que de oficio ou por instancia do destinatario se comprobe a imposibilidade técnica ou mate-rial do acceso (117).

 (116)   Téñase en conta que a Sentenza do Tribunal Supremo (Sala Terceira) do 28 de outubro de 2004 («BOE» núm. 311, do 27 de decembro) fixa a seguinte doutrina legal:

«Que, para efecto de dar cumprimento ao artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, reformada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a expresión nunha hora distinta determina a validez de calquera notificación que garde unha diferenza de ao menos sesenta minutos á hora en que se practicou o primeiro intento de notificación».

 (117)  Número derrogado pola Lei 11/2007, do 22 de xuño («BOE» núm. 150, do 23 de xuño; supl. gal. núm. 17, do 2 de xullo; c. erratas núm. 18, do 7 de xullo), de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

Véxase o Real decreto 209/2003, do 21 de febreiro («BOE» núm. 51, do 28 de febreiro), polo que se regulan os rexistros e as notificacións telemáticas, modificado polo Real decreto 589/2005, do 20 de maio («BOE» núm. 127, do 28 de maio) e desen‑volvido pola Orde PRE/1551/2003, do 10 de xuño («BOE» núm. 141, do 13 de xuño).

92

§ 1 4.  Cando o interesado ou o seu representante rexeite a notificación dunha actuación administrativa, farase constar no expediente, especificando as circunstancias do intento de notificación, terase por efectuado o trámite e seguirase o procedemento.

5.  Cando os interesados nun procedemento sexan des‑coñecidos, se ignore o lugar da notificación ou o medio a que se refire o punto 1 deste artigo, ou ben, intentada a notifica‑ción, non se puidese practicar, a notificación farase por medio de anuncios no taboleiro de edictos do concello no seu último domicilio, no «Boletín Oficial del Estado», da comunidade autónoma ou da provincia, segundo cal sexa a Administración da que proceda o acto que se pretende notifi‑car, e o ámbito territorial do órgano que o ditou (118).

No caso de o último domicilio coñecido radicar nun país estranxeiro, a notificación efectuarase mediante a súa publi‑cación no taboleiro de anuncios do consulado ou sección consular da embaixada correspondente.

As administracións públicas poderán establecer outras formas de notificación complementarias a través dos restan‑tes medios de difusión, que non excluirán a obriga de notifi‑car conforme os dous parágrafos anteriores.

6.  A publicación, nos termos do artigo seguinte, substi‑tuirá a notificación e producirá os seus mesmos efectos nos seguintes casos:

a) Cando o acto teña por destinatario unha pluralidade indeterminada de persoas ou cando a Administración estime que a notificación efectuada a un só interesado é insuficiente para garantir a notificación a todos; neste último caso será adicional á notificación efectuada.

b) Cando se trate de actos integrantes dun procede‑mento selectivo ou de concorrencia competitiva de calquera tipo. Neste caso, a convocatoria do procedemento deberá indicar o taboleiro de anuncios ou os medios de comunica‑ción onde se efectuarán as sucesivas publicacións, carecendo de validez as que se leven a cabo en lugares distintos (119).

 (118)  Véxase o artigo 61 desta lei. (119)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» 

núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro), excepto o número 3 

93

§ 1Art. 60  Publicación.–1.  Os actos administrativos serán obxecto de publicación cando así o establezan as nor‑mas reguladoras de cada procedemento ou cando o acon‑sellen razóns de interese público apreciadas polo órgano competente.

2.  A publicación dun acto deberá conter os mesmos ele‑mentos que o punto 2 do artigo 58 exixe verbo das notifica‑cións. Será tamén aplicable á publicación o establecido no punto 3 do mesmo artigo.

Nos supostos de publicacións de actos que conteñan ele‑mentos comúns, poderán publicarse de forma conxunta os aspectos coincidentes, e especificaranse soamente os aspec‑tos individuais de cada acto.

Art. 61.  Indicación de notificacións e publicacións. Se o órgano competente apreciase que a notificación por medio de anuncios ou a publicación dun acto lesiona derei‑tos ou intereses lexítimos, limitarase a publicar no diario oficial que corresponda unha indicación simple do contido do acto e do lugar onde os interesados poderán comparecer, no prazo que se estableza, para coñecemento do contido íntegro do mencionado acto e constancia do devandito coñecemento.

CAPÍTULO IV

Nulidade e anulabilidade

Art. 62.  Nulidade de pleno dereito.–1.  Os actos das administracións públicas son nulos de pleno dereito nos casos seguintes (120):

a) Os que lesionen os dereitos e liberdades susceptibles de amparo constitucional (121). 

que foi engadido pola Lei 24/2001, do 27 de decembro («BOE» núm. 313, do 31 de decembro), pasando os anteriores números 3, 4 e 5 a numerarse como 4, 5 e 6, e agora a Lei 11/2007, do 22 de xuño derroga ese número 3.

 (120)  Véxanse os artigos 102.1, 111.2.b) e 115.1 desta lei. (121)  Véxanse os artigos 53.2 da Constitución española de 1978 e 41 a 43 da 

Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro («BOE» núm. 239, do 5 de outubro), do Tribu‑nal Constitucional.

94

§ 1 b) Os ditados por órgano manifestamente incompetente por razón da materia ou do territorio (122). 

c) Os que teñan un contido imposible. d) Os que sexan constitutivos de infracción penal ou se 

diten como consecuencia desta. e) Os ditados prescindindo total e absolutamente do 

procedemento legalmente establecido ou das normas que conteñen as regras esenciais para a formación da vontade dos órganos colexiados. 

f) Os actos expresos ou presuntos contrarios ao ordena‑mento xurídico polos que se adquiren facultades ou dereitos cando se careza dos requisitos esenciais para a súa adquisi‑ción.

g) Calquera outro que se estableza expresamente nunha disposición de rango legal.

2.  Tamén serán nulas de pleno dereito as disposicións administrativas que vulneren a Constitución, as leis ou outras disposicións administrativas de rango superior, as que regu‑len materias reservadas á lei, e as que establezan a retroacti‑vidade de disposicións sancionadoras non favorables ou restritivas de dereitos individuais (123).

Art. 63.  Anulabilidade.–1.  Son anulables os actos da Administración que incorran en calquera infracción do orde‑namento xurídico, incluso a desviación do poder (124).

2.  Non obstante, o defecto de forma só determinará a anulabilidade cando o acto careza dos requisitos formais indispensables para alcanzar o seu fin ou dea lugar á inde‑fensión dos interesados.

3.  A realización de actuacións administrativas fóra do tempo establecido para elas só implicará a anulabilidade  

 (122)  Véxase o artigo 12 desta lei. (123)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» 

núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro).Véxase o artigo 51 desta lei e a Orde do 12 de decembro de 1960 pola que se 

establece o trámite para decidir sobre a nulidade de pleno dereito de disposicións administrativas (§ 22).

 (124)  Véxase o artigo 70.2 da Lei reguladora da xurisdición contencioso‑administrativa do 13 de xullo de 1998.

95

§ 1do  acto  cando  así  o  impoña  a  natureza  do  termo  ou prazo (125).

Art. 64.  Transmisibilidade.–1.  A nulidade ou anula‑bilidade dun acto non implicará a dos sucesivos no procede‑mento que sexan independentes do primeiro.

2.  A nulidade ou anulabilidade en parte do acto ad‑ministrativo non implicará a das partes do mesmo indepen‑dentes daquela, non sendo que a parte viciada sexa de tal importancia que sen ela o acto administrativo non tería sido ditado.

Art. 65.  Conversión de actos viciados.–Os actos nulos ou anulables que, no entanto, conteñan os elementos consti‑tutivos doutro distinto producirán os efectos deste.

Art. 66.  Conservación de actos e trámites.–O órgano que declare a nulidade ou anule as actuacións disporá sem‑pre a conservación daqueles actos e trámites que terían man‑tido igual o seu contido de non se ter cometido a infracción.

Art. 67.  Validación.–1.  A Administración poderá vali‑dar os actos anulables, emendando os vicios en que inco‑rran (126).

2.  O acto de validación producirá efecto desde a súa data, salvo o disposto anteriormente para a retroactividade dos actos administrativos (127).

3.  Se o vicio consistise en incompetencia non determi‑nante de nulidade, a validación poderá realizala o órgano competente cando sexa superior xerárquico do que ditou o acto viciado.

4.  Se o vicio consistise na falta dalgunha autorización, o acto poderá ser validado mediante o outorgamento desta polo órgano competente.

 (125)  Téñase en conta que a Sentenza do Tribunal Supremo (Sala Terceira) do 24 de abril de 1999 («BOE» núm. 159, do 5 de xullo) fixa a seguinte doutrina legal:

«O artigo 63.3 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do pro‑cedemento administrativo común non implica a nulidade do acto de imposición dunha sanción administrativa fóra do prazo legalmente previsto para a tramitación do expediente sancionador.»

 (126)  Véxase o artigo 113 desta lei. (127)  Véxase o artigo 57.3 desta lei.

96

§ 1 TÍTULO VI

Das disposicións xerais sobre os procedementos adminis-trativos

CAPÍTULO PRIMEIRO

Iniciación do procedemento

Art. 68.  Clases de iniciación.–Os procedementos pode‑rán iniciarse de oficio ou por solicitude da persoa intere‑sada.

Art. 69.  Iniciación de oficio.–1.  Os procedementos iniciaranse de oficio por acordo do órgano competente, ben por propia iniciativa ou como consecuencia de orde superior, a pedimento razoado doutros órganos ou por denuncia.

2.  Con anterioridade ao acordo de iniciación, o órgano competente poderá abrir un período de información previa co fin de coñecer as circunstancias do caso concreto e mais a conveniencia ou non de iniciar o procedemento.

Art. 70.  Solicitudes de iniciación.–1.  As solicitudes que se formulen deberán conter (128): 

a) Nomes e apelidos do interesado e, se é o caso, da persoa que o represente, así como a identificación do medio 

 (128)  O Decreto 2423/1975, do 25 de setembro («BOE» núm. 253, do 22 de outubro; corrección de erros no «BOE» núm. 274, do 15 de novembro, e «BOE» núm. 104, do 30 de abril de 1976), que regula o código de identificación das persoas xurídicas e entidades en xeral, precisa:

«Artigo 1.  Todas as persoas xurídicas e entidades en xeral, públicas ou priva‑das, calquera que for a súa forma ou actividade, teñan ou non fins lucrativos, e que dalgún modo deban relacionarse coa Administración pública, terán asignado un código de identificación. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Art. 4.  Será obrigatoria a consignación do código de identificación en cantos escritos se presenten ou poidan causar efecto ante a Administración pública en todas as súas dependencias ou oficinas, e poderá exixirse que se acredite mediante a exhi‑bición da tarxeta a que se refire o artigo seguinte.»

Respecto á Facenda pública, véxase a Orde do 28 de febreiro de 1976 («BOE» núm. 55, do 4 de marzo), sobre responsabilidade derivada da obriga de declarar o número identificador.

Polo Real decreto 338/1990, do 9 de marzo («BOE» núm. 63, do 14 de marzo; corrección de erros no «BOE» núm. 65, do 16 de marzo), regúlase a composición e 

97

§ 1preferente ou do lugar que se sinale para efectos de notifica‑cións (129). 

b) Feitos, razóns e petición en que se concrete, con toda claridade, a solicitude. 

c) Lugar e data. d) Sinatura do solicitante ou acreditación da autentici‑

dade da súa vontade expresada por calquera medio.e) Órgano, centro ou unidade administrativa á que se 

dirixe (130).

2.  Cando as pretensións correspondentes a unha plura‑lidade de persoas teñan un contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar, poderán ser formuladas nunha única solicitude, salvo que as normas reguladoras dos proce‑dementos específicos dispoñan outra cousa (131).

3.  Das solicitudes, comunicacións e escritos que pre‑senten os interesados nas oficinas da Administración, estes poderán exixir o correspondente recibo que acredite a data de presentación; admitirase como tal unha copia na que figure a data de presentación anotada na oficina (132).

4.  As administracións públicas deberán establecer mode‑los e sistemas normalizados de solicitudes cando se trate de procedementos que impliquen a resolución numerosa dunha serie de procedementos. Os ditos modelos estarán ao dispor dos cidadáns nas dependencias administrativas (133).

Os solicitantes poderán achegar os elementos que esti‑men convenientes para precisar ou completar os datos do 

a forma de utilización do número de identificación fiscal. Este real decreto tivo varias modificacións.

 (129)  Véxase  o  Real  decreto  1553/2005,  do  23  de  decembro  («BOE» núm. 307, do 24 de decembro; supl. gal. núm. 13, do 30 de decembro), polo que se regula a expedición do documento nacional de identidade e os seus certificados de sinatura electrónica. Sobre o documento nacional de identidade electrónico, véxanse os artigos 15 e 16 da Lei 59/2003, do 19 de decembro («BOE» núm. 304, do 20 de decembro; supl. gal. núm. 1, do 1 de xaneiro de 2004), de sinatura electrónica.

 (130)  Véxase o artigo 8.1 do Real decreto 1465/1999, do 17 de setembro (§ 16). (131)  Véxase o artigo 33 desta lei. (132)  Véxanse os artigos 35.c), 36 e 38.4 desta lei e o artigo 6 do Real decreto 

772/1999, do 7 de maio (§ 11). (133)  Véxanse o artigo 5 do Real decreto 772/1999, do 7 de maio (§ 11) e os 

artigos 7 a 9 do Real decreto 1465/1999, do 17 de setembro (§ 16).

98

§ 1 modelo, os cales deberá admitir ou ter en conta o órgano ao que se dirixan.

Art. 71.  Emenda e mellora da solicitude.–1.  Se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos que sinala o artigo anterior e os exixidos, se é o caso, pola lexislación específica aplicable, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 (134).

2.  Sempre que non se trate de procedementos selectivos ou  de  concorrencia  competitiva,  este  prazo  poderá  ser ampliado prudencialmente, ata cinco días, por petición do interesado ou por iniciativa do órgano, cando a achega dos documentos  requiridos  presente  dificultades  espe‑ciais (135).

3.  Nos procedementos iniciados por solicitude dos inte‑resados, o órgano competente poderalle ofrecer a posibili‑dade ao solicitante da modificación ou mellora voluntarias dos termos daquela. Do anterior levantarase acta sucinta, que se incorporará ao procedemento (136).

Art. 72.  Medidas provisionais.–1.  Iniciado o proce‑demento, o órgano administrativo competente para resolvelo poderá adoptar, de oficio ou por instancia de parte, as medi‑das provisionais que estime oportunas para asegurar a efica‑cia da resolución que puidese recaer, de existiren elementos de xuízo suficientes para iso.

2.  Antes da iniciación do procedemento administrativo, o órgano competente, de oficio ou por instancia de parte, nos 

 (134)  Véxase o artigo 138 da Lei reguladora da xurisdición contencioso‑administrativa do 13 de xullo de 1998.

 (135)   Téñase en conta que a Sentenza do Tribunal Supremo (Sala Terceira), do 4 de febreiro de 2003 («BOE» núm. 117, do 16 de maio), fixa a seguinte doutrina legal: 

«O trámite de corrección de defectos a que se refire o artigo 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común é plenamente aplicable nos procedementos selectivos do profesor asociado das univer‑sidades españolas.»

 (136)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro).

99

§ 1casos de urxencia e para a protección provisional dos intere‑ses implicados, poderá adoptar as medidas correspondentes nos supostos previstos expresamente por unha norma de rango de lei. As medidas provisionais deberán ser confirma‑das, modificadas ou levantadas no acordo de iniciación do procedemento, que deberá efectuarse dentro dos quince días seguintes á súa adopción, o cal poderá ser obxecto do recurso que proceda.

En todo caso, as devanditas medidas quedarán sen efecto se non se inicia o procedemento no citado prazo ou cando o acordo de iniciación non conteña un pronunciamento expreso respecto delas.

3.  Non se poderán adoptar medidas provisionais que lles poidan causar aos interesados un prexuízo de difícil ou imposible reparación ou que impliquen violación de dereitos amparados polas leis.

4.  As medidas provisionais poderán ser alzadas ou modificadas durante a tramitación do procedemento, de ofi‑cio ou por instancia de parte, en virtude de circunstancias sobrevidas  ou  que  non  puideron  ser  tidas  en  conta  no momento da súa adopción.

En todo caso, extinguiranse coa eficacia da resolución administrativa que poña fin ao procedemento correspon‑dente (137).

Art. 73.  Acumulación.–O órgano administrativo que inicie ou  tramite un procedemento, calquera que fose a forma da súa iniciación, poderá dispor a súa acumulación a outros  cos que garde  identidade  substancial  ou  íntima conexión (138).

Contra o acordo de acumulación non procederá recurso ningún.

 (137)  Artigo redactado de conformidade coa Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro). Véxase o artigo 54.1.d) desta lei.

 (138)  Véxanse os artigos 34 a 39 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso‑administrativa, tendo en conta que o artigo 37 foi modificado pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro («BOE» núm. 309, do 26 de decembro; supl. gal. núm. 2, do 16 de xaneiro de 2004), e 39 da Lei de procedemento adminis‑trativo, do 17 de xullo de 1958 (§ 5).

100

§ 1 CAPÍTULO II

Ordenación do procedemento

Art. 74.  Impulso.–1.  O procedemento, sometido ao criterio de celeridade, impulsarase de oficio en todos os seus trámites.

2.  No despacho dos expedientes gardarase a orde rigo‑rosa de incoación en asunto de natureza homoxénea, salvo que o titular da unidade administrativa dea orde motivada do contrario, da que quede constancia.

O incumprimento do disposto no parágrafo anterior dará lugar á exixencia de responsabilidade disciplinaria do infrac‑tor ou, se é o caso, será causa de remoción do posto de traba‑llo (139).

Art. 75.  Celeridade (140).–1.  Acordaranse nun só acto todos os trámites que, pola súa natureza, admitan unha impulsión simultánea e non sexa obrigado o seu cumpri‑mento sucesivo.

2.  Cando se soliciten os trámites que deban ser cumpri‑dos por outros órganos, deberá consignarse na comunicación cursada o prazo legal establecido para o efecto (141).

Art. 76.  Cumprimento de trámites.–1.  Os trámites que deban cumprir os interesados deberán realizarse no prazo de dez días a partir da notificación do correspondente acto, salvo no caso de que na norma correspondente se fixe prazo distinto.

2.  Cando en calquera momento se considere que algún dos actos do interesado non reúne os requisitos necesarios, a Administración porao en coñecemento do seu autor, e con‑cederalle un prazo de dez días para cumprilo.

3.  Os interesados que non cumpran o disposto nos pun‑tos anteriores poderán ser declarados decaídos no seu dereito 

 (139)  Véxanse os artigos 42.7 desta lei e 50 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo («BOE» núm. 85, do 10 de abril), polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado.

 (140)  Véxanse os artigos 38 e 39 da Lei de procedemento administrativo do 17 de xullo de 1958 (§ 5).

 (141)  Véxase o artigo 83.2 desta lei.

101

§ 1ao trámite correspondente; no entanto, admitirase a actua‑ción do interesado e producirá os seus efectos legais, se se producise antes ou dentro do día en que se notifique a resolu‑ción na que se dea por transcorrido o prazo (142).

Art. 77.  Cuestións incidentais.–As cuestións inciden‑tais que se susciten no procedemento, mesmo as que se refi‑ran  á  nulidade  das  actuacións,  non  suspenderán  a  súa tramitación, agás a recusación (143).

CAPÍTULO III

Instrución do procedemento

Sección 1.ª Disposicións xerais

Art. 78.  Actos de instrución.–1.  Os actos de instrución necesarios para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se deba pronunciar a resolución, realizaraos de oficio o órgano que tramite o procedemento, sen prexuízo do dereito dos interesados a proporen aquelas actua‑cións que requiran a súa intervención ou constitúan trámites legal ou regulamentariamente establecidos.

2.  Os resultados das sondaxes e enquisas de opinión que se incorporen á instrución dun procedemento deberán reunir as garantías legalmente establecidas para estas técni‑cas de información, así como a identificación técnica do pro‑cedemento seguido para a obtención destes resultados.

Art. 79.  Alegacións.–1.  Os interesados poderán, en calquera momento do procedemento anterior ao trámite de audiencia, aducir alegacións e achegar documentos ou outros elementos de xuízo.

Uns e outros serán tidos en conta polo órgano competente ao redactar a correspondente proposta de resolución (144).

2.  En todo momento os interesados poderán alegar os defectos de tramitación e, en especial, os que supoñan para‑lización, infracción dos prazos preceptivamente sinalados ou 

 (142)  Véxanse os artigos 47 e 92.2 desta lei. (143)  Véxase o artigo 29 desta lei. (144)  Véxase o artigo 35.e) desta lei.

102

§ 1 a omisión de trámites que poden ser emendados antes da resolución definitiva do asunto. As ditas alegacións poderán dar lugar, se houber razóns para iso, á exixencia da correspon‑dente responsabilidade disciplinaria (145).

Sección 2.ª Proba

Art. 80.  Medios e período de proba.–1.  Os feitos rele‑vantes para a decisión dun procedemento poderán acreditarse por calquera medio de proba admisible en dereito (146).

2.  Cando a Administración non teña por certos os feitos que aleguen os interesados ou a natureza do procedemento o exixa, o instrutor deste acordará a apertura dun período de proba por un prazo non superior a trinta días nin inferior a dez, co fin de que se poidan practicar cantas probas xulgue pertinentes.

3.  O instrutor do procedemento só poderá rexeitar as probas propostas polos interesados cando sexan manifesta‑mente improcedentes ou innecesarias, mediante resolución motivada.

Art. 81.  Práctica de proba.–1.  A Administración comunicaralles aos interesados, con antelación abonda, o inicio das actuacións necesarias para a realización das pro‑bas que fosen admitidas.

2.  Na notificación consignarase o lugar, a data e a hora en que se practicará a proba, coa advertencia, de ser o ca‑ so, de que o interesado pode nomear técnicos para que o  asistan.

3.  Nos casos en que, a pedimento do interesado, deban efectuarse probas que impliquen gastos que non deba sopor‑tar a Administración, esta poderá exixir o anticipo deles, coa 

 (145)  Véxase o artigo 41 desta lei. (146)  Véxanse os artigos 299 a 386 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro («BOE» 

núm. 7, do 8 de xaneiro; corrección de erros no «BOE» núm. 90, do 14 de abril; supl. gal. núm. 2, do 5 de febreriro; c. erros núm. 6, do 10 de maio e núm. 12, do 16 de agosto), de axuizamento civil.

Téñase en conta que o artigo 326 foi modificado pola Lei 59/2003, do 19 de decembro («BOE» núm. 304, do 20 de decembro; supl. gal. núm. 1, do 1 de xaneiro de 2004), de sinatura electrónica, e o 328 pola Lei 19/2006, do 5 de xuño («BOE» núm. 134, do 6 de xuño; supl. gal. núm. 8, do 15 de xuño).

103

§ 1reserva da  liquidación definitiva, unha vez practicada a proba. A liquidación dos gastos practicarase unindo os com‑probantes que acrediten a súa realidade e contía.

Sección 3.ª Informes

Art. 82.  Petición.–1.  Para os efectos da resolución do procedemento, solicitaranse aqueles  informes que sexan preceptivos por disposicións legais, e os que se xulguen nece‑sarios para resolver, citándose o precepto que os exixa ou fundamentando, se é o caso, a conveniencia de os reclamar.

2.  Na petición do informe concretarase o punto ou pun‑tos verbo dos que se solicita.

Art. 83.  Emisión.–1.  Salvo disposición expresa en con‑trario, os informes serán facultativos e non vinculantes (147).

2.  Os informes serán emitidos no prazo de dez días, salvo que unha disposición ou o cumprimento do resto dos prazos do procedemento permita ou exixa outro prazo menor ou maior.

3.  De non se emitir o informe no prazo sinalado, e sen prexuízo da responsabilidade en que incorra o responsable da demora, poderanse proseguir as actuacións calquera que sexa o carácter do informe solicitado, excepto nos casos de informes preceptivos que sexan determinantes para a resolu‑ción do procedemento; nese caso poderase interromper o prazo dos trámites sucesivos.

4.  Se o informe debe ser emitido por unha Administra‑ción pública distinta da que tramita o procedemento para expresar o punto de vista correspondente ás  súas com‑petencias respectivas e transcorrese o prazo sen que aquel fose emitido, poderanse proseguir as actuacións.

 (147)  Véxanse os artigos 88 e 89 da Lei 58/2003, do 17 de decembro («BOE» núm. 302, do 18 de decembro; supl. gal. núm. 1, do 1 de xaneiro de 2004) xeral tri‑butaria. 

Os ditames do Consello de Estado non son vinculantes, salvo que a Lei dispoña o contrario, segundo establece o artigo 2.2, parágrafo segundo da Lei orgánica 3/1980, do 22 de abril («BOE» núm. 100, do 25 de abril), do Consello de Estado, conforme a redacción que lle deu a Lei orgánica 3/2004, do 28 de decembro («BOE» núm. 313, do 29 de decembro; supl. gal. núm. 3, do 1 de xaneiro de 2005; c. erros núm. 1, do 1 de marzo de 2005).

104

§ 1 O informe emitido fóra de prazo poderá non terse en conta ao adoptar a correspondente resolución.

Sección 4.ª Participación dos interesados

Art. 84.  Trámite de audiencia (148).–1.  Instruídos os procedementos, e inmediatamente antes de redactar a pro‑posta de resolución, poránselles de manifesto aos interesa‑dos ou, se é o caso, aos seus representantes, agás o que afecte as informacións e datos a que se refire o artigo 37.5.

2.  Os interesados, nun prazo non inferior a dez días nin superior a quince, poderán alegar e presentar os documentos e xustificacións que estimen pertinentes  (149).

3.  Se antes do vencemento do prazo os  interesados manifestan a súa decisión de non efectuar alegacións nin achegar novos documentos ou xustificacións, o  trámite darase por realizado.

4.  Poderase prescindir do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na reso‑lución outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polo interesado.

Art. 85.  Actuación dos interesados.–1.  Os actos de instrución que requiran a intervención dos interesados terán que practicarse na forma que resulte máis cómoda para eles e sexa compatible, na medida do posible, coas súas obrigas laborais ou profesionais.

2.  Os interesados poderán, en todo caso, actuar asisti‑dos de asesor cando o consideren conveniente en defensa dos seus intereses.

3.  En calquera caso, o órgano instrutor adoptará as medidas necesarias para lograr o pleno respecto aos princi‑pios de contradición e de igualdade dos interesados no pro‑cedemento.

Art. 86.  Información pública.–1.  O órgano ao que lle corresponda a resolución do procedemento, cando a natureza 

 (148)  Véxase o artigo 105.c) da Constitución española do 27 de decembro de 1978, transcrito en nota ao artigo 1 desta lei.

 (149)  Véxase o artigo 112 desta lei.

105

§ 1deste o requira, poderá acordar un período de información pública.

2.  Para tal efecto, anunciarase no «Boletín Oficial del Estado», da comunidade autónoma ou no da provincia res‑pectiva, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinar o procedemento ou a parte deste que se acorde.

O anuncio sinalará o lugar de exhibición e determinará o prazo para formular alegacións, que en ningún caso poderá ser inferior a vinte días.

3.  A incomparecencia neste trámite non lles impedirá aos interesados interpor os recursos procedentes contra a resolución definitiva do procedemento.

A comparecencia no trámite de información pública non outorga, por si mesma, a condición de interesado. Non obs‑tante, os que presenten alegacións ou observacións neste trá‑mite teñen dereito a obter da Administración unha resposta razoada, que poderá ser común para todas aquelas alegacións que formulen cuestións substancialmente iguais.

4.  Conforme o disposto nas  leis, as administracións públicas poderán establecer outras formas, medios e vías de participación dos cidadáns, directamente ou a través das organi‑zacións e asociacións recoñecidas pola lei no procedemento de elaboración das disposicións e actos administrativos.

CAPÍTULO IV

Finalización do procedemento

Sección 1.ª Disposicións xerais

Art. 87.  Remate.–1.  Porán fin ao procedemento a resolución, a desistencia, a renuncia ao dereito en que se funde a solicitude, cando esta renuncia non estea prohibida polo ordenamento xurídico, e mais a declaración de caduci‑dade.

2.  Tamén producirá o remate do procedemento a impo‑sibilidade material de continualo por causas sobrevidas. A resolución que se dite deberá ser motivada en todo caso.

Art. 88.  Remate convencional.–1.  As administracións públicas poderán subscribir acordos, pactos, convenios ou 

106

§ 1 contratos con persoas tanto de dereito público como privado, sempre que non sexan contrarios ao ordenamento xurídico nin versen sobre materias non susceptibles de transacción e teñan por obxecto satisfacer o interese público que teñen encomen‑dado, co alcance, efectos e réxime xurídico específico que en cada caso prevexa a disposición que o regule; tales actos pode‑rán ter a consideración de finalizadores dos procedementos administrativos ou inserirse neles con carácter previo, vincu‑lante ou non, á resolución que lles poña fin (150).

2.  Os citados instrumentos deberán establecer como contido mínimo a identificación das partes intervenientes, o ámbito persoal, funcional e territorial, e o prazo de vixencia; deberán publicarse ou non segundo a súa natureza e as per‑soas ás que estivesen destinados.

3.  Requirirán en todo o caso a aprobación expresa do Consello de Ministros, os acordos que versen sobre materias da competencia directa do dito órgano (151).

4.  Os acordos que se subscriban non suporán alteración das competencias atribuídas aos órganos administrativos nin das responsabilidades que lles correspondan ás autoridades e funcionarios relativas ao funcionamento dos servizos públi‑cos (152).

Sección 2.ª ResoluciónArt. 89.  Contido.–1.  A resolución que poña fin ao 

procedemento decidirá todas as cuestións formuladas polos interesados e aqueloutras derivadas daquel (153).

Cando se trate de cuestións conexas que non formulasen os interesados, o órgano competente poderá pronunciarse 

 (150)  Véxase a disposición adicional 4.ª do texto refundido da Lei de contra‑tos das administracións públicas aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño («BOE» núm. 148, do 21 de xuño; supl. gal. núm. 471, do 8 de xullo de 2000; c. erros núm. 7, do 18 de outubro de 200).

 (151)  Artigo 5 da Lei 50/1997, do 27 de novembro, do Goberno (§ 4), e as súas notas.

 (152)  O número 4 da disposición adicional 29.ª da Lei 14/2000, do 29 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, dispón:

«4.  A terminación convencional de procedementos administrativos, así como os procedementos de mediación, arbitraxe ou conciliación, non están suxeitos ao réxime de silencio administrativo previsto na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.»

 (153)  Véxase o artigo 113 desta lei.

107

§ 1sobre elas, e antes terállelo que pór de manifesto a estes por un prazo non superior a quince días, para que presenten as alegacións que estimen pertinentes e acheguen, de ser o caso, os medios de proba.

2.  Nos procedementos  tramitados por solicitude do interesado, a resolución será congruente coas peticións for‑muladas por este, sen que en ningún caso poida agravar a súa situación inicial e sen prexuízo da potestade da Administra‑ción de incoar de oficio un novo procedemento, se procede.

3.  As resolucións conterán a decisión, que será moti‑vada nos casos a que se refire o artigo 54. Expresarán, ade‑mais,  os  recursos  que  contra  ela  procedan,  o  órgano administrativo ou xudicial perante o que deban presentarse e o prazo para interpolos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar calquera outro que estimen oportuno.

4.  En ningún caso a Administración poderá absterse de resolver (154) so pretexto de silencio, escuridade ou insufi‑ciencia dos preceptos legais aplicables ao caso, aínda que poderá resolver a inadmisión das solicitudes de recoñecemento de dereitos non previstos no ordenamento xurídico ou manifes‑tamente carentes de fundamento, sen prexuízo do dereito de petición (155) previsto polo artigo 29 da Constitución.

5.  A aceptación de informes ou ditames servirá de moti‑vación á resolución cando se incorporen ao texto desta.

Sección 3.ª Desistencia e renuncia

Art. 90.  Exercicio.–1.  Todo interesado poderá desis‑tir da súa solicitude ou, cando isto non estea prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar aos seus dereitos.

2.  Se o escrito de iniciación estivese formulado por dous ou máis interesados, a desistencia ou a renuncia só lles afectará a aqueles que a formulasen.

Art. 91.  Medios e efectos.–1.  Tanto a desistencia como a renuncia poderán facerse por calquera medio que permita a súa constancia.

 (154)  Véxanse os artigos 42 a 44 desta lei. (155)  Véxase a Lei orgánica 4/2001, do 12 de novembro, reguladora do 

dereito de petición (§ 23).

108

§ 1 2.  A Administración aceptará de vez a desistencia ou a renuncia, e declarará concluso o procedemento salvo que, estando constituídos como parte nel terceiros interesados, estes solicitasen a súa continuación no prazo de dez días desde que foron notificados da desistencia.

3.  Se a cuestión suscitada pola incoación do procede‑mento entrañase interese xeral ou fose conveniente substan‑ciala para a súa definición e esclarecemento, a Administración poderá limitar os efectos da desistencia ou a renuncia ao interesado e seguirá o procedemento.

Sección 4.ª Caducidade

Art. 92.  Requisitos e efectos.–1.  Nos procedementos iniciados por solicitude do interesado, cando se produza a súa paralización por causa imputable a este, a Administración advertirao de que, transcorridos tres meses, se producirá a caducidade daquel. Consumido este prazo sen que o particu‑lar requirido realice as actividades necesarias para proseguir a tramitación, a Administración acordará o arquivamento das actuacións, o que lle notificará ao interesado. Contra a reso‑lución que declare a caducidade procederán os recursos per‑tinentes.

2.  Non poderá acordarse a caducidade pola simple inac‑tividade do interesado ao cumprir os trámites, sempre que non sexan indispensables para ditar resolución. A dita inacti‑vidade non terá outro efecto que a perda do seu dereito ao referido trámite (156).

3.  A caducidade non producirá por si soa a prescrición das accións do particular ou da Administración, pero os pro‑cedementos caducados non interromperán o prazo de pres‑crición (157).

 (156)  Véxase o artigo 76.3 desta lei. (157)  Téñase en conta que a Sentenza do Tribunal Supremo (Sala Terceira) 

do 12 de xuño de 2003 («BOE» núm. 191, do 11 de agosto) fixa a seguinte doutrina legal:

«A declaración de caducidade e arquivo de actuacións establecidas para proce‑dementos en que a Administración exerza potestades sancionadoras, artigo 44.2 da Lei 30/1992, non extinguen a acción da Administración para exercer as potestades aludidas nese precepto, séndolles plenamente aplicable o artigo 92.3 da mesma lei.»

109

§ 14.  Poderá non ser aplicable a caducidade no caso de que a cuestión suscitada afecte o interese xeral, ou fose con‑veniente substanciala para a súa definición e esclarece‑mento.

CAPÍTULO V

Execución (158)

Art. 93.  Título.–1.  As administracións públicas non iniciarán ningunha actuación material de execución de resolu‑cións que limite dereitos dos particulares sen que previa‑mente se adoptase a resolución que lle sirva de fundamento xurídico.

2.  O órgano que ordene un acto de execución material de resolucións estará obrigado a notificarlle ao particular interesado a resolución que autorice a actuación administra‑tiva (159).

Art. 94.  Executoriedade.–Os actos das administra‑cións públicas suxeitos ao dereito administrativo serán inmediatamente executivos, salvo o previsto nos artigos 111 e 138, e naqueles casos en que unha disposición estableza o contrario ou necesiten aprobación ou autorización supe‑rior (160).

Art.  95.  Execución forzosa.–As  administracións públicas, a través dos seus órganos competentes en cada caso, poderán proceder,  tras o apercibimento previo, á execución forzosa dos actos administrativos, non sendo nos supostos en que se suspenda a execución de acordo coa lei, ou cando a Constitución ou a lei exixan a intervención dos tribunais.

Art. 96.  Medios de execución forzosa.–1.  A execu‑ción  forzosa  por  parte  das  administracións  públicas 

 (158)  Véxase o artigo 56 desta lei. (159)  Véxanse os artigos 58 e 59 desta lei. (160)  Véxase o artigo 51 da Lei 7/1985, do 2 de abril («BOE» núm. 80, do 3 

de abril; corrección de erros no «BOE» núm. 139, do 11 de xuño), reguladora das bases do réxime local.

110

§ 1 efectuarase, respectando sempre o principio de proporciona‑lidade (161), polos seguintes medios:

a) Constrinximento sobre o patrimonio.b) Execución subsidiaria. c) Multa coercitiva.d) Compulsión sobre as persoas.

2.  De seren varios os medios de execución admisibles, elixirase o menos restritivo da liberdade individual (162).

3.  Se for necesario entrar no domicilio do afectado, as administracións públicas deberán obter o seu consentimento ou, na súa ausencia, a oportuna autorización xudicial.

Art.  97.  Constrinximento sobre o patrimonio. 1.  Se en virtude de acto administrativo tivese que satisfa‑cerse cantidade líquida, seguirase o procedemento previsto nas normas reguladoras do procedemento recadatorio en vía executiva (163).

2.  En calquera caso, non se lles poderá impor aos inte‑resados unha obriga pecuniaria que non estivese establecida de acordo cunha norma de rango legal (164).

Art. 98.  Execución subsidiaria.–1.  Haberá lugar á execución subsidiaria cando se trate de actos que por non seren persoalísimos poidan ser realizados por suxeito dis‑tinto do obrigado.

2.  Neste caso, as administracións públicas realizarán o acto, por si ou a través das persoas que determinen, á custa do obrigado.

 (161)  Véxase o artigo 131 desta lei. (162)  O artigo 25.3 da Constitución española de 1978 dispón:

«A Administración civil non poderá impor sancións que, directa ou indirecta‑mente, impliquen privación de liberdade.»

 (163)  Véxanse os artigos 163 a 173, que regulan o procedemento de constrinxi‑mento, da Lei 58/2003, do 17 de decembro («BOE» núm. 302, do 18 de decembro; supl. gal. núm. 1, do 1 de xaneiro de 2004), xeral tributaria, e 70 e seguintes do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo («BOE» núm. 210, do 2 de setembro; supl. gal. núm. 10, do 1 de outubro de 2005), polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación.

 (164)  O  artigo  31  da  Constitución  española  de  1978  dispón,  no  seu número 3:

«Só poderán establecerse prestacións persoais ou patrimoniais de carácter público reguladas pola lei.»

111

§ 13.  O importe dos gastos, danos e perdas exixirase con‑forme o disposto no artigo anterior.

4.  O dito importe poderá liquidarse de forma provisio‑nal e realizarse antes da execución, coa reserva da liquida‑ción definitiva.

Art. 99.  Multa coercitiva.–1.  Cando así o autoricen as leis, e na forma e contía que estas determinen, as adminis‑tracións públicas poden, para a execución de determinados actos, impor multas coercitivas, reiteradas por lapsos de tempo que abonden para cumprir o ordenado, nos seguintes casos:

a) Actos persoalísimos en que non proceda a compul‑sión directa sobre a persoa do obrigado.

b) Actos en que, procedendo a compulsión, a Adminis‑tración non a estimase conveniente.

c) Actos en que o obrigado poida encargarlle a súa exe‑cución a outra persoa.

2.  A multa coercitiva é independente das sancións que poidan imporse con tal carácter e compatible con elas (165).

 (165)  A Sentenza 239/1988, do 14 de decembro, do Tribunal Constitucional (suplemento do «BOE» núm. 11, do 13 de xaneiro de 1989), a propósito da natureza xurídica das multas coercitivas, no seu fundamento xurídico 2, di:

«Nesa clase de multas, cuxa independencia da sanción queda reflectida no pará‑grafo 2 do indicado artigo 107 da LPA non se impón unha obriga de pagamento cun fin represivo ou retributivo pola realización dunha conduta que se considere adminis‑trativamente ilícita, cuxa adecuada previsión normativa desde as exixencias constitu‑cionais do dereito á legalidade en materia sancionadora poida cuestionarse, senón que consiste nunha medida de constrinximento económico, adoptada logo do opor‑tuno apercibimento, reiterada en lapsos de tempo e tendente a obter a acomodación dun comportamento obstativo do destinatario do acto ao disposto na decisión admi‑nistrativa previa. Non se inscriben, por tanto, estas multas no exercicio da potestade administrativa sancionadora, senón no da autotutela executiva da Administración, previstas no noso ordenamento xurídico con carácter xeral polo artigo 102 da LPA, cuxa constitucionalidade foi expresamente recoñecida por este Tribunal (SSTC 22/1984, do 17 de febreiro; 137/1985, do 17 de outubro, e 144/1987, do 23 de setem‑bro), e respecto da cal non cabe predicar o dobre fundamento da legalidade sanciona‑dora do artigo 25.1 CE a que se refire a STC 101/1988, do 8 de xuño, isto é, da liberdade (regra xeral da licitude do non prohibido) e de seguranza xurídica (saber a que aterse), xa que, como se dixo, non se castiga unha conduta realizada porque sexa antixurídica, senón que se constrinxe á realización dunha prestación ou ao cumpri‑mento dunha obriga concreta previamente fixada polo acto administrativo que se trata de executar, e mediando a oportuna cominación ou apercibimento.»

112

§ 1 Art. 100.  Compulsión sobre as persoas.–1.  Os actos administrativos que impoñan unha obriga persoalísima de non facer ou soportar poderán ser executados por com‑pulsión directa sobre as persoas nos casos en que a lei expre‑samente o autorice, e dentro sempre do respecto debido á súa dignidade  e  aos dereitos  recoñecidos na Constitu‑ción (166).

2.  Se, tratándose de obrigas persoalísimas de facer, non se realizase a prestación, o obrigado deberá resarcir os danos e perdas e á liquidación e cobramento destes procederase por vía administrativa.

Art. 101.  Prohibición de interditos.–Non se admitirán a trámite interditos contra as actuacións dos órganos admi‑nistrativos realizadas en materia da súa competencia e de acordo co procedemento legalmente establecido (167).

TÍTULO VII

Da revisión dos actos en vía administrativa

CAPÍTULO PRIMEIRO

Revisión de oficio

Art.  102.  Revisión de disposicións e actos nulos. 1.  As administracións públicas, en calquera momento, por iniciativa propia ou por solicitude de interesado, e contando co ditame favorable do Consello de Estado ou órgano consultivo equivalente da comunidade autónoma, se o houber, declararán de oficio a nulidade dos actos administrativos que puxesen fin 

 (166)  Véxanse os artigos 10 a 55 da mesma. O Defensor do Pobo é o alto comisionado das Cortes Xerais para a defensa destes dereitos. Véxanse a Lei orgánica 3/1981, do 6 de abril («BOE» núm. 109, do 7 de maio), do Defensor do Pobo, modi‑ficada polas leis orgánicas 2/1992, do 5 de marzo («BOE» núm. 57, do 6 de marzo), e 10/1995, do 23 de novembro («BOE» núm. 281, do 24 de novembro; corrección de erros no «BOE» núm. 54, do 2 de marzo de 1996).

 (167)  Véxanse os artigos 125 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropia‑ción forzosa; e 70 do Regulamento de bens das entidades locais, aprobado polo Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño («BOE» núm. 101, do 7 de xullo).

113

§ 1á vía administrativa ou que non fosen obxecto de recurso en prazo, nos supostos previstos no artigo 62.1 (168).

2.  Así mesmo, en calquera momento, as administra‑cións públicas de oficio, e co ditame favorable do Consello de Estado ou órgano consultivo equivalente da comunidade autónoma, se o houber, poderán declarar a nulidade das dis‑posicións  administrativas  nos  supostos  previstos  no artigo 62.2.

3.  O órgano competente para a revisión de oficio poderá acordar motivadamente a inadmisión a trámite das solicitu‑des formuladas polos interesados, sen necesidade de contar con ditame do Consello de Estado ou órgano consultivo da comunidade autónoma, cando aquelas non se baseen nal‑gunha das causas de nulidade do artigo 62 ou carezan mani‑festamente de fundamento, así como no suposto de que se tivesen desestimado en canto ao fondo outras solicitudes substancialmente iguais.

4.  As administracións públicas, ao declararen a nuli‑dade dunha disposición ou acto, poderán establecer, na mesma resolución, as indemnizacións que proceda recoñecer 

 (168)  Véxanse a disposición adicional 16.ª da Lei 6/1997, do 14 de abril (§ 2), e a Orde do 12 de decembro de 1960 sobre normas para decidir a nulidade de pleno dereito de disposicións administrativas (§ 22).

O artigo 22 da Lei orgánica 3/1980, do 22 de abril, do Consello de Estado, redactado conforme a Lei orgánica 3/2004, do 28 de decembro («BOE» núm. 313, do 29 de decembro), dispón:

«A Comisión Permanente do Consello de Estado deberá ser consultada nos seguintes asuntos:

 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

10.  Revisión de oficio de disposicións administrativas e de actos administrati‑vos, nos supostos previstos polas leis.»

O artigo 168 do Regulamento de organización e funcionamento do Consello Xeral do Poder Xudicial, aprobado por Acordo do 22 de abril de 1986 («BOE» núm. 107, do 5 de maio), desenvolve o disposto na Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial, e dispón:

«A revisión de oficio dos actos do Consello rexerase, no que sexa de aplicación, polas normas da Lei de procedemento administrativo. En ningún caso será necesaria a intervención do Consello de Estado.

As competencias de anulación e declaración de lesividade corresponderán ao Pleno do Consello, por maioría absoluta dos membros que o integran. En todo caso, pedirase ditame do gabinete técnico sobre a conformidade a dereito do acto obxecto de revisión e darase audiencia aos interesados.»

114

§ 1 aos interesados, se se dan as circunstancias previstas nos artigos 139.2 e 141.1 desta lei, sen prexuízo de que, tratán‑dose dunha disposición, subsistan os actos firmes ditados en aplicación dela.

5.  Cando o procedemento se iniciase de oficio, o trans‑curso do prazo de tres meses desde o seu inicio sen se ditar resolución producirá a caducidade daquel. Se o procedemento se iniciase por solicitude de interesado, poderase entender esta desestimada por silencio administrativo (169).

Art. 103.  Declaración de lesividade de actos anula-bles.–1.  As administracións públicas poderán declarar lesi‑vos para o  interese público os  actos  favorables para os interesados que sexan anulables conforme o disposto no artigo 63 desta lei, co fin de proceder á súa ulterior impugnación perante a orde xurisdicional contencioso‑administrativa (170).

2.  A declaración de lesividade non poderá adoptarse unha vez transcorridos catro anos desde que se ditou o acto administrativo e exixirá a audiencia previa de cantos apare‑zan como interesados nel, nos  termos establecidos polo artigo 84 desta lei.

3.  Transcorrido o prazo de seis meses desde a inicia‑ción do procedemento sen se declarar a lesividade produci‑rase a súa caducidade (171).

4.  Se o acto proviñese da Administración xeral do Estado ou das comunidades autónomas (172), a declaración de lesividade será adoptada polo órgano de cada Administra‑ción competente na materia.

 (169)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro de 2009).

 (170)  Véxase o artigo 43 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xuris‑dición contencioso‑administrativa.

 (171)  Número 3 redactado conforme a Lei 62/2003, do 30 de decembro («BOE» núm. 313, do 31 de decembro; supl. gal. núm. 2, do 16 de xaneiro de 2004; c. erros e errata núm. 6, do 1 de maio de 2004), de medidas fiscais, administrativas e da orde social.

 (172)  Véxanse os artigos 5.3 da Lei 12/1983, do 14 de outubro («BOE» núm. 247, do 15 de outubro; corrección de erros no «BOE» núm. 251, do 20 de outu‑bro), do proceso autonómico, e 22.10 da Lei orgánica 3/1980, do 22 de abril («BOE» núm. 100, do 25 de abril), do Consello de Estado, modificado pola Lei orgánica 3/2004, do 28 de decembro («BOE» núm. 313, do 29 de decembro; supl. gal. núm. 3, do 1 de xaneiro de 2005; c. erros núm. 1, do 1 de marzo de 2005).

115

§ 15.  Se o acto proviñese das entidades que integran a Administración local (173), a declaración de lesividade será adoptada polo Pleno da corporación ou, en defecto deste, polo órgano colexiado superior da entidade (174).

Art. 104.  Suspensión.–Iniciado o procedemento de revi‑sión de oficio, o órgano competente para resolver poderá suspender a execución do acto, cando esta puidese causar prexuízos de imposible ou difícil reparación.

Art. 105.  Revogación de actos e rectificación de erros.–1.  As administracións públicas poderán revogar en cal‑quera momento os seus actos de gravame ou desfavorables, sempre que tal revogación non constitúa dispensa ou exen‑ción non permitida polas leis, ou sexa contraria ao principio de igualdade, ao interese público ou ao ordenamento xurí‑dico.

2.  As administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos (175).

Art. 106.  Límites da revisión.–As facultades de revi‑sión non poderán ser exercitadas cando por prescrición de accións, polo  tempo transcorrido ou por outras circuns‑tancias, o seu exercicio resulte contrario á equidade, á boa fe, ao dereito dos particulares ou ás leis.

 (173)  O artigo 110 da Lei 7/1985, do 2 de abril («BOE» núm. 80, do 3 de abril; corrección de erros no «BOE» núm. 139, do 11 de xuño), reguladora das bases do réxime local, di:

«1.  Corresponderá  ao  pleno  da  corporación  a  declaración  de  nulidade  de pleno dereito e a revisión dos actos ditados en vía de xestión tributaria nos casos e de acordo co procedemento establecido nos artigos 153 e 154 da Lei xeral tribu‑taria.

2.  Nos demais casos, as entidades locais non poderán anular os seus propios actos declarativos de dereito, e a súa revisión requirirá a declaración previa de lesivi‑dade para o interese público e a súa impugnación en vía contencioso‑administrativa, conforme a lei desa xurisdición.» 

 (174)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro), coa excepción indicada.

 (175)  Artigo redactado de conformidade coa Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro de 1999).

116

§ 1 CAPÍTULO II

Recursos administrativos

Sección 1.ª Principios xerais

Art. 107.  Obxecto e clases.–1.  Contra as resolucións e os actos de trámite, se estes últimos deciden directa ou indirectamente o fondo do asunto, determinan a imposibili‑dade de continuar o procedemento, producen indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, os inte‑resados poderán interpor o recurso de alzada e o potestativo de reposición, que caberá fundar en calquera dos motivos  de nulidade ou anulabilidade previstos nos artigos 62 e 63 desta lei.

A oposición aos restantes actos de trámite poderá ser ale‑gada polos interesados para a súa consideración na resolu‑ción que poña fin ao procedemento.

2.  As leis poderán substituír o recurso de alzada, en supostos ou ámbitos sectoriais determinados, e cando a espe‑cificidade da materia así o xustifique, por outros procede‑mentos  de  impugnación,  reclamación,  conciliación, mediación e arbitraxe, perante órganos colexiados ou comi‑sións específicas non sometidas a instrucións xerárquicas, con respecto aos principios, garantías e prazos que a presente lei lles recoñece aos cidadáns e aos interesados en todo pro‑cedemento administrativo.

Nas mesmas condicións, o recurso de reposición poderá ser substituído polos procedementos a que se refire o pará‑grafo anterior, respectando o seu carácter potestativo para o interesado.

A aplicación destes procedementos no ámbito da Admi‑nistración local non poderá supor o descoñecemento das facultades de resolución recoñecidas aos órganos representa‑tivos electos establecidos pola lei.

3.  Contra as disposicións administrativas de carácter xeral non caberá recurso en vía administrativa.

Os recursos contra un acto administrativo que se funden unicamente na nulidade dalgunha disposición administrativa de carácter xeral poderán interporse directamente perante o órgano que ditou a citada disposición.

117

§ 14.  As reclamacións económico‑administrativas axusta‑ranse aos procedementos establecidos pola súa lexislación específica (176).

Art. 108.  Recurso extraordinario de revisión (177). Contra os actos firmes en vía administrativa só procederá o recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118.1 (178).

Art. 109.  Fin da vía administrativa.–Poñen fin á vía administrativa:

a) As resolucións dos recursos de alzada.b) As resolucións dos procedementos de impugnación 

a que se refire o artigo 107.2.c) As resolucións dos órganos administrativos que care‑

zan de superior xerárquico, salvo que unha lei estableza o contrario (179).

d) As demais resolucións de órganos administrativos cando unha disposición legal ou regulamentaria así o esta‑bleza (180). 

 (176)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro de 1999).

O Regulamento en materia de revisión en vía administrativa foi aprobado polo Real decreto 520/2005, do 13 de maio («BOE» núm. 126, do 27 de maio; supl. gal. núm. 6, do 1 de xuño de 2005).

 (177)  O artigo 22 da Lei orgánica 3/1980, do 22 de abril, do Consello de Estado, establece:

«A Comisión Permanente do Consello de Estado deberá ser consultada nos seguintes asuntos: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

9.  Recursos administrativos de revisión.»Véxanse os artigos 244 da Lei 58/2003, do 17 de decembro («BOE» núm. 302, 

do 18 de decembro; supl. gal. núm. 1, do 1 de xaneiro de 2004), xeral tributaria e 62 do Real decreto 520/2005, do 13 de maio («BOE» núm. 126, do 27 de maio; supl. gal. núm. 6, do 1 de xuño de 2005), polo que se aproba o Regulamento xeral de de‑ senvolvemento da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, en materia de revisión en vía administrativa.

 (178)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro de 1999).

 (179)  Véxase a disposición adicional 15.ª da Lei 6/1997, do 14 de abril (§ 2). (180)  Véxase a disposición adicional 15.ª da Lei de organización e funciona‑

mento da Administración xeral do Estado (§ 2).

118

§ 1 e) Os acordos, pactos, convenios ou contratos que teñan a consideración de finalizadores do procedemento (181).

Art. 110.  Interposición do recurso.–1.  A interposi‑ción do recurso deberá expresar:

a) O nome e apelidos do recorrente, así como a súa identificación persoal.

b) O acto contra o que se  recorre e a  razón da súa impugnación.

c) Lugar, data, sinatura do recorrente, identificación do medio e, se é o caso, do lugar que se sinale para efectos de notificacións.

d) Órgano, centro ou unidade administrativa ao que se dirixe.

e) As demais particularidades exixidas, se é o caso, polas disposicións específicas.

2.  O erro na cualificación do recurso por parte do reco‑rrente non será obstáculo para a súa tramitación, sempre que se deduza o seu verdadeiro carácter.

3.  Os vicios e defectos que fagan anulable un acto non poderán ser alegados por quen os causase (182).

Art. 111.  Suspensión da execución.–1.  A interposi‑ción de calquera recurso, excepto nos casos en que unha dis‑posición estableza o contrario, non suspenderá a execución do acto impugnado (183).

2.  Malia o disposto no punto anterior, o órgano ao que lle competa resolver o recurso, logo de ponderación, sufi‑

 (181)  Artigo redactado de conformidade coa Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro). Véxase o artigo 88 desta lei.

Véxase, así mesmo, o artigo 52.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril («BOE» núm. 80, do 3 de abril; corrección de erros no «BOE» núm. 139, do 11 de xuño), reguladora das bases do réxime local, cuxa alínea a) foi modificada pola Lei 57/2003, do 16 de decembro («BOE» núm. 301, do 17 de decembro; supl. gal. núm. 1, do 1 de xaneiro de 2004) de medidas para a modernización do goberno local.

 (182)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro de 1999).

 (183)  Véxanse os artigos 51, 67 e 113 da Lei 7/1985, do 2 de abril («BOE» núm. 80, do 3 de abril; corrección de erros no «BOE» núm. 139, do 11 de xuño), reguladora das bases do réxime local, téñase en conta que o artigo 67 foi modificado pola Lei 11/1999, do 21 de abril («BOE» núm. 96, do 22 de abril).

Véxase, así mesmo, o artigo 94 desta lei.

119

§ 1cientemente razoada, entre o prexuízo que a suspensión causaría ao interese público ou a terceiros e o prexuízo que se lle causa ao recorrente como consecuencia da eficacia inmediata do acto obxecto de recurso, poderá suspender, de oficio ou por solicitude do recorrente, a execución do acto impugnado cando concorran algunha das seguintes circuns‑tancias:

a) Que a execución puidese causar prexuízos de impo‑sible ou difícil reparación.

b) Que a impugnación se fundamente nalgunha das causas de nulidade de pleno dereito previstas no artigo 62.1 desta lei.

3.  A execución do acto impugnado entenderase suspen‑dida se transcorridos trinta días desde que a solicitude de suspensión tivo entrada no rexistro do órgano competente para decidir sobre ela, este non ditou resolución expresa ao respecto. Nestes casos non será de aplicación o establecido no artigo 42.4, segundo parágrafo, desta lei.

4.  Ao ditar o acordo de suspensión poderán adoptarse as medidas cautelares (184) que sexan necesarias para ase‑gurar a protección do interese público ou de terceiros e a eficacia da resolución ou do acto impugnado.

Cando da suspensión poidan derivarse prexuízos de cal‑quera natureza, aquela só producirá efectos unha vez que se preste caución ou garantía suficiente para responder deles, nos termos establecidos regulamentariamente.

A suspensión poderá prolongarse despois de esgotada a vía administrativa cando exista medida cautelar e os efectos desta se estendan á vía contencioso‑administrativa. Se o inte‑resado interpuxer recurso contencioso‑administrativo, no que solicite a suspensión do acto obxecto do proceso, mante‑rase a suspensión ata que se produza o correspondente pro‑nunciamento xudicial sobre a solicitude.

5.  Cando o recurso teña por obxecto a impugnación dun acto administrativo que afecte unha pluralidade indetermi‑

 (184)  Véxanse os artigos 129 a 136 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regula‑dora da xurisdición contencioso‑administrativa.

120

§ 1 nada de persoas, a suspensión da súa eficacia terá que ser publicada no xornal oficial en que aquel se inseriu (185).

Art .   112 .   Audienc ia dos in teresados  (186) . 1.  Cando teñan que terse en conta novos feitos ou docu‑mentos non recollidos no expediente orixinario, poránselles de manifesto aos interesados para que, nun prazo non infe‑rior a dez días nin superior a quince, formulen as alegacións e presenten os documentos e xustificantes que estimen pro‑cedentes.

Na resolución dos recursos non se terán en conta feitos, documentos ou alegacións do recorrente cando, podendo achegalos no trámite de alegacións, non o fixo (187).

2.  De haber outros interesados daráselles, en todo caso, traslado do recurso para que no prazo antes citado aleguen canto estimen procedente.

3.  O recurso, os informes e as propostas non teñen o carácter de documentos novos para os efectos deste artigo. Tampouco non o terán os que os interesados achegasen ao expediente antes de recaer a resolución impugnada.

Art. 113.  Resolución.–1.  A resolución do recurso esti‑mará, en todo ou en parte, ou desestimará as pretensións for‑muladas nel ou declarará a súa inadmisión.

2.  Cando existindo vicio de forma non se estime proce‑dente resolver sobre o fondo ordenarase a retroacción do procedemento ao momento en que o vicio foi cometido, agás o disposto no artigo 67.

3.  O órgano que resolva o recurso decidirá cantas cues‑tións, tanto de forma como de fondo, presente o procede‑mento, fosen ou non alegadas polos interesados. Neste último caso serán oídos previamente. Non obstante, a resolución será congruente coas peticións formuladas polo recorrente, sen que en ningún caso poida agravarse a súa situación ini‑cial (188).

 (185)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro de 1999).

 (186)  Véxase o artigo 105.c) da Constitución española, transcrito en nota ao artigo 1 desta lei.

 (187)  Véxanse os artigos 79.1 e 84 desta lei. (188)  Véxase o artigo 89 desta lei.

121

§ 1Sección 2.ª Recurso de alzada (189)

Art. 114.  Obxecto.–1.  As resolucións e actos a que se refire o artigo 107.1, cando non poñan fin á vía administra‑tiva, poderán ser obxecto de recurso en alzada perante o órgano superior xerárquico do que os ditou. Para estes efec‑tos, os tribunais e os órganos de selección do persoal ao ser‑vizo das administracións públicas e calquera outro que, no seo destas, actúe con autonomía funcional, consideraranse dependentes do órgano ao que estean adscritos ou, no seu defecto, do órgano que nomease ao presidente daqueles.

2.  O recurso poderá interporse perante o órgano que ditou o acto que se impugna ou perante o competente para o resolver.

De o recurso se interpor perante o órgano que ditou o acto impugnado, este deberallo remitir ao competente no prazo de dez días, co seu informe e cunha copia completa e orde‑nada do expediente.

O titular do órgano que ditou o acto obxecto de recurso será responsable directo do cumprimento do previsto no parágrafo anterior (190).

Art. 115.  Prazos.–1.  O prazo para a interposición do recurso de alzada será dun mes, se o acto for expreso.

Se non o for, o prazo será de tres meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa especí‑fica, se produzan os efectos do silencio administrativo.

Transcorridos os ditos prazos sen se interpor o recurso, a resolución será firme para todos os efectos.

2.  O prazo máximo para ditar e notificar a resolución será de tres meses. Transcorrido este prazo sen que recaia resolución, poderase entender desestimado o recurso, agás no suposto previsto no artigo 43.2, segundo parágrafo.

 (189)  Rúbrica redactada conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro de 1999).

 (190)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro de 1999).

Véxase o artigo 41 desta lei.

122

§ 1 3.  Contra a resolución dun recurso de alzada non caberá ningún outro recurso administrativo, salvo o recurso extraordi‑nario de revisión nos casos establecidos no ar‑tigo 118.1 (191).

Sección 3.ª Recurso potestativo de reposición (192)

Art. 116.  Obxecto e natureza.–1.  Contra os actos administrativos que poñan fin á vía administrativa poderase recorrer potestativamente en reposición perante o mesmo órgano que os ditase ou poderán ser impugnados directamente perante a orde xurisdicional contencioso‑administrativa (193).

2.  Non se poderá interpor recurso contencioso‑admi‑nistrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición inter‑posto (194).

Art. 117.  Prazos.–1.  O prazo para a interposición do recurso de reposición será dun mes, se o acto for expreso. Se non o for, o prazo será de tres meses e contarase, para o soli‑citante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto. Transcorridos os devanditos prazos, unicamente se poderá interpor recurso contencioso‑adminis‑trativo, sen prexuízo, se é o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.

2.  O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso será dun mes.

3.  Contra a resolución dun recurso de reposición non se poderá interpor de novo tal recurso (195).

 (191)  Artigo redactado de conformidade coa Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro de 1999).

 (192)  Sección introducida conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro de 1999).

 (193)  Neste sentido, véxase o artigo 52.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril («BOE» núm. 80, do 3 de abril; corrección de erros no «BOE núm. 139, do 11 de xuño), reguladora das bases do réxime local, modificado pola Lei 11/1999, do 21 de abril («BOE» núm. 96, do 22 de abril; supl. gal. núm. 6, do 7 de maio de 1999; c. erros núm. 9, do 6 de agosto).

 (194)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro de 1999).

 (195)  O presente artigo figura redactado de conformidade coa Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro de 1999).

123

§ 1Sección 4.ª Recurso extraordinario de revisión (196)

Art. 118.  Obxecto e prazos.–1. Contra os actos fir‑mes  en  vía  administrativa  poderá  interporse  o  recurso extraordinario de revisión (197) perante o órgano adminis‑trativo que os ditou, que tamén será o competente para a súa resolución,  cando  concorra  algunha das  circunstancias seguintes:

1.ª  Que ao ditalos se incorrese en erro de feito, que resulte dos propios documentos incorporados ao expediente.

2.ª  Que aparezan documentos de valor esencial para a resolución do asunto que, aínda que sexan posteriores, evi‑dencien o erro da resolución obxecto de recurso.

3.ª  Que na resolución influísen esencialmente docu‑mentos ou testemuños declarados falsos por sentenza xudi‑cial firme, anterior ou posterior a aquela resolución.

4.ª  Que a resolución se ditase como consecuencia de prevaricación, suborno, violencia, maquinación fraudulenta ou outra conduta punible e se declarase así en virtude de sen‑tenza xudicial firme.

2.  O recurso extraordinario de revisión interporase, cando se trate da causa 1.ª, dentro do prazo de catro anos seguintes á data da notificación da resolución impugnada. Nos demais casos, o prazo será de tres meses contados a par‑tir do coñecemento dos documentos ou a partir de cando a sentenza xudicial quedou firme.

3.  O establecido neste artigo non prexudica o dereito dos interesados a formularen a solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102 e 105.2 da presente lei nin o seu dereito a que aquelas se substancien e resolvan (198).

Art. 119.  Resolución.–1.  O órgano competente para a resolución do  recurso poderá acordar motivadamente a inadmisión a trámite, sen necesidade de contar con ditame 

 (196)  Rúbrica redactada conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro de 1999).

 (197)  Véxanse a disposición adicional 17.ª da Lei 6/1997, do 14 de abril (§ 2), e o artigo 108 desta lei e a súa nota.

 (198)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro de 1999).

124

§ 1 do Consello de Estado ou órgano consultivo da comunidade autónoma, cando aquel non se funde nalgunha das causas previstas no punto 1 do artigo anterior ou no suposto de que se tivesen desestimado en canto ao fondo outros recursos substancialmente iguais.

2.  O órgano ao que lle corresponde coñecer do recurso extraordinario de revisión debe pronunciarse non só sobre a procedencia do recurso, senón tamén, se é o caso, sobre o fondo da cuestión resolta polo acto obxecto de recurso.

3.  Transcorrido o prazo de tres meses desde a interposi‑ción do recurso extraordinario de revisión sen que se ditase e notificase a resolución, entenderase desestimado, e quedará expedita a vía xurisdicional contencioso‑administrativa (199).

TÍTULO VIII

Das reclamacións previas ao exercicio das accións civís  e laborais

CAPÍTULO PRIMEIRODisposicións xerais

Art. 120.  Natureza.–1.  A reclamación en vía adminis‑trativa é requisito previo ao exercicio de accións fundadas en dereito privado ou laboral contra calquera Administración pública, salvo os casos en que o dito requisito estea excep‑tuado por unha disposición con rango de lei.

2.  A dita reclamación tramitarase e resolverase a través das normas contidas neste título e mais por aquelas que, en cada caso, sexan de aplicación e, na súa ausencia, polas xerais desta lei.

Art. 121.  Efectos.–1.  Se presentada unha reclamación perante as administracións públicas, esta non foi resolta e non transcorreu o prazo en que deba entenderse desestimada, non poderá deducirse a mesma pretensión perante a xurisdi‑ción correspondente (200).

 (199)  Artigo redactado de conformidade coa Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro de 1999).

 (200)  Véxanse os artigos 124.2 e 125.2 desta lei.

125

§ 12.  Presentada a reclamación previa interromperanse os prazos para o exercicio das accións xudiciais, que se volve‑rán contar a partir da data en que se practicase a notificación expresa da resolución ou, se é o caso, desde que se entenda desestimada polo transcurso do prazo.

CAPÍTULO IIReclamación previa á vía xudicial civil

Art. 122.  Iniciación.–1.  A reclamación dirixirase ao órgano competente da Administración pública de que se trate.

2.  Na Administración xeral do Estado presentarase perante o ministro do departamento que por razón da materia obxecto da reclamación sexa competente. As reclamacións poderán presentarse en calquera dos lugares previstos por esta lei para a presentación de escritos ou solicitudes (201).

Art. 123.  Instrución.–1.  O órgano ante o que se pre‑sentase a reclamación remitiralla no prazo de cinco días ao órgano competente en unión de todos os antecedentes do asunto.

2.  O órgano competente para resolver poderá ordenar que se complete o expediente cos antecedentes, informes, documentos e datos que resulten necesarios.

Art. 124.  Resolución.–1.  Resolta a reclamación polo ministro ou órgano competente notificaráselle ao interesado.

2.  Se a Administración non lle notificase a súa decisión no prazo de tres meses, o interesado poderá considerar deses‑timada a súa reclamación para o efecto de formular a corres‑pondente demanda xudicial.

CAPÍTULO III

Reclamación previa á vía xudicial laboral (202)

Art.  125.  Tramitación.–1.  A  reclamación  deberá dirixirse ao xefe administrativo ou director do establece‑

 (201)  Véxase o artigo 38.4 desta lei. (202)  O capítulo II do título V do libro I do texto refundido da Lei de proce‑

demento laboral, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril («BOE»

126

§ 1 mento ou organismo en que o traballador preste os seus ser‑vizos.

núm. 86, do 11 de abril; corrección de erratas no «BOE» núm. 125, do 26 de maio), cuxo artigo 71 debe a súa vixente redacción á Lei 24/2001, do 27 de decembro («BOE» núm. 313, do 31 de decembro; supl. gal. núm. 1, do 1 de xaneiro de 2002; c. erros núm. 6, do 1 de xuño e núm. 8 de 1 de agosto), de medidas fiscais, adminis‑trativas e da orde social, dispón:

«CAPÍTULO II

Da reclamación previa á vía xudicial

Art. 69.  1.  Para poder demandar o Estado, comunidades autónomas, entida‑des locais ou organismos autónomos dependentes deles, será requisito previo ter reclamado en vía administrativa na forma establecida nas leis.

2.  Denegada a reclamación ou transcorrido un mes sen que fose notificada a resolución, o interesado poderá formalizar a demanda ante o xulgado ou a sala com‑petente, á que xuntará copia da resolución denegatoria ou documento acreditativo da presentación da reclamación, unindo copia de todo isto para a entidade demandada.

3.  Non producirá efecto a reclamación se a resolución fose denegatoria e o inte‑resado non presentase a demanda ante o xulgado no prazo de dous meses, contados desde a notificación ou desde o transcurso do prazo en que deba entenderse desesti‑mada, salvo nas accións derivadas de despedimento, nas que o prazo de interposición da demanda será de vinte días.

Art. 70.  Exceptúanse deste requisito os procesos relativos ao desfrute de vaca‑cións e a materia electoral, os iniciados de oficio, os de conflito colectivo, os de impugnación de convenios colectivos, os de impugnación de estatutos dos sindicatos ou da súa modificación, os de tutela da liberdade sindical e as reclamacións contra o Fondo de Garantía Salarial, ao abeiro do establecido no artigo 33 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Art. 71.  1.  Será requisito necesario para formular demanda en materia de Seguridade Social que os interesados interpoñan reclamación previa ante a entidade xestora ou Tesouraría Xeral da Seguridade Social correspondente.

2.  A reclamación previa deberá interporse, ante o órgano que ditou a resolu‑ción, no prazo de trinta días desde a notificación da mesma, se é expresa, ou desde a data en que, conforme a normativa reguladora do procedemento de que se trate, deba entenderse producido o silencio administrativo.

Se a resolución, expresa ou presunta, fose ditada por unha entidade colabora‑dora, a reclamación previa interporase, no mesmo prazo, ante o órgano correspon‑dente da entidade xestora ou servizo común cando resulte competente.

3.  Cando no recoñecemento inicial ou a modificación dun acto ou dereito en materia de Seguridade Social a entidade correspondente estea obrigada a proceder de oficio, no caso de que non se produza acordo ou resolución, o interesado poderá solicitar que se dite, tendo esta solicitude valor de reclamación previa.

4.  Formulada reclamación previa en calquera dos supostos mencionados no pre‑sente artigo, a entidade deberá contestar expresamente a ela no prazo de corenta e cinco días. En caso contrario entenderase denegada a reclamación por silencio administrativo.

5.  A demanda deberá formularse no prazo de trinta días, contados desde a data en que se notifique a denegación da reclamación previa ou desde o día en que se entenda denegada por silencio administrativo.

6.  As entidades xestoras e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social expedirán recibo de presentación ou selarán debidamente, con indicación da data, as copias das

127

§ 12.  Transcorrido un mes sen lle ser notificada resolución ningunha, o traballador poderá considerar desestimada a reclamación para os efectos da acción xudicial laboral.

Art. 126.  Reclamacións do persoal civil non funciona-rio da Administración militar.–As reclamacións que lle for‑mule  o  persoal  civil  non  funcionario  ao  servizo  da Administración militar rexeranse polas súas disposicións específicas (203).

TÍTULO IX

Da potestade sancionadora

CAPÍTULO PRIMEIROPrincipios da potestade sancionadora

Art. 127.  Principio de legalidade.–1.  A potestade sancionadora das administracións públicas, recoñecida pola Constitución (204), exercerase cando fose expresamente atribuída por unha norma con rango de lei, con aplicación do procedemento previsto para o seu exercicio e de acordo co establecido neste título e, cando se trate de entidades locais, de conformidade co disposto no título XI da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (205).

reclamacións que se dirixan en cumprimento do disposto nesta lei. Este recibo ou copia selada deberá acompañar inescusablemente a demanda.

Art. 72.  1.  No proceso non poderán introducir as partes variacións substan‑ciais de tempo, cantidades ou conceptos respecto dos formulados na reclamación previa e na contestación a ela.

2.  A parte demandada que non contestase a reclamación previa non poderá fundar a súa oposición en feitos distintos aos aducidos no expediente administrativo, de o haber, agás que estes se produzan con posterioridade.

Art. 73.  A reclamación previa interromperá os prazos de prescrición e suspen‑derá os de caducidade, reiniciándose estes últimos ao día seguinte ao da notificación da resolución ou do transcurso do prazo en que deba entenderse desestimada.»

 (203)  Véxanse os artigos 72 e 73 do Real decreto 2205/1980, do 13 de xuño («BOE» núm. 251, do 18 de outubro; corrección de erros no «BOE» núms. 255, do 23 de outubro, e 276, do 17 de novembro), polo que se regula o traballo do persoal civil non funcionario nos establecementos militares.

 (204)  Véxase o artigo 9.3 da Constitución española transcrito en nota á epí‑grafe do capítulo I do título V desta lei.

 (205)  Número  redactado  conforme a Lei  57/2003,  do 16 de decembro («BOE» núm. 301, do 17 de decembro; supl. gal. núm. 1, do 1 de xaneiro de 2004), de medidas para a modernización do goberno local.

128

§ 1 2.  O exercicio da potestade sancionadora correspónde‑lles aos órganos administrativos que a teñan expresamente atribuída, por disposición de rango legal ou regulamenta‑rio (206).

3.  As disposicións deste título non son de aplicación ao exercicio polas administracións públicas da súa potestade disciplinaria respecto do persoal ao seu servizo e de quen estea vinculado a elas por unha relación contractual (207).

Art. 128.  Irretroactividade.–1.  Serán de aplicación as disposicións sancionadoras vixentes no momento de se pro‑duciren os feitos que constitúan infracción administrativa.

2.  As disposicións sancionadoras producirán efecto retroactivo en canto favorezan o presunto infractor (208).

Art. 129.  Principio de tipicidade.–1.  Só constitúen infraccións administrativas as vulneracións do ordenamento xurídico previstas como tales infraccións por unha lei, sen prexuízo do disposto para a Administración local no título XI da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (209).

O título XI da Lei reguladora das bases do réxime local foi acrecentado pola lei anteriormente citada.

 (206)  Véxase o artigo 16.4 desta lei.Téñase en conta que a Sentenza do Tribunal Supremo (Sala Terceira) do 9 de 

febreiro de 1999 («BOE» núm. 141, do 14 de xuño) fixa a seguinte doutrina legal:  «A prohibición da delegación establecida no artigo 127.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para o exercicio da potestade sancionadora, non alcanza nin é aplicable á desenvolvida polos órganos administrativos competentes para resolver os recursos administrativos promovidos contra os actos ou resolucións sancionadoras, sen que fagamos pronunciamento especial sobre as custas causadas.»

 (207)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro de 1999).

O réxime disciplinario dos funcionarios da Administración do Estado réxese polo regulamento aprobado polo Real decreto 33/1986, do 10 de xaneiro («BOE» núm. 15, do 17 de xaneiro), modificado polo Real decreto 1085/1990, do 31 de agosto («BOE» núm. 213, do 5 de setembro) e Lei 31/1991, do 30 de decembro («BOE» núm. 313, do 31 de decembro).

 (208)    Véxanse os artigos 9.3 da Constitución española do 27 de decembro de 1978, transcrito en nota á epígrafe do capítulo I do título V desta lei; 2.3 e 4.2 do Código civil, e 2 do Código penal, do 23 de novembro de 1995.

 (209)  Número redactado conforme a Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local.

129

§ 12.  Unicamente pola comisión de infraccións adminis‑trativas se poderán impor sancións, que, en todo caso, esta‑rán delimitadas pola lei.

3.  As disposicións regulamentarias de desenvolvemento poderán introducir especificacións ou graduacións no cadro das infraccións ou sancións establecidas legalmente que, sen constituíren novas infraccións ou sancións, nin alteraren a natureza ou límites das que a lei contempla, contribúan á máis correcta identificación das condutas ou á máis precisa determinación das sancións correspondentes.

4.  As normas definidoras de infraccións e sancións non serán susceptibles de aplicación analóxica.

Art. 130.  Responsabilidade.–1.  Só poderán ser san‑cionadas por feitos constitutivos de infracción administrativa as persoas físicas e xurídicas que resulten responsables deles, aínda a título de simple inobservancia.

2.  As responsabilidades administrativas que se deriven do procedemento sancionador serán compatibles coa exixen‑cia ao infractor da reposición da situación alterada por el ao seu estado orixinario, así como coa indemnización polos danos e perdas causados que poderán ser determinados polo órgano competente; neste caso deberá comunicárselle ao infractor para a súa satisfacción no prazo que para o efecto se determine, e quedará, de non se facer así, expedita a vía xudicial correspondente.

3.  Cando o cumprimento das obrigas previstas nunha disposición legal lles corresponda a varias persoas conxunta‑mente, responderán de forma solidaria das infraccións que, se é o caso, se cometan e mais das sancións que se impoñan.

Serán responsables subsidiarios ou solidarios polo incum‑primento das obrigas impostas pola lei que comporten o deber de previr a infracción administrativa cometida por outros, as persoas físicas e xurídicas sobre as que tal deber 

O título XI da Lei reguladora das bases do réxime local foi acrecentado pola lei anteriormente citada.

O artigo 25.1 da Constitución española do 27 de decembro de 1978 dispón:«Ninguén pode ser condenado ou sancionado por accións ou omisións que no 

momento de se produciren non constitúan delito, falta ou infracción administrativa, segundo a lexislación vixente daquela.»

130

§ 1 recaia, cando así o determinen as leis reguladoras dos distin‑tos réximes sancionadores.

Art. 131.  Principio de proporcionalidade.–1.  As san‑cións administrativas, sexan ou non de natureza pecuniaria, en ningún caso poderán implicar, directa ou subsidiaria‑mente, privación de liberdade (210).

2.  O establecemento de sancións pecuniarias deberá prever que a comisión das infraccións tipificadas non resulte máis beneficioso para o infractor que o cumprimento das nor‑mas infrinxidas.

3.  Na determinación normativa do réxime sancionador, así como na imposición de sancións polas administracións públicas, deberase gardar a debida adecuación entre a gravi‑dade do feito constitutivo da infracción e a sanción aplicada, considerándose especialmente os seguintes criterios para a graduación da sanción que se aplique:

a) A existencia de intencionalidade ou reiteración.b) A natureza dos prexuízos causados.c) A reincidencia, por comisión no prazo dun ano de 

máis dunha infracción da mesma natureza cando así fose declarado por resolución firme.

Art. 132.  Prescrición.–1.  As infraccións e sancións prescribirán segundo o disposto nas leis que as establezan. Se estas non fixan prazos de prescrición, as infraccións moi graves prescribirán aos tres anos, as graves aos dous anos e as leves aos seis meses; as sancións impostas por faltas moi graves prescribirán aos tres anos, as impostas por faltas gra‑ves aos dous anos e as impostas por faltas leves ao ano.

2.  O prazo de prescrición das infraccións comezará a contarse desde o día en que a infracción se cometera.

Interromperá a prescrición a iniciación, con coñecemento do interesado, do procedemento sancionador, e volverá a transcorrer o prazo de prescrición se o expediente sanciona‑

 (210)  O artigo 25.3 da Constitución española establece:«A Administración civil non poderá impor sancións que, directa ou subsidiaria‑

mente, impliquen privación de liberdade.»

131

§ 1dor estivese paralizado durante máis dun mes por causa non imputable ao presunto responsable.

3.  O prazo de prescrición das sancións comezará a con‑tarse desde o día seguinte a aquel en que adquira firmeza a resolución pola que se impón a sanción.

Interromperá a prescrición a iniciación, con coñecemento do interesado, do procedemento de execución, e volverá a transcorrer o prazo se aquel está paralizado durante máis dun mes por causa non imputable ao infractor.

Art. 133.  Concorrencia de sancións.–Non poderán sancionarse os feitos que fosen sancionados penal ou admi‑nistrativamente, nos casos en que se aprecie identidade do suxeito, feito e fundamento.

CAPÍTULO II

Principios do procedemento sancionador (211)

Art. 134.  Garantía de procedemento.–1.  O exercicio da potestade sancionadora requirirá procedemento legal ou regulamentariamente establecido.

2.  Os procedementos que regulen o exercicio da potes‑tade sancionadora deberán establecer a debida separación entre a fase instrutora e a sancionadora, encomendándoas a órganos distintos.

3.  En ningún caso se poderá impor unha sanción sen que se tramitase o necesario procedemento.

Art. 135.  Dereitos do presunto responsable.–Os proce‑dementos sancionadores garantiranlle ao presunto respon‑sable os seguintes dereitos:

A ser notificado dos feitos que se lle imputen, das infrac‑cións que tales feitos poidan constituír e mais das sancións que, se é o caso, se lle puidesen impor, así como da identidade do instrutor, da autoridade competente para impor a sanción e da norma que atribúa tal competencia.

 (211)  Véxase o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (§ 7).

132

§ 1 A formular alegacións e utilizar os medios de defensa admi‑tidos polo ordenamento xurídico que resulten procedentes.

Os demais dereitos recoñecidos polo artigo 35 desta lei.

Art. 136.  Medidas de carácter provisional.–Cando así estea previsto nas normas que regulen os procedementos sancionadores, poderá procederse mediante acordo motivado á adopción de medidas de carácter provisional que aseguren a eficacia da resolución final que puidese recaer (212).

Art. 137.  Presunción de inocencia.–1.  Os procede‑mentos sancionadores respectarán a presunción de non exis‑tencia de responsabilidade administrativa mentres non se demostre o contrario (213).

2.  Os feitos declarados probados por resolucións xudi‑ciais penais firmes vincularán as administracións públicas respecto dos procedementos sancionadores que substancien.

3.  Os feitos constatados por funcionarios aos que se lles recoñece a condición de autoridade, e que se formalicen en documento público observando os requisitos legais pertinen‑tes, terán valor probatorio sen prexuízo das probas que en defensa dos respectivos dereitos ou intereses poidan sinalar ou achegar os propios administrados.

4.  Practicaranse de oficio ou admitiranse por proposta do presunto responsable cantas probas sexan adecuadas para a determinación de feitos e posibles responsabilidades.

Só poderán declararse improcedentes aquelas probas que pola súa relación cos feitos non poidan alterar a resolución final a favor do presunto responsable.

Art. 138.  Resolución.–1.  A resolución que poña fin ao procedemento terá que ser motivada e resolverá todas as cuestións formuladas no expediente.

 (212)  Véxase o artigo 54.1.d) desta lei. (213)  O artigo 24.2 da Constitución española dispón:«Do mesmo xeito, todos teñen dereito ao xuíz ordinario predeterminado pola lei, 

á defensa e á asistencia de letrado, a seren informados da acusación formulada contra eles, a un proceso público sen dilacións indebidas e con todas as garantías, a utiliza‑ren os medios de proba pertinentes para a súa defensa, a non declararen contra si mesmos, a non se confesaren culpables e á presunción de inocencia. 

A Lei regulará os casos en que, por razón de parentesco ou de segredo profesio‑nal, non se estea obrigado a declarar sobre feitos presuntamente delituosos.»

133

§ 12.  Na resolución non se poderán aceptar feitos distintos dos determinados no curso do procedemento, con indepen‑dencia da súa diferente valoración xurídica.

3.  A resolución será executiva cando poña fin á vía administrativa.

Na resolución adoptaranse, se é o caso, as disposicións preventivas precisas para garantir a súa eficacia en tanto non sexa executiva.

TÍTULO X

Da responsabilidade das administracións publicas e das súas autoridades e demais persoal ao seu servizo

CAPÍTULO PRIMEIRO

Responsabilidade  patrimonial  da Administración pública (214)

Art. 139.  Principios da responsabilidade.–1.  Os par‑ticulares terán dereito a ser indemnizados polas administra‑cións públicas correspondentes de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás nos casos de forza maior, sempre que a lesión sexa consecuencia do funciona‑mento normal ou anormal dos servizos públicos (215).

2.  En todo caso, o dano alegado terá que ser efectivo, avaliable economicamente e individualizado con relación a unha persoa ou grupo de persoas (216).

 (214)  Véxase o Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos das administracións públicas en materia de respon‑sabilidade patrimonial (§ 6).

 (215)  O artigo 106.2 da Constitución española establece:«Os particulares, nos termos establecidos pola lei, terán dereito a ser indemniza‑

dos por toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, agás en casos de forza maior, sempre que a lesión sexa consecuencia do funcionamento dos servizos públicos.»

Véxanse, tamén, os artigos 120 a 123 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 12.2 da Lei 12/1983, do 14 de outubro («BOE» núm. 247, do 15 de outubro; corrección de erros no «BOE» núm. 251, do 20 de outubro), do proceso autonómico.

 (216)  Véxase o artigo 102.4 desta lei.

134

§ 1 3.  As administracións públicas indemnizarán os parti‑culares pola aplicación de actos lexislativos de natureza non expropiatoria de dereitos e que estes non teñan o deber xurí‑dico de soportar, cando así se estableza nos propios actos lexislativos e nos termos que especifiquen os ditos actos.

4.  A responsabilidade patrimonial do Estado polo fun‑cionamento da Administración de xustiza rexerase pola Lei orgánica do Poder Xudicial (217).

Art. 140.  Responsabilidade concorrente das adminis-tracións públicas.–1.  Cando da xestión dimanante de fór‑mulas conxuntas de actuación entre varias administracións públicas se derive responsabilidade nos termos previstos na presente lei, as administracións intervenientes responderán de forma solidaria. O instrumento xurídico regulador da actuación conxunta poderá determinar a distribución da res‑ponsabilidade entre as diferentes administracións públi‑cas (218).

2.  Noutros supostos de concorrencia de varias adminis‑tracións na produción do dano, a responsabilidade fixarase para cada Administración atendendo aos criterios de compe‑tencia, interese público tutelado e intensidade da interven‑ción. A  responsabilidade será  solidaria cando non sexa posible a dita determinación (219).

Art. 141.  Indemnización.–1.  Só serán indemnizables as lesións producidas ao particular provenientes de danos que este non teña o deber xurídico de soportar de acordo coa lei (220). Non serán indemnizables os danos que se deriven de feitos ou circunstancias que non se puidesen prever ou evitar segundo o estado dos coñecementos da ciencia ou da técnica existentes no momento de se produciren aqueles, 

 (217)  Artigos 292 a 297 da Lei orgánica do Poder Xudicial do 1 de xullo de 1985.

 (218)  Véxase o artigo 18 do Regulamento dos procedementos das administra‑cións públicas en materia de responsabilidade patrimonial, aprobado polo Real decreto 429/1993, do 26 de marzo (§ 6).

 (219)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro).

 (220)  Véxase o artigo 102.4 desta lei.

135

§ 1todo iso sen prexuízo das prestacións asistenciais ou econó‑micas  que  as  leis  poidan  establecer  para  estes  casos.

2.  A indemnización calcularase consonte os criterios de valoración establecidos na lexislación de expropiación for‑zosa, lexislación fiscal e demais normas aplicables, ponderán‑dose, se é o caso, as valoracións predominantes no mercado.

3.  A contía da indemnización calcularase con referen‑cia ao día en que a lesión efectivamente se produciu, sen prexuízo da súa actualización na data en que se poña fin ao procedemento de responsabilidade consonte o índice de pre‑zos de consumo, fixado polo Instituto Nacional de Estatís‑tica, e dos xuros que procedan por demora no pagamento da indemnización fixada, os cales se exixirán consonte o esta‑blecido na Lei xeral orzamentaria (221).

4.  A indemnización procedente poderase substituír por unha compensación en especie ou ser aboada mediante paga‑mentos periódicos, cando resulte máis adecuado para lograr a reparación debida e conveña ao interese público, sempre que exista acordo co interesado (222).

Art. 142.  Procedementos de responsabilidade patrimo-nial (223).–1.  Os procedementos de  responsabilidade patrimonial das administracións públicas iniciaranse de ofi‑cio ou por reclamación dos interesados.

 (221)  O primeiro parágrafo do artigo 24 e o artigo 17.2 da citada lei dis‑poñen:

«Art. 24.  Xuros de demora.–Se a Administración non lle pagase ao acredor da Facenda pública estatal dentro dos tres meses seguintes ao día de notificación da resolución xudicial ou do recoñecemento da obrigación, deberalle aboar o xuro sina‑lado no artigo 17 punto 2 desta lei, sobre a cantidade debida, desde que o acredor, unha vez transcorrido o dito prazo, reclame por escrito o cumprimento da obriga‑ción.

Art. 17.    Xuros de demora. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

2.  O xuro de demora resultará da aplicación, para cada ano ou período dos que integren o período de cálculo, do xuro legal fixado na lei de orzamentos para os ditos exercicios.»

 (222)  Artigo redactado de conformidade coa Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro).

Véxase o artigo 2.2 do Regulamento aprobado polo Real decreto 429/1993, do 26 de marzo (§ 6).

 (223)  Véxanse os artigos 4 a 13 do Regulamento dos procedementos das administracións públicas en materia de responsabilidade patrimonial (§ 6).

136

§ 1 2.  Os procedementos de responsabilidade patrimonial resolveraos o ministro respectivo, o Consello de Ministros se unha lei así o dispón, ou os órganos correspondentes das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local. Cando a súa norma de creación así o determine, a reclamación resolverana os órganos aos que lles corresponda das entidades de dereito público a que se refire o artigo 2.2 desta lei.

3.  Para a determinación da responsabilidade patrimonial establecerase regulamentariamente un procedemento xeral con inclusión dun procedemento abreviado para os casos en que concorran as condicións previstas no artigo 143 desta lei.

4.  A anulación en vía administrativa ou pola orde xuris‑dicional contencioso‑administrativa dos actos ou disposi‑cións administrativas non presupón dereito á indemnización, pero se a resolución ou disposición impugnada o fose por razón do seu fondo ou forma, o dereito a reclamar prescri‑birá ao ano de se ditar a sentenza definitiva, e non será de aplicación o disposto no punto 5.

5.  En todo caso, o dereito a reclamar prescribe ao ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización ou de manifestarse o seu efecto lesivo. En caso de danos, de carácter físico ou psíquico, ás persoas, o prazo empezarase a computar desde a curación ou a determinación do alcance das secuelas.

6.  A resolución administrativa dos procedementos de responsabilidade patrimonial, calquera que fose o tipo de relación, pública ou privada, de que derive, pon fin á vía administrativa (224).

7.  Se non recae resolución expresa poderase entender desestimada a solicitude de indemnización.

Art. 143.  Procedemento abreviado (225).–1.  Ini‑ciado o procedemento xeral, cando sexan inequívocas a rela‑ción de causalidade entre o funcionamento do servizo público 

 (224)  Véxase o artigo 2.e) da Lei reguladora da xurisdición contencioso‑administrativa do 13 de xullo de 1998, na  redacción que  lle deu a Lei orgá‑nica 19/2003, do 23 de decembro («BOE» núm. 309, do 26 de decembro; supl. gal. núm. 2, do 16 de xaneiro de 2004).

 (225)  Véxanse os artigos 14 a 17 do Regulamento dos procedementos das administracións públicas en materia de responsabilidade patrimonial (§ 6).

137

§ 1e a lesión, así como a valoración do dano e o cálculo da con‑tía da indemnización, o órgano competente poderá acordar a substanciación dun procedemento abreviado, co fin de reco‑ñecer o dereito á indemnización no prazo de trinta días.

2.  En todo caso, os órganos competentes poderán acor‑dar ou propor que se siga o procedemento xeral.

3.  Se non recae resolución expresa poderase entender desestimada a solicitude de indemnización.

Art.  144.  Responsabilidade de dereito privado. Cando as administracións públicas actúen en relacións de dereito privado, responderán directamente dos danos e per‑das causados polo persoal que se encontre ao seu servizo, considerándose a actuación deste como actos propios da Administración baixo o servizo da cal se encontre. A respon‑sabilidade exixirase de conformidade co previsto nos arti‑gos 139 e seguintes desta lei  (226).

CAPÍTULO II

Responsabilidade das autoridades e persoal ao ser‑vizo das administracións públicas

Art. 145.  Exixencia de responsabilidade patrimonial das autoridades e do persoal ao servizo das administracións públicas (227).–1.  Para facer efectiva a responsabilidade patrimonial a que se refire o capítulo I deste título, os particu‑lares exixiranlle directamente á Administración pública correspondente as indemnizacións polos danos e perdas cau‑sados polas autoridades e persoal ao seu servizo.

2.  A Administración correspondente, unha vez que indemnice os lesionados, exixirá de oficio das súas autorida‑des e demais persoal ao seu servizo a responsabilidade en que incorresen por dolo, ou culpa ou neglixencia graves, logo de instruír o procedemento que regulamentariamente se estableza. 

 (226)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro).

 (227)  Véxanse os artigos 19 a 21 do Regulamento dos procedementos das administracións públicas en materia de responsabilidade patrimonial (§ 6).

138

§ 1 Para a exixencia da dita responsabilidade ponderaranse, entre outros, os seguintes criterios: o resultado danoso produ‑cido, a existencia ou non de intencionalidade, a responsabili‑dade profesional do persoal ao servizo das administracións públicas e a súa relación coa produción do resultado danoso.

3.  Así mesmo, a Administración instruirá igual proce‑demento ás autoridades e demais persoal ao seu servizo polos danos e perdas causados nos seus bens ou dereitos cando concorrese dolo, ou culpa ou neglixencia graves.

4.  A resolución declaratoria de responsabilidade porá fin á vía administrativa.

5.  O disposto nos parágrafos anteriores entenderase sen prexuízo de pasar, se procede, o tanto de culpa aos tribunais competentes (228).

Art. 146.  Responsabilidade penal.–1.  A responsabili‑dade penal do persoal ao servizo das administracións públi‑cas, así como a responsabilidade civil derivada do delito, exixirase de acordo co previsto na lexislación correspon‑dente (229).

2.  A exixencia de responsabilidade penal do persoal ao servizo das administracións públicas non suspenderá os pro‑cedementos de recoñecemento de responsabilidade patrimo‑nial que se instrúan, agás que a determinación dos feitos na orde xurisdicional penal sexa necesaria para a fixación da responsabilidade patrimonial  (230).

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

Primeira.  Órganos colexiados de goberno.–As dispo‑sicións do capítulo II do título II desta lei (231) non serán 

 (228)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro).

 (229)  Véxanse os artigos 223 a 225 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro (§ 10), e 81 da Lei de funcionarios civís do Estado do 7 de febreiro de 1964 («BOE» núm. 40, do 15 de febreiro).

Téñanse, así mesmo, presentes os artigos 404 a 445 e 529 a 542 do Código penal.

 (230)  Artigo redactado conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro).

 (231)  Artigos 22 a 27 desta lei.

139

§ 1de aplicación ao pleno e, se é o caso, á comisión de goberno das entidades locais, aos órganos colexiados do Goberno  da Nación e aos órganos de goberno das comunidades autó‑nomas.

Segunda.  Informatización de rexistros.–A incorpora‑ción a soporte informático dos rexistros a que se refire o artigo 38 desta lei será efectiva da forma e nos prazos que determinen o Goberno, os órganos de goberno das comuni‑dades autónomas e as entidades que integran a Administra‑ción  local, en  función do grao de desenvolvemento dos medios técnicos de que dispoñan.

Terceira.  Adecuación de procedementos.–Regulamen‑tariamente, no prazo de dezaoito meses a partir da entrada en vigor desta lei, levarase a efecto a adecuación a ela das nor‑mas reguladoras dos distintos procedementos administrati‑vos, calquera que sexa o seu rango, con mención específica dos efectos estimatorios ou desestimatorios que a falta de resolución expresa produza (232).

Cuarta.  Taxas do procedemento.–As taxas que xeren as actuacións do procedemento administrativo exixiranse de acordo co que dispoña a norma que as regule.

Quinta.  Procedementos administrativos en materia tri-butaria (233).–1.  Os procedementos tributarios e a aplica‑ción dos tributos rexeranse pola Lei xeral tributaria, pola normativa sobre dereitos e garantías dos contribuíntes, polas leis propias dos tributos e polas demais normas ditadas no seu desenvolvemento e aplicación. En defecto de norma tri‑butaria aplicable, rexerán supletoriamente as disposicións da presente lei.

En todo caso, nos procedementos tributarios, os prazos máximos para ditar resolucións, os efectos do seu incumpri‑

 (232)  Disposición redactada conforme o Real decreto lei 14/1993, do 4 de agosto («BOE» núm. 199, do 20 de agosto). 

 (233)  Véxanse o Real decreto 2063/2004, do 15 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral do réxime sancionador tributario («BOE» núm. 260, do 28 de outubro; supl. gal. núm. 12, do 1 de novembro), e a disposición adicional terceira do Real decreto 772/1999, do 7 de maio (§ 11).

140

§ 1 mento, así como, se é o caso, os efectos da falta de resolu‑ción serán os previstos na normativa tributaria.

2.  A revisión de actos en vía administrativa en materia tributaria axustarase ao disposto nos artigos 153 a 171 da Lei xeral tributaria (234) e nas disposicións ditadas en desenvol‑vemento e aplicación dela (235).

Sexta.  Actos de Seguridade Social e desemprego. 1.  A impugnación dos actos da Seguridade Social e desem‑prego, nos termos previstos no artigo 2 do texto articulado da Lei de procedemento laboral, aprobado polo Real decreto lexislativo 521/1990, do 27 de abril (236), así como a súa revisión de oficio, rexeranse polo disposto na dita lei.

2.  Os actos de xestión recadatoria da Seguridade Social rexeranse polo disposto na súa normativa específica (237).

Sétima.  Procedemento administrativo sancionador por infraccións na orde social e para a extensión de actas de liquidación de cotas da Seguridade Social.–Os procedemen‑tos administrativos para a imposición de sancións por infrac‑cións na orde social e para a extensión de actas de liquidación de cotas da Seguridade Social rexeranse pola súa normativa específica (238) e,  subsidiariamente, polas disposicións desta lei.

 (234)  Na actualidade véxanse os artigos 213 a 249 da nova Lei xeral tributa‑ria do 17 de decembro de 2003.

 (235)  Disposición adicional redactada conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro).

 (236)  Texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril («BOE» núm. 86, do 11 de abril; corrección de erratas no «BOE» núm. 125, do 26 de maio). Téñase en conta que este texto foi obxecto de diversas modificacións.

 (237)  Véxase o Real decreto 1415/2004, do 11 de xuño («BOE» núm. 153, do 25 de xuño; corrección de erros no «BOE» núm. 229, do 22 de setembro; supl. gal. núm. 8, do 1 de xullo), polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación da Seguridade Social, modificado polo Real decreto 1041/2005, do 5 de setembro («BOE» núm. 222, do 16 de setembro; supl. gal. núm. 10, do 1 de novembro).

 (238)  O seu regulamento é aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio («BOE» núm. 132, do 3 de xuño; corrección de erros no «BOE» núm. 151, do 25 de xuño). Pola Sentenza do 21 de xullo de 2000 («BOE» núm. 236, do 2 de outubro), da Sala Terceira do Tribunal Supremo, declárase a nulidade da frase «non admitíndose a trámite os recursos en que non concorran tales requisitos» contida no artigo 33.3. Téñase en conta que é engadido un capítulo VIII polo Real decreto 689/2005, do 10 de xuño («BOE» núm. 149, do 23 de xuño; supl. gal. núm. 7, do 7 de xullo).

141

§ 1Oitava.  Procedementos disciplinarios.–Os procede‑mentos de exercicio da potestade disciplinaria das admi‑nistracións públicas respecto do persoal ao seu servizo e das persoas vinculadas a elas por unha relación contractual rexe‑ranse pola súa normativa específica e non lles será de aplica‑ción esta lei (239).

Novena (240).–No ámbito da Administración xeral do Estado, de acordo co disposto na alínea c) do artigo 109, póñenlle fin á vía administrativa os actos e resolucións seguintes:

a) Os adoptados polo Consello de Ministros e as súas comisións delegadas.

b) Os adoptados polos ministros no exercicio das com-petencias que teñen atribuídas os departamentos dos que son titulares.

c) Os adoptados por subsecretarios e directores xerais en materia de persoal.

Décima.–O artigo 37.1 da Lei reguladora da xurisdición contencioso‑administrativa, do 27 de decembro de 1956, queda redactado da seguinte forma (241):

Décimo primeira.  Procedementos administrativos ins-tados perante misións diplomáticas e oficinas consulares. Os procedementos instados perante as misións diplomáticas e oficinas consulares por cidadáns estranxeiros non comuni‑tarios rexeranse pola súa normativa específica, que se ade‑cuará aos compromisos internacionais asumidos por España e, en materia de visados, aos convenios de Schengen e ás disposicións que os desenvolvan, aplicándose supletoria‑mente a presente lei (242).

 (239)  Véxase o artigo 127.3 desta lei e a súa nota. (240)  Disposición adicional derrogada pola Lei 6/1997, do 14 de abril, de 

organización e funcionamento da Administración xeral do Estado (§ 2). (241)  A Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdición conten‑

cioso‑administrativa, foi derrogada e substituída pola do 13 de xullo de 1998. Véxase o seu artigo 25.

 (242)  Disposición adicional  redactada conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro). Véxase a disposición adicional 3.ª, 2 do Real decreto 772/1999, do 27 de maio (§ 11).

142

§ 1 Décimo segunda.  Responsabilidade en materia de asis-tencia sanitaria.–A responsabilidade patrimonial das entida‑des xestoras e servizos comúns da Seguridade Social, sexan estatais ou autonómicos, así como das demais entidades, ser‑vizos e organismos do Sistema Nacional de Saúde e dos cen‑tros sanitarios concertados con elas, polos danos e perdas causados por ou con ocasión da asistencia sanitaria, e as correspondentes reclamacións, seguirán a tramitación admi‑nistrativa prevista nesta lei, correspondendo a súa revisión xurisdicional á orde contencioso‑administrativa en todo caso.

Décimo terceira.  Réxime de subscrición de convenios de colaboración.–No ámbito da Administración xeral do Estado, os titulares dos departamentos ministeriais e os pre‑sidentes ou directores dos organismos públicos vinculados ou dependentes, poderán subscribir os convenios previstos no artigo 6, dentro das facultades que lles outorga a norma‑tiva orzamentaria e logo de cumprimento dos trámites esta‑blecidos, entre os que se incluirá necesariamente o informe do ministerio ou ministerios afectados. O réxime de subscri‑ción dos convenios e, se é o caso, da súa autorización, así como os aspectos procedementais ou formais relacionados con eles, axustarase ao procedemento que regulamentaria‑mente se estableza.

Décimo cuarta.  Relacións coas cidades de Ceuta e Meli-lla.–O disposto no título I desta lei sobre as relacións entre a Administración xeral do Estado e as administracións das comunidades autónomas será de aplicación ás relacións coas cidades de Ceuta e Melilla na medida en que afecte o exerci‑cio das competencias estatutariamente asumidas (243).

Décimo quinta.–No ámbito da Administración xeral do Estado, e para os efectos do artigo 42.3.b) desta lei, entén‑dese por rexistro do órgano competente para a tramitación dunha solicitude calquera dos rexistros do ministerio compe‑tente para iniciar a tramitación dela.

Nos procedementos iniciados por solicitude do interesado nos que a tramitación e a resolución lles corresponda a órga‑

 (243)  Véxase o artigo 6 desta lei e a súas notas.

143

§ 1nos integrados no órgano central do Ministerio de Defensa, Estado Maior da Defensa e Cuarteis Xerais dos Exércitos, o prazo para resolver e notificar contarase desde a data en que a solicitude teña entrada nos rexistros dos citados órganos.

Décimo sexta.  Administración dos Territorios Históri-cos do País Vasco.–Na Comunidade Autónoma do País Vasco, para efectos do disposto no artigo segundo, entende‑rase por administracións públicas as Deputacións Forais e as administracións institucionais dependentes delas, así como as Xuntas Xerais dos Territorios Históricos en canto diten actos e disposicións en materia de persoal e xestión patrimo‑nial suxeitos ao dereito público.

Décimo sétima.–1.  Para o exercicio da función consul‑tiva en canto garantía do interese xeral e da legalidade obxec‑tiva as comunidades autónomas, os entes forais organizaranse conforme o establecido nesta disposición.

2.  A Administración  consultiva  poderá  articularse mediante órganos específicos dotados de autonomía orgá‑nica e funcional con respecto á Administración activa ou a través dos servizos xurídicos desta última.

En tal caso, os ditos servizos non poderán estar suxeitos a dependencia xerárquica, xa for orgánica ou funcional, nin recibir instrucións, directrices ou calquera clase de indica‑ción dos órganos que elaborasen as disposicións ou produci‑sen os actos obxecto de consulta, actuando para cumprir con tales garantías de forma colexiada.

3.  A presente disposición ten carácter básico de acordo co artigo 149.1.18. da Constitución  (244).

Décimo oitava.  Presentación telemática de solicitudes e comunicacións dirixidas á Administración xeral do Estado e os seus organismos públicos.–1. A presentación de soli-citudes e comunicacións, así como da documentación com-plementaria exixida polas empresas que agrupen máis de cen traballadores ou teñan a condición de grande empresa para efectos do imposto sobre o valor engadido, así como

 (244)  As disposicións adicionais 12.ª a 17.ª foron engadidas pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro).

144

§ 1 por calquera institución ou entidade de dereito público deberá realizarse necesariamente por medios telemáticos naqueles supostos e condicións que se determinen por ode do titular do departamento ministerial competente. Nesa orde, que deberá ser sometida previamente a informe do Ministerio de Administracións Públicas, especificaranse as solicitudes e comunicacións afectadas, os procedementos aos que se refiren e a tipoloxía de empresas e entidades que resulten afectadas.

2. As persoas físicas, organizacións ou asociacións non contemplados no número anterior, pertencentes a colectivos ou sectores que ordinariamente fagan uso deste tipo de téc-nicas e medios no desenvolvemento da súa actividade nor-mal, deberán necesariamente utilizar medios telemáticos para a presentación de solicitudes, comunicacións e docu-mentación complementaria exixida naqueles supostos e con-dicións en que se determine por ode do titular do departamento ministerial competente, que deberá ser some-tida previamente a informe do Ministerio de Administracións Públicas. Nesa orde, ademais das especificacións expresa-das no número anterior, deberá acreditarse que a necesaria utilización de medios telemáticos non implica ningunha res-trición ou discriminación para os integrantes do sector ou colectivo que resulte afectado no exercicio dos seus dereitos fronte á Administración pública.

3. A achega de certificacións tributarias ou de Seguri-dade Social xunto coas solicitudes e comunicacións a que se refiren os números anteriores substituirase, sempre que se conte co consentimento expreso dos interesados, pola cesión dos correspondentes datos ao órgano xestor por parte das entidades competentes.

4. O disposto na presente disposición axustarase ao disposto na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, nesta lei, na vixente normativa sobre sina-tura electrónica e nas correspondentes normas de desenvol-vemento (245).

 (245)  Disposición adicional engadida pola Lei 24/2001, do 27 de decembro («BOE» núm. 313, do 31 de decembro; supl. gal. núm. 1, do 1 de xaneiro de 2002; c. erros núm. 6, do 1 de xuño, e núm. 8 do 1 de agosto), de medidas fiscais, administra‑

145

§ 1Décimo novena.  Procedementos administrativos regu-lados na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre derei-tos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, modificada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro.–Os procedementos regulados na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberda‑des dos estranxeiros en España e a súa integración social, modificada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro, rexeranse pola súa normativa específica, aplicándose suple‑toriamente esta lei  (246).

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS

Primeira.  Corporacións de dereito público.–As corpo‑racións de dereito público representativas de intereses econó‑micos  e  profesionais  axustarán  a  súa  actuación  á  súa lexislación específica. En tanto non se complete esta lexisla‑ción aplicaránselles as prescricións desta lei no que proceda.

Segunda.  Réxime transitorio dos procedementos. 1.  Aos procedementos xa iniciados antes da entrada en vigor desta lei non se lles aplicará esta e rexeranse pola nor‑mativa anterior.

2.  Os procedementos iniciados durante o prazo de ade‑cuación contemplado na disposición adicional terceira rexe‑ranse polo disposto na normativa anterior que lles sexa de aplicación, salvo que con anterioridades á expiración de tal prazo entrase en vigor a normativa de adecuación correspon‑dente; nese caso, os procedementos iniciados con posteriori‑dade á súa entrada en vigor regularanse pola citada normativa.

3.  Aos procedementos iniciados con posterioridade ao remate do prazo a que se refire a disposición adicional ter‑ceira, aplicaráselles, en todo caso, o disposto nesta lei (247).

tivas e da orde social e derrogada pola Lei 11/2007, do 22 de xuño («BOE» núm. 150, do 23 de xuño; supl. gal. núm. 17, do 2 de xullo; c. errata núm. 18, do 7 de xullo), de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

 (246)  Disposición adicional introducida pola Lei orgánica 14/2003, do 20  de novembro («BOE» núm. 279, do 21 de novembro; supl. gal. núm. 14, do 24 de novembro).

 (247)  Número 3 redactado conforme o Real decreto lei 14/1993, do 4 de agosto («BOE» núm. 199, do 20 de agosto).

146

§ 1 DISPOSICIÓN DERROGATORIA

1.  Quedan derrogadas todas as normas de igual ou infe‑rior rango no que contradigan ou se opoñan ao disposto nesta lei.

2.  Quedan derrogadas expresamente as seguintes dis‑posicións:

a) Da Lei de réxime xurídico da Administración do Estado, do 26 de xullo de 1957, os puntos 3 e 5 do artigo 22, os artigos 29, 33, 34, 36, 37, 38, 39, 40, 41, 42 e 43.

b) Da Lei de procedemento administrativo do 17 de xullo de 1958: o título preliminar, os capítulos primeiro, segundo e cuarto do título primeiro, o título segundo, os arti‑gos 29 e 30, o artigo 34 nos seus puntos 2 e 3, o artigo 35, os capítulos segundo, terceiro, cuarto e quinto do título terceiro, o título cuarto, o título quinto e os capítulos segundo e ter‑ceiro do título sexto.

c) Da Lei reguladora da xurisdición contenciosa‑admi‑nistrativa do 27 de decembro de 1956, os artigos 52, 53, 54, e 55.

3.  Decláranse expresamente en vigor as normas, cal‑quera que sexa o seu rango, que regulen procedementos das administracións públicas no que non contradigan ou se opo‑ñan ao disposto nesta lei.

4.  As referencias contidas en normas vixentes ás dispo‑sicións que se derrogan expresamente deberán entenderse efectuadas ás disposicións desta lei que regulan a mesma materia ca aquelas.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

Desenvolvemento e entrada en vigor da lei.–Autorízase o Consello de Ministros a ditar cantas disposicións de aplica‑ción e desenvolvemento desta lei sexan necesarias.

Esta lei entrará en vigor tres meses despois da súa publi‑cación no «Boletín Oficial del Estado» (248).

 (248)  Disposición derradeira redactada conforme a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro («BOE» núm. 12, do 14 de xaneiro; supl. gal. núm. 4, do 13 de febreiro).